20080516

Marcando pautas


Hoxe algúns cativos de Ribadeo marcarán pautas. Farano na Pontenova, onde haberá un concerto didáctico a cargo da banda infantil. E mañá, concerto das letras galegas pola Banda Municipal de Ribadeo. E pasado, á Estrada de novo a banda infantil. É dicir, o papel pautado funcionará esta fin de semana a todo trapo entre a xente de Ribadeo afeizoada á música, en particular entre os pequenos.
Boa iniciativa a de retomar os concertos didácticos longo tempo esquecidos e que causan un agradable impacto nos pícaros que os contemplan, ó tempo que tamén o fan nos que os presentan. Pode que non estivera mal unha extensión dos mesmos para xente maior: un xeito de aproximarse á música que non houbo oportunidade de poñer en práctica para a xente de certa idade cando era máis pequena. É dicir, outro xeito de sentir a música e aprender dela/con ela, ó tempo que gozar dela.
E coincide tamén hoxe o festival conta o cancro no Hernán Naval, con 16 intérpretes afeizoados nesta terceira edición.
Mentras, en boa medida contra a música, unha nova nos xornais nos lembra que a Sociedade Xeral de Autores pode cobrar mesmo por poñer a radio nun local público e sair un pouco de música polo medio. O concello ribadense acordou hai non tanto o pago de 30.000€ por dito concepto. Díxeno no seu momento e repítoo agora, ante catro actuacións dun xeito ou outro relacionadas co concello (banda 'municipal', banda infantil 'da escola municipal de música', actuación do cancro no auditorio 'municipal'), que debera rebelarse a pagar igual que o ten feito xa abonda xente, e pleitear con xeito: coido que a facura veríase reducida, igual que en casos de particulares sinxelamente se viu eliminada por determinadas circunstancias. É unha política de non loitar contra os poderosos e avasallar ós débiles a que xa ten historia no concello e que se debera finalizar dunha vez por todas. En fin, voltando ó da SGAE, é unha guerra moi particular. Animo a poñer nun buscador 'contra SGAE' e mirar algunhas das páxinas devoltas da procura.
... e debería aforrarse cartos para pagar a suba da escola de música. Suba á que non me opoño (coido que é a de menor importe de matrícula de todas as do entorno ata ben lonxe), pero que con oposición ou sen ela significará un pico se se confirma que este ano sexa dun 25%. É algo así como como subir ou morrer de éxito polo número de matriculados, a unha media de case 600€ de gasto municipal como subvención. Claro que por outra parte, si considero que a cultura pode ter subvención como xeito de mantela, pois é un ben público (... e de pronto caio no tema da ría, que tamén é un ben público ...), e asemade, que a xente de fóra que ven a Ribadeo á escola remata xerando ingresos extras para o comercio, hostalería, etc.
Trinidad, Fonte Cavada e Amando Pérez serán serán 'melloradas', pagando un 80% a Xunta. E tamén aparece nos xornais unha proposta da alcaldía dunha especie de 'zona azul limitada'. Verei con calma a cousa, xa que nunha ollada rápida, polo momento paréceme que discrimina ós ribadenses fronte ós visitantes.
A foto, das obras da ponte hai xa uns días, amosando un pico en San Miguel que non aparece nos planos do PXOM.

3 comentarios:

Mariano Grueiro dixo...

Coido que o concello de Ribadeo faria millor invertindo esos 30.000 nunha boa demanda a SGAE. Teria que utilizar, nos concertos públicos de executantes privados, partituras suxetas a unha licencia non comprometida, como calquer tipo das Creative Commons.

De seguro que isto tería unha boa repercusión mediática. De non facer nada, hoxe pagamos por isto , e mañá pagaremos por ler libros. O concello pagara por libro lido.

Lembremos que a SGAE e definida coma unha sociedade de xestión de dereitos de autores...e executantes. A ver, para que vostedes vexan o ridiculo da situación: ún neno de 8 anos que toque o clarinete vaille pagar a SGAE?
E dicir, deses 30.000 euros, suponse que parte dos cartos e para pagar en parte os autores das partituras ¿Verdade? e parte os executantes ¿non si? so que boa parte dos executantes don menores ¿enton o concelo de Ribadeo xunto cos 30.000 euros demandara a SGAE reclamando unha parte para os executantes ribadenses que non señan socios da SGAE? E que se non se fai isto o concello está esquilmando fondos públicos para darlos a SGAE.
A ver se no concello e na SGAE pensan que somos parvos. Parvo será o que solta CINCUENTA MILLONS DE PESETAS como se nada.
CINCUENTA MILLONS DE PESETAS invertidos en farolas urbanas de diodos (LED) aforrarian moitos cartiños.

Mariano Grueiro dixo...

E falando da zona azul: que pasa coas bicicletas. Lembro que hay varias lexislaturas, o único caso de aparcamento de bicis eran uns ferros para enganchar a roda de diante, xunto un aparcamento de motos, na praza de españa, diante do cubano.
Ben, lembro máis dun e máis de dous conductores, sacando de ahi as bicis porque lles "molestaban" para aparcar o coche.
Iso pasaba porque non habia protección fisica lateral de ningun tipo para este microaparcamento de bicis.
Como habia problemas de que varios mozos vaixaban a toda velocidade coa bici polas catro calles, a solución foi prohibir pasar por alí coa bici.
De xeito que se queres utilizar a bici para ir o concello, terias que dar o rodeo pola rua San francisco, que tamén e agora semipeatonal. E depois coller pola rua, sempre ateigada de coches. haberia sitio para facer un carril bici coa sua calzada independente en lugar de un aparcamento de coches ou en lugar de zona azul
¿e que os politicos de hoxe en dia non teñen ideas ou que?
Lembro nos oitenta a Ribadeo con moitas máis bicicletas que agora. a xente de idade collia a bici, hoxe dariame medo, posto que permitese estar dominados polos coches.
O dito, os políticos deben pensar que os cidadans somos parvos e non nos damos conta do que fan.
Menos coches oficiais e máis bicis.
Non estaría de máis facer aparcamentos de bicicletas, e que de paso estes tivesen toma electrica para os que teñan bicis eléctricas.
Claro, gastaron cinco millons de pesetas en pagar a SGAE.

Mariano Grueiro dixo...

Que o concello se faga socio da EXGAE, e unha asesoría seria e sairalles máis barato e aforraranse uns millons (para invertir en farolas leds e para aparcamentos de bicis). De nada polo consello.