20051221

Falando de educación, Ribadeo ten algo que dicir.



Ben, ao menos, que escoitar e enterarse. Coido que eso debeu ser o que moveu á ANPA A Faxarda do CEIP Gregorio Sanz a promover onte 20 de decembro un debate sobre a LOE na Casa das Letras. Farruco Graña estivo de presentador dos dous encargados de educación (PSOE e BNG) no parlamento galego. O PP, invitado, esta vez refusou o acudir.
A presentación fíxose dende un punto de vista político, pero tamén, a auga pasada tras a aprobación do proxecto na cámara baixa o día anterior. Como dixen nunha intervención, creín que ía ter que estar de pé (cheguei uns minutos tarde) pero estiven sentado entre non máis de 30 persoas nos mellores momentos de asistencia. Para Ribadeo, eso da unha idea do interese que se deixa sentir pola materia e do pouco traballo que os partidos fan (e en xeral se fai) por implicar á cidadanía nas leis como algo seu, como algo no que colaborar. Por aí ía o meu comentario ó exposto, máis que por que significara un modelo de partido ou non (algo que, por outra parte, coido que non é moi doado ter se non se define antes o que significa para cada poseedor do modelo o que é a educación), e polo tanto o resto de implicacións.
Queden as dúas fotos de hoxe, o faro vello que marcaba a entrada en Porcillán dende o alto e unha solitaria rosa brotada en condicións nada doadas na rúa San Miguel (que por certo conducía ó faro) como unha alegoría educativa en Ribadeo: os froitos, a beleza, xurde en lugares inhóspitos, aínda que a guía que debe iluminar o camiño esté devaluada e se aposente unha casa enteira adicada 'só' a vivir para manter unha pequena luz de faro portuario. Nin esa pequena luz se pode despreciar porque nalgún momento é necesaria, nin esa pequena flor deixa de ser bela por estar entre maleza e uralitas limitantes de edificios xa construídos que non poden competir con ela en moitos aspectos a pesares do seu volume e tela rodeada. A educación hoxe está acosada por outros intereses que poden ter moitos disfraces, ser moi amplios, ... pero que non deixan de ser alleos á materia educativa. Sen nomealo así direitamente, senón facéndoo con outros nomes pode que máis concretos, diso versou tamén a xuntanza de onte.

Ningún comentario: