20070602

Torneo


A nova de hoxe en Ribadeo é deportiva: o torneo de fútbol base. Pero coido que unha nova que non sae na prensa é máis notoria: Ribadeo abarrotado de xente nunha fin de semana na que sae o sol e na que os taxis do parque foron xa substituídos por terrazas dos bares.
Mentras, van calmando os ánimos por unha carta de Marcos Suárez na Mariña de El Progreso criticando o accidente do pesqueiro. Desafortunada, como xa indica o seu comezo, 'De Burela tiñan que ser', a parte da data de publicación, con corpos aínda presentes, .... Ó día seguinte, venres, pódese ver no mesmo xornal, no mesmo sitio, unha carta do mesmo medio de comunicación botando terra por riba das súa labor e cargando as tintas sobre o autor, e outras dúas de particulares. Así, algo do que dicía e que probablemente é certo, quedou sen valor algún. Tampouco o medio estivo moi afortunado. Por exemplo, a carta editorial da Mariña deixaba a Marcos como desalmado, botándolle as culpas de algo no que ó fin, foron eles quenes o publicaron. En canto ás cartas dos lectores, coido que para o dito, aínda non foron moi duras. É evidente que a sensibilidade non foi o punto forte neste caso no que Marcos parece que tentaba poñer o punto sobre as íes do que son malas prácticas por unha beira e vista gorda por otra... con consecuencias mortais, entre outras nas que estaba tamén algunha non defndible. En fin, poderíase ver máis polo miúdo a carta orixe e as respostas, pero cabe quedarse con dúas cousas: unha falta total de sensibilidade e unha denuncia totalmente fallida por culpa dela. Remítome á versión .pdf da Mariña de onte e de anteonte. (hoxe non sei se continuou ou non)

Ningún comentario: