20061207

...continuando, e artigos vellos

A revisión dunha serie de papeis está a darme sorpresas. Á beira, un titular dunha nova na que particiba eu dando información. O subtítulo, hoxe, cando o alcalde leva máis dun ano refusando reunirse coa mesa de asociacións, produce risa. A lembrar, por se se quere comprobar por exemplo a data, que clicando consíguese unha ampliación da imaxe.
Como notas de prensa, esta vez actuais, está que os hestaleiros de discotecas demandan vixiancia para evitar 'festas ilegais' de fin de ano. Coido que non piden a mesma vixiancia cando de producir ruído se trata. Por outra aprte, segue o mal tempo, o que provoca unha rebaixa da ocupación hoteleira, aínda que calquera o diría vendo onte o mercado do nadal, concurrido a tope e no que por certo, o 'tronco' que fixeron e deron a degustar non estaba mal (máis ben diría, estaba moi ben...)
Adxunto dous artigos en .jpg:
'O valor do chapapote' saiu o 17 de decembro de 2002 en A Mariña/El Progreso, p.2, baixo unha foto cun pé que indicaba que en San Cibrao os skaters construíran unhas rampas e o concello lles permitiu poñelas nunha pista pública...
'Algo novo baixo o ceo' saíu no mesmo medio o 18 de decembro de 2001, dando a nova dunha agrupación musical novedosa en Ribadeo, nun exemplar no que a foto de portada tiña como titular 'Comerciantes de Ribadeo palpan el euro'... e a foto que acompaña ó artigo traerá lembranzas a máis dun.

3 comentarios:

ajaspino dixo...

Bufff... certo. ¡¡Que lembranzas!!

Volvín abrir o cedé-rom e hai un texto sobre o míster que me parece moi descriptivo:
O MÍSTER
Tamén coñecido polo alcume de "Her-Nani Naval" (naval de nave, se fose nabal sería de nabo). Os primeiros anos da súa vida pasounos apaciblemente na mariña luguesa, o resto tamén os pasou na mariña, pero xa non tan apaciblemente.

E outro sobre o Portu que me apetece poñelo:
RUBÉN "O PORTU"
[...]Moi rápidamente o resto da Contrabanda decatouse das incribles dotes musicáis deste individuo, xa que é capaz de tocar o piano "con la mano", pode tocar de pé cando lle esquence o taburete e incluso é capaz de tocar telepáticamente cando non lembra acudir a unha actuación. Estas incribles dotes musicáis fan que o Portu sexa moi apreciado polos seus compañeiros cando acude aos concertos e ensaios, para os que sempre garda dez minutiños entre partido e partido de baloncesto, a pesar disto aínda hai xente sentada en Abres esperando polo so de piano de "I can´t turn you lose" dende o ano 97.

E de Fuji (o outro persoaxe que sae ao carón do Portu) teño un texto que ao final Rego decidiu 'censurar' no cedé-ron con moita razón; pero vou poñer eiquí un texto que escribira sobre el para o multimedia:
FUJI
Xa na Escola de Música, a súa facilidade para conectar co seu mundo paranormal particular prodúxolle certa sensación de estar sempre euivocado. Os seus pensamentos eran: " Todos están na miña contra". Bueno, tal vez non fóra un só pensamento, en realidade todos parecen estar contra Fuji. [...]

Buff... ¡¡cantas lembranzas!!

A contraportada dicía:
Se copias este Cedé-Ron, que saibas que pagarás mil anos de purgatorio, que nunca máis te convidaremos a unha cervexa e que estás a poñer en perigo futuras produccións.
Tódolos personaxes que aparecen nesta obra están absolutamente borrachos, calquera parecido coa sobriedade é unha coincidencia.

Cando morra, espero atoparme cos contrabandista no purgatorio; isto o digo eu.

Fer Trombón dixo...

Que lembranzas meu... Dende logo que foi un etapa caralluda... a pesares de tocar as músicas dos demais...
De vez en cando poño o cd ron, e poñome algo melancolico, pero moi contento tamén...

Vemonos no purgatorio... o que vaia antes que empece a ensaiar e que poña a enfriar as cervexas...

Fer Trombón dixo...

Ainda así no seu momento en Ribadeo, houbo xente que non lle gustou. A día de hoxe sego sen entendelo, supoño que sería unha desas paixons humanas coma a envidia ou algo similar...

vouvos contar un segredo, o piano electrico ainda garda os cus dos vasos. Lembrade non apoiar as vosas cervexas nos pianos que para iso xa están as barras...