20080527

Sic transit gloria mundi


    Collo unha foto xa vella tomada no escaparate de Foto Miguel, do día seguinte ó enterro de Calvo Sotelo. Fáigoo un día no que di a prensa que a familia ve con bos ollos unha homenaxe.
    Teño tamén unha foto do mesmo día seguinte no cemiterio, que non poño porque non quero que se considere unha falta de respeto: os mortos meréceno e Calvo Sotelo non é unha atracción turística. Pero o certo é que aínda a semana pasada uns foráneos ('barceloneses', dixeron) estaban á procura da tumba no cemiterio. E con ela, das da familia. Non é estrano, pois non ten ningunha identificación, pero lembreime deses cemiterios onde se acubillan persoeiros diversos e se converten en lugares de peregrinación para seguidores. O cemiterio estaba vacío e atopei o tarro de vidro con flores que adornaba a tumba tirado. As fotos de Miguel amosan que o día do enterro, o paso non estaba baleiro nin mesmo pola volta turística que deu o coche fúnebre pola súa casa, o porto deportivo, etc.
    As novas de hoxe son sinxelas: a parte da antedita, os ganadores do concurso de tapas 'Ribadeo de tapeo' e que o surtidor de Ribadeo 'Eroski' deixou de ser o máis barato da provincia. Respecto desto último, noto unha cousa en xeral: o gas-oil é de peor calidade que hai cousa dun ano, pois rende menos. E non só o de Eroski.

1 comentario:

Mariano Grueiro dixo...

E certo Antonio.
Sempre preferin utilizar o diesel barato pero cambieme o "mellorado" porque últimamente a diferencia e esaxerada.
Nos concesionarios de coches seguen sen dicir a verdade: que dende o 1 de xaneiro de 2009 , só existirá o diesel "mellorado".
Analicemos que é cada cousa.
A maior diferencia e a porcentaxe de xofre. O diesel bo ten menos de 10 ppm (partes por millón) mentres que o normal ten máis de 50

Na práctica, aparte disto, tamen teñen diferente índice de cetano.
O cetano no diesel fai que a maior porcentaxe, maior rendimento. O coche "anda máis kilómetros".

Coma so quedan 6 meses de gasoil "barato",agora xa utilizo so o outro. Xa non e -so- o tema medioambiental, que que rinde máis. Se compense ou non económicamente, asique-asique dependendo de moitos outros factores. Pero e que a este paso realmente entre utilizar gasóleo C e gasóleo A normal, so hay de diferencia un multazo e un colorante.

Eu xa estou pensando en adaptar o coche para que funcione con aceite vexetal. Agora estou a buscar locais de hosteleria que me cedan o seu aceite de fritir. (fágolles un favor co tema medioambiental)
Con este aceite, unha serie de aparatos de ultrafiltraxe na casa e un motor adaptado (bomba bosch, doble depósito, requecemento eléctrico do circuito de inxección, ordenador para o control da transición de combustible, intercambiador térmico) pódese funcionar con aceite o mesmo que con diésel.
Para aforrar combustible, o millor e a conducción eficiente. Todo chegará. Coma o retorno das bicicletas e os motocarros nas vilas, esta vez con motores eléctricos