20070523

Quen promete máis? Promesa de zucre e lava máis branco.



Quen promete máis? En Ribadeo está difícil sabelo, pero coido que a UPRi, coas súas novas promesas diarias na prensa. Ó tempo, lémbrome do cartel de Castelao no que dous neniños se preguntan que comerá o Rei: a resposta, dubitativa, é que comerá zucre. O mesmo que nas promesas electorais, promesas de zucre, pensando que se pode alimentar un só de zucre.
Tamén hai anos, un anuncio de deterxente para lavadoras, Ariel, anunciaba claramente que lavaba máis branco. Pero hoxe non hai promesas dese estilo. Non sei se porque os fabricantes de deterxetens decatáronse que todos lavaban por igual e emporcaban a auga de uso no lavado por igual ou por sinxela prohibición da autoridade que regula os anuncios. O caso é que os partidos tampouco prometen esa brancura / transparencia na súa xestión que faría posible, coido, a máis dunha realidade democrática (e non dunha especi e de ficción), un aproveitamento dos recursos máis eficaz.
Collo unha cita dunha entrevista a un tal Pepe Rivas, impulsor da revista 'Ajoblanco': "As cousas non se fan pola necesidade da poboación e eso remata por rachar coas tradicións e a paisaxe, impóñente un modelo que é un parque temático xeralizado". Hai que poñer a frase no contexto de loita pola transparenia e colaboración máis que pola burocracia e dirección na que parece que actuou este home, e despois, aplicalo a no caso concreto. O caso pode ser Ribadeo. Ou non?
As fotos, un contraste con pouco metros de diferencia. Dous carteis (a 'sinaléctica' de novo cruño ribadense) un destrozado e outro non vandalizado. Unha diferencia da que tampouco oio falar nas eleccións: o vandalismo. Para facer compañía a outras como o ruído ou a racionalización do gasto.

1 comentario:

jmrd_ribadeo dixo...

Uns programas feitos para deslumbrar ós papanatas, que, ademais, xa saben que non van nin poden cumprir. Non falan de participación cidadá, transparencia,movida nocturna, etc. Xa se definen de anteman.