20070629

Un aviso sobre o blog

Durante uns días, estará dispoñible no lateral, a baixo das ligazóns, un sistema de puntuación polo que poderedes votar sobre o que vos parece o blog. Aínda que considero moito máis fiable o índice de visitas, poño o sistema como experiencia para logo usalo ou non.
Lamento que esteña en inglés e non o poida configurar: hai que votar sinalando na dereita a estrela correspondete.
Dous exemplos: para darlle a máxima calificacón, premer co rato na estrela da dereita de todo. Para a mínima, premer co rato na estrela da esquerda das do grupo da dereita.

4 comentarios:

ajaspino dixo...

non é por nada Antonio, pero supoño que ao introducir o tinglao da votación volouche todo o lateral dereito, polo menos dende eiquí e con este navigador ( Explorer 7.0). Co Mozilla 2.0 o vexo sen problemas. Mirareino agora dende a casa que teño outra versión do explorer, a ver que tal.. tereiche que dar un 5 dende o Mozilla.

Aprobeito pra lembrar estes problemas de compatibilidade e que ti ben deixaras nota en:

http://ribadeando.blogspot.com/2007/05/un-apoio-para-liberdade-en-internet.html

ajaspino dixo...

Pois parece que dende Exporer 6.0 tampouco vai...

Eu son ti, e miraría as estadísticas, e decidir por navigadores, igoal non che sae tan rentabel.

Unha aperta.

ajaspino dixo...

Vasme matar, agora que entrei coa conta de Google pra meter o anterior comentario si se lee. Nin idea. Pero agora, co explorer 6.0 si se ve, cousas de meigas.

Dende o chollo (co explorer 7.0) e xa entrando co usuarioa de bloger non se veía.

P.D. pra resto de visitantes:
Xa sei que parezco parvo (que podo selo) por andar con tanta mensaxe en vez de enviarlle un mail persoal a Antonio, pero prefiro poñer isto eiquí por se algún lector-visitante lle ocorre o mesmo e isto lle serve de axuda.

agremon dixo...

En fin, espero que esteña todo ben... se hai outra queixa máis, quítoo xa sen contemplacións. Xa farei outros 'experimentos' máis adiante.