20070711

Referido ó mundo, referido a Ribadeo

Estoume aficionando a ler as novas globais en clave local ou viceversa, como unha especie de versión de 'pensa globalmente, actúa localmente' que puexeron de moda as organizacións ecoloxistas hai non tanto tempo. Así, dun artigo só de Juan Goytisolo no El País de hai xa case un mes, extraigo:
'Un país non ten por que ser considerado apto para a democracia, ten que voltarse apto mediante a democracia' (cita do Premio Nobel de Economía Amartya Sen, citado mais veces no blog).
'Ningunha crítica pode vivir se intenta ser exclusiva' (de Matahma Gandhi)
'Unha crenza é un xeito de vida, non un pretexto para impoñer ese modo de vida ós demáis' (Ramin Jahanbegloo, o autor de "Eloxio da diversidade", que á sua volta da orixe ó artigo de Goytisolo)
'Se, segundo a vella máxima, a guerra é demasiado importante para deixala en mans dos xenerais, o diálogo entre culturas é demasiado importante para ser dominio exclusivo de políticos e diplomáticos' (do mesmo Goytisolo)
O artigo de Goytisolo trata sobre a globalización, en particular na súa versión cultural. Non embargantes, collamos unha relectura en clave ribadense e veremos a necesidade de democracia interna en Ribadeo como paso para o propio progreso do pobo, entendido iste non śo en clave económica, senón sobre todo en clave de desenvolvemento humano e calidade de vida, o mesmo fondo de desenvolvemento que trata de potenciar Amartya Sen como desenvolvemento, así, a secas.
Por outra parte, o admitir crítica debe implicar asemade a crítica da crítica, é dicir, a pluralidade. Implica unha maior implicación e loita de ideas, un maior traballo, pero a cambio dun maior beneficio xeral. Non é a primeira vez que pido por outro blog de opinión en Ribadeo...
O ter gañado unhas eleccións, por exemplo, non da patente de corso para facer imposicións. Neste mandato coido que está máis claro por varias razóns que noutros anteriores, pero lembrarei todo o que me queda de vida que un alcalde me dixera 'fago o que me sale dos collós': un acicate así para pedir democracia (real, transparente, ...) non se presenta todos os días.
En canto á guerra, ó diálogo entre culturas ou sinxelamente, o discorrer diario da vida no pobo, teño claro que unha cousa é que sexa necesaria unha organización para que todo marche e outra ben diferente que haxa que deixar na totalidade dita organización en mans ... (podería chegar a chamárselle 'mercenarias', pero prefiro evitalo) como ós xenerais na guerra. Unha atención respecto ó mesmo: que haxa que intervir porque é a nosa propia vida non quere dicir que na guerra os xenerais non saiban máis de estratexia guerreira que os demáis, senón que deben ser seguidos, avaliados, criticados, controlados, ofrecérselles ideas, marcárselles os límites... cousas que lembran á democracia.

1 comentario:

Anónimo dixo...

E hai unhas imposicións que veñen dadas polas leis e que non se respetan: Teima de ruidos,de dereitos laborais e outras cousas. Esa falta de respeto polas normas que regulan a convivencia eso non e democracia.
Por un lado vemonos abocados a cumprir as leis sancionadoras: matería de tráfico, impostos, incluso código penal (caso de folgas, manifestacións para reclamar os dereitos civis e laborais, por outro os dereitos teñen que ser defendidos ante tribunais ¿qué está a pasar?
O cambio tera que vir dado polo respeto.
Discriminados