20080229

Naderías


Hoxe vexo na prensa unha pequena nova que vai no mesmo sentido do que levo escrito varias veces. di que a este paso, a capital mariñán será Oviedo, pois a autovía cara aló leva e de aló ven...
Levo pedindo Policía Local con horario ampliado longo tempo: aínda onte vin un anuncio de festa nouturna para hoxe, venres, cando a movida se extendeu xa hai cara a iste día. Por outra parte, o servizo dos sábados é de 10 a 6 da mañá, cando hai establecementos que teñen horario de peche máis tardío xa oficialmente (sen contar os que pechan máis tarde sen ter horario para facelo). Pois ben, escoitáronme... os responsables dos centros de atención continuada, que van ter vixiancia venres e sábado de 10 a 8 da mañá. Debe ser que os enfermos teñen máis ganas de lerias que os 'normais' nos pub ou que andan pola rúa...
Pronto estará disposta a nova draga para a ría de Navia e tamén a de Ribadeo. Di a prensa 'del Eo'. Claro, a draga constrúese en Asturias...
'O agarimo plo propio e o vencello co pasado constitúen riscos sumamente positivos'. Título do último artigo de Lalo Gutiérrez no Progreso mércores, no que remata referíndose ó castro das Grobas e á súa recuperación, algo polo que loita O Tesón. Un paso máis de axuda para que sexa levada adiante, algo no que cada vez hai máis optimismo.
Deixemos Ribadeo. O de 'naderías' do título ven a conto de Ralp Nader, presidenciable estadounidense alternativo dende hai décadas, que vai logrando porcentaxes de votos sinificativos pero que non chega a nada por non pertencer a ningún dos dous grandes partidos, deu 'o bombazo' a nove meses das presidenciais daquel país ó dicir que se presentaba de novo. En troques, en España, Llamazares, cun partido detrás del, o terceiro en votos durante tempo, xa sabiamos que se ía presentar, o que non implicou de ningún xeito que participara no debate televisado entre 'os grandes', e que teña que saír facendo unha parodia en internet debatindo con imaxes en cartón dos dous líderes 'principais'. Non é estrano o post do outro día.
A foto, de pena furada, na ría de Ribadeo, en marea baixa.

20080228

Apatía de Ribadeo


De novo aparece a apatía. Esta volta entre os comerciantes, como un dos puntos básicos para que despois de 9 anos Gervasio Cao deixe a presidencia da Asociación de Comerciantes. Coido que nalgúns puntos, Cao e máis eu temos coincidencia de opinións. Noutros, oposición total. Así, por exemplo, aparece como un dos logros punteiros alardeados na súa despedida un punto sobre o que di que O Tesón organizou unha manifestación: a consecución do Porto PIF para Ribadeo. Se se le a entrevista verase que a opinión é diferente non tanto na oportunidade do PIF (relacionado co peche de Mirasol en trámite dende hai tempo) como nas súas consecuencias; a manifestación foi contra o recheo, non contra o porto PIF. E o que el di que os políticos 'deron o seu brazo a torcer' eu interprétoo como traizón do alcalde ó pobo, encabezando unha manifestación para dous días despois cambiar de chaqueta (así, despois de dicir con arrogancia que 'o pobo xulgaría nas eleccións' porque aínda faltaba tempo, perdeu a alcaldía pasando a ser abondo menos votado).
O caso agora é que se vai, e revitalizou a ACIA deixándoa ademais con caixa a disposición, pero denunciando a apatía.
Algo que se manifesta de moitos xeitos: A outra nova hoxe é sobre a Torre dos Moreno: unha asociación con sé en Vigo, 'Amigos dos pazos', vai tentar de potenciar o seu amaño... un gran non fai celeiro, pero axuda ó compañeiro. Mentres, Ribadeo segue algo 'apático' sobre o tema (algo do que se falou nun dos últimos plenos)
A imaxe, unha foto do 'Porcillán expandido' que propiciou Cao, co tesón ó fondo, tomada a pasada semana.

20080227

Amañado

Xa está dispoñible en http://www.ribadeo.cc/agremon/entroido.odt a versión en formato normalizado .odt do libro 25 anos de entroido ribadense. O sitio, Ribadeo.com. Os autores, Pepe e Gilberto. E o 'intermediario', eu.
De xeito alternativo, con algo menos de resolución, en Xesdo.

Eu crin que só eran dous partidos! (Unha pequena reflexión)


O título corresponde á expresión dun pre-adolescente veciño de Ribadeo ó chegarlle á casa familiar propaganda eleitoral, a 'sábana' que envían de propaganda para a Senado, na que teñen que figurar todos os partidos. Pois si, neniño, non só son dous partidos, senón toda esa ristra que ves. Hai os dous coñecidos, está o BNG, que en Ribadeo tamén debera selo, e toda unha ristra máis de descoñecidos, marxinais, raros ou sinxelamente sen recursos para darse a coñecer máis, e por suposto, sen posibilidades de saír na tele nun debate entre dous como se está a facer entre os maioritarios. Cabe entón pensar se os maioritarios o son por que dispoñen de recursos ou o revés, dispoñen de recursos porque son maioritarios. Nestes momentos, a cousa parece clara, pero xa falei noutro sitio de que aquí tamén hai que considerar a súa especial versión de 'que foi antes, o ovo ou a galiña'. O caso é que na actualidade, reducir a cousa a dous partidos que se reparten no poder reduce abondo o debate e as posibilidades dunha política creativa. Pode solucionar (ás veces) o facer cousas consensuadas, pero rematarán dicindo cousas moi parellas, mentres facilita que vexamos a outros moitos grupos como auténticos bechos raros cando poideran representar en algúns aspectos á maioría da poboación.
En fin, sigamos con outro tema. Por cortesía de Eomática, pronto estará disposto o libro dos 25 anos de entroido, a parte da versón .pdf, (que por certo, tiña unha ligazón mal e xa corrixín), tamén en versión de formato aberto, .odt, co apartado gráfico algo mellor que na versión anterior.
E o dos gráficos lémbrame unha páxina de humor que vin recentemente, a 'Tira ecol'. Sobre tecnoloxía, para ler de cando en vez e rir un pouco (se se desfruta con ese tipo de humor)
A foto, dun lugar típico no Xardín de Sela, capela da Virxen do Camiño, comezo da r/Luz Pozo Garza, próximamente Parque de indianos.

20080226

Deixando por un momento a campaña






Onte vin parte da confrontacion televisiva entre os dous príncipes dos partidos maioritarios. Coido que Zapatero levoulle a ventaxa lixeiramente a Rajoy, se ben non andiveron finos ningún dos dous en moitos momentos, con meteduras de pata como a de Zapatero co canon ou as repeticións de Rajoy co terrorismo (que secundou en parte Zapatero). E entérome de que tamén vai haber mítin en Ribadeo de UPD; será o domingo ás 7 no cine teatro.
Pero hai que deixarse de atender a grandes cousas e mirar tamén ás pequenas: por elas se comeza. E aí están as cousas de Ribadeo, esperando ou solucionadas. As fotos dan mostra dalgunha delas:
O mirador á beira da aduana vella está refeito (non teño idea de cándo se fixo, e aínda non tiven tempo de ver como quedou, máis que o equivalente á foto)
As dúas fotos do porto cara ó fondo da ría de Ribadeo presentan outra vista do que xa expuxen o outro día, sobre a nave do porto. É un tema que coido que se se esquece, vai adiante. A única esperanza é que non se esqueza; nise sentido, tamén houbo algunha nota na Comarca desta semana, que escanearei e poñerei no blog.
Pero non é o único no porto. Que se está a facer nunha parte do porto onde se dixo que non ía haber nada? Pois non sei,pero un novo garito pequeno, como se pode ver na outra foto máis, tomada dende o paseo marítimo. Diso non se deu nova, que eu saiba,pero pode ser algo así como os rochos das fincas 'de labranza': comeza por un baúl para gardar aperos e remata como unha casa... de construcción ilegal, pero que unha volta feita, a ver quen a tira.
E por último nas fotos de hoxe, a obra de 'circunvalación' do peirao de Mirasol. Parada. Por? Non sei, pero leva xa algún tempo que mo parecía. Poderá ser polas eleccións? Por esta, sendo a nivel estatal, dubídoo. E non creo que o estado ou portos pretenda incumprir coas normas impostas polo EEUU... aínda que agora que din que a capacidade de Mirasol rebasarase este mesmo ano e que hai que facer máis obras, ó mellor pretenden botar máis para aló.

20080225

Un novo libro na rede

Unha nota curta: xa está colgada na rede a versión .pdf do libro '25 anos de entroido ribadense', de Pepe e Gilberto.

Vivimos a perda de decencia de parte da élite do país





O título, collido dunha nova de El País de onte corresponde a algo dito por un ministro e indicaría unha candidez extraordinaria. O caso é qee non está dito en España, senón en Alemania, a conta do escándalo dos ricos que reseñei o outro día.
Aquí a cousa é outra: eleccións. Así, onte, na COPE, puiden escoitar un anuncio eleitoral ... da Conferencia Episcopal. Seguido de outro no que se podía escoitar de xeito repetido 'Adios, Adios' a Zapatero. Vaia, moita imaxinación.
Onte foi o mítin do PP. Resultou imposible ir á obra de teatro e ó mítin: por se alguén non se enterou, en Ribadeo os domingos hai teatro, unha costumbre que ven de tempos do mandato do PP e que recolleu e ampliou o BNG dende a concellería e logo tamén a alcaldía. A obra, 'O público', de Lorca, resultoume algo así como entre Pirandello (o de 'Seis personaxes en procura de autor') e Dalí, antecesores da interpretación que Susan Sontag fai en 'contra a interpretación'. Algo que me parece que maioritariamente non gustou nin se entendeu a pesares dos esforzos dos actores, e que aguantaron unha decea de menores entre o máximo de 90 persoas (ver tique de entrada) para as que estaba preparado o esceario e que o encheron co tirón de Lorca. Algo así como teatro experimental, dixeron ó principio. E fóino. Tanto que comecei a apreciar algo cando tratei de comprendelo para, máis dificil aínda, tentar de explicar algo despois de rematada a obra (co público entre os actores, non houbo telón).
Onte, coa ilusión de poñer a ligazón do pleno en Xesdo esqueceuseme detallar a información interna sobre a organización: 62 páxinas de pleno da moiot que mirar. Pero agora non teño tempo. Xa irá.

20080224

Domingo en campaña

Pouca cousa de novo estes domingo. Deixo de testemuña do avance na campaña o correspondente a unha comida-mítin (novo concepto para sufragar gastos con clientes ó estilo americano?) realizada onte e un mítin-mítin a realizar hoxe. Xa andan anunciándoo para o próximo domingo. Parece que para chamar a xente xa non chega con chamala unha vez, senón que hai que recuncar.
Para complementar, dúas cousas: unha imaxe da Casa do Prelo en venta (comezada a xestión da 'recuperación' con uns e finalizada con outros?) a cachiños (pisos) en pleno retroceso inmobiliario.
E a nova de que puxen un pleno, o dos orzamentos do pasado ano, a disposición de todo o mundo, a ver se pouco a pouco o concello se anima a ter unha web útil e nno protocolaria e atrasada. Por dificultades 'técnicas' non está en en 'Ribadeo historia', senón nun novo sitio, 'Xesdo', onde irei gardando algunha cousa que outra.

Non obstante, hai outras novas hoxe. Por exemplo, que Oviedo segue a levar o gato á auga fronte ás capitais galegas, pois abríndose novos tramos na parte asturiana da transcantábrica, a zona tende a depender máis dela que da propia Galicia. Ou que Melchor Roel, mandatario socialista de Viveiro, irá ó xulgado por negar información (a ver se pouco a pouco os concellos se van facendo máis transparentes, que falta fai).
E xa case me esquecía dun anuncio eleitoral que vin onte (coido que polo momento só vin dous), no que o PP presenta unha situación de película negra que considero aberrante. De feito dubido se entendería ben ou non, e sería un truco do PSOE para desprestixiar as malas artes do PP... Respecto ós outros partidos, parece como se non existiran, á espera do 'duelo' entre os dous pesos pesados, despois do parapao que lle meteu Solbes a Pizarro, segundo dí todo o mundo.

20080223

Contigo Galiza decide por todo o que paga a pena con cabeza e corazón


Ó comezo da campaña eleitoral pódense facer algúns xogos. por exemplo, combinar os lemas das vallas que se van poñendo (en Ribadeo, polo momento, vin cartelería de tres tipos: PP, PSOE e BNG), como fixen no título desta entrada. Por certo, que sendo quizais o do BNG o lema que menos chama 'á interioridade' dun, é o máis prático no sentido de que construír unha frase cos tres, na orde que se queira, implica que resalte e sexa o que leva o sentido da frase, como no título.
No outro extremo da propaganda atópase o ribadense Mariano Grueiro, que non terá unha soa valla nin cartel, nin díptico, nin mítin (mañá domingo, mítin do PP en Ribadeo), ... nin partido detrás para ir apoialo porta a porta, e a quen lle auguro un mínimo: 3 votos. Pero non un máximo. Imaxinemos que a súa candidatura ó Senado por Lugo (non importa moito o partido republicano polo que se presenta, pero si que vai para o senado -o partido non se presenta ó congreso por Lugo-, no que se vota de xeito individual a cada persoa, podendo misturarse de diferente partidos, por exemplo, e non ó Congreso, con lista cerrada de cada partido) é acollida pola xente que non ten que votar porque está desilusionada do sistema. Ou por aqueles que saben que o seu voto non vai ser útil porque aborrecen dos partidos maioritarios que serán quen se leve o gato á auga. Ou mesmo por aqueles e aquelas que queren saber de xeito claro unhas cantas ideas do candidato senatorial ó que están votando. Alomenos nos dous primeiros casos sairía por goleada. Respeto ó terceiro, a difusión de internet e o seu uso para determinadas cuestións na provincia farían abondo improbable a súa saída. Difícil será que cadre calquera dos tres supostos, pero quen se presenta, aínda sabendo que vai de perdedor, sempre ten un pequeno resquicio para unha milagre (deses que non existen...)
Por certo, hoxe é 23 de febreiro, aniversario da intentona de golpe de estado de Tejero & cia, o que vexo reflexado na Galipedia e animo a calquera a cubrir o artigo, mesmo tendo como referencia a wikipedia española (primeira ligazón do parágrafo), ou como mínimo a lembrar a historia para non repetila (aquela noite máis dun pensou en marchar de España...)
A foto corresponde non a un pozo con luz no fondo, senón ó oco dun ascensor tomado dende abaixo: as cousas ás veces non son o que parecen (na realidade, con máis frecuencia da que imaxinamos). O caso é a luz do final: un camiño angosto, pero pódese chegar á luz se se pasan as dificultades. Algo que se parece a procura do candidato adecuado para depositar o voto...

20080222

Unha vella entrada: Vin a ría con patos

De cando en vez recupero vellos escritos, publicados ou non. Hoxe tocoulle como segunda entrada a este, 'Vin a ría con patos', que entendo que foi publicado en A Mariña/El Progreso de 22 de xaneiro de 2005

Vin a ría con patos.

Sábado 22 de xaneiro. Camiño á Veiga, vexo a ría a medio encher con patos agrupados aló, no extremo da marisma descuberta. Nun día despexado, unha paisaxe idílica viaxando para unha das charlas das xornadas sobre a ría (Jornadas sobre la Ría del Eo, Vegadeo) despois de pasar preto da praia que forma o novo recheo no peirao ribadense.

Ó entrar no local, foi unha sorpresa a ausencia de xente de Ribadeo. A causa non a sei, pero non deixa de ser chamativo que a principal localidade da ría esté prácticamente ausente do patio de butacas (polo demáis cunhas corenta ou cincoenta persoas).

Antes de comezar a charla, dame tempo de recoller o material, vexo o patrocinio do 'Oscos-Eo' e algúns folletos, entre os que están un adicado ó Convenio Ramsar e outro titulado 'observando aves en la ría del Eo' a máis do díptico das xornadas e outras informacións. Dende que no IES Porta da Auga, hai xa dez anos, se fixera un vídeo sobre a ría, atopo nesas oito páxinas sinxelas en tamaño A5 do 'observando' a información de máis entidade sobre o tema á que tiven acceso. Na portada, un esbozo pictórico da ría na que se notan as instalacións portuarias de Ribadeo, aparecendo aínda a dársena norte de Mirasol. Penso: é posible que sexa a última publicación na que vexo ese detalle.

Nos papeis aparece a visita en barca á ría, indo ata Castropol en autobús, o que me lembra as fotos de barcos atracados ó peirao veigueño. Indago e atopo o dato: a visita non se asomou á darsena que se está a rechear.

Deixando polo momento o Convenio Ramsar, comeza a charla 'Los espacios protegidos. La Ría del Eo'. O conferenciante, da Consellería de Medioambiente asturiana, comeza aclarando que fará unha revisión histórica dos espacios naturais a nivel nacional e asturiano para centrar o tema da ría. Polo medio, sae que non se creou unha figura de protección para a ría por desacordo entre os gobernos galego e asturiano; en consecuencia, o fín tampouco se fala sobre a ría. Preguntado ó final polo 'desacordo', hai unha resposta entre acusadora e evasiva: é absurdo crear unha figura para a parte asturiana e non para a parte galega. Parece que a perspectiva política ou económica das institucións das dúas beiras non coincide. Tema pechado. Outras preguntas que inciden de xeito máis lateral sobre o tema non aportan máis datos.

Volto coa sensación de que a nivel político nos organismos autonómicos non se teñen as ideas moi craras (é dicir, nas que se crea e defendibles por eso mesmo), nin aquí nin aló, sobre a ría. E que non coinciden as perspectivas nos diversos estratos, institucións e empresas por unha beira e pobo pola outra.

Mentras, veremos nuns meses como ata uns 70.000 m3 de area do tesón son pasados a solo para camións mentras a lonxitude de peirao se reduce en 100 m. Animo a ver o progreso das obras (non de Ribadeo) ... para poder lembrar e tentar de non repetir o mesmo erro outra vez máis.

Antonio Gregorio Montes

Debate


Comezou a campaña. Onte mesmo, falando de pasada con outras dúas persoas, que coido en principio de ideas políticas máis ben algo distantes das miñas, sobre o debate que levarán a cabo dentro de tres días Rajoy e Zapatareo, comentei que xa estaba sabido quen gañaría. Pola cousa 'de pasada', quedei sen poder aclarar
máis, e aproveito aquí para facelo. Coido que gañarán ambos: preséntase como un debate a dous na cúpula, polo tanto un mais que o outro, pero ambos serán os beneficiados. De xeito natural, tamén haberá perdedores: os que quedan fóra do debate, e con eles, o pobo en xeral e a verdade. É evidente que a propaganda a que accederán marcará unha diferencia entre eles e outros que non teñen na actualidade o seu poder, tentando manter, senón aumentar as diferencias entre partes, entre os 'que contan' e os que 'non contan'.
Unha viñeta xa vella de Romeu facía dicir ás súas personaxes:
-Hai que seguir a loitar sempre por cada liberdade conseguida
-¿Por que? ¡Que pereza!
-Sempre son un pŕestamo.
-Bufa
-Si
O sistema quere encamiñarse, está deseñado para, ir camiño do bipartidismo. Logo, quen non chegou ós primeiros postos ó comezo ou quen representa a posibilidade de cambio sae con desventaxa. E sempre, sempre, hai que loitar pola liberdade se queremos seguir a disfrutala: parecería un ben consumible nunha suciedade (sociedade) de consumo acelerado.
Por certo: comezou xa a 'campaña'...
A foto, 'paisaxe pastoril con muralla o fondo', alegoría dun Ribadeo entre bucólico-agrario e de urbanismo desenfreado. Nin o un (so) nin o outro: estará recollido como intención no PXOM?
E unha cousa que me lembrou unha nova de hoxe: Leva uns días reparada a porta de acceso á maquinaria situada na terraza do auditorio hernán Naval. Aleluia!

20080221

A ordenación, dende o accesorio

Unha ordenación, como calquera actividade, ten un núcleo e tamén cousas accesorias. O básico é o núcleo, pero moitas veces é o que pasa ó segundo plano, quedando só como testemuña de algo que sucedeu, mentras o secundario, o accesorio, pasa ó imaxinario popular, á 'historia'. É dende un consciente segundo plano dende o que enfoco a miña mirada, algo motivado en parte polo esoterismo que representa para min unha ordenación.
Ó chegar a Lugo o pasado 9 de febreiro, recén finalizado o antroido, e pasar por diante dun quiosco fixeime nalgo que me impactou: na fachada do comercio un periódico coa nova da ordenación en portada non daba destacado dun segundo plano, tachonado en boa parte por revistas do corazón. Había dúas cousas indicativas: a importancia mediática (relacionada coa importancia asignada popularmente) e a mistura entre novas moi diferentes. A primeira, portada dun diario, e polo tanto con importancia concedida en certos medios, contrastaba coa importancia xeral, un segundo plano entre novas 'do corazón'. Tal parecería que a asignación de importancia dunha ordenación (desta en concreto) está en función da cor rosa ou amarillismo dos medios de comunicación. A segunda da unha idea da banalización de algo considerado como sacro, entroncando coa idea de antroido e non de coresma: un signo dos tempos, podería dicirse.
Camiñando máis adiante, xa fronte á catedral, a bandeira vaticana facía de único emblema postizo do pazo episcopal. Ten extraterritorialidade o Pazo? Teño que confesar que non o sei, pero tamén que interiormente xa teño decidido que non a debera ter. Dende que a igrexa - estrutura se convertiu en estado, teño as miñas dúbidas: o acubillo nas igrexas - edificio tiña unha razón de Igrexa - relixión, pero a bandeira dun país estranxeiro... ou funciona o bispado como embaixada? Parece que o emblema ten algo que ver coa visita do Nuncio, pero aínda así.
O ver xente traxeada e sorrinte é típico das festas, das celebracións. Tamén de cando hai oportunidade para amosarse en público cunha certa relevancia. Así ía a xente que se aproximaba ó acto. Coido que a porta máis usada é a lateral fronte ó bispado, pero neste caso estaba vedada: dentro, as filas de cadeiras reservadas para diversas autoridades ocupaban no brazo da cruz catedralicia o sitio correspondente normalmente ó paso cara a nave principal. Iso facía necesario un paseo pola rúa lateral ata a fachada principal, conforme coa oportunidade para amosarse en público.
Hoxe en día calquera actividade que se preste (é dicir, que se considere de prestixio por algunha razón) non se escapa dos medios audiovisuais. A ordenación non foi excepción. E aí temos a primeira cousa accesoria en importancia, que colleu o protagonismo no mesmo desenvolvemento do acto a epsares de ser algo totalmente externo: as diversas cámaras e sobre todo, pantallas, que enchían a Santa Igrexa Catedral, incluído no lote algunha operadora que (segundo comentarios, pois eu non o vin) ía 'descocada'. As pantallas deron que falar: houbo quen se quedou na casa para ver o acto de xeito máis cómodo, a carpa externa colocada á entrada da fachada principal quedou vacía ó non funcionar a pantalla xigante e a igrexa quedou chea de cadeiras por calquera oco dispoñible onde se poidera ver unha das moitas pantallas accesorias dispostas. Quen por alí estivo observou que o aderezo principal durante o acto foron esas pantallas, tanto como a mesma ordenación. Alomenos mentras a xente non se afixo a elas, e diría que houbo quen non chegou a afacerse.
Os invitados tamén foron dispostos por zonas, deixando ós non invitados de xeito oficial nos sitios máis alonxados da acción principal. Cando tentei chegar ó novo bispo, procurei a vía máis rápida (natural, non?) e visto que a escollida non tiña unha cola como é debido, metínme como puiden ata que cheguei o que se podería chamar unha cola organizada. Nese momento notei que estaba entre os VIP ó identificar a determinada xente. Houbo quen me dixo cun sorriso algo así como que me estaba a meter onde non debía (ollo, non onde non podía), e contestei que algún dereito tiñamos o pueblo llano (si, en castelán, as dúas intervencións de xeito fluído e non áspero) nestes actos. Todo foi ben ata que, catro ou cinco persoas antes de chegar ó novo prelado, alguén da organización díxonos a uns cantos máis ou menos que que había que deixar rematar ós VIP antes de pasar nós (non era o único non-VIP que chegara ata alí). A poucos pasos do altar, do bispo, nunha cerimonia, ... cando pasou por diante o meu interlocutor anterior fíxome un xesto máis ou menos cariñoso ó que contestei algo así como 'esta vez non puido ser'. Algo que me fixo pensar, pode que de xeito inconvinte, na cerimonia (calquera cerimonia) como medio de submisión.
Como medio de lembranza da ordenación, está o libriño de guía cerimonial. Despois da cerimonia tróuxenme unha lembranza tamén material: o recordatorio coa estampa da Nosa Señora dos Ollos Grandes, o libro, e tamén un papeliño de asento reservado correspondente a outro amigo, o Delegado de Medio Ambiente. Por tanto, teño a oportunidade de miralos con máis detemento, incluída a reserva rápidamente manuscrita que fai de compensación, algo que se me antolla parello á frase 'pó eres e en pó haste converter', que por si só non di moito, mais permite reflexionar en relación ó acto dende outro punto de vista, en perspectiva.
Incluído no libro, o escudo do novo bispo e a lenda. Quedoume abondo clara a lenda coa explicación. O escudo (o 'blasón'), non tanto, en particular no seu por que na actualidade, pois só atopei unha descrición, non unha explicación de significado. Tamén poido ver o equilibrio entre o maioritario castelán e o testimonial galego, cada un adicado a cousas concretas, como por estratos ou clases, incluído aínda o máis testimonial latín e mesmo grego (*). Outra alternativa ó ver os papeis, para moi pouco tempo, é que podo mirar mellor os sobrios anuncios contidos no libro, indicadores agradecidos pero mínimos do apoio arxéntico recibido.
Unha última cousa: o anel, ou mellor a súa falta patente no saúdo final individual ó novo bispo, que quixera interpretar como unha diferenciación desta ordenación particular e algo que vería con gusto dende as miñas ideas, aínda que polas súas propias verbas a orixe do feito atópase noutro lugar.
Poderiase seguir, ou tratar máis en profundidade as rápidas pinceladas anteriores, pero non teño tanta perspicacia, intención, nin tempo. Por eso remato dun xeito rápido; despois do anterior reafírmome no que dixen outra volta e considero evidente: o novo bispo vai ter moito traballo.

(*) En resume: en castelán, a descrición do blasón, a cita correspondente ó lema episcopal (tomado de Jn 17, 14-19) datos biográficos, descrición da diócese, explicacións da litruxia e grande maioría da mesma; en galego, canto de entrada, leturas (non o Evanxeo), salmo responsorial, súplica litánica (excepto conclusión), contade as marabillas do Señor, bendición final; en latín, lema ('Sanctificati in veritate'), veni creator, ; e tamén en grego, a cita correspondente ó lema episcopal.

Anterior sobre o tema.

Esta noite comeza a campaña
























Pero na realidade, despois dun longo tempo de 'precampaña', quen se preocupa da campaña? Non houbo xa actos eleitorais en Ribadeo? Non levan postas algunhas banderolas cousa de 15 días? Non levan insultándose e 'perdéndose o respeto' abondo máis tempo? Non embargantes, quen sabe os nomes de máis de 5 candidatos por Lugo? (senadores e deputados incluídos, mesmo habitantes do propio concello) E algunha promesa feita (poucas deben quedar por facer...) e que teña visos de ser real, auténtico compromiso? Alguén dos que está a ler isto leu algunha vez un programa eleitoral enteiro?
Esta noite veremos nas televisións o comezo da pega de carteis. De cántos partidos? Sabe alguén que por Ribadeo, entre deputados e senadores preséntanse non menos de 3 persoas?
A quen favorece o sistema eleitoral? (sempre hai algún favorecido, só hai que pensar un pouco; no blog mesmo tentarei facer algún pequeno estudo) En canto a partidos? E en canto a lugares? Cántos partidos coñeces? Cánta xente participou nalgún acto político que non fóra de propaganda nin eleccións?
Poderiamos seguir, pero coido que os próximos días, por unha ou outra razón, o motor chamado 'quero o teu voto' vai dar lugar a algunha curiosidade máis a comentar. Martes noite foise a luz, e parece que a barras eléctricas non lle fixo moita mella que se protestara. Irase a luz esta noite durante a pegada de carteis?
Algo ten que cambiar na estrutrua social... cun pouco de axuda, esperemos que para mellor.
Estiven por poñer unha foto bucólico-pastoral con feísmo urbanístico ó fondo, pero xa sairá outro día. Hoxe van dúas fotos do rego de Vilaselán tomadas dende a ponte da estrada vella de Vilaselán, para ver o estado do regato. Outra, onde se ve uns pasos peonís na entrada da autovía que pensei que non ían dar feito (xa levan días, pero estivo sen eles e co protector lateral da estrada que había que saltar para atravesar dende Vilaselán unha boa tempada). E como final sempre divertimento dos cocos-estatua de San Roque (na foto non aparece moi visible que a coca está perdendo o seu encaixe comido pola corrosión)

20080220

Cortes de luz



Coido que a principal nova de onte en Ribadeo non sairá nos xornais de hoxe: era demasiado tarde, despois das dez da noite, cando comezaron os cortes de luz repetidos en boa parte do pobo. Curtos, pero moitos. Rematou a primeira fase cun máis longo, de varios minutos. E voltou de novo máis dunha ora máis tarde con outro novo corte. Despois xa desconectei.
Por outra banda, xa se van anunciando encontros para a campaña. En Ribadeo finalizará por parte do BNG cun día completo, que incluirá un encontro con mulleres, outro con maiores e unha festa final (é venres, logo sen policía local de control) no Muíño. Cousas da vida: local do mesmo dono que a empresa que é contratada polo mesmo concello para vulnerar repetidamente a normativa de ruídos por anuncios altavoz en ristre (ás veces non é o concello quen contrata)
E hoxe sae na prensa a secuela de dúas novas (en realidade, non tiñan nada de novas, senón de lembranza, sobre os ruídos e sobre a casa da ría) que publicou a Voz onte. Por unha banda, NNGG do PP reclama control do botellón (non dos locais de copas, indicando que segue a haber unha diferencia de miramentos para un caso e outro) con resposta do alcalde de xeito inmediato (co que por certo, e a pesares de tratarse de tema de ruído, neste caso coincido abondo); por outra, o concello di que se pediu persoal á Xunta para poñer a funcionar a casa da ría, o que seguramente levará algún tempo pero verémolo realizado.
As fotos, dous aspectos de Ribadeo que non saen moito na prensa: a avenida da antiga estación do tren mineiro coa estación xa protexida por estar en estado ruinoso, e un lugar da estrada de Vilaselán dende o punto anterior no que un vello e grande cactus está a esmorecer de puro vello e descoidado entre unha natureza non moi afeita a esa especie.

20080219

A compravenda de vivendas, freada



Tal como está no título, parece que non é novidade. Pero si que pode resultar novidade que se especifique nunha nova que se trata da compravenda de vivendas para especular. Hai detectada unha bolsa de unhas 700.000 vivendas para especular que non se están incrementando e que están agora saíndo ó mercado. Iso significa que a parte do estado da economía económica, que freou xa a subida de pisos, haberá máis oferta relativamente, co que é previsible que estes baixen.
Na realidade, no n fai falla que o diga a prensa: por Ribadeo vénse vivendas anunciadas sen vender, e xa no outono pasado había rebaixas nalgunhas, e aínda re-rebaixas.
As dúas fotos, da case solitaria palmeira no centro do pobo, en San Roque, e do triángulo antiurbanístico da entrada de Vilaselán, poden servir de marco nun día no que a ONU está a 'tirarlle das orellas' a España pola presión urbanística á ue ten sometido ó territorio, lembrando que se están (estaban) construíndo máis vivendas aquí que en Alemania, Francia e Inglaterra xuntas. cunha poboación conxunta cinco veces superior.
Un título dun artigo lido o outro día: 'El amor al paisaje destruye el campo', e un comentario do mesmo: "La búsqueda de 'la naturaleza' (en términos de paisaje) destruye su objeto mismo, la naturaleza (en términos de ecosistema y biosfera). Eu engadiría que tamén en termos da mesma paisaxe.

20080218

Vaia novidade!




Vexo no El País de onte nunha mesma páxina dous titulares que por si sós dan que pensar: "Escándalo social en Alemania por el frude fiscal de los ricos". "La venta de champaña se dispara en España" (subtítulo: "El 'boom' gastronómico y de tiendas selectas impulsa el consumo").
Sen comentarios.
Mentras, a prensa segue a traer novas da campaña estadounidense á presidencia (case un ano para que haxa eleccións) á par que comeza a traelas dos mítines de por exemplo, Ribadeo. en desacargo da 'nosa' prensa, hai que dicir que comentarios dos políticos en plan prensa rosa xa os leva poñendo de hai tempo.
E, misturado, un resalte dunha longa entrevista a Zapatero: "La información es una de las grandezas de la democracia. Cuanta más información, menos manipulación". Aínda estou esperando algunhas informacións do que pasou aquí no mandato pasado no concello, encabezado por unha persoa aupada polo partido de Zapatero.
Cousas da política? Para o xuízo sobre a pregunta anterior, deixo outro par des citas, estas de Le Monde Diplomatique:
* "Si sólo tuvieran que recordar tres palabras, que sean éstas: 'los gobiernos mienten'" (atribuído a Isidoro Feinstein, periodista de investigación)
* "¿Para cuándo las instituciones democráticas que puedan salvar a los ciudadanos? Más aún, ¿para cuándo ciudadanos libres para salvar la democracia? (do artigo 'La democracia en crisis', da edición de xaneiro)
Pode que mellor fixarnos no accesorio. As ilustracións circularon estes días por Ribadeo. As primeiras, animando a participar nun concurso de postais de amor ... para incrementar o consumo. O segundo, da obra de teatro presentada onte no 'Hernán Naval'. Se se amplía esta segunda imaxe pódese ver a modo de subtítulo: 'cando o amor acaba co fascismo'
Espois dunha fin de semana cuns cantos post, imos comezar unha nova andaina semanal.

20080217

En espera da publicación na rede do libro do antroido

En espera da publicación na rede do libro dos 25 anos do antroido (que conto facer a próxima semana), aí vai o meu artigo como segunda de hoxe:
--
O antroido perdido e ganado na rúa
Remato de ver unha foto dun ano que ás veces se considera perdido para o antroido ribadense: 1983. Perdido oficialmente por falta de colaboración. Na realidade, un antroido un pouco diferente, con algo menos impulso que outros, pero antroido, ó fin. Na foto, participantes que a modo de esquiroles do antroido levaron unha celebración independente da oficial, e a contribuíron a que a festa correra en Ribadeo como outros anos. Igual? Non, pero, que edición foi igual a outra?
Queirámolo ou non, o antroido vai por dentro, un pouco como esas crenzas pagás anteriores ó cristianismo que se enquistaron na xente e deron lugar á celebración. Un pouco porque somos persoas e necesitamos a sociedade, pero tamén, porque a necesitamos, temos necesidade de rirnos dela e do papel que desenrolamos cada un de nós.
Por eso, non é de estranar que, se din que a Igrexa é a entidade con máis historia (alomenos en anos), o antroido, de ser considerado como entidade en troques de como festa, non lle iría á zaga, senón máis ben lle tomaría a dianteira.
E o antroido en Ribadeo ten historia, non só como manifesta o libro que tes entre mans, senón anterior. Unha historia que, polo momento, concéntrase na súa parte final nestas páxinas, esquecendo aparentemente o que sería a gran parte oculta do iceberg do antroido ribadense. Historia recente recollida case sen interpretación, en estado bruto, a base de imaxes nas que moitas veces se evidencia aquelo de que unha imaxe vale máis que mil palabras, unha frase que recolle tamén en certo xeito o esprito do carnaval: un desenvolvemento onde o que conta é a imaxe, e a palabra é en xeral accesoria, aínda que sexa un acompañamento que axude moito nalgúns casos.
A accesoriedade da palabra nestas festas explica a cortedade dun artigo neste libro. A imaxe mostra o que a palabra pode embarullar con facilidade. A imaxe recolle o momento do esprito querendo recoller o esprito do momento, mentras que a palabra primeiro ten que explicar o que é o esprito do antroido, perdendo polo camiño o desfrute da vida, o carpe diem que nos lembra o carnaval.
Antonio Gregorio Montes

Sete anos, seis metros

Resulta que as restriccións impostas para industris achegadas ó mar que xa esteñan funcionando inclúen que deben estar separadas seis metros da beira de auga. Non é moito, pero en instalacións grandes como a de Pescanova en Lago, pode supoñer obras importantes. Por eso é lóxico que se de algo de tempo para facela cumprir. Pero sete anos, período de mandato do presidente en Francia, parece demasiado para seis metros. Máis aínda cando a concesión de solo para as instalacións vence nun ano ... (recollido de La Voz de Galicia)
Esa era a nova. O que hai por debaixo de moitas novas dese estilo pode ser algo como fórzannos, pero tranquilo, que xa maniobraremos para que quede en nada (vénme á mente, sen ir máis lonxe a sentencia contra o concello de Ribadeo por permisividade en ruídos: os ruídos seguen, a sentencia non se cumpre, o alcalde, un ou outro, dan largas). Non sei por que conecto o meu comentario cunha cita que remato de rebuscar: 'Poderiase afirmar que se a Unión Europea fora candidata a entrar na Unión Europea, sería rexeitada porque non cumpriría os criterios democráticos que se esixiron ósnovos estados membros'(Le Monde diplomatique, Ed. española, feb. 208, p. 29., Bernard Cassen: "Una Europa que disfraza su apariencia") E é que nas democracias nas que vivimos, parece que as leis, cos seus deberes e dereitos, van a dúas velocidades, segundo que se sexa do 'núcleo de poder' ou da 'periferia do poder', por chamalo dalgún xeito.

20080216

Unha nova asociación

Só unha pequena entrada para dar nota do nacemento dunha nova asociación de veciños en Ribadeo.

Nota de prensa de O Tesón

En relación ó post anterior, sobre o novo galpón previsto no porto, adxunto a nota de prensa de O tesón.
Asociación de Veciños O Tesón
Ribadeo
--
Nota de prensa
16/02/2008

Enterados polos medios de comunicación da posibilidade da construción dunha nova nave en Mirasol, en parte sobre a ría e de dimensións abondas para cobixar un cargueiro baxo de seu, a directiva da AVV O Tesón queremos manifestar, en b
ase ós datos recabados, que:ase ós datos recabados, que:
A ría de Ribadeo ven sufrindo sucesivas agresións dende hai tempo, incluíndo na zona portuaria de Ribadeo un recheo hai xa tres quinquenios entre Porcillán e Mirasol, e outro na zona norte de Mirasol hai dous anos. Estos recheos, escolleiras, ampliación de lonxitude e ancho de peiraos, etc, véñense facendo en detrimento da conservación da ría e mesmo do seu aproveitamento para outros usos.
Neste contexto, enterámonos de xeito extraoficial dos plans para a construción dun galpón que, con parte en terra e parte na ría (para o que sería necesario asentar no fondo do canal oito pilares) e dunhas dimensións abondas para que caiba a meirande parte dun cargueiro no seu interior, implicando unha altura de 25/27m para poder permitir a manobra de grúas. No mesmo paquete de noticia, aparece a ameaza de que a empresa Ence (propietaria da celulosa naviega) deixe as súas actividades no porto ribadense en caso de non ser acometida a obra.
Dentro da incertidume que representa unha nova extraoficial, en primeiro lugar, temos que incidir en que de ser as cousas como se presenta, hai unha grave falla democrática na comunicación entre os mandos políticos e o pobo que gobernan e que os elixiu para a súa función.
En segundo lugar, nos plans non estaríanán botadas as contas segundo o impacto ambiental, pois polo momento, ó parecer, non existe. O anterior implica un método de traballo no que primeiro se poñen certos obxectivos en función de intereses e logo, unha volta decidido o que facer, téntase que a realidade case co xa decidido con anterioridade. Así vólvese a truncar o interese xeral en favor de non se sabe moi ben que (a lembrar que non hai unha declaración oficial dos poderes públicos sobre o tema)
En terceiro lugar, sábese xa das dificultades que experimenta o porto de Mirasol debido á colmatación por area da canle de aceso, dificultades que aumentarían non só polos pilares a construír para levantar a nova edificación senón tamén porque ó meterse na ría a estrutura, implicaría a bo seguro que o aceso dos barcos que non foran atracar baixo ela debería facerse alonxando máis a canle da beira, é dicir, a costa do tesón e cun aumento de necesidades de mantemento.
En cuarto lugar, unha nave de esa envergadura incidiría moi negativamente nas instalacións hosteleiras que ten detrás o porto. Terían o mesmo valor no futuro as habitacións na parte baixa do Parador de Turismo coa vista de Castropol substituída por unha parede?
Todo o anterior sen considerar o perxuízo medioambiental ou estético que serían causados, e que merecen un tratamento a parte, o mesmo que o cálculo de custes indiretos: Cánto aumentaría a colmatación da ría a raíz dos pilares? En cánto se traduciría á hora de dragar?
Por último, de ser certa a realización dunha ameza por parte de Ence, hai algo que non comprendemos: ten Ence, efectuando unhas inversións semellantes ás que se farían en Ribadeo, un porto que se poda asemellar en prestacións ó de Mirasol? A mellor alternativa que se nos ocorre é o de Avilés, a unha distancia doble.
Por todo elo, urximos a unha clarificación da situación por parte das autoridades, adiantando o máis enérxico rexeitamento social en caso de que as novas avanzadas pola prensa teñan fundamento. Ó tempo, lembramos ós poderes públicos a proxección social da súa labor, reclamando deles unha visión a favor do pobo de Ribadeo e os intereses de todos.
En Ribadeo, a 16 de febreiro de 2008

Dúas transformacións como primeira de hoxe

Despois de irse asentando na cabeza de todo o pobo que aínda que non hai nada 'oficial', portos quere poñer unha nave de 25 m de alto na que albergar papel e barcos nos días de choiva a instancias da papelera (a propietaria da antiga CEASA de Navia), decidín facer cos poucos datos que da a prensa unha pequena recreación en base a fotos. Nunha collo a foto do sixpac, aínda sen o recheo, e pégolle dúas pintadas: unha, co recheo, e outra, co recheo e unha aproximación do que poidera ser a nave. A outra, un efecto 'lateral' de visión de Ribadeo e saída da ría dende Castropol. Pareceume demasiado poñer de primeiras a visión 'sen e con' de Casrtropol dende o Parador, por exemplo. Máis comentarios sobre outros aspectos, máis adiante.

20080215

Actos




Adxunto un par de cousas sobre actos do concello, xa que as 'curtas' comezan hoxe mesmo. Lembro que se pode ampliar as imaxes clicando sobre elas.
... E do15F ó 15M, clases de natación para nenos e adultos, contactando coa OMIX (982120808)
Por certo, que coido que estas labores de aviso 'pronto' as pasará a facer a web do concello, se as miñas informacións non me fallan.

Globo sonda de 25 m de alto

Esperei a poñer a nova para facerme unha idea. agora téñoo claro: é un dos chamados 'globo sonda'. Refírome ó proxecto de construcción en Mirasol dunha nave de 25 m de alto que cubriría peirao e zona de auga para protexer a carga da pasta de apel os días de choiva. Lémbrome de que cando a polémica para o último recheo polo momento (lembro, 8000m2 de superficie de peirao a costa da reducción de 100m de beira), portos dixera que non se ía construír sobre o peirao. Aquelo de onde dixen digo, digo Diego, que en relacion ó recheo estreara o anterior alcalde (pódese ver en diferentes sitos do blog información sobre a traizón e sobre o recheo; non poño as ligazóns porque serían demasiadas). O caso é que, despois de non ver na actualidade moita solución á promesa de que a ponte sexa transitable sen motor, agora quérese ver a resposta sobre unha nave que, entre outras cousas, implicaría unha merma de visión sobre a ría, unha separación da canle de Mirasol do peirao, ... cando se tiraron xa cartos abondo en facer unha barreira (que pagamos todos a pesares de estar contra dela) que cando se de cerrado por orde dos USA xa necesitará poñerse de novo en boa parte do seu perímetro, pois está esmagada polas mesmas obras. A entidade que leva o cotarro? Portos de Galicia, que parece non ser pública nin privada, collendo a parte que lle convén (a quen?) cando lle convén, cunha opacidade da que só sae para dar información a medias cando se lle presiona de xeito abondante (para rebaixar a presión e logo fai o que lle peta, pois a presión non dura sempre)
... Estou notando que teño pouco tempo para escribir e quixera desenvoltar máis os temas, háinos que merecen máis profundidade...

20080214

Escribir, ler, ...

Onte enterámonos que a renda de Galicia subíu un 3% en relación á europea nun só ano. Resulta que as outras diminuíron a súa renda? Porque o aumento porcentual de soldos por aí se andivo.
E, falando de soldos e rendas, resulta que a porcentaxe de participación dos salarios no Produto Interior Bruto en Europa non deixa de diminuír dende mediados dos oitenta. É dicir, non deixa de diminuír en relación coas rendas percibidas polos propietarios. A cambio, de novo dirán que a situación económica está mal por non crecer moito, mentras se publican cifras de que as empresas baten marcas de ganancias. É unha curiosidade máis que é de supoñer que se manifeste de novo na campaña eleitoral que se aveciña, pero o caso é como, e que se pretenda realmente atallar despois das eleccións: a tónica da última tempada soe ser máis ben a inversa, diminuír os impostos á xente que ten máis para que poda invertir, co que hai que sacar servizos por outra banda á xente que non ten capacidade económica para gastar neles. Enténdase, pagar por ir por autovía en troques de dispor de autopista, dispor dun servizo médico adecuado en troques de ter que ir 'polo privado' ou fuxir do ensino público polo deterioro que está a sufrir.
Non vou insistir en que a concentración de cartos cada vez fai unha pirámide máis aguda: menos número de máis ricos. Está demostrado estatísticamente. Que non se nota en Ribadeo? Verémolo. Veremos canta xente se vai quedando literalmente fóra do sistema. E iso significa por exemplo, pensar que para que vai votar, se o voto non serve para nada.
Pode seguirse. A implantación de novas censuras remata de facerse sen que o debate saíra da rede, se sentira na rúa. Apostamos a que non vai ter repercusión na campaña eleitoral?
Entón, que é o que vai ter repercusión nela? Tal parece que se fora falar do sexo dos anxos...
Por certo, primeiro mítin en Ribadeo:

20080213

Unha ponte nosa

Mentres comezan as primeiras escaramuzas electorais, a conta das banderolas do BNG que xa están postas (coido que nas eleccións pasadas tamén foron os primeiros en colgar anuncios dos seus candidatos), a vida segue, e o avance das obras da ponte dos Santos, tamén. O caso é que díxose (onde estará esa documentación de prensa?) que a ponte levaría un sitio para que os peóns puideran pasar. Tal como eu vexo que está a quedar, nin peóns, nin bicis nin tractores (falouse tamén do tema a conta dos socios dos irmandiños en Asturias). Sigo sen saber onde ver os planos 'últimos' do que se está a facer (xa teño mirado algo o tema), e coido que se non se fai algo, pronto será tarde para reclamar un paso que a ponte dos Santos facilitou no seu día: a comunicación de circulación lenta sobre a ría entre As Figueiras e Ribadeo, entre San Román e San Miguel.
Apareceu na Voz a lista de inmobles afectados polos envíos de avisos do concello: Cine Colón, Aduana Vella; inmoble fronte ó Millo; tres na rúa Trinidad (vello colexio, igrexa, casa veciña); outros en Amando Pérez; e na confluencia de San Francisco e Amando Pérez (e non o pon, pero ao menos debe ir algún local da Torre dos Moreno...). Coido que todas elas se poden ver en 'Ribadeo Falls', obra que xa ten os dous anos. Por certo, que no seu momento xa foron enviadas cartas para o amaño dos inmobles, pero logo non se fixo nada, a pesares de que se daba un prazo de dous anos. O que descoñezo é se agora se volta a dar o mesmo prazo ou se lles di que xa rematou...

20080212

Foise o antroido? Comezan as eleccións!


Coinciden na prensa as últimas bocanadas do antroido coas primeiras das eleccións, nunha constante de noticias. Son presentados os e as elixibles na provincia en Viveiro (do PSOE, hoxe) e en Ribadeo (do BNG, coido que domingo), e ó mesmo tempo, deixase ver outro tipo de presentacións: xa adiantara nun pleno a fin de ano o concello que a Deputación ía adiantar cartos ó concello. Pois parece que si, pero non de xeito anual, senón de xeito mensual, co que o adiante non o é tanto.
Eu, a verdade, de cara ás eleccións, prefiro a reflexión, e atopeime cun par de citas que teñen que ver coa política pero un pouco alonxadas do 'centro' destas eleccións, para comezar suave:
* 'Poderíase afirmar que se a UE fora candidata á UE, sería rexeitada porque non cumpriría os criterios democráticos que esixiu ós novos estados membros' Bernard Cassen, "Una Europa que disfraza su apariencia", Le monde diplomatique, ed. española, feb. 2008, p. 29. Aí está o tratado -pseudo constitución- metido pola porta traseira tras ser rexeitado en referendos...
*'O amor á paisaxe destrúe o campo' [...] 'A procura da natureza (en termos da paisaxe) destrúe o seu obxecto mesmo, a natureza (en termos de ecosistemas e biosfera). Augustin Berque, "Los rurbanitas contra la naturaleza", Le monde diplomatique, ed. española, feb. 2008, p. 18. e non se refire só nin moito menos á construcción de segundas vivendas, senón á idiotez (vista dende varios puntos de vista, como o da mantenibilidade ecolóxica) da dispersión así provocada: hai xa moito que se sabe que a distribución de asentamentos humanos en Galicia non é eficiente e hai berros (acalados) para tentar que pouco a pouco se faga máis racional. A tendencia da construcción é exactamente a inversa.

20080211

Unha visión da ría



Os luns teñen fma de días diferentes. Son como todos, pero en xeral, nós, non. Por eso nolo parecen e a atribuímos ós días algo que nos corresponde. Quedan novas por ver despois dunha semana tamén diferente. Voltarei sobre algunhas, pero de pronto hai noticias que nos dan unha idea, como a letura, por exemplo, do blog de José Mª en relación ó pleno do sábado no que eu non estiven. Mentras un par de fotos e un pequeno vídeo da ría de Ribadeo, As fotos, tomadas xa a outra semana, dan fe do vento que facía ese día, coas ondas picadas dentro da ría na zona de Mirasol e a película con elas azotando cara á Punta da Cruz, na parte asturiana da saída. Tamén, unha sinal que seguro que leva tempo, pero non vira, indicando o perigo de caída para os coches en Porcillán, onde se ve o avance na ampliación da ponte, indicado polo desprazamento da estrutura metálica sobre a obra.

20080210

Entre don carnal e dona coresma


O mércores de cinza xa non é antroido, pois éntrase na coresma. Non embargantes, en Ribadeo fíxose o típico: o sábado péchase extemporáneamente o antroido, como fixo este ano co enterro da sardiña. As charangas e a viúvas recorreron as rúas e rematouse coa explosión do antroido e os lumes de artificio. Dous vídeos non teñen abonda iluminación para dar testemuña das charangas, e queda un terceiro ('cun efecto curioso') e algunha foto sobre os lumes de artificio sobre a Casa do Concello para dar testemuña. Tamén, o cartel de anuncio (que non vin ata pasado o enterro) que manifesta ás claras quen pon os cartos.
Na noite tamén houbo que se dedicou a facer algunha antroidada, e así por exemplo o cartel do CCA á beira da Orden Terceira xa non existe.













20080209

Poema cedido

Deixando á beira varias novas que aparecen na prensa hoxe e que comentarei máis adiante, transcribo un poema doado ó concello en días pasados:

PENSANDO EN TÍ, LOLA
Cuando tiende la noche su manto
Y natura a sus sombras se acoje,
Presuroso, buscando mi lecho,
Me aduermo y pronuncio tu cándido nombre;
Y en tanto susurran
Las fuentes y el bosque,
Y abriendo sus hojas
Las cándidas flores
El aire embalsaman
Con dulces olores,
Yo, soñando contigo te cuento
Con dulces palabras mis tiernos amores
-
Cuando el tinte primero del alba
Tras las cumbres allivas asoma,
Y en el valle a su amado inocente
Dulcísima arrulla la blanca paloma;
Yo abriendo los ojos
Aún miro tu boca
Que amante sonríe
Que tierna me nombra,
Cual nido do duerme
Feliz mariposa
Como fresco encarnado capullo
De pura, fragante, balsámica rosa
-
Y entre tanto que Febo recorre
En su carro de fuego la esfera,
Y sus rayos ardientes inundan
Los valles, los ríos, los montes y selvas;
El alma que te ama
Do quier te recuerda,
Te miro a la tarde
Que estás en la puerta
Y cuando la noche
Me impide te vea
Otra vez en mi lecho querido
El alma a do moras se marcha y me deja.
Trelles
Abril 29 1880

O poema do 'Viejo Pancho' está copiado (máis ben intuído) puntillosamente dunha fotocopia moi reducida atopada na Comarca da pasada semana. Foi cedido ó concello por Lucía Gutiérrez, (muller de Pablo 'Vivín') uruguaia afincada en Ribadeo a quen llo cedeu, á súa vez e segundo o semanario, un neto do poeta. Asemade, aparece no mesmo número un artigo de Lucía Gutiérrez explicando algúns termos sobre a cesión e a súa relación co poeta e con Ribadeo. Considero que a importancia do tema é a de ser o escrito orixinal, pois debido á súa data de escritura e á data da morte de José María Alonso de Trelles y Jarén o seu contido xa é de disposición pública (Dominio Público).

20080208

Unha curiosidade: Quen ten o petróleo no mundo?
E un
Vídeo que non foi deixado emitir, por exemplo, por TVE1... (houbo varios intentos e novas na prensa sobre o tema)

http://feeds.feedburner.com/~r/ElBlogDeEnriqueDans/~3/231549673/weblogs-sl-atacada-mediante-ddos.html

... para desfacerme de cousas...







... que se van acumulando e que senón, non serán postas nunca, poño unha terceira hoxe: algunha que quedou do antroido pode poñerse aínda mañá ou outro día, pero o díptico do festival de música que houbo onte na escola, ou a foto a contraluz para ver o público no mesmo (non cabía no cadro central da antiga cárcere), non.
E xa non digamos o folleto repartido coa última factura do lixo (erros incluídos: cartón e papel inclúense tamén como residuos especiais) ou a sardiña que mañá paseará nas rúa de Ribadeo antes do seu final e do antroido, e que leva xa uns días no auditorio reposando para a súa derradeira viaxe, engalanada con sombreiro galante.
...
Outras entradas / web relacionadas co antroido 2008 en Ribadeo ou anteriores:
Sobre o domingo de antroido
Un vídeo
Outro vídeo
Carteleira previa
Vídeo presentación
Segunda serie e vídeo Aturuxo
Terceira serie
Invitación 25 cabodano
Libro As Festas populares no entorno ribadense, primeiras páx.,
Libro As Festas populares no entorno ribadense, páx. seguintes.,
Libro As Festas populares no entorno ribadense, máis páx.
Páxina do antroido ribadense na Galipedia
Referencia en Ribadeo.com

Sobre a web do concello

Como non funciona, ía xa tempo que non a miraba. Pero, a raíz do post anterior boteille unha ollada para comprobar unha pequena acusación de Rivas: certamente, xa non figura el como webmaster: non figura ninguén. O saúdo do alcalde, primeira cousa que se ve (de xeito obrigado) despois da portada, en estilo minimalista (por non dicir insuficiente). Segue a figurar o PXOM (versión marzo 2005) como se non fora rexeitada esa versión, está só en castelán, ... e non está adaptada a Firefox, co que se ve 'non moi ben' nunha porcentaxe abondante dos navegadores que a visitan (a parte de non estar normativizada segundo as normas internacionais...) Mais? Non son o único que leva dito en lugares adecuados e dende hai tempo que hai que aproveitala doutro xeito: tocaríalle ser a páxina máis visitada de Ribadeo...

A ver se resulta que foi por despiste...

...pois vanse pagar varias cantidades do que Fomento debe da autovía dous días despois de que fora sacada de diante a protesta relacionada coas débeda. aínda que, dada a inercia que teñen estas entidades grandes (léase ministerio), sería abondo dubidoso unha reacción tan rápida.
E mañá, pleno. De novo, entérome por casualidade (o mesmo que o resto de cidadáns) 24 horas antes de ter lugar. Supoño que o concello podería facer mellor os anuncios e poñer tanto a convocatoria como as actas na web totalmente desaproveitada que ten.

Deixo un novo vídeo carnavaleiro... e téñome que marchar. Posiblemente, máis despois do mediodía.

20080207

Protesta 'made in Ribadeo'

Sempre me gustou falar claro. Procurar estirar a cousa para non ter que pasar á acción. Pero, se hai que pasar, pásase. Por eso ler esta nova na prensa causoume unha especie de desazón. Dígome, así se fan as cousas en Ribadeo? Ata os desaloxan dunha gasolinera cando van protestar (atención, desalóxaos antes da inauguración dun tramo de autovía o dono dunha gasolinera que queda fóra da autovía e polo tanto supónse que non se vai ver moi beneficiado en canto lle poñan a área de servizo máis próxima...) e a ministra, a que querían que os vise, finalidade da viaxe ata Cudillero, nin sabe da súa existencia como grupo (entregouse unha [1 soa] carta). Pero non é só iso: o alcalde pixoto bótaos/cálmaos dicindo que non quere que lle estropeen o acto. Isto é subrealismo protestativo vestido de ninguneo do pobo. Ninguneo excepto para cando se reciben aplausos. Unha postura política que se está a estenter (na realidade, sempre tivo abonda difusión entre os políticos, pero antes o sistema político non se chamaba demócrata). Referirase a eso o titular 'El PSOE de Lugo anuncia una campaña «positiva e innovadora» en la provincia'?
Deixo unha cita que mistura forza (de algo tan obxectivo como un teorema, algo científico), política e capital. O certo é que, unha volta que se me ocorreu metela, déixoa, pero quédalle grande ó que pasou en Cudillero onte: 'En adiante, xa non se trata de saber se tal ou al teorema é verdadeiro, senon se soa ben ou mal, se é agradable para a policía ou perxudicial para o capital. A investigación desinteresada da paso ó puxilato pagado, a investigación concienzuda á mala conciencia, ós miserenteos subterfuxios do apoloxético' (K. Marx, El Capital)

O vídeo queda aí como resto do antroido e tamén 'dese antroido' vivido en Cudillero onde a charanga non saíu.

20080206

O que son as novas...


Vendo un boletín semanal sobre ensinanza e medios electrónicos en castelán (distribuído por todo Europa e América), atópome con esto...

De capa caída






Din que, en xeral, as festas non son o que eran. O antroido, tampouco. Amososuse algo deso onte, con pouca animación pola rúa a pesares de ser un día ventoso pero soleado, cun desfile que atraeu a xente ás cafeterías, pero non a disfrazarse, que repartiu premios, pero non logrou consolidar un número importante de charangas autóctonas, que fixo algo de ruído, pero no que os desfilantes en xeral non tiñan aires de desfile animado. Acompañado de pequenos ou grandes detalles como logos de empresa nalgúns dos vehículos que desfilaban ou que a partires das doce da noite fora un día normal de semana a calquera efecto, algo impensable outros anos.
De calquera xeito, unha festa é unha festa, e non faltou o ambiente festivo na tarde de onte.
As fotos dan unha pequena mostra do desfile, incluída a alusión á bendición papal con todo o séquito ou unha perfumería ambulante.
...
Outras entradas / web relacionadas co antroido 2008 en Ribadeo ou anteriores:
sobre o domingo de antroido
Carteleira previa
Vídeo presentación
Segunda serie e vídeo Aturuxo
Terceira serie
Invitación 25 cabodano
Libro As Festas populares no entorno ribadense, primeiras páx.,
Libro As Festas populares no entorno ribadense, páx. seguintes.,
Libro As Festas populares no entorno ribadense, máis páx.
Páxina do antroido ribadense na Galipedia
Referencia en Ribadeo.com