20081209

O porto de Ribadeo e a súa actividade

    Deixo a película dunha secuencia de carga de pasta de papel no peirao de Mirasol. Coido que é unha actividade importante, e despois da manifestación 'ría si, nave non', debemos axeitarnos a contribuír dalgún xeito á mellora sen impactos negativos da actividade económica. En caso contrario, voltaremos a afrontar dentro dalgún tempo outro recheo, nave, ... que irán nun sentido que non queiramos: Os que non somos empresarios tamén podemos contribuír ó desenvolvemento económico de Ribadeo, aínda que non sexa cos mesmos criterios da economía que se trata de impoñer moitas veces como únicos.
 

7 comentarios:

Anónimo dixo...

Coido que a actividade no porto de Ribadeo dentro de uns meses vai ser practicamente nula. Ide olvidando a carga de pasta de papel. ¿Ou non recordas que a papeleira vai usar o tren para envialos ao porto de XIXÓN? ¿Esto porque? Porque non sei eu quen "seria" os que se opoñeron a nave na ría. Ai si, si que sei, foi unha persoa que se atrevía a decir si os pilares da plataforma que ia soster a nave, resistían ou non (seguramente sen coñecer o proxecto en si, simplemente din: plataforma na ría, e eles dín: NON) ¿Acaso coñecias o proxecto da nave? ¿dimensións da nave? ¿perfiles dos pilares? ¿sistema de apuntamento ó fondo da ría? ¿sistema de carga e descarga? ¿colocación do sistema de manuntención para a carga e descarga? ¿profundidade dos pilares? ¿material dos pilares? ¿como afectaría eso ó fondo da ría? ¿en que aspectos afectaría?

agremon dixo...

... polo comentario anterior, penso que ó mellor alguén cre que me voltei atrás na postura mantida sobre a nave do porto. Pois non. En absoluto.
Pero unha cousa é opoñerse a algo que un cre que está mal feito e outra moi diferente ir contra todo ou non axudar a que todo vaia o mellor que se poda. Coido que axudar implica máis traballo do que moita xente quere facer, tanto para enterarse como para defender a propia postura, e tamén unha integridade para non andar variando como a marea, veña o vento de onde veña.

Anónimo dixo...

Eu so digo, que a actividade principal (decian fai uns meses os xornais casi o 80%) corresponde a papelera de Navia. Sin a nave na ría, a papelera non lle é rentable facer a carga e descarga no porto de Ribadeo, xa que necesita ter os camións disponibles cando chegue o barco (este pode retrarse (por exemplo) e iso supon un incremento dos costes doble). Por outra parte destaca a cercanía do porto de Ribadeo á fábrica. Pero a solución do tren ata Xixón, vai ser a que cobre importancia, e senón, dentro de uns meses volves a contarnos cal é a actividade no porto de Ribadeo. Por certo: ¿De qué forma contribuen as cargas e a as descargas á actividade do porto? ¿Canta xente traballa na xestión do porto? ¿pagan algún tipo de imposto cando fan a carga e a descarga?

Outra cousa: Xa que tanto falaches no seu día da Nave Non. ¿Podrías poñer detalles do proxecto? E razóns fundamentais de que non é bon para a ría? Porque con decir: Nave Non. Non se está a demostrar nada.

Recordo a uns ecoloxistas que se opoñian á instalación de aeroxeneradores na montaña que divide Xixón de a central térmica de Aboño, decían que mataban moitos paxaros. ¿Que é máis importante? ¿os paxaros ou a producción de enerxía con baixo coste?

Recordo a outros (falando a cerca dunha industria donde traballo): "Esa fábrica vaia fume que bota, como contamina" - O fume blanco que estaba a botar era duns secadeiros de astilla de madeira, e o fume blanco era vapor de auga.

Por iso que.....Como os curas se teñen que axeitar ós novos tempos, os ecoloxistas tamén.

agremon dixo...

Publicarei a continuación outro comentario anónimo. Coido que trata en parte de facer pensar, iso non é nada malo, e por iso esta nota, xa que vai quedar un tempo ata sere respondido por min (resposta que por outra banda xa anticio non vai ter moito de novidade respecto do xa dito noutros momentos no blog)

agremon dixo...

Ben, por cuestións de orde informática quedou o comentario citado exposto antes da súa citación cando estaba pensado ó revés...

agremon dixo...

Repasando ista vella entrada, decátome que quedou un comentario aparentemente sen resposta. Cabe aclarar que se se visitan os sitios relacionados aquí, atoparase a resposta á maioría das cousas, se non a todas.

agremon dixo...

En canto ó primeiro que se di nos comentarios, cifrando a baixada de actividade en cousa de meses, estou escribindo case un anos despois, coido que máis ben aumentou a actividade e que polo momento, non está previsto que diminúa, e ademáis, fixéronse inversións e melloráronse as ratios de estibaxe. (ver vídeo de estibaxe no porto de Mirasol en outubro de 2009)