20050820

O Ribadeo de sempre


Uns días fóra, volve un e atópase... co Ribadeo de sempre. Máis ou menos. As obras seguen parellas, os atascos, semellantes (dirá alguén da 'estrutura do concello' que se mellorou moito a circulación cando se vaian os turistas? seguro que dun xeito ou outro, si) con 10 minutos para saír de Ribadeo pasadas as 12 da noite, por exemplo, e seguen as mesmas cousas a nivel concello, de xeito que é aquelo que se di: se non se avanza, retrocédese.
Avánzase en cousa de cultura, entendida dun xeito particular, pero avánzase. Na ría tamén avanza (a area), e no veciño Castropol tamén avanza a protesta contra unha planta de tratamento de asfalto (contaminación diversa, ruído incluído).
Morreu o pai Roger de Taizé. Que quen era? Un tío que trataba de levar a unión das relixións (máis ou menos) e matáronno (un máis que tratan de eliminar).
Que o de hoxe é un batiburrillo? Si, igual que Ribadeo no verán. E canto un máis se entera de cousas, peor pensa.

Ningún comentario: