20061101

Ribadeo, día de defuntos

Ontes o mercado estaba cheo de frores. Hoxe, mercores, non hai mercado. É día de defuntos.
É curiosa a parafernalia do día. Coido que a celebración de defuntos ven de moi antigo, con base na lembranza dos seres queridos que xa non están, convertida en consideración relixiosa. Na actualidade, o cemiterio está tamén concorrido o día anterior, pois hai o ímpetu de propaganda de locer as tumbas dos seres queridos antes de que veña a avalancha do mesmo día da celebración. En xeral, a xente que vai o día anterior vai para traballo, de preparación, e o mesmo día, máis de festa, de celebración ou mellor, de conmemoración. Hai xente que non vai en todo o ano lembrar ou adornar, e vai ese día como unha obriga. Outra xente procura fuxir do cemiterio precisamente porque hai demasiada xente e perde a intimidade cos seres queridos, ou aínda porque, como ocorre en moitas procesións / promocións, considera que hai xente que vai locer a súa figura ou vestimenta, e non comulga con esas rodas de muíño...
As frores adornas en grandes cantidades, de xeito que o mercado tamén se aproveita coa suba de prezos no entrono do día e a competición que se establece no adorno. Outra vertente do día é para máis de un o comentario de cómo se atopa ou o bonita que quedou esta ou aquela tumba... Non sei por que vénme á mente unha historia dun libro de Dominique Lapierre sobre a India, 'La ciudad de la alegría', na que un pai auténticamente deslomábase e caía enfermo, morrendo e tendo apalabrada a venda dos seus ósos, todo dentro dun plan para poder ter cartos abondo para casar coas parafernalias pertinentes á súa filla, á filla duns desherdados. Aquí, alomenos no que se trasloce, non hai quen chegue a tanto, pero a competición establećese.
Para min, as celebracións cíclicas teñen o sentido da lembranza, pero riscan de converterse en ceremonia, en propaganda, a partir ade algo que implica sentemento, sentir para lembrar. Ás veces pode ocorrer o contrario, lembrar para sentir, e isa coido que é a base da repetición ceremonial, pero o feito da interferencia con outros sentires, conveniencias, intereses, etc, fan que as celebracións repetidas tendan a perder o seu sentido, aínda que se siga a compartir / sentir a causa pola que se establece a celebración.
En fin, un tanto tráxica a entrada de hoxe... haberá que facer outra apra outras cousas.

2 comentarios:

Agremon dixo...

Pois si que é certo. E tan interiorizado está como día de defuntos que sabía eu que maá era un día tamén relacionado cos defuntos, epro non caera en que era hoxe o relacionado e mañá o de defuntos.

Fer Trombón dixo...

totalmente de acordo, a xente vai a presumir de quen leva as frores mais caras... en certa maneira e facer negocio coas lembranzas e sentimentos da xente non?; Ademais o bo que ten o consumismo mortuorio é que todos pasamos por él en maior ou menor medida... sempre nos quedará o samaín