20070930

Iesrir, iniciativas de estudo en prol da ría e Ribadeo

Só unha pequena idea que poidera madurar e dar froito a medio prazo: Vendo como noutros lugares se desenvolven entidades como os institutos de estudos (Instituto de estudos Miñoranos no val Miñor, IESCHA, Instituto de Estudos da Chaira, etc) que van recopilando e sacando a luz información diversa sobre as zonas correspondentes, por que non sería posible facer aquí un 'Instituo de estudos da ría de Ribadeo'?. 

Hai xa moita documentación, dende as intervencións sobre o nome da ría (aínda remata de saír unha serie de catro entregas de Evaristo Lombardero na Comarca) ata os estudos xeolóxicos no entorno da ría feitos por Isidoro Asensio, pasando por unha multitude de referencias tanto artísticas (aí está o traballo de Suso Peña) como históricas (por exemplo, o outro Lombardero, Chemi) por poñer só dous exemplos. 

Podería ser máis que nada unha coordinación de iniciativas de cousas que xa hai, unha unión de esforzos, que daría lugar por exemplo a máis 'produtos' como a exposición de hai pouco máis dun ano sobre cartografía e mapas da ría de Ribadeo.

Chocante


Tres parabolicas apra un local comercial e dúas vivendas. Todo un exemplo de colaboración, coordinación, aproveitamento de recursos ...(por esta, non en Ribadeo, senón en Lugo)

20070929

Tentando aprender dos demáis: mareas vivas na Veiga II



Como continuación de Tentando aprender dos demáis: mareas vivas na Veiga, vai aquí esta segunda parte só cos planos de delimitación de costas propostos por costas e polo concello.

Tentando aprender dos demáis: mareas vivas na Veiga






Onte coincidín na Veiga (enténdase, Veiga de Ribadeo, segundo consta no seu palco da música de hai un século) pouco despois do máximo de marea alí (que é despois do máximo de marea en Porcillán, ó igual que este éo un pouquiño despois do máximo na illa Pancha) e puiden observar como aínda estaba algo ainundada a zona baxa do aparcamento coa auga que saía das alcantarillas. Hai que lembrar que a Veiga se fixo en grande parte sobre zonas que de non estar construídas, hoxe serían marismas e xuncais, e que os ríos foron desviados e canalizados. A auga, un líquido, estúdase no colexio que non ten forma fixa, que se adapta ós recipientes, e esquécese dicir que polo tanto, cando hai moita, pode rebosar tamén con facilidade. Se onte fora un día chuvioso, xa estaba cantada a inundación. Aínda así, o día anterior manifestáranse 500 persoas en contra do deslinde de costas, pois queren aproveitar máis xuncais para dar unha expansión ó pobo, expansión que tildan de 'mantible'. As fotos dan idea da mantenibilidade en marea alta.
Despois de ver o que amosan as fotos, vin os carteis para a manifestación e os planos (en post a parte), e aínda agora estou pensando se enentedería ben e a manifestación non sería para pedir a costas que o deslinde incluíra pra o futuro tirar edificios xa construídos. Pero parece que non.

20070928

Revisando os blog de Ribadeo

Atópome cousas interesantes estes últimos días:
En Vida político Social, un tema sobre a Atalaia e outros dous sobre o paso dos cen días dende a nominación de alcalde.
No blog de Marsop, Pásate!, unha alegoría sobre tecnoloxía: sistemas operativos propietarios e sistemas operativos libres (ver ata o final...)
No de Fuji, Por se non está claro, e Fixéchedes a primeira comisión?
Coido que poden pagar a pena ...

Voume queixar

Parece que ó alcalde vanlle as películas, e remachando, volve para casa con 'Os mortos van ás présas', despois que no mandato pasado o alcalde se quedara sen ela. Personalizar neste caso é moito, porque suponse que o alcalde (este ou o pasado) pouco tiveron que ver na prosecución ou non da rodaxe. E está ben que sexa un anuncio de Ribadeo / Rinlo (e polo tanto unha posible promoción positiva), pero segue a ser algo intanxible para os viciños por moito que poda redundar no seu beneficio a medio prazo.
Tamén se reuniu con colectivos de inmigrantes, e aquí si que me queixo, pois non creo que lle pediran vez (imos falar de xeito coloquial) antes que algunhas asociacións e particulares de non-inmigrantes. Asociacións e particulares que aínda non teñen día. Non se trata de comparar e menos de enfrentar uns e outros, pero si de levar un orde e consideración para que os veciños de hai tempo non sexan os que paguen os pratos rotos de adicar unha política positiva á inmigración, ou mesmo a unha idea de comunicación dirixida polo propio concello nas parroquias. Entre outras cousas, porque na práctica, poderá integrar o concello ós inmigrantes sen os veciños? Mentras, tamén a normativa de participacion cidadá queda ignorada polo momento en favor de iniciativas puntuais e dirixidas.

20070927

Que bonitiño que é ou 'as Reservas da Biosfera saen gratis'

Recopilemos: unha zona que inclúe a ría de Ribadeo, e que se extende por Asturias e Lugo foi declarada Reserva da Biosfera. Con ela, o terceira parte da provincia de Lugo é Reserva da Biosfera. Por se alguén se facía ilusións (algún alcalde querendo capitalizar o tema, pro exemplo), ven a conselleira asturiana correspondente e enméndalles a plana: 'é un título honorífico', di. Ou sexa, o cativiño é bonitiño, porque total, para o que costa dicilo...
O que non significa que non se poda rendibilizar dalgún xeito. Como propaganda, por exemplo: estamos nunha Reserva da Biosfera, terán dito Calvo Sotelo e demáis como representantes ribadenses estes días en Madrid a contas de representantes ribadenses na xuntanza das vilas mariñeiras da España verde. E, ademáis, xa chega a autovía dende Asturias (bo, case, é unha pequena mentirixiña), aínda que pola parte de Galicia (de onde veñen menos turistas, non fai tanta falla) a autovía non será completa ata 2011 (e de aquí aló, os retrasos que acumule).
Solucionará o vivir nunha Reserva de Biosfera o ruído da noite? Fernando, que vivimos nunha reserva da Biosfera, non debe haber problemas de aparcamento! ... coido que non é por aí: se se usa como propaganda para atraer turismo, ó mellor os problemas medran, non diminúen.
Ademáis, así aínda hai unha compensación / explicación para o tema da autovía: somos unha Reserva da Biosfera, a autovía ten que pensarse moito e por eso é lóxico que acumule retraso... ou aínda, para que queremos inversións estatais, se xa temos as subvencións que representa a marca 'Reserva da Biosfera'? Nun mundo de imaxe e símbolos, onde o real se difumina no virtual e as apariencias son puro teatro da vida (xa o teatro clásico español afondaba neste concepto), aquí temos outro fito máis nese sentido: como moito, un recoñecemento de que a zona aínda se vai mantendo ben porque 'tivo a sorte' de non estar moi desenvolta, non unha protección inmediata para que se manteña mellor, desenvolvéndose dun xeito saudable..

20070926

100 días, tres colchóns e un tiburón


100 non é un número máxico nin nada diso. Só, na simboloxía empregada no sistema decimal, un número redondo. Número que por esa redondez se emprega por referencia para a deferencia de deixar gobernar ós novos gobernos sen molestar demasiado, para ver que son capaces de facer. Pois ese número de días xa pasou para o novo goberno ribadense. Significaría mais ou menos, que a potesta xa está aberta, como sinalei onte. Máis que para os partidos, para o pobo que pode estar impaciente por certas cousas sen facer, posturas municipais que non se entendan, inacción, etc.
A foto de hoxe non é unha decoración. Son tres colchóns que onte se atopaban no medio da beirarúa ó paso dos estudantes pouco antes da zona escolar. Eran unha diversión para eles, e un mal exemplo que potencia outras actitudes menos condescendentes e cívicas. Varios centenares de xente nova os esquivou, saltou ou viu sinxelamente como alguén lles daba exemplo de algo que se fai, aínda que non se deba facer. Estarán hoxe?
E un tabeirón. O que onte se meteu na ría de Foz. Non é perigoso: é dos que non se adica a dar dentelladas, senón a engulir plancto, pero indica outro cambio máis atribuíble ó cambio climático: dos trópicos, o seu quentiño hábitat natural 'normal', á fría ría de Foz.
Como incontables, poderiamos nomear outras propostas, neste caso, do PP, instando á recuperación do xulgado en Ribadeo ou a potenciación do tren, vía alta velocidade costeira ou ferrocarril a Lugo (vamos, que en Ribadeo quedámonos o século pasado sen ferrocarril a Ponferrada e agora danse a tirar por outra beira máis achegada ... proposta como se ve, realizable só polo PP, e soíño). De xeito parello, pero máis real, por outra beira veñen os recortes ó desgranar os orzamentos xerais do estado, e vese que A Mariña queda algo descalabrada, ó seu abeiro, cando é tan doado vivir de subvencións e cousas polo estilo. Mentras, aí está máis dun millón de euros para dividir un centro educativo que coido que non o necesitaba (e que estaba mellor sen dividir) e unha instalación de bombeiros comarcal sen funcionar por falta de acordo de institucións máis achegadas que o Estado.

20070925

Leña ó mono

O fin de semana parece un comezo de marexada entre os partidos políticos en Ribadeo, 'in crescendo' de UPRi ó PSOE, pasando polo PP. Chama a atención que sexa precisamente o ex-alcalde o que máis leña da. De calquera xeito, parece que se instala na vida política un esperar o desgaste do alcalde e o BNG máis que un ataque direito, que polo momento e coas simpatías existentes, podería saír pola culata. Non embargantes, o desgaste non cesa: hoxe UPRi volta co temas da legalización de pisos que fracasou no úlimo pleno do mandato pasado antes das eleccións.
Tamén é nova o Ramadán. Dado que as comunidades doutras xentes 'non autóctonos' van medrando, asemade van tendo importancia a súa cultura, festas e demáis. E polo que parece, estamos en pleno Ramadán, e estanno a celebrar.
De cultura tamén, o arranque onte dos encontros pedagóxicos de A Mariña no IES Porta da Auga. Este ano comezaron co medio ambiente, e seguirán de xeito multidisciplinar.
E de medio ambiente hai máis novas: tras a feira veigueña, acompañando o debate sobre o cambio climático na ONU, Adega propón a creación dun parque natural entre Ribadeo e Foz, ó tempo que a zona declarada reserva da biosfera é rebaixada poa unha conselleira asturiana ó dicir que era algo así como un recoñecemento honorífico. E é que o medio ambiente conservado, é unha honra, pero defender a honra custa: por eso o é.

20070924

Un aproveito

Aproveito unha nota de prensa recibida para ser publicada onte como primeira de hoxe...
'A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo inicia mañá o curso con máis de 330 alumnos e alumnas matriculados
A cifra supón un incremento de 75 matrículas con respeito ao ano anterior

Ribadeo, 21 de setembro de 2007. A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo dará comezo mañá de xeito oficial ao curso académico 2007 – 2008 con máis de 330 alumnos e alumnas matriculados, unha cifra que supón un incremento de arredor de 75 matrículas con respeito ao curso anterior.
Entre as especialidades máis demandadas están a asignatura de ballet, cun aumento no número de matrículas do cento por cento con respeito ao curso 2006 – 07, os instrumentos de vento, así como a formación de adultos.
O director do centro, Lourenço Cruz, mostrouse moi ilusionado de cara o novo ano académico e sinalou que “agora toca traballar para demostrar a toda esta xente que confía en nós que na EMMeD de Ribadeo podemos ofrecer un ensino de calidade cuns resultados excepcionais na formación musical dos nosos alumnos e alumnas”.
En canto á liña a seguir de cara este curso, Lourenço Cruz destacou que “nun principio a base de traballo vai ser a mesma do ano pasado, tratando de reforzar e estabilizar as formacións do centro aínda que xa hai proxectos confirmados que irán xurdindo a medida que avance o curso”. Cruz referiuse a novas colaboracións con outros centros educativos do país, unha delas xa apalabrada, cun centro de Baiona co que se levará a cabo un intercambio a través da banda infantil do centro. Lourenço Cruz tamén anticipou que os concertos didácticos comezarán xa dende os primeiros meses de curso así como as actuacións polas parroquias, unha iniciativa que aposta por manter “pois achegan o noso traballo á xente que ao mellor non ten tan sinxelo o vir á vila ver os nosos concertos”.
Outra das liñas de traballo van ser os cursos e os seminarios formativos, tanto para alumnos e alumnas como para os docentes do centro. “Xa hai confirmados curso de vento-metal grave e de corda que se impartiran en breve”, sinalou Cruz.
Con respeito ás agrupacións mantéñense a banda infantil, a orquestra clásica, os ensembles de metal, saxo, clarinete, guitarras, percusión e piano, o grupo da aula de música moderna, a big band e existe a posibilidade de que ao longo do curso xurda un grupo de música folque, todo elo co obxectivo, segundo Lourenço Cruz, de que “as agrupacións teñan entidade propia”.
Ás asignaturas clásicas da Escola este ano engádesenlle dúas novas especialidades que xa tiveron ampla demanda dende a súa posta en marcha, canto e acordeón. Outra das novidades deste ano é o número de profesores que aumenta de dez a dezaseis conformando deste xeito un claustro que o propio Lourenço Cruz definiu como “amplo e moi ben preparado a nivel pedagóxico”.'

20070923

Puro teatro



Onte tiven ocasión de asistir á representación dentro da mostra de teatro Daniel Cortezón. Aí están o folleto e unha postal sobre a promoción do teatro en Galicia.
A compañía de afeizoados non defraudou (polo menos a mi). Non creo que se poda dicir que é unha obra de antoloxía, nin uns actores idem, e presentáronse diversas lagoas tanto na memoria dos actores como na escenografía, pero a ilusión e o disfrute que puxeron en escea foi contaxiosa, achegando a obra ó día a día e a cada unha das persoas o público, e despois de rir a cachón o persoal saiu contento. Sen grandes pretensións, mereceu os aplausos do público asistente (que non chegou a 30 persoas).

20070922

Dende o camiño

Esta mañá tocoume pode observar unha saída do Sol, en vermello, limitado por nubes e neboeiros, e mesmo en compaña dalgún trazo branco deixado por avións, que para min foi espléndida ou marabillosa. Viciño a Augas Santas incorporouse á paisaxe unha choiva fina, precedida dun arco da vella case sen máis cor que o propio vermello solar.
Mágoa que pouco máis adiante, entrando en Barreiros, ese mesmo Sol tentara sacar beleza da semente de grúas, que, ademáis, estaban claramente en maioría incumprindo a normativa (por exemplo, tendo o gancho sen achegar á torre, a media altura e con algún corpo colgando) con excepción notable das que están construíndo a promoción de Promonorte.
- Velaí outro punto por onde poderían ser atacadas as construccións que se están a facer na zona, pensei.
Máis adiante, as feridas na terra deixadas polas obras da autovía foron substituídas pola instalación de aeroxeradores sobre a néboa desparramándose por riba dos montes a ambas beiras de Mondoñedo, como se as feridas á Terra foran un paréntese.
Estaba matinando sobre o tema cando engadín un elemento máis: o consumo de preto de 50g de derivados dunha materia orgánica tratada durante millóns de anos en condidións convenientes pola natureza, e eso cada quilómetro. Polo momento, sen alternativa...

Vde. pensa ou é un cidadán normal?

Polo que parece, era o texto dun chiste de 'El Roto'. A min fíxome pensar se era un cidadán normal.

Ribadeo e a teoría liberal ou por que hai tantos BMW en Ribadeo

A conto dos comentarios deixados na entrada anterior (Capacidades e limitacións) e dunha lectura recente sobre economía, sae este comentario: se se poden facer trampas e son rendibles, rematan por facerse. Xuntemos a eso as posibilidades de facelas, que varían en función do posto na sociedade de cada quen, a liviedade da esixencia no cumprimento de normas dependendo tamén dese posto, e... faranse máis cedo que tarde. O mesmo libro da receitas claras: se as trampas deran menor resultado, erradicaríanse máis e as consecuencias sociais tamén serían menores. Para logralo, a receita clave son normas claras iguais para todos e aplicación transparente das mesmas. É dicir, que non sexa necesario ser abogado para enterarse a medias das leis e ter moito tempo para facer o mesmo coas convocatorias, e que a información estea dispoñible de xeito doado, comprensible e para todos por igual.
Refiro o das trampas ó día seguinte de que a prensa poña que o porto non se pode ampliar máis por estar en zona protexida, despois de que as obras da ponte dos Santos saltaran o da zona protexida, a rada de Porcillán deixara de ter augas limpas (*) ou haxa aínda a polémica dunha piscifactoría en zona tamén protexida (por unha beira, polas leis, e pola oposta por xente con poder), pero tamén o mesmo día de que alguén me comentara respecto de Lugo a cantidade de coches caros que comezan a circulara por unha cidade sen industria: era Lugo, pero coido que relativamente, hai maior porcentaxe de vehículos dese tipo en Ribadeo...
É un batiburrillo este post? Pode que houbera que facelo máis longo ou darlle outra redacción, pero coido que é abondo comprensible e aplicable a Ribadeo en xeral e tamén á ría en particular. Queda outro apartado sobre o tema, pero eso si que sería liala para hoxe.
[*] Unha pequena historia: a finais do século pasado tiña por costume baixar a visitantes á ría e facíalles ver a limpeza da auga en Porcillán. Hai tempo que tiven que deixar de facelo.

20070921

Capacidades e limitacións

Como gancho ara as eleccións, UPRI poñia no seu porgrama a construcción dun porto deportivo na Vila Vella. Agora vaise facer unha ampliación de 60 prazas no porto deportivo de Porcillán, básicametne cubrindo ocos na dársena, xa rechea e que é unha das de maior capacidade en portos deportivos de toda Galicia. E din que non son abondas. Ata aquí, coincidencias. Agora comeza a pregunta: debe soportar a ría de Ribadeo o que se lle está a meter? É cousa de comezar a responder e prepararmonos para evitar que a ría sexa un porto, a menos que o queiramos. Queŕemolo? Estamos na loita de portexer os metros de terra que lindan coa beiramar. Estamos dipostos tamén a defender os metros de mar que linda coa costa? Coñecemos as cousas a favor e as en contra? A ter conta que a priori, podemos pensar que as unhas están dispostas a explicárnolas mesmo con truco: hai intereses declarados. As outras, teremos que procuralas nós: son de todos e os intereses están diluídos.
Mentras esto vai ocorrer, na Veiga comeza hoxe a 'Mostra de Cultura Ecolóxica' coa proxección, ás oito da tarde, do vídeo 'Unha verdade incómoda', a célebre longametraxe de Al Gore, o excandidato á presidencia dos EEUU metido a ecoloxista (din que sempre o foi, aínda que en menor medida que agora).

20070919

Selectividade e gobernabilidade



Unha cousa sinxela, collendo só un par de parágrafos relacionados coa gobernabilidade e as ideas de algunha xente. Ambas citas saíron en historia e filosofía na selectividade en setembro (os textos da selectividade para cometnar soen non ter desperdicio, sexan de lingua, lengua, idoma extranxeiro, historia ou filosofía). A súa autoría ten unha media de 200 anos de vellez... e aparece que determinadas posturas adáptanse perfectamente á máis nova (que é ó tempo, a máis retrógrada: fixarse no último parágrafo). En orde cronolóxica de autoría, primeiro a máis vella:
Para completar, un escrito da presidenta de Adega sobre as piscifactorías que é de supoñer que sexa respondido en breve .

Queda para outro día o comentario sobor da nova zona de protección declarada pola UNESCO para a ría de Ribadeo e unha ampla zona cara ó sur da mesma, incluíndo diferentes concellos galegos e asturianos.

Recortes de política e outras cousas que inflúen en Ribadeo

Anteonte, no pleno, houbo alguén (non estou fixo)que lamentou o saber quen era a persoa elixida para o posto de secretaria do alcalde. eso, despois de que outro preguntara sobre quen tiña en mente o alcalde para tal posto. En principio, non quedaba claro se o lamentaba por ser idónea e el estar en contra ¿? ou por non ser idónea e el estar a favor, ou ben por ter que votar algo xa previsto cando a xa se coñecía a persoa, e polo tanto, en certo xeito, a favor/en contra da mesma e non do cargo. Cousas da política, na que moitas veces por dar a cara a favor ou en contra dunha persoa en particular interfírese o que se considera ben xeral (ou, ó menos, ben partidista)
De calquera xeito, as novas que máis van influír a curto prazo en Ribadeo non estiveron o outro día no pleno, nin nas páxinas locais da prensa. Os movementos económicos (máis ben, financieiros) dos últimos días, zarandeando a economía, non se ven, pero todo omundo fala deles e moi posiblemente voltarán a producir a escala mundial un pouco máis de concentración relativa de capital, co que á gran masa nos tocará un pouco menos da tarta xeral, sin comelo nin bebelo. é dicir, algo así como o da bolboreta que move as ás no Brasil e meses despois produxo un furacán en Norteamérica (o efecto bolboreta).
A outra nova de influencia hoxe é o comezo do curso escolar. Moito hai que dicir deso, despois ameazas de incumprimento legal, desequilibrio educativo en relación a outros países, desequilibrio orzamentario, etc. E tamén, a selectividade de setembro, que por ter moitos menos alumnos ten moita menos importancia ... exceptuando para os que se presenta a ela, claro.
Tano de economía como de educación teremos lugar a seguir a falar. En canto á secretaria do alcalde, non me extrañaría que voltara á palestra. En canto a Ribadeo mesmo, polo momento, parece que son máis interesantes as comisións que os plenos, pero deso, outro día.

20070918

Casas de Indianos en Ribadeo. XX Casa no acceso á Atalaia (Casa de Panchita Acevedo)

Fronte, á r/Trinidade
Á esquerda, r/Atalaia
Xusto no acceso a Atalaia (cruce de r/Atalaia e Trinidade) atópase outro edificio de indianos (casa de Dna. Panchita Acevedo); a súa parte traseira, axardinada, é máis salientable que o frontal neste edificio de gran extensión. Fronte a ela na r/Atalaia ten unha casa brasonada.
Situación:
http://www.openstreetmap.org/search?query=Casa%20de%20Panchita%20Acevedo#map=19/43.53779/-7.03796
(sinalando no nome do mapa aparece a situación)

Mapa centrado no edificio


Pleno ás oito

Onte, ás oito da tarde, deu comezo o pleno que abriu o 'novo curso' político en Ribadeo. Sen megafonía, resultou moi dificultoso seguir algunhas intervencións, por iso quizais caín na conta nalgún pequeno detalle como que o retrato do Rei, situado detrás do alcalde, está semi tapado por unha bandeira española, nunha superposición de símbolos na que se ocultan uns a outros.
Nove veciños, no momento de maior asistencia, estaban en minoría fronte ós elexidos municipais.
comezouse a falar do orzamento de cultura, pasando logo ós apoios no consello territorial provincial e diversas outras representacións. Seguiu a petición da cesión das rotondas (Voar e entronque coa autostrada), e a petición como festivos do martes de antroido e 8 de setembro para o próximo ano. Temas todos que saíron por unanimidade (excepto o primeiro) e que quizais por iso, propiciaron unha sesión tranquila.
O seguinte punto coido que deu lugar ó inicio real do pleno: tratábase do nomeamento duna persoa de confianza para a secretaría persoal do alcalde, que saíu cos votos de BNG e PP, e abstención do resto, parece que por temas presupuestarios. A dicir que o pleno ten que apoiar o posto, non á persoa. O alcalde propoñerá a María Pérez Mon, que traballa xa no concello.
Sen discusión, foi aprobado despois o orzamento do ano en curso, xa tratado en instancias previas polos grupos municipais.
Désuse despois traslado de acordos varios da Xunta Local de Seguridade (non de todos os tomados por ela), de colaboración entre admnistracións e comezo do plano local de seguridade. Aquí saiu a controversia sobre a decisión de direccionar a entrada e saída á praia das Catedrais (Augas Santas), coa crítica a que a saída sexa a nivel de Casa Amadora, un dos peores sitios para saír a N634 de toda a Mariña.
O tema da saída foi retomado no punto seguinte, unha proposta de UPRI, na que saíron a relocer aparcamentos e adecuación de viais, ambos polo que parece xa en marcha, incluíndo a consignación pola Deputación de cartos para viais. O aparcamento, privado, e o centro de interpretación estarían máis retrasados, o que deu lugar a un pequeno debate político con puntualización ssobre o tema e sobre aproveitamento de discusións no pleno por parte dos grupos, rexeitando ó final a proposta de urxir que se fagan ambas obras por ser redundante (BNG/PP, en contra, PSOE/UPRI a favor)
O punto seguinte foi unha moción de urxencia de UPRI, á que se lle negou a urxencia e polo tanto 'desapareceu' do mapa. A destacar que o alcalde negoulle ó ex alcalde o dictame do secretario, que aquel quería por considerar que se debía votar a urxencia do tema.
Entrouse nun longo turno de rogos e preguntas, ocupado polos dous concelleiros de UPRI na case totalidade, e donden entraron, entre outros, temas como a realización de carreiras polo paseo marítimo (segundo se dixo, chégase a acadar os 140km/h) o pintado de sinalización horizontal (parece que se quere ensaiar un novo sistema máis duradeiro), a substitución de sinais en mal estado, o estado do campo da festa en Vilaosende, a retirada de postes non usados e antestéticos de Feve e Barras, o horario de atención ó público da casa da Ría e o plan para o futuro da mesma, a recollida porta a porta dalgunha clase de lixo anunciada hai pouco, etc. temas, na súa maioría que coido que sería preferible comunicar direitamente ós responsables para o seu tratamento, en troques de realizar rogos no pleno (pode que así non fora tan efectiva a súa solución nin rendible eleitoralmente, pero co público asistente este último detalle creo que pode descartarse)
Saiu asemade no turno de preguntas algo curioso: a multa de 600€ da Xunta ó concello por limpar camiños de acceso ás praias en zona de Rede Natura, algo que parece ocorreu por iniciativa do propio persoal de limpeza no tempo de despois das eleccións, antes da elección do novo alcalde.
E aí vai o resume dun pleno abondo calmado e que resultou agradable polas fintas políticas, intraducibles ó papel, que alí se deron. Mágoa de unha mellor sonoridade. Apunto tamén que o portavoz da UPRI sae perxudicado no tema da audición, pois é con diferencia o que peor se oía, alomenos dende a posición na que esu estaba.

20070917

Un escrito curioso

Só unha cita

De cultura pasada

Esta pasada semana comezou a rematar a manifestación cultural do verán en Ribadeo. Aí están, neste últimos días, a recollida da exposición Galiza Nazón, as Xornadas sobre Juana de Ibarborou e El Viejo Pancho, ... e a feira da horta, e ás portas está o festival de teatro afeizoado, quedando logo as típicas actuacións diversas, pero non xa conxuntos como xornadas, congresos, etc, nin apelotonamentos onde non se sabe que escoller.
Claro que meter o da horta como cultura é cousa miña, e a idea non parece que vaia por aí, senón máis ben por ... bo, os cartos gastados son como unha especie de dinamización cultural: non se espera recuperalos, senón que haxa movemento, ambiente en relación con algo calificable como cultura alimentaria.
O parágrafo pasado lévame a lembrar o gasto cultural, cuestión recurrente nos enfrontamentos políticos en Ribadeo dende hai anos. Hai moito que dicir, e tamén moita xente a dicilo. Por eso, só un apunte recollido das novas sobre as xuntanzas mundiais sobre libre comercio: a cultura resístese a ser encadrada nos intercambios comerciais totalmente liberados, e penso que por algo será. Lembro unha película que, en clave de humor, presentoume unha imaxe que no seu momento foi para min ilustrativa do por que: Tentaba unha fábrica francesa de soldadiños de xoguete de madeira (deses que representan os da era napoleónica, por exemplo) de rebaixar custes, e encargou unha partida deles en China. A alternativa podía supoñer o despido de case todo o persoal. Por eso, a recepción da primeira remesa dos soldadiños causou grande expectación. A desembalaxe tampouco decepcionou na pantalla: cada soldadiño, vestido de uniforme de gala, cos seus sombreiros altos, rematados cunha pluma, a súa botonadura, dispostos para o xogo cos nenos franceses, ... con ollos rasgados.
En fin, a definición de cultura propia e de intereses culturais a promover é algo espiñoso. Que pode ocultar moitas outras cousas de fondo. E que as oculta. Mentras, en Ribadeo seguiremos tendo un outono de actividade relacionada coa cultura.

20070916

Esperanzas

É de esperar que a construción de vivendas non siga indefinidamente: nin a terra (espazo físico) nin a Terra (o equilibrio do planeta) dan para máis a partires dun certo momento. Antes de que cheguen esas imposibilidades, está xa aquí o parón que representa a economía para aminorar a marcha esta tempada: quedaron pisos sen alquilar, din. Habería que ver o volume total de visitantes para xulgar o tan cacareado na prensa (a falta outras novas) 'mal verán' que houbo na zona: sí é certo, vése, que non houbo un aumento como viña habendo, pero o de mal verán en canto a visitantes sempre é algo relativo, como xa teñó tratado outras veces. Tamén é de creer que o gasto relativamente diminuiu, pois os estudos económicos din que a xente estamos rascando os petos mási qeu en anos anteriores para pagar hipotecas e demáis.
No medio deste panorama que algúns pintan como normal, outros como aviso do que virá e outros aínda como desolador, segue a haber anuncios como que unha promotora ribadense vai construír 500 vivendas na Veiga. E o primeiro que se ven á cabeza cando un lee a nova é eso, que é un anuncio. Para a promotora e para a venda de vivendas en promoción. Logo, na letra miúda, aparece que polo momento irá só a cuarta parte adiante, e que a promoción non está aínda vendida. Hai outros temas interesantes, como que ten que cumprir a normativa medioambiental (na nova está expresado de xeito moito máis favorable, parece que fora un agasallo da construtora que vai a maiores do prezo), e queda un pouco oculto no medio do conxunto de dados un tema básico para o negocio: canto menos se vende en plano, menos cartos quedan para facer de inversión financieira do promotor mentras non se van empregando. Dependendo do montante total e o dispoñible, pode ser necesario para a promotora recorrer ó crédito, co que non só deixa de gañar, senón que se mete en máis gastos, etc. É dicir, o que se podería chamar o modelo de negocio na construcción destes últimos anos parece ser que está a cambiar, e non poo que diga un estudo macroeconómico, senón polo que se pode ver na prensa diaria. Cánto, a que velocidade se produce o cambio, cal será o punto final do mesmo, a lo menos para min non está claro aínda, pero si o está o cambio en si. En concreto, parece que xa pasaron os tempos nos que pagaba a pena pedir un crédito para construír e non ter présa en vender pois os prezos subían máis á présa que os intereses.
Pode que eso calme a construcción 'non sostible' (digámolo en xeito eufemístico) máis que as leis da Xunta.
E un tema relacionado: Estarán vendidos xa os miles de vivendas da polémica focense? Os cartos/ a falta deles pode influenciar as actividades do concello como estrutura, económicas dentro do concello, e mesmo a visión que teñan de Foz e a zona os inversores. O balance de forzas no pulso por facer as vivendas pode cambiar, ... sen que importe o desenvolvemento mantible ou a estética ou a capacidade de ofertar servizos ou mesmo auga. Curioso.

Algo collido da cartas ó director, e algo de descoberta de Ribadeo

Xa lonxe queda o 9 de setembro, día no que aparecía no El País unha carta ó director que me chamou a atención. Lendo, apareceu unha idea que teño citado máis dunha vez no blog. Reproduzo o parágrafo correspondente: 'Ninguno de los partidos mayoritarios ha aportado lo más mínimo en cuotas de participacón ciudadana y, como ya está dicho, sin participación ciudadana no hay democracia'. Queda dito por un tal Mario López Sellés dende Madrid.
Pode complementarse con algo que vin esta mesma tarde en Ribadeo (sen cámara de fotos): 1/3 da balaustrada do novo parque do mineral, levantada. Aínda quedan restos que fan ver ás claras a sinatura da cafrada. A foto, pronto.

20070915

Casas de Indianos en Ribadeo. XIX Casa na praza de Abaixo (Casa de D. Clemente)


Seguimos en zig-zag ahegándonos dende r/San Francisco á Praza de Abaixo. Esta casa restaurada de xeito recente tamén era de indianos (a parte externa, evidentemente, segue a selo). O seu 'nome': casa de D. Clemente
Situación:
https://www.openstreetmap.org/search?query=Casa%20de%20D.%20Clemente#map=19/43.53715/-7.03994
(sinalando no nome do mapa aparece a situación)

Mapa centrado no edificio


Sobre a desideación das ideas e a perfección

A conto dun post de Fuji lémbrome dun par de esbozos / divagacóns que fixen días atrás, e para pasar a seca de post desta semana, métoos 'en bruto' como segunda de hoxe:
* Sobor da 'desideación' das ideas. No mundo moderno, as ideas sofren a interacción coa tecnoloxía. Hai uso da tecnoloxía polas ideas, pero ó fin, a tecnoloxía méteas nun estuche, e quedan máis bonitas, pero máis isoladas da realidade, menos visibles, sen actividade independente. Pasan a ser escravas da tecnoloxía para a súa aplicación, para a súa transmisión, para a súa pervivencia. Así, quen controla a tecnoloxía, ben porque é o seu amo material, propietario, ben porque ten acceso e é controlador dela, pode controlar tamén con certo éxito a vida das ideas. Como sempre na historia, o poder tenta controlar as ideas, ou mellor, controlar ós demáis mediante as propias ideas de quen o ten (o poder). Só que hoxe hai máis ideas e en certo xeito, máis capacidade de control. Que foi o que medrou máis relativamente: as ideas ou o contrlo sobre elas?
* Existe a perfección? depende do criterio elixido, pero non para todo criterio: 'hai que minimizar erros'. É dicir, a perfección sería un imposible, pois os criterios en parte solápanse con contradición. Ese é o ser humano: cunha perfección total inalcanzable, anda na procura de 'perfeccións' parciais que o enchan. Pero, pode encher algo que por definición é incompleto? quizais só se o propio recipiente, o ser humano é tamén incompleto. Lémbrame un imposible matemático: o 'conxunto de tódolos conxuntos', que sería algo así como o 'conxuno fetén', co 'Conxunto', e que sinxelamente non é.

Educación e cultura


Eu poñeríaos nese orde: primeiro, a educación, e logo, a cultura. Se alguén bota unha ollada ás novas de hoxe na Mariña, a posición é máis ben ó contrario, con moita separación: ó haber autoridades, o realce téñeno as xornadas sobre El Viejo Pancho e Juana de Ibarborou, coa súa inauguración en Ribadeo con autoridades políticas polo medio, mentras e educación queda descolorida e en tono de polémica pola temática educativa de Cervo / San Cibrao, que non é nada máis que un exemplo concreto do uso político da educación, é dicir, de algo que pasa a miúdo, pero que non é nova nada máis que cando 'o sangue chega o río'. de calquera xeito, en ambos casos, a política, mellor dito, os cargos políticos, moven a noticia.
A foto, da pasarela do cargadoiro a pasada semna, por fin repintada.

20070911

1 tedio

Hoxe non vai de Ribadeo. Alomenos non todo, pois a idea viu nas festas, ó xuntar o bullicio coa idea de 'todo envasado e sintético'. E, aínda sen elaborar de todo, madurou ó ver descompresión que sufre algunha xente despois de sentirse agobiada polas festas.
A situación sería nun super do futuro:
Deme 100 divertio de brancas e outros 100 de vermellas.
Non será moito? - di o amigo.
Bo, pois levamos tamén 50 tedios de azuis...

20070910

"Sede buscadores da verdade, non achadores de contradicións"


"Guys: Be seekers of truth, not finders of contradiction," Jim Zemlin, executive director of the Linux Foundation, organizer of the event, only half-jokingly told the 150 attendees of what is billed their "Collaboration Summit."
Unha cita para a resaca das festas. Está tomada dunha xuntanza relacionada co mundo Linux, sistema operativo que marca a alternativa o 'tradicional' windows. É dicir, dun grupo que aínda crecente, é minoritario. E no que, como en todo grupo, se manifestan problemas internos a pesares da súa boa marcha, polo que o conferenciante de turno lembrou á comunidade que contradiccións é doado achar, pero facer o esforzo por contribuír dun xeito recto non é sempre tan doado.
En fin, pasa sempre nas relacións humanas, e que sexamos humanos é desculpa para non ser perfectos, pero non para tentar mellorar, tanto individualmente como en grupo. Especialmente en grupo: illarse, liarse a manta á cabeza e quedarse coas propias cousas, intereses, etc, é xeralmente máis doado, métese menos a pata, e tamén máis egoista.
A foto, dos depósitos de mineral do cargadoiro, lembra vellos tempos dende unha perspectiva moderna: unha industria convertida en aprque, na que se pode ver un elemento moderno, de outra época, relacionado co urbanismo actual.

20070909

Remata o verán

O verán remata o 21 S, pero en Ribadeo comeza o outono o día 9. Máis aínda que este ano coincide en luns a resaca das festas patronais. Aínda así, estanse a deixar sentir os síntomas outoñais do resto da Mariña vía novas diversas. É agora, unha vez pasado o momento de maior afluencia de xente, cando se recoñece que a ratio de policías municipais non chega á aconsellada (suponse que no devir normal, para canto máis nas épocas de verán), tampouco en Ribadeo, que sería o concello que máis se achegaría a ese consello cun déficit de só catro axentes.
Ou se miran ós servizos e se acorda que non son abondo para atender ós visitantes (e que logo quedan destrozados ou en horas baixas para os afincados aquí)
Ou se ve que a pesares das queixas, e apesar tamén do aumento da oferta, agosto tivo as prazas hoteleiras a rebosar.
Ou mesmo que hai unha caída de venda de pisos, sen entrar en razóns de se é só que a economía española xa non é o que era hai uns anos e as hipotecas campan polos seus respectos, ou tamén que o crecemento da oferta superouó da demanda, ou que a comarca xa non é tan atractiva ó estar plagada de mamotretos diversos que se quitan as vistas ó mar uns ós outros.
Onte, cheo en Ribadeo. Esta mañá pillei unha conversa entre un mendigo e un comerciante: 'ás oito unha discoteca de aló estaba con música e a xente borracha, e o solo estaba con cristais rotos". dicíao o mendigo, apuntando o outro que era 'normal'. Seguiron falando do tema e dicindo cousas curiosas, mentras na rúa eramos poucos os que pasabamos, en contraste con onte á noite, onde había que tentar colarse entre a xente se se quería avanzar cara ó parque, limitado por dous palcos para orquestras e ocupado polos chiringuitos festeiros nas zonas iluminadas, e pola xente pro dondequeira que se pasara. Unha curiosidade: estas festas tiven ocasión de observar un efecto durioso do edificio entre Calvo Sotelo e Rosalía de Castro: illa do son moito mellor que as vellas casas da beira do parque. A orquestra na noite xoves/venres non se escoitaba ó seu traverso, en contra das que estaban no parque, que se escoitaban en cas todo o pobo. Así, o edificio, grande, con piscina no tellado, con alturas excesivas, ten unha característica inesperada, a do illamento acústico.

20070908

Casas de Indianos en Ribadeo. XVIII Casa de Loriente (Lombardero)


Para completar o zig zag na visita ás casa de indianos, pasamos da praza do mercado á rúa San Francisco, onde se atopa fronte ó parque a casa de Loriente, onde actuou o Doutor Lombardero durante moitos anos. Segue a pertencer á familia Lombardero, polo que coido que é abondo máis coñecida por este nome.
**Esta entrada é corrección dunha anterior. Gracias a Jaureguizar por facilitala.

Facemos do progreso o obxectivo da humanidade ou da humanidade o obxectivo do progreso? (Unha segunda para hoxe)


Dun artigo de Reyes Mate saco o título, e procurando a ligazón para informar máis sobre este home, atópome outra cousa que tamén teño lido hai algún tempo: “Pertenezco a un Partido que ha fusilado a héroes y a una Iglesia que ha perseguido a santos” (Alfonso Comín).
Entre as duas citas, un bo punto para comezo de reflexión dun día tranquilo. Pero, o día da patroa (como xa dixen outra vez, pseudo patroa en Ribadeo), é un día tranquilo? En xeral, non. O que non debera quitar de poder pensar un pouco sobre temas diferentes á orquestra ou á comida do día (tamén, sobre se irá/foi ou non o alcalde do BNG presidindo a procesión, entre outras oportunidades de charla)
Así, por exemplo, de xeito intrascendente como o require a charla do día, o título podería redifinirse: Facemos da festa o obxectivo da persoa ou da persoa o obxectivo da festa?
E, en relación á cita de Comín, podemos repensar un pouco a nosa pertencia a un ou outro grupo, e lembrarnos de que todos somos humanos...
... a imaxe do templete, cargada por min hai moito tempo na wikipedia, é asemade a que aparece en parte na cabeceira do blog: o templete da música do parque de San Franciasco de Ribadeo, unha volta restaurado.
Despois de recoller e dar saída a este artigo que xa me quedaba a desmán dende hai máis dunha semana, só queda desexar boas festas.

Ribadeo: festas do oito.




Hoxe é a nova, a festa. As colas nas pastelerías (hoxe abondo reducidas en número despois de saír do mercado Eijo e Santa Clara), a gallaroufa á noite, os postos ambulantes e as atraccións... Onte vin na peonil un marionetista moi bo. Non só bo, senón coidadoso: é o primeiro que vexo con tiras téxteis na rúa para que os cativos se poideran sentar sobre elas.
As fotos, tres vistas nouturnas das festas: as dúas primeiras, dende o pazo do Marqués, unha preparando mesas e esceario para pouco despois e outra, as atraccións en pleno funcionamento. A terceira, a rúa a vista de paxaro nun momento no que non estaba moi ateigada.

20070907

Contradicción? Non, pero tamén.


Esa é a sensación que se lle queda a un con algún cúmulo de novas.
Por exemplo, cando despois de ser un verán no que aumentou a siniestralidade na estrada en Galicia en contra do que pasou no resto do estado, ó aumentar tamén o uso das liñas de noitebús, decídese potencialas porque salvan vidas na estrada. Parece máis ben que o que se fai é potenciar a movida, atraendo a ela xente nova que non te posibilidade de usar o seu propio coche, e poñendo para ese fin a disposición o esforzo de todos.
Algo polo estilo coas festas de Ribadeo: resulta que, por exemplo, a orquestra de onte foi pagada por un grupo de pub, a comezar polo que se atopa xusto á beira do novo emprazamente elixido para a actuación, que, en días aínda no que fai falta aparcamento, resulta que é un aparcamento provisional precisamente habilitado pola súa falta en Ribadeo. É natural que, aínda que esteña prohibido pola propia normativa do concello, fora consentido o anuncio da actuación mediante altavoces en coche por todo Ribadeo, coche por certo pertencente ó mesmo grupo de empresas que o pub mencionado e que foi usado asemade polo concello para anunciar cousas de tal interese público (e polo tanto, capaz de facer a excepción do anuncio) como unha pulpada no parque, diversas actuacións no auditorio, etc, con participación municipal cando cadrou, ou os xoves no verán, a promoción do mesmo pub mediante o anuncio dunha churrascada nouturna gratuíta. Un sentido semellante ten que as atraccións festivas un ano máis sigan sen control de nivel de ruídos, mesmo aquelas frecuentadas por xente miúda e polo tanto en xeral máis fastidiada fisiolóxicamente por ese mesmo ruído ó non ter as defensas psíquicas desenvoltas...
Non se pode dicir que sexan exactamente contradiccións, porque parece que hai explicación, aínda que non me guste ou sexa a xustificación dunha ilegalidade, pero tamén hai algo deso na relación entre o que se di e o que se fai. E ocorre en cousas que podemos chamar mási 'pequenas', como o feito de que hoxe mesmo a biblioteca esteña pechada mentras a prensa trae que en xeral as bibliotecas están a pleno rendemento polos examens de febreiro. Estamos en festas, e iso pasa asemade por riba de que fora pedida unha ampliación de horario hai poucos días nos actos do 50 cabodano.
Poderiamos seguir. Outro día sera.
Mentras, aí queda o símbolo de Ribadeo, para uso libre, collido da fachada da casa da cultura... eso de 'uso libre' aplicado despois dos parágrafos anteriores, parece como se soara mal...

20070906

Mirando para atras ou aprendendo do pasado?

Estamos afeitos moitas veces a non mirar atrás, o pasado, pasado. Pero o voltar a vista atrás, sabendo eso, que o pasado está pasado, pode dar unha fonte de aprendizaxe excelente, ó igual que cando se di eso de coñecer a historia para tentar non repetila (a parte mala). 

Neste caso, trátase de pasado próximo: hai uns días poñia nun artigo o horario da biblioteca de Burela en referencia ó reducido da de Ribadeo. Hai menos días aínda foi reclamada unha ampliación de horario no acto do cincuentenario da 'Viejo Pancho', que reduce o seu horario e aínda solía pechar neste mes a pesares do aumento do sue uso como sala de estudio polo de setembro. O caso é que non vexo previsión dese aumento horario, así como tampouco vin movemento ningún á hora de protestar polo canon de biblioteca (ver barra lateral) que temos que pagar todos, vaiamos ou non alí, e ó meu parecer, imposto dun xeito inxustificado. A repasar tamén o caso do parque contraincendios de Barreiros: servicio para todos, leva anos construído e non funciona por pelexas políticas. Houbo protestas antes do verán, pero no verán, todos caladiños, que pode asustar o turismo. Sobre retrasos, en Ribadeo sabemos de máis: o polígono industrial, que ía estar en marcha o ano pasado segundo o alcalde pasado segundo declaracións feitas á prensa, aínda non vai desta porque hai que pagar un transformador para polígono e pobo (aínda sen polígono o que hai xa é pequeno) e a empresa (Begasa) di que ela non o fai. Búscate a vida, Ribadeo! 

Lendo o libro (que lle deron en chamar revista) da biblioteca, entérome das vicisitudes que leva pasado no século XX. E, ó tempo que lembro tanto o lugar nos baixos do cantón, sigo a pensar na promoción da lectura mentras vexo o funcionamento das atraccións nas festas e o comportamento da xente nova. Por certo, boto de menos no libriño unha semblanza dos bibliotecarios anteriores a Mª Jesús Rañón Ríos: Pilar Reimundez, Leonardo Fernández Reinante (que na realidade parece ser que non era bibliotecario, aínda que facía algunhas labores do estilo), etc.

Os comerciantes non están contentos con este verán. Dentro da campaña de aparicións en prensa do CCA, toca a de fin de verán facendo ese comentario e o de que hai unha decea de establecementos que queren logra o distintivo de calidade. O certo é que o comercio ribadense está cambiando e o CCA/ACISA ten abondo que ver, e non só na aparición na prensa. Pero, o de calidade, quedarase na obtención dun certificado? É un perigo que vin hai tempo a conta doutro certificado de calidade: unha cousa é ter papeis que documenten todo e outra o que o cidadán de a pé soe entender como calidade, e non sempre van parellos. Diría que o periódico insistía na primeira faceta e cumprimento normativo máis que na segunda de ter contento ó cliente. 

O Porta da Auga (o CIFP, non o IES, que xa non son o mesmo por decreto) mantén as xornadas de automoción, e antonte revisaron o sistema educativo (de FP) alemán, que leva funcionando moitos anos, mentras aquí cambiamos e cambiamos de plans de estudos, sen chegar a centrarnos en ningún. Pode que sexa esa falta de centrado unha das causantes de rendemento educativo. De feito, estou convencido de que ten algo que ver. En fin, son varias as novas comentadas, ningunha de hoxe, e todas entendo que pasaron no seu momento sen moita atención. Non embargantes, en xeral, requírena porque son as pequenas cousas as que constitúen a base vital, tanto das persoas como dos pobos.

20070905

Hai que garantilo

Hai que garantir que ... acade o seu potencial de promover crecemento sostible e progreso, evitando ó tempo que os ricos se fagan aínda mais ricos, empobrecendo máis ós que sufren a pobreza crónica e producindo un dano maior a un medio ambiente cada día máis fráxil.
Así, pode referirse a case calquera cousa e ser dito por calquera. Referíase á bioenerxía, o autor é o Director da FAO, a Organización da ONU para a Agricultura e Alimentación, e saiu como colofón a un artigo o pasado fin de semana no El País. A lembrar que están a aumentar o przo de alimentos básicos por estarse a adicar terras á bioenerxía, que, ó ser usada, ademáis está contribuíndo a levar máis CO2 ó medio. É dicir, está encarecendo os medios de subsistencia, o que afecta en maior medida ós máis pobres, para beneficiar enerxéticamente a quen pode pagala, os máis ricos, facendo estragos no medio ambiente, vía monocultivos e contaminación.
Por certo, que parece que o impacto (a 'pegada') medioambiental correspondente é menor nos biocombustibles que no petróleo e carbón, pero non deixa de haber pegada e, ó tempo, hai outros efectos colaterais.
O problema enerxético do mundo non deixa de ser un problema plos biocombustibles, e o primeiro paso para solucionalo é a diminuciòn do consumo enerxético. Algo non doado de conseguir mentras se trata de aumentar o que se da en chamar o 'nivel de vida' da humanidade enteira; dunha parte para asegurar uns mínimos de subsistencia, doutra para acadar unhas comodidades, e doutra máis para aumentar ditas comodidades.
Fai moito tempo que se sabe como consumir menos enerxía e en xeral, recursos, en cantidade de operacions, pero a lóxica do mercado, extraendo beneficos doutro tipo de procesos na actualidade, fai difícil a súa substitucion.
Non embargantes, non é só a contaminación por dióxido de carbono (co conseguinte efecto invernadoiro asociado, por exemplo) a ameaza: canta máis enerxía se consuma, máis dificultoso lle será á Terra evacuala ó espazo. E é ben coñecida a 'illa de calor' que se forma nas cidades, que pode elevar varios graos a temperatura no seu interior respecto ás zonas circundantes, o que leva a... usar máis acondicionadores de aire, que aseguran o frío un recinto mentras aumentan fóra o calor (e a suma total de enerxía consumida pola humanidade e a evacuar pola Terra)
Os problemas de supervivencia están entran entrando nunha fase que pasan de ser máis individuais (a procura de sustento) a colectivos (a procura dun impacto mínimo, que remata influíndo tamén na procura do sustento), e a ben seguro que non será a derradeira volta que escriba sobre esto no blog... gastando enerxía para manter encendido o ordenador, funcionando a rede e os ordenadores dos que lean esto.
Por certo, mentras, o gobernon non deixará subir as tarifas as eléctricas este ano, o que evidentemente favoreceá o consumo. Pero, é malo que a nerxía sexa barata? Podría ensaiarse unha resposta como 'depende de a quen vaia a parar o benerficio', ou 'depende do que se faiga cos cartos que sobran do seu custe real?

20070904

Os inmigrantes

GaLicia segue a ser terra de emigración, como o testemuñan os miles de galegos que van procurar traballo fóra. Non embargantes, tamén é terra de inmigración, pois hai xente que parece que ven na procura dos traballos que os galegos non queren. Dito así parece unha contradicción, pero coido que non o é: en xeral, os traballos que collen os inmigrantes están peor pagados e teñen menor futuro e seguridade que os que van procurar os galegos fóra. E, se cabe pensar nun posible elitismo dos que se van (a palabra elitismo non me cadra, pero non atopo outra que o resuma de xeito adecuado), tamén cabe cabe pensar nas condicións de traballo dos que veñen.
Hai só uns días, facía unha lembranza de outro Ribadeo e deixaba caer a falta de plans de integración/convivencia. O caso é que hoxe leo na prensa que hai concedidos 10000€ de subvención para un plan para os inmigrantes e retornados. Plan que hai que facer aínda.
Queda entón a nova pregunta: que se fará? E, mentras parece que chega tarde por dúas razóns, os inmigrantes xa están aquí, e os cartos tamén (alomenos, a súa disposición), tamén queda a pregunta se se vai actuar sobre condicións de traballo ou sobre algún tipo de agasallos gratuítos para manter a calma temporalmente mentras os autóctonos se preguntan o por que deses agasallos. Naturalmente, son dúas situacións extremas para ilustrar un pouco o tema. É de esperar que eses cartos sirvan. Nese sentido, sería bo ir ó diccionario e mirar que significa 'integrar' (a palabra usada no xornal para dar a nova), e se non, procurar outra verba máis adecuada. Non embargantes, coido que as acepcións no D.R.A.G poden servir para ter unha idea: "v.t. 1. Ser parte xunto con outros de [un conxunto, un grupo, etc.]. Tódolos membros que integran a asociación votaron a favor. SIN. compoñer, constituír, formar.2. Incorporar [a unha cousa, a un todo]. Integraron na lista electoral tres candidatos independentes. CF. introducir. // v.p. 3. Incorporarse [algo ou alguén] [a unha cousa, a un todo]. España e Portugal integráronse no Mercado Común en 1986. CF. introducirse. 4. Asimilarse totalmente [ó grupo ou comunidade en que se entra]. Os fillos dos inmigrantes integráronse perfectamente no país."
De calquera xeito, (e aí están os diferentes significados que trae o diccionario para interpretación da palabra) hai veces que se di integrar e se pensa en asimilar ou nalgo polo estilo, que non é o mesmo, e está a dar problemas noutros países.
Mentras, a nova destacada en Ribadeo é que comezaron as xornadas de automocion, xa tradicionais en Ribadeo, e que constitúen tamén un xeito de axudar integrar á nosa xuventude (e á inmigrante) ó mundo do traballo mediante unha mellor formación. E, na zona, destacaría que seguimos outr ano máis sen parque de bombeiros, e que as funerarias da zona agrúpanse (están nesas) constituíndo unha UTE (unión temporal de empresas) para facer fronte ó tema das autopsias en Lugo.

Estatísticas do blog

O mes pasado, agosto, con 2300 visitas xustas foi o terceiro mes, despois de maio (3112) e xuño (2507) nas estatísticas do blog, aumentando un 48% sobre o mes correspondente do ano pasado.
É dicir, parece que polo momento segue a medrar a aceptación do que se vai poñendo.

20070903

Ex libris


    O anterior foi un fin de semana literario: a ministra Mercedes Cabrera Calvo-Sotelo fixo un pregón basado en 'Ribanova', escrito polo seu avó. E o día anterior foi a presentación dos actos do cincuentenario da biblioteca, coa presentación do libriño a máis honra da institución. Del collo o trabalo correspondente a Santiago Sanjurjo, que, segundo explicaron, chegou tarde e por eso está metido nunha folla a parte. Por eso, para que non se perda do resto de traballos, aí vai.
    Complemento co ex-libris da biblioteca, o digno co que se marcan os libros que alí están.

20070901

Sobre o 5º cabodano da banda






Aproveito o fin de semana de 'presentación' do 50 cabodano da biblioteca e do pregón das patronais (...resulta que non é a patroa, pero eso é outra historia) para poñer as primerias páxinas escaneadas do que puxo A Mariña-El Progreso no 5º cabodano da Banda Municipal de Ribadeo (incluído erro en foto que me preswenta como xogador de fútbol).

Comentarios en Ribadeo

Comento as novas de onte aparecidas no Progreso...
O PP teme que o concello teña que indemnizar a Acuinor, algo que entendo se coceu entre PP e PSOE, máis que en relación BNG. E que me lembra outro caso dunha indemnización supoño que moito menor da que se pedirá neste, que se segue a pagar, que implica os partidos máis ou menos na mesmo orde que no caso Acuinor e que, supoño que debido á pequena cuantía, ninguén menta: a dos 60€/mes por desvalorización dunha vivenda por asunto de ruídos nouturnos.
Estase a cocer un novo plan de fomento turístico comarcal. Mentras que entre o vecindario a xente máis ben quéixase e sufre en silencio o turismo e a saturación nos servizos que conleva só porque sabe que hai xente que vive ou complementa a súa vida co turismo, non se albisca ningún plan comarcal para mellorar os servizos (a pesar dunha pequena campaña na prensa nese sentido), tanto no verán como no resto do ano. Ou si?
O musikeo tívose que celebrar na escolleira porque costas non permitiu facelo nos bloques. Indica un cambio de tendencia nas ideas de costas? Unha maior protección da natureza quizais? Ou só que concello e costas dependen de partidos diferentes? (esto último espero que non, sería triste, aínda que non inédito)
Mentras, Balbino Pérez Vacas dedícase a falar cousas algo raras. A última, a acusación de trato de favor do BNG a un veciño de Cubelas (certo que, segundo sae na prensa, a cousa é rara). O outro día pasáronme unha fotocopia dun intercambio epistolar na Comarca de hai uns 13 anos que me lembrou moito a actuación actual de Balbino. Sairá no blog.