20071110

Pleno


Luns, o pleno ordinario tradicional (preguntas de O Tesón incluídas). A base, o orzamento deste ano 2007, que non é sen tempo que se aprobe, despois de ser comezado a gastar en boa medida no mandato anterior. E cuestóns técnicas anteriores á súa aprobación: intervención advirte que un ano máis, gástase máis do que se ingresa e que a posibilidade de movementos financieiros para poder dicir que todo está baixo control estase agotando. é dicir, que a débeda do concello aumenta e por contra, créanse unhas espectativas de crecemento de servizos (e mantemento doutros) que non corresponden coas reais. E iso que polo mometo non está construído o ascensor, por exemplo. E que levamos anos con crecemento mantido (que é diferente de mantible) na economía española por riba das do noso entorno. E que está previsto que dito creceemnto se ralentice.
Atopeime o outro día co resultado dunha investigación sobre as formigas: descubriuse que saben cando van morrer. E así, cando sinten próxima a morte, actúas máis a curto prazo en favor da comunidade, arríscanse máis nas súas saídas do formigueiro, pois calquera 'éxito' é máis rendible en relación á vida esperada que o 'traballo de formiga', e os fracasos (perder a vida) non importan tanto porque xa van morrer. Certamente, é outro contexto, pero no tema do orzamento parece que é xusto ó revés: cando o alcade de turno sinte máis próxima a súa defenestración, gasta máis frenéticamente os recursos que debera de administrar dun xeito mellor para mantelos hábiles para ser aproveitados polo seu sucesor.
A foto, un obscuro contraluz da ría de Ribadeo ó fondo vista dende as vivendas de pescadores de san Miguel. No medio, o parque en primeiro termo e a capela.

Ningún comentario: