20071130

Xa temos (o comezo) dun xeriátrico público

Despois de ter habido os seus máis e os seus menos co asilo, deuse o primeiro paso escrito para un xeriátrico público en Ribadeo, na casa parroquial de Obe, coa sinatura dunha cesión do bispado á Xunta. É unha boa nova que esperemos que siga (non sei se houbo papeis asinados dende hai moito tempo para facer o polígono industrial, pero non me extranaría...)

Só unha pregunta

Cantos barcos máis ha de aguantar a ría?

20071128

Apagón dixital en Ribadeo



Foi a nova de onte, que case non se pode dar precisamente pola súa natureza. Non houbo internet boa parte do día, e cando o oubo, foi a unha velocidade insuficiente. Pola noite aínda non se restablecera o servizo. Polo tanto, hoxe, sen novas: hai traballo atrasado.
Non embargantes, deixo como imaxe un documento do que dispoño hai xa uns días: o programa das xornadas de estudos medievais que vai desenvoltar en Mondoñedo e Lourenzá a Fundación Mariña Central este fin de semana.

20071127

Barreiros e unha lembranza da pegada ecolóxica como segunda de hoxe


A poboación de Barreiros decrece máis lentamente, pero decrece. O bum da construcción que segue non implica que se reteña xente do concello, que se vai vivir a outros lugares, como Ribadeo. Tampouco leva implicado unha rebaixa no prezo das construccións, algo que xa teño comentado no blog. E parece que tampouco leva aparexado un aumento significativo de servizos. É dicir, máis do típico pan para hoxe, fame para mañá, e os veciños decátanse perfectamente.
A construcción parece estar tamén moi relacionada coa cantidade de recursos 'per cápita' consumidos no planeta. Segundo o New Scientist do día 3 deste mes, necesitaríase case media Terra máis da que se dispón para que poidera caber a pegada ecolóxica da humanidade. É dicir, estamos a consumir recursos renovables a unha velocidade un 40% superior ó que a Terra é capaz de facer esa renovación. De aí que se esteña a sufrir cousas tan dispares como o esgotamento das pesquerías ou o emponzoñamento da atmosfera con dióxido de carbono. Chamoume a atención tamén que no estudo correspondente, na p.13 de revista, só se considere un país en todo o mundo con desenvolvemento mantible: Cuba.
A foto continúa as de os estorninos, o balcón e a lúa en Ribadeo e o seu vídeo cos estorninos facendo figuras en bandada.
E unha cousa curiosa por final: Marsop remata de reseñar as procuras por Ribadeo en Google. A pauta coincide cun pico forte a comezos de verán...

Os estorninos, o balcón e a lúa ó anoitecer en Ribadeo





Unha entrada curta para deixar plasmadas varias imaxes tomadas ó atardecer en Ribadeo: os estorninos voando (o vídeo pode verse abaixo), o pedazo de balcón do antigo colexio caído (na foto non se ve, pero vese un sitio lógobre que é o que ocupa o colexio, e a lúa capturada detrás da Torre dos Moreno, en dúas fotos diferentes.

20071126

Comezando a semana cunha cita dun cómic


"Nun mundo perfecto, ninguén debería poder usar nada". Dito polo técnico de seguridade preventiva de
Dilbert, realizado por un profesional criado na América da 'seguridade infinita' fronte ó terrorismo, por exemplo. A América que contribué a que (tamén por exemplo), se esteña a cerrar Mirasol...
Unha cita entre tautolóxica e idiota para o comezo da semana na que se lembra que se levantamos normas absurdas tentando un ideal, voltarase contra nós e esto será a nada. Entre o ideal e o desmadre alegal, un medio. Non perfecto, pero manexable, é o que promete, con esforzo, calquera lei cun pouco de sentidiño. E ese esforzo inclúe a aplicación da mesma día a día, a súa vixiancia para que non sexa papel mollado, e tamén para que non sexa unha cárcere.
E tamén explica, de xeito subsidiario, aquelo de 'quen fixo a lei fixo a trampa', pois ó non haber lei perfecta por inaplicable, quedan resquicios 'aproveitables' por quen a coñece mellor e ten os medios necesarios, que será en principio, quen a fixo.
Tanto en seguridade como no achegamento ó cero absoluto (por seguir a poñer exemplos 'moi parellos' os rendementos de aplicación dunha norma son cada vez menores, deixando de pagar a pena e voltándose absurdos a non ser como sinxela experimentación para ver que pasa (caso da temperatura) ou como manexo social interesado (caso da seguridade)
A foto, de xeito correspondente, das obras para tirar os galpóns en Mirasol e facer unha vía alternativa ó paso do porto, e poder pechalo sen moita protesta (ou con excusas pafra ela) a partir das normas norteamericanas inducidas pola loita 'infinita' co terrorismo.

20071123

desde hace ya bastante tiempo existen pruebas que determinan el daño físico y psíquico que el ruido causa

"desde hace ya bastante tiempo existen pruebas que determinan el daño físico y psíquico que el ruido causa" é unha cita da Ministra Narbona difundida pola Axencia EFE onte. Unha cita abondo explicativa de que hai que actuar. E abondo interrogativa de por que non se fai.

1/4 de millón en liquidar barreiras



Será nova dentro duns días, aínda que xa se sabe porque foi dada de xeito oral. O Plan de dinamización turística (PDT) parece rematar así, cunha boa obra, a súa vida. Pero non entendo moi ben, pois por unha beira díse que é para eliminar barreiras arquitectónicas e por outra dise que se vai a tratar de xeito integral a r/ Carlos III (a que comunica San Roque e o colexio Sagrado Corazón). Verase.
Mentras se clarifica, poño unha foto que me pasaron, tomada en Madrid. O que non sei é se funciona: se funcionara, ó mellor xa non faría falta. Tampouco sei o grande que é, nin onde está situado. O que si que parece é expresión dun desexo que manifesta unha realidade que comparten zonas de Madrid e zonas de Ribadeo. Como Madrid é maior, é de supoñer que máis zonas de Madrid que de Ribadeo...
E, para completar o da humanización de Ribadeo e supresión de barreiras, un banco de paz (no orde de fotos, o primeiro) baixando da Alza polo paseo do cemiterio.

20071122

Música en varios tonos ... de obra

Atópome con fotos de máis para poñer hoxe: irán 6 imaxes, todas (case) de obras. Por iso comezo pola variación, unha exposición de instrumentos realizados polos alumnos da escola de música. Polo dito, só poño a portada, non o interior. Quen quera ver os 70 instrumentos construídos, xa ten referencia.
Pode que a música deles calme as obras a algúns. En concreto, as que xa se están (re)comezando no peirao de Mirasol para derrubar os antigos almacéns. Quen quera ver porto cunhas construccións que levan aí unhas cantas décadas, que non se despiste, coido que nesta semana desaparecerán (alomenos se seguen co ritmo inicial e non esperan desaloxos de locais). E comezará despois a 'circunvalación' do porto e o funcionamento das vallas (unha volta que se repoñan parte das xa instaldas, que sufriron danos e que houbo que retirar para comezar o derrube...
As outras son xa 'vellas': do parque e de Ramón González, para ir vendo a evolución.
Mentras, a prensa da novas de que se está intentando que Ribadeo teña no polígono industrial (e non parece ser unha broma o de que terá polígono) unha estación de mercadorías. Tamé, de que os alcalde queren facilitar a matriculación dos alumnos nun centro calquera, non importando onde se resida ... posiblemente para fomentar a competencia e a calidade? E dando nota de que cáritas diocesana (que inclúe no seu territorio de actuación Ribadeo) denuncia que cada vez hai máis xente na zona que non pode acceder a unha vivenda. Cabe dicir eso de ¿Por que será?

20071121

De novo, o pleno

O pleno pasado non queda así. Dicíao ó final do post e agora téñoo claro. Segue en Ribadeo historia o documento que naquel momento pressentou a UPRi. Onte tiven oportunidade de ollear outra documentación que amosa algo así como que daquela, como dixen, a UPRi fixo o traballo, si, pero non moi ben feito e en plan polítoc, é dicir, con tendencia. é dicir, espero que en breve haxa un segundo capítulo do tema e que como moitas veces, ocorra aquelo de 'que cambie todo para que todo siga igual'; é dicir, que se lle de mil voltas para que sexa por fin aprobada a moción inicial proposta polo goberno municipal. Falábase hai unha semana de irregularidades no documento presetnado ó pleno. Agora, coa mesma contundencia fálase noutro documento non público polo momento de total normalidade. Naturalmente, nunha valoración, sempre pode haber diferencias de opinión, pero se están ben postos os criterios, non significativas, de xeito que a diferencia de puntuación seguirase a manter pouco máis ou menos aínda que sexa revisada por outro. Ah, e a aceptación de ambas empresas está conforme ás bases, non só segundo Novotec, a consultora externa, senón que parece que tamén segundo o informe do secretario do concello (que non vin). Esperemos próximos movementos, despois de que o principio de precaución aconsellara a retirada do punto correspondente da orde do día.
Axusto ó final: A Deus o que é de Deus (que é abondo) e o César, o que é do Cesar (que en relación a outros, tampouco é pouco)

20071120

Xa me lembrei: ATTAC

Xa me lembrei a que me soaba o imposto que non progresou no pleno e que se debate tamén en Viveiro: á taxa internacional sobre transaccións para axuda ós cidadáns. É unha taxa que pretende gravar mínimamente os cambios internacionais de moeda que están a contribuír a destartalar a economía produtiva mundial (en beneficio das grandes finanzas que poden permitirse o facer estes cambios debido ós recursos que teñen). Xurdiu hai cousa de dez anos e polo momento segue a ser unha idea tan só, pero collendo adeptos. Algo polo estilo é a taxa que se pretendía aquí. Claro que hai unha diferencia grande ademáis do factor da escala e as porcentaxes propostas: na taxa internacional está incluído o seu destino particular, centrado no desenvolvemento dos países pobres. No caso municipal serviría para incrementar os ingresos conxuntos do concello, esteñan ou non gastados dun xeito adecuado ou mesmo controlado adecuadamente. E é unha diferencia importante aínda que non incida sobre o feito de que é unha taxa antiespeculación.
Mentras, xa hai novas acusacións entre os electos ribadenses. Como destaquei nun post anterior, xa o representante do PP acusou a PSOE e UPRi do mesmo que me causou sorpresa a min daquela: de falar cando acordaran non facelo e de non ser verdade as medallas que se colgaron. Mentras, o goberno municipal segue incólume e perfílase non só como o que traballou o tema senón tamén como o que vai sair victorioso del.
... E parece que despois de moito tempo de derrochar auga, estamos ante o comezo dun cambio de mentalidade debido á seca que hai. Ribadeo non parece estar moi afectado polo momento, pero si Galicia en xeral. E non quedaremos fóra da tendencia. Xa non é só preguntar de onde se vai sacar auga para as urbanizacións de Barreiros. É por exemplo preguntar como se van a poder rexerar os pozos e fontes contaminadas de purín porque van facer falla. Mentras, a contaminación segue aínda que a Agricultura lle coste dicilo claramente por ser un problema que implica cambios de constumes, inversión, ... Pero agora si que está claro que a agua tamén é un problema na nosa terra. E non só porque poda haber moita, senón pola escasez de auga potable.

20071119

Para comezar a semana, comparemos


Atopei onte, a parte da carta xa publicada en 'Unha entrada da prensa', outras dúas cousas a mencionar nos medios impresos, neste caso, o El Progreso.
A primeira coido que é un escaparate político. Trátase de que en Viveiro están tamén a voltas co imposto de plusvalía que se tratou no último pleno e que en Ribadeo só foi apoiado polo BNG e rexeitado polos outros grupos, co cal alomenos de momento non se aplicará. Pero en Viveiro o goberno municipal é do PSOE, que o quere sacar adiante. Que diferencia hai entre ambos concellos para que o mesmo partido (supónse que as mesmas ideas) que votou en contra aquí sexa quen o está a impulsar alí? Algo máis que a oportunidade política?
O segundo a reseñar é sobre os horarios nouturnos. En Burela hai programada unha campaña sobre a súa aplicación que é louvada máis ou menos nun artigo de opinión na p. 18 de A Mariña. Para min eso significa dúas cousas. A primeira, que polo momento non se aplican de xeito adecuado. A segunda, que o plan non é malo (vai paso a paso, dun xeito civilizado, procurando a unión de forzas municipais coa Guardia Civil, etc). Pero non significa que se teña unha vontade de aplicación, que é polo que fallan estas cousas. E non vexo que vaia acompañado do correspondente anexo para a reducción de ruído mentras os locais están abertos e aínda despois.
A foto, dun local público que se construíu para logo ter un mantemento deficitario, o que conduxo a que a única vez que se usou non servira para moito. O forte de san Damián tivo unha vida así. Pero parece que non sirve de exemplo para a actualidade.

20071118

Unha entrada da prensa


É algo referente a Madrid, a súa movida e os trapicheos no seu concello. A min serviume de reflexión (gardando todas as diferencias debidas co noso entorno), por eso o poño. Apareceu este domingo no El País. Lembro que pulsando sobre a imaxe se pode conseguir vela ampliada...

Concerto de Santa Cecilia




Ó concerto pertencen esta foto e o folleto que ilustra o post. Mágoa que o auditorio non estivera máis cheo para escoitar ós 53+1 músicos da banda que actuaron. E que alguén do público non apagara o móbil, que desluciu o solo de clarinete de xeito oportuno, como soe pasar nestes casos.
Disculpouse a actuación do grupo de metais por razóns técnicas, pasando a actuar direitamente a banda. A presentación consistiu na interpretación dunha frase musical polos novos músicos (no caso das frautas, a dó) e a imposición da corbata.
Hoxe o Hernán Naval acollerá de novo a un espectáculo de teatro.
E domingo. Xa pasaron a limpar as rúas da movida (pese ó que estou seguro que ó baixar atoparei vidros como tódalas fins de semana), o que lembra unha nova de hoxe: 4 de cada 10 dos/das que practicam botellón corren risco de alcoolismo. Non pon nada dos que practica pubismo, pero é de supoñer que a cifra sexa semellante ou aínda superior; ó fin, o botellón abandónase a unha certa idade, abondo máis nova que o do pubismo (pero con frecuencia, en favor deste).
Son tamén novas de domingo o case millón e medio de euros que tivo que pagar Alcoa por contaminación na comarca na súa existencia. Coido que a cifra se queda curta, por algúns estudos que teño visto, pero é a efectiva no sentido de pago real, e non de valoración de suma de efectos reais.
A outra nova é de tipo social, de cambios. En trinta anos, a poboación mariñá máis ou menos mantívose, pero o número de vodas diminuiu á metade, e háille que sumar o número de divorcios, que se cifraba anualmente a nivel Galicia nun 70% das vodas. As consecuencias socias non son pequenas, dende a diminución da natalidade á estruturación/desestruturación familiar e clasificación da familia en tipos, tipoloxía de problemas da xente nova, ...

20071117

Minucias


Remato de ler dous post diferentes. Un, de José Mª Rodríguez, correspondendo coa entrada anterior de ribadeando, " As inmobiliaras, en regresión. En Ribadeo?". A outra, unha entrada do blog de Jorge Cortell que da unha idea de por que poden pasar moitas cousas 'en "democracia"'.
Acompañemos a minucia con algo máis, en plan poutpurri: o anuncio do concerto de Santa Cecilia, que se celebra hoxe no Hernán Naval ás 20:30 (e que se me esquecera remarcar) e unha foto dunha rúa do Xardín cegada que coido que é a terceira volta que a poño fotografada, dende hai ¿tres anos?
E outra máis, esta tomada do boletín de cultura do concello (a da banda, non): Ás 17.00 horas inaugúrase o primeiro andar da antiga escola das Anzas (parroquia de Cubelas)como local de ensaio para os grupos de música ... da vila.

As inmobiliaras, en regresión. En Ribadeo?



O outro día un amigo confirmoume que en Madrid xa se está comezando a nogar algo avisado pola prensa hai algún tempo: o peche das inmobiliarias. Parece que hai unhas tres veces o número de inmobiliarias que sería o adecuado (non sei quen o xulgou). O caso é que en Ribadeo polo momento non vin cerrar ningunha, e coido que se miramos un ano para atrás, téñense aberto dúas, mentras en Barreiros se superpoblaba o ceo de grúas.
Parece que a construcción en Ribadeo parou, pero a nova de que chegaron a un acordo para suprimir o pleno do luns déixame perplexo, e mesmo me fai dubidar de que en Ribadeo o tema inmobiliario vaia a sufrir un parón de ilegalidade. Resulta que despois de pedir un novo pleno por UPRi e PSOE e non ser concedido, forzalo legalmente e ser convocado ó límite polo Secretario, hai unha reunión previa e ... desconvócase. Pero non só eso. Acordan non falar nada cando antes parecía que todo o mundo falaba, e ademáis, non saen falando direitamente, pero os promotores do pleno declaran que foron eles quenes trouxeron as cousas ó rego, cando todo parece indicar que foi máis ben ó revés, qui ó último momento decidiron voltar os pés ó testo. O caso é que se prevé unha legalización. E coas cousas como as vexo (sen todos os datos que poden saber a estas alturas os concelleiros despois de diversos informes e asesoramentos) todo indica que se vai facer unha regularización duna ilegalidade sen 'penitencia'. É dicir, dando a imaxe de novo de que se poden facer ilegalidades, pois ó final xa se resolverá. Ogallá me equivoque.
As fotos, da caída de follas no Xardín de Sela e dunha regandixa curiosa á beira do polideortivo novo.

20071116

Una semana sen novas

Despois de rematar onte o relato do pleno, e obviar os rifirafes posteriores basados sobre todo en torno á petición de dimisión do concellal de Medio Ambiente e a contraréplica, poucas novidades atopo na semana.
Segue coleando non embargantes algo xa vello nos xulgados: o acordo sobre as condicións de traballo do persoal funcionario no concello. Interposto por un sindicato, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen entrar no fondo da cuestión, declara a inadmisión do recurso. a razón, que o sindicato non ten capacidade para interpolo. Non son moi hábil interpretando sentencias, e menos a traverso da interpretción da prensa, pero sóname a algo así como a non poder denunciar un asesinato por non ser o morto, e polo tanto, non entrar en consideración sobre se foi asesinato.

20071115

Pleno ó 13 (...e fin)

O punto terceiro foi o da aprobación do orzamento xeral do concello... para este ano. É dicir, algo que tivera que estar feito a finais do ano pasado (e que xa se avanzou que tampouco estará listo o do próximo a finais deste, polo demais comprensible dada a data de aprobación do actual). Foi tildado en todo momento de presuposto-liquidación por ser xa unha aprobación a auga pasada, algo que pouco máis cabería dicir que tiña que ser aprobado por xa estar gastado.
Alí ían incluídos pagos de todo tipo, como o pago á SGAE pro actuacións diversas dende hai anos, e que representou varios millóns das antigas pesetas (quen queira información sobre o tema ten numerosos artigos en internet contra este pago que de feito representa un imposto inxusto, sobre o que non é a primeira vez que falo no blog).
Ben, este orzamento incluía o financiamento de varias administracións por actividade de todo tipo. Vaia por diante que foi aprobado con abstención da oposición, o que agradeceu o alcalde e máis ou menos xa estaba anunciado. Pero eso non quitou para que, tratándose de moitos cartos, non dera lugar a razonamentos e discusións diversas. Así, UPRi tildouno de irreal, inflado, sen redución de obrigas previas, con xeración de débeda, con incremento do atraso nos pagos, etc, incluíndo que vaian 475000€ a 'gastos diversos' e críticas curiosas como que o orzamento estea en castelán ou que coa cantidade de gasto de cultura teñamos as peores festas da rotonda.
A intervención do PSOE destacou que se absterían pola corresponsabilidade de gasto ata as eleccións nun orzamento que con 8600000€ é o máis alto da historia (habería que lembrar que os presupostos tenden a subir ano tras ano, pois a inflación tamén sube, pero resulta que en xeral van tamén por arriba da inflación), un orzamento tardío que representa un incremento do 8%.
O PP tildouno directamente de mal presuposto, contra o que votarían noutras circunstancias (que non aclararon pero suponse que se refería a que é 'só unha liquidación'). Lembrou ó goberno que non procuraron acordo para levalo adiante, pero que ían 'obrar con responsabilidade'. Compararon co orzamento do 2002 en diversos puntos, como o aumento de gastos correntes e persoal (entre ambos, 69% fronte ó 63% no 2002) e a diminución de inversións (paso do 25% ó 20%), así como resaltaron os 47000€ en gratificacións ou os 65000 en comunicacións, cadruplicando neste apartado ó 2002. Asemade, deron nota de que os ingresos estaban inchados, incluíndo un aumento de 12 veces nas multas de tráfico ou de 6 nas multas urbanísticas.
Naturalmente, houbo defensa, pero coido que máis por quedar ben que por necesidade. Un par de puntos dános que os móbiles dos concelleiros rebaixaron a súa factura, pero as comunicacións aumentaron polo ADSL das parroquias e cousas por estilo, e que o aumento do orzamento responde a partidas afeitas de anos anteriores, que andan por 500000€.
Todo isto, como é natural, con tintes políticos e de culpabilidades atribuídas a uns ou a outros. Pero nada máis.

Prezos e comisións. Pleno ó 13 (V)

Onte houbo un atropello en Vicente Pérez Martínez, case no extremo da Orden terceira, sen consecuencias graves polo que parece.
A nivel un pouco máis extenso, Lugo foi a provincia española de maior alza nos prezos en outubro. Toda unha distinción, vaia. E mentras, en Madrid fan unha redada entre persoal do concello por cobro de comisións. De prezos e comisións tratou o 5º punto do outro día. Diversas taxas (non sei se quedaría algunha sen subir) fixérono relativamente ó IPC, sendo aprobadas en conxutno e por unanimidade. O lixo aumentou un 25% cons votos do BNG, UPRi e PSOE, a auga, un 5,15% cos do BNG, PSOE e PP, e as escolas municipais, un 25% co voto negativo do PP. estas últimas supoñen 10€/ano máis. A discusión centrouse no lixo, pois parece que esa subida non sería abonda, pero ó tempo, mercarase un camión, o que facilitará facer economías en reparacións... Ou sexa, que xa veremos.
Os puntos 2º e 4º foron resolucións sobre varias partidas e facturas e o recoñecemento extraxudicial de créditos para facturas 'extraviadas', algunhas do ano 1995, que se aprobou coa abstención da UPRi. Pregúntome que cara se lles haberá quedado a algún subminsitradores do concello sabendo que por fin van cobrar unhas facturas que andaban mareadas por aí. Parace ser que non é a priveira vez que 'aparecen' facturas así. Non é estrano que o concello teña fama de mal pagador.
E queda do pleno só o tema do orzamento, que merece un artigo a parte. Coido que o pleno estame a saír tan longo como foi.


Mentras, seguen a ocorrer novas en Ribadeo: onte foi a inauguración da feira no Porta da Auga. A ela corresponde o folleto que se adxunta. Ademáis, quen acuda poderá observar na entrada a valla de división entre IES (ensino xeral + administravio) e CIFP (Automoción, electricidade, construcción) que os políticos mandaron levantar entre o que xan son dous centro que se chaman ambos 'Porta da Auga'.

20071114

Pleno ó 13 (IV)

Coa madrugada dun día máis, e despois de 3 entradas anteriores no blog, os periódicos xa comezan a falar do pleno do luns 12 a auga pasada, engadindo as acusacións e peticións de onte, que despois dos desencontros na sesión inclúen a dimisión do concellal de Medio Ambiente e a sensación do alcalde de que é a petición do pago por recibir un baño a UPRi no último punto da orde do día (ó que non asistín)
Mentras, outras novas se abren paso, como de novo o parque de bombeiros, do aumento de prazas na Gardería ribadense ou que as estacións de servizo de Ribadeo, aínda coa suba, seguen sendo das relativamente baratas. O da escasez de carburante é de supoñer que se convertirá tamén nun asunto local coa aumento dos prezos, pero xa veremos.
Indo para atrás no transcurso do pleno, o punto oitavo consistía na petición (ou re-petición por defectos anteriores) de cesión de viarios a Fomento: Avda. Galicia-Voar, Parador-Rotonda da Vilavella, Rotonda Vilaselán-Voar e antiga estrada da N664 na Rochela. Foi aprobado por unanimidade.
No 7º, houbo unha sorpresa pola miña parte polo contido: tratábase doutra cousa votada por unanimidade: o asignar a cada grupo político e cada concelleiro electo unha cantidade de 500€/ano. Non é moito, pero pasou dun xeito tal que dende o público parecía que estiveran falando chino ou sinxelamente, para que non nos enteráramos. Coido que habería que discutir non cousas como a contía, senón a xustificación. E xa digo, pode que non me enterara, pero por moi xustificados que esteñan, non foron xustificados no pleno.
O 6º foi a votación dun imposto sobre plusvalías en transmisións de inmuebles e terras, que incluída unha exencción a partir dos 20 anos de posesión. Foi o único punto rexeitado, pois votou toda a oposición en contra. Eu estaría en contra en canto a tal imposto, pero coido que xa comentei no blog en días anteriores que podía ser algo que freara a compra-venda con incremento de prezo. Faouse no pleno sobre a progresividade ou non do imposto, sobre a súa popularidade en concellos veciños, ... pero do que coido que se trataba na votación era a popularidade dun novo imposto entre os veciños, e así saiu a cousa, aínda co'rematará impoñéndose' final do alcalde.
Deixo o pleno na metade, pois hoxe hai máis cousas. Por exemplo, unha pequena feira de ciencia no IES Porta da Auga esta tarde e mañá.

20071113

Pleno ó 13 (III)

A esta hora xa non só está posta en internet a primeira parte deste artigo en Ribadeando, ou a emenda da UPRi en 'Ribadeo historia', e unha crónica do pleno en A vida político-social en Ribadeo, que recomendo. Non obstante, coido que aínda queda moito por dicir. Cousas mesmo que non sairán na acta (que algún día espero sexa pública en internet, porque ma pasen para publicar, a publique o concello de por si ou por outro método).
Ben, despois do punto noveno, naturalmente, veu a luz o 10º, moción da UPRi para o plan de residuos urbanos. Xa non asistín, e remítome á ligazón que puxen antes. Pero eso non quere dicir que non de a impresión que a única oposición que 'fai os deberes' ben ou mal, é dicir, que traballa a oposición, sexa a UPRi.
O 11º, rogos e preguntas, alongouse ata a media noite. E logo, as respostas ás preguntas de O Tesón, que en síntese, segundo me transmitiron, foron (transcribo as preguntas primeiro):
1.En relación ó horario de funcionamento da Biblioteca Pública Municipal Viejo Pancho, que foi ampliado algún tempo a finais do verán e de novo segue a ter tempo de uso abondo reducido para os escolares e para o público en xeral, solicitamos coñecer se hai algún estudo de necesidades de ampliación de horario, como se vai afrontar dita necesidade.
Fará un estudo para ver a posibilidade de ampliación de horario.
2.Ante a esaxerada ocupación de espazo público que moitas veces supoñen as terrazas en determinados lugares da nosa vila, solicitamos coñecer os criterios de asignación e concesión de espazo, se existe ordenanza adecuada e se aplica, e en particular se teñen en conta a disposición de solo para uso doutras actividades non lucrativas como pode ser sinxelamente camiñar ou xogar, así como se hai disposto algún mecanismo de corrección en caso de abuso.
Di non saber a que nos referimos no caso das terrazas.
3.Despois de ter pedido a tódolos grupos do consistorio a creación dun Regulamento de Participación Cidadá, algo que o propio BNG está a pedir en lugares onde non goberna, solicitamos coñecer se o goberno municipal está levando a cabo ou ten pensado desenvolver algunha iniciativa neste sentido.
Di que a sua intención é a de facer un Regulamento de Participación Cidadá.
... en fin, seguiremos con isto do pleno ó 13 noutro momento.
*Primeira parte
*Segunda parte

Pleno ó 13 (segunda parte)

... virán máis, pero de pronto, unha segunda parte para dicir que en Ribadeo historia está xa subido o texto da enmenda de UPRi reflectida en Pleno ó 13 (primeira parte)

Pleno ó 13 (primeira parte)

Xa aviso: é unha primeira parte. O pleno de onte foi longo e requerirá alomenos doutra entrada. 11 puntos entre os que se atopaban os orzamentos do 2007 deron abondo xogo, e seguían cando abandonei camiño das 11.
Foi un pleno sen crispación, moderado, pero no que se deu a circunstancia do punto 9º, por exemplo, que non deixa de ser curiosa polo que apunta do funcionamento do concello.
Discutíase a cesión do manexo do punto limpo a Urbaser, primada por Novotec, a empresa consultora encargada do tema, sobre unha unión temporal de empresas (UTE) de Coto e Isolux Corsan. Sae unha emenda de UPRi (que espero conseguir para poñer en Ribadeo historia) onde se poñen de manifesto diversas irregularidades, dende a concesión de puntos inadecuada, pasando por contas (asignación diferente) diferentes en diferentes partes do estudo, despois de comezar porque a empresa primada, Urbaser, non aparece como xestor autorizado de todos os tipos de residuos que se requería nas bases, e que segundo parece era cousa obxecto de revisión polo concello, segundo argumenta no seu documento Novotec, e non repasa. É dicir, non hai unha inspección previa polo concello. Foi unha argumentación longa, onde caían unha irregularidade despois de outra, e que rematou coa proposta de concesión á UTE, e que motivou que o alcalde propuxera a retirada do punto da orde do día. Tomouse un receso a instancias de Balbino (PSOE) para deliberar os portavoces e voltaron despois dun bo cacho para decidir retirala. No medio, o concellal de Medio ambiente tiña chamado segundo dixo ó representante de Novotec, que se amosou estrañado, algo que foi considerado por Andina fóra de lugar. Na retirada, Coto, presente na sala, saíu facendo comentarios. Cara ó futuro, non sei por onde sairá, pero esto non creo que quede así.
Trece persoas estaban de público, o mesmo número que electos. E pasouse das 10, o que incrementará emolumentos dos funcionarios presentes.
Por certo, que despois dos comentarios á entrada de onte, teño que axustar o dito alí, pois sáeme un soldo medio mensual para o Secretario, quen máis debe cobrar no concello, superior ós 6000€ (é dicir, máis de 1.000.000 de pts), dietas a parte, o que fai se mal non me lembro, alomenos unhas tres veces o correspondente ó alcalde.

20071112

Video

... coido que a estas alturas boa parte dos que mirades o blog xa teredes visto este vídeo da cumbre iberoamericana en Chile, co incidente entre o Rei e Chávez. Por se acaso, este é o enderezo dunha toma moi completa

Sen cidadáns na rúa non hai revolución. Con eles pódese cambiar o curso da historia


A frase aparecía onte nun artigo dunha persoa que non teño por revolucionario (máis ben, ó contrario) Timothy Garton Ash, pero non por eso deixa de ser crara e certeira, de manual, para quen pretenda influír dalgún xeito na política sen adicarse a ela como 'profesional'. Ocorre que a dificultade está en como convencer ós cidadáns en saír á rúa por riba dos medos que invaden á cidadanía ós cambios, e ó poder establecido que teñen enfronte para logralos. Non deixa de asombrarme que fora posible o levantamento do pobo en situacións como as revolucións de Birmania, actualmente, ou de Solirariedade en Polonia hai varias décadas, por poñer só dous exemplos. E é que enfrontarse ó de todos os días, que aínda por riba está protexido polo poder establecido con todos os seus recursos, non é doado: hai unha barreira sicolóxica que vencer para dar o paso, a parte de chegar ó convencemento de que as cousas se poden cambiar.
Hoxe hai pleno en Ribadeo. Como lugar onde se decide moitas cousas sobre a cidadanía, un pleno debería contar cunha audiencia grande aínda nos casos máis anodinos. Dende hai un quinquenio que os sigo con certa asiduidade, raro é o pleno no que a audiencia sobrepasa o número de edís. Esta noite váise tratar do orzamento municipal. E xa sería unha pequena 'revolución' que o salón de plenos estivera cheo. Que a mesma interventora avise de que o orzamento (por certo, xa gastado na súa grande maioría, pois é o correspondente a este ano) aumenta unha débeda xa preocupante, parece caer sobre mollado. Que o secretario poda gañar máis do doble que o alcalde (dietas a parte, segundo parece; algo a confirmar) pasa como normal e desapercibido por aquelo de que os soldos son secretos e inviolables. Que poda estar comprometido no futuro soldo de ascensorista e mantemento de ascensor na Atalaia dise que non é deste orzamento. E así sucesivamente. E dicir o que estou dicindo tamén pode ser revolucionario e mesmo terrorista ou reaccionario (os calificativos, por contradictorios que sexan, son doados de aplicar)
Vémonos esta note no pleno?

20071111

Paseo ó castro das Grobas. Nota de prensa de O Tesón




Na tarde do sábado 10 de novembro, un grupo de persoas acudiron á cita da AVV O Tesón de Ribadeo para facer un paseo ata o Castro de As Grobas, en Vilaselán. Este segundo paseo, un ano despois do primeiro, compartiu a mesma finalidade: difundir a existencia do castro e o seu estado actual, na procura de que sexa analizado, tido en conta para as actuacións pertinentes e, como se di agora, 'posto en valor'. A tarde propiciou unha pequena visita antes de chegar á localización do castro, á desembocadura do río de Vilaselán. Unha vez nas Grobas, pasado o primeiro foso, houbo unha pequena explicación sobre o lugar, previa a un paseo polo contorno no que se puido apreciar ademáis a costa da ínsua e unha magnífica vista sobre toda a zona.
Asemade, foron repartidas follas informativas sobre diversos aspectos do castro.
O grupo separouse ó chegar de novo á estación de autobuses, segundo o horario previsto, ás seis da tarde e despois dun agradable paseo.
Adxúntanse varias fotos do paseo

20071110

Segue o ruído na noite.

(Publicado o 10/11/2007 na Comarca)
Poñámonos en situación: noite do 31 de outubro ó 1 de novembro, antes dun día festivo comezo dunha ponte para algunha xente. Locais nouturnos abertos. Festa mesmo nalgúns (Samaín en varios, promoción de bebida noutros, etc). O pobo, sen Policía Local.
Non é un caso illado. Ten ocorrido máis veces que nun comezo de día festivo non haxa patrulla de policía local, mesmo co goberno anterior, que prometera tela a diario.
Coido que non son o único que opino que é necesaria unha mellor vixiancia nouturna en Ribadeo. Denuncias diversas tanto ante o concello como na prensa ou de viva voz poñen de manifesto que hai zonas nas que o ruído non deixa durmir, propiciando ademáis cochambre na rúa, malos tratos ó mobiliario urbano, etc.
Todos os implicados sabemos moito sobre o tema. Tanto que en ningún escrito se logra pasar dalgunhas pinceladas que non reflicten máis que unha mínima parte do que sucede. É doado dicir que hai máis xaleo no verán (aínda que na realidade sexa máis frecuente, pero sen ter por que ser máis acusado cando o hai). Algo menos, expresar que moitas veces temos que aguantar o ver como o incumprimento de normas e as trampas por parte dos locais se pasan de longo para atacar só a competencia, o botellón, e é difícil expresalo. Mesmo vemos como hai unha campaña de promoción da movida co gallo da reducción de accidentes (canta xente con carnet e coche usa o noitebús?) e pasa por inconveniente o dicilo. Podemos transmitir por exemplo que non se pode durmir, ou que houbo iste ou aqueloutro vandalismo, pero é difícil transmitir que ó achegarse a noite, debido a anos de ruídos nouturnos, xa se teña un unha sicose de estar escoitando música, ou un medo cando se achega a fin de semana, ou irascibilidade, ... Aínda se lle nota a moita xente o medo a falar alto e claro dos seus dereitos conculcados e non sería a primeira ameaza recibida por tentar ter efectivamente eses dereitos. E máis difícil aínda coller todas estas cousas xuntas, e outras, e plasmalas. En Ribadeo é moito máis fácil telas que sufrir de novo.
Señor alcalde, non nolo faiga máis difícil.

Pleno


Luns, o pleno ordinario tradicional (preguntas de O Tesón incluídas). A base, o orzamento deste ano 2007, que non é sen tempo que se aprobe, despois de ser comezado a gastar en boa medida no mandato anterior. E cuestóns técnicas anteriores á súa aprobación: intervención advirte que un ano máis, gástase máis do que se ingresa e que a posibilidade de movementos financieiros para poder dicir que todo está baixo control estase agotando. é dicir, que a débeda do concello aumenta e por contra, créanse unhas espectativas de crecemento de servizos (e mantemento doutros) que non corresponden coas reais. E iso que polo mometo non está construído o ascensor, por exemplo. E que levamos anos con crecemento mantido (que é diferente de mantible) na economía española por riba das do noso entorno. E que está previsto que dito creceemnto se ralentice.
Atopeime o outro día co resultado dunha investigación sobre as formigas: descubriuse que saben cando van morrer. E así, cando sinten próxima a morte, actúas máis a curto prazo en favor da comunidade, arríscanse máis nas súas saídas do formigueiro, pois calquera 'éxito' é máis rendible en relación á vida esperada que o 'traballo de formiga', e os fracasos (perder a vida) non importan tanto porque xa van morrer. Certamente, é outro contexto, pero no tema do orzamento parece que é xusto ó revés: cando o alcade de turno sinte máis próxima a súa defenestración, gasta máis frenéticamente os recursos que debera de administrar dun xeito mellor para mantelos hábiles para ser aproveitados polo seu sucesor.
A foto, un obscuro contraluz da ría de Ribadeo ó fondo vista dende as vivendas de pescadores de san Miguel. No medio, o parque en primeiro termo e a capela.

20071109

Novas internas



Hoxe as novas teñen para min certo aire de 'internas'. Unha delas, o paseo organizado polo Tesón ó Castro das Grobas, xa ten post. Outra é a da presentación da Feira da Ciencia deste ano, segunda parte, que terá lugar o 14 e o 15 deste mes, e que corresponde á seguinte nota de prensa:

Resume de datos sobre a feira de ciencia:

Organizan:

IES Porta da Auga + Asociación Cultural Xerfa

Subvencionan:

Semana da Ciencia + Ano da ciencia 2007 + Dir. Xeral de investigación, desenvolvemento e innovación Xunta Galicia (prog. Diverciencia)

Data, lugar e hora:

IES Porta da Auga, Ribadeo

14 e 15 de novembro

16-20h.

Traballos previstos:

Cogomelos (exposición previa, 7-9 nov.)

Convección

Aceleracións inerciais

Timbre salgado

Variables dos tornados

Depósitos fluviais

Tensión superficial

O motor eléctrico máis sinxelo

O punto cego

Flota ou mergúllese?

Estudo da dilatación dos metais

Experiencias con nitróxeno

Mesa de billar trucada

Dermatoglifos

Modelos xeolóxicos

A idade dos peixes

Diafragma: músculo respiratorio

O baile dos confites

O globo faquir

Participantes:

Diversos alumnos do centro

Obxectivos:

Extender a comprensión e o interese pola ciencia

--
Claro que non son as únicas noticias: O concello ten preparados os orzamentos, que representan un 18% máis de gasto de persoal, que representan máis do 42%. A distribución orzamentaria sempre é interesante.
Asemade, vai a haber reformas no Parque de san Francisco, que en relación a outras, diría que son 'de lavado de cara', aínda que se notarán por parte de quenes camiñamos por el, pois vai dirixido en parte á calzada destrozada da antiga estrada. Por certo, inclúen a retirada dun monumento da época de Franco.

20071108

Aviso de Paseo ó Castro das Grobas organizado por O Tesón

Asoc. de veciños O Tesón



Paseo ó Castro das Grobas

O próximo día 10 de novembro de 2007, sábado, ás 4 da tarde, na Estación de Autobuses de Ribadeo, terá lugar a saída do paseo para o Castro das Grobas



Horario previsto:
16:00 – Saída
16:45 – Chegada ó Castro e visita
17:15 – Retorno
18:00 – Chegada á Estación de Autobuses

Verbas e obras





Chamáronme a atención as verbas do alcalde que foron publicadas onte nunha separata con motivo da declaración de reserva da biosfera: 'Non é unha meta de chegada, é un punto de aprtida para o noso concello, o de Ribadeo, que aporta a maior porcentaxe de poboación de todos os municipios. Fumos recoñecidos por un territorio herdado e agora temos que lograr melloralo'. O da reserva parece que se revisará ós 10 anos, co que máis vale ter en conta esas verbas... e seguir mellorando (ou mellorar a secas) en múltiples campos, como na separación da recollida de lixo, que segundo Horacio Cupeiro, concelleiro do ramo, mellorou dende unha desfeita do 51% a unha do 41º% dende que temos novo goberno municipal: é dicir, de seleccionar de xeito adecuado menos dun 50% do lixo pasamos a un 60%. Nese campo tamén se vai a mellorar o saneamento na área rural. Coido que é convinte para separar máis claramente o saneamento das vivendas do das explotacións gandeiras, un primeiro paso necesario para que tamén elas melloren o seu tratamento de puríns, esos que a nivel Galicia están envenenando os acuíferos e que constitúen un gran problema.
E seguimos. O anterior verase acompañado moi probablemente no próximo pleno ordinario por un aumento do canon de recollida de lixo. Será polo de maior eficiencia?
... e aínda máis: o alcalde pretende (non sei se falou coa oposición) un imposto do 3% sobre ganancias patrimoniais en compravenda de inmuebles e fincas urbanas. Pois mira, coido que ata podería ser un dos puntos que baixara a presión sobre a alza de carestía da vivenda: compraríanse menos vivendas para facer negocio con elas. Habería que lidiar, eso si, cun problema coñecido: o ecriturar inmuebles por menor contía que a da transacción.
En fin, un día dos repletos de novas. As fotos, de obras diversas no concello: remate dos vestuarios do pavillón vello, detalle dos pasos elevados 'anti carreiras' no paseo marítimo, o novo parque infantil preto da Piscina e aviso de comezo das obras de segregación do IES e o CIFP 'Porta da Auga'.

20071107

O pan e a vivenda



Guerra de prezos. Ese é un titular de hoxe. O artigo básico de alimentación ten prezo variable en cada establecemento. O que non sei é se as normas sobre peso (cantidade) e especificacións (calidade) seguen a ser comúns. Básico para alimentarse, pode ser tamén base da picaresca. Deso, da picaresca, non trata nada o xornal, pode que porque se se di algo, despois hai que demostralo, e aínda que sexa certo e constatado, pode ser dificultoso facelo de xeito documental, que é o final o que conta.
Como dereito fundamental, despois da alimentación, ven a vivenda. E diso se trata estes días tamén en Ribadeo: xa foi convocado o pleno pedido por PsOE e UPRi sobre o tema de legalización de inmuebles. O sábado 17 ás 12 horas. Como me soe pasar abondas veces, non sei se poderei estar. Pero de seguro que o salón estará cheo, pos hai moitas persoas afectadas pola aprobacion (lémbrome do 'afectas' que se usaba noutro réxime anterior a este, cando o 'Caudillo', e si, tamén afectas). Mentras tanto, o alcalde tenta ter máis tempo para ter unha solución parcial (xa avanzou que solucionar o papel a todos os afectados vai a ser imposible) e mentras lle botan en cara non convocar o pleno (tívoo que facer o Secretario unha volta finalizado o prazo legal), el contesta que non entende que lle reprochen iso cando se deixou pasar o mandato anterior sen presentar alternativas. Alternativas que de calqueira xeito, válidas ou non, xa foron presentadas mesmo no blog. Que satisfagan á xente ou non, eso xa é outra cousa. E claro, en política, hai que contar con ela, aínda que precisamente por iso, ás veces se vexan aberracións por contar coa xente que non se debe e deixar de lado a outra.
As imaxes, dous tellados habitados de vivendas ribadenses.

20071106

Pancho Maseda


Morreu Pancho Maseda. Para min, ,a nova máis importante de onte en Ribadeo porque significa pasar unha folla da historia, se considere como se considere ó persoeiro e á persoa. Como dixen onte na radio, pouco o coñecía a pesar de ter mantido aínda algunha charla de tipo filosófico-medioambiental algunha vez que pasei pagar pola súa tenda. Alcalde franquista (é dici, a dedo), sei que tiña incondicionais aínda no campo socialista e que tiña fama por ter deixado facer o antroido naqueles tempos que estaba prohibido. Escoitei tamén onte no debate que axudara a algunha xente, e coido que a impresión entre a xente do seu tempo era que era boa persoa. Pero tamén había quen non o tragaba e o tiña por expresón de facha sen moitos paliativos. Sexa como sexa, para Ribadeo era historia, e como persoa, q.e.p.d.
Un pode lembrase del por exemplo, cando le hoxe no periódico que os políticos voltan privarnos do parque comarcal de bombeiros despois de moitas promesas incumpridas e peticións varias por aprte de colectivos e traballadores que dalgún xeito tentan paliar que non esteña en funcionamento un parque de bombeiros que leva xa varios anos parado.
E, mentras Ribadeo ten que pagar dereitos en abundancia por cousas como que soe música nas festas (si, hai que pagar por cada canción tocada nas festas a parte de facelo ós músicos, por exemplo, ou por cada libro mercado para a biblioteca a parte de pagarllo á tenda, mesmo aínda que sexa un agasallo como os que lle teño feitos cos meus que especifican ben clariño 'licencia creative commons', como o blog, e que é unha usurpación de dereitos por parte da SGAE), váise celebrar o primeiro festival '100% SGAE free', 'dicir, libre dese imposto revolucionario de dereitos de autor porque todas as obras empregadas serán libres de dereito de cobro SGAE (algo así como se todos os libros da biblioteca foran editados con licenza 'creative commons' como este blog; así, os da $GAE non poderían alegar falta de distinción entre uns e outros). E é que o tema das liberdades, xa o teño dito máis dunha volta, gáñase día a día mentras pode perderse segundo a segundo.
A foto, ilustrativa dunha liberdade que queda: a visión de Mondoñedo dende o alto da Toxiza.

20071105

A proliferación de portos deportivos é un perigo para o litoral

A frase está extraída dun artigo sobre a destrucción do litoral. Por aquí parece que aínda nosa topamos a un nivel abondo inferior ó do Mediterráneo, cunha media en valencia de 10 cada 100km de costa. Cabe pensar que, de calquera xeito, non poden contar os quilómetros de costa aquí, que da unhas cantas voltas, que en Valencia, con abondo menos entrantes. E entón é cando un lembra o proxecto de segundo porto deportivo para Ribadeo, na zona de a Vila Vella, zona protexida... que vai comezar por ver o paseo marítimo alongarse á súa beira, lembra cando se podía nadar pola ría sen medo a que unha modo te auga a todo trapo ou tamén a todo trapo unha motora cuns esquís acuáticos detrás lle segaran a un a cabeza, e comeza a darlle voltas que este mesmo sábado pola tarde (novembro) había en Augas Santas tanta xente de visita como posiblemente hai dez anos pasaron por alí en todo o verán, e comeza tamén a marearse coas conexións posibles.
Claro que habería que distinguir moitas cousas, ó que ó final resulta imposible, podendo tomar decisións erróneas ... (quen poidera librarse delas!). Pode que a frase anterior veña en parte influenciada por o 'Angel de Olavide' e o seu blog, que aquí da un premio a Ribadeo, sorprendentemente non por a súa beleza como pobo ou os seus arredores, as praias, a ría de Ribadeo, ... non, senón que :"PUEBLO EJEMPLAR: Ribadeo. Por el carácter de sus vecinos, que no se casan con nadie."

20071104

Sobre dereitos e intimidade na era electrónica

Coido que debo poñer unha ligazón a unha reseña (que leva logo a un artigo enteiro se se quere) sobre incongruencias que se están a permitir pola sociedade, ó pasar dos dereitos propios, que se dilapidan como os herdeiros dilapidan ás veces o capital gañado con moito traballo polos seus antecesores. O que me leva a poñelo non é a súa estreita relación con Ribadeo, senón cos dereitos, tamén, dos ribadenses actuais e do futuro. Lembroume aquel poema de Martin Niemöller, teólogo protestante que loitou contra o nazismo polo pacifismo e ecumenismo:
Primeiro viñeron polo comunistas,
pero eu non era comunista,
non alcei a voz.
Logo viñeron polos socialistas e os sindicalistas,
pero, como como eu non era ningunha das dúas cousas,
tampouco alcei a voz.
Despois viñeron polos xudeus,
e como eu non son xudeu,
tampouco alcei a voz.
E cando viñeron a por min,
xa non quedaba ninguén que alzara a voz
para defenderme.

Novidades en Ribadeo


Se nos fiamos da prensa, poucas novidades hai estes días en Ribadeo. A máis reseñable, a creación dun club de motos, o motoclub Alcorte. As outras, por exemplo a potenciación do Vello Pancho, non son novidade porque non presentan nada novo. Teriamos que ir ás novas de Mondoñedo, por exemplo, co seu congreso de escritores Galeusca, xuntanza de galegos, vascos e cataláns escritores, para ter algo de máis relevancia.
Chámame a atención que non haxa nos diarios (alomenos en versión internet) reseña da presentación de onte do libro de toponimia. Claro que unha presentación así pode ser considerada minoritaria. A foto corresponde a un momento no que o autor estaba reseñando algunha das características do libro,do que expuxo sucintamente a súa xénese, os seus obxectivos, o método de traballo, ... ilustrándoo con algún exemplo concreto tomado do mesmo. Antes del eu fixen unha primeira introducción ó autor, ó tema e ó libro, e Marcelino Zapico puxo unha base de tipo sociolóxico lembrando por exemplo as estruturas que aínda perviven no rural e que serven como axuda á comprensión do mantemento dalgunhas verbas contempladas e explicadas no libro. O público mediou o salón da Casa das Letras, pero puiden comprobar despois de saír que, a pesar dos carteis anunciadores, houbo xente interesada que non se enterou.

A miña intervención na presentación do libro 'Estudio sobre toponomía en Ribadeo'

3/11/2007 – Presentación 'Estudio sobre toponimia de Ribadeo'

Grazas a todos e a todas por estar hoxe aquí neste acto de presentación ó que dou comezo. Teño que dicir que incentivou o meu orgullo que José Mª contase comigo para a presentación dun libro que vin xestar na distancia e que se escapa da pequena área de coñecemento á que estou afeito. Engado ó anterior que José María é unha persoa que me ten ensinado moitas cousas (non só de coñecementos, senón de actitudes), cantidade que con este libro viu aumentar o seu tamaño.
Recoñezo o valor da palabra, da lingua. De feito, comezo unha parte das miñas clases, a da formulación química, coa seguinte cita: 'unha lingua pode ser difícil de aprender, pero o froito da súa aprendizaxe é fermoso e rendible: permite comunicármonos'. Pode dicirse que nese nivel me quedo no uso da lingua.
Pero tamén sei que hai diferentes niveis de comunicación, con distinta profundidade, e o mesmo que ó escoitar algo de inglés pérdome con facilidade, vexo que cando non coñecemos o significado das palabras máis que co da inmediatez que da a súa asociación a unha imaxe, por exemplo, estamos a perder algo de coñecemento e de relación, quedándonos nunha comunicación cun rendemento baixo que non nos permite aprehender a substancia conceptual desa figura. É dicir, segundo a experiencia de cada quen coas verbas que usa (que emite e que escoita), a lingua pode supoñer algo moito máis profundo, pasando a formar parte da historia, da cultura, mesmo do propio ser. É a ese nivel ó que nos leva o libro de José Mª falando da toponimia ribadense.
Visto así, aínda a pesar do título, non é un libro sobre toponimia. Ó menos, non só. É un libro sobre o significado das nosas circunstancias, isas ás que Ortega y Gasset lles daba o mesmo estatus que ó propio ser anterior co seu 'yo soy yo y mi circunstancia'. Dende a experiencia persoal, tamén foi para min a súa letura un crisol no que fundir o novo e o vello a causa da toponimia.
Despois de ler o libro, atópoo sinxelo e rigoroso. Obxectivo. Pero non aséptico. Monte húmido, praia do maiorazgo, son novos significados de lugares que antes non me dicían máis que a súa imaxe actual. O relacionar o Mondigo con lugares portugueses ou da Coruña afírmame nalgo que intuía que tiña que ser así, que tiña que ter unha relación, pero sen antes saber nin cal nin o por que.
Dicir por último que me chamou a atención que, á procura do gazapo para ter algo que contar non sendo técnico na materia, aínda a costa do autor, só atopei para reseñar o da portada, na que aparece un mapa das parroquias ribadenses que di 'escala 1:50000' cando a realidade é que a esa escala o mapa non cabería nunha folla co formato do libro. Un erro (pode que sinxelamente unha referencia fotográfica e non un erro) derivado non do autor, senón do tratamento gráfico, e algo que se me antoxa xustificación do mesmo libro, pois o seu interior tenta construír uha visión en perspectiva do noso contorno e deixalo no seu auténtico tamaño e escala: páxinas densas de circunstancias, historia e nomes que nos axudan a ver de onde vimos e quen somos.
Cedo a palabra a Marcelino Zapico.

20071103

Un novo contubernio xudeo-masónico?

Hoxe, sábado 3 de novembro de 2007 aparece na Comarca un pequeno artigo asinado de xeito anónimo como 'Pichi'. Para quen non esteña enterado, ese seudónimo deu pé a outros artigos anteriores do que poderiamos chamar 'crítica política', por chamarlle algo. A ampliación sucesiva da culpabilidade do malo que sucede no concello (tapando ou non considerando algunha hazaña dalgún grupo político), dende pouco despois das eleccións municipais, pasou dende ó equipo de goberno, primeiro polo principal grupo da oposición, para estar agora xa na asociación de veciños, alomenos na persoa de tres membros da diretiva relacionados coa mesma, entre as que me atopo. Claro está, como manda o estilo mantido, tamén con alusións e non con nomes. Só dicir que as acusacións verquidas e sucesivamente ampliadas fan delas unha nova versión daquel 'contubernio xudeo-masónico' de tempos pasados, pero neste caso, curiosamente invocado dende unha oposición non só resentida, senón desinformada. Está visto que, por exemplo, o autor non pasa moito por este blog.
De calquera xeito, si teño que darlle a razón nalgo a 'Pichi': nin o Tesón, nin eu, estamos 'dicindo' tantas cousas deste goberno como do anterior. De calquera xeito, as causas son outras. A primeira, a estas alturas do anterior goberno non dicíamos moito máis (aí están os rexistros escritos en papel ou en formato dixital para corroboralo). A segunda, en valor absoluto, o anterior goberno (do que formaba parte tamén a maioría do equipo de goberno actual, non me esquezo) perpetrou abondas máis tropelías que as atribuíbles ó actual, o que, co pouco tempo que leva, pode xa equipararse en realizacións positivas.
Ben, mesmo no estilo, téñoo claro: prefería a aquél 'charamuscas' do século pasado.
Deste 'Pichi' agradezo que me equipare a dúas persoas que aprezo. Por certo, remata cunha cita de dúas verbas alemáns, 'Deutsch Grüsse', que lle conviría revisar se é que as puxo por algo máis de pola crenza de que non se lle entendería.

Comentario dunha conclusión en torno á vivenda

'Os poderes públicos non tratan a vivenda como un dereito humano fundamental, senón como unha mercadoría'. Parece que coñece ben quen fixo o titular, conclusión dun documento, a algúns gobernos municipais, autonómicos e tamén nacionais. Parece mesmo feita para a Mariña, coa preponderancia en importancia da compra/venda e a ganancia correspondente sobre a posibilidade de acceso á vivenda ou sobre o uso adecuado do xhan respecto á sustentabilidade ou medio ambiente. Máis o documento non foi feito pensando en Ribadeo, nin tampouco na Marña, Nin tan siquera en Galicia. Non é adicado a España: o problema é compartido en moitos lugares, e polas condicións sociais e económicas hai moitos que están peor. O documento é o resultado dunha misión conxunta da ONU e a 'Comisión Nacional de Observación do Dereito á Vivenda' do Brasil. Pero, digo eu, eso cambia algo a validez da conclusión?

20071102

Estudio sobre toponimia de Ribadeo


O título corresponde ó libro que se presentará mañá sábado 3 de novembro na Casa das Letras ás 20:30 horas. O autor, José Mª Rodríguez Díaz (autor asemade de Vida político-Social de Ribadeo) será acompañado na presentación por Marcelino Zapico e por min. O título di xa o tema (abondo diferente do que en xeral ocupa o blog), aínda que logo o interior poda sorprender ós non avezados o vello unido ó novo tendo a toponimia como punto de unión. Coido que se podería dicir abondo máis, pero despois das tres entradas de onte, reservarei para a presentación.

20071101

Un anuncio como terceira de hoxe


... a lotería de O Tesón está na rúa. Aínda non tocou nunca, logo é de esperar que cada vez esteña máis preto o día en que si o faga.

Do concello e dos veciños


Onte, por segunda vez e menos dun mes, un regueiro de aceite caeu dun dos contenedores entre a r/Viejo Pancho e a r/Pasarón y Lastra. esta mañá, cando escribo, xa está sendo limpado a mangueirazos con presión por operarios municipais (Grumir). Coido que debeu ser moito máis sinxelo botar o aceite nun sitio totalmente inadecuado que a súa limpeza (antes da limpeza eu mesmo puxen un cartón na porta da casa e alguén botou serraxe, o que non impideu que se formase unha certa empanada na rúa. Certamente, a educación da cidadanía é o pilar dun pobo e a súa limitación máis importante. Ó igual que o é a colaboración, o non tirar cada quen cara a un sitio diferente.
Por ámbalas cousas, a bondade das boas relacións entre veciños e estrutura municipal, comezando polo alcalde como xefe da mesma. E por eso unhxa xuntanza que tivo lugar onte entre representantes da asociación de veciños e o alcalde máis o concelleiro de medio ambiente. Foi unha primeira xuntanza, para lembrar que todos somos veciños (incluído os munícipes) con problemas que resolver en conxunto, unha oferta de colaboración e un dicir as liñas de actuación prioritarias. De seguro que falaremos máis ó longo do mandato destas xuntanzas.
Mentras, dicir que a foto pertence á obra de Ramón González onde anteonte á tardiña houbo o escape de gas.

Espazo en doazón






Andivo estes días en boca e letra de ribadensess o asunto da posible doazón do que queda do espazo mercado polos 'Amigos da Gaita Galega' para a construcción dun asilo. Lembrando, xa foi cedido espazo para a ampliación do IES Porta da Auga e para a construcción dun polideportivo, o 'polideportivo novo', ambos visibles nas fotos. É máis, a valla que separa o terreo do do polideportivo está sen rematar polo final, como se quedara dun xeito indefinido o límite (ver foto).
Pois collín e, xa que non ten cancela nin nada, metínme no terreo e á beira está aprrte do resultado. A lembrar tamén que hai máis de 20 anos foron pagadas daquela unhas 30000pts (180€) por algúns socios (atención, só por algúns) para a súa adquisición, e logo construír locais e demáis nos que eles terían preferencia. O que se fixo foi unha pista de tenis, a que aparece nas fotos, e a construción anexa, e coido que se pode apreciar abondo ben o estado actual de todo.
A lembrar, que a pretensión dunha ducía de socios é a súa cesión para un asilo onde terían algunha preferencia os 'Amigos'.