20070720

Veraneando en Ribadeo


Mari Luz é alcaldesa. Parece que a primeira que se lembra, e de xeito provisional, pero éo.
Mentras, Fernando vai de vacacións. Despois dos axetreados primeiros días de mandato, pódenlle vir ben para recobrar forzas, que falta lle van facer.
O primeiro domingo de agosto eras tradicionalmente a xira. Era, porque este ano a cousa está cruda para que sexa. A troula seguro que continuará, pero sen unha orde previa, en poucas edicions desaparece.
A foto, un detalle do foso do castelo de San Damián.
E un aviso: quedan novas e ideas sen tratar: ó longo do día seguro que vai outro post.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Non e xusto. El colle as vacacions cando lle ven en gana, como casi todo o persoal do concello, pero para alguns traballadores non e asi. E como eses traballadores o son en precario teñen crudo protestar. Agora mesmo esta presentada na Inspeccion de Traballo unha denuncia por incumprimento en materia de publicación de vacacions, tal e como ven fixado no E.T. e no Convenio. No concello a discriminación continua coleteando Discriminados