20061113

Denuncias medioambientais en Ribadeo




Hai, partindo de Santa Cruz, dúas rutas para recorrer a pé. A pequena, duns centos de metros, era de iniciación, a segunda, era un auténtico paseo. Ambas, eran.
Se alguén quere practicalas, os camiños están, e están ben, pero... collamos a maior para unhas pinceladas.
1.Sae de xunta á casa da ría de Ribadeo. O cartel está medio tumbado. A casa funciona cando funciona, a última volta, sen seguridade de horario a pesares que a persoa que estaba alí fixo un esforzo por ter unha nova exposición. A cúpula, tras tardar dous anos en amañarse, non está en disposición de uso: a xente que a levaba non ten a chave porque a cambiaron cando cambiou o equipo de goberno tras as últimas eleccións e aínda pedíndoa por escrito (hai un convenio que corresonde ó tema) non se lle deu. Pode que sexa porque eu participo nesa xente. Mentras, o telescopio vai para tres anos sen usar.
2.En Santa cruz a limpeza volta a non ser demasiado boa, pero se nos alonxamos un pouco pola ruta, entón a cousa empeora.
3.As sinais que quedan son difíciles de ver, e para eso, a maioría xa non existen.
4.No cruce uns cen ou douscentos metros abaixo das fontes do lobo hai uns cantos camións de escombros, como se pode observar na foto, con parte do camiño pisado con eles.
5.O pararaios (madereira de Santa Cruz) ten pinta de radiactivo, co redondeliño arriba, deses que a prensa traía que a guardia civil retirara 162 na provincia... Coido que non son perigosos a pesar de todo; menos mal.
A parte deso, a marabillosa paisaxe da nosa Terra aparece ás beiras, con boas vistas, sen xente (non estar anunciado é neste caso unha boa cousa para o que o usa)... escoitei a un coñecido dicir 'que boa terra e que carallo de xente!'. Quen é o encargado no concello do tema de medio ambiente?

Ningún comentario: