20061119

Un novo camiño que pasa tamén por Ribadeo



Non me refiro á autovía: parece que agora o camiño de Santiago pasa pola rúa San Miguel, polo menos a efectos de subvencións. De cando o fixen a pé lembro cousas que chocan, pois voltouse un camiño moi acomodaticio. e non hai vez que saque o tema que un amigo me diga que lembra cando chegou a Melide e viu postes indicadores nunca postos e que deberían indicar que o camiño norte se xunta co francés despois desa vila, pero que o comercio tivo influenciza abondo como para variar uns cantos quilómetros o trazado. En fin, subvencións para rehabilitar fachadas no camiño norte. Ó dicilo agora decátome: só fachada.
Onte tivo lugar unha reunión da mesa de asociacións. De aquí a un mes falaremos máis dunha volta do tema. Polo momento, só dar novas de que a mesa de asociacións, xuntanza de asociacións veciñais de Ribadeo que ven existindo dende hai dous anos, segue viva tentanto que os cidadáns de Ribadeo sexan ouvidos nos sitios que se decide alomenos ó mesmo nivel que a xente que pola súa influencia ou cartos pode ter algún tipo de 'acceso direito'.
As fotos, de onte, a auga saltando sobre unha rocha cara ó faro e unha fachada no muro que se vería dende a rúa afectada polas subvencións do camiño e que foi a que o alcalde, aló a comezos de ano declarou que recuperaría o seu muro (ver esta entrada en Ribadeo, ribadeando).

Ningún comentario: