20051031

Obras en Ribadeo


En Ribadeo axeitámonos a conviver coas obras. Eiqui van dúas fotos de dúas obras de moi diferente signo. A primeira, a da ampliación do peirao de Mirasol, que serve ñpolo momento para gardar a area da ría, e nada máis. A segunda, das escaleiras de baixada ó porto, pola beira dos bloques. A sua necesidade e oportunidade son a discutir. A de ambas, apesar de seren tan diferentes.

20051030

Varia

Hoxe tentarei meter varias cousas na mesma entrada.
A primeira, a foto adxunta, onde se ve un cartel anunciando unha bebida (esta noite pasada houbo 'festa'), na que se podería comentar a mesma estructura do cartel (aparece unha recomendación sobre 'beber con moderación' abaixo, en letra máis pequena e menos destacada sobre o fondo) pero na que quero resaltar que o contraste que fai coa casa, e o cartel segue posto ata que lles de por quitalo (como non fai nada, e usan o mesmo sitio para poñer outros carteis, non tardarán en quitalo) contra as normas que debe haber sobre o feísmo no barrio antigo. Na foto non se nota tampouco os efectos de lixo, trozos de vidro, etc, da movida desta noite. Unha foto anterior xa deixou constancia de algo deso.
Precisamente do feísmo e outras cousas tratou a mesa de aosciacións do Concello de Ribadeo o venres (xa anteonte!), que emiteu un comunicado que reproduzo:
--

Nota de prensa
reunión da mesa de asociacións
Ribadeo, 28/10/05


En reunión mantida o día 28 de outubro, os representantes das organizacións integradas na Mesa de Asociacións do Concello de Ribadeo, prepararon a próxima entrevista co alcalde, a manter o día 10.
Como introdución, pasouse revista ós temas tratados con tanterioridade, PXOM, orzamentos, proposta de obras para os próximos meses.

Pasouse logo á remodelación do Parque de S. Francisco, comentando a perda de espazo verde, o século pasado sen aumento deste tipo de espazos en Ribadeo, o valor histórico e as condicións de cesión por parte dos irmáns Moreno da zona do Cantón, a falta de exposición do plan e de consultas ás asociacións, etc.

Pasouse logo a ver o estado actual do tema das urbanizacións e o PXOM, do que o Alcalde prometera á mesa para xa vai tempo ter unhas liñas directrices. O descontrol pasado nas obras en Ribadeo, tanto a nivel de alturas e volume como de condicións de obra, a falta de criterios, a escasez de vivendas sociais, as restriccións para os núcleos rurais tradicionais que se derivan da edificación en urbanizacións que se pretende, o custe que suporá para os veciños xa establecidos o pago da ampliación da parte común do alcantarillado, etc, foron algúns dos puntos falados.

O punto anterior propicou a introdución do endebedamento do Concello, relacionado tanto coa suba de impostos / tasas como da entrada de cartos vía licenzas de obra, estando todos de acordo con que é moi convinte o saber o nivel de débeda que ten o Concello, dun xeito claro.

Pasouse tamén unha revisión á crispación tanto no interior do Concello como no político ou mesmo na sociedade ribadense.

Por fin, rematouse coa fallla de mantemento tanto en aspectos de obra como en outros de mantemento de zonas e limpeza de ríos, así como outros temas relacionados.

A Mesa de asociacións ten claro que como constituída por asociacións independentes, ten asemade criterios que non dependen dos votos, insistindo na propia visión e xuízo obxectivo, liña que pretende seguir no futuro, ampliando a súa base por invitación a xuntarse á mesma a outras asociacións de veciños do Concello.

En Ribadeo, a 28 de outubro de 2005.
--

En fin, hoxe saíu nalgún periódico unha nova sobre a nota de prensa, pero como pasa a miúdo, poñíanse algunhas cousas erradas.
Mentras, segue a saír o tema dos enfrontamentos Valín-Balbino na prensa, e coido que aínda dará para algo máis a crispación no concello da que tanto se fala.
Con ou sen crispación, onte á noite Ribadeo estaba cheo, e esta mañá, chovendo e todo, segue cheo (coido que en xeral con outra xente diferente da de onte á noite na rúa, e noutras rúas...)
Mentras, o mundo segue apreocuparse da gripe aviar, unha serie de atentados tinxiron Nova Delhi (India) de sangue, o Caribe parece que este ano non quere abandonar os furacáns, e crece a tensión entre Chile e Perú a conto dun límite marítimo do que vai máis de cen anos sacaron a Bolivia... e claro, en españa, a febre de estatutos con máis competencias e ideas de separación segue alimentando a prensa e seguirá.
Ata mañá.

20051029

Unha fonte

Hai moitas fontes en Ribadeo. algunhas, alimentadas aínda hoxe polos mananciais, outras pola traída. Moitas delas son acolledoras aínda que esteñan no esquecemento diario dos ribadenses. Esta da foto está á beira da antiga cárcere, hoxe local da escola de Música Municipal 'Hernán Naval' (en realidade, teño que lembrar que aínda non leva ese nome, quedándose coa primeira recua tan só). O seu amaño foi feito vai varios anos, ehoxe, non usada, adoran e para quen se da conta de que está aí, forma parte dun Ribadeo no que nos sentimos a gusto algunha xente.

20051028

"Remake" de "Outros blogs ribadenses"

= Aviso: esta só é unha actualización dunha entrada anterior,
para incluír algún enderezo novo. =
Eiqui listo outros novos blog experimentais de xente de aquí.
Uns seguirán e mellorarán, outros pronto pararán as súas actividades...
todos comezaron.

http://outroribadeo.blogspot.com (recomendado)
http://millimm007.blogspot.com/
http://xinita007.blogspot.com/
http://maryuri007.blogspot.com/
http://albipedi.blogspot.com/
http://pocho01234.blogspot.com/
http://bustelocity.blogspot.com
... e dous novos:

http://luisoliveiracaamanho.blogspot.com/

http://iagoteroprado.blogspot.com

Un apunte: "Unha colaboración"

... Por escudos será!. Máis ou menos iso di o meu amigo Mario (San Miguel de Reinante - Santiago de Compostela) que visita periódicamente o blog. Este escudo é dunha foto que me pasou el, do Pazo de Triana, en San Miguel (na Galipedia aínda non está a entrada para San Miguel, que espero que pronto cree precisamente Mario). Tamén me di que debera facerse unha serie sobre as casas da zona... pouco a pouco, todo chegará.

20051027

Ribadeo noble

Un escudo en ribadeo ó anoitecer... Ribadeo heráldico que anoitece. Gústame os símiles para tratar de expresar as ideas, neste caso, que desexaría que Ribadeo tivera menos modos caciquís. de calquera xeito, tamén pode interpretarse como un escudo que permanece anclado nunha vella casa que aparece remozada, o que tamen pode interpretarse en clave de non cambio en Ribadeo. O tempo dirá.
--
Do antigo blog:

Protesta constructiva
Vexamos: protestar é un dereito.
Pero facelo porque si, por un quítame aló esas pallas, xa non o vexo conveniente. Esto ven a que en Ribadeo na última tempada estáse dando o fenómeno da protesta pola protesta, para ocupar prensa, sen máis.
Critico con esto a postura dun partido político, que agora protesta por facer obras nas rúas do povo. Evidentemente, sería mellor facer obras sen sufir as consecuencias, pero, dentro dunha orde, é o normal e obrigado. Por exemplo, hai alguén que sexa capaz de sufrir obras na propria casa sen literalmente, sufrilas? É preferible que se fagan no verán? É preferible que non se fagan? Xa entramos noutros razoamentos, pero as obras na rúa non se poden facer sen que se vexan e se note.
Outra cousa é que o xeito de facelas sexa bó, que tarden demasiado, etc. Sobre eso, si que se pode falar, o mesmo que sobre a conveniencia dos seus obxectivos, por exemplo.


Friday, May 28, 200409:14 p.m.

Congreso en Ribadeo

Vexo que levo varios días sen complementar as informacións. Hoxe tampouco o farei, a pesares de estar escribindo. Só é unha pequena disculpa: o Congreso de Enciga que terá lugar no IES Porta da Auga o 17, 18 e 19 de novembro tenme 'algo' ocupado, a parte do trballo habitual e que teño unha reunión a próxima semana que me leva tamén o seu. Ata pronto (espero que hoxe mesmo!)

20051024

Antenas, tamén en Ribadeo



Dúas fotos de antenas. Unha, en Ribadeo, cuberta e disimiulada como unha cheminea. Outra, en Tapia, a peito descuberto. Sinifica eso que en Ribadeo somos máis avanzados estéticamente? Significará que en Tapia non se molestan en disimilar as antenas? Significará que alguén quere pasar desapercibido para facer o que queira sen que ninguén se altere?
Cada quen que pense que queira, pero que pense, e que se de conta de que, aínda que as antenas non teñen por que ocultgar perigos, depende de como se poñan, a potencia que teñan, ... e debe darse toda a información dispoñible, o que en Ribadeo (coido que o teño demostrado en papeis presentados xavai tempo no Concello) non se está a dar.
--
Do vello blog:
Sobrepasado Outra vez en clave só ribadense, vexo o rápido que poden pasar as cousas e calquer intento de seguilas vai lento. O artigo anterior sobre a banda, que sairá aínda en La comarca o fin de semana (sábado, pasado mañá) xa está hoxe desfasado. Por que? É moi longo para o tempo que teño hoxe. O caso é que comezou o tiroteo entre os implicados direitos na banda. Novas variables que non tiran polo momento para arriba da formación. Mentras, a diretiva vai mandar unha carta ós socios non para anunciar unha asamblea, como esba previsto, senón para explicar a súa nova postura, que, segundo noticias, será o negar o novo convenio, despois de pedir unha solución ó Concello, que respostou con dito deocumento (...o certo é que, vivindo esto dende fora, seguramente haberá quen discrepe: nestes momentos, todo o mundo discrepa sobre alto, como se os feitos foran opinables, como se os feitos foran equivalentes a opinións ou posturas particulares ou colectivas, ...) en fin, continuará.
Thursday, May 20, 200411:05 p.m.
Un tema particular sobre Ribadeo: A banda e o seu momento actual Negra con puntiño Vai de música. Non se trata de ir coa música a outra parte, senón concervar e cultivar o que xa hai, sen desperdicialo sen vir a conto: música celestial en momentos de rock duro.
1.Introducción
1.0.Poñámonos en situación. Deixando á vista, achegada, pero a unha beira, a historia dunha formación que Hernán levou ó pano internacional, collamos a actualidade. Que temos en cada unha das partes implicadas?
1.1.Un convenio vello de dez anos entre Amadores e o Concello que estipula que a banda levará o nome de 'Municipal' e que actuará 10 veces ó ano para o Concello. A cambio, os músicos da Banda alumnos da Escola Municipal de música teñen matrícula gratuíta e o director será pagado polo Concello. O convenio leva unha cláusula de rescisión: cunha antelación de tres meses pode denunciarse e deixará de ter validez.
1.2.O Director da Escola é, segundo recolle o convenio e marca o contrato correspondente, Director da banda e dependente do Concello. Tras pasar un período de baixa, non se reincorporou aínda como Director da Banda (si está a facer as funcións correspondentes na Escola), estando outra persoa desenvolvendo ditas labores. Esta persoa remata o contrato o próximo mes.
1.3.A principios de curso establécese un contencioso co Concello por parte dunha exprofesora da Escola no que se reclama o pago de actuacións coa banda, dándolle a razón o xuíz en base a que tanto ella como o director dependían do Concello laboralmente, e a Banda ten asemade unha relación asimilable á contractual (o convenio) co Concello, levando o nome d eMunicipal. Non é a única persoa que actuou en circunstancias semellantes nos últimos tempos.
1.4.O estado da banda. Dende o fenecemento de Hernán, a banda tivo un director no verán, un director provisional o curso seguinte, un director definitivo (coincidente co anterior, o actual titular), un período sen director, substituído por un vello participante da banda, e outro curso que está a piques de rematar co director substituto xa citado. Os músicos parecen responder ó Director substituto e boa parte deles estar en confrontación co Director titular.
1.5.A Directiva de Amadores convoca unha xuntanza para propoñer un cambio no convenio, de xeito precipitado e misturado cunha proposta tardía e que sábese de antemán que terá a unanimidade: o nomeamento de Hernán como socio de honra. Na convocatoria non se da máis explicación da actualidade.
2.Hoxe
2.0.Nesta situación, o Concello bota os seus cálculos parece que a raíz da decisión xudicial e para evitar futuros problemas, e suxire o cambio do convenio.
2.1.O novo convenio proposto deixaría a obriga de 10 actuacións ó ano para o Concello e a Escola de Música paga para os músicos. Cambiaría o período de tempo necesario para a denuncia, pois é renovable de ano en ano. Cambiaría que a banda xa non levaría o nome de 'Municipal'. E cambiaría que en troques do pago directo do director, o concello asume o pago de 15.000 euros (2.500.000pts) ó ano a Amadores. De onde sae esta cifra? Básicamente dun cálculo polo alto de dividir en dous o costo do posto de bidirector e engadirlle unha porcentaxe para englobar posibles subvencións e aumentos, ou, de xeito alternativo, do cálculo das necesidades de presuposto para un horario de dirección de banda e ensaios, e un aumento por subvencións.
2.2.O novo convenio é apoiado pola Directiva de Amadores e a Concellería de Cultura, e nese sentido se presenta na asamblea de Amadores do pasado día 8 de maio.
2.3.Previsiblemente, o actual director en funcións da banda continuaría polo momento, tras estar en acordo coa Directiva de Amadores. De calquera xeito, o posto non sería fixo no sentido que non dependería do Concello e previsiblemente (aínda que non ten por que ser así) tería un carácter de contrato entre Amadores e unha persoa considerada autónomo.
2.4.O Director de Escola e Banda pasaría a ocuparse só da Escola. O seu trato pasaría a ser polo tanto de xeito único co Concello, coa súa variación de contrato correspondente ó cambio de funcións como algo no que non ten incumbencia Amadores, aínda que poda ser de interese xeral do pobo como contrato co Concello suxeito a un convenio de traballadores públicos.
2.5.Apréciase unha dificultade de comunicación entre as partes implicadas, de xeito que á Asamblea non asiste o Director titular da Banda nin o Director en funcións, persoas implicadas nas longas discusións que se manteñen e que fixeron que o pasado 8 de maio se tivera a Asamblea máis longa de Amadores. 3.E despois...
3.0.Poden estimarse varias posibilidades para o futuro segundo a aprobación ou non do novo convenio pola Asamblea de Amadores, ou mesmo de outras novas posibilidades de convenio.
3.1.De calquera xeito, e dado que ata o momento tanto a información previa como os tratos sobre o novo convenio son polo xeral escasamente coñecidos, sempre caben interpretacións diferentes da que eu faigo, se ben intentei poñer o exposto aquí en xeito de información o máis obxectiva posible.
3.2.E, antes de chegar a calquera consideración posterior, hai xente que trataría de presionar tanto ó Concello (principalmente) como a Amadores (por eso de que unha directiva de asociación, mentres non se amose o contrario, nunca fai abondo) para lograr deixar as cousas tal como ata agora, ou parecido. Nembargantes, parece que está pedido e a falta de ultimar trámites, concedido, a separación do posto de Director da Banda do de Director da Escola. Esto introduce un factor legal a considerar en calquera negociación, a parte das causas e situacións que se deran para ter chegado a esa división, e tendo en conta que por outra parte pode considerarse normal dita separación debido á carga de traballo de ambos postos.
3.4.Por último, é necesario un par de precisións: sendo socio de 'a pé' seguro que hai datos que descoñezo, máis outros que terán lugar entre o momento no que estou a escribir e a publicación, polo que sería convinte que quen teña máis datos que os de a coñecer, ou as explicación pertinentes, para ter unha visión completa da situación. E segundo, creo que eso debe ser o lóxico: a apertura dun debate do que esto só sería un prolegómeno escrito a voapluma. Por certo, o de negra vai por como ven algúns a situación, e o de puntiño porque moitas veces son as pequenas cousas as que permite a solución para as grandes, ás que lle dan o 'puntiño' e que non hai que confundir con 'dar a puntiña'. É dicir, unha alusión a que pretendo non ver 'negra' a situación, senon 'clara', e que non está rematada, senón esperando ser rematada por ese tempo extra que fai a nota ocupe xusto o necesario, nin menos, nin máis.

20051023

Outros blogs ribadenses

Eiqui listo outros novos blog experimentais de xente de aquí.
Uns seguirán e mellorarán, outros pronto pararán as súas actividades...
todos comezaron.

http://outroribadeo.blogspot.com
http://millimm007.blogspot.com/
http://xinita007.blogspot.com/
http://maryuri007.blogspot.com/
http://albipedi.blogspot.com/
http://pocho01234.blogspot.com/
http://bustelocity.blogspot.com

Unha botella en Santa Cruz

Decidín tomar a foto. Levaba xa vistas máis de dúas ducías á beira do camiño Ove-Sta. Cruz e vin un reflexo do Sol nela. Lembrei que, a parte de ser unha cochada, a parte de ser antiestéticas, as botellas por aí abandoadas, como as que se deixan despois da xira, son un perigo porque concentran os raios de Sol e poden producir un incendio. Dada a concentración que había, sorprende que non tivera habido un incendio por alí. Asemade, acompañándoas, había lixo de diferentes xeitos, de caixas de San Miguel a gomaespuma. Está claro de que a pesares de ser unha zona realtivamente concorrida (cruzámonos con abondo máis xente de paseo, a parte dos coches), non é visitada polo servicios de limpeza en demasía. Así, unha tarde boa, nunha paisaxe tamén boa, pode quedar deslocida por un detalle. E a cousa non é o detalle, senón a actitude que causou que se produxera ou a que premete que siga ... por certo, non creo que sexa cousa ó ir paseando de baixar dúas ducías de botellas ata o contedor.

20051021

Primeira foto

Ben, non é a primeira foto do blog, senón a primeira que paso como comparativa. No album de fotos de Ribadeo, aparece unha da rúa Rdguez. Murias cara a finais dos anos trinta, sen construír aínda o hotel Comercio. Hoxe a rúa xa non dispón do hotel Comercio, nin beirarúas, está totalmente construída e moitas casas renovadas ou substituídas en relación con aquela época. Ten árbores, é peonil, ten como mobiliario urbán bancos e tamén unha sinalización vertical, e coincide con aquela época na ausencia de coches (o camión que se ve é unha excepción por obras), pero por diferentes motivos. Tamén é difícil ver hoxe carros como se observa na de vai oitenta anos. Tampouco hoxe se usarían moito os paraugas como no soleado día da vella foto, nin se verían mulleres con fardos sobre as súas cabezas... os cables na actualidade xa non sobresaen de xeito tan rechiscante sobre as fachadas... pero non serei eu quen diga que, con todas as melloras observables, a imaxe actual teña un sabor mellor que a pasada, de fai xa máis de setenta anos.

Un pequeno anuncio sen foto

Só unhas verbas para transmitir algo sobre o propio blog: a partir da seguinte entrada comezará unha serie de fotos sobre Ribadeo que remedará a imaxe actual correspondente ás fotos do album que estes días se está a facer por moitas familias en Ribadeo. Iranse poñendo no blog a imaxe máis actual das vistas que se contemplan nas fotos vellas (e algunhas non tan vellas) dende un sitio e cunha perspectiva semellante (exclúo de principio as fotos aéreas por razóns evidentes).
A inclusión destas fotos no blog será comentada, e, do mesmo xeito que os materiaias vellos expostos noutros blogs, non será exactamente diaria, aínda que espero non defraudar coa frecuencia. As fotos, o mesmo que os materiais, terán licenza Creative Commons Share Alike 2.1., é dicir, resumindo, reproducibles cantas veces se queira citando ó autor, sempre que sexa para fins non comerciais.
Volvo a repetir que quen quera unha copia de maior calidade, estará á disposición en formato de 4Mpixel previa petición e breve.

20051020

Este Concello que temos

Parece cada vez máis difícil falar sobre cousas de Ribadeo sen falar do Concello. É chocante, pois ó ir crecendo, coido que debérase diluir a influencia do Concello no día a día. Nembargantes, entre onte hoxe, é imposible non falar, estando en Ribadeo, do atraso de moitos meses na apertura da piscina, da perda de outro caso máis polo Concello (o último, a absolución de José Carlos Rodríguez Andina polos comentarios sobre a comisión do acoso no Concello, despois que o profesor de música Teixeira tamén o ganara e para despedilo o Concello teña que abonar máis de un millón das antigas pesetas, máis de 6000 euros, vamos), o xuízo de Mondoñedo polo que se xulga a ecoloxistas por parar as obras da piscifactoría que de xeito tan vehemente apoia o Alcalde) ou da expulsión de Valín onte do pleno. Nótase tamén a importancia crecente da xudicatura no Concello, a pesares de non ter xulgados adecuados. E, en consecuencia, fáise que a xente esté pendente de titulares de déixanse cousas como o ter preparada apiscina para non ter que tela pechada un ano, o amaño do observatorio de Sta. Cruz (2 anos), a pintura do mirador do cargadeiro (máis tempo aínda) ... ou sobre cousas que van vir de xeito inmediato, como o PXOM, mentras as obras campan polos seus respetos non importa ónde nin cándo (creo que moitas veces non se sabe nin cándo), a comunicación está cortada e a asesoría está ... boeno, non sei se se pode chamar asesoría ós conselleiros cos que conta o alcalde, porque teño ben claro que unha cousa son informes e outra ben diferente asesoramento.
Por certo, a foto (como pode verse) é recente, pero só serve para dar unha nota de cor, pois a beirarúa que se observa levantada estaba en abondo mal estado, e coido que é preferible facela agora que no verán, do mesmo xeito que sería bó outras moitas obras semellantes que parece que terán que esperar. En canto ós carteis do muro, cabe lembrar que vai non oito tempo, había espazos habilitados para poñelos. Na actualidade, non hai espazo para sinalizalo: as sinais quedaron baixo o engrudo. A todo esto, de mirar as viaxes realizadas polo alcalde, hai que pensar que Ribadeo está moi ben relacionado: a última polo momento, foi á entrega dos Príncipe de Asturias. Non sei se foi unha viaxe de placer ou de representación, pero a ben seguro alí se poden facer moitos contactos... posiblemente, o alcalde os ten, pero, e Ribadeo? ten 'contactos' Ribadeo?
Pode que teñamos que esperar a que os chinos teñan satélites de fotografía con máis definición dos actuais para podelo saber, pero todo chegará despois do segundo vóo espacial tripulado chino que retornou onte.
E, para rematar, unha entrada das vellas.
--
Outra entrada
Dicía un anuncio "tódolos días un plátano". Dicía Sta. Teresa de Xesús "a paciencia todo o pode". E digo eu, que se esas citas e outras polo estilo son certas, débese de insistir tódolos días. por eso, un antidipo en borrador dun artigo que espero apareza pronto en "pensamentos": Febreiro dende a Atalaia Nun ano, os meses van detras uns dos outros sen discontinuidade. Continuando en Ribadeo, despois de Xaneiro, ven Febreiro, que comeza como se de Maio se tratara (temperatura, ceo, frores...), co que dar unha volta pola Atalaia permite disfrutar á vez dun bó tempo, unha vista magnífica e o progreso das obras no porto deportivo, chamémoslle de Porcillán. Lentas pero continuadas (as obras...), como este mes parece pedirlle ó corpo en medio dun inverno normal, que non neste con temperaturas de xullo e de Siberia, alternadas de xeito rápido. O tempo inestable tamén parece unha sinal, algo que fixo marcar unha diferencia con Xaneiro: saíu á rúa un boletín do PP onde se fai queixa de exactamente catro cousas, pero que significa algo que o mes anterior non quedaba claro e que abre a porta ás eleccións xa próximas para Congreso e Senado: o dereito da oposición ó pataleo, sexa co base ou feito nas nubes. E parece que cara a esa cita electoral pasaron moitas cousas no mes: dende o antroido, onde a penetrou moi debilmente en comparación coa boda real, pasando polo Sergas, que anuncia na prensa a disposición do posto de pediatra, ó comezo de campaña, con dous mítins xusto ó comezo da da movida campañera. Aí tamén estivo presente o fracaso de fitur (segundo algúns) aireado na prensa do mes. E fóra do mes, unha primeira pedra política polémica, da que haberá que falar en Marzo. Rematou febreiro cun derrubio por sorpresa que a algún deixou branco para todo o día: o do edificio onde se atopaba a Farmacia de Nieto, que para evitar males maiores rematouse a golpes retrasando o mítin do BNG e cortando a rúa que din as malas linguas que fora cortada xa con anterioridade na viciñanza, pode que para evitar o derrubio do propio mítin. Noutra orde de cousas, xa se puxeron en marcha as escolas municipais e estase a desenvolver a “Oferta Cultural” do Concello, con curtos, actividades para nenos, ensino deportivo... ¿Marcha Ribadeo? É preferibe iso a Marchar de Ribadeo, e tamén á Marcha en Ribadeo. De calquera xeito, andan as augas movidas pola avaliación preelectoral. Traase de voltar ó revés aquello de que en augas movidas péscase ben: neste caso, axítase a auga para pescar, e, ás veces, péscanse... botas ou calquera lixo. A curiosidade de observar as correntes no remate da obra do Porto Deportivo sería unha alternativa ó tedio en contra do progreso da vila. E non é ironía: contemplación de obras como matar o tempo por falta de expectativas. E rematamos sen música máis que electoral, a pesares que precisamente co gallo desas eleccións fora lembrado Hernán Naval como antigo candidato. A banda ténnos desasistidos despois do concerto de reis, e o turismo un pouco esquecidos despois de Fitur, pero a continuidade dos días e os meses nótase. Marzo e as eleccións dan un certo formiguillo ó ambiente. Verase.
(publicado no vello blog a comezos de marzo do 04)
--

20051019

Unha intriga...

Sabido é (xa o referín outros días) que aprece ser que unha asociación de G.C. presentou unha denuncia contra min en Mondoñedo. Por eso me estou interesando por temas relacionados. Hoxe deuse a nova de que a mesma asociación denunciara a falta de vestiarios en Burela, o 'alumarse e quentarse con velas' e outras cousas relacionadas. Asemade, tiven acceso o outro día a unha páxina web de 'La voz de Galicia' do día 12 que levaba por título "Regalan cajas de bebidas a agentes de la comandancia de Lugo" nembargantes, leva varios días (hoxe é o terceiro, que eu saiba) inaccesible, dando un erro. É a única nova que non se pode acceder dende a páxina que a liga, incluíndo a nova "matriz" súa, "La Guardia Civil realizó más de 1.800 inspecciones de explosivos" é unha curiosidade máis de algo que, nembargantes, foi publicado segundo parece por denuncia doutra asociación de G.C., como calquera pode ver na voz de ese día en calquera biblioteca, por exemplo.
Un saúdo. Agora vai o artigo xa vello:
--
Décimas de segundo
Botemos contas. O paro de son de hoxe, venres, ás 12, deume que pensar: un cuarto de hora de silencio. 192 víctimas nestes momentos. Eso representa uns poucos segundos por víctima. Se sumamos xa non os feridos, senón as víctimas mortais do terrorismo en España, saen a décima de segundo por cada unha. Eso é o que podemos ofrecer? Décimas de segundo?
Á tarde, diante do Concello de Ribadeo, a maior concentración que lembro en Ribadeo, maior que nas festas ou no discurso de reis. Todos mirando á Casa do Concello, como observando as institucións, ó tempo que apoiándoas. Cómo funcionan as institucións? Que resposta deron? Que resposta nos están dando a todos?
En momentos tan turbios como os de hoxe, é difícil pensar con claridade. Que alternativas tiveran evitado o atentado de Al Quaeda? E de ETA? Ante a masacre, pouco máis da o feito polo governo, aínda que se poda sinalar como culpable subsidiario. O caso é que despertamos a un mundo salvaxe. E que mundo sexa salvaxe non quere dicir nin que nós actuemos de xeito semellante, nin que nos impoñamos uns, restriccións nas liberdades, outros, mans libres para crear un estado policial. Eso, xa está visto noutros casos e aínda avisado antes de que sucedera, non é a solución, senón o xérmolo de máis violencia.Mentras botamos esas contas, pouco nos queda máis que facer, a parte de ser persoas.
---------xxx---------
--------x---x--------
--------x--x---------
---------xx----------
---------x-x---------
--------x----x-------
--------x-----x------
--------x------x-----
... Máis dun ano despois, hoxe, en outubro do 2005, sigo a pensar igual... ser persoas. Mágoa que pareza que imposible para algunha xente!

20051018

Entre outras, a piscina

Sorprende estes días a nova: despois de levar pechada dende comezos do verán, despois de idas e vida sobre a concesión, aínda mañá se vai a revisar o pliego de condicións para xestionar a piscina outra tempada. Entre unhas e outras cousas, difíciel será que comece a funcionar antes do próximo verán. é dicir, unha instalación de moitos cartos aprada un ano. Ven facer compañía á Casa da ría, que agora leva uns días aberta, pero coa cúpula sen amañar aínda (está aí o Congreso de EnCiGa, con 400 profesores e profesoras de Galiza enteira e os arredores, Portugal, Asturias, Castela, Madrid, ... e non se puido facer a programación dunha mísera observación...), á área recreativa de Vilaframil, prácticamente rematada vai anos e hoxe destrozada en parte, a casa da xuventude, pola que preguntou fai pouco O Tesón nun pleno e foi respondido que se lle estaba a mirar de facer uns cambios (a lembrar que está sen estrear, e que apareceu no seu frente cun cartel: 'CASA DA XOVENTUDE' que xa foi corrixido, e non sen tempo ... e podería seguir unha amplia lista. O comezo para o proceso de reapertura esta vez está marcado para mañá, mercores, pero mentras se deixan un bó lote de cousas abandoadas (lembrar o que leva sen pintar o mirador de madeira do cargadeiro, por pór un exemplo) estáse a dcir que haberá un 'cenbtro de interpretación da natureza' nas catedrais (eso sí, previsiblemente con menos natureza á beira por mor da construcción dunha piscifactoría nos terreos dunha zona natural protexida...

En fin, esperemos que mentras se van amañando estas minucias 'na casa' tamén xe amañen outras que ocupan outros niveis, como a folga, xa xeral e indefinida, do sector do transporte ou a gripe aviar, que está encarándose a nivel internacional xa como pandemia, aínda que polo momento non chegou a eso.
Máis novas, mañá, que xa quedan de hoxe preparadas.
--
Unha entrada vella para máis lectura (publicada con anterioridade en ribadeando (o libro), en A Marña/El Progreso e no blog vello:
Marzo, o pobo elixe
Marzo, o pobo elixe. - Antes de citar o comezo do mes ou o seu final, antes que referirme ó título, está o 11M, unha data para lembrar á hora de batir marcas macabras, que dende Madrid trascende o noso pobo e abrangue a todo o estado nunha especie de doloroso caer da burra colectivo antecesor da Semana Santa: pó somos e en pó nos hemos converter. Noutro nivel, algo como un 98 moderno sen perda de colonias pero co seu Maine civil e autóctono, algo que deu comezo efectivo ó novo milenio por estas terras. Algo que sucede, non por non ter coñecido o terrorismo, senón pola dimensión súbita que manifestou, número de víctimas e tamén ampliación na variedade de posibles verdugos, e, de xeito subsidiario, polo tratamento dado ó tema, que propiciou un cambio na política a nivel español e máis aló, cambio que parece aínda non ter rematado. Pode haber análise, pero non palabras.
- O mes comezou nestes lares cunha primeira pedra política polémica, a do tramo da autovía que agora ten outra relevancia por pasar a vella carretera á beira dunha pedra branca coa testa dun azul que rememora o partido protagonista. Tras preparar unha terra para a celebración, a prensa asistiu ... e o alcalde tamén. Estábase a punto para unhas eleccións estatais das que non se prevían os derradeiros días e que parecía que ían permitir ó daquela partido gobernante seguir séndoo. Seguramente eso pesou na asistencia ó acto, que se veu contestado tamén nos días seguintes ó 14 M por quen quere cambiar o trazado.
Sobre as eleccións? O día 20 en Le Monde apareceu un artigo no que se poñía de manifesto unha explicación do transcurso dos próximos anos en España e tamén na nosa zona: Aznar, cronoloxía dunha manipulación. Mentras, na entrada de Ribadeo, segue un cartel: 'Juntos vamos a más': Eso esperamos, ir xuntos, ir a máis. Todos. Agora.
En Ribadeo, o día da árbore pasou sen celebración. Foi celebrado días despois: as árbores son pacientes e o tema está en acostumar a xente. O que foi puntual foi o mesmo 19 de marzo, día do pai: o PP trata de dividir o goberno de PSOE e BNG no Concello atacando ó primeiro e eloxiando ó segundo, tamén a modo de celebración da renovada oposición a outro nivel que o local. Pregunta na prensa: Resistirá a entente no Pazo de Ibáñez? E por que non?
O que segue a ser puntual diante da Casa do Concello é que segue a lembrarse a Xosé Couso. Non só é lembrar: é pedir outro mundo con insistencia seguindo sen un prantexamento estricto unha versión atóctona do dito de 'pensa globalmente, actúa localmente'.
Mirando a vella compañeira de Ribadeo, vese que continúan as obras en Porcillán. Xa está rematado o piso do espolón sur, e vense apilados os novos pantaláns. Pode que en correspondencia, a draga segue a rascar o fondo (mesmo deixando a area ás portas da ría (*) en marea baixa) mentras que os tesóns teñen unha vista magnífica dende Mirasol. Menos pesca na ría (eso lle teño oído dicir a xente que pesca), pero máis beirarúas diante dos armacéns (curioso, velos en Mirasol e sen saída para camións).
A zona alta tamén cambia: beirarúa branca na Atalaia... limitando a herba como adiantada da invasión urbanística que xa comezou. E mellores beirarúas, pavimento, ... eso se espera, baixando do Cantón. Tamén foi progreso o aparcamento aberto, aínda que sexa (ou pode que mellor por eso) con un querer/non querer meios de comunicación na apertura/inauguración.
Tras un aviso en falso na prensa para a reunión sobre ruídos, houboa. Resultado? Informe de que remataron as inspeccións de ruídos. Criterios? Non son públicos. Resultados da inspeccion? Tampouco. Mentras, o lema de Ribadeo parece ter cambiado de novo: segundo un cartel á entrada, a antiga 'Porta norte' parece ser agora Ribadeo, 'tu AS de COPAS'.
Antonio Gregorio Montes
(*) a un setecentos metros da punta da Cruz e algo máis da Pancha.

20051016

Un Ribadeo diferente

Hoxe é domingo. Por eso a idea de amosar no blog algo diferente. Escollín dúas fotos, unha do Ribadeo baixo terra que se amosa na obra para soterrar o lixo e que nos fai ver que baixo unha boa terra aparece a rocha e as raíces teñen que furar e manterse como poden. Á beira da obra está o convento, ó que corresponde a outra foto, tomada xa anoitecido e onde se ve que a liminación vai 'ó importante': o cartel que anuncia a obra está moi ben iluminado; o convento xa non tanto. Dúas alegorías que serven moi ben para ilustrar o noso Ribadeo, na vida diaria do noso tempo, con potenciación da superficialidade e a dureza da profundidade. Ata mañá.
Por certo, estou pensando en poñer á venda as fotos que vou poñendo, en formato jpg de 4Mpx. Alguén as compraría?

20051015

Grazas

Na nota anterior, de hoxe mesmo, esquecéuseme unha cousa: DAR AS GRAZAS a tódalas persoas que me comentan que non entenden o que pasa e dun xeito ou outro sinto que están ó meu carón. A todas elas lles adico este pequeno sorriso debuxado a man alzada. Perdoade as imperfeccións: todos somos imperfectos...

Kgome

Ilustro hoxe o blog coa foto tomada en Foz este verán que da mostra dunha protesta: a dun comercio que lle fixeron pagar máis de 25000 das antigas pesetas en dereitos de autor por ter música ambiental. Veume á cabeza debido á nota que lle pasou á prensa a asociación que presentou unha demanda contra min no xulgado, na que se falaba entre outras cousas, de que a G.C. levantara preto de 80 casos relacionados cos pub, entre os que se atopaban relativos á propiedade intelectual. A nota de prensa enviada pola asociación, remitida a toda a prensa local, di o seguinte:
--
A Asociación de Gardas Civís de Galicia, colectivo maioritario na provincia de Lugo, cunha afiliación que supera xa o 50% dos de axentes das escalas máis básicas na provincia, iniciou accións xudiciais contra un dirixente da asociación “O Tesón” de
Ribadeo. A orixe dos feitos tivo lugar no mes de setembro, cando un dirixente da asociación “O Tesón” manifestou que, segundo recolleron os medios de comunicación, certos establecementos da Vila de Ribadeo abrían as súas portas para convidar os axentes da Garda Civil da Mariña, e máis concretamente os destinados en Ribadeo. Deste xeito, certos establecementos eludirían supostamente as denuncias dos gardas civís por non respectar o horario de peche dos mesmos. É dicir, a cambio dunhas consumicións de balde, os gardas civís non denunciarían as anomalías detectadas nestes establecementos onde supostamente os convidarían os donos dos mesmos. Os axentes de Ribadeo, os mais afectados polas supostas declaracións deste dirixente de “O Tesón”, publicadas nos medios de comunicación, impuxeron este ano máis de 800 denuncias, sen contar as vinculadas o tráfico de automóbiles. Delas, preto do 10% son por feitos relacionados con irregularidades neste tipo de establecementos, entre as que se encontrarían “non respectar os horarios de peche”, “contra a propiedade intelectual”, etc. Queda logo acreditada a súa labor policial na inspección deste tipo de establecementos e as correspondentes denuncias formuladas a este respecto. Este tipo de declaracións non poden tolerarse dende este colectivo de gardas civís. Por iso, esta organización xa iniciou, contra este dirixente, accións xudiciais que tiveron “entrada” no Xulgado de Mondoñedo. Esta asociación de gardas civís de Galicia non considera que as declaracións que orixinan esta denuncia sexan compartidas necesariamente pola asociación “O Tesón” no seu conxunto. Por ese motivo as accións xudiciais empréndense só contra o presunto responsable das declaracións e non contra ese colectivo, no seu conxunto. Nestes intres, cando o bo nome dos profesionais da Garda Civil, entre os que estarían os axentes de Ribadeo, está a poñerse, de maneira constante, en tela de xuízo, esta asociación non dubidará en iniciar cantas accións legais estime convenientes en defensa destes traballadores da seguridade pública. Inda recoñecendo que esta labor de defensa corresponderíalle as instancias gobernamentais, como responsables dos traballadores das Forzas de Seguridade do Estado, algo que non están a facer. Os axentes de Ribadeo víronse seriamente afectados psicoloxicamente pola denuncia de “O Tesón”. Incluso algún deles a tratamento médico-psiquiátrico. Acusados inxustamente. Os axentes seguen a estar esquecidos. Sometidos o severo réxime militar da Garda Civil, último vestixio da era preconstitucional, que os oprime de maneira constante. Por iso, como agora, teñen que calar. Abandonados por seus propios dirixentes, cando son asoballados, como neste caso, dirixentes que logo non dubidan en dicir que loitarán na defensa dos gardas civís, algo que inda seguen a esperar.
--
Coido que eu non dixen nin causei moitas das cousas que se me atribúen. Teño claro en cambio, o afán de protagonismo dunha sociedade escindida vai pouco relativamente de outra maior e que actúa en conxunto como tal, non en nome de supostos gardas afectados ou moito menos do propio Instituto armado. Nembargantes, ante a presencia do xuíz, coido que debo calar e non seguir falando do tema, e eso vou facer. Gracias por aguantarme esta pequena digresión persoal. Como agasallo, un vello artigo:
Procesións e fauna
Cando se fala de fauna en relación a algunha actividade humana, considérase ás persoas nun sentido despectivo. Non é o caso que pretendo, senón máis ben clasificar a masa que intervén nas celebracións da Semana Santa.
Como toda clasificación, depende dos criterios que se usen para establecela. Non é o mesmo usar o criterio de poder de decisión sobre a organización das actividades que o de adicación a elas ou que o de interiorización das mesmas, por poñer tres casos.
Usando o primeiro criterio antes dito, o poder de decisión sobre a organización de actividades, establecería unha xerarquía no mesmo pobo (xerarquía de tipo social), que se vería reducida ó párroco e a asociación “Amigos de la Semana Santa” nun nivel e o resto do pobo noutro. Evidentemente, calquera pode pasar ideas dun ó outro grupo, pero estamos a falar do nivel de decisión. Habería que incorporar ó grupo que poderiamos chamar de cabeza, en funcións adxacentes pero determinantes, por un lado, a xerarquía eclesiástica, e por outro, a xerarquía política. Quedaría así a “masa” desgaxada como nivel baixo dunha estructura decisoria xerárquica. Sen entrar en detalles do funcionamento interno de cada unha desas estructuras na cabeza decisoria nin a relación entre elas ou a base do poder interno dos membros dentro de cada unha delas. Por exemplo, parece evidente que se unha persoa se incorpora a “Amigos de la Semana Santa”, supónse que é para colaborar e traballar, e en base a dita colaboración así terá unha capacidade de decisión. Nembargantes, a proporcionalidade entre ambas características non será exacta por influencia doutros factores como capacidade de xeración de ideas, coñecemento do funcionamento social, trato cos demáis dentro da sociedade, etc., como ocorre en calquer outro grupo.
Referente a adicación, esta vai dende a indiferencia total, pasando pola aversión ata chegar a unha adicación de tempo importante. A orde na que están postas as diferentes adicacións pode ser variada, naturalmente, pero de non ser máis minucioso incluíndo outras categorías ou subcategorías, deixaría sempre no medio das tres expostas a da aversión; ó fin e o cabo é un xeito de adicación, que poderiamos chamar anti-adicación, pero tal que a persoa que se identifica neste grupo implica que ten un tempo adicado ó enfrontamento, e polo tanto, adícalle un tempo ás actividades da Semana Santa. Sen facer máis comentario sobre o grupo de indiferentes, creo que habería que dar aquí un agradecemento ás persoas que lle adican unha porción importante do seu tempo ás actividades da Semana. Son as que a organizan e por tanto fan posible un cambio de ritmo vital no ciclo diario de cada un, incluído o grupo de xente indiferente, e por suposto, o da que mostra aversión. Para algúns, a ruptura da rutina diaria pode supor un contratempo, para outros, unha liberación, pero a quen máis, a quen menos, permítelle o retorno posterior ó día a día cun sentemento de novidade do vello e polo tanto vitalmente influínte.
O criterio de interiorización implica unha clasificación que vai dende a xente que o cre (non confundir con xente crente no sentido relixioso xeral) a aquela outra que o figura. Neste caso, o termo medio sería a indiferencia, entre o extremo das persoas que sinten os feitos que rememoran as procesións como unha parte dos propios sentimentos a nivel interno e o outro que serían as persoas que acoden ás actividades da semana por razóns como o vistas, o que significa un utilitarismo das procesión en aras doutras causas como presentarse como máis católico ou non perder un ápice de posición social.
¿De que serve tanta clasificación? Sería demasiado presuntuoso o pretender que a próxima vez que nos enfrontáramos á Semana Santa nos preguntáramos onde estamos encadrados e sobre todo por que. Nembargantes, antóxaseme que todos, pasando polo organizador xefe ou o pasota cantante en calquera chiringuito á hora da procesión, todos, sairíamos gañando con que unha parte significativa da xente cavilara o tema en serio.
Foi publicado en A Mariña / El Progreso o 3 de xuño de 2003, e aparece en este enderezo

20051014

Curiosidade

Unha curiosidade: o encerado como queodu ontes despois dunha clase...

Obras en Ribadeo

En Ribadeo estamos xa axeitados ás obras. Sobre todo, de construcción. Nembargantes, hai outras. As que aquí se amosan están diante das chamadas 'vivendas sociais' a continuación do parque. E son unha primicia, pois significa o primeiro soterramento de contedores en Ribadeo. Ogallá todas as obras foran deste cariz: se vemos hoxe a rensa, a 'Plataforma para defensa da ría' felicítase na reconsideración de postura que fai a Consellería de pesca a conta de outras obras, as da factoría piscícola de Rinlo - Meirengos. Asemade, o alcalde anuncia unha vez máis a reparación da cúpula do observatorio de Sta. Cruz (total, só vai para dous anos que está estropeada...) e supoñemos que como está na prensa unha destas será a definitiva e anunciaráo novamente como unha consecución da alcaldía. Tamén o alcalde aparece hoxe preocupado traballando en pro do edificio do Cantón dos Moreno, deducindo que dende tempos do anteror alcalde non se fixo gran cousa ó respecto.
Hoxe na radio ó parecer deron nova de que unha asociación de guardias civís presentou unha demanda contra min no Xulgado de Mondoñedo. Parece deducirse tamén da nova que algún garda civil está a tratamento polo impacto
causado polo meu escrito. Levo 12 anos aguantando ruído de noite, denunciando, e pode que tamén tivera que poñerme a tratamento cos nervios destrozados, e sei que este ano, só na miña rúa, poderían terse levantado un número de denuncias por peche parelo ó que se di na mesma nova levantou a garda civil en todo Ribadeo. Nembargantes, non parece que precisamente os locais da rúa, algún en particular, se vexa afectado polas denuncias: segue a súa vida. Só despois de que saíra á rúa o runrun do escrito por min asinado (coincidindo tamén co comezo da tempada baixa) respéta algo máis o horario de peche definitivo, que non o de parar coa música e peche a novas entradas.
En fin, xa está ben de falar de min.
Mentras, a folga de transporte ameaza con deixar desabastecida a Mariña e a gripe aviar ten entrado xa de xeito definitivo en Europa vía Turquía e Rumanía.

20051012

O prometido é débeda

... A foto do arco da vella sobre Ribadeo (non perdas a ligazón coa Galipedia...) ... e nada máis, que hoxe foi un día axitado. Por certo, a imaxe é sobre o Xardín de Sela, cara á saída de Ribadeo.

20051011

Arco da Vella

Hoxe non hai foto. Poñereina outro día: unha foto do arco da vella sobre Ribadeo, ó amencer. Hoxe... problemas técnicos o impiden. Por eso esta entrada tardía e curta. Ata que esteña amañada, non podo facer moito máis.

20051009

A Galipedia, en 'La Voz de Galicia'















A ligazón http://www.lavozdegalicia.es/se_cultura/index.htmlevaranos a un artigo a páxina completa que apareceu hoxe no xornal sobre a Galipedia. Ten frecuentes erros, pero o básico está correcto, incluíndo o sentido da Galipedia como enciclopedia libre e colaborativa en galego. En Ribadeo (xa que estamos,mirar en http://gl.wikipedia.org/wiki/Ribadeo ...) xa coñecíamos algo do tema por algún artigo anterior e 'A Mariña' de 'El Progreso'...
Adxunto vai un artigo que saiu o 08/01/04 no xornal "A Mariña - El Progreso":

Catrocentas entradas

Os reis trouxeron un pequeño agasallo ó galego. A enciclopedia galega en internet, “wikipedia en galego” sobrepasou nestas datas os 400 termos referenciados. É moi pouca cousa se se compara, á mesma data, cos máis de cen mil da correspondente enciclopedia inglesa, ou os preto de vinte mil da “enciclopedia libre en español”, pero é un comezo prometedor para unha obra que non chega ó ano (o primeiro termo que se puxo foi o 12 de marzo do 2003) e na que pode participar calquera persoa na súa construcción, así como beneficiarse dela.
Como pon na súa páxina principal en internet (http://gl.wikipedia.org), o seu obxectivo é a plena transmisón da sabiduría e o coñecemento sen restriccións editoriais nen comerciais, dun xeito ceibe, gratuito, accesible e colaborativo (1).
¿Como funciona? Supoñamos que alguén quere buscar o termo “óptica”. Conéctase coa páxina principal, gl.wikipedia.org, e logo pode facerse unha procura directa escribindo o termo nunha fiestra ó efecto na parte superior e pulsando buscar ou ben de xeito indirecto, escollendo no texto escrito que aparece “física” e logo, unha vez alí, “óptica”. Por outra parte, este termo está relacionado con diferentes outros ós que se pode acceder dende a páxina baixo o epígrafe “óptica”, termos como “luz” ou “materia”, e que poden ser usados para ampliar coñecementos.
Hai outra parte de funcionamento: a que usan as persoas que queren colaborar, incluíndo novos termos, corrixindo ou ampliando o texto correspondente a termos que xa existen. Por exemplo, aínda non hai ningunha rfeferencia a “zoqueiro”. Pois ben, os pasos a seguir poden ser os seguintes: na páxina principal púlsase “editar esta páxina” e inclúese un apartado con tradicións e alí a verba “zoqueiro” entre corchetes: zoqueiro. Así, premendo “gravar”, aparécenos a mesma páxina principal que antes, pero agora co termo “zoqueiro” resaltado. Se o prememos, sáenos unha mensaxe que nos di que ese termo non existe, e un espacio para que escribamos nel o que consideremos oportuno. Unha vez gravada esta nova páxina, calquera persona que acceda a internet no mundo pode ler o que nós escribimos e polo tanto, saber o que é un zoqueiro. De feito, e por se alguén tivera dificultade, na páxina principal (gl.wikipedia.org) hai un apartado que nos leva á páxina “Como editar a Wikipedia” que nos explica esto con máis detalle.
Para os usuarios que non busquen facer unha colaboración, a páxina principal inclúe enlaces a outras enciclopedias con máis termos en outras linguas, para facilitar a súa traducción, que se pode facer de xeito libre, pois todos os termos que se facilitan neste tipo de enciclopedias teñen o dereito de copia libre (con restriccións, para permitir por exemplo acceso tamén libre a dita copia) segundo os termos que aparecen en http://www.gnu.org/copyleft/fdl.html (aínda sen traducir ó galego, que eu saiba) (2).
E, queras colaborar ou non, podes editar un espacio particular para ti, onde intercambiar pareceres, pedir se se poden traducir termos e manifestarte en xeral como usuario. Máis do que permite unha enciclopedia das ata agora consideradas normais.
Catrocentos termos son moi poucos. Pero crece a unha taxa superior en calquera caso ó 10% mensual, e pode que en ti teña un novo coloborador que aumente dito crecemento.
Antonio Gregorio Montes
(1)Un detalle: a enciclopedia “autocorríxese”. É dicir, os colaboradores van testando o posto con anterioridade e corrixindo, velando para que sexa usada para o fin que se pretende. E existen administradores que participan cunha orientación máis particular.
(2)Estase a traducir a apariencia da páxina, que aínda presenta cousas accesorias en inglés, o que será rematado cara a fin de xaneiro e eliminará un efecto curioso de ter unha aparente mezcla lingüística nun documento, aínda que para o seu uso normal non sexa necesaria aquela lingua.

Visións de Ribadeo

Esta foto da rúa peonil de Ribadeo non estaba pensada para aquí, pero ó vela veume á cabeza unha imaxe: a de ribadeo en negro en en cor, un Ribadeo que sucede con certa frecuencia e no que uns pucos están 'iluminados' e os outros se ven reducidos á 'escuridade'. Exemplos? O primeiro que se me ocorre é o ruído nouturno, a consecuencia do que uns din recoller beneficios e os outros non poden durmir.
A continuación, un artigo o antigo blog, antecesor da crónica de febreiro de 2004 aparecida despois en Ribadeando (no libro):

"Outra entrada
Dicía un anuncio "tódolos días un plátano". Dicía Sta. Teresa de Xesús "a paciencia todo o pode". E digo eu, que se esas citas e outras polo estilo son certas, débese de insistir tódolos días. por eso, un anticipo en borrador dun artigo que espero apareza pronto en "pensamentos":
Febreiro dende a Atalaia
Nun ano, os meses van detras uns dos outros sen discontinuidade. Continuando en Ribadeo, despois de Xaneiro, ven Febreiro, que comeza como se de Maio se tratara (temperatura, ceo, frores...), co que dar unha volta pola Atalaia permite disfrutar á vez dun bó tempo, unha vista magnífica e o progreso das obras no porto deportivo, chamémoslle de Porcillán. Lentas pero continuadas (as obras...), como este mes parece pedirlle ó corpo en medio dun inverno normal, que non neste con temperaturas de xullo e de Siberia, alternadas de xeito rápido. O tempo inestable tamén parece unha sinal, algo que fixo marcar unha diferencia con Xaneiro: saíu á rúa un boletín do PP onde se fai queixa de exactamente catro cousas, pero que significa algo que o mes anterior non quedaba claro e que abre a porta ás eleccións xa próximas para Congreso e Senado: o dereito da oposición ó pataleo, sexa co base ou feito nas nubes. E parece que cara a esa cita electoral pasaron moitas cousas no mes: dende o antroido, onde a penetrou moi debilmente en comparación coa boda real, pasando polo Sergas, que anuncia na prensa a disposición do posto de pediatra, ó comezo de campaña, con dous mítins xusto ó comezo da da movida campañera. Aí tamén estivo presente o fracaso de fitur (segundo algúns) aireado na prensa do mes. E fóra do mes, unha primeira pedra política polémica, da que haberá que falar en Marzo. Rematou febreiro cun derrubio por sorpresa que a algún deixou branco para todo o día: o do edificio onde se atopaba a Farmacia de Nieto, que para evitar males maiores rematouse a golpes retrasando o mítin do BNG e cortando a rúa que din as malas linguas que fora cortada xa con anterioridade na viciñanza, pode que para evitar o derrubio do propio mítin. Noutra orde de cousas, xa se puxeron en marcha as escolas municipais e estase a desenvolver a “Oferta Cultural” do Concello, con curtos, actividades para nenos, ensino deportivo... ¿Marcha Ribadeo? É preferibe iso a Marchar de Ribadeo, e tamén á Marcha en Ribadeo. De calquera xeito, andan as augas movidas pola avaliación preelectoral. Traase de voltar ó revés aquello de que en augas movidas péscase ben: neste caso, axítase a auga para pescar, e, ás veces, péscanse... botas ou calquera lixo. A curiosidade de observar as correntes no remate da obra do Porto Deportivo sería unha alternativa ó tedio en contra do progreso da vila. E non é ironía: contemplación de obras como matar o tempo por falta de expectativas. E rematamos sen música máis que electoral, a pesares que precisamente co gallo desas eleccións fora lembrado Hernán Naval como antigo candidato. A banda ténnos desasistidos despois do concerto de reis, e o turismo un pouco esquecidos despois de Fitur, pero a continuidade dos días e os meses nótase. Marzo e as eleccións dan un certo formiguillo ó ambiente. Verase.
Antonio Gregorio Montes
... Xa veremos en que queda..."

(O anterior tamén era da entrada vella!)

20051008

Axuda na rede


Hoxe deixo Ribadeo con novas para mañá. Quero adicar o espazo a dar grazas a quen me axudou na rede. Adxunto un pantallazo do listado da lista de usuarios Debian en español no que aparece o montón de respostas que obtiven en pouco máis dunha hora sobre unha actualización de paquetes. Gracias a todos eles. ... pode que sexa algo que deberamos aprender en Ribadeo: a colaboración e a axuda sen fastidiar ós demais.

20051006

Hernán Naval, hoxe


Vai poucos días que atopei no mostrador da Escola Municipal de Música de Ribadeo ('Hernán Naval') un díptico que, a falta de comprobación, coido que sería o próximo concerto que Hernán Naval nunca chegou a dirixir co coro e Big Band da agemm. Así parece do dato que indica que Hernán tiña pensado gravar ese ano dous CD coa BSMR, aínda que non aparece o ano de celebración do concerto por ningures.
---
Do antigo Blog:
Unha visión. Negativa?

Poño o seguinte con medo de ser moi negativo, negativo de máis... tentarei compensalo noutro momento; tómese como un estado de ánimo... e, se hai algún lector coñecedor desta realidade Ribadeo e opina que algo non é certo (sempre nos podemos equivocar, e gustaríame que fora así) por favor, que mo comunique por correo-e para facer a corrección inmediata.

Ribadeo

Estamos en Ribadeo. Rúas levantadas, en aras do futuro que representa o gasto duns fondos europeos para reparar unhas rúas. Ribadeo, onde polo momento van cinco meses preguntando polos criterios de revisión dos locais nouturnos (e que si queres arroz, Catalina). Seguimos en Ribadeo: un devolto á porta dun garaxe segue hoxe, mércores, dende o sábado noite 'fever' sen baldear e cheirando (vai diminuíndo, cheiraba máis o domingo). En Ribadeo, si, onde despois de sachar por séculos un pedazo pequeño de terra descúbrese por casualidade un retazo da antiga muralla. No mesmo Ribadeo no que días despois de encabezar unha manifestación multitudinaria contra o recheo, o Alcalde pasa a apoialo, mentres outro punto fundamental do apoio, o Patrón Maior, pasa a calar e seis meses despois recibe unha axuda/subvención... (a forma non importa moito) de 12000euros (2.000.000 das antigas pesetas). O mesmo sitio onde os 900millóns de pesetas que deixaron de débeda os populares pensan ser reducidos diminuíndo as festas en cantidade (suponse que tamén en calidade), ó tempo que pasa a haber dúas liberacións por adicación ó Concello, subidas de máis do 50% nalgunhas taxas sen mellorar o servicio e aumentos de 600euros para algúns funcionarios (que non para todos) que quedarán cristalizadas a pesares de ser calificadas en función da productividade. O mesmo Ribadeo no que de pronto aparecen máis pisos nos edificios e máis casas, pero parece que as rúas seguen tan estreitas coma sempre e máis cerradas que nunca. O Ribadeo dos ruídos nouturnos, que xa cumpriron o decenio de protestas no medio dun aumento de vigor de xeito continuado. O Ribadeo onde unha discoteca leva anunciado todo o mes de maio 'aberto ata as 8 da mañá' sen que pase nada aínda que se salte á torera os horarios de peche, aínda aumentados este ano. O Ribadeo onde se retirou uns meses unha alfombra esvaradiza de goma para voltar a poñerse de novo. O Ribadeo que protesta pola externalización de servicios e vai externalizar máis. O Ribadeo que se ve dende a cúpula do observatorio de Sta. Cruz, pechada e sen amañar dende fai máis de seis meses. O mesmo Ribadeo que ten ordenadores ó servicio do público desaparecidos á vista do mesmo dende fai anos sen ou con internet. O mesmo Ribadeo que non ten polígono industrial e di que o vai ter... o mesmo que se dicía fai máis de vinte anos. O Ribadeo onde se propón que os plenos se rematen con preguntas dos asistentes e hai posibilidades de que se faga antes do próximo século. Si, o mesmo ...

Xa abonda. Lector, podes seguir ti, que a bon seguro no maxín tes cousas polo estilo que eu descoñezo. E, se non sabes abondo, pregunta. E lembra, lembra para o futuro, ese que pretendemos que sexa de tódolos ribadenses.

Mentres, lector, por se hai dúbida, quero que quede craro que quero a Ribadeo e que faigo por el, por nós, o que creo que podo.

Wednesday, May 26, 200404:23 p.m.

20051005

Unha curta: Ribadeo, en 'A nosa terra'

Hoxe por casualidade vin que este blog está ligado direitamente na páxina de A Nosa Terra. Moitas gracias, nosaterranos!

Minitesón

Coido que a algúns gustaríalles que o tesón, os tesóns da ría, foran do tamaño do que se ve na foto, o tesón de Mirasol a piques de desaparecer pola suba da marea.
O caso é que os temas se me van acumulando sen tempo para poñer moito novo, e é que en Ribadeo prodúcense realmente moitos temas para tratar, saian ou non nos periódicos, pois son moitos os que non ven a luz pública ben por ocultación, ben por seren difíciles de tratar, ben por... aquí deixo un esbozo dun artigo que teño entre mans e que non fago máis que comezar:
"Passa contigo, tío?
Unha expresión de típico colegueo pode ser interpretada de diferentes xeitos. Por exemplo, un interese verdadeiro no que está a facer o 'tío'. Tamén, pode interpretarse como unha petición de aclaracións sobre algo que non se ve claro, ou que se interpreta polo demandante como inoportuno ou contrario. Pode ser tamén un saúdo. De calquera xeito, non está ben visto usar esa expresión segundo en que ambientes. Por exemplo, ó sr. Alcalde de Ribadeo. Ou, no seu defecto, á estatua do Marqués que está dando un xesto ben do estilo da frase que da título ó artigo.
Nembargantes, gustaríame poder interpelar nos tres sentidos antes citados ó sr. Alcalde (xa que o Marqués non creo que respondera). Gustaríame facelo nos tres sentidos ó tempo para que non se me interprete mal: saudalo, preguntarlle que se está a cocer no Concello e tamén para clarificar algunha cousa. A modificación que pronto sufrirá o parque, o estudo do propio concello sobre a conveniencia ou non da planta de acuicultura de Rinlo, o por que non se decide a tratar o PXOM dende unha perspectiva poñendo as liñas xerais do Ribadeo que se quere antes de comezar a planificar sen xeito, ..."
En fin, o tesón seguirá a crecer aínda que non saiban xa para onde quitar a area, nun traballar por traballar que parece que só beneficia a quen leve a correspondente ganancia ou comisión por facer os traballos (a lembrar que o alcalde/o concello recibe unha porcentaxe por obra...)
---
Do blog anterior:
"1. Dende o pasado día 4 de xuño ata o próximo día 15, na oficina de Turismo de Ribadeo está exposta a mostra 'A ciencia ten nome de muller'. A exposición está adicada ás mulleres científicas ó longo da historia. Consta de unha introdución ó tema, un listado de biografías tratadas, as propias biografías agrupadas en diferentes apartados e dentro de cada un ordenadas por datas, e un apartado de conclusións en relación coa ciencia e as mulleres. A Exposición ten sido exposta con anterioridade en Ribeira, Narón, Ferrol e Noia, e está previsto que continúe o seu periplo no outono en A Coruña e outros lugares. A mostra, realizada no IES Porta da Auga a raíz dun proxecto Comenius 1, está organizada polo colectivo de mulleres 8 de marzo e o CIM de Ribadeo. A entrada é gratuíta. 2. O sábado 11 de xuño, ás 12 horas no Salón de Plenos do Concello de Ribadeo terá lugar a presentación do libro 'Ribadeando. 2004. Ribadeo de 1X a 31-D' de Antonio Gregorio Montes, quen será acompañado na presentación de Amadeo Arango e José Mª Rodríguez. O libro é unha crónica de Ribadeo ó longo do 2004 narrada dende o punto de vista do autor. Invítase á asistencia ó acto."
... ata mañá.
Thursday, June 9, 2005 02:49 p.m

20051003

Eclipse en Ribadeo

Hoxe houbo eclipse en Ribadeo. Comezou ás 9:38 e finalizou á 12:17, tras pasar por unha cobertura do sol do 95% e unha diminución de luminosidade solar do 89%.
Aquí unha proxección da eclipse sobre os tellados ribadenses, pouco despois do máximo.
O próximo eclipse solar tardará en verse en Ribadeo. este aproveitouse. No Porta da Auga pasaron tódolos alumnos a velo, ben por filtro, ben por proxección. e todos sentiron tamén o frío a pleno Sol dun día despexado.

20051002

Un novo edificio, un novo descuido de mantemento

Xa está aberta a baixada do novo edificio de portos na dársena deportiva. A parte da baixada, ofrece a súa terraza (en realidade, as súas terrazas) para disfrute dunha boa vista, case tan boa como a que se tiña antes dende o chamado mirador de Calvo Sotelo. Non me gusto moito o edificio en si, nin que veña aparexado ó recheo en Mirasol, por exemplo. Nembargantes, as terrazas e a escaleira non están tan mal, ou ó menos on o estaban, pois como sepode observar na segunda foto, xa gozan dunha desatenció que esperemos que sexa temporal: a maleza avanza.
Non é un caso episodico, por desgracia é abondo común neste noso Ribadeo que se fagan cousas, ben ou mal, e logo se deixen semi abandoadas no seu coidado diario. Exemplos non faltan, dende a zona de recreo de Vilaframil ó mirador do cargadeiro...
Un comentario sobre economía nun periódico de hoxe chamou a miña atención. estudando a competitividade dos países, a española baixou este ano da posición 23 á 29 na lista mundial oreada segundo ese criterio. A razón do mal posto de España (creo que só entran algúns países, non os 200 do globo) parece ser que ven do retraso en dous factores: a eficiencia, baseada ó seu tempo en innovación e coñecemento, e a cohesión, baseada na calidade das interaccións, esforzo e esixencia mutua entre os 'axentes que compoñen as sociedades'. A aplicación a Ribadeo de ditos factores non da un bó resultado: a innovación en Ribadeo diría que non existe, mentras que a 'política de coñecemento' está desaparecida en combate. Alguén pode dicir que o Concello non ten facultades para rexir minimamente esas cuestións. Tampouco parece preocuparse de suplir, reclamar, etc, a xestión nestes campos. En canto á calidade das interaccións, un apartamento entre a estructura do Concello, comezando polo alcalde, e o resto da sociedade, xa foi denunciada vai tempo e non parece que mellore grandemente, pois se se deu algún paso positivo tamén houbo pasos atrás. O esforzo desapareceu en combate, e é arduo na actualidade esixir ós estudantes un esforzo: é o que están vendo a nivel social. En canto á 'política de esixencia' do concello parece baseada en que 'eu non te esixo, ti non me esixas', e pode darse multitude de exemplos.
Mentras, no mundo, Alemaña intenta formar unha grande coalición entre os dous partidos maiores para saír do impasse tras as eleccións, e Indonesia intenta recuperarse despois dos atentados de Bali que costaron 25 mortes.

20051001

Visións de sábado

Un sábado de orballo e ás veces algo máis. Despois do día en que caeu a grúa en Vilaframil nas obras da autovía, ver en que se está a converter a ampliación-recheo da parte norte de Mirasol... deprime, ó ver que o empregan como repositorio de area tras botar terra e pedra apra facer unha base, tras reitrar 100m de peirao, en espera de botar a area onde lles caiba (e queran metela), porque a ría hai que dragala, que no están pola labor do porto esterior, porque as labores de draga e demáis dan cartos, e o exterior xa se fará máis adiante, que haberá que facelo (como sabe todo o mundo...). Parece unha alegoría a foto: nubarróns sobre Ribadeo e a ría.
Nubes máis baixas, néboa de lume, é o que teñen sobre L.A., por un incendio dunha fronte de 25km que ameaza zonas residenciais de alto custe. Os árabes estarán dicindo que é parte do castigo divino para os EUA... Aínda que máis achegados a nós, o exército vai gardar a fornteira para que non entres migrantes, si, deses que morren a tiros ó tentar de curzar a barreira do que consideran un paraíso para eles.
**
De http:agremon.pitas.com:

Monday, January 3, 2005 01:41 p.m.

Adiantamento contra recheo: Nadal en Ribadeo
Uns reis anticipados permitiron a apertura da travesía da Avenida de Galicia ó comezo dun mes no que as verbas trocáronse, unha vez máis, para tratar de que significaran outra cousa diferente da realidade. Abriuse a rúa cando os baixos do edificio causante do peche xa estaban construídos, e aínda segue invadida a calzada e a pasaxe veciña. Dun xeito máis patente se cabe, no cartel que apareceu en Mirasol para indicar obras, pódese ler “adiantamento do peirao” e non “recheo da ría”. Hai que comprender que o anterior recheo ten moi mala prensa, e non debido á paisaxe semi luar que alí se foi creando estes últimos tempos coa acumulación de montóns de terra, pedras e area, substitutiva do armacenamento dos barcos na invernada pasada. Postos na beiraría, as obras continúan en terra e no mar, co novo edificio de Porcillán levantando columnas e o dique seco a punto. Unha nota: o 31 de decembro había atracados 15 pesqueiros na rada, 7 na parte sur “recheable” e 8 na norte, que libra polo momento.
Mellor rir. Pode que por eso se realizara o taller de risoterapia como colofón das xornadas contra a violencia de xénero. Ou porque afortunadamente fora desarticulada a 'pasarela catro calles' en medio da choiva que a facía intransitable, evitando sorrisos malintencionados por caídas alleas.
Tamén distendido foi o mercado de Nadal... na ponte da Inmaculada Constitución e con éxito de asistencia.
Decembro deu a renovación das directivas das dúas asociacións máis numerosas de Ribadeo: Amadores da Música e Clube Náutico. No primeiro caso, só se presentaba unha directiva de continuidade, con membros novos incluídos, pero con base no antigo equipo. No Clube náutico eran dous grupos os que se enfrontaban, resultando electo o equipo que marca a continuidade só por 258 contra 250 votos.
Falando de agrupacións, parece que houbo que facer unha mesa conxunta para que a alcaldía levase a efecto a contestación nos plenos ás preguntas das asociacións, con regulamento xa aprobado en setembro. Unha boa noticia que representa aínda un débil balbuceo na participación veciñal.
Para remate do ano, Ribadeo mediático: unha gravación dunha curtametraxe, colofón do curso sobre cine que se mantivo na derradeira semana, fixo posible que os ribadenses aprenderan as técnicas básicas da arte. Con outras miras, está a punto de abrirse a nova rúa semi peonal en Reynante e a distancia aínda a apertura da nova casa da mocidade; a carreira de fin de ano puxo un toque deportivo á vila, con participación de moitos veciños, mentras a derradeira noticia en Ribadeo foi que o xulgado decidiu que o convenio dos empregados municipais era axustado a dereito.
As noticias de algo máis lonxe trouxeron os ecos da polémica do discurso do Rei mentras o plano Ibarreche segue adiante e no Parlamento vasco falla oportunamente o sistema de votación electrónico. No extranxeiro, Iraq faise intransitable sen importar: as eleccións faranse de calquera xeito para que sexa un governo iraquí quen asine contratos ás empresas norteamericanas e calquera governo posterior non poda alegar en contra que foron as autoridades de ocupación quen asinou a venda do país. A Constitución Europea espéranos á volta da esquina, pero polo momento é unha descoñecida, ó contrario e moito menos salientable que o maremoto que deixou a desolación no Índico, con máis de 150000 mortes.
Entre moitos bos desexos para o novo ano 2005, esperemos que se extenda entre os veciños a participación na defensa dos seus dereitos e dos de Ribadeo: a Deus rogando e co mazo dando.