20060531

O reparto da globalización

Un artigo desta fin de semana nun diario de tirada nacional (enténdase, nacional española) titulábase 'El reparto de la globalización'. Hoxe, as primeiras novas que vexo tratan todas de eso, cada unha ó seu aire e no seu nivel. A escala intenacional, en Chile máis de medio millón de estudantes paralizan o ensino en protesta pola educación que reciben os máis pobres. A nivel local, as fábricas de pescado (as poucas fábricas) na Mariña teñen problemas coa deslocalización e os traballadores están fartos, o hospital da costa, despois de ser receptor de promesas, agora o é de esperas, houbo detencións en Ribadeo por o paso de inmigrantes, ... estamos nun mundo globalizado no que hai quen pugna por traer industrias contaminantes e de non moita man de obra cando se foi a fábrica de avións e pouca forza se fixo, por poñer un exemplo e un máis e un menos no tema de postos de traballo.
Por outra banda, o bazar chino está a piques de abrise e polo que sei, xa teñen aloxamento. Así pode verse Ribadeo non como terra onde non hai traballo, senón como promesa de traballo. Pode dicirse que non é o mesmo, que son traballos que ninguén quere (montar un bazar como pequeno propietario, ou non tan pequeno, non parece que non o quixera ninguén...), pero tamén é certo que son traballos que non se están a promocionar por xente 'autóctona'. Por certo, que de xeito lóxico, tamén serán autóctonos os seus fillos, de igual xeito que o son os nosos. Esto último ven a conto de que parece en certos círculos que para ser de Ribadeo debían pasar varias xeracións, ter 'pedigree'. Coa globalización, co movemento de xente que está a ter Ribadeo, coido que eso xa cambiou, aínda que a idea perdure. Ben, xa temos outro problema en cernes: a relación cos inmigrantes. E lembro que hai un ano apareceron por Ribadeo uns carteis ofertando clases de chino, dadas por un inmigrante que pouco sabía de castelán (nada de galego), pero que en troques facía esforzo por formarse, e non só aprendendo a lingua, ó tempo que estaba aquí.
Outros aspectos da globalización hainos: aí está a gripe aviar, calificada de pandemia, que xa ten 35 mortos ó lombo en Indonesia, por exemplo, e pode chegar aquí cando ás aves lles pete, pero ese é outro tipo de globalización sobre o que pode haber menos control (o que non quere dicir que se deixe sen tratar de previr).

20060530

Unha enquisa sobre Ribadeo

Onte tiven a curiosidade de responder a unha enquisa por teléfono. Quxen saber, en primeiro lugar, a conta de quen ía. Naturalmente, non mo dixeron. Tiña como núnico dado que o teléfono era de A Coruña, logo a enquisa non era de ámbito nacional. Primeiro, preguntáronme a idade. Logo, comezaron con temas como se a preocupación principal da xente de A Mariña era o paro, a crise economica ou a inmigración, que si Ribadeo estaba mellor ou peor que hai 10 anos, e remataron cunha batería sobre se o futuro de Ribadeo estaba nas piscifactorías ou se creía que a industria debía respetar o medio ambiente. Duvido de que en xeral, con preguntas do tipo das que me fixeron, logren sacar unha información adecuada, a non ser coas preguntas máis direitas do final sobre a piscifactoría e o rodaballo. Pero a enquisa está a facerse, e é como máximo a nivel comarcal. estiven a piques de darlles o enderezo da web da coordinadora de defensa do litoral, pero a muller que me estaba facendo as preguntas posiblemente non estaba de humor para tanto. Non quixen comprobalo.
A parte do significado que poda ou non ter unha enquisa, tamén está o caso que se lle faga ó seu resultado. En política, eso pode variar dun a outro extremo. E en Ribadeo, onde as decisións non se saben ata que se toman (eso sempre, pero en Ribadeo pódese estar a falar nun sentido ata o momento anterior de facer o contrario), pois menos. Aí está a última decisión (ou cambio de decisión) coa parada dos taxis no próximo futuro. Agora a proposta está en Rosalía de Castro. Coido que poidera apoiar a moción; ó fin, non hai un sitio adecuado, e agora mesmo non teño outra proposta que considere mellor (claro, habería que pensar un pouco antes de contestar a bote pronto). Pero cambiar, xa cambiou dende o parque alí. Voltará cambiar?
O outro tema de hoxe é o da suspensión de licenzas de construcción. Non sei en que quedará o tema de aprobar o avance do plan urbanístico sen coñecer o dictame da Xunta para suspender as licenzas de obras e evitar o ritmo de peticións actual, pero o PXOM non está sendo especialmente ben levado: enviado a Santiago por sorpresa, sen contestar as alegacións feitas en fase previa, sen saber a súa tramitación, estando en Santiago por 6 meses, e agora, coa proposición dunha aprobación sen dictame. Certamente, o urbanismo municipal é (estáo sendo) un furado negro que se come o pobo enteiro. Literalmente. Aí está a foto de onte, por exemplo. Ou o tema do derrube de alturas, ou o precintado dunha obra que xa fora parada o pasado ano, por poñer outros dous exemplos. Un pouco de unión no pobo non viría mal para ofrecer unha alternativa asociativa ó 'despoder' político. Coido que as cousas poden e deben facerse mellor; alomenos, con máis sentidiño e pensando nos demáis.

20060529

"Deixan de ser adultos se as cousas van mal"


A fin de semanana poucas cousas máis deixou en Ribadeo que as xa comentadas. Como complemento, un buzo feriuse ó tentar desenredar da súa embarcación unha rede no mesmo porto deportivo. Eso foi despois de que o remolcaran ata porto, tres embarcacións unha tras a outra sen máis aqél. E a deus gracias, non pasou nada: hai que ter coidado cos coitelos.
A cita que titula a entrada pertenecea a unha traducción dun artigo semanal de Javier Marías, e refírese a un tipo de xente cada volta máis abundante que fai as cousas sen pensar moito nas consecuencias e logo, se saen mal, pide axuda e aínda máis, a esixe. Nada do outro mundo, pero algo que pode traer á nosa mente tanto xente como situacións que, como se soe dicir, 'non son de recibo'. O artigo tivo o seu nacemento na estafa dos selos de correos, pero é aplicable de xeito moito máis extenso.
Pode que o anterior teña algo que ver con que hoxe me decidira a poñer as dúas fotos que se ven. A primeira, dun edificio entre as rúas Rosalía de Castro e Leopolodo Calvo Sotelo, e a imaxe dun edificio que eleva alturas e aínda no tellado segue retirándose pero elevándose. Parece que ten permiso para facelo, pero, é algo responsable o facelo así? A vista tomada non se pode ver de ningunha das dúas rúas ás que da, hai que ter unha perspectiva máis alonxada para pode tomala. A segunda foto, un elemento como se dí agora, 'de humanización' urbana, se se quere, ata de 'mobiliario' urbano, que está pasando de ser antigo a ser simplemente vello por efecto dun coidado deficiente. Trátase da fonte de baixada ó porto, ó pé do faro de Calvo Sotelo. É un rincón que a aprtires do momento no que o descubrín sempre o considerei unha illa de tranquilidade e efectos beneficiosos. Por suposto que é tamén aproveitable apra o turismo, sen gastarse unha millonada en reformas e cousas desas. Pero, pode precisamente que por non ter necesidade de grandes gastos para o seu uso normal, para a súa rehabilitación como espazo de disfrute, pode que esa sexa a causa do seu abandono actual. Amañaráno?

20060528

Ribadeo, internet e lixo


Un domingo en Sta. Cruz estáse ben, pero a ser posible, limpo. E eso nestas datas xa non é tan doado. A foto serve de mostra. E só deso: de mostra. Por certo, pode que non se vexa moi ben, pero o lixo está: se se preme o rato dúas voltas seguidas sobrea foto, sae un pouco maior e vése máis claro. Pero creédeme, non paga a mágoa facelo. Eso si, a próxima volta, en Santa Cruz, se podes levar de paso no paseo un papel á papelera ou mellor aínda, unha botella ó contedor, estarás facendo algo por todos (incluído, ou incluída, ti)
Onte tivo lugar unha xuntanza da Coordinadora de defensa do litoral da Mariña Luguesa. Pouco a pouco, váise poñendo en marcha unha conciencia e un movemento en defensa do que hai, para tratar de non perdelo. Aínda que como é lóxico, se perderán moitas batallas, a ver se da tempo de ganar a guerra para conservar unha natureza onde se poda vivir con calidade de vida. Ben, o caso é que xa se pode ver en internet algo do tema da coordinadora. Esperemos que a cousa siga, pouco a pouco, pero sen pausa.
Para quen quera extenderse algo máis pla rede, tamén ontes chegou a min o enderezo de outro blog, esta vez persoal, dunha persoa relacionada con Ribadeo e que xa ten colaborado neste blog, Chenchu.

20060527

¿Para que querrá el alcalde tantas ortigas?


Esa foi a pregunta que oín onte, cousa dunha hora antes de tomar a foto. É curiosa, non cabe dúbida. Nunca ma plantexara. Non ten importancia (coido, para min) pero manifesta unha consideración que si se pode aplicar a outras cousas. Se queremos sacar punta, podemos dicir que quen a fixo consideraba que ese terreo era do alcalde, ou que o alcalde usa os terreos públicos no seu propio beneficio, ... nembargantes, coido que non é nada diso, e por elo, e peor: a consideración de que o alcalde pode facelo e os demáis só podemos preguntarnos o por que, sen esperar moita resposta. Unha situación que está na cabeza de moita xente e que sería bó desterrar.

20060526

Que é 'desenvolvemento sostible'?

A conto das novas de hoxe, pregúntome que é eso de desenvolvemento sostible. Pódese manter un desenvolvemento de xeito ilimitado? É evidente que se consideramos a definición correspondente no DRAE (a palabra sería 'desarrollo', obtendo " Econ. Evolución progresiva de una economía hacia mejores niveles de vida.", todos desexaríamos que se poidera manter. Non embargante, o tema métenos no xaleo de ter que discernir que é eso de mellores niveis de vida e do que necesita unha economía. En concreto, os recursos, sábese que nunha boa parte, son non só limitados, senón que tamén poden ser non reutilizables ou o seu uso entrar en confrontacón co uso e disfrute de outros diferentes. É dicir, o desenvolvemento sostible ten un límite de sostenibilidade. Que ninguén se engane: a competencia polos recursos xa sabemos que ten comenzado hai moito, e estamos vivindo unha fase de agudización totalmente visible nun caso particular,o petróleo, como significativo das fontes de enerxía. E non é a primeira vez: que impulsou ós exércitos do III Reich cara ó Volga? en boa parte, o conseguir petróleo.
Ben, unha auga limpa é algo ben diferente que o petróleo, pero tamén é ben certo que é moito máis doado emporcallar a auga que limpala, cousa que ademáis, produce residuos. Como caso límite polo momento, aí está o Prestige.
É dicir, cando se fala de que Ribadeo terá de novo este ano bandeira verde, pódese discutir a súa procedencia ou improcedencia, á vista, por exemplo, da cochambre dalgúns lugares, a contaminación acústica ou das augas, etc. Nese caso, a cuestión sería decidir cales son os niveis aceptables. A algúns pareceralles de risa e outros, pola contra, poderán rir tranquilamente pola decisión da bandeira. Outro caso diferente é que se diga que a instgalación dunha planta de acuicultura sería unha magnífica nova para Ribadeo, sempre que se respecten os criterios de sostenibilidade e emprego. É evidente que co axuste do binomio sostenibilidade e emprego a nova convírtese en moi boa. O que xa non é tan evidente, e queda tapado loa manifestación feita, é que se veña a instala na nosa costa unha planta productiva que foi alonxada de outras que parece que hai que conservar mellor. É dicir, criterios de sostenibilidade si, pero parece que poden varir dun lugar a outro, o que sería incomprensible. Queda nese reino da incomprensibilidade tamén que outra planta que xa se está a obrar non poidera atopar outros terreos sen invadir unha zona protexida e esta os atope de xeito rápido. quen non se lembra de aquelo que dí 'quen non quere caldo, dúas tazas' Parece, nesa liña, un castigo inflixido ó pobo de Ribadeo. E se é difícil creer na aplicación duns criterios adecuados para a sostenibilidade polos antecedentes, respecto á base para creelo por ser a administración ribadense quen os tería que vixiar, tampouco resulta doado.

20060525

Algo se move en Ribadeo

Eso parece. Parece que unha obra que se estaba proseguindo dende hai un ano despois de ser parada (¿pódese dicir que se lle estaba a deixar proseguir?) foi precintada. Significa eso o alto ás normas non cumpridas? Significa que se vai facer caso das sentencias? Verase na próxima tempada, pero o caso é que é un paso nesa dirección, por tardío que se poda considerar. E por forzado, que polas novas da prensa parece que si o é. Asemade, ó mellor tamén é un paso a un enfrotnamento maior no pobo para pode retomar unha posición máis adecuada. Cando hai xente que se colle privilexios, sempre é complicado recortarllos posterioremtente, entre outras cousas, porque se parte de que esos privilexios implican un maior poder relativo de quen os ten. Por eso hai que coller os problemas a tempo antes de deixalos avanzar: despois é máis difícil.
Debe ser a acumulación de problemas o que obriga a tomar decisións. Parece qeu xa está lista ou case a primeira redacción de proxecto de Pescanova en Piñeira. Non o entendo. Non había sitio noutro lado para a factoría de Meirengos e ven outra, maior, e inmediatamente hai sitio en Piñeira. Ten que ver co custe dos terreos? Está visto que pensar moito sobre un tema pode non ser considerado convinte para a saúde: pode rematar un máis perdido que ó principio, con máis preguntas, con máis traballo, e hai que loitar por vivir antes de preguntarse polo futuro... o de todos.
En O Tesón estamos esperando por escrito a contestación a dúas preguntas que se fixeron no último pleno porque non entendemos (si, eso, entendemos) as respostas. E teñen relación co tema das obras. Aí van: Ante a construcción dunha urbanización entre o camiño do cemiterio, estrada nacional e colindante co camiño que comunica ambos na zona da Vila Vella, solicitamos coñecer se as obras e edificios se están a facer gardando as distancias propias ó centro do camiño, como é norma xeral, e cáles son esas distancias. Ante as obras efectuadas en Cabanela, sen modificacións chamativas sobre o que xa había e estaba a ser nulamente usado, solicitamos saber que fin proseguiron ditas obras e a súa financiación. A ver se as entendemos cando teñamos a respsota con máis calma.
Mentras, outro día con sol, prosegue a Mostra da FP, está ás portas o Bispo Santo en Foz (o non enterarme antes xa me está a traer problemas en troques de poder aproveitar unha festa) e a vida segue.

20060524

Pasou o 11-S. Chega unha nova época

O título refírese a dúas cousas diferentes, aínda que podería ser tanquilamente a unha sóa. A primeira parte, falar do 11 de setembro en maio pode aprecer parvada. Mais... remata de inaugurarse unha das torres que está a reemprazar as Torres Xemelgas de Nova Iorque, destruídas no 2001. É bó momento para lembrar o mal que pode causar a estupidez. Dos uns e os outros. Dos vándalos e dos que din que están a extender a civilización.
Mentres, en Ribadeo, por unha volta, pequenos pasiños: o campamento de verán en prol da música segue a diante. Parece que aínda hai prazas, pero tendo en conta que é o primeiro, que é temático, etc, non é raro que así sexa, e pode ser un éxito que de unha nova orientación ór rapaciños e rapaciñas da zona e áis aló.
Tamén foi inaugurada onte a Mostra de Formación Profesional, a primeira separada da Feira da Ciencia e Tecnoloxía, no IES Porta da Auga. Pouca xente, pero a mostra segue adiante, e xa se sabe: estas cousas teñen un arranque lento, pero o caso é que sexa seguro.
A segunda parte do título, algo que os xornais non reflexarán: ontes remataron os estudos de bacharelato varios grupos nos dous institos ribadenses. Agora virá a selectividade para moitos, pero de calquera xeito, unha etapa da súa vida aló foi. David, Daniel, Paula, Cristina, Agustín, Adrián, Pablo, Borja, Elia, Noemí, Verónica... e outros máis, sigan ou non estudando, terán xa que vivir con outra perspectiva. En poucos días, comeza para eles o que era nas tribos a proba de madurez, o paso de novos a adultos. Se ben hai que dicir que esa proba é algo máis tarde que o que se facía nesas sociedades que se consideran atrasadas, o fin dos estudios de medias e paso á universidade, formación profesional ou o que se chama eufemísticamente 'mercado de traballo' representa hoxe ese paso para rapazas e rapaces. Aínda que eles non se decaten (no momento costa ter a perspectiva necesaria), xa están nunha fase na que o tempo móvese baixo os seus pés de xeito diferente.

20060523

A Veiga de Ribadeo, a ría de Ribadeo, o pobo de "Ribadeo"

Xa sabía que o nome de Vegadeo fora antes o de 'Vega de Ribadeo', de aí o nome que aínda lle aplicamos hoxe, 'A Veiga': aparece, por exemplo, no palco da música do parque de Medal. O que non sabía era a data de cambio de nome: 1916. Ven esto a conto dos razoamentos do non hai moito creado 'Clube nacionalista Terras de Ribadeo' para o apoio ó nome de 'Ría de Ribadeo'. Non creo que introduza argumentos e moito peso, pero non deixa de ter o seu aquél que poña en xogo o nome de Reboredo, usado ata o século XIV para o actual Castropol, ou que se refira a 'Castripol', o nome que os que queren identificar o galego occidental co asturiano central lle aplican. O certo é que este último a min lémbrame a castrapo casposo. Ben, un episodio máis, esta volta, a favor da Ría de Ribadeo. O que parece certo é que de esta vai tomarse unha (ou dúas) decisións que van marcar o uso por unha boa tempada. Xa veremos se as dúas, en Galicia e Asturias, debido ós dous estudos encargados, se axustan ó mesmo ou hai división de opinións. Apostamos algo?
Ribadeo, neste mandato de alcaldía, é terra de polémica -Vale, para evitar suspicacias, axusto que o anterior, e o seguinte, é opinión miña (o mesmo que o resto do blog, claro)-. Tanto, que unhas tapan ás outras de xeito continuado, e ata retapan. Eso está a suceder co derrube dunha altura de metro e medio dun edificio (o do Eroski), que segundo parece tiña que estar xa derrubado e estívose a dar voltas e... aínda non. Seguirá a cousa adiante, como esixen os veciños do outro bloque, ou triunfará o construtor? No medio, o alcalde, supoño que tivo que dicir de novo algo así como si, si, a ambos, pois senón non se explica o retraso en execución, por unha beira, e a teima por outra, ambas coincidentes. O caso é que hai unha sentencia e non está derrubado. Non sei se o construtor segue intentando o tema por vía xudicial noutras instancias, porque todos sabemos xa a estas horas que o concello non é moi hábil para levar adiante algunha defensa, e a impresón que da polos resultados xudiciais é que se é por cartos, os resultados indican que parece preferir aboar cartos de todos antes de indispoñerse demasiado con alguén en concreto. De tódolos xeitos, e deixando a parte opinións, o caso está en que Gervasio Cao, o construtor, di que o seu non é unha excepción. Se pon documentación sobre a mesa do xulgado, podemos ter un novo caso de matiz diferente, pola cuestión de quen permitiu construír de xeito indiscriminado con esa non-normativa de base, pois aí está o resultado xudicial para dicir que esa construcción non é adecuada á norma. Coido que novas destas dan impulso a plantexar a decisión de se queremos ser pobo de ribadeo ou Pobo de Ribadeo
E... agora xa sei a que veu, xa na noitiña, o ruído do helicóptero do outro día: a unha gamberrada (non sei se cabe chamala broma, como fai un medio) Indagar máis está eso, de máis: unha (outra vez) máis das que se practican, cada vez con máis frecuencia, en Ribadeo.

20060522

Nomes en Ribadeo


Lourenço Cruz, Director da escola Municipal de Música e danza 'Hernán Naval' de Ribadeo dirixiu onte, no auditorio municipal 'Carlos A. Fernández-Cid' a banda de música municipal. Coido que esa debera ser a liña do comentario da actuación da banda co gallo das Letras Galegas de onte. Nembargantes, é moi probable que en breve se lle de o nome do auditorio a Hernán (perdón, de Hernán ó auditorio), e onte mesmo non me deron resposta a unha aposta sobre o nome da escola.
Voltemos ó acto. Arsenal de Jan van der Roost e Ross Roy e Pacific Dreams, de Jacob de Haan, constituíron a primeira parte, tras da que Suso López dirixiu ó público unhas verbas nas que tivo tamén o seu lugar Hernán. A segunda, Javier, de F. Pérez Seara, No lo olvido, de Aurelio Nieto, Piensa en mi, de A. Lara (arranxado para banda por Hernán Naval) e Ponteareas, de Reveraiano Soutullo. Para fin, o Himno Galego, coa xente en pé. Segue a ser unha banda que, que eu saiba, non tocou nunca o himno español. Si o fixo co inglés.
O díptico, con portada de Chenchu (o cartel que foi publicado no blog) e comentario a cargo de Suso,lembrando tanto a Lugrís Freire como a Jesús Bal y Gay e a Hernán.
Noutra orde de cousas, a semana comeza despois da champions do Barça e coido que o fin da liga. Hai fútbol? que o virá a substituír? O comentario de como queda o piso das obras en San Francisco? A fontana da glorieta de entrada cara á Veiga? Que as rúas humanizadas e semi peonís se vexan plagadas de coches aparcados ? Que unha moto atraves unha desas rúas peonís ás sete e media da mañá (días laborables, que os outros xa teñen outras cousas)? O tempo?
... pode que a votación de Montenegro para a súa segregación de Serbia-Montenegro tamén nos de tema de conversa no futuro. Ogallá non moito.

20060520

O mago de Oz

En verdade tiña pensado falar do Mago de Oz en relación a Ribadeo, pero deixareino para outro día (non digo o obxecto porque senón descúbrese).
Hoxe lémbrome de que aínda non dixen nada de eses rapaces do IES Gamallo Fierros que o día 17 encheron Ribadeo con citas relacionadas coa lingua, en base a folios pegados onde puideron, en particular polas vías peonís. Unha iniciativa que me gustou, pero que non vin que se aproveitara moito por parte do público. De calquera xeito, se siguen a insistir e mellorar o sistema, e non me cabe dúbida, a cousa irá mellor: a xente hai que acostumbrala para que as novas ideas vaian entrando.
É unha mágoa que ás voltas se lle vexan a esas novas ideas poucas posibiidlades, aínda que sexan boas, por non poder ter a necesaria continuidade. Por exemplo, o ciclo de concertos de alumnos da Escola de música polas parroquias: en tódolos casos, os pais superaron longo ós visitantes das parroquias nas que actuaron. E, repito, coido que a idea non é mala, pero o resultado é case obrigar a facer turismo rural a uns cantos pais, e a perioricidade en cada parroquia, por moita que sexa, coido que non vai facer hábito.
E seguen os actos culturais: onte e xoves houbo charlas sobre a República, a cargo de a Plataforma pola Defensa da ría. Mágoa non poder asistir. E hoxe, o concerto da banda. Nembargantes, de todos estes actos, a prensa só da novas pequeniñas en ocupación de espazo. Os actos culturais son pouca nova? rexe o tema plítico do que falaba o outro día? Son minoritarios? Foron pouco anunciados doutro xeito? coido que serven, e lembro un lema militar (de infantería) que di 'vale quen serve, servir é unha honra'. Claro que o significadoque lle aplico eu é abondo diverso o sentido que se lle da no exército. Bo, ó mellor non tanto. Pero claro, aplicado a actos culturais ou críticos parece que...
Teñen en cambio máis relevancia na prensa a indemnización dunha muller por trauma a causa do mal estado da beirarúa (con polémica que promete estenderse asemade a outras non tan claras ó meu ver como a indemnización millonaria en pesetas de hai uns anos), ou a controversia sobre o traballo/placer das viaxes do alcalde a conta dunha nova a Andalucía. Por certo, falando de traumas, tamén haberá un congreso de traumatoloxía esta fin de semana, con abondo menor importancia en número que outros que se tiveron na vila pero máis propaganda nos medios (pode que esteña relacionado con que os médicos teñen fama de ter máis pasta)

20060519

Novas ... e novas

Un artigo pequeno na prensa de onte comentaba que mentras o luns 15 celebraban S.Isidro en Madrid, a tele nacional repasara a nova da metrópoli unha e outra volta, mentras dous días despois, polas Letras Galegas, nin palabra en relación á festa na nosa comunidade. tampouco o dicilo é nova, e por eso aparecía nun recuncho do xornal a modo de 'gracia'. E non era nova porque sucede a miúdo. Ás veces, sen decatarnos, con moitas cousas, que a importancia que lles da a prensa non coincide non xa coa que lle da unha persoa, senón un gran colectivo. Vou poñer unha cita: "Que cada vez máis a información esté ao servizo da cidadanía para que ésta poda saber e esté informada das xestións dos seus políticos [...]" Pois eso, é interpretable como 'a prensa ó servizo dos políticos coa pátina de informar á ciadanía'. Ésa é a idea, e non só dos políticos, senón tamén do que moitas veces se chama 'o capital' ou de outras posibles influenzas. Por certo, a cita está tomada das declaracións do actual alcalde de Ribadeo á Mariña polo seu décimo cabodano (de A Mariña/El Progreso). O final da declaración tamén é ilustrativo: "¡Ata tal punto que en ocasións síntome estresado cando non teño noticias que poder transmitir a este medio!" A notar que son dúas frases collidas de xeito separado; para min o conxunto da declaración ten esa idea como base; para outro, ó mellor non...
Pode que sexa en resposta ó anterior que os dimes e diretes da política municipal queden sen contestar: os cidadáns de a pé non temos folgos para seguir a danza política. E se non, as novas de hoxe nun xornal en relación a Ribadeo: Unha subministrada polo BNG sobre o cambio da postura do PP respecto á ubicación da piscifactoría, outra polo PP opoñéndose ó irmanamento con Loctudy, a terceira pola CIG pedindo máis persoal do servizo de vixiancia aduaneira para Ribadeo. Só outra nova das adicadas á Mariña se refire de soslaio a Ribadeo: mañá actúa a Banda Municipal para conmemorar o día das Letras Galegas. O cartel está no blog dende hai días.

20060518

Xogado en Ribadeo: Letras G-0; Fútbol-3 (ao menos)

O de onte foi un día tranquilo. festivo e pouco máis. Ata que chegou o partido. Non fixo falta festividade oficial, celebrouse (0-1). Non fixo falta tanta propaganda, sentiuse (0-2). Non se celebrou en galego, o berro era 'campeones', en castelán, non en inglés, catalán ou galego (0-3). Coido que poderiamos seguir, pero con tres abonda: é o comezo dunha goleada.
Está claro que as novas de Ribadeo moitas veces se xeran fóra. Onte foi un deses días, e non só pola champions. Foino tamén, por exemplo, pola falta de celebracións referente ás letras galegas en Ribadeo en comparación con outras localidades mariñanas. Ou porque a Xunta, agora, parece claro que non permitiría a Acuinor comezar a planta de Meirengos (...pero, como xa está comezada...) pero pode permitir outra planta, de Pescanova, noutro lugar. Por certo, esta nova ten unha componente local: parece que se indica pola oposición como sitio posible o polígono, pero ten alomenos dous inconvintes, que sería máis cara e que ocupa moito. E pregúntome, non vai ocupar moito noutro lugar? e pretenden que lles salla o m2 a 1€ como parece que sucedeu no caso de Acuinor? Por certo, xa falando de prezos, cánto se levaría Acuinor se hipoteticamente se pararan agora as obras e se vendera o terreo? Non, non digo a promotores inmobiliarios, senón só, poñamos, por recompra a 10€/m2 para voltar a terra ó seu natural. Bo negocio, non si?
Máis novas de fóra: o ártico perdeu 300000km2 de superficie nun ano. Coido que nos esperan tempos quentes. Non din que se ven a xente no verán a Ribadeo porque no sur xa hai demasiado calor?
E mentras noutros lugares os concellos ganan pleitos, como en Viveiro, 'en augas do Eo', segundo o eufemismo usado esta volta pola prensa para a que todos coñecemos como ría de Ribadeo, botouse un barco destinado á loita antidroga que fai o 431 de Gondán, o Fulmar, de 61 m de eslora. Ese é para loitar 'fóra da casa'. Dentro, a cousa parece máis difícil polos dados das estatísticas. Sorte.

20060517

17 de maio, día das letras galegas: música, maestro!


Hoxe é 17 de maio, este ano día das letras galegas adicado a Lugrís Freire.Non embargante, en Ribadeo os 17 de maio tamén se conmemora o cabodano do pasamento de Hernán Naval, sucedido o 16 a eso das 11 da noite. E este ano fai 5 anos. Polo tanto, vai esta entrada tamén na súa homenaxe, non en substitución do que lle pretendía (dixeron no Concello) senón só como testemuña. Aquí queda o amaño de Chenchu para un cartel, a portada do libro do 5º cabodano da saída da banda (hai xente que quereriamos ter preparado un libriño para este 5º cabodano, pero del), a 3ª páxina dese libro e o díptico da primeira actuación en Viveiro, que para el representou moito. Aínda hai quen lembramos a ilusión por tocar diante da casa da súa avoa.
E hoxe tamén están colgadas as fotos da banda infantil en Ponteareas o pasado fin de semana.


20060516

Desprezo

O título completo sería 'Desprezo no pleno de Ribadeo ou aquela choiva trouxo esta lama'. Teño falado xa algunha vez dos plenos. O que sentín onte foi o desprecio mutuo na corporación e tamén polo pobo; respireino. Balbino Enrique non lle vai á zaga a ninguén para tratar de manifestalo. Coido que a oposición é máis comedida, quizais que polo seu papel de minoría.
Temas? Vaise a congregación de Marta y María do asilo e ven a Xunta. Coido que entregando o Concello parte dos seus quefaceres, pero ese é o caso. Antes do '31 do mes próximo', dixo o alcalde. O mes próximo ten 30, logo debe ser deste mes. É dicir, a cousa está un pouco apurada.
Por fin, a expropiación para o polígono industrial. Eso quere dicir que non será para este ano que esteña rematado. Xa veremos para o próximo.
Votado o irmanamento con Loctudy, con aviso da oposición de que vale, pero non ten sentido: que ligazón temos con Loctudy? Acaso o turismo do alcalde? Ese foi o eixe de discusión. En defensa do irmanamento, entre outras cousas, que os dous pobos teñen unha 'práctica social e asociativa moi forte', Para poñerse a rir ó ganso, supoño.
Saíu tamén a petición de que o tramo de Garitos da vella N634 pase de fomento ó Concello (parece que nesos casos, Fomento amaña antes da entrega, o que lle está a facer falta).
Modificación da ordenanza Municipal de Medio Ambiente: está clara a 'neutralidade' do alcalde: non só quere rebaixar as esixencias da ordenanza, senón que a vai a deixar un tempo sen a parte dos ruídos. Di Balbino que está en contradicción coa nova normativa autonómica. Xa o desafiei hai días a que me dixera en que, e ata o momento. Coido que tamén vai contra sentencia; analizarei o tema porque parece que non entende nin as sentencias.
Unha cousa que non entendín moi ben: os hostaleiros alquilarán a praza de ERSA para aparcamento, para o que lles servirán 360€/ano. Imposible que entendera ben...
A autoridade portuaria Ferrol-S. Cibrao, por fin se sabe, é a que terá que amañar o paseo do faro no derrumbe. Din que co retranqueo famoso.
Por hoxe xa vai moito...

20060515

Segunda de hoxe: publicitando a música cun cartel de Chenchu


Rematan (Chenchu, o autor) de enviarme o cartel do concerto das Letras Galegas da Banda Municipal de Ribadeo. Aí vai.
Unha nota: para ver ben o cartel, clicar nel dúas voltas, co que aparecerá el só, en tamaño algo máis visible, incluíndo a visión de data (día 21 de maio) e hora, as 9 da noite.

Relacións norte-sur: Ribadeo- Ponteareas

É curiosa a infuenza da xeografía algunhas veces. Are lacións ribadenses son principalmente transversais no eixe Ovedo-A Coruña. De xeito equivalente ás relacións leste-oeste entre países. Pero, de igual xeito que as relacións norte-sur parecen máis difíciles entre países, asemade as de ribadeo co norte ou o sur tamén o son. Nembargantes, van camiño de mellorar en parte. Á capitalidade de provincia, ó sur, coa que se incrementou a relación coa mellora da comunicación, sumóuselle máis ben de xeito cultural a relación co norte, mediante as xornadas mar por medio iniciais, e moito despois, estáse a dar outros contactos con Vendée e Bretaña, polos inercambios do IES Porta da Auga e logo, co polo momento comezo de relacións para establecer unha irmandade con Loctudy. E con Galiza? Na última década, a relación principal foi musical, por medio da Banda de Múscia Municipal de Ribadeo, á que, dende o seu comezo comezo, levou hernán polas terras do sur da nosa comunidade. Onte foi o último episodio, neste caso con Ponteareas, a banda infantil da Escola de Música que o mesmo Hernán fundara e que na actualidade tamén está dirixida por outro director do sur; neste caso, do sul, pois é de aló da fonteira co irmán Portugal. Ben, se se vigorizan as relacións con pequenos, pode haber un rexurdimento delas máis adiante. Repito, non deixa de ser curioso que despois de moito tempo predominando nesta terra o comercio leste-oeste, agora se vigorice a relación norte-sur por motivos culturais. Claro que, alomenos polo momento, é moito máis pequena que a outra E-O.
Aproveito para dicir que antes do día 17 estarán colgadas fotos do intercambio bandístico, para quen lle poda interesar.
En canto a relacións, chamoume a atención unha estatística que saiu na prensa esta fin de semana: Bush goza dun apoio de só o 29%, o menor que tivo dende que chegou á Casa Branca e en caída libre polo que parece, e uns dos menores que se lle lembra ós presidentes norteamericanos dende que funcionan os sondeos, a pesares de que lle queda aínda medio mandato para seguir caendo. Digo que me chamou a atención porque se non lembro mal, o número de norteamericanos que votaron a Bush non chegou a esa cifra, nin no primeiro nin no segundo mandato. Claro que as enquisas extrapolan á totalidade e nas votacións naquel país (e en moitos outros) soe ganar a xente que non vai votar. O raro é que cando a guerra de Iraq recibira o apoio dos 2/3, enon á guerra, senón com presidente. A propaganda fai milagres, sobre todo se é enganosa. Claro que remata descubríndose o engano. Coido que é unha lección que os políticos aprenden con dificultade, dos grandes ós pequenos. Ó mellor, non queren aprendela pola inmediatez que procuran moitas veces.

20060513

Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo "Hernán Naval"

Onte entereime de que a pesares de ser anunciado o nome do auditorio para Hernán, para poñerlle unha placa o día 17, quinto cabodano da súa morte, o tema non está incluído na orde do día do próximo pleno. Non sei se irá polo de urxencia, o que sería, coido, un contrasentido, pero sigo a manter que a dedicatoria que se lle debe facer non é o auditorio, senón aquela pola que foron recollidas e entregadas no seu momento (ó alcalde anterior) máis de 2000 sinaturas: a da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo "Hernán Naval". É un agasallo, e nese sentido, mellor algo que nada, pero antonte na radio José Mª Rodríguez apostillou ó que eu dixera algo no que estou de acordo: o auditorio pódeselle adicar a Carlos Cid moi xustamente, e a Hernán coido que lle corresponde moito mellor a escola. Máis tarde, outra xente díxome que aínda había outros músicos en Ribadeo a recoñecer, e pareceume ben: os recoñecementos non deben estar cerrados. Pero agora estamos con este. E, repito, coido que lle corresponde a Hernán o nome da escola. Aproveito e lembro a todos que neste artigo e anteriores saíu unha recopilación de artigos relacionados con Hernán, e en datas posteriores saíron publicados no blog ata 50, que espero que continúen calquera día destes.
Un só comentario máis, sobre outro tema: Hai veces que coido que por abstracción informativa aparecen na prensa cousas que non son nada cómodas. Refírome agora ó aparecido no xornal de A Mariña / El Progreso, dando a nova da petición do mantemento do nome de ría de Ribadeo a instancias legais de toponimia por parte do Concello, que saía co título referido ó "estuario del Eo". Non está mal. pero lendo o seu interior foi o que saquei: a base de tentar ser tan xusto, dando rodeos para non tomar postura, ás veces aparecen frases que en determinadas circunstancias chirrían.

20060512

Ontes, tampouco puido ser

Estoume a referir no título á Mesa de asociacións e a súa xuntanza co Alcalde. Por terceiro bimestre consecutivo, o alcalde non contestou. Esta volta, igual que en marzo, envióuselle unha carta para recordatorio. Esta volta, especificando que se non podía, que avisara con antelación para tela antes. Resposta? Non, sen resposta. En chamada o mesmo día, comisión de goberno. Punto. Pero continuará.
Hoxe, cultura. Dicir que pasa a cultura por Ribadeo ou a Mariña resulta raro. Nembargantes, este paso é o que se pretende coa celebración do 'correlingua' ou 'a cultura circula'. No caso do 'correlingua', xutnanza de escoalres e camiñata pequena, este ano en Mondoñedo, en prol de lembrar que temos unha lingua en perigo. No da cultura circula, actividades diversas en dou spuntos, Vilaselán e o Parque de San Francisco. Neste último, un camión con programas libres pode permitir a quen queira achegarse ver que é eso dos programas non propietarios, o linux, o open office, etc. A realidade: a maioría de xente, cativos xogando. Un tirar unha morea de cartos en nada. Non embargantes, é posible usalo de xeito adecuado, como puiden comprobar ontes. Se tes un mínimo de interese polo uso da informática, achégate e pregunta, non te fíes de ver cativos á entrada xogando. Horario: de 12 a 2 e de 4 a 10, hoxe e mañá tamén.
aínda colea a xuntanza do outro día no concello sobre ruídos. Unha nova de hoxe di que as xuntanzas futuras terán unha perioricidade mensual, e quedo a cuadros. En ningún momento se quedou neso. Claro que, como dixen, non hai acta nin a haberá, polo que...
Ó final do día de ontes o blog sobrepasou as 1400 visitas en 4 semanas. Non ten moita importancia, pero para min é simbólico. Significa 350 visitas por semana, é dicir, sobrepasar (coido) a metade da distribución de La Comarca. Se se ten en conta as características dun blog (curto, neste caso entradas diarias, lectores que en xeral son asiduos ou entran a procurar algo concreto, maior vitalidade de comunicación, etc) e da Comarca (semanal, con artigos a seleccionar para a súa lectura, outros que se repiten do diario, lectores con suscripción caiga o que caiga, etc) eso significa que este blog vai tendo a súa importancia relativa no día a día de Ribadeo. Por suposto, gracias os lectores. esteñan ou non de acordo co que escribo.

20060511

Crónica dunha xuntanza

Onte foi a xuntanza. A segunda vez que o alcalde nos chama a todos os implicados co tema do ruído. Bo, a todos e a ACISA, esta vez, pero non á asociación de veciños. Por certo, estaban chamados 3 veciños que dicía o alcalde eran os únicos que presetnaran queixas. Pois apareceron catro. Non sei se haberá máis con denuncias escritas.
Non vai quedar rexistro oficial da xuntanza, porque o alcalde deixou ben claro que o sistema de gravación non estaba autorizado a usalo, era só para os plenos. E logo, a pregunta miña, un afectado tamén dixo que el non quería que o gravaran. É dicir, seguirá o tema sen tomar nota. Coido que é un erro. E non pequeno.
Polo tanto, seguirei coa miña impresión: alomenos de boca, todos alí estabamos dispostos a negociar, con dúas excepcións. A primeira, a representante de ACISA, da que alí non se oiu nada abasolutamente, e polo tanto, non se sabe. A segunda, o alcalde, que dixo que si, pero cada vez que se lle preguntou por algo concreto, non respondeu tamén en concreto, a excepción de que para a próxima xuntanza, que dixo sería seguramente antes de fin de mes, tería listo para revisión por nós a nova normativa de ruídos (que non soubo dicir por que era necesaria). Veume a cabeza, aínda que non o dixen, que hoxe sería a seguinte xuntanza da Mesa de asociacións con el, e aínda non respostou á carta enviada para asegurar que así sería, despois de ter faltado ás dúas últimas, a primeira, por cambios sucesivos e a segunda por non aparición. Ou que aínda estamos esperando nesa mesa dende preto dun ano algo que nos prometeu sobre o plano urbanístico. Comprenderase que non de creto ó que di.
Os pubeiros e o alcalde reclamaron un tempo de actuación, que Balbino non soubo concretar pero que pasou de algo así como seis meses a antes do verán, dito de xeito informal.
Discusión, moita, pero dentro de unha orde, exceptuando algún caso puntual. Fóra do salón, continuou a reunión entre algunha xente do mesmo xeito que dentro: informalmente. Pero de xeito máis distendido.
O futuro? Verase. Coido que temos claro uns e outros que non se pode seguir así, aínda que sexa por razóns diferentes. Entre outras cousas tentei de deixar claro que cada caso era diferente, tanto en pub como en afectados. Coido que a algunha xente si lle quedou claro. A outra, non tanto, de seguro.
Para terminar, tamén lembrei que en todo proceso de negociación, se este se pretende que o sexa, téñense en conta as circunstancias anteriores. Aquí, o alcalde dixo que se contemplaba só o futuro, motivo de que fixera esa aclaración final, pois considéroo un paso en falso. É dicir, ata aquí, seguiremos co pasado, e o concello coido que ten un pasado que lle está a tirar demasiado nestes momentos e que polo tanto queda igual que estaba.
De calquera xeito, para min, a xuntanza, serviu, aínda que sexa imperfecta e de xeito limitado. Falar dentro dunha orde non é malo. Para os resultados haberá que esperar a outras.

20060510

E voltas ás andadas

Ribadeo: catro policías municipais máis durante dous mesmes de verán (nin siquiera durante 'o verán') Na realidade, nin eso: algúns axentes estarán de vacacións. É ese o cumprimento da ampliacón de vixiancia a tódalas noites do ano que se fixera por parte dos daquela candidatos ó goberno municipal? Non. vale, outro incumprimento do alcalde.
Hoxe é a xuntanza sobre os ruídos: non é a primeira, xa convocara outras das que saíron acordos incumpridos por parte do goberno municipal e pubeiros. O que pasa, parece ser, e que cada vez convoca a máis xente relacionada cos pub (xa comentei o caso de ACISA) e menos cos ruídos. Parece que só protestamos tres. Probiños de nós, debemos estar desquiciados, loitando tres contra unha morea de locais, unha asociación empresarial e o concello, que está claro o bando no que se atopa, e claro, loitando tamén co ruído a parte de traballar día a día. Falando de bandos nos que se atopa o concello: coñezo só unha persoa á que lle chegara a invitación a participar, sacándome a min. De seguro que os pubeiros as coñecen a todas.
Ata hoxe calei na prensa sobre a xuntanza desta tarde, por respeto á institución convocante. O alcalde actual xa men ten demostrado que non merece tal respeto facendo filtracións sucesivas ou actuando sen ningunha consideración. A partir desta tarde, xa veremos o tema.
Ven moi ben hoxe na prensa unha nova a carón do que remato de dicir: As televisións emitiron o ano pasado máis de dous millóns de anuncios. eso, anuncios. Algúns máis chamativos que a programación normal. Outros, máis verídicos. Pero eso: anuncios.

20060509

O futuro

Leo "un español gasta más en cerveza que en internet, y nuestro país dedica más dinero a lotería y otros juegos de azar que a I+D". O artigo titulábase (xa é vello) 'Cambio de escenario', e escrito por Arturo Ruibal simplemente explica (que non pronostica) a caída de competitividade de España e o seu endebedamento. Suma logo outros tipos de alcohol e verás o que resulta. O mesmo se lle metemos maquiniñas de azar ó tema do I+D.
Mentras, en Ribadeo, a cousa vai máis sinxela. Non hai que falar nin deses temas. Hai alguén en O Tesón que filtra información, e presumiblemente vía o concello, aparece nos medios. Así, a cousa leva outro camiño, sen tanto análise nin lerias. E aínda parece que a filtra con erros. A nova di que o Tesón presentou un escrito onte, luns. A realidade: foi presentado o venres. Pouca diferencia, claro. Se fora importante, saberíase ben e non con erros. O caso é facer público o que fai o contrario e non saberse ren do que fai o alcalde,por poñer un caso.
Pois xa estou farto. Ó mellor o tema do tratamento diferencial da información por parte do Concello e algunhas personas en particular aparece tamén unido ós ruídos noutros lugares, como o xulgado.

20060508

Un nome para a ría de Ribadeo: ría de Ribadeo

Este fin de semana pidemos disfrutar na Comarca de dous artigos dirixidos a fixar o nome da ría. Xa vai algún tempo que outros foron publicados, nese medio e noutros, en idéntico sentido, e uns máis amplios, outros máis reducidos, os argumentos que presentan son válidos e ben apoiados.
Hai algún tempo tamén eu fixen algún artigo máis pequeno sobre o tema, e non quero agora repetilo, senón chamar a atención sobre algunha cousiña que está a suceder e que é preocupante en telación a este tema.
Unha é que o concello cale, aínda que por exemplo a asociación de veciños lle ofrecera a súa colaboración. Eso significa que a opción 'ría de Ribadeo' está a quedarse sen defensores políticos, que son ó final quen pon os nomes no boletín. E non só sen defensores, senón que en casos se convirten en atacantes, como o célebre Touriño.
Outra, que mentras se expoñen argumentos, de cara ó exterior o nome segue a recuar, e na mesma Comarca aparecía unha nova sobre o CRA 'Ría del Eo' que con seguridade vai ter tanta difusión como os artigos, e sen pretender defender ese nome, faráo con máis eficiencia no mesmo título que atraerá ós lectores.
Outra máis, que en mapas editados en Asturias e usados tamén na zona xa está a usarse o nome a impoñer, o mesmo que noutros editados en Galicia ou noutros lugares, se ben coido que polo momento, neste segundo conxunto son minoría.
E coido que podemos seguir a observar e falar, mentras nos comen as papas. Quen non lembra o conto castelán sobre os galgos e os podencos? ó final, coello morto. É certo que nome de 'ría de Ribadeo' tardará en desaparecer do uso da xente de Ribadeo, no peor dos casos, pero tamén é certo que un vídeo realizado vai tempo en Ribadeo atribúelle o nome a impoñer áría, e que a poboación de Ribadeo está a aumentar coa xente de aluvión, que en parte ven coa idea do novo nome.
Previsión de futuro? ou se activa o uso do nome de Ría de Ribadeo ou caerá en desuso. Coido que non son agoreiro: defenderei o nome da ría de Ribadeo como se pode atopar ben ás claras neste artigo (que probe alguén a atopar nel o nome que se quere impoñer...) pero coido que non hai que deixarse levar só polos sentimentos senón que hai tamén que actuar. E por último, falando de actuar, boto tamén en falta unha actuación: a do Marqués da ría de Ribadeo, que moitos botamos en falta e algún esgrime como seguro sobre a toponimia da ría.

20060507

Unha queixa e un exercicio de estilo


Comezo a escribir cando os bares aínda están cerrados na zona pero os borrachos continúan a subir: son fáciles de distinguir.
Primeiro, a queixa: trátase de urbanismo, pois ontes queixáronseme de que a casa que aparece na foto vai ser botada abaixo por unha nova rúa no PXOM. Eu, nin idea, e menos co plan na Xunta; non embargantes aí van os datos. Parece que a casa é de indianos, construída vai 65 por un retornado de Cuba, e que poderia salvarse cunha pequena curva na rúa. Coñezo só a opinión dunha parte, e por eso queda así a cousa; a foto testemuña, no 23 da Lodeira, as súas posibilidades, pero quedan os planos, e é evidente que non é unha potente urbanización reclamando os seus dereitos. Sinxelamente, a ter en conta.
En canto ó exercicio, o poñer 'de estilo' é un pouco presuntuoso, pero non atopei un xeito sinxelo de dicilo. Trátase de comentar o aparecido onte la prensa sobre a reunión pubeiros-CCA-Alcalde, pero por separado en relación cos dous medios escritos que presentan versións diferentes do mesmo feito. Teño claro que o caso é o feito, e é comentable aínda se máis nova que o saber que sucedeu. De calquera xeito, debido a diferencia de versións, escribín dous textos separados, tentando de facelos totalmente independentes, pero que á fi, resultan complementarios. Aí van:
v.1.

O PSOE, brazo político dos pubeiros?

Tal parece que ocorre se se lee a prensa do sábado 6 de maio. E se non, algunhas frases:

O alcalde “convocará a los vecinos que hayan presentado alguna denuncia o queja por el ruido nocturno y a los hosteleros”. Eso si, despois de reunirse cos pubeiros (que non son todos os hostaleiros) varias veces, darlles a coñecer previamente a normativa que se pretende, etc, mentras os afectados polo ruído non temos informacion de ningún tipo.

Asistirán “responsables del Centro Comercial Abierto”, que tamén levan participado en xuntanzas anteriores e que pediron a ampliación de horario nouturno (en outro momento falarei de que están a perxudicar intereses de comerciantes nas zonas acústicamente contaminadas) despois de plantexarse eles como mediadores... vaia mediación!

O alcalde, polo que parece, dixo: “Imos aplicar a lei, pero nos pontos que a normativa autonómica nos permita ser máis benignos serémolo”. Naturalmente, polo contexto, benévolos coa producción de ruídos e demáis. Se xa está esto claro, para que convocar unha nova xuntanza?

Outra: “Y como muestra de buena voluntad, según dijo Pérez Vacas, en aquellos puntos en los que la actual ordenanza de medio ambiente sea más exigente que la autonómica, se aplicará esta segunda” Por se non quedaba claro antes, ou coa 'aplicación' da actual normativa... E se hai dúbida de cal é máis beneficiosa? Non queda claro, pero a este paso o máis doado dada esa mentalidade que se expresa será non aplicar ningunha normativa, ó fin a lei da selva aplícase cando non hai outra.

Aínda queda: “El alcalde también anunció ayer que ha informado favorablemente a la Xunta la petición tramitada por el CCA de que el horario de cierre de los establecimientos se amplíe una hora más”. É dicir, xa informou, sen consultar ós veciños, claro.

Ó mellor estou a equivocarme e o motivo da xuntanza non é certificar algo xa decidido, senón sinxelamente cobrar unha dieta máis por xuntanza ou saír na prensa como mediador e 'home bó'.

v.2.

O Concello quere

Polo que parece, desta vai: o Concello quere xuntar ós afectados polo ruído cos pubeiros. Atopamos unha pequena anomalía na nova: que pinta o CCA? é só para desequilibrar a reunión? Porque o CCA (en realidade, ACISA), que eu saiba, agrupa a todos os empresarios ribadenses, ou eso pretende, e no conxunto están incluídos aqueles que por estár na zona amanecen algunha mañás con vomitons diante da porta dos seus locais, por poñer un exemplo, pero, en contradicción con cousas como o anterior, pideu xa unha ampliación de horario para o verán. Nembargantes, a xente que sufre polo ruído e aínda non demandou por escrito, non srá contemplada, nin tampouco a asociación que pideu no Concello pola súa propia conta, separadamente da recollida de sinaturas, a declaración de zonas acústicamente contaminadas.

Estou tentado a copiar aquí o que xa dixen sobre unha xuntanza como a proposta (está no blog, pouco despois da primeira xuntanza dos pubeiros, e ten plena vixencia) , pero sigo.

Di o alcalde que está aberto a calquera dentro da legalidade vixente, e que xa se llo fixo saber ós implicados que así era. A conclusión é sinxela: non debo ser considerado implicado. E esa era só a primeira das conclusións, pero non a única. Pois está claro que despois das novas de prensa, a non recepción dos sufridores previa á que se prevé, etc, eso de apertura parece unilateral, non para todos os lados...

Di que quere facer compaginar a nova ordenanza co establecido coa normativa autonómica. Xa estaba compaginado, como calquera que saiba do tema pode observar. Outra cousa é que quera aplicar aquelo de 'quen fixo a lei fixo a trampa' para coñecer el as trampas a aplicar, sen molestarse en coñecer as trampas que xa hai ata o momento e que nunca quixo saber porque nunca lle fixo falta, ó non aplicar a normativa. Por certo,que di que non a aplica e non pasa nada... Se non a aplicara en favor dos sufridores, facendo un exercicio de imaxinación da que seguro que xa estaba no cárcere ou en vías.

Espera a boa disposición de tódalas partes, sentatez, ... pois como espere que sigamos o seu exemplo, paréceme a min que sería mellor non convocar unha xuntanza, mentras ten sen recibir á Mesa de asociacións de Ribadeo dende hai seis meses (polo momento) despois de aceptar reunirse de cada dous e ser lembrada e solicitada a reunión varias veces, para o que servía tamén facer unha variación da data sobre o establecido: o xoves anterior a cada pleno bimestral ordinario.

Se o que se quere é presentarse de cara á galería, xa ten os titulares. Agora, que se poña a traballar. Eso querémolo todos.

20060506

Musiqueando

Por fin tiven tempo para achegarme á revista da Escola de Música, Musiqueando. Representa un esforzo de difusión de actividades e historia en prol da música en Ribadeo, onde se lembra asemade a Hernán de diversos xeitos, non só nalgún artigo, senón tamén no fondo, pois, por exemplo, o seu Director sei que leva ese virus inoculado por Hernán. Boa vida á nova publicación.
Hoxe tocaría ser o reverso de onte polas novas. Xa estaba claro nos xornais de onte que habería nos máis recentes algún problemiña, e neses andamos, aínda que o día segue a ser luminoso de mañá...
Onte, Touriño volveu a fastidiar a Ribadeo: Resulta que non chega con que fale dunha certa ría que sería 'do Eo', senón que tamén propón o mesmo emprazamento de piscifactoría para Pescanova que o que vai empregar Acuinor. a pena do Corvo, en Meirengos. Claro que eso tería unha certa avantaxe: ó construír unha derriba da outra, ó mellor ningunha das dúas funcionaba... claro que, polo entusiasmo do alcalde no tema, ó mellor lles sufragaba as obras complementarias para poder facer dous pisos en Meirengos e así non ter ese problema de funcionamento.
Hai outro tema máis do que quería falar, pero mañá, que é domingo.

20060505

Unha fonte de auga viva



Día limpo,prometedor, así se ve hoxe dende a primeira hora da mañá. Por eso a foto dunha fonte que pode dar outra cor á entrada de Ribadeo, aínda que polo momento alomenos eu non lla vexa. Taén unha boa sensación ontes, ó pasar diante dun arbusto. así queda reflexado na foto, luminoso e primaveral.
As novas de Ribadeo? Desestimada a demanda contra Soledad por parte de varias persoas do concello por divulgar soldos (comentei no seu momento que me pareciá que os soldos dos funcionarios, incluído o meu, eran rexidos por un convenio público), pouco a pouco vánse ir transformando 53 Ha de monte en Cubelas de eucaliptos n árbores autóctonos (aínda que como anuncio, sempre hai que poñelo un pouco en sordina mentras non se faga), a asociación de veciños de Santalla leva as de ganar en relación a unha concesión de construción que sería dudosa, a nova directiva de O Tesón botou a andar onte (pouco a pouco a asociación vai facendo camiño), temos visitantes alumnos italianos (a cultura promove turismo, si) e unha serie de exposicións (incluída 'A ciencia ten nome de muller') e outros actos potenciarán a relación no ensino da zona con outros cnetros de toda Europa.
O día parece luminoso. Pode que porque o futuro o pareza.

20060504

Construción, ónde vas?

Non entendo moi ben que pasou o outro día na xunta de goberno do concello. Pero si que as augas están revoltas, coa denegación da xa case célebre urbanización de sete casas en Santalla e a imposición (parece) dunha multa de 18000 € a un constructor, que non teño claro o por que.
En cambio, si está claro que vana pintar o cemiterio. É unha obra, non hai jaleo á vista e de seguro sairá máis veces nos medios ata que quede totalmente lista. E é que, cun BNG en alza, como din as enquisas, hai que moverse... a "humanización" dos viales pola concellalía do bloque segue, e hai que facerlle fronte, cando se anuncia un novo, a Doutor Moreda, que tamén sairá nos medios máis dunha vez.

20060503

Promoción do casco vello

Chamame a atención que ninguén se preocupara aínda dos comercios do casco vello. Resulta que hai unha promoción dos pub e non dos comercios. E aquí hai dende boutiques de roupa a roupa de tipo deportivo, de panaderías a pastelerías, De tendas de decoración a outras de persianas, informática, artigos para pesca, perruquerías, ... nembargantes o que se tenta é o monocultivo de alcohol e ruído. A ver se se poñen as pilas para potenciar estas tendas nun entorno que pode merecer a pena se non aparece polas mañás habitulamente con vómitos e vidros, por exemplo. Sen tempo non se poden facer cousas, pero merecería outra presentación do estilo das 'casas caíntes'...

20060502

Unha nota

Suprimín a entrada anterior de hoxe porque parece que daba lugar a confusión. Perdón se algún se alarmou de que me pasara algo. Parece que teño que redactar mellor. Ó mellor sería cousa de que deixara o blog durante algún tempo.

20060501

1º de maio

Día de festa no traballo. O pobo amanece calmo, despois dunha noite que non o foi tanto, pero sen chegar, nin moito menos, á do día anterior. Pouco a pouco iránse enchendo as rúas, e a medio día de seguro aparecerán populosas. Algo semellante ocorrerá en toda España. Nas cidades máis grandes, manifestacións sindicais.
Nembargantes, estamos en época de retroceso dos dereitos dos traballadores que tanto costaron paraq conseguilos. A mesma data implica unha lembranza de mortes en prol de facelo. É dicir, dereitos conseguidos con sangue estánse a perder hoxe pouco apouco a cambio (ás veces que saen mellor) de algún carto máis que se leva o vento en pouco tempo. A precariedade no emprego cunde, e o aumento non normativo da duración do día laboral, tamén. Veñen de fóra xentes que buscan desesperadamente con que manterse, e vánse empregos a sitios onde é máis barato. Mentres, teño diante unha longa reportaxe: "Endeudados hasta las cejas" (El país, onte) o que implica que o impulso para consumir que se nos mete nas veas nos elva ó endebedamento e así, ó traballo como sexa para poder pagar. É dicir, noutro nivel a anos luz na práctica, pero a mentalidade é parella á dos inmigrantes que veñen en patera: sobrevivir traballando.
Vai varios séculos xa que os chamados 'ludditas' (non por seren afeizoados ós xogos ou á loita, senón por seren seguidores dun tal Ludd) trataban á destrucción das máquinas como camiño para destruír a escravitude que supuña o traballo asalariado. Hoxe é o mesmo traballo asalariadoo que destrúe máqinasnn sitio para poñelas noutro con menos salario. E cada vez máis, impón unhas normas de semellanza entre traballo asalariado e escravitude.
Veña todo a conto de que o primeiro título que se me ocorreu para hoxe foi o de 'o control dun pobo', pois ó fin, ése é o tema: quen controla Ribadeo, por exemplo? E atopámonos básicamente, aínda que non exhaustivamente, con tres tipos de xente: as vellas familias de algún tipo de raigame, os novos ricos da construción ou hostelería e os que tratan coa política de partido. É dicir, os herdeiros dos que se soen considerar vellos caciques (*), aqueles ós que os cartos parece situar por riba dos demáis e os que coido que se poden chamar novos caciques por comparación cos caciques de antano. A cousa non iría a máis, se se poidera facer un cambio nunha palabra que, ó meu entender, está lonxe de facerse: control por ... guía? liderazgo? Ambas palabras teñen connotacións maoistas, nazis... Haberá que voltar sobre o tema, pero non hoxe: é día dos traballadores, e é preciso disfrutar da ilusión de que contamos para algo.
(*) Polos suspicaces, transcribo a definición de cacique dun diccionario:

s.m. 1. Xefe nalgunhas tribos de indios de América Central e do Sur. O cacique daquela tribo recibiunos ben. 2. fig. Persoa que exerce excesiva influencia e poder na política e na economía dunha vila ou comarca. Por esta vez, os caciques non van gaña-las eleccións.