20060430

O turismo de ruído e alcohol non aparece na lista.

A pasada semana foi de celebracións e declaracións en Ribadeo. Nembargantes coido que os concellos estaban esperando secretamente para un estudo sobre o turismo na zona lles axudar a potenciar económicamente ós seus municipios. As conclusións feitas públicas polo Conselleiro de industria son abondo craras. sinálanse no sondeo, segundo a prensa, que o desenvolvemento turístico da Mariña (parece que para estas cousas son un pouco máis cabales e esquécense do enxendro das tres Mariñas) debe basarse, en orde de maior a menor importancia, no turismo rural e de natureza, gastronómico e cultural, náutico, de sol e praia e relixioso. O turismo de ruído non é nomeado na lista, así como tampouco o do alcohol, ambos potenciados direita ou indireitamente en algúns lugares como Ribadeo. O mini estudo realizado por min xa vai anos amosando que o ruído non era productivo vése confirmado unha e outra vez, pero parece que non se quere entender polos intereses que xa hai en xogo.
Natralmente, non é a única conclusión á que chega o estudo: tamé faltan infraestructruas, como as de comunicacións, ou reequilibrar unha escora turística forte cara ó turismo de calidade (vamos, ese que deixa máis cartos e contamina menos). Queda moito por facer. Esperemos que non se faga a costa dos que vivimos aquí e non temos negocio, incluídos veciños e medio ambiente.
É dicir, o estudo non me deixou comentar nin a inauguración do ximnasio na piscina municipal, nin a estrea (perdón, 'probas de funcionamento', que hai que saír varias veces nos papeis co mesmo tema) dos contedores soterrados e separados por tipos de lixo , nin a proposición (honesta, supoñemos) á rúa Doutor Moreda como peonil ou semi, ou a apertura de liñas de axuda para a terceira idade. O certo é que a comarca, e Ribadeo, móvese. Xa teño expresado as miñas dúbidas de se é un movemento en vacío ou aínda contraproducente ou non. Prego porque alomenos unha parte importante dese movemento non sexa en vacío nin contraproducente. E tento aportar o meu grauiño de area para que así xea.

20060429

No seu debe, o seu baixo asociacionismo

A nova non é tan nova, pero sae de novo de cando en vez. A última, na prensa do mércores, na que, por exemplo, na p. 30 de El País, saía esa afirmación que puxen como título como reverso do que chaman 'capital social' en España: temos un déficit grave de asociacionismo, déficit de eso que traduciría como 'xuntarnos para compartir e colaborar na construcción de algo'. Polo tanto, por exemplo, nos é difícil defendernos fronte a individualidades que teñen poder, como nos casos económico ou político, así como xerar actividades sociais para grupos de interese.
Polo anterior, tamén conectei co que o mesmo diario pon na edición de hoxe nun artigo de Rojas Marcos, do que collo unha frase para facer pensar: "en el caso del voluntariado, está demostrado que las personas que se involucran en actividades que tienen un impacto positivo en la vida de otros, disfrutan de una autoestima más alta, sufren menos de ansiedad, duermen mejor, abusan menos del alcohol o las drogas y persisten con más tesón ante los reveses cotidianos, que quienes rehúyen estas tareas altruistas." Unha especie de retorno de inversión, vamos.
Valoramos científicos, médicos e mestres, por ese orde, e ocupan o último lugar da valoración exposta os políticos. Os xuíces, algo por encima dos militares, que teñen o aprobado raspado. son algúns datos, entre os que destacaría que a honradez é o valro que máis move ós españoles a confiar noutros. Collo a definición do 'Diccionario en línea de la Real Academia Española': "Rectitud de ánimo, integridad en el obrar". Parece que os españoles neso non imos tan descamiñados.
Cando o estaba vendo, onte, estábame a preguntar se non habería xeito de facer unha enquisa así en Ribadeo, vendo a confianza nas diversas institucións, profesións, etc. Claro que non me gusta eso de 'capital social', pois de novo parece que se trata de mercantilizar a esencia social, indicando que só os cartos teñen valor, e o outro é un indicativo dese capital.
Ó fío do anterior, temén se veu á cabeza o intento de ACISA/CCA de mediar en Ribadeo, unha institución interesada dende vai tempo, e que está manifestamente a favor dunha das partes como se puxo de manifesto onte coa petición que fixo: La honradez, primero.

20060428

Peonil? Volta as andadas

Unha imaxe dunha rúa peonil en Ribadeo non parece tan peonil como se quixera. Pode ser unha casualidade, pero non a única. Da que pensar cara ó verán sobre circulación, aparcamento, etc. Ou non?
A outra foto ten unha sinal de prohibido á beira dun algo máis que desconche á beira da Praza de España. Quedoume por poñer no das 'casas caíntes' e vai agora. En ámbolosdous casos, volta ás andadas.
E non son os únicos: xunto coa nova de que van pagar o debido (na realidade, sinxelamente de que han pagar, porque coido que non saben facer as contas, aínda non entregaron os cartos e non penso pasar un céntimo) e polo xuizo dende o concello, atópase hoxe no periódico que o CCA vai pedir ampliación de horario pubero para o verán. O ano pasado concedéronllo parcialmente. Este? Como compradores do comercio de Ribadeo vai haber que pedir ó CCA que fagan un escrito para a reucción de horario. Coido que os consumidores do CCA tamén temos os nosos dereitos. Unha pregunta, ademáis: haberá no concello quen asine unha petición que vai no sentido de incrementr o ruído nouturno, despois da sentencia?
Volta ás andadas tamén coa construcción: esta vez, por denegación de licenza en Vilaosende. O tema, ó Valedor do Pobo. A este paso, futuro previsible, xulgado (o único tema anteror do Concello que saiba que pasou polo Valedor, o dos ruídos, rematou no xulgado)
-- Unha nota: se usas CD ou DVD, ó mellor te convén asinar aquí...

20060427

Abre a muralla

Aló polo final dos 70, a música andina tiña unha certa proxeccion en España. Entre ela, unha canción, 'Abre la muralla', do grupo Quilapayún, alentaba a cerrar unha muralla dende o monte á praia, cerrándoa 'á bota do coronel', por exemplo, e abríndo á 'man do amigo', tamén por exemplo. Lembreime onte dela ó ver un pequeno trozo de Ribadeo. Se mal non me lembro, vai cousa de un mes, o alcalde dixo que tiñan que restaurar un trozo de muralla que tiraran por unha obra. Días despois, no sitio ó que coido que se refería, vin levantar un muro de ladrillo formando parte dunha edificación, que onte por fin vin cuberto con pedra pola parte de fora. Estarei equivocado de sitio ou será esa a restauración pretendida, o 'peche da muralla'?
Voltei a lembrar o tema de apertura e cierre da muralla na estación de autobuses, esta vez, en canto a murallas de comunicación. Fun mirar uns horarios e quedeime abraiado coa magnífica comunicación autobusera que ten Ribadeo. Xa coñecía o tema en relación á Coruña, por exemplo, pero aproveitei para ampliar os meus coñecementos previos e non me explico a falta de comunicacións que hai. Nin tampouco hai moito quen a explique na estación de autobuses, coas taquillas cerradas. En fin, solucionei como puiden, claro.
E pasando cara ó centro, voltei a lembrarme: un coche aparcado no novo aparcamento para o que se ían pedir 24000€ para acondicionalo, sobre a terra pisada limitada cunha tea plástica e o que queda de muro da finca. Sen compensacións, por cesión gratuíta.
seguindo coa muralla, aparecen as declaracións de Balbino Pérez de que o diálogo cos veciños paécelle ben. data da última reunión coas asociacións veciñais: finais de outubro. No medio, dúas ocasións nas que o alcalde 'non puido'. Achégase a terceira. Poderá? Polo momento, muralla cerrada.
Máis aínda, seguen as propostas de diálogo dos hosteleiros sobre o ruído (na prensa e ó que parece sen variar as opcións que comentei neste mesmo blog vai algún tempo). Mentras, din que a proposta de declaración de zonas acústicamente contaminadas non contribúe precisamente a calmar os ánimos. O ruído, polo que parece, si. Ábrese ou cérrase a muralla?

20060426

Na procura de sensatez

Onte pasáronme un artigo, datado o domingo 23 de abril, de El Correo Gallego asinado por Victor Moro. O seu título, 'Falta sensatez en la ría de Ribadeo', ven a poñer un pouco de eso que falta na asignación do nome e de recursos en Ribadeo. Claro que non se entende moi ben por que non o puxo nn medio que se lea en Ribadeo. Ou ó mellor si, esperando que o lea quen ten posibilidade de cambiar de opinión, xa que aquí non se move que pode, senón só quen sinte. Chama a atención que ninguén recollera o ofrecemento de vai algún tempo de O Tesón sobre o apoio a quen apoiara o nome. E é que, visto a viravolta do alcalde tras a manifestación cotnra o recheo en Mirasol, non é cousa de voltar a facilitarlle outra vez a cousa promovendo unha iniciativa e prestándolla para que logo a volva contra o pobo. Non, esta vez preténdese que sexa quen pode (como dixen antes) a nivel político quen sexa apoiado. Os tiróns de orellas veñen de outros sitios, véxase o artigo citado.

20060425

Aparatoso

Aparatoso. Por sorte, é o calificativo que mellor se axusta ó accidente de onte, pois non houbo víctimas. O remolque, cargado con chatarra, saíuse do seu carril, cruzou a vía (en negro na imaxe tomada do Sigpac), rachou a barandilla (en rosa) e caeu en parábola, cortou un par de árbores ó facelo e arrastrouse pola pendente un pouco ata parar á beira do precipicio (vermello) tras volcar lateralmente e quedar a parte de diante para atrás. Chama a atención ver o remolque alí e imaxinarse o que tería pasado se se cruzase con unha caravana de coches en sentido contrario como a que soe haber moitas veces os fines de semana.
Aínda que menos, aparatosas tamén as declaracións do alcalde: o centro de día por fin merece a atención activa que reclamo fai tempo, ó declarar a congregación que o levaba que deixaba ás súas funcións. E velaí que nos enteramos (ou nos lembran) que ó ser doado pola Concordia, os membros desa sociedade terán preferencia. Nas mesmas declaracións, tamén aparece novamente a petición de cartos á Xunta para construír un aparcamento nas cocheras de ERSA ... que aportará algo (parece que dificil será que o faga nunha porcentaxe alta, ó que se ve) se o proxecto é prorogado (o célebre PAGUS)
Aparece tamén no periódico o tema da recollida de sinaturas para declarar zonas acústicamente contaminadas en Ribadeo, como nota de titular para a Asamblea de O Tesón. Pero unha cousa é que se aproveite a Asamblea para decir que quen queira asinar que asine e outra diferente que ese tema se tratara polo Tesón en asamblea, o que non foi, xa que foron dúas xuntanzas extraordinarias cada unha cun punto na orde do día, com ose deu na nota de prensa. En principio, non penso mandar correción, pero coido que debe quedar claro polo menos aquí: unha cousa é que unha asociación se adique a recoller sinaturas e outra que se recollan unhas cantas aproveitando a asamblea da asociación, pois o resultado debe ser diferente (implicaría unha recollida moito maior en caso de que a asociación emprendera unha campaña), e esto segundo é o que ocorreu. Presento a nota de prensa enviada:

O pasado sábado 22 de abril tiveron lugar dúas asambleas extraordinarias da asociación de veciños “O Tesón” de Ribadeo.

A primeira delas, para elección dunha nova directiva, saldouse cunha continuidade axustada a un ano por compromiso dos eeelexidos da directiva saínte, para facilitar a renovación total da asociación. Renovan cargo Gilberto Suárez Méndez (novo Presidente), José Mª Rodríguez Rodríguez e Antonio Gregorio Montes (que continúan nos seus postos). Ós anteriores, unha vez rematada a asamblea, uníronse Mª Aurelia Rodríguez Rey, Mª Rosa García Méndez e José Antonio Fernández Méndez. Así, este conxunto coordinará a asociación ata que sexa presentada unha nova candidatura directiva, nn descartándose que aprticipe na coordinación algún socio máis para cuestións concretas, tal como foi exposto na asamblea. A directiva entrante a máis das propias labores directivas propúxose ter como punto de mira a promoción dun novo conxunto directivo no prazo antedito de un ano para facilitar a total renovación social, para o que se preveen accións de contacto cos socios, animando á participación na sociedade.

A segunda asamblea, mantida a continuación, variou os estatutos da sociedade para tentar que no futuro a transición entre eqipos directivos sexa máis suave e doada, xa que básicamente trátase de que os postos directivos teñan unha vixencia de catro anos, renovables de xeito parcial cada dous, facilitando ademáis que se presenten persoas individuais a postos concretos dentro da directiva.

A indicar que asistiron só o 15% dos socios, que ademáis asinaron unha petición para declarar as chamadas 'zona nova' e 'zona vella' de movida como zonas acústicamente contaminadas.

20060424

Ribadeo, a vila dos sete miradores e o día do libro

Pódense facer outras contas, pero Ribadeo ten sete miradores que eu conte, un para cada día da semana: Cargadoiro, San Miguel, Calvo Sotelo, Atalaia, Auditorio, Mineral e Santa Cruz. Alguén coñecerá o de Calvo Sotelo como o de Obras Públicas, por exemplo, pero eses son. Que eu saiba, ningún está indicado dende o centro do pobo. Poñámonos no lugar dun visitante e dun ribadense que responde, poñamos, nas catro calles. Como indicamos? Que pregutnamos? Supoñamos que o diriximos ó máis próximo, o do Auditorio. Pasamos á beira da oficina de Turismo, baixamos por un trozo novo pero anodino e entramos na terraza do auditorio por unboquete feito na beira, que leva sen adecentar dende que se fixo. Ó entrar, fixámonos nunha porta caída e pousada que non evita que podamos mirar dentro dun recinto de máquinas e depósitos de combustible que é un perigo ter aberto. Cando chegamos áparte maís exposta, é Castropol quen nos recibe, mentras que a ría de Ribadeo se nos escabulle nas instalacións portuarias, con troncos amontoados aínda que non estña o barco para cargalos... aínda así, é bonita. Os visitantes irán conformes. Os ribadenses, non.
Ontes foi o día do libro. Actos? nas librerías, rebaixa do 10% e exposición para vender máis. E supoño que algúen leería algo máis por mor da data. E hoxe, é día do libro? Coido que si, quedoume tanto por leer onte...

20060423

Non á mina: o cheiro de Ribadeo

Hoxe pasei aquí a presentación contra a mina de ouro en Salave (Tapia), de xeito que se pode ver en calquera navegador. As consecuencias dela podían ter afectado a Ribadeo, pero case non se notou ningunha actividade en relación con ela, a favor ou en contra, desta beira da Ría de Ribadeo. Os Tapiegos lograron manifestarse e facer variar o curso dos acontecementos, de xeito que a empresa emigrou e o furado non se fixo.
En Ribadeo, polo contrario, non fomos capaces polo momento de que o recheo da ría non se fixera, a piscifactoría de Meirengos fora reformada de xeito convinte ou polo contrario, se conseguira un terceiro acceso decente á circunvalación. Ás veces vénme a idea de Ribadeo como unha sociedade satisfeita de si mesma, pagada de si, e polo tanto, podre: se un non se move, os músculos vóltanse fofos, o corpo non é capaz de responder e a persoa pasa a ser unha imaxe grotesca de si mesma. Por eso me chama a atención condo na prensa se leen titulares como o que hoxe provoca o alcalde: 'O que apesta é o proceso xudicial que hai aberto contra Andina'. Coido que nas sociedades enfermas, non é 'o' (xeralmente 'os', como se pode comprobar de xeito doado en Ribadeo) peor o posible proceso xudicial, senón o que subxace socialmente, o que ten amarrado ó corpo social para que este teña dificultade en rexerarse. É dicir, esa falta dun pequeno ou grande esforzo que leva á non participación nos propioas asuntos de todos, quedándose a xente reducida a esfera persoal. Acábase pretendendo controlar unha pequena esfera para evitar roces e vivir nun pequeno 'mundo feliz'. Psicoloxía e Socioloxía indican, xunto coa historia, que así se corta unha dimensión humana fundamental, a da relación co grupo amplio da sociedade na que vivimos. Un xeito máis de autoengano para tentar vivir mellor a costa de vivir máis plenamente, que normalmente non da froito.
Por certo, tras unha tempada sen posibilidade de comentarios, volto a habilitar esa función, se ben moderada.

20060422

Novas de Ribadeo e a Costa

Tras o anuncio de que Fomento ía construír o terceiro acceso da circunvalación, o alcalde deu a impresión de 'logreino!', pero parece que non o logrou tanto: os socios e a oposición véno doutro xeito, postergado e a medias, de xeito que (ademáis do cómo) estará sempre en perigo ó non facerse cando a mesma estrada, senón ser prometido para despois. Pregúntome se a traizón na manifestación contra o recheo en Mirasol (lembro: apoiou a última hora a manifestación e á semana seguinte veu de Santiago dicindo que apoiaba o recheo porque lle concederan a cambio o ouro e o mouro) ó final lle serviu para algo. O polígono ía estar listo este ano, e xa veremos se o está nesta década (por favor, que sexa que si!), a autostrada leva xa un retraso sobre outro retraso, a circunvalación non se ve avanzar (un paseo por Ove...) e eses eran os puntos básicos da transacción feita en Santiago segundo o alcalde, se non lembro mal.
Tamén nos quedamos polo momento sen xulgado de máis categoría. E aquí, sen comentarios: que Ribadeo, pretendendo ser unha cidade e aumentar fortemente súa poboación siga sen el, despois de telo, non conxunta moi ben coa oferta de servizos que pretende, nin a atracción de construcción, nin ...
Polo anterior, pode que sexa o momento de que a posición se endureza, tal como lle piden as súas bases. E estaría de acordo se estivera de acordo no que significa. Se é exercer verdadeiramente de oposición, OK. Se é protestar máis, ou que a xente note máis a protesta, que haxa máis ruído, entón...
Mentras así andan as cousas no pobo, o Dionisio Gamallo está a piques de comezar un corto interno. O Porta da Auga ten nestes momentos estudantes e profesores frenceses e italianos de visita, para coñecer esto noso (terra e xente...). Os IES e colexios tratan de formar ós futuros ribadenses dun xeito crítico, e non só en coñecementos. É dicir, nestes momentos, de mellorar a sociedade. Falta fai.
Hoxe celébrase a asamblea de socios do Tesón. A asociación de vecños pretende elexir nova directiva e variar lixeiramente os seus estatutos para poder funcionar mellor. A carón do anterior comentado, acepto apostas sobre a procentaxe de socios asistentes. Un 25% sería para min unha revelación. Nembargantes, é unha sociedade que pretende promover as condicións vitais en Ribadeo, para os seus socios e para o pobo en xeral. Que pasa logo? estamos tan ben ou xa está a cousa desesperada? Coido urxente un estudo de promoción do interese cidadán na súa propia vida, e non só en Ribadeo. Para tratar de atallar unha situación que considero de pasividade, en particular fronte ós cartos. Faráo alguén?
Non paso por alto a substitución de Xavier Campos como técnico de cultura. Váise a algo que coido lle interesa máis, pero a súa labor queda: ontes mesmo, xa no seu novo posto, participou de novo nun acto de presentación dunha curtametraxe sobre a memoria histórica (neste caso, os primeiros anos da era Franco), e de seguro non esquecerá Ribadeo no seu novo posto no audiovisual galego.
Esto hoxe vai moi longo. En espera de cargar máis cousas na páxina web que remato de estrear (a próxima, unha presentación sobre o tema da mina de ouro en Tapia), chámame a atención unha nova de Viveiro sobre o ruído nouturno: anuncian máis vixiancia de horarios. E suspiro. De non cambiar, parece claro que este verán nos enfrontaremos en toda a costa a novas sobre o ruído.

20060421

Presentación e comentario


Onte atopei a solución para que todo o mundo tivera acceso á presentación das casas caíntes de Ribadeo sen pedirma: convertila a formato .html e poder manexala pola web. Non me quedou moi ben, pero vése, accedendo a ela dende a páxina principal. Mediante a liña de manexo "Primera página Regresar Continuar Última página Resumen Texto" váise adiante, atrás, ... aínda que o de "resume" e "texto" non funciona, e pola cor de fondo as indicacións vénse mal. Unha última cousa sobre o tema: nun trimestre que leva a presentación en marcha, acadou unha difusión dunhas corenta persoas direitamente dende min, e supoño que elas serían fonte de máis envíos, Nembargantes, hoxe considero que xa está quedando anticuada nas imaxes, que non no contido. Mírese a foto que acompaña: hai tanto fotos obsoletas por obras como esta, que de paso aumenta un pouca a altura do teito como fotos de edificios polos que estes meses pasados causaron mella. Igual mente, cabe lembrar que quedou claro dende o comezo que non se pretendía abranguer tódolos edificios en mal estado de Ribadeo, senón unha mostra.
Un comentario: Onte a prensa voltou tratar o tema dos ruídos, esta vez poñéndoo na perspectiva dos últimos tempos, que piden diálogo. Despois de ver as miñas palabras no xornal (fixéronme algunhas preguntas por teléfono a modo de comentario), vexo que se me quedaron máis aló do dito moitas cousas. Por exemplo, tras presentarse ACISA como mediador de boa vontade, a pregunta de como pode facelo cando está implicado cos pubeiros?
Otra cousa: Esta fin de semana tentarei de poñer, de xeito ordeado, un anuncio sobre un obradoiro de software libre de 'A cultura circula'... que vai a haber en Ribadeo a mediados de maio. Ben explicadiño, que agora non o está.

20060420

Parole, parole


Palabras, palabras. Así rezaba unha canción que xa se vai facendo vella. Véume á memoria pola nova de que o aparcamento que citei onte, segundo o alcalde, cédese gratis. Lembro que o cantante, o cantar o de 'parole, parole', sorría.
Acompaña a nova da 'gratitude' outra xa vella, que se está intentando facer un nas cocheras de ERSA. Raro será en Ribadeo quen non a oíra: leva camiño de suceder en tempo á da construción do polígono.
Como de palabras estamos a falar, hoxe inclúo verbas sobre o mesmo blog: imos tamén a dar bombo e platillo a esta pequena publicación coa gráfica de visitas que se ve á beira, complementando que, segundo as estatísticas, o número de visitantes que usan algunha versión de Mozilla Firefox está xa preto dos que usan algunha do Internet Explorer: 42,2% fronte a 57,8%.
E máis palabras: onte apareceu na prensa unha nova do DOG de anteonte sobre a imposición dunha multa de 6000€ a un establecemento ribadense por servir alcohol a menores. Resulta que é a instrución da denuncia, non en firme, como pode verse no DOG.
Mais, como non só de verbas vive o mundo, e ontes o precio do barril de petróleo chegou ós 74 dólares, pregúntome se se decatarán os mandamaises de que o petróleo xa está en declive e que hai que cambiar o modelo de consumo enerxético e con el é necesaria unha reestructuración de modelo económico a nivel mundial. Non é que sexa eu ningún 'guru' económico ou enerxético, senón que os expertos lévano dicindo moito tempo e os dados están aí. Mentras, Eroski aproveita a nova de que parece ser que os comustibles na súa estación de servicio son os máis baratos da Mariña.

20060419

A categoría de Ribadeo


Polo que parece, a categoría de Ribadeo 'incrementaríase' se pasara ter 150 veciños máis, o que sería ansiado dende o Concello. 'Afrontar o reto' é outra das expresións usadas... confúndese cantidade con calidade, a razón de que a partir de 10000 habitantes hai outro reparto de fondos. Outra vez os cartos...
Con ese xeito de pensar se explica a outra nova: o comezo (de habilitación) dun aparcamento de 200 prazas nun terreo privado, pertencente unha constructora, que é, literalmente, para pasar o verán. Eso, despois de pechar a pasada lagoa usada como aparcamento, non parece ter moito xeito. E máis para crear a sensación de que hai prazas de aparcamento dun xeito provisorio mentras non está o terreo en construción, o que precisamente incrementaría a necesidade de prazas na zona... Ben, e a base de deber outro favor a un constructor (non sei a quen) que é de supoñer que sexa pagado máis adiante en base ó pobo de Ribadeo, non ós edís.
Na foto pódese ver un lugar máis para aparcar, un martes calquera (onte), a primeira hora da tarde...

20060418

Tráfico recoñece e o Ministerio tamén

Di a prensa que tráfico recoñece retencións históricas na costa esta Semana Santa. Como que o tráfico aumenta, e a capacidade das carreteras non. Mási ben diminúe, se contamos que cada vez se constrúe máis, co que novos tramos pasan a zona urbana, outros a carril de aceleración para desvíos, etc. Ó mesmo tempo, a semana pasada, o Ministerio tamén recoñece que se retrasa a autovía unha volta máis, o mesmo que a circunvalación ribadense, que calquera pode ver que está parada. Aínda me lembro cando un locutor afincado fóra repetía día tras día o inconvinte da obra da carretera N634. É dicir, voltamos ás andadas.
Mentras, un título dun libro: 'Nacidos para comprar'. Nados para mercar: eso é o que se pretende agora, pensando en consumidores, non en cidadáns e moito menos, en persoas. É longo para sacar as consecuencias agora e aquí, pero o libro existe e a realidade que representa, tamén. E está claro que a idade máis vulnerable de calquera persoa é a da súa formación, e máis de tres horas diarias de tele de media, con preponderacia de anuncios e series de tres ó cuarto, pais moi ocupados como par atender ós fillos e comunicación verbal diminuída fortemente non auguran un panorama boiante para a sociedade do futuro. E repito, só é un comentario escaso.

20060417

Tradución


Traduzo: "Como noutros lugares (...) a causa da especulación mafiosa, (...)foi afeado por construcións de cemento de varias plantas"
A cuestión está en: a ónde se refería o orixinal? Pois a Corleone, Sicilia. Quen non se lembra de Don Vito Corleone, de O Padriño? Está el El País de onte.
O de hoxe trae outras cousas ben diferentes, como contas: cen mortos por tráfico en Semana Santa... e aquí si se pode dicir o de 'continuará', sen ter unha estratexia con visos de dar resultados polo momento.
Concerto de Semana Santa da Banda Sinfónica Municipal. O cartel, de Chenchu (supónse), coas obras 'Appalachian overture', Dances with wolves', 'Coral da cantata 140 de Bach', 'Música para un funeral masónico' de Mozart, 'Adagio' de Albinoni e 'For unto you is born this day'. OK.
-- Anexo despois dun comentario de Chenchu: O cartel non é del. É dicir, autoría descoñecida. Disposto a ser quitado de aí se alguén o reclama...

20060416

Tuning

Ontes mesmo escoitei dicir que antes, facer tuning era coller un coche vello e tentar restauralo e poñelo bonito con imaxinación, e que hoxe era coller un coche novo e poñerlle imaxinación para destrozalo. Ben, este de acordo coa primeira parte, pero só na idea subxacente na segunda. O caso é que non é tuning facer destrozos no coche dos demáis un venres pola noite. E resulta curioso facelo sen que os da beira o esteñan tamén.

O Domingo de Resurección xa está aquí. A pantomina dalgunha xente en Semana Santa está rematando; para outros, a día glorioso xustifica as 'boas Pascuas' con tradición de felicitación en moitos países, comparable ó Nadal. E despois, a seguir a vida. Uns, procurando o seguinte locemento ou diversión, outros, co reconforto para unha tempada no val de lágrimas. Pode parecer unha esaxeración, pero é unha certidume aínda que nos recovecos entre os extremos esteña boa parte da xente, a maioría, ás veces cun gris de fondo que abrangue toda a vida deixando só matices como variación. Algo así como aquel anuncio que compara dúas familias, unha que sae da casa a 'vivir' e outra que se queda: a que sae, sonríe; a que se queda, sufre desgraza tras desgraza. É só un anuncio dun coche e non unha realidade, pero detrás das ideas que tentan mover a compra hai realidades e outra interpretación do mundo máis profunda ás que hai que tentar chegar se se quere Vivir, non sobrevivir.

20060415

Brotando: tres fotos


Unha foto das árbores da praza do mercado brotando presenta unha primavera encaixonada polos edificios colindantes. De xeito diferente, a imaxe coa torre de Vilaselán da unha visión que máis que primaveral é de paz, tomada nunha zona onde polo momento non se interpoñen edificacións e que podería ser motivo de meditación relixosa tanto ou máis que moitas procesións.
A terceira foto é unha testemuña do uso dos 8000m2 de superficie comida ó mar, á ría de Ribadeo, neste caso para aparcar grúas, igual que noutras ocasións para aparcar madeira.

20060414

Bodas de platino

Hoxe a República tería cumpridos 75 anos. Por eso hai celebracións, pero sóname algo así como a funerais: os cabodano dos mortos tamén se celebran, pero son abondo diferentes das festas polos cabodanos dos vivos. Neste caso é algo así como unha mistura, e polo tanto, con sabor agridoce.
Unha celebración ben diferente é a que pretende Xosé Carlos Rodríguez Rañón cun artigo para min diferente, na Comarca desta semana, que adiantou o seu reparto a hoxe. "N'Asturies, n'asturianu (y en gallegu y castellanu)" non di moitas cousas novas, pero ten un xeito de dicilo fresco e, ó tempo, tanto colaborativo como irónico. Coido que un artigo semellante sobre a ría de Ribadeo sería tamén convinte.

20060413

Vale xa!

Aínda que xa fixen outra entrada hoxe, remato de leer un xornal de onte e non me resisto a perder un pouco máis de tempo tecleando.
1.Polo que parece, entre outras cousas, os veciños non nos pronunciamos ó respecto da 'liña de traballo' para solucionar o problema do ruído en Ribadeo. Pois ben, despois de saber pola prensa de varias xuntanzas dos pubeiros, despois de ser convocados estos pola alcaldía e ter alomenos dúas reunións, despois de ternos pronunciado, si, en escrito efectuado á prensa, despois de non ser invitados a ningunha desas xuntanzas, despois de múltiples artigos neste blog (camiño das 7000 visitas dende agosto pasado), despois de ver como últimamente os bares usan a súa música ambiental como algo máis que eso, despois de ver como iniciativas como as de repartir vasos de plástico á saída dalgún local non pasan de mera anécdota, despois de medir máis de 50 dB o último fin de semana (coido que con medidas totalmente esporádicas, despois das acumuladas con antelación, xa abonda), despois de ter pedido vai dous meses, e voltar facelo vai mes e medio, información sobre que pasa coas denuncias efectuadas sen obter resposta polo momento, ... entre outras cousas, resulta que non nos pronunciamos.
2.Os pubeiros teñen información, e polo que parece nós non temos dereito a ela. Non é só que saiban prácticamente todos os nosos movementos por información do concello, senón que nós pedimos información e non nola conceden.
3.Parece ser que a empresa novotec vai ser a encargada de facer comprobacións. Das circunstancias nas que se van a facer non se sabe nada. Alomenos pola información de que dispoñemos, o xornal.
4.Din que os controles van ser máis numerosos que antes no que respecta o ruído. Pero, que control se facía antes, a parte do inicial e máis das medicións solicitadas polos veciños á policía municipal, nas súas propias casas, e unha vez desvelados, acudindo a PL á vista da xente dos pub? E que caso se lle facía a estas? Estánse agora a desprezar por parte do concello esas medidas?. Para min patente ese desprezo, pero ata o momento non se fixera tan evidente.
5.'O alcalde confía en que os veciños afectados amosen tan boa disposición como os pubeiros'. Por eso, ontes mesmo, no concello, sen saber nada da xuntanza, pregúntolle que pasa coa resposta ós meus escritos (por suposto, dirixidos a el) e o primeiro é dicirme que non sabe deles. Parece que o que se pretende é boa disposición para deixarse dar por todos os lados.
Teño dito xa outras veces que a indignación, e de aí arriba, non é boa para escribir con ecuanimidade. Costa facelo. Estame a costar facelo. Por eso, paro: estou canso de tentar ser ecuánime sen ver unha resposta, e aínda por riba, botándome a culpa.

Co paso cambiado

'Once policías reforzarán a seguridade de Viveiro na Semana Santa'. Eso, en Viveiro. Aquí, promoción si (hoxe sae unha separata pagada por 'Ribadeo'), pero os bares pola noite dando tralla. Si, mesmo os bares, os que cerran antes, os que só teñen permiso para 'música ambiental'.
En calquera caso, non me refería no título á diferencia de trato entre Viveiro e Ribadeo, senón na vivencia da Semana Santa e o aproveitamento de mercadotecnia cos seus resultados. Por poñer únicamente un exemplo, quen se beneficia máis desos visitantes extras que foron promocionados? E quen paga o aumento de gasto en promoción ou neses once polis extra? Eso, sen saír do círculo economicista que nos queren meter. Socialmente, estáse a facer un aproveitamento indebido dunha tradición que é relixiosa, cultural ou social para convertila nun negocio que vai en sentido contrario de relixión, cultura ou sociedade relacionadas coa Semana Santa, creando problemas e 'efectos secundarios' que logo díse que non se queren.
Se se fala do tema nun bar, é osible que se remate con algo parelo a 'éche así'. Se procuramos causas máis profundas, non é necesario escarbar moito para chegar ós intereses creados, dos que xa falaba Jacinto Benavente na súa obra de igual nome, os cartos procurando facer maís cartos como solución a tódolos problemas, non só económicos, seón por esxtensión, sociais, culturais, medioambientais, ... non importa, a panacea do ouro empaña calquera outra visión. É algo así como unha nova relixión con proselitismo extremo e imperialista, pois non só se propaga para crecer 'de boas formas' senón que se impón para que os que xa están metidos no sistema se encumen. Algo así como o timo da 'Pirámide': os novos acólitos pagan ós vellos, co que aqueles recuperan a inversión con creces, sempre que teñan abondos 'novos crentes'. É un xogo exponencial, un límite, o do esgotamento dos recursos.
Chegados aquí, pódese dicir 'continuará', pero só referido ó pensamento sobre o tema, pois o final está claro, aínda que non se vexa cánto tempo tardará e se esté a tratar de que non se vexa para que os que están no allo podan recuperar a inversión feita en termos materiais para tratar de compensar o que entenden que perderon noutros termos máis humanos. Por eso o 'continuará': levaría abondo tempo e sáese dos obxectivos e posibilidades do blog, aínda que poida ser tratado moitas voltas máis dende outros puntos de aprtida.

20060412

Ladróns

Hoxe vai unha curiosidade. Se se procura en Google 'ladrones', atópase a páxina da SGAE colocada no primeiro lugar. Se se mira a terceira ligazón que aparece, dáse unha explicación do que ocorre, e aí as varias ligazóns que ten facilitan información do por que e o cómo dun xeito máis profundo. Algo asi como se en galego usamos "Ladróns" do mesmo xeito, algo que pode copiarse en pouco tempo saltando dunhas a outras web e mltiplicarse miles de voltas.
Outra curiosidade: sobre o botellón (ten unha segunda parte)
Dende logo, internet está a cambiar o xeito de facer as cousas.

20060410

Luns, Via Crucis


Coido que a procesión que chama máis a atención á xente que se recolle coa Semana Santa é a que menos se ve, o vía crucis: soe ser en tempo frío, con noite que non permite locimento de galas nin unha grande vistosidade, etc, o que a fai algo así como para iniciados. Ó tempo, é como un revulsivo do camiño a percorrer por cada un e todos nós, tando como individuos como como sociedade. Senon, con ir a unha tentando de facerse co esprito dela, coido que chega. O estar de acorod co fondo relixioso, eso é outra cousa.
Para min están relacionados co anterior os dous A3 que apareceron luns (alomenos foi cando os vin eu) nas portas do antigo cine-teatro. Menos de 48 horas despois de colgar a nova sobre a coordinadora para a defensa do litoral, aparece outro grupo denominado 'plataforma para a protección das rías altas' chantando novas fotocopiadas de diversos xornais onde se poden ver os desapegos urbanísticos da zona e algunha idea máis. Haberá que tentar de poñerse en contacto con ese grupo para ver de colaborar, aínda que pola pinta parece algo con certa inclinación política. Hai que ver e logo xulgar se é así ou non. A vía crucis da Mariña na súa primeira estación? Queda moita procesión por diante.

Luns santo

Ó fin, o post de onte non me gustou moito a min mesmo. A primeira parte quédase entre unha reflexión totalmente superficial e unha tendencia sen explicar, e eso non é bó. Por eso, para paliar un pouco os efectos, repoño abaixo unha volta máis o artigo publicado o 24 do 4 do 97 en A Mariña. En relacón á segunda, coido que máis adiante haberá que retomala.
E voltamos a hoxe. Varias elecións esta fin de semana fan que se poda pensar de novo cara ónde imos neste planeta, xa deixando a relixión para outro trato. Hungría, Perú, Italia: socialistas vitoriosos, populistas en primeira volta e incógnita italiana polo momento, ó ter abertas as urnas dous días. Algo en craro? Non. Tres países aparentemente democráticos que polo demáis, pouco teñen que ver na súa situación, incluído en parte o poder que poderán exercer quenes sallan vitoriosos. Situacións que ademáis, coñecemos por una prensa que cada vez máis hai que leer pensando na correción de tendencia de quen escrebe para tentar chegar a algo obxectivo, o que non sempre se logra. De calquera xeito, pensándoo ben, si hai un denominador común: parece que en ningún dos tres casos se produxeron irregularidades graves. E eso, a pesares de que ás veces a democracia parece só un teatro de títeres, é o mesmo que mentar 'esa aburrida paz' en confrotnación dunha 'interesante guerra'. O aburrimento neste caso compensa.
Non me resisto a dicir algo sobre Ribadeo. Parece que a política aquí limítase a tirarse os trastos uns ós outros; queda pouco constructivo no medio. Ben, pois, quen está disposto a apostar que a cousa seguirá de xeito semellante mentras non teñamos un movemento cidadán adecuado?
--
Procesións e fauna

Cando se fala de fauna en relación a algunha actividade humana, considérase ás persoas nun sentido despectivo. Non é o caso que pretendo, senón máis ben clasificar a masa que intervén nas celebracións da Semana Santa.

Como toda clasificación, depende dos criterios que se usen para establecela. Non é o mesmo usar o criterio de poder de decisión sobre a organización das actividades que o de adicación a elas ou que o de interiorización das mesmas, por poñer tres casos.

Usando o primeiro criterio antes dito, o poder de decisión sobre a organización de actividades, establecería unha xerarquía no mesmo pobo (xerarquía de tipo social), que se vería reducida ó párroco e a asociación “Amigos de la Semana Santa” nun nivel e o resto do pobo noutro. Evidentemente, calquera pode pasar ideas dun ó outro grupo, pero estamos a falar do nivel de decisión. Habería que incorporar ó grupo que poderiamos chamar de cabeza, en funcións adxacentes pero determinantes, por un lado, a xerarquía eclesiástica, e por outro, a xerarquía política. Quedaría así a “masa” desgaxada como nivel baixo dunha estructura decisoria xerárquica. Sen entrar en detalles do funcionamento interno de cada unha desas estructuras na cabeza decisoria nin a relación entre elas ou a base do poder interno dos membros dentro de cada unha delas. Por exemplo, parece evidente que se unha persoa se incorpora a “Amigos de la Semana Santa”, supónse que é para colaborar e traballar, e en base a dita colaboración así terá unha capacidade de decisión. Nembargantes, a proporcionalidade entre ambas características non será exacta por influencia doutros factores como capacidade de xeración de ideas, coñecemento do funcionamento social, trato cos demáis dentro da sociedade, etc., como ocorre en calquer outro grupo.

Referente a adicación, esta vai dende a indiferencia total, pasando pola aversión ata chegar a unha adicación de tempo importante. A orde na que están postas as diferentes adicacións pode ser variada, naturalmente, pero de non ser máis minucioso incluíndo outras categorías ou subcategorías, deixaría sempre no medio das tres expostas a da aversión; ó fin e o cabo é un xeito de adicación, que poderiamos chamar anti-adicación, pero tal que a persoa que se identifica neste grupo implica que ten un tempo adicado ó enfrontamento, e polo tanto, adícalle un tempo ás actividades da Semana Santa. Sen facer máis comentario sobre o grupo de indiferentes, creo que habería que dar aquí un agradecemento ás persoas que lle adican unha porción importante do seu tempo ás actividades da Semana. Son as que a organizan e por tanto fan posible un cambio de ritmo vital no ciclo diario de cada un, incluído o grupo de xente indiferente, e por suposto, o da que mostra aversión. Para algúns, a ruptura da rutina diaria pode supor un contratempo, para outros, unha liberación, pero a quen máis, a quen menos, permítelle o retorno posterior ó día a día cun sentemento de novidade do vello e polo tanto vitalmente influínte.

O criterio de interiorización implica unha clasificación que vai dende a xente que o cre (non confundir con xente crente no sentido relixioso xeral) a aquela outra que o figura. Neste caso, o termo medio sería a indiferencia, entre o extremo das persoas que sinten os feitos que rememoran as procesións como unha parte dos propios sentimentos a nivel interno e o outro que serían as persoas que acoden ás actividades da semana por razóns como o vistas, o que significa un utilitarismo das procesión en aras doutras causas como presentarse como máis católico ou non perder un ápice de posición social.

¿De que serve tanta clasificación? Sería demasiado presuntuoso o pretender que a próxima vez que nos enfrontáramos á Semana Santa nos preguntáramos onde estamos encadrados e sobre todo por que. Nembargantes, antóxaseme que todos, pasando polo organizador xefe ou o pasota cantante en calquera chiringuito á hora da procesión, todos, sairíamos gañando con que unha parte significativa da xente cavilara o tema en serio.

20060409

Aproveitemos os ramos

Hoxe é Domingo de Ramos. Pensar que se fai con eses ramos e de ónde se cortan, a maioría das veces por satisfacer só unha visión social sen outro respaldo máis que o propio locemento cáusame un certo desasosego. E eso que coido que vai minguando, tanto polo número de xente que a practica como polo tamaño dos ramos e o coidado con que se collen. Pásaseme pola cabeza: 'gostaríame interpelar a Xesús para ver que lle parece esta parafernalia'.
Afirmo o anterior vendo pasar xente que chega tarde ó acto con ramos, e xente que volve pola rúa, tamén con ramos, pero sen acudir á misa. Empregaránse as follas como condimento ou sinxelamente tiraranse o rematar o ano e seren substituídas por outras novas? Está visto que pola cabeza dos humanos poden pasar moitas ideas referidas a un mesmo tema, pois tanta diferencia se observa con só botar unha ollada a unha manifestacón como a da bendición dos ramos.
Pode que a min mesmo me veña este tema hoxe máis a man precisamente porque ontes (8/4/6) houbo en Foz unha reuión para constituír a 'Coordinadora de defensa do litoral'. Estaba presente na Casa do Mar focega xente de diversas asociacións con outros a título individual, abranguendo diversos puntos da Mariña.
Quedouse en que unha pequena comisión fixera un comunicado de prensa e para a administración dando fe do nacemento deste colectivo plural no que polo momento non se atopan partidos políticos e no que a asociación que tivo a idea é sinxelamente unha máis: o importante é o cumprimento da misión. Misión que hai que perfilar aínda, pero que se pode resumir en apoiar a legalidade en relación co mantemento da natureza na Mariña, impulsar novas normativas protectoras e orientar e mentalizar a cidadanía para poder levar a cabo o manemento do mellor xeito posible, sen perder de vista a posta en valor do medio natural neste noso litoral e o desenvolvemento sostible do mesmo. Asemade, tamén se apoiará que o día mundial do medio ambiente a manifestación galega se celebre en Ribadeo.
É dicir, preténdese que o grupo se manifeste sinxelamente por medio das súas accións, comezando co apoio á celebración dese sinxelo acto en Ribadeo como chamada de atención do que está ocorrendo e pode seguir a ocorrer na Mariña. Non será doado, pero hai que dar os primeiros pasos para poder continuar. Haberá que chegar a acordos con industrias e forzas sociais, haberá que deseñar unha auténtica estructura, perfilar os obxectivos, mover á cidadanía, ... queda moito por facer, como sempre que se da un primeiro paso. Lembrando a Machado, 'fáise camiño ó andar'.

20060408

Ancé io sono un coglione

Si, 'tamén eu son un "coglione"'
'Coglione' é o insulto que lles propinou Berlusconi a quenes non pensan votar por el esta fin de semán. E éu apúntome: aínda que poidera, non votaría por el. Unha manifestación fotografada tamén estaba na mesma idea: con carteis que expresaban 'sono un coglione'. Por unha volta, o cambio de senso dunaha verba vai no bó sentido, ó meu ver. Que verbas haberá que cambiar en relación co xenocidio de Darfur no Sudán ou a masacre dos militares arxentinos en Pozo Tucumán? Supoño que habería que cambiar o sentido de moitas; no primeiro caso para que quen ten capacidade de evitalo, o faga, e no segundo, para evitar que se repita.
A moi pequena escala, está a suceder algo parello co nome da Ría de Ribadeo. Resulta que hoxe aparece unha 'proposta do Principado': chamarlle 'do Eo'. E, mentras, por esta beira da ría (de Ribadeo, claro), divididos. E peor aínda, mentras a ría sen estar debidamente mantida. O importante que é a lingua... Xa recomendan falar para vivir mellor: moita lingua, pouco prato e moita sola de zapato, por exemplo.

20060407

Porto seco en seco


Despois de lograr a ampliación de Mirasol (en canto a superficie, non esquezamos que resultou un recorte en lonxitude de peirao), aparece de novo o tema do porto seco no polígono (co que un se pregunta cal era o obxectivo de dispor dunha maior superficie no peirao) ó tempo que se auncia un retraso de un ano na circunvalación, o que o porto seco, aínda non decidido, está un ano máis en seco. Un ano porque ese se anuncia vai ser o retraso da circunvalación. Parece evicente que as infrastructuras en ribadeo están gafadas. casos como o da piscina, que entrou en funcionamento a primeira fase no tempo acordado, son extranos. Así, dicíase que a Pasarón y Lastra e San Francisco estarían en funcionamento en Semana Santa, e, a non ser unha miragre, a procesión irá por unha rúa en obras, testemuña unha vez máis do retraso endémico das obras en infrastructuras (ou melloras ou mantemento das mesmas) que falo. resulta curioso a rapidez coa que se move, en contrapartida, a xestión de urbanizacións, se ben agora mesmo aprece que dende santiago están tomando cartas no asunto e o tema está parado. vamos, que costa creelo.

Hoxe remata a XII Feira da Ciencia e Tecnoloxía. Despois de ter controlado o crecemento e o número de visitas, a feira parece ter unha dimensión máis apropiada para a aprendizaxe das ciencias, que o principal motivo da mesma e do que nos felicitamos.
E, mentras nós tentamos de poñer coto na feira a unha expansión que podería ser nociva, chega ás máns outra nova, esta de Boiro que incide en algo normativizado aquí e que se quere desregular ou variar: a situación dos locais de copas. Tras un tira e afloxa, están facendo unha normativa que implica unha separación de 50 m. entre locais, se ben especifica que a separación non terá efecto para os locais con licenza de bar. Tamén será efectuado un seguemento de nivel sonoro a distancia.
--
... un artigo do meu vello sitio web 'o recuncho da lectura' en relación co ensino, publicado en 'Xerfa', a revista do IES Porta da Auga, en 2003:

Educación, ¿medio ou fin?

A educación é un proceso. Non un procedemento totalmente establecido, senón actividades que van tratando de adaptarse ó "sistema complexo adaptativo"1 que é o ser humano.

A primeira distinción a facer neste artigo é entre aqueles que pensan que educar significa só seguir unhas normas e outros, entre os que me atopo, para os que educar significa máis ben comprender as normas para saber cándo se debe aplicalas e cándo e cómo saltalas.

Nembargantes a distinción anterior, o sistema educativo ten como fin a educación. E como tal, instrúe ou sinala procedementos para lograla. Neste sentido, a educación é un fin, o fin do sistema educativo. É dicir, coa perspectiva do "sistema educativo", a educación é un fin, non un medio: pasa a ser "unha" educación, a que pretende o sistema e di ofertar os "clientes-alumnos", en troques de ser "a" educación, sen apelidos ou calificativos. Se collemos un retazo da educación que se pretende (que pretende o sistema), por exemplo, a chamada educación para a paz, o medio educativo vése limitado por o fin que se pretende, aínda que sexa unha meta en principio de alto nivel chamémoslle ético, que neste caso poderiamos sinalar como a xestión da paz. O mesmo ocorre con calquera outra parte de calquera lexislación educativa2, como a educación medioambiental, que sería un medio para lograr que a persoa se integre nun medio ambiente equilibrado. En tódolos casos atopamos que se poñen primeiro os fins e logo fálase dos medios para logralos.

O caso é que o poñer fins implica unha reducción do número de posibles vías educativasdo. E hai que engadir que os fins do sistema son postos por persoas, se non bastara que non se concretan ben a partir de abstraccións como a "educación" da ser humano. É por eso polo que temos as "educacións para" que caracterizan as leis educativas vixentes. Ou sexa, a educación utilitarista. Deste xeito, a dirección educativa pasa a ser legalmente sinónimo de educación, e a educación, de ser un medio para o desenvolvemento persoal pasa a ser dirixida a medio para formación dalgún xeito particular, sexa a adquisición de habilidades para poñer unha lámpada ou a formación de ideas axeitadas ó que o pensamento de quen dirixe o sistema cree convinte.

De calquera xeito, a educación é perigosa. O é para quen a recibe, pois pode resultar perxudicado para toda a súa vida posterior. Tamén para quen quere aproveitarse dela, pois o ser educado pode permitir á xente liberarse de quen quere unha "educación á medida"3. É un medio, (segue a ser un medio aínda que o sistema educativo poda considerala como un obxectivo determinado) e como tal, encamiñable para un ou outro fin segundo o uso que se lle de. Pero tamén é un medio perigoso porque non é doado separar totalmente unha boa "educación para" da sinxela "educación", porque é necesaria unha interrelación múltiple para poder educar para ou adestrar. Así, cando se forma a alguén, tamén se lle está dando a base para pensar de xeito independente, e de aí á crítica da educación dirixida ou do sistema que a soporta só hai un paso. Un paso que por desgracia algunha xente non da, pero por sorte outra moita si.

Así, educación, ¿problema ou solución? Problema e tamén solución.

Medio, non fin. Como tal é usable e dirixible políticamente ou económicamente, entre outras posibilidades e como mostras de cousas que poden dirixir o rumbo educativo pero tamén admiten unha imposición de dirección. É dicir, é algo que está dirixido e imposto, do mesmo xeito que está dirixida a economía e tamén a política, pero incluíndo estas dúas actividades como posibles directoras da educación, logo supeditada a elas. E non vexo claro que sen variar suficientemente o sistema social actual (é dicir, sen unha revolución) se poda variar este estado de cousas dun xeito significativo.

¿Podemos os educadores deixar de transmitir un sistema social para educar "a secas"? É unha pregunta máis que nos podemos formular á beira desa outra que inquire sobor da posibilidade educativa dos maestros fronte á televisión, por exemplo. Unha pregunta que se vai facendo máis importante a medida que a sociedade se tecnifica e permite incrementar a posibilidade de dominio. Unha pregunta que só admite a resposta no día a día, intentándoo.

Prantexar preguntas-problema, non solucións. As solucións hai veces, a maioría, que son particulares e non xeralizables, e outras son circunstanciais, non chegan a ser particulares. Así, un problema pode ter moitas solucións diferentes, valorables tamén de xeito diverso e polo tanto "boas" ou "malas" segundo as circunstancias do problema e perspectivas de quen busca a solución. Pero sempre, para tratar de solucionar un problema, hai que ser consciente da súa existencia.

----

Chega o punto de rematar para non liar máis (aínda) a quen tivo a consideración de chegar ata aquí. Pero non me podo quitar do medio dúas frases a relacionar co tema e que pretendía meter no texto anterior do artigo, para o que necesitaría que fora abondo máis longo.

A primeira, atribuída a Sta. Teresa de Xesús, "la paciencia todo lo alcanza" incita á perseverancia, que non a ser teimudo; é dicir, a usar conscientemente os nosos medios (poñamos a educación, por exemplo) ata o final para conseguir os mellores fins (xa sexa a paz, un medio ambiente limpo ou outras moitas cousas).

A segunda, "gostábanme as películas de indios ata que me decatei que eu era o indio" provén dunha entrevista a un escritor sudafricano negro; creo que ese feito explica o seu significado máis que moitas aclaracións. Pero, por si acaso, un complemento: ¿a quen non lle gusta ser o triunfador nun mundo onde hai triunfadores e perdedores? Mais cando hai moitos máis perdedores que triunfadores, a perspectiva pode variar moito, en particular cando notas que os vaqueiros cos que te identificabas como "bó" son na realidade os que te están a tratar como indio e están dicíndote que és "malo". De aí a consideración da cita en relación coa educación e os medios educativos nun sistema social non igualitario4 e que orientado á masa e non ó individuo5, en contra dos principios educativos que din que se pretendes educar a un conxunto de persoas e tratas a todas como a unha "media", en realidade non estás a educar a ninguén.

Antonio Gregorio Montes

Nota final: se alguén non comprende, ou está en desacordo, o autor terá moito gusto en dialogar sobre o tema.

1Ver "El Quark y el Jaguar", de Murray Gell-Mann, un libro sobre Física e outras cousas.

2En calquera lexislación educativa, non só aquí.

3Á medida dos seus intereses, por exemplo para formar os intereses dos educandos.

4¿Acaso alguén cre que o sistema educativo actual é igualitario?

5Ortega y Gasset descubriu as masas ó mundo, pero nalgúns sentidos o concepto variou moito no tempo ata hoxe.

20060405

Ribadeo, a voltas coa ría



Vai xa tempo que avisei no blog de que se en internet a grande maioría de veces aparecía non 'ría de Ribadeo', senón 'do Eo', cedo ou tarde, máis ben cedo, a batalla pola denominación estaba perdida. Onde o xornal déume a razón: trátase de consultalo de novo. E, se esta vez non vai, xa irá noutra. O uso crea a lingua, e non estamos creando uso de 'Ría de Ribadeo'. A Galipedia recolle esa denominación, ó igual que a web institucional do concello ou a de Ribadeo.com, e logo, recóllese nalgunhas novas nas que aparece a discusión. Polo contrario, ata granxas aparecen asignándolle o nome á ría como 'do Eo'. E que os patronímicos se fixeran nesta zona sempre así non asegura que a tendencia non cambie, ou que non poda haber precisamente desas 'exclusións que confirmen a regra'.
Aparece tamén na palestra esta tempada o edil de tráfico co que aprece outra metedura de pata. Coido que non será a última, e que en calquera momento pode aparecer outra, a pesares de que a súa actividade 'pública' non ten comparación coa de comezo de mandato.
Ó fin, parece que teremos que conformarnos con ver a rúa Rodríguez Murias en fror só uns poucos días: coa chuvia caída ontes e esta noite, poucas deben ter quedado nas árbores.

20060404

Hoxe toca feira


Hoxe é a inauguración da XII Feira da Ciencia e Tecnoloxía no IES Porta da Auga. Sinxelamente, esperámosvos. Aí queda unha panorámica parcial.
--
17/05799

O prezo da cultura ... e outras cousas.

Actuación da banda de Valladares en Ribadeo. Está considerada entre as mellores de Galicia, e o son certamente correspondeu a esa consideración. Espectadores, botando polo alto, e incluíndo ós que entraron ou saíron perante a actuación, 100. O concerto é gratuíto para o público asistente. O custe estimado da un prezo por persoa dunhas 4.000 pesetas (24 euros).

¿Cobran moito? Se se fan os cálculos, cada músico debeu desprazarse dende Vigo a Ribadeo (250km) nunha viaxe de tres horas longas máis outras tantas de volta. Prepararse para o concerto, tocar e recoller. Antes de voltar á casa deben cear... e todo esto, sen contar os ensaios e a preparación anterior ou a amortización de instrumentos, claro. E viñeron poucos músicos menos que persoas entraron na igrexa a velos. Pódese interpretar que non cobran moito.

Seguindo con música, por exemplo, actuación do coro de nenas cantoras de Kiev. Entrada gratuíta. ¿Cánto cobraron? En xira, en pleno curso... voces educadas de 45 rapazas con algunha persoa maior acompañante para organizar e coidar delas. Terían que cobrar demasiado por cada actuación se o prezo correspondera co que se percibe como realidade.

Un libro. Caro para edición de peto: 1500 pesetas. Lectura para oito horas, e pensamento para abondo máis. ¿Caro en realidade? Claro que hai moitos que non teñen calidade, pero van todos nun mesmo paquete, e os que se quedan na revenda dos descontos nos supermercados ou en postos na rúa non son malos por definición, nin de temática estraña, senón pouco vendidos, simplemente.

Unha exposición sobre pintura, para aprender a mirala. Necesita un salón, unha persoa atendéndoa perante moitos días... asemade, tamén é gratuíta para o público. Resultado: espléndida e vacía boa parte do tempo.

¿Resulta rentable a cultura?

Estamos inmersos nunha cultura, pero temos que facer unha elección por ela: boa parte da culturización na nosa sociedade necesita de unha contribución pola nosa banda, e parte do feito de querela. ¿O prezo? A cultura non debera ter prezo, pero, xa que ten custe, será cara ou barata segundo o uso que se faga. E hai diferencias grandes, dende o abuso sobre feitos culturais á falta de uso.

Nestas, atopámonos cun novo día das letras galegas. "Competindo co castelán", podería ser a frase incluída no cartel un ano tras outro. En Galicia cáptanse moitas emisións de radio, poucas en galego. Moitos diarios, menos na lingua na que estou a escribir. Moitos libros, pero a pesar de estar pasando as letras galegas na actualidade por un momento bo en canto a que as creacións dos nosos escritores son recoñecidas, de novo, poucos en galego. Estamos ante unha sustitución cultural na lingua.

¿Por que? As causas históricas son coñecidas. Na actualidade, é a práctica: se a porcentaxe de xente que "elixe" unha determinada cultura é baixo, dita cultura remata aceptando, no intercambio con outras, máis novidades alleas que as que produce no seu interior, a parte de ser cada vez menos usada e, entrando en consideracións puramente económicas ó vello estilo, máis "cara". A nivel mundial, esa tendencia de influencias entre culturas da lugar á uniformización. No noso pobo, danse dun xeito abrumador, o que quere dicir uniformización, pero pola súa cantidade, podemos dicir que se da baixo patróns alleos, tomando o aire dunha sustitución. No caso da lingua, perda de palabras e estructuras lingüísticas en favor de outras estrañas, ou de novo a mera sustitución no seu uso.

¿Debemos prescindir entón, por exemplo, de Cervantes? Difícil será facelo cando hoxe por hoxe unha porcentaxe alta de xente en Galicia ten o castelán por lingua propia. ¿Debemos impoñer o galego? Debo de estar soñando. Nestas mesmas páxinas, mirando a unha e outra beira calquera pode desenganarse desa posibilidade. Pero non preguntei se podiamos, senón se deberíamos. E moito me temo que a pregunta non ten unha resposta, senón moitas, segundo os presupostos e condicións que tomemos, que varía de lugar a lugar, de persoa a persoa, de intransixencia a intransixencia pasando pola convivencia dun ou outro xeito.

Un dos custes a pagar polo mantemento dunha lingua ou polo bilingüismo non é económico, é social. Situacións nas que persoas actuais teñen que enfrontarse / asimilar situacións históricas contra as que non poden facer nada xa. Situacións nas que se confunde o favorecer unha lingua con entorpecer outra. Un día como o das letras galegas debe facer reflexionar sobre os fins da cultura, o custe do seu desenvolvemento e a situación social que hai que, dalgún xeito, solucionar. Tamén, debe propiciar o que cada un de nós interiorice que a cultura é cousa de todos, elección particular, e que depende do uso, do traballo, do desenvolvemento de todos nós para poder vivir. É dicir, dar resposta a unha pregunta: ¿Qué fas ti pola túa cultura?

Antonio Gregorio Montes

20060403

O leite é vida

Ás veces esquecemos. Por exemplo, que a natureza pon nas nosas mans con que alimentarnos e que somos nós os que xestionamos mal moitas cousas, ata que as fastidiamos. O mar está aí para que sexamos testemuñas, xeración tras xeración, de como vencemos á natureza e emporcallamos algo que parecía inabarcable, e deixamos esgotadas especies que aparecían como nubes nas augas. O do leite é algo diferente nestes momentos. Resulta que como non se pode transportar de xeito tan doado, é máis sinxelo ter sobreprodución nun sitio e escasez noutro. E manipular os prezos. E, cando se toca o tema dos cartos, xa hai follón. Os gandeiros están moitos a monocultivo lácteo, sen posibilidade de resposta ante o que está a pasar: que a industria está a impoñer prezos baixos que non cobren gastos. A máis, están os cretos de modernización que case lles foron impostos prometendo o ouro e o mouro. E por riba, a cuota láctea, pois como se lle prometeu o mesmo a moita xente, hai sobreproducción. Resultado: a non ser unha especie de miragre, gandeiros arruinados e con eles,o campo máis desdeixado e parte do que era tradición fóra de combate. Por eso queren unirse. Pero coido que se non nos unimos nós a eles como consumidores, non teñen moito que facer. E para eso aínda queda.
--
Un artigo que ten algo de relación, de cando se ían a insalar os hiper...(publicado o 30/4/99)
Pastoral

Ribadeo, 1999. Un ano antes do fin do século e do milenio, en Ribadeo estáse a plantexar unha pequena revolución comercial. Nalgúns sitios, fai anos que tivo lugar. En outros, aínda tardará.

O feito: tres grandes superficies comerciais / áreas comerciais (ou como se lles quera chamar, pois hai unha gama de centros deste tipo que para moitos efectos son diferentes) están a piques de se instalar na nosa vila. A favor, o Concello, esgrimindo postos de traballo e progreso da vila. En contra, comerciantes (non todos) e defensores da producción autóctona. No medio, a maioría da xente, con vistas a unha maior posibilidade de compra e cunha apatía que se trata de mobilizar.

Con certa frecuencia pódese ver na prensa fotografías de mercados doutros lugares do mundo, como Perú ou Kenia, que son empregados moitas veces como reclamo turístico, lugares de colorido e tipismo que se tratan de identifica cos vellos tempos perdidos de estilo pastoral. Lembran ás nosas feiras, máis ás de fai trinta anos que as de hoxe. Son feiras de supervivencia (dunha economía de) que aspiran a evolucionar. Tamén pódese observar outro tipo de mercados ó estilo de Francia, por exemplo, onde a mecanización dos tenderetes arrasou por completo ós proveedores de productos da súa propia colleita e era fai vinte anos cando xa se desenvolvían alí como agora aquí. Aquí mesmo estáse levando a cabo unha transformación, co nacemento de mercados especializados, dende o mel á faba, por poñer só dous exemplos, ou mesmo a mecanización de tenderetes, da que quedan afastados os productores autóctonos, se ben non os comerciantes. O esgrimir a defensa da producción do lugar por esa vía coido que é querer loitar con pedras contra armas automáticas: poderase obter algunha victoria, pero a guerra está perdida. A saída desa producción está en buscar e atopar novas formas de comercialización e logo, potencialas, non en ter unha economía de supervivencia.

¿Postos de traballo? As estatísticas din que a creación de postos polas áreas comerciais non compensa en principio os destruídos no pequeno comercio. Non hai estudio dese tipo que non teña algún sesgo, pero a realidade está aí: o rendemento empresarial é superior na maioría dos casos cunha organización do tipo área comercial que coa dos comercios tradicionais. Outra cousa é intentar repercutir novos postos de traballo pola atracción de clientes de fóra, o que é factible e supoño que non descartarán nos seus estudios de mercado as sociedades que pensan instalarse aquí.

O progreso da vila non é igual a unha maior instalación de empresas comerciais, pero parece ser algo parello. Díse que as novas zonas comerciales poden rematar cos pequenos comerciantes. Nunha confrontación comercial, sempre hai quen gana e quen perde, aínda que se poden establecer relacións amistosas nas que se pretende que ganen todos. E hai comerciantes que levan anos preparando os seus negocios, modernizándoos, e tamén crecendo, mentras outros teñen parado ese proceso. Na actualidade, hai áreas sensibles que están xa copadas por empresas foráneas. Un caso típico é a alimentación. Tres empresas de fóra, con cinco establecementos, copan a gran maioría da distribución neste sector, e pouco efecto poden facer xa as novas instalacións ós comerciantes de vello no pobo. Por contra, o comercio de Ribadeo ten tamén establecidos pontes noutras vilas.

No reparto de clientes, queda dito con anterioridade, hai que contar coa xente que virá comprar dende outros lugares e que non viría doutro xeito. Xente que hai que atraer, e non só polo novo comercio, senon tamén polo xa establecido en Ribadeo, ó tempo que toma medidas para perder a mínima cota de porcentaxe fronte ós novos. ¿David contra Goliat? Nalgún caso, a loita pode establecerse neses termos. En xeral, será unha confrontación de xeitos diferentes de organización de empresas, na que haberá que agudizar o inxenio.

Respecto á competencia esperada que beneficie ó consumidor, pouca xente o pon en dúbida, se ben a competencia poucas veces é perfecta. Ademais, competencia libre implica depredación do comercio sen poñer unhas reglas do xogo que protexan a sociedade fronte a abusos libres, do mesmo xeito que se é demasiado restrinxida supón un sometemento do comercio a determinadas entidades favorecidas, tamén en detrimento da sociedade. Esperemos non entrar en ningún dos dous casos.

De calquera xeito, cando se trata dunha perturbación previsible de gran magnitude no comercio local, pode haber unha negociación para conseguir que as empresas se instalen dun xeito favorable para todos, sen avasallar facendo, por exemplo, modificacións en plans que perxudiquen ó pobo. Esto queda en mans do Concello. ¿Fíxose? As empresas que se instalan, a ben seguron fixeron un estudio de mercado. ¿Pode facer / ten ACISA feito algún plan que facilite a competencia das empresas que a integran?

Antonio Gregorio Montes

20060401

Mantemento, para que?

Para que o mantemento se somos afeizoados ás novidades? Se algo se fastidia, algo novo. O vello, non serve.
Un pouco de ironía como a que amosei xa algunha vez sobre temas semellantes: cáese o vial ó faro e, tras tardar tres meses en determinar a quen corresponte (entre portos e concello anda o tema, portos propietario, concello mantemento) como é complicado o amaño, pensase nun novo vial, con expropiacións posiblemente. As filtracións de auga pola pendente inadeucada do vial e a cuneta sen desaugue, deso non se fala, Será que non interveñen en nada para o derrumbe? Será. Con cousas así, xa case resulta extrano que se pense en pintar o mirador do cargadeiro, despois de anos de necesidade.
(...) continuará (...)
--
Como a feira da ciencia xa vai estando preparada, un artigo vello relacionado con ela (22 e 23/1/98):
A ciencia, na casa

En toda sociedade hai cousas que se fan ``na casa´´ de xeito exclusivo ou preponderante. Son eses feitos os que teñen funcións máis íntimas, e, nese senso, máis vitais no propio transcurrir das persoas. É evidente que a ciencia non ocupa un lugar nese mundo máis interno, ó menos en xeral: non se realiza de xeito preponderante, nin está presente na maioría dos casos no fogar.

Nembargantes, de continuo pode aludirse a ela dende aparellos ou accións que alí se realizan. Algo que nos parece tan lonxano da vida diaria como a noción física de campo ou a relatividade do movemento son elementos presentes nesa nosa cotidianeidade. De feito, en Ribadeo estase a preparar a IV edición da Feira da Ciencia e Tecnoloxía, que estará volcada de xeito preferente a aplicacións da ciencia no fogar, ou, correlativamente, ó estudio cunha visión científica de compoñentes elementais ou accidentais das nosas vivendas. Neste, como noutros moitos casos, trátase de achegar a ciencia que nos atopamos por dondequeira que miremos á realidade de tódolos días, esta vez meténdose polos resquicios que deixa a nosa propia porta. ¿Como?. Na ciencia, nos seus diversos aspectos, case todo é posible. Entremos mentalmente nunha casa; podemos comprobalo.

Ó empuxar a porta notaremos que tendemos a empuxala pola pechadura, que queda na beira oposta ás bisagras. A razón é que nos resulta moito máis sinxelo porque así o momento da forza exercida, digamos o rendemento dese esforzo que facemos para abrir, é maior. Pola mesma razón a pechadura se coloca dese lado e non do outro. Non creo que faga falla experimentar moito para comprobar que da beira do eixe de xiro sería inútil...

Se entramos na casa, atoparemos con abonda probabilidade cun corredor sen luz natural. É a luz proporcionada por cargas eléctricas ó pasar un fiamento fino ou polo interior dun tubo con gas o que fai posible ese milagre que foi domesticado no pasado século. ¡Anda que non lles deu traballo á xente de ciencia, enxeñeiros e demais chegar ó estado actual de desenvolvemento das fontes de luz artificiais!.

Sen abandoa-lo corredor, é posible que podamos ver algún radiador da calefacción, un elemento visible no fogar que manifesta todo un sistema de aproveitamento térmico no que poden intervir dende reaccións químicas co queimado do combustible ata xogos de densidades, pasando por diversas formas dos tres xeitos de trasmiti-la calor que se estudian na escola.

Se entramos na cociña, observaremos un completo laboratorio. Aí prodúcense reaccións químicas varias veces ó día, que eso é o cociñado dos alimentos. ¡Anda que non da que explicar o sinxelo fritido dun ovo!. Tamén aí podemos amosar a rotación da terra vendo como desauga o fregadeiro, a partir dunha consecuencia das leis da mecánica cun nome tan raro como efecto Coriolis. Naturalmente, ese mesmo efecto no desaugue tamén se pode ver no baño, por exemplo.

Non se esgota así, nin moito menos, o que se pode observa na cociña. O frigorífico aporta no seu haber todo un catálogo para o estudio das leis que rexen a materia, así como para o intercambio da calor. O funcionamento deste aparello tamén conta coa dinámica dos cambios químicos, aproveitando o principio coñecido polos estudiantes de medias de que a velocidade dunha reacción depende en xeral da temperatura; neste caso, o enfriamento dos alimentos ralentiza a súa descomposición.

No mesmo recinto podemos ver cambios de estado, como de líquido a sólido (de igual xeito no conxelador) ou de líquido a gas (cando ferve a auga), e viceversa. Tamén é na cociña onde se manifestan os diferentes calores específicos para distintas sustancias (mira por exemplo o que tardan en quencer o aceite e a auga), ou a posibilidade de estudia-las correntes de convección no interior dun recipiente con auga a ferver. Ou descubrir, pola condensación, os puntos por onde se pode fuga-la calor da casa. Todos sentimos tamén como se transmite a calor a través dos cubertos cando temos comida quente no prato. E observamos a relación entre temperatura de fervenza e presión, o que aproveitamos para facer máis rápido a comida co uso das olas a presión.

Se hai algún pequeno ou pequena na casa, haberá unha cadeira especial para que coma. A mesiña particular que incorpora aproveita a gravidade para asegurar unha boa base para posa-lo recipiente e, ó tempo, manter á meniña ou meniño sentados sen problemas de vixiancia.

Imos deixa-la cociña. Eso, aínda que faltan moitas cousas de reseñar nela, como a extendida moda do uso de imáns para suxeitar notas no frigo ou a manía da nosa época de querer domina-lo tempo medíndoo, que a bó seguro terá a súa correspondencia co reloxio na parede, o aparello de medida máis integrado nunha vivenda.

A cociña comparte a posibilidade de albergar diversos elementos tecnolóxicos con outros ocos da casa, como o servicio ou o comedor e a sá de estar. Por exemplo, os fluídos e as súas leis están ó alcance de calquera nun grifo do baño. Alí podemos comprobar a ecuación de continuidade, observando que chorro de auga que sae da chave diminúe o seu grosor a medida que vai baixando e aumentando a velocidade. Cando unha cousa caia o chan, ou mediante o mesmo chorro de auga, podemos observa-la aceleración que produce a gravidade, e en xeral os efectos desta. ¿O tiro parabólico?. Iste coñecido e estudiado tipo de movemento lévao a auga que cae cando nos estamos a duchar, por exemplo.

O baño é tamén un lugar apropiado para a óptica. Alí podemos ve-la nosa imaxe reflexada no espello, e con ela, iniciarnos nas leis da reflexión. É curioso, se se ten un armario con porta espellada, ver como ó move-la porta un ángulo determinado e nós seguir a mirar cara a mesma dirección, observamos un movemento de cousas que abarca un ángulo doble do que fai o espello. O outro gran fenómeno que se estudia en relación á luz nas aulas no ensino medio é a refracción. Un pouco de auga nun vaso de vidro e o mirar a través das superficies do mesmo poden dar para todo un curso de óptica.

No baño está tamén moitas veces a lavadora. Nela pódense estudiar dende as forzas de inercia (¡cántas voltas hai que darlle á forza centrífuga nas aulas!) ás reaccións químicas de intercambio relacionadas coa limpeza por medio de xabón e deterxentes.

Tódolos fenómenos anteriores, e moitos máis, poden ampliarse a outros elementos correntes nos fogares, que non caiba a menor dúbida, ou aínda sinxelamente ós nosos propios movementos e xeitos de face-las cousas. O balanceo dun cabalo de xoguete da idea da actuación da gravide nun tipo de péndulo nada sinxelo, e, !a cantidade de elementos como parafusos que se poden observar e que constitúen (neste caso) exemplos de planos inclinados, unha máquina elemental!. Todo elo, sen recurrir a complicadas montaxes como o televisor. Ou a pequenos adornos e xogos de base científica que pululan polas casas, como o conxunto de péndulos que Baltasar me deixou a noite do pasado día cinco de xaneiro e que, ó tempo que adornan, teñen moitas, moitas, variacións para xogar con eles mentras se estudian as leis dos choques e o propio funcionamento do péndulo.