20051130

De novo, en agosto

Non se trata dun aumento de temperaturas: trátase de que alguén na prensa mentou un artigo meu publcado en A Mariña de El Progreso o 30 de agosto. Revisei, e non sei por que, pero non estaba no blog, nin o tiña no ordenador: tíveno que recuperar do xornal, corrixindo dúas cousas que faltaban e me lembraba. Bo, pois xa vai estar, a continuación:
--
Rinlo.info é un xornal de nenos para maiores.
Pero non só eso. É un xornal que se vende estes días en Rinlo feito por tres cativos e que está tratando de sacar información obxectiva no mesmo carozo do enfrontamento que se está a vivir no pobo por mor da instalación dun criadeiro de rodaballo nunha zona natural protexida.
Despois de estar e falar con xente de Rinlo, tanto xente a favor como en contra, atopo básicamente que a compañía, Acuinor (da que ben pouca información obtiven en internet) e o Concello artellaron dende fai xa meses unha defensa das instalacións no pobo, co que teñen alomenos tres estructuras a favor, contado a da directiva da asociación de veciños.
Por contra, os ecoloxistas chegaron fai pouco e se ben non teñen aínda feitos consumados sobre o terreo, si se atoparon xa co traballo a favor da empresa realizado por esas estructuras, mentres que a xente que está a favor, como boa parte das mariscadoras, está desorganizada; se teñen tempo, será unha labor máis que teñan que facer. Se teñen tempo: esta semana, o tema ronda arredor dos papeis: autorizacións e documentos que faltan fronte a permisos conseguidos cunha rapidez pouco usual, consecución dunha orde de paralización preventiva das obras contra consecución dunha orde xudicial de desaloxo dos ecoloxistas.Fai uns días tivo lugar en Rinlo a festa do percebe. Repasando a foto de conxunto correspondente (atopable en A Mariña) pregúntome se dentro duns anos unha festa así terá que usar percebe importado. E é que hai moitos datos que conxuntar en relación á instalación:
¿Como atacan os residuos do criadeiro á zona costeira, en particular á producción e calidade dos percebes? Falouse da oferta da empresa de 10 postos de traballo nunha primeira fase e outros dez máis nunha segunda: a documentación que se atopa no Concello non da pe para pensar en moitos máis de 6 ou 7 en total (entre persoal cualificado, que viría de fora, e o non cualificado). ¿Cómo afecta ó turismo, en forte auxe na zona e ó futuro dunha vila que pode ter fortes atractivos neste sentido e que se pode potenciar a través do plan turístico para o Concello? Serían algunhas das preguntas a contestar, a parte da construcción da planta nun paraxe nautral protexido, que é ó único que di ADEGA que se opón (segundo eles, uns centos de metros máis aló non tería problema).
Hai outras consideracións que neste caso chaman a atención. Así, estaría tanto o respecto á lei, que debe ser igual para todos e igual de respetada. Hai indicios de que o anterior non se cumple, pois hai un expediente dunha instalación semellante pero máis pequena parado no Concello dende abondo antes de que se comezara co papeleo desta instalación. Respecto ó segundo apartado, a lei di que a paraxe está protexida de actuacións a excepción de saúde pública.
Coido que a confrontación de ideas, nunha mesa redonda por exemplo, sería clave para aclarar as posturas e que os veciños da zona poideran formarse unha opinión crítica. Nese sentido están comezadas xestións para unha mesa redonda con diversos participantes. Atopando que dende a empresa néganse a participar. Nembargantes, onte mesmo, en Rinlo, para min estaba claro que a convocatoria para unha concentración informativa que se me dixo ía a ter lugar foi unha mera manipulación para poder sacar unha foto e dicir que os veciños apoian as instalacións. Ó tempo, entereime de chamadas a casas particulares de xente en procura de emprego para presionar que foran poñerse contra dos ecoloxistas, e oín falar de ‘provocación’ a xente desinformada pero influínte ó ver a catro persoas con camisas negras iguais que se achegaban á ‘concentración’ ignorando que eran empregados municipais. A zona é paraxe protexida e constitúe un hábitat fráxil colonizado por toxo e queiruga e preténdese meter unha instalación que destuiría o hábitat e eliminaría o percebe na zona próxima e diminiuría a súa calidade nun entorno maior, e crearía algún posto de traballo, pero se nos quedamos só en eso, illado, non nos enteraremos de nada.
--
Por certo, dito escrito alude, vaia por Deus! a que estou utilizando os pícaros. A mesa redonda fíxose, e a parte de cousas que tería que comentar do alcalde e non o faigo por estar esperando unha disculpa, non asistiu ningún representante da empresa.
Se teño tempo, sigo (non vai ser doado...)

20051127

Quen manda aquí? (en resposta a unha acusación)

A pouco de comezar o meu artigo titulado 'Quen manda aquí?', publicado en días pasados, dicía: “Onte entereime...”. A falta de ter a man un dicionario galego equivalente, se miramos no Diccionario de la Real Academia Española, 'enterar' significa “Informar a alguien de algo o instruirlo en cualquier negocio”. Pois ben, o día 22, martes, informáronme por escrito (o mesmo que a outra xente e á prensa, e do que gardo copia) así como verbalmente do básico do que poño no meu artigo aparecido días despois.

Paso de facer máis razonamentos sobre o tema do artigo antes citado, non quero que esto despiste de outros problemas do Concello, ou de outras novas que apareceron na prensa estes días relacionadas co mesmo tema. Ademáis, despois dun escrito de Balbino Pérez aparecido o domingo 27, quérome referir ás imputacións que se me fan de mentira continuada.

Ocupar a cadeira de alcalde parece que comunique un xeito de mirar ós demáis, dende arriba. Pode derivarse de que o alcalde ten como tarefa gobernar un pobo, o que certamente o convirte nunha especie de cabeza do mesmo. Nembargantes, o goberno é como servidor público, e non ó reves, o pobo servidor do alcalde. É convinte lembrar isto á beira de que ninguén é perfecto (incluídos calquera sr. alcalde e máis eu) e tamén á beira de distinguir ben calumnias e opinións sobre feitos noticiados.

Dun xeito rápido, no que a min concerne deixarei agora tamén a parte actuacións e promesas feitas polo alcalde ó pobo de Ribadeo, así como imputacións de mentiras feitas a outra xente. Xa vai para un ano que por escrito minimicei e disculpei por mala información que Balbino Pérez me acusara de mentir sobre outro tema. Dende aquela, voltou ó intento máis veces acusándome de mentir, e aínda lembro a miña presentación inmediata de testemuñas que verificaron o que eu dicía baixando a escalinata do pazo municipal. Esta vez, fíxoo no título e repetidamente no interior dun artigo publicado. Prégolle públicamente de bó xeito, pero firmemente, que se disculpe de xeito público por chamarme mentiroso.

Outras cuestións podémolas discutir, a imputación de mentiroso, non.

20051126

Achégase o Nadal

Achégase o Nadal, os días son curtos, a neve aparece nas montañas... só dúas fotos para deixar testemuña deste comezo do inverno en Ribadeo, antes do auténtico inverno, que trae temperaturas que permiten a neve á outra beira da ría, como se pode ver na foto tomada hoxe no aparcamento. Asemade, pódese ver a relativamente pouca animación no centro do pobo, nas 'catro calles' ou rúa peonil, ó comezo da noite. De seguro unhas cantas horas despois estará abondo máis concurrida. De calquera xeito, de non facer o frío de hoxe, habería moita máis xente camiñando, paseando, vendo as tendas, falando, convivindo,... esas cousas do pobo que lle fan grata a estancia á xente de fóra ou ribadenses que veñen de cando en cando.

20051125

Hórreos de Vilaselán

Levo varias sesións de unhas poucas fotos sobre hórreos de Vilaselán. Estes dous das fotos de hoxe están na vella estrada de Ribadeo a Vilaselán, enfrentados. O primeiro, de xeito perpendicular á estrada, cara a vilaselán á esquerda. O segundo, paralelo, á dereita. Pódese ver que o seu estilo é parello, un xeito de hórreo moi extendido na parroquia.
Ambos teñen datas na súa fronte e o que hoxe está máis descuidado soporta cables e un punto de alumeado público, e ten tres columnas como soporte, cunha extensión lixeiramente maior que o outro. Asemade, o seu acceso non se amosa de xeito tan claro como no outro caso, no que parece feito con posterioridade ó edificio principal.
Máis en outro momento.

Non sei se debo...

Non sei se debo rectificar. Explícome:
O artigo que posteei o mércores 23, 'Quen manda aquí', e do que enviei á prensa unha versión (Progreso/Comarca) tivo hoxe, unha vez publicado en A Mariña (El Progreso) unha airada reacción do alcalde, que me chamou por teléfono gritando e non deixando que eu poidera dicir nada, polo que pasei e non lle colguei, cousa que fixo el xusto despois de dicir unha imprecación que soou lonxana e antes de que eu poidera dicir máis.
De calquera xeito, a posteriori, fíxome pensar e de aí este posteado. A súa tese é que el non recibiu nada e que minto. Pode que porque outras veces xa me ten chamado mentiroso e demostreille que non o era, continou dicindo que me tiña que informar e non falar de segundas. Neso, neste caso, ten razón: para min é imposible saber se recibiu un determinado fax no Concello, a non ser unha casualidade. Pero paréceme evidente en principio non lle conceder máis creto a el que a Vispo (representante de Adega), con quen falei por teléfono o día antes, e me deu a información e de quen tiña recibido xa un correo sobre o tema, correo que enviou tamén á prensa. De aí que escriba 'entereime' (referido a martes) e non 'pasou' ou 'sei', aínda que alguén considere que non debera telo escrito.
Debo aclaralo na prensa escrita? Coido que non, pois moi posiblemente implicaría máis confusión. Por que o aclaro entón aquí? Porque dentro das miñas facultades mentais, por moi mermadas que esteñan despois de 12 anos soportando ruídos nouturnos, aquí escribo eu e non outros tratando de interpretar as miñas palabras, e a corrección dubido que se me publicara de xeito inmediato e como artigo...
Ás veces un non fai todo a dereitas... aínda que me resisto a creer que se non se fan as cousas a dereitas, sexan feitas ás esquerdas: os grises son moito máis abundantes que o branco e o negro.
Unha vez coñecido esto, procurando a máxima obxectividade, agradecería comentarios (alguén xa me dixo que estaba seguro de que o recibira, aínda que non tiña probas, pero voltamos ó de sempre: as probas)
O dito, agradecería axuda.

20051124

virxe do Camiño


A imaxe da capela da Virxe do Camiño fai (facía) de benvida a Ribadeo, e agora limita o Xardín (polo de 'Xardín de Sela'), anunciando coa súa típica Cruz as súas orixes. Restaurada arredor do ano 90, volta a necesitar urxentes reparacións, pola humidade que se respira no sue interior, o estado de teito e paredes, a falta de pintura nas madeiras do adro, etc.
Contrasta coa restauración do hórreo que se ve na foto, na zona de Campoxurado, en Vilaselán (na pista dende a estradaque sae de S. Roque a Vilaselán, collendo a primeira pista de concentración que se atopa á esquerda). é de supoñer que tamén lle toque á capela dentro de pouco, antes de que sofra danos graves. E tamén sería desexable que logo se lle der actividade (turística, por exemplo) para que non voltara a caer no abandono outros anos máis.

20051123

Un capricho


... pois ...















esta entrada (3ª de hoxe) é algo así como un capricho: teño fai tempo dúas fotos particulares e quería metelas no blog. Unha é a miña imaxe captada por Mariano Grueiro, foto á que lle teño cariño.
A outra é un escaneado das mans da miña muller e do meu picariño de 8 anos, (Álvaro, fai xa anos). En fin, nas dúas, algo de min.
E, a parte, outra foto xa vella, do outro blog, co libro do 5º aniversario da banda de Música de Ribadeo (fai xa... 9 anos)

Bandas rugosas?


Por fin o Concello xa ten cambiadas a maioría das bandas rugosas e instalado zonas un pouco máis elevadas para facer que os coches diminúan a súa velocidade. Claro que se imos considerar as declaracións do concellal de tráfico, tal e como é o éxito da súa xestión, contra opinións, vento e marea, coido que noon farían falla tampouco esas zonas elevadas. ... en fin, polo menos, parece que as bandas van desaparecer. Na foto, en primeiro termo, na avenida da ponte (Rosalía de Castro), unha sinal advirte de perigo: a zona elevada está próxima (un coche está a pasar por ela na zona da esquerda). Na outra, outra zona elevada nun lugar onde se quitaron xa as bandas que había (e que a xente sorteaba normalmente achegándose á beira...)

Quen manda aquí?

Que Galiza é unha terra de caciques é aceptado. Que os tempos dos caciques xa pasaron, eso non está tan claro. Onte entereime de que o Concello recibiu un fax ordenando a detención das obras na factoría de Meirengos (A Devesa). Ben, pois...
1. As obras seguiron despois do fax.
2. No pleno, a pesar de que houbo preguntas ó respecto (Manuel Valín) o fax non foi considerado nas respostas.
3. Álvarez Cascos, empresario da empresa Acuinor que trata de facer a piscifactoría en Meirengos, recibiuno e evidentemente non o considerou (posiblemente empregando un razoamento semellante ó do Alcalde) Será porque os fax non teñen validez legal, aínda que a el lle serviran para dar por sentado que tiña algún papel para comezar as obras? Como o que lle mandan neste caso é parar, e non lle interesa, eso de que deberían ter a mesma consideración parece non ser certo. Pero, os funcionarios e políticos implicados, non deberan de obrar coas mesmas consideracións que tiveron no seu momento para dicir 'adiante?
Neste asunto, con paradas e levantamento de paradas, permisos prometidos e débedas de permisos, o 'eu sigo adiante' parece algo máis que unha teimudez por parte de empresa e Alcalde. Parece un dereito asimétrico aplicable segundo se sexa defensor da factoría ou do medio ambiente, segundo se teñan uns apelidos ou outros, un poder (económico ou concedido polo pobo) ou polo contrario unha posible desprotección legal.
Ogallá me equivoque, pero coido que este tema pódese poñer en relación con outros que afectan ó Concello e que están a poñer os dereitos da maioría dos cidadáns patas arriba. O malo é que se venden con boas palabras, prostituíndo o significado de algunha e entón parece que seguimos sendo respetados en troques de asoballados.
En canto á defensa da planta de acuícola, se hai (como poñía a prensa) abondo máis de cen peticións para 14 postos na primeira fase, sobrepásanse no mellor dos casos as 7 persoas por posto, sen entrar en consideración as cualificacións necesarias, por exemplo. É unha empresa privada que en principio non ten restricións sobre o amiguismo aplicable na contratación: Se te queres empregar nela, fixeches xa méritos abondo? fixeches ver ben claro o teu apoio teña ou non todos os permisos? Se non o deixaches ben claro, incluídas cousas como manifestacións a favor, coido que te podes ir despedindo (mellor dito, non empregando alí). Se polo contrario, aínda coas restricións anteriores segues considerando o posto como teu, sería cousa de pensar a posibilidade de exercicio dos teus dereitos unha vez empregado.
Cento e pico persoas forman neste caso unha especie de pequeno exército privado sen necesidade de retribución nin ligazón declarable. E tamén esas cento e pico, menos as que empreguen, forman o xerme dos escaldados pola construcción que se pretende, en caso de que chegue a facerse (sigo a dubidar que as catorce sexan permanentes, para canto máis a ampliación ata vinte).
Lémbrome cando, na construcción do recheo nos noventa, alguén me dixo algo así como: 'van crear postos de traballo. Sexan benvidos, pase o que lle pase á ría'. O recheo fíxose, a ría perxudicouse e os postos de traballo quedaron no que quedaron, anos despois de feita. A parte, o perxuizo económico no sector turístico (nunca cuantificado porque non interesa facer estudos sobre o tema que podan culpar a persoas), ou sobre o calado da ría (ó que hai que aplicarlle un razonamento semellante). Eso si, os cartos destinados xa non os hai para que rindan mellor, e a ría non ten palabra porque non se lle concede.

20051122

A nova en Ribadeo


A nova de onte en Ribadeo non se soubo en xeral ate hoxe: Acuinor volve a obrar en Meirengos. Mentres, desvélase que para os 12 empregos ofertados na primeira fase (+8 na segunda, xa veremos en que queda todo), hai abondo máis de 100 persoas que os pretenden. De aí ven a forza que se manifesta a favor da piscifactoría. de aí virán tamén despois os lamentos máis numerosos: en temas como este, ecolóxicos, veciñais, etc, os loitadores sabemos que non é cousa de todo ou nada, senón dunha carreira de fondo. así, a foto que acompaña xa é vella, amosando unha ría na que estamos perdendo a batalla pero que esperamos conservar máis ou menos moito tempo.
Mentres, aparece hoxe na prensa un artigo pedindo un agasallo de Nadal especial: o rebaixe da tensión que se está a vivir nos nosos concellos. si, realmente parece cousa dos Reis Magos.
Para min, e para o IES Porta da Auga, agora se trata de volver á normalidade tras o Congreso. O IES xa o conseguiu. eu, non, tendo aínda moitas cousas que deixar listas mentres as clases seguen.
--
Unha nova xa vella, do vello blog:

Sobrepasado
Outra vez en clave só ribadense, vexo o rápido que poden pasar as cousas e calquera intento de seguilas vai lento. O artigo anterior sobre a banda, que sairá aínda en La comarca o fin de semana (sábado, pasado mañá) xa está hoxe desfasado.
Por que? É moi longo para o tempo que teño hoxe. O caso é que comezou o tiroteo entre os implicados dereitos na banda. Novas variables que non tiran polo momento para arriba da formación. Mentres, a directiva vai mandar unha carta ós socios non para anunciar unha asemblea, como estaba previsto, senón para explicar a súa nova postura, que, segundo noticias, será o negar o novo convenio, despois de pedir unha solución ó Concello, que respostou con dito documento (...o certo é que, vivindo isto dende fora, seguramente haberá quen discrepe: nestes momentos, todo o mundo discrepa sobre alto, como se os feitos foran opinables, como se os feitos foran equivalentes a opinións ou posturas particulares ou colectivas, ...) en fin, continuará.

Thursday, May 20, 200411:05 p.m.

20051121

En Ribadeo, música.


Hoxe (xa onte) fun o concerto de Santa Cecilia da Banda de Música Municipal de Ribadeo. A unha hora un pouco inconveniente para o meu gusto (as 21:00), no auditorio municipal que estivo abondo cumprido, pero sen chegar ós cheos de vai uns anos, con Hernán Naval ó mando.
Un concerto en dúas partes, na primeira das que a Big Band con 20 membros e Marcos como director interpretou 'in the Mood', de Glen Miller, 'Can't help falling in love', de Jerry Novak, 'Blue book', de Lennie Niehans, 'Bésame mucho', de Frank Constock (teño que investigar, non aparece ese home relacionado coa canción célebre que ten por autora polo que parece a Consuelo Velázquez; supoño que será un arranxo e o puxeron como autor), e Mr. basket, de Matt Harris.
Na segunda, Lourenço Cruz fixo interpretar á banda obras de Jan van der Roost (Arsenal), Alfred Reed (First suite for band), Rafael Taléns (Cançons de mare) e Reveriano Soutullo (Ponteareas)
Un concerto moi aplaudido, algo no que colaborei, e presentado por Suso López, que segue a pór ese toque de maxia nas súas presentacións musicais.
Non me extendo máis: a banda ténme entre os seus forofos e pretendo ser imparcial. Unha maior extensión daría pé a que non controlara a miña crítica. De calquera xeito, como homenaxe,aí vai a historia dos primeiros anos da banda tal e como a dispuxen para que saíra no libro do 5º aniversario (pódese ver tamén aquí:personal.redestb.es/agremon/bmr1.html).
--
Aquí está a historia de actuacións da Banda Municipal de Ribadeo:

04/12/98 Lugo Círculo das Artes

7/11/98 Ribadeo Sta. María do Campo II Cumio do Camiño Norte

13/09/98 Tomar (Portugal) Mouchao, 18º Convivio de Bandas

12/09/98 Tomar (Portugal) Mouchao, 18º Convivio de Bandas

11/09/98 Tomiño Festas Patronais

8/09/98 Ribadeo Praza de Abaixo Patroa (procesión e concertos de mediodía e tarde)

22/08/98 Ribadeo Praza de Abaixo IV Festival de Bandas

14/08/98 Ribadeo Sta. María do Campo 6as. Xornadas Mar por medio

8/08/98 Ribadeo Sta. María do Campo Centenario de Dámaso Alonso

25/07/98 Ribadeo Pza. de Abaixo Día da Patria Galega, Música de Cine

25/07/98 Castropol (Asturias) Festas de Nªº Sº do Carme

15/07/98 Tapia de Casariego (Asturias) Festas de Nª Sª do Carme

9/07/98 Ribadeo Sta. María do Campo Centenario de Dámaso Alonso

14/06/98 Ribadeo Procesión Corpus Christi

17/05/98 Ribadeo Sta. María do Campo Día das Letras Galegas

19/04/98 Vilaselán Festa Virxe de Vilaselán (estreo da obra Virxe de Vilaselán para banda)

10/04/98 Ribadeo Procesión Venres Santo

05/04/98 Ribadeo Igrexa Sta. María do Campo Concerto de Semana Santa

04/04/98 Vegadeo Auditorio

21/02/98 Ribadeo Igrexa de Sta. María do Campo (previsto en inicio coa Banda de Lugo)

28/12/97 Ribadeo Igrexa de Sta. María do Campo Concerto de Nadal

Dende aquí enrriba non se detallan os concertos da contrabanda, realizados por exemplo nestas datas no Piano-Bar de Ribadeo ou na Casa de Cultura da Veiga, nin os de grupos mixtos como o de Sta. Cecilia no Centro Social de Ribadeo, tamén realizado nestas datas.

16/11/97 Oviedo Pasarrúas entre a praza do Concello e a Catedral

15/11/97 Oviedo Actuación no Teatro Campoamor / Festival Nacional de Bandas de Música

5/10/97 Lugo Actuación na Praza de España e pasarrúas pola Rúa da Raíña

8/09/97 Ribadeo Procesión, concerto na praza de abaixo e tamén pola tarde

30/08/97 Mondoñedo Praza da catedral

28/08/97 Ribadeo Praza de Abaixo Xoves de música

26/08/97 Ribadeo Catro Calles actuacións de grupos diversos

23/08/97 Ribadeo Praza de Abaixo III Festival de Bandas

21/08/97 Ribadeo Presentación da Contra-Banda no Piano Bar

16/08/97 Ribadeo S.Roque

14/08/97 Ribadeo Xermade

12 e 13/08/97 Ribadeo Gravación CD no auditorio (non rematado) da granxa-escola Pedro Murias

1/07/97 Ribadeo Igrexa de Sta. María do Campo Xornadas mar por medio

25/07/97 Ribadeo Praza de Abaixo Día da Patria Galega

4/07/97 Ribadeo Porto deportivo Recepción bandeira azul

7/06/97 Xove Igrexa parroquial

17/05/97 Ribadeo Sta. María do Campo Día das Letras Galegas

19/04/97 A Pontenova Concerto Galicia Terra Única

23/03/97 Ribadeo Sta. María do Campo Concerto S. Santa (coa Coral Polifónica)

28/03/97 Ribadeo Procesión Venres Santo

25/01/97 Ribadeo Sta. María do Campo 5º Aniversario

29/12/96 Ribadeo Sta. María do Campo Concerto Nadal

28/12/96 Ortigueira Igrexa Parroquial

20/11/96 Ribadeo Aula cultura Caixa Galicia

12/10/96 Meira Colexiata

12/10/96 Chantada Igrexa

8/09/96 Ribadeo Patroa

8/09/96 Ribadeo Festival

29/08/96 Ribadeo Catro calles

22/08/96 Ribadeo Pza.Abaixo

20/08/96 Sargadelos Fábrica (XXV experiencia)

18/08/96 Cubelas Igrexa

16/08/96 Ribadeo S.Roque

14/08/96 Arbo

11/08/96 Vilaframil igrexa

10/08/96 Valdoviño

8/08/96 Ribadeo Pza.Abaixo

2/08/96 As Neves Auditorio municipal

1/08/96 Ribadeo Sta.María do Campo

27/07/96 Mondoñedo

25/07/96 Ribadeo Pza.Abaixo

16/07/96 Tapia

12/07/96 Ribadeo A Bolera

11/07/96 Ribadeo A Bolera

29/06/96 Rinlo Pza.

23/06/96 Vilalba Pza.Constitución

22/06/96 Castropol C.P.La Paloma

9/06/96 Castropol procesión Corpus Christi

9/06/96 Ribadeo procesión Corpus Christi

17/05/96 Ribadeo Sta.María do Campo

16/05/96 Viveiro local Xiri"

6/04/96 Ribadeo V.O.T.

5/04/96 Ribadeo procesión

31/03/96 Ribadeo Sta.María do Campo

27/03/96 Ribadeo I.B.Rodríguez de Valcárcel

30/12/95 Ribadeo Sta.María do Campo

29/12/95 Mondoñedo Catedral

21/12/95 Ribadeo Hospital

26/11/95 Lisboa Sta. Xusta

26/11/95 Loures Festival de Bandas amadoras

18/10/95 Mondoñedo feiramostra As S.Lucas

24/09/95 Ribadeo emisión Con Música Propia

23/09/95 Ribadeo emisión Galicia para o Mundo

13/09/95 Ribadeo Atalaia

9/09/95 Ribadeo Pza. Abaixo

8/09/95 Ribadeo Pza. Abaixo

24/08/95 Ribadeo parque S.Francisco

19/08/95 Melide Actuación nº 100***

17/08/95 Luarca parque

16/08/95 Ribadeo S.Roque

14/08/95 S.Cibrán

10/08/95 Ribadeo parque S.Francisco

3/08/95 Ribadeo parque S.Francisco

25/07/95 Ribadeo Templete parque S.Francisco

19/07/95 Santiago TVG

15/07/95 Beniaján

2/07/95 Arante

25/06/95 Sarria

18/06/95 Ribadeo Procesión

21/05/95 As Figueiras S.Román

21/05/95 Ribadeo Piscina

17/05/95 Ribadeo forte S.Damián

17/05/95 Ribadeo Sta.María do Campo

23/04/95 Barcelona Parque Sant Martí de Provençals

22/04/95 Barcelona Parque Sant Martí de Provençals

22/04/95 Barcelona Plaça Reial

14/04/95 Ribadeo Procesión

9/04/95 Ribadeo Sta.María do Campo

25/03/95 Xinzo de Ponteareas

29/01/95 Madrid Pza. Maior

28/01/95 Madrid Centro Cultural Vaguada

28/01/95 Madrid Hotel Foxá

25/12/94 Ribadeo Sta.María do Campo

22/12/94 Ribadeo Hospital

18/12/94 Vilaframil Igrexa

26/11/94 Ribadeo V.O.T.

4/11/94 Ribadeo

12/10/94 Lugo Pza. Sta. María

8/09/94 Ribadeo

4/09/94 Barres

28/08/94 Chantada Pza.Cantón

27/08/94 Ribadeo Parque

26/08/94 Sober Praza

16/08/94 Ribadeo S.Roque

15/08/94 As Anzas

14/08/94 Viveiro Pza. Maior

30/07/94 Allariz Parque

29/07/94 Ribadeo Sta.María do Campo

26/07/94 Santiago

25/07/94 Ribadeo Pº parque S.Francisco

26/06/94 Ribadeo 4 Calles

25/06/94 Castropol

24/06/94 Obe Igrexa

18/06/94 Castropol C.P. La Paloma

5/06/94 Ribadeo Procesión Corpus Christi

17/05/94 Ribadeo Sta.María do Campo

1/04/94 Ribadeo Procesión Santo Enterro

26/03/94 Ribadeo Sta.María do Campo

12/03/94 Viveiro Teatro Pastor Díaz

12/02/94 Ortigueira Teatro da Beneficencia

26/12/93 Santalla de Vilaosende Igrexa

26/12/93 Ribadeo Sta.María do Campo

21/12/93 Ribadeo Hospital

3/12/93 Ribadeo Aula Cultura Caixa Galicia

22/11/93 Santiago TVG

3/10/93 Chantada Pavillón polideportivo

8/09/93 Ribadeo

16/08/93 Ribadeo S.Roque

14/08/93 Viveiro Pza. Maior

13/08/93 A Coruña Teatro Colón

7/08/93 Taboada

31/07/93 Castroverde Vilabade

30/07/93 Ribadeo Sta.María do Campo

25/07/93 Ribadeo Parque

18/07/93 Ribadeo peirao Porcillán

17/07/93 Ribadeo Auditorio Caixa Galicia

15/07/93 O Incio

19/06/93 Lugo templete Pza. España

5/06/93 Vilalba Centro Cultural Recreativo

30/05/93 A Ponte-Ponte - AranteArante palco

27/04/93 Ribadeo C.Sgdo. Corazón

21/04/93 Ribadeo C.P. Ribadeo

18/04/93 Ribadeo

17/04/93 Ribadeo Sta.María do Campo

8/04/93 Ribadeo V.O.T.

13/03/93 Ribadeo V.O.T.

13/02/93 Ribadeo Sta. María do Campo

8/12/92 A Devesa Igrexa

28/09/92 Ribadeo Sta.maría do Campo

20/09/92 Cubelas palco

8/09/92 Ribadeo palco

5/09/92 Barres

28/08/92 Ribadeo Parque

16/08/92 Ribadeo S.Roque

14/08/92 Viveiro polo pobo

14/08/92 Ribadeo Teatro

8/08/92 Rinlo Praza

29/07/92 Ribadeo Sta.María do Campo

26/07/92 S.Martín de Oscos Praza

25/07/92 Ribadeo ó pe do Concello

16/07/92 Tapia procesión

17/04/92 Ribadeo Sta. María do Campo

3/04/92 Mondoñedo Seminario

15/02/92 Viveiro Teatro Pastor Díaz

9/02/92 Ribadeo Hospital

9/02/92 Ribadeo Sta. Clara

25/01/92 Ribadeo Sta.María do Campo

--
Tamén, unha reproducción dun vello cartel 'made in feito na casa'...

20051119

De volta



Hoxe finalizou o congreso de Enciga. Eso significa algún tempo. Vémonos. a pancarta, a do auditorio. O Cartel, o doado pola autora, Mª Jesús Colmenero Torres.

20051115

Opostos?

van hoxe dúas fotos que se antoxan contrarias. Unha, dun edificio; outra, do campo. Unha, con só unhas motas de verde, a outra a falta delas. Unha, e n construcción, a outra, máis ben case en destrucción. e así poderiamos seguir. Unha é a da sá de autopsias do cemiterio e a outra das obras da circunvalación. O porte dun edificio que coñeceu mellores tempos per non deixa de ser clásico contrasta con algo que se está a facer, cortando o verde e interrumpindo a comunicación ó tempo que pretende establecela dun xeito máis amplio. O dinamismo do novo fronte á lembranza da morte non deixa de lembrarnos que ata a morte necesita unha certa construcción mentras a vida implica tamén destrucción. Algo así como o ying e o yang orientais, que se cruzan continuamente nas nosas vidas e moitas veces confundimos entre si.
...
Quedan xa poucas horas para que comece o Congreso de ENCIGA no IES porta da Auga. O que queda de semana non sei se poderei meter algo máis no blog nin en ningunha outra parte. tentarei, pero se non, ata domingo, en que de seguro nos veremos con novidades.

20051114

Illa Pancha e faro nun día ventoso

A imaxe pode que non de a impresión como se se estivera alí: hoxe foi un día co mar axitado, coas ondas saltando... Aproveitei para coller uns datos do faro:
43º33,4'N, 7º2,5'O. A súa luz acada 21 millas (39km) dende unha elevación de 28m de altura, dos que 13 son do propio edificio do faro. A 'apariencia' é GpD(3+1)B 20s, o que máis ou menos ven a dicir que cada 20s se producen tres destellos seguidos e un separado, como se pode observar calqeura noite. Ben, esos dados son os que collín da sinal que anuncia o faro, posta alí pola autoridade portuaria de Ferrol-San cibrao, á que pertence, a través do Porto de S. Cibrao.
Por certo, o verde que se ve librouse da queima do verán de milagre: é uña de gato.

Despois do Prestige, o futuro


Coido que o día seguinte ó da celebración do Prestige (.. exactamente, non celebración, senón cabodano) é un día para o optimismo, para mirar ó futuro. Por eso, unha foto de oito persoas novas, que se supoñen con interese, con ganas de aprender...

20051113

Outro Ribadeo é posible



O título xa o teño empregado outras veces. Neste caso acompaña a dúas fotos, unha do amaño de Sta. Clara (perto de 150.000.000 de pts) e outro da rinconada entre a igrexa de Sta. María do campo e a antiga oficina de Turismo. Nun día ventoso, chuvioso e fresco como hoxe, a obra do convento esperemos que esteña ben protexida, porque se non os danos serán cuantiosos. En canto á outra, máis dun ribadense non terá pasado nunca por aí, de xeito que esa perspectiva serálle nova. E máis aínda se se observa o chan, coas pequenas poceiras no cemento...

20051112

Sexta entrada de hoxe neste blog (ou weblog, ou bitácora) de Ribadeo

Estou facendo unha procura en Google. Esta entrada, a sexta de hoxe, só é para unha comprobación. perdón a todos os que a leedes en procura de outra cousa. Repito: hoxe, é a sexta entrada.

Música, Hernán, Galipedia

Hoxe tiven dúas cousas que me levaron a meditar sobre Hernán. Unha, o pasar por diante da casa onde se criou, en Viveiro (na praza da fonte Nova), que sae na foto xusto detrás da fonte. Outra, a actuación da banda de Lalín con escaso público no 'auditorio de Playmóbil' que dicía Hernán, e on notable éxio entre ese público que non chegaba en número ó dos músicos. Por certo, con novo director, pois Marcel van Bree partiu e chegou Matteo Giovanni Aderi, outro músico co que contar no futuro na nosa terra.
A segunda referencia tamén en certo senso vai de música: se trata de felicitar á Galipedia por cambiar de liga dentro das enciclopedias, xa que esta noite (pode que agora mesmo) pasa de 10000 termos ou entradas, co que cambia de categoría dentro das enciclopedias, así como dentro das wikipedias. É dicir, que din os rumorosos, Galipedia?

A cuarta entrada de hoxe, sobre a autovía.

Por casualidade pasei hoxe pola antiga estrada de vilaselán para saír pola N634 e futura autovía. Non puiden deixar de tomar tres fotos a tres das catro esquinas do cruce, pois tres casa foron eliminadas os días pasados, e o terreo que ocupaban, aplanado. Dentro de pouco, a autovía ocupará os terreos, sendo o punto elixido para comezar a súa desviación do camiño da actual estrada N634. As fotos representan pois un estado de transición entre unha vida anterior, con casas ocupadas e vidvas e outro posterior, de asfalto e terreos deixados para o servicio do mesmo. Non deixa de ter a súa nostalxia para quen non vivía alí pero pasaba a miúdo. Sen meterse nunha lembranza histórica trasnoitada, é un deses episodios que se poden interiorizar na vida propia marcando un fito vital como sinal tempórea e emocional. sen morriña, pero con lembranza.
Unha nota: a das 14:04:45 é do recuncho SE do cruce; a das 14:05:19, do NE; a outra, do SO.
Outra nota máis: a cámara vai aproximadamente pola 'hora vella', aínda que non teña importancia neste caso.

Terceira de hoxe

Remato de decatarme dunha cousa: tras tres meses de funcionamento e máis de cincoenta posts, non estaba dado de alta en Blogaliza , co que me estaba perdendo un importante sitio de acceso ... xa fixen a xestión para que no sucesivo non siga a apsar o mesmo: o principal blog de Ribadeo que coñezo :-) non pode permitirse ese erro!
Aínda que os tres posteados de hoxe sexan pequenos, coido que merecía o poñer o terceiro.

Un comentario

O que posteei antes lembroume un dos motivos para ter este blog activo: o poder ter un medio onde expresar as miñas opinións coas miñas palabras. Non é garantía de facelo ben, pero alomenos son eu o responsable e inténtoo, expresando as cousas ó meu xeito e con 'información de primeira man'. Que o blog teña poucos visitantes (na actualidade son tan poucos que coido que cousa dunha cuarta parte das visitas teñen a súa orixe en min, para actualizalo, ó acender o ordenador, etc, e unha sexta en procura de anuncio por parte dos blogueros americanos...) non quere dicir que non sirva de testemuña; precisamente así ó escribir escribo máis para mín, aínda que de xeito nautral teña os ollos postos en que o vai leer alguén máis.
En fin, razoamentos semi-filosóficos para xustificarme anti min mesmo (...pero non só)
Un saúdo, lector/lectora :-)

Cabreo (meu e en Ribadeo)


Cabreo?
Si, e coido que meu e de outra xente polo que me atribúen. Hoxe sae nun medio de difusión escrito que si o Alcalde (Balbino, referencias diversas á alcaldía) dixo á mesa de Asociacións (ver nota en ribadeando previa á reunión) que paraba unha obra, e atribúeme a min o dito... pero eu non falei co periodista, e nas declaracións á radio non falei tampouco de parar unha obra, senón de tomar máis tempo para tomar a decisión, con máis calma...
Para remarcar o 'imbroglio', uso unha palabra italiana, relacionada co noso embrollo e poño unha foto novamente... de Bucarest, que como todo o mundo sabe, ten moito que ver con Ribadeo e o alcalde. A ver se así a min tamén se me pega algo de periodista: coido que é o camiño, embrollalo, poñer un pouco de 'pementa' na nova, un titular para que a xente crea que hai 'carnaza' e aló vai.
... mágoa. As empresas de comunicación cada vez máis son empresas e menos de comunicación. A este paso, a comunicación multiemdia estará baseada nos blog, coma este.

20051110

Na casa e fóra.

Presento hoxe dúas imaxes, unha, tomada dende o ceo pero máis achegada a nós que a outra, máis terrestre (ou pedestre), pero lonxe de nós, polo menos de algúns de nós.
A primeira é das médoas dende o ceo. Non é demasiado boa, pero obseŕevase perfectamente como a montaña foi comida para obter o ouro, deixando limpa e excavada de xeito que hoxe costa facerse á idea de que había aí antes.
A segunda é dunha composición que quere lembrar a derradeira cea pintada por Leonardo da Vinci, nun remake feito a partir de Marilyn Monroe dun xeito que chama a atención, pero non deixa de ser lonxe da identidade de moitos de nós, e moitos tamén a considerarán horrenda, de mal gusto ou de baixa estofa (a verba que quería empregar non me lembro, pero é exo o que significa, dun xeito pexorativo...) Por certo, está feita tamén en Bucarest.

20051108

Mirando fotos


Hoxe estiven mirando fotos de Ribadeo. Da un certo remusguiño facer as comparacións entre as vellas e as novas. Algunhas veces, pola abraiante mellora, outras, pola perda dun espazo dun xeito que se podería chamar desperdicio... nesta, de exemplo, só facer un remarque co verde diante da 'casa rosa' e o espazo actual que falta, onde está a rúa Villalba. A sombra do pincho do tellado da casa de indianos veciña se proxecta sobre unha das casas tamén de indianos máis chamativas de Ribadeo.
Mentres, na actualidade, o urbanismo ribadense segue aptas (=patas) arriba.

20051104

Fora da casa


Hoxe non falo de Ribadeo: a imaxe á beira é de bucarest, dun hotel moderno pero que ten algo de 'kistch', o Lev Or, cunha estatua de Presley custodiando a un cociñeiro que anuncia o restaurante viciño. a súa modernidade coidado contrasta coas delavazadas casas viciñas, por outra parte edificios nos que se nota un sabor ó 'ancien régime'. Para completar, o folleto de anuncios deixa ver que o hotel (e o restaurante anexo) son propiedade dun xudeu, sen nengún correlato peiorativo.
Hai algo así en Ribadeo? Pois non, e coido que tampouco nos é necesario. e unha curiosidade máis.

20051101

A segunda entrada de hoxe, sen foto

Só para comentar un pequeno parágrafo dunha nova de vai dias, pero que din lido hoxe.
Referido a Nova Iorque: entre outros programas, teñen un número de asistencia ó cidadán no que presentar queixas polo servizo de recollida de lixo (en realidade, pola acumulación do mesmo), polo ruído ou por problemas relacionados coa edificación. Opera en 170 linguas, pero eso é o de menos, ó fin, é unha grande aglomeración urbana. En Ribadeo, o lixo campa polos seus respectos últimamente (xa o ano pasado denunciara nun artigo a súa acumulación prolongada, en particular na zona do hipermercado. Respecto ó ruído é tratado parece que con mimo, non vaia a ser que desapareza, como se de ouro se tratara cando é unha contaminación perxudicial para as persoas, non tratando xa de estudar os 'efectos colaterais' que produce. A edificación vai por libre, procurando licenzas e descoidando outros temas como calidade, alturas, etc. E a comparación é entre unha 'deshumanizada' cidade onde por exemplo ninguén coñece a inguén e unha pequena vila onde máis ou menos todos nos coñecemos non aguanta, pode porque coñecerse non implica 'atenderse' ou 'facerse caso'. Atención, sr. Alcalde. E sres. do goberno municipal. E oposición. E veciños, que se non se esixe, as cousas non funcionan (versión municipal do célebre dito 'quen non chora non mama'?).

Defuntos

Dúas imaxes para o día: dúas vistas do cemiterio ribadense no día de defuntos.
Da que pensar este día, non polo tempo de choiva nin pola pouca afluencia de xente a primeira hora da mañá, senón polo seu significado e a arquitectrua funeraria. O cemiterio de Ribadeo, en Cruz as súas vias principais, ten unha vista especial, fronte á ría (pode que mañá poña unha vista tomada xusto na porta, cara á ría), pero cousas como salgueiro chorón que se ve nunha das fotos, totalmente inclinado e cheo de follas o día de hoxe son definitorias aínda que por si soas non signifiquen nada. A posta por esta vez non aparece nin a capela central nin a morgue, e si nunha un campo de cruces e noutra un campo cos nichos ó fondo, e contrastando, só, un túmulo funerario en negro.
--
Para dar outra visión, a entrada de novembro do ano pasado no vello blog
En novembro, de cumpreanos / No english version
Tódolos meses ocorren moitas cousas. Unha morea de xente cumpre anos, por exemplo. Este mes, tamén o nunca máis esquecido Prestige.
Pero neste caso, en Ribadeo, o que cumpre anos foi a Casa da Ría sen amañar, sen usar, sen un futuro mentres se piden cartos para comezar cousas novas en outros lugares, poñamos As Catedrais, non se sabe se para despois deixalo co mesmo trato que neste caso: esquecido. E non será porque non se lle lembrara ó Concello.
Algo parello sucede con algo completamente distinto: houbo aniversario tamén nos ruídos, pois hai xa un ano que o Concello fixo a primeira reunión para anunciar un proceso que tiña que rematar hai máis de medio e segue sen facelo, nin contestarse ás cartas dirixidas como queixa e protesta, nin.... O ruido acompaña as noites dos fins de semana nas que tanto público teñen as actividades alternativas, rematadas a tempo para que non falte a xente na movida. As rúas están ocupadas. Mentras non se levantou parte da 'pasarela catro calles' ata o penúltimo día do mes, as obras cortaban rúas enteiras dende antes e ata despois de rematar novembro: por derrumbe, a Avda. de Galicia, causando máis trastornos no tráfico e a pesares dos avisos de apertura xa nas primeiras semanas do mes. Por ocupación na construcción dunha vivenda, un vial xusto á carón do corte anterior. Por obras no piso, a futura semipeonal, ... sen contar as invasións das beirarúas ou as rúas por obras, algo aumenta como fungos. Máis lento, con obras do que se podería chamar “menor calado”, seguen as obras na zona portuaria, comezando un novo frente de obra na antiga cruz vermella do mar e cetárea.
En espera da posibilidade de intervención dos veciños nos plenos, o Concello amosou unha nova cara: a casa pintada de cor rechiscante segundo algúns, pode que para acompasar ca estatua do Marqués. No interior, seguen as mesmas cuitas que en meses pasados, amosando un Ribadeo polémico que tanta falta faría noutros menesteres, para compensar agrias confrontacións na prensa ou os anuncios de cousas que ... algún día poida que se faigan. Ó tempo parece anunciarse e desmentirse a volta do xulgado a Ribadeo, a reclamación dunha ligazón na circunvalación coa carretera de Vilela, dúas cousas nas que, cos seus máis e os seus menos, os grupos políticos están de acordo en bloque, entre outras propostas nas que se discrepa. E dúas cousas que se nomeraron como causantes da variación do Concello en relación ó recheo.
Novembro, por mor de Santa Cecilia, é o mes da música. Aínda que houbo moitas outras actividades (aí queda por exempo o mariñeiro que lembraba o Prestige no teatro), os actos en honra da patroa da música colleron protagonismo. Comezaron cunha homenaxe a Carlos Cid a cargo da coral polifónica e remataron ca actuación dunha revitalizada Banda de Música lembrando a Hernán Naval.
Ribadeo europeízase. En novembro comezaron a rexir varios novos proxectoes europeos relacionados con servicios internet, que se suman ós xa moitos que mantén o IES Porta da Auga dende a pasada década. Noutros sentidos, globalízase: non se sabe xa o número de relixións que teñen crentes no povo; aínda que non pareza o motivo de que o Opus Dei comezara tamén a moverse na vila.
Case cerrando o mes, unha manifestación protestando pola violencia contra as mulleres uniu as dúas beiras da Ponte dos Santos, entre outras actividades co mesmo fin.
Eso e moitas outras pequenas cousas ocorrían en Ribadeo mentras os marines asaltaban Faluia e as eleccións iraquís levan camiño de retrasarse. Mentras por mor doutras eleccións o povo ucraíno está a ter unha revolución pacífica nun primeiro momento. Mentras o euro bate ó dólar e a economía europea se resinte. Mentras por enésima vez volta a subir o petróleo tras unha guerra para baixalo. Mentras a China xa se recoñece como potencia económica. Mentras se quere reformar a ONU, ...