20051222

Vistas de Ribadeo





Non é difícil de comprender que cada quen teña un punto de vistas diferente ós demáis. As cousas pódense mirr de moitos xeitos, e as perspectivas resultantes, diferentes (eso, sen incluír a interpretación posible, que depende da historia propia de quen está a interpretar). Coido que vai algún tempo Julián marías escribiu un libro que comezaba con algo así como o que remato de dicir, se ben en troques de despachalo en un par de liñas, empregaba pode que un par de capítulos.
Adxunto unha práctica de percepción diferente: catro fotos agrupadas de dúas en dúas tomadas por parellas dende lugares alonxados só uns poucos metros. Un par, dende o mesmo lugar do paseo marítimo pero con diferente orientación, o asfaltado do novo recheo de Mirasol contrastando coa vista Liñeira-As Figueiras, da outra beira da ría. O outro par, dúas fotos coa mesma orientación pero un desprazamento duns metros, unha dentro da igrexa de Sta. Clara e outra xusto fóra, enfocando cara ós edificios novos da praza da música.
Puntos diversos de vista tamén os mantidos hoxe na parolada de onda cero na que participei, xunto con Álvaro Doural e Antonio Vilariño, cos temas da marbellización da costa, o decreto do alcalde para aboar as subas ós funcionarios cando está parado o aumento e non houbo tempo de máis, aínda que estaba previsto outro máis. Na marbellización da costa a cousa estivo clara: non hai dereito, pero o malo é que xa hai sxeito dende vai tempo para permitir aberracións, co que a cousa se complica. Respecto á orde de pago, de fondo, acordo, pero mentras que eu mantiña que o alcalde debe dar conta en cada situación a parte das eleccións, Álvaro opinaba máis ben que era no momento das eleccións onde había que demostrar as cousas. En fin, despois de ver como se ganan algunhas eleccións tendo o resorte do poder, non cambiei de pensamento: o alcalde é un servidor público, e como tal, debe servir, aínda que lóxicamente tome as decisóns que mellor lle parezan. As leis tamén hai que interpretalas e ir ó esprito e á ética e non só á letra: evidentemente, se aplicamos só a letra das cousas, o mundo sería invivible. De calquera xeito, por fin oio nun destes 'tête a tête' antes que o diga eu que o concello non informa, que ten desatendido neste sentido ó persoal.

Ningún comentario: