20070401

Dos outros blog e novas sobre Ribadeo





Relendo a información sobre a presentación do novo partido, boto en falta unha mención sobre a clarificación das accións do concello (é dicir, máis transparencia cara ós administrados), ou un compromiso sobre urbanismo, por poñer só dous exemplos. Claro que no que se pode leer nos papeis non é moito o que sae.
Nos outros blogs de Ribadeo, atopamos unha morea de información diversa sobre a XIII Feria da ciencia e Tecnoloxía, en particular gráfica (FQRibadeo), información sobre Mariñarte e un novo blog (en 'lonxe do Mar'), e os títulos 'Vivir en Ribadeo', unha entrada sobre Mondoñedo e 'Cuatro opciones para Ribadeo' (Vida sociopolítica en Ribadeo) e no 'Dionisíaco', varias entradas de corte diverso. É dicir, lectura variada e pensada en diferentes claves. A comentar que as primeiras citadas son miñas, as segundas e terceiras leinas e recoméndoas (os cortes son moi diferentes, cada un ten o seu estilo) e ás últimas paseilles unha ollada rápida.
As fotos, tres imaxes que dan mala imaxe. Unha, xa citada noutra entrada ('Torre dos Moreno e Ribadeo' e as outras dúas, a modo de información dun vertedoiro urbano na Rosalía de Castro, con dúas vistas, unha dende a avenida e outra dende a mesma porta. Para compensar, outra da peonil esta mesma tarde, ó irse o sol.

Ningún comentario: