20060806

Xira de Santa Cruz Ribadeo 2006

Onte, xa o deixei escrito, foi o pregón da xira de Santa Cruz 2006. E hoxe, a xira é a nova de Ribadeo, cun tempo que algún dos romeiros (tal como están as cousas, mellor chamalos 'xireiros') calificou esta mesma mañá como o mellor do ano. A pesares de que (din, eu non estiven) que a mostra de Beatriz Singh Ibarra, pintora, é un exitazo, hoxe non pode competir coas gaitas que estou a escoitar mentras escribo esto, e menos coa xira que un ano máis levará a Santa Cruz, en vixiancia sobre a ría de Ribadeo, a unha morea de xente en diversión e en convivencia (fai anos a orde sería a inversa, como deixou claro o pregoeiro onte), música e hoxe, sol.

Ningún comentario: