20080131

Nashville, Tennessee

Nashville é unha cidade norteamericana de medio millón de habitantes que non creo que visitaran moitos ribadenses. O seu alcume de 'capital da música' ten que ver con que pronto vaia ser visitada por un par máis. Fuji (alcume de Fernando Rodríguez Raño), e 'Pera', Javier Fernández Fernández, aqueles rapaces que comezaron a ilusionarse coa música con Hernán Naval, músicos da banda, profesores na escola de música, integrantes de Moondogs Blues Party, acaban de verse clasificados con esta última formación como 'semi-finalist in the 2007 International Songwriting Competition (ISC) for the song "Childhood Soul," in the Blues category'.
Mentras, en Ribadeo hai outra noticia en certo xeito oposta á anterior. Gaspar, o golfiño que anda percorrendo as rías galegas e recala estes últimos polas de Foz e Ribadeo foi nova porque membros do grupo el farero viron como axentes do Seprona (Guardia Civil) lles levantaban dúas denuncias, por bañarse no peirao deportivo e por molestar ó animal. Hai xa unha certa controversia, pois mesmo na radio eclesiástica parece que suxeriron a intervención do alcalde para solucionar o tema. O certo é que mesmo na prensa de onte saía nha foto de xente xogando con el en Foz, pero tamén o é que se comeza todo o mundo a facelo, o animal non o vai pasar ben. O obxectivo era facer un vídeo, e co material recollido faráse.
E de sancións segue, pois onte púxose outra na zona de Augas Santas a un vendedor ambulante que non tiña a tarxeta de manipulador de alimentos.
Remato cunha foto que máis parece de fin de antroido que de comezo: o cartel da comisión colgado do cine teatro despois de ser pechado o pasado domingo (despois da sesión de filloas para recadar cartos).

20080130

Cartelería en Ribadeo cara ó antroido (2ª de hoxe)

A parte da entrada 'común' anterior, adxunto cartelería que estes días pode verse por Ribadeo. As primeiras, do antroido. As segundas, de loita e denuncia a favor dunha terra mellor. A terceira, o anuncio do acto inicial do 'Roller furias'. A lembrar que premendo co rato de xeito convinte lógrase o aumento da imaxe (e a posibilidade de lela como é debido)





Mentras se pon en marcha o clube de patinaxe

Hoxe será a presentación do novo club de patinaxe ribadense, no pavillón do Porta da auga, ás 9:30 da noite. Ben, unha asociación máis, con miras deportivas esta vez. Hai que desexarlle que funcione, aínda que por ter unha misión moi concreta, sempre é máis doado que se tivera unha misión máis xeral e extendida de xeito indiscriminado.
Penso nelo mentras vexo na Voz de Galicia de onteunha enquisa con resultados deplorables: o 92% da xente non cre nas promesas eleitorais (en principio, de Zapatero e Rajoi, pero é de supoñer que se pode extender o resultado con facilidade a outros políticos). E así, nun momento no que as areas do Sahara son a disculpa para aconsellar non facer deporte ó exterior en Madrid (haberá un aire máis puro no interior das casas...) ou se está a falar de que xa comezou a 'era xeolóxica antropocénica' (polo cambio xeolóxico que está a inducir a humanidade), atopámonos con que non cremos á xente que pretende (e está a) dirixirnos. E non é extrano, dado as promesas e os feitos. O que si o é é que o sistema siga funcionando e aínda se trate ás veces de dicir que non hai outro mellor.
Consecuencias para Ribadeo? pois... que faría falta un equilibrio de outras forzas para contrarestar ó desequilibrio político (entendido non como desequilibrio entre os políticos senón como desequilibrio a favor de os políticos e as súas relacóns de poder en relación co resto da xente), do mesmo xeito que a outros niveis. Que non se entende como entidades que procuran ese equilibrio, como as asociacións de veciños, vénse abocadas á unha supervivencia máis que a unha vivencia. Que a participación da xente na gobernanza parece que non pode ser outra que mediatizada. Que moitas veces non se sabe xa non que votar, senon sinxelamente se votar, ...

A foto, o ceo cortado, dividido, por un rastro de avión. Non se ve moi ben o fondo do ceo, pero era como de pequenas ondas nun plácido estanque, véndose separadas unhas das outras pola nube artificial do avión.

20080129

De novo

De novo en marcha, coa rede OK.
Onte participei nun debate en onda cero onde ía a haber máis temas, pero comezou e centrouse de xeito animado sobre a normativa que afecta ás reparacións no casco vello e os decretos de final da semana pasada que asinou o alcalde para aplicala. Unha pequena lembranza: hai case dous anos que se publicou a normativa, restrinxindo a súa aplicación ó casco vello, a partir dunha norma autonómica que é de aplicación xeral, pero permite a súa restricción como neste caso. Houbo polémica polas obrigas que conleva e o actual alcalde, daquela encargado de obras na corporación, aclarou que ía ser usada para casos flagrantes de deixadez ou necesidade, como cantón, aduana, colexio dos irmáns, etc. O certo é que ata venres durmiu no limbo e por fin, tras os dous anos ditos, aplícase a dez casos singulares, amezando sanción nalgún, precintando outros (como no caso de dous pisos da Torre dos moreno). Deixei claro que non coñezo polo miúdo os decretos, co que poden voltar a ser motivo dalgunha polémica, pero que salvo detalles descoñecidos, o defecto principal é a súa tardanza en ser emitidos, en aplicarse a normativa. E non vale liala con que non hai PXOM e cousas polo estilo, como se intentou facer na charla, pois en casos extremos hai medios para obrar aínda a pesares da inexistencia dun PXOM actualizado.


As fotos, do Castro das Cárcovas na Capela e da ría de Ribadeo dende a súa veciñanza.

20080125

Mulleres

Onte tivo lugar a primeira xuntanza do Consello Municipal da Muller, para presentar as actividades da concellalía e pedir axuda para levalas a cabo e aumentalas/complementalas. Onte tamén me informaron de que xa hai unhas cantas denuncias sobre un home de molesta a nenas e mulleres na zona do colexio das monxas a última hora da tar de ou primeira da mañá, aproveitando a escasa luz pública.
E por hoxe, con retraso, nada máis, pois de novo volta a estar a internet de mírame e non me toques, e esto pode caer en calquera momento despois de non dar conectado en máis de media hora.

20080124

Do mar e das persoas

Do mar....Outro golfiño na ría, despois de anos de ser nova Ribadeo por ter un animal desa especie xogando día tras día cun neno. Esta vez, polo momento, non se confiou tanto como a pasada, pero aínda pode voltar.
Asemade, parece que comezan a responder dende as consellerías ás declaracións de Acuinor: 'non se pode comezar a construír sen ter o plan feito', 'Acuinor que que cumprir os mesmos requisitos que os demáis'.
E das persoas... A tarxeta di abondo do comezo do antroido que se pretende, o 25 cabodano:

E tamén unha lembrtanza de que veñen as eleccións xerais. Da táboa seguinte (cun pequeno erro que terei que corrixir, coido) haberá que facer unha análise previa e logo incrementarlle os datos desta volta.

(Lembrar, en ambas figuras, que se poden agrandar premendo co rato sobre elas)

20080123

Benedictione habemus

Vale, xa temos o certificado da bendición: traeráo Balbino como as bulas papales, a distancia.
Nunha orde moito máis terrenal, adxunto a convocatoria da asamblea de O Tesón para o próximo mes, como ven facendo dende asúa creación, dúas por ano.
Aproveito un par de citas que vin onte nun vello (e non demasiado bo, ó meu xuízo) artigo de Manuel Castells para introducir a outra foto de hoxe: "como se di nos EEUU, se atopas cara a educación, proba a ignorancia". E, en relación con claves de éxito/fracaso: "por unha beira, a calidade e adicación de mestres e profesores. Pola outra, a atención dos pais á educación dos seus fillos". Paréceme evidente que non se estaba referindo (ó menos non só) a que se pasara polos centros educativos repartindo condóns a xente de 14 anos, senón máis ben a outras cousas. Pero a foto amosa precisamente o que digo: condóns (para cada alumno e alumna e foleltos (4 para o conxunto da clase) para aprender a amar, follar de xeito 'seguro', ...
En fin, mentras segue a inestabilidade económica que comezou de repente, os EEUU quere encasquetar ó xeneral que ten ó mando en Irak ó mando da OTAN, como premio, ábrese en Vigo un curso para ensinar ós políticos (din que costa moito, pero responden que é rentable polo que se cobra...) e o BNG parece que recúa en pedir que se anule o sobresoldo dos funcionarios 'electos' para cargos de confianza políticos. Menos mal que en Ribadeo parece que aquela normativa de amaños que se puxera hai máis de dous anos vai ser posta en práctica, segundo o titular de hoxe mesmo "Suárez ameaza con multas a dez propietarios da zona vella se non rehabilitan os seus edificios"
... saúdos e bo día.

20080122

Do humano e do divino

Coido que non é doada de comprender a relación entre o PSOE e Igrexa. Por unha beira, a discordia (na que coido ten máis razón o PSOE), por outra a concordia (na que leva o gato á auga a igrexa (esta, con minúsculas). Lóxico que agora Suárez conteste que el se ocupa de asuntos humanos, non divinos, referíndose ós contactos supostos de Balbino para que o Papa de a súa bendición a unha institución concreta en Ribadeo. Hai pouco eu diría algo así como 'incrible, pero certo'. Agora, tras a súa saída na prensa sei que é crible que un partido en principio laico nun estado aconfesional teña membros que se adican a contactar coa igrexa no exterior para dar bendicións a institucións dependentes de poderes públicos. Pero así é.
A doazón do Viejo Pancho do poema 'Pensando en ti, Lola' está a recibir unha atención mediática considerable. Diría que desproporcionada, pero o calibrar a importancia de sucesivas acións relacionadas co viejo Pancho que están a ter lugar escápaseme.
Así, prefiro dar un pouco máis de atención a unha contraofensiva: a de Adega dicindo que é Acuinor quen debera indemnizar ós veciños de Ribadeo, cunha lóxica ó meu ver aplastante, «Estabamos a defender unha aplicación dá lei igual para todos: se ou propietario do só non podía facer unha casa, un chalé ou un negocio por ser espazo protexido, non debería tampouco -por xustiza social- poder ninguén outro -por máis que se chame Álvarez Cascos- situar nese mesmo espazo unha piscifactoría». Pero a lóxica hai veces que non vai moi apegada ó dereito, e xa veremos.
Saltando dun tema a outro, dous comentarios finais a falta de máis tempo. Os estorninos hai tempo que voltaron, e pídese unha nova acción. Deixo deles unha foto e un vídeo que xa puxera en novembro.


Asemade, UPRi volta co seguemento dos pagos do concello (ver a entrada 'un pleno pacífico en Ribadeo'). A prensa é a prensa, e as novas repítense, pero a bendición do Papa ó asilo é algo novo, por máis que xa saíra a palestra a semana pasada.

20080121

Florece a mimosa




Comecemos a semana con algo inocuo: o florecemento da mimosa. A comezos do século, unha profesora francesa, vendo as mimosas de Sta. Cruz en flor, díxome en na zona de Francia onde vivía as mimosas aínda non tiñan florecido: tratábase de que ó estar máis ó sur, florecían antes. Lembreime deso antonte, pois a referencia que creo lembrar é que sucedía en febreiro. Hoxe, xaneiro, as mimosas están en flor, como se pode observar polas dúas fotos que aparecen á marxe.
Isto levoume a ver as temperaturas de Ribadeo, por eso do cambio climático. Tamén aparece á beira a vista da relación de temperaturas medias do aire en decembro en Ribadeo (as medias de cada decembro, abaixo de cada columna) no que levamos de século, e vexo que decembro de 2007 non foi especialmente caloroso. A comparación dun único mes non fai historia (máis aínda cando hai lagoas nos datos), e por eso irei comparando as temperaturas tomadas da Pedro Murias (pódense consultar por internet en Meteogalicia aqui) de xeito sucesivo, e tamén con datos anteriores, ata dos anos 80, que me subministrou Luciano Zubillaga.
E, falando de natureza acompaño tamén unha imaxe da lúa o mesmo sábado, vista dende Sta. Cruz en crecente.
Por último, chamar a atención sobre un comentario que deixaron no blog na entrada anterior. Ó meu ver, ten razón: tamén teñen a súa parte estes outros locais. Nunha primeira explicación rápida (a falta de tempo típica dos luns) direi que como particular, se teño que defenderme, primeiro o fago do que máis está a atacarme ou do que máis oportunidades teño de solucionar primeiro, sen querer dicir que sexa o único. Voltarei sobre o tema.

20080120

Vivir sen durmir? Non se pode


Lembro que hai xa moitos anos, facendo auto-stop entre Santiago e Vigo colleume un condutor que se adicou a falar segundo el para non durmir pois durmía moi pouco: unhas catro horas diarias. Segundo el, aínda tivera unha época que durmira algo menos. Sei que foi un ir tenso toda a viaxe, aínda que non tivemos ningún percance.
Tamén hai xente que se di insomne, que non pode durmir e que leva asociado en xeral outros problemas de cansancio crónico ou psicolóxicos.
Agora, hai un par de noites, inaugurouse un 'Vivir sin dormir' en Ribadeo. Non creo que faga falta dicir o que opino del nin da decisión da alcaldía que o permite (desto xa dixen algo), e só reseñarei que o título ven de que hai escasos minutos )(sobre as 10 e media) aínda subía un puñado de xente en non demasiado bo estado pola rúa. No medio, entre os locais e bulicio de límite de apertura e isto, como sempre, xente subindo (e parándose, e cantando, e...) e os camións diversos de limpeza (esta mañá o camión da auga debeu ter algún problema e tivo que voltar...)
Adxunto tamén poño unha testemuña fotográfica: visto que unha obra na Lodeira en abondas posibilidades de ser legalizada despois de finalizada a pesares de térselle mandado parar, recollo o estado onte da obra que se mandou parar en Ramón González, para deixar testemuña de cómo están as obras e non deixalo para último momento como fixera no seu día G. Cao para denuciar a obra da Lodeira (ver tamén a referencia nun pleno. a obra pode verse a partir do calexón da rúa Doctor Moreda (do mercado), pois a saída a Ramón González ten a tapia que se ve ó fondo.



E isto ocorre mentras deixo outros comentarios para máis adiante: problemas de edificacións de edificios tamén en Viveiro, ou que Acuinor (que coido que aínda ten a 'lágoa Cascos' dispoñible, da que xa tratei outras veces, ver aquí para a lagoa de Foxo Longo, casualmente á beira dun lugar chamada lagoa, e aquí para outra versión ou aquí para a primeira referencia no blog; sei que puxen fotos, pero non as atopo) reclama a Adega 30.000€, de xeito previo a facer algo semellante coa administración.

20080119

Un novo impulso no castro das Grobas




Onte estaban a desbrozar de novo no castro. Hai un ano estaba a zona nunha situación parella, recén desbrozado. A diferencia básica? O de agora representa unha continuidade no tratamento da zona, que pode indicar que o concello estase a mover para que o castro sexa algo máis que unhas ruínas soterradas polo paso do tempo.
Poño a continuación 'algunhas' referencias sobre o castro. Só en Ribadeo, Ribadeando, hai abonda máis que as que aparecen, e aínda así, métoas ó principio e ó final para facer unha pequena separación tema con algo de relevancia / sen relevancia na entrada. Do blog do Cargadoiro ten que haber máis, pero nunha procura rápida non as din atopado. E logo, hai algunha sorpresa polo medio, como a da axenda 21 que fai referencia ó castro. O certo é que en xeral non teñen un 'peso' en relación ó tema. Espero que José Mª, no seu blog Vida socio-política en Ribadeo siga con referencias do tema, e eu tentarei tamén poñer algo máis. :
Na Galipedia
O castro das Grobas en Ribadeando
O castro das Grobas en Ribadeando 2
O castro das Grobas en Ribadeando 3
O castro das Grobas en Ribadeando 4
O castro das Grobas en Ribadeando 5
O castro das Grobas en Ribadeando 6
O castro das Grobas en Ribadeando 7
O castro das Grobas en Ribadeando 8
O castro das Grobas en Ribadeando 9
O castro, en Vida sociopolítica de Ribadeo
O castro, no blog de O Tesón
O castro, no blog de O Tesón 2
O castro, no blog de O Tesón 3
Outros con cita do castro das Grobas 1
Unha presentación sobre o castro
Outros con cita do castro das Grobas 2
Outros con cita do castro das Grobas 3
O castro, integrado nun paseo
Castros erosionados polo mar
Castros de Galicia
Os castros celtas
Castro en perigo
Outros con cita do castro das Grobas 4
No blogue dun concellal ribadense
Noutro blogue ribadense
Unha cita en Chuza!
Na axenda 21 de Ribadeo
O castro das Grobas en Ribadeando 10
O castro das Grobas en Ribadeando 11
O castro das Grobas en Ribadeando 12
O castro das Grobas en Ribadeando 13
O castro das Grobas en Ribadeando 14
O castro das Grobas en Ribadeando 15
O castro das Grobas en Ribadeando 16
O castro das Grobas en Ribadeando 17
O castro das Grobas en Ribadeando 18

20080118

Pero, vai comezar a precampaña?


Estes días estou un pouco desconcertado: crin que estabamos dende hai tempo en plena campaña electoral e resulta que non, que estamos a comezar a precampaña (que por certo, como tal precampaña coido non é oficial). Parece lóxico, se as eleccións van ser en marzo (a iso nos van afacendo), pero...
Acompaño o comentario anterior con coutros curtos:
Deixo aquí a ligazón á valoración do pleno pasado por José Mª. É boa cousa ver diferentes opinións sobre un feito (aínda que a ligazón manteña unhas opinións semellantes ás miñas), como neste caso sobre o pleno a prensa 'oficial' e os blog.
O alcalde deixa a instalación dun novo local nouturno (esta noite será a inauguración) mentras me entero doutra persoa que necesita pastillas para poder durmir e logo traballar. É iso un compromiso dun alcalde, unha aceptación dunha sentencia, o desenvolvemento da responsabilidade cara a un pobo?
Segundo parece, días atrás o alcalde mandou parar unha obra que estaba a comezar na r/Ramón González. A ver se con eso se evita un novo problema urbanístico, ó estar comezando.
A foto, de lixo na esquina Viejo Pancho-Ubaldo Pasarón y Lastra. Hai máis de 10 días que retiraron os contedores, desprazándoos ó calexón entre a Fonte vella e Rodríguez Murias, pero quitando o luns, que pareceu haber un certo refluxo (ilusión causada porque o luns non abre parte do comercio nin da hostalería), aí segue día tras día (retirada cada mañá polos recolledores a pesar de non estar depositada no seu sitio) botado por...
E tamén algo externo: a Bibloteca dixital hispana, que fai posible consultar unha morea de vellos textos na rede e espérase multiplicar por vinte nos próximos anos. E dela, pasei a outra que non coñecía: a Biblioteca dixital de Galicia, que tamén pode servir a máis dun para atopar algún libro ou doucmento.

20080117

Un paseo polo parque







Dar un paseo polo parque onte tiña un interese engadido: o estado no momento das obras que alí se están a efectuar. As fotos adxuntas son todas do parque, zona praza de España. Por orde, nas fotos, aparece o escudo da época de Franco que continuaba a ser visto no monumento ós Bous erixido nos tempos da alcaldía de Pancho Maseda. O escudo ocupaba unha curiosa posición invertida que se pode ver na primeira das fotos, mentras na segunda vése a pedra sacada da composición do monumento. A lembrar que os bous foron pesqueiros artillados para combater á armada que en boa parte seguiu fiel á república, e que tiñan unha boa base en Ribadeo.
Así pois, a segunda foto non engade moito sobre a primeira, pero o concello ó fondo dálle un certo carácter, ó tempo que se ve o primeiro tipo de bordiño de verde dos que se poden atopar estes días no parque, e que se pode comparar cun ha zona que non te ningún tipo de borde no verde (foto terceira)
Na seguinte pódese ver o estado actual da beira que se está a poñer. Obsérvase a súa finalización brusca nalgúns lugares, que xa comentei noutro sitio, e malamente que a parte alta non queda en todos os lugares á mesma altura.
Na penúltima vése o estado actual doque se está a pavimentar, que non é de igual piso que o que xa se fixera anos atrás, senón dun material semellante ás beiras que se están a poñer.
A última foto é de contraste: Alí obsérvase outra beira de pedra, no monmento ó 'Viejo Pancho' de altura e estilo diferente á do monumento ós bous (é dicir, a da nova fonte que se poñerá nese lugar), ó tempo que se observa a diferente altura á que quedaron dúas beiras de seto diferentes (irregularidades aparte)
Coido que sería cousa de facer os bordiños (as obras en xeral) dun xeito máis uniforme, e que aínda se está a tempo.

20080116

Copiando

Poño a continuación algo 'cortado e pegado', mesmo sen traducir: unha especie de excepción no blog, en relación á liberdade de comunicación de creacións propias. O orixinal, con comentarios posteriores, aquí
--
Autoedición
Posted by JCortell under General , Noticias , Copyfight , CiberDerechos , Denuncias


En esta típica noticia “SGAE hace que se embargue a asociación de vecinos por dar conciertos sin ánimo de lucro, en los que no cobraban ni los artistas, y no pagar a SGAE” que me evía Ivan, encuentro algo muy interesante en los comentarios (nada nuevo, pero muy buen resumen de primera mano):

[Rafa me dice que este mensaje apareció en un thread de su foro hace tiempo, y la verdad es que puede que ya lo comentase, pero es interesante, así que aquí va de nuevo]

Me ha costado descubrir un resquicio de esperanza a los grupos que no queremos nada que ver con la SGAE. Hay una posibilidad para la autoedicion!
He estado en la SGAE esta mañana, he hablao en total con 4 departamentos distintos. Me ha llamado mucho la atencion el enorme nivel de secretismo que tiene, llega hasta tal punto que los que alli curran SOLO SABEN de lo suyo, sinde totalmente desconocedores de las cosas mas basicas de otro departamento.

Antecedentes: Grupo que quiere editarse un cd y no puede porque la fabrica le pide el pago de los derechos de autor. El grupo no quiere ser de la SGAE porque si se hace socio tendria ke pagar 0.50 eur por cada uno de sus cds en concepto de derechos de autor que luego la sgae le devuelve…menos la comision y el IVA

Iniciamos la visita:

DPTO Admision de Socios: Pues nada, segun entras. Le expongo el caso (Al menda no le entraba en la cabeza que no quisiera ser socio con la multitud de beneficios que tiene. Me ha mandado a reproduccion mecanica porque el no podia ayudarme ( ni se le veian muchas ganas )

DPTO. Reproduccion mecanica: Le cuento el caso. La señora dice que para editar un cd tienes que tener el respaldo de una compañia editorial por cojones. Le cuento que en mi caso, no tenemos editorial. Me responde que entonces nos hagamos nuestra propia compañia y nos editemos. Parece facil, no? Bien, pues comop le he respondido:

Y Primero, hacer tu propia compañia significa:

a) darte de alta en el IAE. Eso implica pagar IVA cada 3 meses… que grupito desconocido se mete en ese berenjenal?
b) registrarte como productor en la SGAE. Señora, yo NO quiero estar en la sgae.

Entonces , deducimos que quiero editarme mi disco sin compañia. Respuesta: No se puede.

Yo le alego que si se puede, puesto que los gestionan para sus socios y yo tengo derecho a no serlo. Efectivamente dice. Y respondo que entonces porque la fabrica me pide serlo. Ella al final tiene que admitir que es por el contrato que ( teoricamente no ) les obligan a firmar a los fabricantes : solo pueden sacar cd´s una vez abonados los derechos de autor, y para abonarlos, tienes que ser socio de la sgae. Al final reconoce que la sgae ( y me ha sorprendido ), mata al mercado para todo aquel que no sea socio y le impide editar. Aunque como dice ella ” las cosas estan asi, no obligamos…directamente ”

Ante mi argumentacion de que la sgae actuaba como si para casarte por lo civil tuvieras que estar bautizado antes, se ha callado y ha dicho por lo bajini: Teoricamente no es necesario, pero efectivamente, es asi.

Seguiamos hablando y la he dicho: A ver, si ante la fabrica demuestro que no soy socio, deberian fabricarme entonces, ya que ustedes no obligan a serlo, no? Entonces denme un certificado de no afiliacion y apañao, me fabrican. Me manda a afiliaciones de nuevo.

DTO: Socios: Bajo, y le pido un certificado de no afiliacion. Me dice que es imposible, que solo puede certificarme ser socio, certificar ” cosas ciertas “. Le digo que si acaso no es menos cierto que no soy socio. Descolocado, me manda ” a la puerta de al lado a reclamaciones ” a ver si pueden hacer algo.

DPTO. reclamaciones: Me atiende un tio. Le cuento el caso y me manda a reproduccion mecanica. Le digo que de alli vengo y que me de mi certificado de no socio. Me dice que no existe. Mientras, un menda de la sgae pasa al lado y escucha la movida. El perla me dice ” ah, no, imposible, para editar algo en este pais TIENES que ser socio de la sgae “. Le contesto que mentira, que la LPI le cede la gestion de los derechos de los socios, no de TODOS los autores. Ante la pillada, hace mutis por el foro y se larga. Me mandan al abogado de la SGAE.

ABOGADO: Le cuento el caso de nuevo. Un chaval majisimo y ultracompetente. Al principio me suelta la charla de las ventajas de la sgae, convenientemente rebatida. Acepta que YO puedo gestionarme mis propios derechos ( lo cual implica y reconoce, que puedo editar sin pagar a la sgae: los 0,50 que pagaria por cd con sgae, de los cuales me devuelven 0,50 menos el 14% de gestion y el 16% de iva, podria ahgorrarmelo, no pagar nada puesto que yo mismo me autoedito y es como cobrar mis derechos, en vez de usar un intermediario para darme mi propio dinero ). Reconoce pues que ellos gestionan a sus socios, no a todos. Seguimos, y reconoce que deberia poder fabricar si algo demuestra que NO soy socio de la SGAE y que SI son mis canciones, lo cual implica que YO mismo gestiono mis derechos. Problema? No hay foprma de demostrarlo…o si? el mismo me ha dado la clave: Las canciones son tuyas si se registran en propiedad intelectual. Ahi he saltado entonces… y si presento el registro de propiedad intelectual y una declaracion jurada de que no soy socio eximiendo a la fabrica de responsabilidades, la fabrica PUEDE hacerme el cd entonces, no? Ante tal afirmacion, ha tenido que responder lo evidente: Efectivamente, la pabrica puede hacerlo entonces SIN PASAR POR LA SGAE NI PEDIR PERMISO, puesto que el registro de propiedad intelectual demuestra que soy el autor Y NO PISO A NINGUN SOCIO DE LA SGAE.

De paso le he comentado acerca de los contratos que firman con los productores fonograficos ( discograficas ) y ha reconocido que hay clausulas leoninas ( no ha querido reconocerlas ilegales, pero si no lo son me corto la mano! ). De hecho lo defendia ( a medias ) hasta que le he citado varios articulos y ha tenido que callarse logicamente.
RESULTADO: ES POSIBLE AUTOEDITARSE SI DEMUESTRAS QUE LAS CANCIONES SON TUYAS Y DECLARAS NO SER SOCIO DE LA SGAE!!!!!!!!!!!

Ha costado y se negaban a reconocerlo, pero es posible. Lo que he sacado en claro es que trabajadores de la sgae son conscientes que asfixian a los grupos pequeños y les obligan a hacerse socios. Me han reconocido que cierran el mercado a los no socios y que actuan de forma monopolistica.
Por cierto, tambien he estado en propiedad intelectual, y registrar todo tu disco solo vale 11,72 euros.

reenvía ESTE ARTÍCULO (CORTAPEGA)

NO A LA SGAE!

Renda


A renda media dispoñible na Mariña é de 11.772 euros (é dicir, per cápita, non por familia), di o Atlas Socioeconómico de Galicia. É abondo inferior á correspondente ó Estado. Por contra, o índice de produtividade é maior na Mariña que en toda a provincia e maior que no resto de Galicia. Implicacións? Desigualdade económica e a raíz dela, social, crecente (pois está aumentando).
E dalgo diso ía o 'xerocatering', un servizo de comida a domicilio para maiores que ... durou un mes. Dalgo diso, porque representaba unha redistribución económico-social (outra cousa era que estivera aproveitándose del a xente que debía, que non teño idea de se era así ou non). Parece que os bos resultados farán que se repita, e que faga contínuo. Mágoa que, despois de dicir na prensa que se poñía, sen condiciononantes de tempo (polo menos, eu non os vin) xa se faaa máis costa arriba, en plena costa de xaneiro, o creto da nova de continuidade cara ó futuro (por outra parte, por que non? A medida non é mala)
Mentras, de novo traxedia no mar entre ventos de máis de 100km/h (esta noite houbo, tormenta, tronos, vento / tempo desagradable) e nova insistencia nas medidas de seguridade por parte das autoridades (como era aquelo ... 'lémbrase dos santos cando trona?')
Ocorre nun día no que Gallardón di que se vai da política mentras é alonxado das listas do PP pola súa contrincante Aguirre, e o himno español continurará de momento sen letra (nin para deportistas, uf!)

20080115

Un pleno pacífico en Ribadeo, pero sen altofalantes

Para ser máis exactos, o pleno de onte (14/01/2008) comezou cun pequeno rebote, aínda que parece que está a desaparecer a crispación que denotaban os plenos do período anterior de sesións, e si houbo algún micro que funcionou daquela maneira ó longo da hora e media que durou.
Unha nota previa de lembranza: esto non é unha acta (que pedín se puxeran na web ou mas pasaran para poñelas en Ribadeo historia, pero polo momento, a cousa segue igual) senón o que eu entendín do pleno.
Comezou cunha polémica sobre a acta do pleno do 12/11/2007, a conto dunhas copias da páx. web da Cons. de Medio Ambiente que repartira a UPRi ós outros grupos, algo que non está recollido na acta sigue sen estalo. O secretario dixo que non podía corroborar o feito, mentras que os portavoces dicían que si lles deran a documentación. Como comentario persoal, pregúntome que ten que dicir o secretario se os concellais están de acordo. Vota o secretario? A couasa foi que o o alcalde, como representante do equipo de goberno, di que non procede a admisión da variación proposta na acta, e vótase con só 2 votos en cotra. Houbo unha prórroga da discusión a conta da outra acta votada, correspondente ó pleno extraordinario de 28/19/2008, pero resolveuse cos votos favorables ó final de todos os concelleiros, tras admitir o alcalde por unha banda que as actas non debían ser biblias, pero que se podían recoller as intervencións dalguén en particular ó pe da letra se así se quería.
O punto segundo tivo a súa réplica nos rogos e preguntas, a conta da UPRi, tratando sobre o sistema de pagos do concello ás empresas, ó que repondeu Vicente (BNG) que está basada en parte en convenios. Pero o dito, continúa máis adiante.
O punto terceiro significou que o pleno aceptou por unanimidade a delegación da Xunta de goberno local (á súa vez, delegación da alcaldía) sobre facerse cargo da aprobación ou denegación das licenzas os edificios en discusión... un punto rápido (ver un comentario anterior).
O cuarto punto, unha moción da UPRi para comezar as xestións para un novo edificio para a EOI (escola oficial de idiomas). O motivo: non cumpre as condicións establecidas legalmente (non adaptado ós discapacitados, biblioteca, sá de multimedia e ordenadores, etc). Foi apoiado por unanimidade, pero con matices: o PP lembrou que foron eles quenes comezaron coa EOI, en condicións máis precarias que está hoxe, e que o Dionisio Gamallo necesitaría o mesmo segundo a lexislación, e BNG, que algo semellante pasaba co IES e CEI Porta da Auga, etc, e que podería formarse unha comisión para establecer as prioridades. Votación unánime.
Pasouse logo a unha moción do PP para conseguir un aparcadoiro para Ribadeo. Fíxose unha exposición de motivos e pediuse que sexan retomados os traballos para conseguir aparcamento, estudar a pza. de abastos e o parque (S. Francisco a paseo central) e a redacción das bases dun convenio para a construcción a cambio da explotación por un tempo. UPRi e PP, a favor. PSOE, lembrando que foron eles quenes comezaron co tema, e que xa teñen un estudo que poñen a disposición do concello, calculando unha 500 prazas no parque e máis datos sobre problemas técnico-legais sobre a cesión do subsolo, con sentencia incluída para o caso de Oviedo. BNG, que non ten a documentación diversa de que se falou. A votación, unánime a favor.
O apartado de rogos e preguntas, collerei só algunhas preguntas/rogos/respostas entre elas: foi o apartado que máis durou, con diferencia, a conto sobre todo de UPRi, enunciadas o pleno pasado pero tamén neste (por despiste quedaron sen contestar algunhas preguntas por escrito do PP, realizadas fóra de pleno)
A Voz cobrou máis de 6000€ e o progreso 3600€ dende a ascensión do BNG. A pregunta era do PSOE e referíase ó que cobraron os medios dende xaneiro de 2006 (conceptos: anuncios festas, entre outros moitos)
Hai un alongamento tácito dos convenios dos "aparcamentos" actuais.
foi enviado un escrito conducente á execución da sentencia de derribo sobre a altura de máis do edificio de Eroski Center.
Estánse a pegar carteis en sitios non adecuados, como rotondas, etc.
Son necesarios rebacheos en Obe, A Devesa, ...
É necesario instalar sifóns en sumideiros para evitar malos olores.
Preguntouse sobre as obras en S.Lázaro e r/Deputación.
Descoñéceso onde se están a botar os escombros das naves do porto, pero xa está avisada a Policía Local por se acaso.
A ver se é posible que a Pol. Local esteña enterada as farmacias de Garda, para presatar o servicio de información.
Existe en Vilaframil, por detrás do 'Huerto', un poste que leva anos sen que teña instalada farola.
deterioro do vial costeiro por obras no alcantarillado; xa foi enviadoo informe pertinente.
Dificultade nas cartas en galego realizadas recentemente pois por estar en .pdf non poden cambiarse facilmente os prezos.
De novo, que criterios de prioridade segue a alcaldía para efectuar os pagos ós proveedores?- Convenios de facturación mensual, convenios particulares, outros. Considérase a capacidade de aguante (por exemplo, as escolas deportivas, actividade anual, nonpoderían aguantar unha dilacción no pago bienal) e tamén que hai facturas sen aprobar.
Váise esperar ó arque de indianos para instalar as farolas no Xardín de Sela?- O parque de indianos está a piques de comezar as obras.
Na obra do edificio de Alimerka afundiuse a calzada cunha farola que logo non foi reposta.
Hai sillas e mesas nas catro calles sen recoller dende o verán, apiladas; é necesario dicir ó establecemento que se recolla.
Na Virxe do camiño hai rebacheos afundidos que é necesario retocar. Aproveita o alcalde para dicir que no seu momento eles estaban en contra do tema que orixinou esas faltas.
Faltan 2 bancos na r/ Reinante, que están a amañar.
Petición de instalación de bancos na zona do cargadoiro, recibidos e que se está a ver onde se poñen.
Petición de bacheados nos Galos e na beira do cine teatro.
O pleno foi seguido por 10/12 persoas.

20080114

Grúas en Barreiros



Adxunto as fotos do guindastres instalados en Barreiros ós que me refería na entrada anterior de Ribadeo, Ribadeando. A enseña no pico da segunda grúa, a bandeira portuguesa.

"Comparado co totalitarismo, é un grande progreso: é moito máis agradable soportar a publicidade que estar nunha sá de torturas"

..."Agora ben, ,neste mundo exsiten institucións tiránicas, as grandes empresas.son o máis parello que hai a institucións totalitarias. Non teñen que render contas ó público, á sociedade. Actúan como depredadores "..." Para defenderse, a poboación só dispón dun instrumento: o estado. Pero iste non é un escudo moi eficaz, pois en xeral está estreitamente vinculado ós depredadores"...
Tanto o título como a cita anterior corresponden a citas dun artigo de Noam Chomsky, 'La América rebelde'.
Onte fixen un pequeno reconto ó pasar por Barreiros: 24 grúas, 16 mal recollidas, sen contar cunhas cantas 'amnistiadas' no reconto. As mal recollidas, unhas por ter cousas colgando, outras por non ter o gancho achegado o máximo á torre, outras por ambas, incluso unha non estaba 'en estación', é dicir, con xiro libre para ofrecer a menor resistencia posible ó vento (facilmente observable por estar marcando unha dirección diferente ás outras todas (faltan as fotos, a ver se mañá). Por certo, que me chamou a atención que unha das mal dispostas tivera unha bandeira portuguesa no cúmio (algo que leva alí xa uns cantos días, que eu saiba). As 'amnistiadas' foron varias cunha cadea colgando, que non debera estar alí, pero que que é algo desprezable fronte a un carro con cousas metidas nel colgando e dando voltas co vento. Fixen o reconto despois de ver o outro día a nova na que alguén que lembraba á poboación que as grúas resistían o vento (a conto das ventoleiras dos días pasados) e que xiraban para ofrecer a menor resistencia a iste, algo que conectei co feito que puiden comprobar de que os mesmos gruístas en xeral teñen medo ó xefe e saltan as normas por ese medo.
E hoxe, pleno, o primeiro do 2008, no que se tentará a regularización (coido mellor que 'legalización') de edificios en Ribadeo. Para ir (e para lembar a derradeira parte da segunda entrada de onte).

20080113

As costas do Papa... unha segunda parte do home como segunda de hoxe

Vexo na prensa que por primeira volta dende o Concilio Vaticano II un Papa oficia misa de costas ós fieles. Certamente, non parece un grande progreso para a Igrexa o darlles as costas á súa base, que ademáis entendo que significa o negar a compartición do misterio básico do feito relixioso.
O mesmo día, leo que en China están tentando limpar os opositores antes dos Xogos Olímpicos deste ano. E lémbrome da edición do 1936, non en Pequín, senón en Berlín, e póñome a temblar. Aqueles outros foron programados nun país que non daba saído adiante polas cortapisas que lle puxeron ó final da I Guerra Mundial, pero que seguía a ser unha potencia. Estes, nun país que é unha potencia de novo cruño e ademáis, sen cortapisas económicas ó ter o crecemento maior do planeta, aparte de ser o país de maior número de habitantes. En ambos, represión. En ambos, dun xeito ou outro, ditadura. Pero o que nos toca agora é China, e xa sabemos o que pasou despois de Berlín.
E, para rematar, un titular para pensar, a cargo dunha entrevista a Víctor Moro: «Las corporaciones ribadenses que se han sucedido no han tenido peso, rectores de relieve»

Refluxo


A construción na comarca está a sofrer un refluxo. Máis ou menos dende mediados do ano pasado as ventas caeron en picado. Séguese a construír, enchendo a costa de formigón para tentar manter un modelo que non se pode manter. E mira ti por onde, está comezando a cair non tanto polas normas reguladoras (ás que se lles botou a culpa nun primeiro momento, pero que aparte de anuncios pouco impacto tiveron máis que o de lembrar que ó mellor había que cumprilas), digo,, está comezando a caer pola economía. Primeiro, porque hai menos aforros dispoñibles en relación ó custe, que aumentou moito en pocuo tempo, e ós xuros, que tamén aumentaron relativamente. E, de segundas, por outros factores, como as suspensións de pagos que parece que comeza a haber (onte, sen ir máis lonxe, dixéronme que un construtor suspendera pagos por 1,5M€; haberá que confirmalo) por tirantez entre construtores e promotores, adobada por outras cousas como o que se podería chamar a 'mafia do formigón', o que parece un auténtico coto cerrado para beneficiar ós integrantes que están dentro del: non sería novidade dentro da industria que empresas semellantes se puxeran de acordo para non ter moito que competir e maximizar ganancias.
Mentras a construción se enturbia (non só da beira que remato de expoñer, senón dende o punto de vista político, como amosa 'Vida Socio-política en Ribadeo'), quedan aí enquistados outros problemas: o ruído de noite (co desdeixamento das autoridades e as burlas do locais), a protección da natureza (que se esquece ó minimo interese económico, aínda que sexa máis unha ilusión que outra cousa), a falta de cerebro procurando carreiras con coches... Onte, ás 5 da tarde, na rotonda para coller a autopista, dous coches negros andaban dando voltas a toda pastilla, chirriando as rodas, pola rotonda (que sinalo no plano, tomado de Google maps). Un 5 minutos. O pouco tráfico propiciou que non houbera ningún dano. Ogallá se poidera dicir o mesmo da construción.

20080112

Tres fotos cunha pizca de rancor e de esperanza





Vexo na Comarca un artigo de Eduardo Gutiérrez e non esquezo saír á rúa con cámara de fotos. iste é o resultado.
O artigo de Lalo trataba da corrección lingüística en Ribadeo, baseado no letreiro do buzón de correos de Casa Arango. Coido que está claro o tema, unha volta vista a foto e o detalle da mesma. O título desta segunda de hoxe collino tamén dese artigo, que se refería nun punto a unha serie de hai tempo na Comarca titulada 'sin pizca de rencor ni esperanza'; adapteino ós meus sentimentos (se ben rancor non é a verba xusta e si o é a esperanza de mellora). ... Unha precisión: por se alguén non entende o catalán ou o castizo 'Casa Arango', o buzón está no cruce San Francisco / Villafranca del Bierzo / Amando Pérez /Paseo central do parque.
As outras dúas corresponden a un ex-banco da rúa peonil (xa non sei se peonil ou semi) Reinante, onde hai outro alomenos na mesma situación, e ó semi-aparcamento da rúa Rosalía de Castro (semi porque non está acondicionado, porque é provisional e polo que indica a foto). Nesta atopamos, nun sitio teóricamente público para uso de aparcamento de vehículos, tanto anuncios (que como se ve cadran moi ben no entorno, e eso de 'La ría', referido á Ría de Abres, que non Ría de Ribadeo naqueles lares, tamén) como contedores de obra como material diverso de obra. A imaxe lembroume o que oín dicir unha vez a unha persoa que vía todas as cadeiras ocupadas por cousas (en xeral, roupa) pousadas nelas: 'Ai ho, e non haberá unha percha para sentarme?' (podería traducirse por 'Non habería un anuncio para aparcar?')

O que se di e o que non se di

"A información e a comunicacion sempre foron vectores de poder dominantes, poderes alternativos, resistencias e cambios sociais. A influencia sobre a mente das persoas, que a comunicación favorece, é un punto clave. Só ó moldear o pensamento dos pobos os poderes constitúense como sociedades, e as sociedades evolucionan, cambian".
..."A influencia máis determinante que os medios de comunicación exercen sobre a política non provén do que se publica, senón do que se silencia". ..."O seu poder fundamental reside entón na facultade de ocultar, de enmascarar, de condenar á inexistencia pública".
As citas anteriores viñéronseme á mente a conto das novas de hoxe. Corresponden a un artigo de Manuel Castells en Le Monde Diplomatique ("Los nuevos medios de comunicación", Le Monde diplomatique, Ed. española, agosto 2006, pp21-22).
A escolma incompleta de novas de hoxe: 'O pleno de Ribadeo debatirá se se licita un aparcamento subterráneo'. Será o luns, e lendo un pouco máis vemos que se regularizarán 5 edificios porque o alcalde quere que sexa o pleno quen o faga (e digo eu, non entendo moito pero se o tiña que facer o pleno, importa pouco o que queira o alcalde, e se non, o do pleno só é un verniz para meter a todos no allo ante o pobo...). Mentras, hoxe mesmo, no mesmo xornal, César Aja, anterior alcalde de Viveiro, diríxese ós afectados por unha sentencia urbanística en Viveiro, con orixe no seu mandato, e os construtores de Barreiros 'analizan' o urbanismo local (que urbanismo hai hoxe por hoxe en Barreiros?).
Hai tempo xa se falaba da importancia de ler entre liñas as novas da prensa. Hoxe, mentras o informe PISA di que en España se le mal, o que se necesita non é xa só ler, senón ter outras referencias para entender máis aló do que poñen as letras das novas, esa 'información oculta' da que fala Castells.

20080111

Unha pequena nota sobre a asamblea anual de Amadores

Non creo que lle valla de moito a ninguén: é unha pequena, desordeada e retrasada no tempo escolma da xuntanza de Amadores da Música (convocatoria referenciada o 20071227 en Ribadeo, Ribadeando). A comentar que a parte da mesa, fun o único que preguntei, e calei cousas porque xa se facía tarde e notaba a xente rebulir. Por eso, pola miña intervención e polo tempo pasado (que me fai esquecer o sentido das notas tomadas á presa), está misturada a información entre o que dixo a mesa, o que dixen eu, o que era afirmación, o que era comentario, ...
Uns 20 socios.
No futuro espérase que haxa cursiños de instrumentos
O préstamo dará paso ó aluguer de instrumentos. Sobre eso comentei que en troques de poñer un aluguer, era mellor que fora a conta das reparacións, o que estimularía a súa conservación.
Ténse pensado gravar un CD próximamente.
O campamento saldouse con números vermellos, e a viaxe á Sènia connúmeros negros. A falta de subvencións por chegar, queda un saldo de 17761€ na conta. Recibíronse / están apalabradas subvencións diversas do Concello, Xunta, Xacobeo, Caixa Galicia e Deputación.
No 2006 non houbo cartos para os músicos nin viaxe.
Mercáronse 6 CD do campamento.
O palco segue sen teito.
Musiqueando ía ser trimestral...
A páxina web din que está feita: http://www.amadoresdamusica.com
Faría falta un descanso para a convivencia dos músicos nos ensaios
Coido que gane a banda ou non nunha competición, o importante non é iso, senón que se veña contento coa labora realizada, e coido que foi o que pasou en 'La Sènia'
Eloxiei á directiva por seguir a sociedade con moitas actividades relativamente.
Dixen que me parecera boa idea integrar ós vellos músicos no concerto do verán.

Espazos


Francesco Tonucci, 'Frato', é un mestre italiano que a base de debuxos está plasmando conceptos do ensino de sempre que non se rematan de asimilar nunca (aquí, unha pequena mostra: non fiarse dunha soa imaxe, picar tamén polo medio...). Lendo unha entrevista que lle fixeron, atópome con algo que vivín de pequeno e que en Ribadeo na actualidade non se pode practicar: o xogo ó ár libre. Por? Por falta de espazos adecuados para facelo. Mentras no parque se están a limitar as zonas de herba (por certo, habería que 'limar' os extremos desas beiras cerámicas que terminan de xeito abrupto no paseo principal), mentres o cantón boa parte do ano está prácticamente inhábila ás andanzas infantís, mentres a zona peonil exténdese máis para os maiores pero os pequenos vénse en dificultades para pasar en bici ou monopatín, repito, mentres iso sucede, coa natalidade en regresión e polo tanto ese numero de non votantes cativiños tamén, Frato propón unha ocupación social dos espazos públicos, 'o que leva consigo unha maior implicación de toda a sociedade na educación e custodia dos nenos'. É dicir, humanizar as rúas e prazas, pero para todos. Tamén fala de que os coches deixen espazo ós nenos... en Ribadeo deixan espazo ás tendas, pero ós nenos...
Ben, despois de todo, hai que recoñecer que neste sentido, hai abonda diferencia entre Ribadeo e poñamos por caso, Madrid. A favor de Ribadeo, claro. Pero, pretendendo o mellor dos mundos, Ribadeo non é a utopía, e tamén o debemos ter claro. Segue sen haber un carril bici que permita desconxestionar algo o tráfico e os aparcamentos, mentras polas zonas peonís se cola calquera de fóra mellor que os veciños (en xeral). É dicir, non se trata tanto de facer cousas senón de manter e mellorar o que xa hai, incluída a educación da xente. Non creo que o anterior soe a novo neste blog.
A imaxe, algo hoxe en desuso por varias razóns: un selo, neste caso, sobre o Cantar do Mío Cid, algo que ven a conto sobre o pulo que se lle pretende dar á lectura.

20080110

O descoñecemento da lei non exime do seu cumprimento

O título, un dito legal, véuseme á cabeza estes días a conto da 'solución' para os edificios ilegales en Ribadeo que está a punto de chegar, segundo o alcalde, este mesmo mes. Pregúntome se, coa solución, vai quedar claro que non se pode construír de xeito ilegal, e que quen o faga, terá unha sanción que non compensa. En caso contrario, non se solucionará nada, senón que se terán máis problemas no futuro a aprte de facer a vista gorda sobre os que xa hai. Por certo, se, segundo creo, se van legalizar edificios 'por partes' (si as vivendas que non incumpran, non as que incumpran por ter rochos habitados), entón quedará no mesmo edificio xente con agua e xente con auga de obra, xente con luz e xente con luz de obra... o que me parece algo raro de manter moito tempo, sen desaloxo, o que coido non entra nos plans. Está claro que non o vexo claro?
Dinamizando Ribadeo, o blog 'vida sociopolítica de Ribadeo' remata de poñer un artigo sobre o Castro das Cárcovas, na Capela, Ove, e acompañao unha imaxe do sixpac cunha liña negra indicando o camiño dende as casas da Capela, que hai que coller pouca antes de chegar a elas, á dereita. Os foxos, unha vez chegados, están craros.

É un castro entre os que hai en Ribadeo, e é de supoñer que pouco a pouco, igual que outros (en particular o das Grobas, máis próximo ó pobo e potenciable turísticamente), se vaia coñecendo, aínda que vendo as novas de que o parque de bombeiros, catro anos despois de rematado e sen utilizar por cuestións políticas, xa necesita reformas, ou que o xulgado non suscita a unanimidade dos partidos ribadenses, que parece se queren colgar medallas nunha especie de conto da leiteira made in Ribadeo (ou peor, nunha nova versión de eso de 'se non eres para min, non eres para ninguén'), etc, hai veces que un dubida ata que se vaia poñer antes do verán unha sinalización ás Grobas que xa foi pedida hai ano e medio.

20080109

Debera quedar aí


O título pertence a un comentario que remato de escoitar agora mesmo: un recolledor de lixo referíndose ás bolsas situadas na esquina entre Pasarón y Lastra e Viejo Pancho. Resulta que, a raíz da queixa de veciños polo emporcamento da rúa, esta semana foron retirados os contedores de lixo que había nesa esquina, sendo trasladados ó calexón que hai entre a Fonte Vella e Rodríguez Murias, calexón que xa albergaba ós contedores de plásticos. Pois hai quen segue a deixar as bolsas na esquina, bolsas que ademáis teñen graxa e polo tanto son as que veñen dende hai algún tempo emporcando o lugar, acompañando ós devoltos da fin de semana, ós vasos rotos da movida, etc. A foto tamén é de agora, e pódense observar os regueiros recentes que emporcan a rúa. É dicir, todo un contraste cos caramelos recollidos o día da cabalgata (foto que prometín no seu momento)

Pequeno (gran) desmadre, desobediencia incívida, ... non sei moi ben como calificalo, pero ó final, porcallada, resultante como consecuencia nunha tempada na que a prensa fala de falta de aparcamentos (e non de que debe haber xente que emprega o coche para ir mexar) ou de que onde Romeu, o Conselleiro, dixo digo agora di Diego e Ribadeo seguirá aínda tempo sen xulgado (esperemos que non tanto como sen polígono industrial)

20080108

Falta auga na terra da auga

E claro, cóllenos por sorpresa. Estáse a falar de infrastrutura, tentando botar a culpa a que nos últimos 30 anos (enténdas, PP), non se coidaron as infrastruturas. O lema parece ser 'mellor botar a culpa ás cousas e ós outros que non votan ou non nos van votar, que a nós memos, a todos nós, e educar á xente'. Parece mentira que en época de escasez de auga non se oian aínda voces educativas aconsellando métodos e xeitos para non gastar tanta auga, deixando as infrastruturas para un mantemento actual e unha programación a medio-longo prazo. Tampouco é normal que, tendo unha boa porcentaxe das fontes contaminadas, aínda non se oida nada para tentar que esa contaminación non vaia a máis.
Onte vin o embalse de Cecebre prácticametne desaparecido. E tampouco había máquinas para limpalo, por exemplo...

20080107

Lograrei editar a entrada ou impediramo telefónica?

Estes días tiven que facer paciencia para editar. A liña de subministro é un desastre, e o culpable está totalmente identificado: telefónica, a subministradora do servizo.
Esta mañá non vou poder, pero que vaia contando a OMIC cunha reclamación miña. E aconsello á xente que o faga tamén: a unión fai a forza, e se alguén espera que outros lles saquen as castañas do lume, van de lado: poden esperar sentados, que ó mellor ó final algo se amaña. Voltamos ó de sempre: o dito de 'A Deus rogando e co mazo dando' ten unha base lóxica que sóese esquecer moitas veces. En caso de reclamacións de algo que afecta a moita xente, o do traballo pasa como mínimo por axudar a protestar ós demáis, en troques de quedarse rezagado porque, 'como afecta a tanta xente, alguén o solucionará'.

20080106

Unha segunda de hoxe, xa vella

Polo menos en xerme xa foi publicada no blog (agora será publicada tamén noutros medios):

Señores da Xunta.

Atópome que o noitebús non só continúa senón que se amplía. Tamén me atopo con que Galicia non destaca pola reducción de accidentes de tráfico. E con que, que eu saiba, non hai ningún estudo que demostre que o noitebús reduce a siniestralidade.

Non embargantes, unha subvención como a do noitebús vai direita a promocionar os desprazamentos da xente que non dispón de coche e carné de conducir, para facilitar o consumo nouturno de alcool e a producción de ruído molesta para os veciños, por exemplo. É unha subvención á movida con cartos públicos, aproveitando ademáis un sector da sociedade con factor de risco en relación á adquisición de hábitos de consumo de alcool.

Subvención que, ademáis e por exemplo, fai máis doado vir de Burela a Ribadeo (ou viceversa), máis barato, con máis frecuencia de autobuses, ... de noite para a movida que de día para asistencia a consulta ó hospital.

Por favor, se estou equivocado, proporcionen os datos para que poda saír do meu erro...

Agasallos de Reis en Ribadeo

Onte chegaron os reis, e como sempre, para algo son monarquía, aliáronse co poder actual no seu discurso. De calquera xeito, soe ser un discurso benévolo, e este ano tamén o foi. E logo, trouxeron agasallos: parece que a algúns lle trouxeron a legalidade das vivendas mercadas / vendidas de xeito irregular, mentras que a outros lles trouxeron carbóns: abaixo coas cumbreiras vendidas como piso despois de seren declaradas como rocho... Informaríanse ben os reis en Oriente sobre as condicións de Ribadeo? Serán agasallos e castigos merecidos? É de supoñer que esto non remata aquí: nos reis, os cativos van pregoando o que lles trouxeron, e ata se rin dos carbóns de azucre.
Ben, de pronto os 900 kg de caramelos repartidos onte de seguro endozarán (xa terán endozado) algunha boca (prometo foto de parte deses caramelos)

20080105

Unha referencia a 'Vida socio-política' en Ribadeo (3ª de hoxe...)

No blog de O cargadoiro / vida socio-política de Ribadeo aparece un listado de sitios arqueolóxicos en Ribadeo, pero está un pouco difícil de ver. A ver se aquí o dou posto un pouco máis claro:

Xacementos arqueolóxicos inventariados pola Consellería de Cultura en Ribadeo:

Curiosidades ribadenses 2008 (II)

Na loita contra o ruído, Ribadeo ten moito que dicir. Non só os sres. alcaldes dende hai uns cantos mandatos, senón a xente da rúa. Un caso: hai xa preto de dous anos, pedíronme axuda para tentar que un local non se puxera nun determinado lugar que molestaría ós veciños. Despois dun café para enterarme da situación, axudei, facendo un escrito, repasándoo, ... e logo fun entregalo ó 'usario'. O alcalde de turno convenceuno cando o ía a usar de que non o entregara, que xa se encargaba el. Resulta que quen ía poñer o local voltouse atrás, e o alcalde oportunamente veu a oportunidade de facer un favor de balde. Remato de enterarme hai poucos días que o local volve estar na picota para un local de copas. O veciño afectado volve tomar a iniciativa pedindo que lle escriban un escrito, e esta vez preséntao, case igual ó que eu lle fixera pero máis suave, esquećendeso de esixencias xerais (eso din as 'malas lenguas') pero feito por ... si, o ex alcalde. Claro que esta vez non vai só: outros veciños fixeron outro escrito diferente que asinaron e presentaron, redactado por unha persoa competente en termos legais.

Curiosidades ribadenses 2008

Comecemos por unha adiviña. Que é o que se pode atopar de xeito máis probable diante dun contedor de cartón? (a resposta, como primeiro comentario)

20080103

Achéganse os reis



Pasei polo nacemento da 'Orden Tercera', este ano a cargo de Choupín (Victor Manuel Sanjurjo Láncara) e vin achegarse ós reis ó portal, polo tanto, xa vai sendo hora de colgar o díptico da cabalgata...

Ano novo: paro crecente, inflación crecente, problemas crecentes

As primeiras novas do ano, xunto cun intento de potenciación nalgúns medios da figura do Rei, xa comezada o pasado ano, poñen de manifesto a continuidade noutro tipo de novas, como as económicas, onde o aumento inflacionario e o repunte do paro que se apuntaban cara a fin de ano son confirmados, mentras os comerciantes ribadenses din que a campaña navideña foi un éxito (moderado) e que hai que repetir eso do adianto da campaña a comezos de mes. Ó fin, tamén en Ribadeo, o Nadal hai tempo que deixou de ser motivo relixoso para ser más cuestión de mercadotecnia e consumo.
Mnetras, é previsible que teñamos máis novas deste estilo, pois o petróleo xa pasou a mítaca barreira dos 100$/barril (o que entendo que non é moito, dado o tamañodo barril...)

20080102

Pero, que é isto?

É máis doado vir de Burela a Ribadeo (ou viceversa), máis barato, hai que esperar menos, está máis subvencionado, ... de noite á movida que de día ó hospital. Ou non é asi?

20080101

Unha terceira para un día de comezo de ano


Adxunto as estatísticas do blog en relación ó pasado ano. Un aumento de visitas do 43% non está nada mal, aínda que en novembro por primeira vez na historia do blog o número de visitas foi inferior ó igual período do ano anterior. O numero de visitas cada vez será máis difícil de superar, conto con elo, e tamén con que os meses correspondentes en 2008 en relación cos que tocaron eleccións no 2007 implicarán diminución de visitas.

Máis 'avisos a navegantes'

Ruidos? Queda un longo camiño en Ribadeo, non só para acadar algo de paz, senón en relación a outros lugares. A ligazón para ver
Aconsello en particular botar unha ollada ó comentario nº 15

Imos facer un rato de Cantón?

Como primeira entrada do ano 2008 tiña unhas cantas posibilidades. Irán saíndo, pero a primeira entrada ten a súa orixe nunha expresión que escoitei o outro día nas catro calles a unha descoñecida (supónse, güiri), "vamos a hacer un rato de Cantón", dito así, con displicencia, entre 'non temos nada mellor que facer' e 'é un traballo que nos impuxemos'. De feito, nada máis dicilo, aceleraron (ían dúas) un pouco o paso para dirixirse cara alí.
Unha curiosidade máis de Ribadeo.