20070618

Novas diferentes

Que o Real Madrid ten outra liga no seu haber sábeo calquera: necesitaríase ser xordo para non escoitar os berros, tambores, etc, ata as tantas, e cego para non ver a tele en diversos programas. Por certo, en Madrid cubriuse a Cibeles para protexela, pero en Ribadeo non houbo protección algunha (claro, facía menos falta).
En troques, hai unha nova de cara ó futuro que pode resultar abondo máis interesante, pero pasa tamén abondo máis desapercibida, e aínda menos crible: que o goberno 'reabra' a loita contra a corrupción nos concellos. E é que nesas cousas de corrupción, deixar de loitar polas eleccións non parece algo adecuado. E a corrupción en Ribadeo? Coido que aínda se ha falar algo dela, despois de que producira xa algún caso xudicial sen consecuencias.
Tamén hai novas que poden producir sorpresa aínda que outros as consideremos lóxicas: Oviedo retrasa de xeito indefinido un festival de Jazz debido ó ruído producido nos veciños. Algo se vai avanzando neso do ruído (noutros sitios, que Ribadeo segue a ser diferente polo momento)
Soa a serea de Gondán. Hai que traballar.

1 comentario:

Anónimo dixo...

E unha grande hipocresia o que esta a pasar en Ribadeo.
Baixo o amparo dun suposto beneficio social que so beneficia o peto dos caciques ribadenses, unha boa parte dos locais de ocio nocturno de Ribadeo optan polo seu traballo sen limites.

Por outra parte, temos unha grande afición a música en Ribadeo, e estaria ben troca-lo ruido pola música: ¿unha volta do Ribadeo Jazz? ¿máis actividades musicais?

En Ribadeo hay unha mafia nos pufes e na música.