20080630

España 0-Alemaña 1


Neste final de mes é o máis comentado, tamén en Ribadeo. O 'fúrbol' coa selección española como campeona europea despois dunha corentena de anos. Noutra época diría que o máis importante é que rematou. Agora, case que tamén, se ninguén se ofende. Ven a conto o comentario anterior de que onte tiven que conter as comparacións alleas ó dicirme alguén que se eu non quería que gañara a selección española: a política de por medio e comparacións gratuítas cos separatistas vascos de alguén que non ve fútbol pero non é cego. Coido que a conto de esquizofrenias dos demáis, sexan líderes vascos ou norteamericanos, estamos a sufrir esquizofrenias aquí.
Pero voltemos a Ribadeo. Agora xa temos fonte, a do xabón, na glorieta do Parador. E notouse onte facendo de pequena Cibeles madrileña. Antes, o Ribanzo (hai máis que aglutinen ós forofos, pero ese é o que me cadra máis achegado) estaba a tope e en delirio. Despois, algunha festa houbo (é dicir, houbo xente que estivo de festa), se ben abondo calmada en relación con outras situacións.
E hoxe é outro día, e levantámonos con cousas como que os locais da Mariña son cumpridores da lei contra o tabaco (só 2 infraccións en 65 inspeccionados, ó que parece), o que costa crer, ou que a Policía Local de Viveiro voltará a partir de hoxe a facer vixiancia tódalas noites, algo que prometeu o anterior edil correspondente en Ribadeo e quedou sen cumprir mesmo en días extra como pontes, vésperas de festivo, etc. Aínda que para este día primeiro de semana, inclínome por un artigo de opinión de onte, antes que ter que bucear nos periódicos de hoxe entre o fútbol para procurar unha nova: o artigo de Suso de Toro de onte, en clave moi gráfica sobre as ligunas como o galego.

20080629

Máis efectos do cambio climático



Mentras apunta algún que os xeos do Ártico poderían desaparecer por completo a finais do verán (para rexerarse polo momento durante o inverno), as medusas (seres de augas quentes) chegan ás nosa praias. E, en Castropol, un vertedoiro 'clausurado' que podería estar contaminando o subsolo ata a ría con lixiviados debido ó xeito de 'clausura', ten o aspecto que aparece nas fotos de Jesúis Estébanez.
... Bo domingo.

20080628

Unha segunda de hoxe



Hai moitas novidades por Ribadeo, que coido deben ser separadas do comentario anterior.
Unha, o concerto da Escola Municipal de Música e Danza Hernán Naval, que tivo novidades como unha demostración práctica e miniclase previa por parte da profesora para poder bailar unha samba, acompañados todos por a banda da escola. Como sempre, foi presentadoa por Susín, Suso López, televisivo que pideu un aplauso para toda canta xente colaborou, un por un, atopańdose con que ninguén o pideu por el (e non aparece no programa), co que para outra será. Tamén está aí, no programa, o logo da escola. Repasei e non sei que houbera unha presentación oficial, pero eso non quita que sexa chusqueiro (alomenos para min). E, para a saída, a vista de Castropol exposto ó Sol previo ó anoitecer (saíuse preto das 10 da noite)
Tamén está a xente de Al Corte recibindo uns 300 motorizados na poboación dende onte e ata domingo (por certo, invitación nos locais de copas cuberta, recea ás 4/5 da madrugada e sen P.L. de novo de venres a sábado, que aínda non é xullo). É dicir, Ribadeo con moita moto e xente. Aparcamentos reservados e tendas de campaña no C.P. Gregorio Sanz. Xente cunha media de idade xa non tan pequena, que as motos a todos nos gustan (bo, a case todos e todas).
E un novo grupo, Zora Gabbara, actuando no bar Millo antonte. Dous vellos coñecidos da música ribadense xuntos para ben, que ademáis elixiron hora para comezar cun colchón de tempo abondo para que a xente poidera ver antes o partido da selección española contra a rusa, e polo tanto, chegara xa animada ó acto.
Hai máis, pero tamén hai máis tempo.

Vota por Europa, vota non

A vida secreta das palabras é unha película que ó primeiro, impactoume polo título. Non quero dicir que a película en si desmereza, senón que foi o primeiro que souben dela, o título. O caso é que onte, misturado co referendo irlandés sobre o tratado de Europa, lembreina (mellor, lembrei o título) e decidín incluíla hoxe. Novamente Europa, de onde viñeron tantas cousas boas (comezando polo Camiño de Santiago, que sen Europa non sería posible) e tantas outras están vindo non tan boas, ultimando polo trato dado ós votantes irlandeses do 'non'. É un caso a analizar, pois dáse en política (é un caso de 'política comunitaria') cunha certa frecuencia. Resulta que os irlandeses, receptores de unha boa cantidade de cartos a raíz da súa unión, hoxe son o país máis rico de Europa, despois do Luxemburgo. Parece evidente que sen as prebendas pecuniarias europeas, Irlanda non tería logrado o posto económico que ten. Nese sentido, chámaselles desagradecidos, interpretando o seu voto. Pero en Galicia sabemos algo diso de clientelismo eleitoral, e tamén de mercar votos. A outro nivel, é o que parece que se pretendía: facer valer os cartos recibidos para mercar o voto irlandés. E, se ben é certo que unha parte do eleitorado parece que votou con medo a que lle quitaran certas prebendas económicas, por exemplo, ou políticas, tamén é certo que o tratado que se pretende para Europa non deixa de ser unha versión algo máis lixeira do que hai uns anos se pretendeu facer pasar por constitución. Un tratado que, se ben simplifica/simplificaba as norms internas europeas (algo que está a facer moita falla) tamén aproveitaba/aproveita de paso para restar dereitos ás persoas, comezando neste caso actual polo mesmo dereito á decisión sobre o tratado, pois aposta dáselle o nome de tratado para que na grande maioría dos países non teña que ser refrendado pola xente, apartando á base teórica do poder, o pobo soberano, do poder efectivo, as normas que rixen a convivenciae a interpretación das mesmas. É para pensar as consecuencias en numerosos casos nos que os políticos ou o conglomerado de poder político/económico/fáctico furtan ó pobo o seu poder, considerándoo en moitos casos indigno de tal poder, como agora pasa con Irlanda. Mentras, o pobo está a perder (en parte pola súa culpa, por non exercitar o seu dereito) o poder que lle é nato. Non vou rematar con aquelo de 'que Deus nos colla confesados' porque sería tamén pasarlle o poder a un deus estrano misturado coa fatalidade, e polo momento, se hai algo que distingue á persoa, é a capacidade para sentirse libre (e o ter tal sentemento, se executa esa capacidade).

20080627

Que mala sorte!

Enténdaseme, non é que queira que perda a selección nacional (de fútbol, claro; ó 3-0 fóille rendido homenaxe aínda nas emisións francesas, por exemplo, sinal de que xogaron ben e o resultado foi merecido), pero non creo que fora en absoluto mala cousa. Dicían os romanos aquelo de 'panem et circenses', é dicir, 'comida e diversión', ou 'mantemento dun mínimo de supervivencia e distracción dos problemas reais'. E iso coido que é o que está a pasar. Pode que seguira a pasar aínda que perdera a selección contra Rusia, pero menos. Así o goberno ten uns días máis nos que as actuacións contra a crise, por exemplo, pasan a un segundo plano. E lembro que o de panem et circenses non foi popular en Roma ata que se chegou ó imperio e comezou o declive, comezando polo social. Ó pouco, continuaron o declive económico, político e de forza, chegou a inseguridade nos camiños e a desintegración social. Aí está a historia. España hai tempo que perdeu o seu imperio e que pasou por unha historia en certo xeito parella á mentada de Roma, polo que xa deberamos coñecer o tema e atallalo. Pero non. E non me refiro só a un resultado nun partido de fútbol concreto, aínda que sexa o que trouxo o tema a colación. Un titular de hoxe: 'Aburrimiento en verano, nunca', refírese non a que non sexa posible o aburremento, senón a que hai organizada diversión contínua. Aínda que despois haxa xente que diga que aborremento, intercambiando as verbas 'fastío' e 'aborremento'.
Pero voltemos a Ribadeo. Despois das dúas notas de prensa sobre a ría de Ribadeo e as actuacións para defendela, e sobre os cortes de luz que voltan a repetirse, coido que hai movemento abondo para contrarestar o de panem et circenses que dicía antes. Haberíao, pero 'queda aprazado o movemento ata despois de luns' a pesares das novas de prensa facéndose eco. A destacar o artigo de La Voz de Galicia sobre os cortes, con foto, impactante para quenes os coñecíamos, dos centenarios árbores da Pedro Murias tumbados a instancias de BeGaSA.
Poño a continuación o escrito do panfleto a repartir sobre as accións respecto da ría:
"
NON SE AMA O QUE NON SE COÑECE

EN DE DECEMBRO DE 1992 PUBLICAMOS UN ARTIGO DE PROTESTA POLO RECHEO DE 22.000 m2 DA ESCOLLEIRA RIBADENSE. ÍA ENCABEZADO POR UNHA VIÑETA DO MALOGRADO E ENTRAÑABLE AMIGO SUSO PEÑA QUE IRONIZABA SOBRE UNHA FUTURA RÍA DESECADA. HOXE, O RECHEO É POUCO MÁIS QUE UN SIMPLE APARCAMENTO.

NO MENCIONADO ARTIGO APARECÍAN ENTRECOMIÑADAS UNHAS VERBAS DO PROFESOR ISIDORO ASENSIO AMOR, DE QUEN RECORDAMOS EN BREVE CONVERSA AS SEGUINTES PALABRAS: "CREÍA QUE LOS RIBADENSES AMABAN LA RÍA".

DEZASEIS ANOS MÁIS TARDE E DESPOIS DE MÚLTIPLES RECHEOS E OBRAS, PORTOS DE GALICIA PRETENDE MONTAR EN FIGUEIRÚA UNHA GALPÓN QUE OCUPARÍA UNS 5000m2 CUNHA ALTURA EQUIVALENTE A MÁIS DE 8 PISOS. ESTA NAVE COBERTIZO PRECISA DE CIMENTACIÓN NA AUGA, NO MEDIO E MEDIO DO CANAL. E SE A ISTO LLE ENGADIMOS A PROLIFERACIÓN DE PROXECTOS DEGRADANTES NA BANDA DE ASTURIAS, COMO A NAVE QUE SE PRETENDE MONTAR NO CONCELLO DE CASTROPOL, NO "MUELLE NOVO" DA VEIGA, PODREMOS COMPROBAR QUE A RÍA SEGUE EN PERIGO E DESPROTEXIDA.

A CUESTIÓN E SE NOS ESTAMOS DISPOSTOS OU NON A CALAR E A DEIXAR QUE, HOXE CON ESTA OBRA, MAÑÁ OUTRA, DE FORMA LENTA, PERO IMPARABLE, REMATEN COA NOSA RÍA, COA RÍA DE TODOS, PORQUE A RÍA É SOBRE TODO UN BEN PÚBLICO, QUE CONSTITÚE E CONSTITUIRÁ UNHA ENORME FONTE DE RIQUEZA PARA O FUTURO. E ISTO SO SE CONSEGUIRÁ SE RACHAMOS COA ESPECULACIÓN E COA EXPLOTACIÓN EGOÍSTA DUNHAS POUCAS EMPRESAS QUE, ADEMÁIS, CONTAN COA COMPÍCÍDADE DE POLÍTICOS SEN CRITERIO NIN PERSONALIDADE QUE DESPOIS DUNHA CHAMADA TELEFÓNICA "ONDE DICÍAN DIGO, ESTÁN DISPOSTOS A DICIR DIEGO".

PRETENDEMOS MOBILIZAR Á OPINIÓN PÚBLICA DOS CONCELLOS RIBEIRÁNS DA RÍA E DO RÍO, PORQUE HOXE NINGUÉN PODE DISCUTIR QUE DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO E CONSERVACIÓN DA NATUREZA SON TOTALMENTE COMPATIBLES. O DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO NA MARINA LUGUESA E NO OCCIDENTE DE ASTURIAS NON REQUIRE O SACRIFICIO DA RÍA, NIN DA NOSA COSTA. A RÍA É O NOSO GRAN PATRIMONIO COMÚN.

PARA PARAR A SÚA LENTA DESTRUCCIÓN PRECISAMOS UN PLAN DE ORDENACIÓN DE RECURSOS NATURAIS DA RÍA, QUE, COMO NORMA SUPERIOR INTERCOMUNITARIA, A PROTEXA DE CALQUERA ACTUACIÓN PERXUDICIAL. ESTE PLAN DEBE SER PROMOVIDO POLOS ALCALDES DOS CATRO CONCELLOS.

A NOSA RÍA HAI QUE RECUPERALA, CONSERVALA, DISFRUTALA E DEIXÁRLLELA, COMO LEGADO, OS NOSOS FÍLLOS E NETOS.

ALGUÉN DIXO NUNHA OCASIÓN: " NON SE AMA O QUE NON SE COÑECE ". ANIMÁMOSTE A QUE COÑEZAS A RÍA, QUE CONTEMPLES OS CAMBIOS NAS SÚAS CORES, QUE DISFRUTES DA BELEZA DE CASTROPOL, Das FIGUEIRAS, DESDE ALGÚNS DOS MIRADOIROS QUE A CONTORNEAN. QUE VISITES OS MEANDROS DO RÍO ARRIBA E OS HUMEDAIS QUE SON MARABILLOSOS ECOSISTEMAS NOS QUE SE DESENVOLVE UNHA RIQUÍSIMA VEXETACIÓN, FLORA E FAUNA.

NON VIVAS DE COSTAS Á RÍA. OS MARIÑEIROS, QUE SON OS QUE MELLOR A COÑECEN, PODERANCHE CONTAR, SE NON O SABES, QUE NON HAI MOITO TEMPO COLLÍANSE LONGUEIRÓNS, SULLAS, LINGUADOS, AGUILLOLOS-BERBERECHOS, CANGREXOS... UNHA RÍA ONDE SAÍR DE "ZALEA" ERA, E SEGUE A SER, UNHA GOZADA. A RÍA SEMPRE FOI PUNTO DE ENCONTRO DE GALECOS E ASTURIANOS, SEMPRE FOI O NEXO DE CONCORDIA ENTRE XENTES DE RIBADEO, CASTROPOL, FIGUEIRAS E A VEIGA, OS QUE ADEMÁIS TIÑAN COMO NORMA DE CONDUTA A ÉTICA DA SOLIDARIEDADE."

O VINDEIRO DÍA 4 DE XULLO, ÁS 8 DA TARDE, E PARA FALAR DISTO, TEREMOS UNHA MESA INFORMATIVA NO SALÓN DE ACTOS DA CASA DO MAR DE RIBADEO. CONTAMOS CONTIGO.



¡A DEFENSA DA RÍA ESIXE UN COMPROMISO CIDADAN!
PLAN DE PROTECCIÓN DE RECURSOS NATURAIS DA RÍA, XA!

VERÁN 2008
PLATAFORMA POLA DEFENSA DA RÍA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS “O TESÓN”
"

20080626

Nota de prensa de O Tesón sobre as agresións á ría de Ribadeo

En relación á loita para manter un desenvolvemento sostible para a ría de Ribadeo, cabe aclarar que despois de varias xuntanzas mantidas entre as dúas asociacións implicadas, Plataforma para a Defensa da Ría de Ribadeo e O Tesón, está previsto facer próximamanete reparto de octavillas en todos os pobos limítrofes, informando do estado actual das últimas tentativas de agresión de que temos noticia, tentativas preocupantes que motivan a nosa acción.
Con posterioridade,o próximo catro de xullo, venres, ás 20h na casa do Mar de Ribadeo terá lugar o primeiro acto dos programados, unha mesa informativa na que se tocarán brevemente, en tres intervencións diferentes, os temas 'Os políticos e a ría', 'Historia da ría' e 'A ría e o progreso'.
Días despois, o 13 de xullo, comezará a petición de sinaturas en apoio da ría.
Os actos citados, dos que se dará máis información a medida que se vaian achegando, e que se pretende que sexan acompañados doutros na zona asturiana da ría, rematarán nunha manifestación no mes de agosto.
a lembrar que entre os dous actos primeiramente sinalados, terá lugar o día 11 de xullo a xuntanza dos alcaldes dos concello implicados na Reserva da Biosfera, ó suq ese pretende chamar a atención para que a figura de protección da reserva sexa usada de xeito favorable á ría.
Ribadeo, 26 e xuño de 2008

Nota de prensa de O Tesón sobre os cortes de luz

En relación cos contínuos cortes de luz que se seguen a producir de xeito contínuo, mesmo hoxe, a AVV O Tesón quere aclarar que más dun mes despois de presentado o escrito asinado polas asociacións do concello, tan só se teñen recibido contestación de tres entidades, (Consellería de Presidencia, Instituto Galego de Consumo e Del. Prov. da Cons. de Innovación e Industria), non recibindo contestación algunha polo momento, por exemplo da mesma compañía BEGASA, de Rede Eléctrica ou o do Concello.
De entre as contestacións, cabe aclarar que dúas delas eran para indicar que se reenviaba a queixa á Consellería de Industria, quen iniciou a tramitación correspondente da queixa segundo escrito de saída 6 do presente mes de xuño, asignándolle ó expediente o nº IN 635A 2008/29-2.

Engordando: curosidade.

Non o digo por min (que tamén), senón polas páxinas dos xornais adicadas ó fútbol dende hai tempo, e, de xeito proporcional, ás novas de sobrepeso de boa parte da poboación. En eventos como o mundial de fútbol na actualidade, nótase máis o adicado ó fútbol, claro, pero de media, por aí se vai medrando, o número de persoas goradas e o de páxinas adicadas a deportes.
Hoxe aparece unha entrevista ó alcalde de Ribadeo, prolegómeno da 'asamblea popular' do día 3. Coido que paga a pena lela.
Voltarei máis tarde...

20080625

Chegou o verán, e con el...



... de novo as xornadas de medio ambiente de Ribadeo. Prazo de inscrición ata o 11 de xullo, data de xuntanza dos alcaldes dos concellos da Biosfera. Realización, do 14 ó 17. Temática preferente para este ano, 'O camiño para o desenvolvemento sustentable da Mariña Lucense'. E, no medio, o xa longo debate iniciado polas novas agresións na ría de Ribadeo. Non sei o programa, que non está colgado na vella web do concello, nin mo enviaron, pero tentarei ir esta mesma mañá polo concello para recollelo, se están os folletos. Por certo, o congreso está adicado á memoria de Calvo Sotelo, Marqués da ría de Ribadeo.
Hoxe hai unha nova na prensa cun titular típico: 'El concello de Ribadeo elaborará un plan de regulación de tráfico para beneficiar al comercio local'. Vale, xa temos a mistura dun nome en galego nunha frase en castelán. Pero sobre todo, temos que o beneficiario será de novo o comercio: os veciños parece que teremos que emigrar. Supoñamos mellor que os veciños seremos beneficiarios subsidiarios. A cousa tratarase nun pleno especial mañá (en principio estaba pensada a xuntanza de explicación de actuacións do alcalde para mañá pero trasladouse ó próximo xoves) no que se tratará o marco de colaboración co Centro Comercial Aberto, e virá acompañado coa creación dunha plataforma loxística de carga e descarga: algo tratado hai tempo e non realizado, e que ademáis, me estrana que sexa tratado dentro dun convenio deste tipo, no que o concello poñerá 54000 € ó que parece, descoñecendo a aposta de ACISA, pero para levar adiante algo como o anunciado, coido que haberá que procurar máis financiación. Veremos.

Tráeme o anterior á memoria o que está costando poñer en marcha de novo a Mesa de asociacións despois da época Balbino e 'póñenseme os dentes longos' de sana envidia pensando no que poden facer os veciños organizados. Longo camiño queda. Despois da primeira xuntanza da Mesa de Asociacións co alcalde, ese camiño débese recorrer: pola súa parte, non parece que vaia quedar.
No pleno de mañá tratarase tamén unha cuestión que ten que quedar aprobada por unanimidade: a integración na Rede Galega de Concellos pola Sustentabilidade. Unha aposta sustentábel debe ser unha aposta unánime. Se non, será imposible levala adiante. Pero é máis doado de votar que de manter. Ogallá se vote: será un paso que logo haberá que lembrar, e en Ribadeo estamos recobrando a confianza en que o que se di, remate cumpríndose (aínda que ás veces se poda desesperar antes). Aí están as obras nas casas antigas, xa comezadas, que costou poñelas en marcha e quedan outras por poñer a andar, pero comezaron da man do concelo. Á beira, a mostra na 'Casa dos Perecitos'
Hoxe van dúas fotos máis. Unha, con Ribadeo ó fondo, dende o 'mirador' do faro cara a Ribadeo, ó fondo: a mantebilidade dunha vila aínda queda lonxe. A outra, ten xa medio mes: un detalle do Xardín de Sela, con grixo polo medio. Coido que xa dixen nun post anterior que coidaba que levaba demasiado cemento. Sigo a pensar o mesmo.

20080624

Un mundo non ideal



Que o mundo nn é ideal sabémolo todos. Sábeno os recién nados cando o seu primeiro choro, aínda sen saberse expresar con palabras nin ter un control mínimo de calquera outro tipo de expresión non automática. Deixámolo de manifesto todos os anos de xieto lúdico nas fogueiras de San Xoán, cando tentamos axudar ó Sol ó que sabemos que cada día vai ser máis débil e visible durante menos tempo, ...
Amósao calquera estudio sociolóxico. "A investigación atopou que os países onde maís concentrada estaba a propiedade dosmedios de comunicación tiñan maiores índices de corrupción, pero manexo da economía, mercados financieiros máis distorsionados, pero calidade da educación e da saúde, e menos dereitos civís para os seus cidadáns" (tomado ó chou dun artigo de Moisés Naím, publicado en El País o pasado domingo).
Vése en pequenos detalles ou grandes: Os Castros/Augas Santas -As Illas voltou perder este ano a bandeira azul cando Jaime Cancio, Concelleiro de Foz nos dí que se enterou na Feira de Bilbao que hai xente que non sabe que Lugo ten Costa, o coitado, cando na nota de prensa da pasada xuntanza interautonómica nas Figueiras ambas autonomías, non una soa persoa, parecen non saber que a ría que temos á beira é a ría de Ribadeo.
Parece sabelo o concello, que tenta palialo retomando iniciativas como a comida a domicilio (xa votada no pleno de marzo, se non me lembro mal). Sábeo tamén a UPRi, que pretende un servizo de transporte gratuíto para a gardería que se vai atopar con múltiples problemas (se non lembro mal, non só a porcentaxe actual de nenos das parroquias na gardería é moi pequeno, senón que a natalidade non axuda e a gardería ten un horario que pode ser algo flexible)
Pretende ignoralo moita xente que procura algún tipo de beneficio máis particular, esquecendo principios básicos da física ou das matemáticas sobre a probabilidade de dexeración ou a xeralización do ben común.
En fin, sabémolo todos, pero todos tentamos loitar ou facelo máis ideal ó noso xeito (xa digo, ás veces, literalmente ó noso particular xeito). Pode que se gastáramos algo máis de tempo en definir o ideal e en poñernos de acordo, lográramos achegar abondo máis este mundo a ese ideal.
Quedas dúas fotos que así, na distancia do pequeno encuadre, poden achegar máis ese mundo ideal: unha, dende o faro, cara á posta do Sol, sen ver a contaminación do mar. Outra, un banco recén posto no eucaliptal do forte de san Damián, sen verse o pouco coidado que se puxo nos depósitos de terra que se fixeron para colocoal. Será o ideal cuestión de detalle?

20080623

Sobre os estilos na política


Á veces, é doado comparar estilos de facer as cousas usados polos políticos. A prensa, este fin de semana pasado, con motivo do congreso do PP, fartounos de 'estratexia'. Non me refiro a iso. Aquí, en Ribadeo ou na viciñanza, entre a semana pasada e ista, sucederon/sucederán varias cousas que poden servir de mostra. Collo un par para facer a comparación.
A primeira, a rolda de prensa posteror á xuntanza que mantiveron autoridades galegas e asturianas nun bo restaurante das figueiras. Acompaño a nota de prensa e lembro que, co cartel adxunto, foi o motivo dun anterior comentario no blog.
"
Los Consejeros de Medio Ambiente de Asturias y Galicia, Belén Fernández y Manuel Vázquez, respectivamente, acordaron convocar para el próximo 11 de julio en el concejo de Taramundi una reunión entre las dos autonomías y los 14 ayuntamientos adscritos a la Reserva de la Biosfera Oscos-Eo-Terras de Burón, con el objetivo de constituir formalmente en ese encuentro la Comisión temporal de coordinación institucional de la Reserva. En la citada reunión, las dos Consejerías quieren fijar la metodología de trabajo de la Comisión, proponer la constitución de la mesa de participación social y elaborar las propuestas para invertir el primer millón de euros que aportarán a la Reserva el Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino y las dos comunidades autónomas.

Este es el principal acuerdo alcanzado esta mañana en la reunión que mantuvieron en Castropol las delegaciones gallega y asturiana para poner en marcha los órganos de gestión de la Reserva. Según acordaron ambas autonomías, los Consejeros propondrán a los Alcaldes que esta comisión temporal se reúna semestralmente y de forma rotativa entre Asturias y Galicia. La primera reunión tendrá lugar en el municipio de Taramundi el próximo día 11 de julio y será presidida oficialmente por la Consejera de Medio Ambiente y Desarrollo Rural de Asturias, Belén Fernández, por organizarse en un municipio asturiano. El siguiente encuentro será en Galicia y, por tanto, el turno de la presidencia recaerá en ese caso en el Consejero, Manuel Vázquez.
En el encuentro de Taramundi también está previsto que ambas autonomías presenten las líneas estratégicas del documento que se llevó a la UNESCO para la declaración de la Reserva, con el objetivo de empezar a trabajar en la redacción del Plan de Sostenibilidad que será la hoja de ruta a seguir en el desarrollo de la Reserva.
Según explicó el Consejero gallego, la reunión de hoy demuestra que “cuando las cosas se hacen pensando en común y cogidos de la mano, dan buenos resultados”. “La reunión del 11 de julio se hace con una implicación ya clara del Ministerio y también de las comunidades. Supone poner en marcha un mecanismo para mejorar la calidad de vida de los ciudadanos y hacerla compatible con unas políticas de protección ambiental”, confirmó Vázquez. Por su parte, la Consejera asturiana destacó que “esta Reserva ha tenido una agilidad sin precedentes en su declaración gracias a este entendimiento entre las dos comunidades autónomas y, por ello, sigue dando pasos firmes que se visualizan de una manera nítida en el compromiso de ambos gobiernos de poner en valor esta figura, que beneficia a más de 30.000 habitantes que viven en estos concejos”, confirmó la Consejera.
El desarrollo de la Reserva de la Biosfera Oscos-Eo-Terras de Burón cuenta ya con el apoyo del Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino, que aportará 700.000 euros para las primeras actuaciones. La dotación autónomica será de 300.000 euros, lo que elevará a un millón de euros la primera inyección económica. “Contamos ya con el apoyo del Ministerio que ha destinado financiación a un programa específico para la Reserva, pero las autonomías queremos ir a más y también aportaremos fondos”, explicaron los consejeros.
La reunión celebrada en Castropol sirvió además para hacer un repaso por las actuaciones que las dos comunidades autónomas tienen en marcha o a punto de iniciarse en torno a la ría del Eo, que suponen una inversión global de casi 40 millones de euros. En el caso gallego, destacan obras como la construcción de la depuradora de Ribadeo, para 30.000 habitantes equivalentes, con sistemas terciarios y una longitud de 1.500 metros. La inversión en este proyecto supera los 20 millones. “El gobierno gallego apuesta claramente por el saneamiento de la ría y por garantizar la calidad de sus aguas”, explicó el Consejero gallego. En el caso asturiano, las obras más destacadas son la subsanación de las infiltraciones en Vegadeo; el saneamiento y depuración de Tol, que se adjudicará en breve; y el inicio del saneamiento y depuración integral en torno a Castropol y Vegadeo, que ha podido desbloquearse gracias a la aprobación de la Ley de crédito extraordinario. El presupuesto total de estas actuaciones en la parte asturiana es de 15 millones de euros.

Sobre la plataforma del río Eo
Los dos Consejeros de Medio Ambiente intercambiaron también impresiones sobre el proyecto de la plataforma de carga del río Eo y coincidieron en apuntar que la protección ambiental de la ría será una prioridad para ambos gobiernos autonómicos a la hora de posicionarse sobre la actuación. Según explicó el Consejero gallego, “los procedimientos administrativos se harán con un cumplimento exquisito de la legalidad y la política medioambiental será prioritaria. Lo primero es que me llegue el proyecto, que no me llegó, y a partir de este momento, si llega a nuestra mesa, ustedes pueden apostar por que las políticas medioambientales no van a fallar. Todos los requisitos serán usados con transparencia y comprensión. Este camino lo estamos recorriendo juntos Asturias y Galicia”, señaló Manuel Vázquez.
“Según lo que oímos, vemos y leemos, esto suena bastante claro pero no quiero decir nada hasta que no esté el proyecto encima de mi mesa. La sensación es que Ribadeo también lo tiene muy claro, pero no me toca a mí decirlo, le toca al Alcalde y a su gobierno. Lo que está claro es que los gobiernos asturiano y gallego no van a permitir que le pasen cosas raras a la ría”, añadió el Consejero gallego.
Por su parte, la Consejera asturiana insistió en que el objetivo conjunto de ambos gobiernos es dar máxima prioridad a los intereses medioambientales de la ría. Añadió que la protección medioambiental de la misma es fundamental “porque confluyen distintas figuras de protección que no van a verse empañadas por ninguna decisión que le puedan quitar valor”, explicó Belén Fernández. “Por los datos que hoy tenemos, parece que el proyecto tendrá un sustancial impacto, sobre todo, paisajísitico y en ello coincidimos los dos gobiernos, pero también coincidimos en que no caben apriorismos y que hay que dar tiempo al tiempo. La máxima aspiración es la protección de la ría y, para ello, garantizamos la máxima coordinación entre ambos gobiernos de forma que la participación en torno a las decisiones que puedan adoptarse sea efectiva y dando soluciones recíprocas”, concluyó la Consejera asturiana.
"
É unha nota de prensa correpondente ó enfrontamento reseñado no post, que tivo lugar na rolda de prensa final mantida na Figueiras. Alí, non aparece o enfrontamento nin a expulsión da sala do portador do cartel. As notas de prensa así adoitan estar feitas antes das mesmas xuntanzas, emitíndose con pequenos camibios. E a iso se refería o portador do cartel: sendo así, para que?. Hai que dicir que a nota, a pesares de ser oficial, a) segue a tratar o galpón de plataforma. b) sobre o río Eo, non sobre a ría de Ribadeo. c) faino despois de diversos anuncios de inversións xa anunciados (véxase senón a depuradora ribadense e repásense os plenos) d) non di que non se vaia a facer nada (os temas da parte asturiana nin se mentan), senón de promesas de tratar o tema de xeito escrupuloso e) volta a botar balóns fóra sobre as autoridades de Ribadeo sen chegar a dicir que van ter a clave para parar o tema e) de cara á prensa, fixo que apareceran titulares como 'a nave non se vai construír', algo que o comunicado non di, e mesmo lendo a letra normal dos artigos correspondentes, tampouco se induce. Poderiamos seguir con comentarios, pero paso ó segundo termo da comparación.
Xoves 26 o alcalde de Ribadeo terá a presidencia nunha xuntanza cos veciños apra analizar o primeiro ano de mandato. Alí se poderán plantexar preguntas que é de esperar sexan contestadas. Polo momento, e que eu lembre, é unha iniciativa pioneira en Ribadeo e mesmo na bisbarra. Hai que dicir que outros políticos teñen charlas semanais pola radio, ou pola televisión, por exemplo (aí está o 'Aló, Presidente' de Chávez), pero coido que o estilo desta é ben diverso do televisivo,, máis interactivo, e sobre todo, cumprindo unha promesa feita de revisión un ano despois. É posible que do acto tamén xurda unha nota de prensa por parte da alcaldía (que, de chegarme, chegarame tarde), pero alí non se falará antes a porta cerrada (aínda que se teña feito para as decisións que se van explicar), non se pretende que vaian só periodistas, ... Eu particularmente voltareime perder un acto público no que me gostaría estar, co alicerce de estar facendo historia de Ribadeo, pero que lle imos facer.
Mentres, chegou a noite de san Xoán, un ano no que o verán entrou no último minuto do día 20 en troques de facelo ó longo do día 21 como en xeral.

20080621

Oportunista





Uso o termo que na xuntanza galaicoastur de onte un conselleiro lle chamou a alguén que defendía a ría coas súas preguntas. Só eso. Oportunista. diante dos medios, diante de 'todo mundo'. Dito por quen está a facer cousas como mandar amañar o saneamento dalgún pobo da ría con anos de retraso en relación á normativa comunitaria. Pode que que equivoque, pero agora mesmo, que xa hai videoconferencias e outros medios, ó mellor se aforraba algo en comidas a cargo do orzamento que pagamos todos se se varían un pouco os métodos políticos. E mellorando os resultados. Oportunista... diría que os políticos son mestres do oportunismo.
Paso a unha pequena sesón de fotos. Comeza unha das Figueiras, onde (se se amplía premendo co rato sobre ela) se poden ver en Gondán máis grúas que de afeito. Sigo cunha de Porcillán entre os piñeiros que o ocultan dende a zona da ponte. Ponte dos Santos que é o encadre da foto seguinte: entre a estrutura para a súa ampliación pódese ver a torre de San Román coas bandeiras da festa. Mágoa que na mesma foto tamén se poda observar nas últimas columnas as ilegais zapatas que se fixeron. E, por último por hoxe, a nova tenda que se abrirá hoxe mesmo en Ribadeo. Tenda que xa fixo posible queixas dos veciños do inmueble diante do alcalde debido a un aparello para ventilala e ó ruído producido polo mesmo nun inmueble que xa é vello e non se remozou para preparalo.

20080620

O medio ambiente non será nova en Ribadeo


Diría que é o destino que nos agarda. Por saturación.
Onte saía na prensa que un segundo os polar foi abatido en Islandia en poucos días, cando antes do aumento da taxa de cambio climática chegaba á illa un cada varios anos (a lembrar que chegan en bloques de xeo/icebergs). Tamén onte unha reportaxe daba conta das primeiras illas do Pacífico, de base coralina, asolagadas de xeito permanente polo mar e de que os habitantes do país correspondente, Kiribati, están tentando de que algún outro país os acolla, ó ver desaparecer o seu territorio baixo a auga. Son máis de 100.000 persoas, e o tema parece tomado da película Waterworld...
Pero iso queda moi lonxe. Aquí, levo varias semanas case de temática única medioambiental (nave de Mirasol, astaleiro na Veiga, ampliación peirao das Figueiras) que relegan outros temas actuais de Ribadeo como o PXOM, por exemplo, e atopo varias novas entre hoxe e onte para engrosar a temática da conservación do noso mundo actuando a escala das veciñanzas da nosa ría. Así, a queixa dos veciños dun barrio baixo (non por baixo do nivel do mar, como trae algunha prensa, pero si se atopa a cotas baixas de altura) que ven como as súas casas de asolagan pola construcción do polígono industrial da Veiga. Estaría iso previsto no plan de protección ambiental correspondente? Dubídoo.
Hoxe é a 'Xuntanza das Figueiras' na que se tratará entre representantes políticos asturianos e galegos a nave do porto de Mirasol. Logo haberá unha rolda de prensa coas conclusións. Quixera ir cunha pancarta, pero non pode ser, estarei lonxe. Un venres pola mañá non soe ser corrente que a xente dispoña de tempo para dicirlle ós políticos correspondentes (e por exemplo os conselleiros de Medio Ambiente son políticos aínda que teñan representación en relación á conservación do noso mundo) o que pensa, mentras que eles teñen tempo porque adícanse a esas cousas. Esa será a explicación de que ó mellor podan ter unha plácida xuntanza sen lembrar aspectos 'enoxosos', e non outra.
Onte tamén xurdiu na prensa galega a primeira noticia relacionada co tema ambiental na ampliación de Ence-Navia, directamente relacionada coa nave de Mirasol que argumentan é necesaria para dar saída a ise aumento de producción. Acusa unha asociación ecoloxista asturiana ó seu goberno de dar para adiante ó proxecto tendo informes medioambientais negativos, e din que parece que as normas asturianas ó respecto sexan máis relaxadas que as galegas. Ó fin, o aumento de Ence-Navia é consecuencia da desaparición de Ence-Pontevedra polas protestas que orixina debido á contaminación. Lembrarei toda a vida a primeira vez que pasei por Pontevedra en autobús, que me cadrou ir detrás do condutor e non me daba explicado como podía ter botado o bo do home tantos peidos e tan olorosos... e estou a falar de aló polo ano 1966 ou 1967.
E ímonos achegando á ría. Onte enviáronme fotos (vai só unha no blog) sobre a drenaxe que estaría a sufrir Penarronda estes días. Non sei a profundidade de impacto que van ter, pero a construcción de canles para a saída de auga da zona de marismas de Penarronda pódeas secar de xeito moi doado. Así, poderíamos ter un aparcamento nunha versión castropolense do recheo dos noventa en Ribadeo: coches si, ría non daquela (na realidade, o dos coches foi despois, cando non souberon que facer co recheo), e marismas non, coches si agora (aínda que o combustible se esteña poñendo polas nuves e haxa que controlar as viaxes que se fan xa por cuestión económica, non só medioambiental).

E máis achegado aínda. A subestación nova, que se pretende, crin que ía no polígono industrial. Craso erro. Vai en Folgosa (é dicir, no 'Ribadeo suburbano'). A poucos metros dalgunhas casas. Sego a manter que unha instalación así, de electricidade con baixa frecuencia, en xeral non necesitaría máis protección por tema de radiación que uns 50m. Onte fixéronme unha consulta relativa a iso, e foi máis ou menos o que dixen: sería abondo. Pero parece que a Xunta xa ten aprobada, sen publicar aínda no DOG, unha normativa de apartar as subestacións ata 2km (que atribúo a unha área de seguridade debida ós perigos asociados con lumes e cousas polo estilo, e que me comunicou onte a mesma persoa que me fixo a consulta), o que da pé a que se alguén ten unha casa na veciñanza non se sinta cómodo en absoluto cunha distancia de 50 ou 100m ás instalacións, contando coa ilegalidade que suporía. Con toda razón. Descoñezo o tema para entrar máis en profundidade, e aínda que eu coido que estaría tranquilo...
Así que, empacho de medio ambiente? é o que pasa cando nos estamos cargando este mundo no que vivimos.

20080619

Selectividade estilo Ribadeo

Normalmente os diversos comentarios de texto que piden na selectividade son abondo bós, ricos en significado. Así, esta volta atopei alomenos catro textos propostos que se poden ler en clave ribadense. Aí vai un, un curto texto de Kant sobre a Ilustración que se me manifestou como moi aplicable non só a aqueles tempos da Ilustración francesa (e derivadas noutros lugares), senón o que levo comentado máis dunha volta sobre a apatía social que me parece existe en Ribadeo (como moitas outras cousas, opinable e precisable na definición, pero coido que apatía):
"Ilustración é a saída do home da súa minoría de idade, da que el mesmo é o culpable. Minoría de idade é a incapacidade de servirse do seu entendemento sen a dirección doutro. El mesmo é o culpable desta minoría de idade cando a causa dela non reside na falla de entendemento, senón na falla de decisión e valor para servirse con independencia del, sen a dirección doutro. ¡Sapere aude! ¡Ten valor de servirte do teu propio entendemento!, eis a divisa da ilustración.
Preguiza e covardía son a causa pola que unha tan grande parte de homes, moito despois de que a natureza os absolvera da dirección allea (naturaliter maiorennes), emporiso fiquen a gusto menores de idade a vida enteira; e por iso lles resulta tan doado ós outros erguerse nos seus titores. ¡E tan cómodo ser menor de idade!"
A parte de precisións que tamén se poden facer explicando o texto, opto polo que poñía hoxe o exame de selectividade: compón ti mesmo o comentario. Por min, só aclarar de pasada que entendo que as facilidades que ten algunha xente para erguerse como titores do resto ven dada dunha estrutura social, a mesma que facilita que moita xente prefira seguir titorada a pesares de estar inserta nunha democracia nominal.
Como ilustración do anterior, comentar que onte mesmo comentaba cunha autoridade eclesiástica que se vía con certa simpatía a polémica montada pola xerarquía eclesial sobre a nova asiganatura de formación para a cidadanía era que tentaba de artellar unha protesta con causa (aínda que non esteña de acordo), co que estimo pode estarse a facer un favor xa de por si á formación cidadá na protesta sobre uns dereitos e ideas e non sobre unha sinxela autoafirmación na propia protesta, algo ó que estamos afetios e que non produce inquedanza ningunha na xente que está a titorar ós máis.

20080617

Unha cousa rápida e un pouco descorazonadora


Poño algo con pouquiño tempo.
Estiven parte da xuntanza da que poño a continuación a nota de prensa. Onte puxen unha nota de prensa previa... Coido que sería mellor unha maior coordinación que dúas notas separadas. Cálome ademáis algún comentario.
"
RIBADEO, UNHA RíA CON PROBLEMAS
A Mariña, 17 de maio de 2008.-

Onte, 16 de maio, tivo lugar en Ribadeo unha reunión entre membros de ADEGA, e de diferentes colectivos da zona (Asociación O Tesón, Asociación pola Defensa da Ría, AAVV, entre outros.
O motivo foi a preocupación crecente polo futuro da Ría. Incluída na Reserva Integral da Biosfera RIA DO EO-OSCOS-E-TERRAS DE BURON , a pesar desta declaración as agresións ambientais non se fan de esperar. Tanto vidas da beira asturiana como da parte galega.
Pola parte da Galiza, Portos de Galiza anuncia a próxima construción dunha nave de mais de 33 metros de altura, ubicada no peirao baixo o Parador de Turismo que vai ter a finalidade de acoller unha ponte-grúa baixo a que entrarían os barcos para faceren operacións de carga e descarga de pasta de papel para a papeleira de Navia.
O impacto sobre a saúde da Ría vai ser diverso:
a)Impacto visual pola embergadura da construción, máis que un edificio de 10 plantas, baixo o Parador de Turismo que se anuncia , precisamente, polas fermosas vistas que ofrece da ría!!
b)Recheos na estreita ría, xa ocupada polos recheos que fixeron do porto deportivo, e de carga. Noutrora as correntes xa foran alteradas pola construción da Ponte dos Santos, que se sostén mediante piares, cando se puido ter feito de xeito a evitar a alteración das correntes da ría.
c)Grande perda de valores ambientais e, polo tanto, benestar e calidade de vida, para alén de perdas económicas derivadas do turismo de calidade.
Sábese que o proxecto está en fase de “ocupación do Solo”. Tamén que Portos de Galiza tense reafirmado na sua intención de facer esta construción. O perigo, polo tanto, é evidente.
d)Por outra parte, da outra beira da ría, no Concejo de Castropol estase a comezar as obras para un asteleiro para embarcacións deportivas, nunha zona de inundación, donde o río Suarón encontra ao Eo.( Porto da Veiga) Unha zona de xunqueiras dobremente protexida, por ser zona húmida, de aniñamento de aves, e pertencer á citada Reserva da Biosfera.

Por parte de ADEGA solicitoulle ao Concello de Castropol a documentación que sería preceptiva para que este Ente poidese ter dado o permiso e licenza de obras, mais, non obtivemos resposta, faltando ao dereito á información , (que por Lei obriga a facilitar todo tipo de información relativa a afeccións medioambientais).
As asociacións ecoloxistas e veciñais reclaman a urxente aprobación dun Plano de Ordenación dos Recursos Naturais da ría , como un todo integrado, salvando as diferentes administracións que a gobernan, pois o medio non sabe de fronteiras políticas. E en cumplimento da “Leo de protección dos espazos naturais e de flora e fauna silvestres” do Estado español
Tamén reclamamos a urxente constitución dunha Comisión galaico-asturiana de Xestión da Ría.

Iso sería imprescindible para o desenvolvemento integral do contorno, feito desde un Plano de Sustentabilidade e de potenciación e conservación de todos os Valores Ambientais , etnográficos e culturais que ofrece.
Outros lugares, máis deteriorados teñen sido obxecto de labores de recuperación integral, como podemos ver na Ría de Avilés.
Ribadeo ten un pasado importante como porto de Cabotaxe, que pode ser compatible cunha boa conservación e valorización dos seus recursos naturais.
As malas prácticas ambientais demostradas na construción da Autoestrada ou da Ponte dos Santos que non buscaron a compatibilización cos valores naturais e históricos, poñen o contorno nunha situación de alto risco, agravado polo proxecto da construción dunha piscifactoria no contorno da vila.
Avogamos por un desenvolvemento baseado no respecto ao medio, por unhas vías de comunicación que primen o aforro enerxético como o tren electrificado, pola potenciación dos valores aínda existentes e a recuperación doutros moitos degradados como os Tesóns da Ría.

Por todo iso , desde ADEGA, en colaboración coas diferentes Asociación de Ribadeo, con sensibilidade polos problemas do seu entorno, facemos un chamamento a acción a toda de toda a cidadania para a sua defensa.
O mar é de todas/os. O mar únenos. As rías son ecosistemas excepcionais de vida e cultura. Non as deixemos morrer.

Enfilando o verán

Este ano, o verán comeza ó rematar os exames de selectividade. E istos comezan mañá. Un ano máis o san Xoán, coas súas fogueiras para apuntalar o Sol en retroceso, vai retrasado respecto do comezo natural da estación un par de días. Ocorre tódolos anos.
As novas ó finalizar a primavera e comezar o verán, non, cada ano son 'novas'. Este ano está a morte de Rafael del Pino, outra persoa VIP con relacións con Ribadeo, un par de meses despois de Calvo Sotelo. Por certo, que parece que o monumento homenaxe a Calvo Sotelo vai adiante.
No medio, Ribadeo pouco a pouco, móvese. Así o amosa a seguinte nota de prensa:
"

Comunicado de Prensa

Ribadeo, 09/06/2008


A AAVV O Tesón e a Plataforma pola defensa da Ría, preocupados pola percepción pública das informacións sobre o galpón proxectado no porto comercial de Ribadeo,


1º Queremos sair ao paso da manipulación informativa que está dando pé a crer que o proxecto de galpón está suspendido pola Xunta de Galicia. Debemos subliñar que a realidade é exactamente a contraria. Non existe nengunha declaración autorizada das autoridades portuarias, da conselería da que depende ou de Presidencia da Xunta de Galicia, que permitan albiscar unha suspensión do proxecto. Mais ben ao contrario, existen probas evidentes de que a Presidencia de Portos segue movendo as suas influencias para conseguir levar adiante o seu proxecto, cun interese puramente especulativo do espazo portuario.


2º Estamos preparando unha campaña informativa e de movilización veciñal, para deixar ben sentada a oposición dos veciños a este proxecto e a calqueira outro que supoña o deterioro progresivo da Ría de Ribadeo e dos seus valores biolóxicos, paisaxísticos e humanos en xeral. Neste senso estamos preparando unha manifestación veciñal para mediados de xullo da que daremos conta no seu momento.


3º Facemos unha chamada a tódalas asociacions culturais, sociais e veciñais de Ribadeo, Castropol e a Veiga para que se sumen a esta protesta, suliñando que a calada sempre será interpretada pola Xunta de Galicia como unha aceptación do seu proxecto.


4º Denunciamos que o Concello de Castropol e o Goberno do Principado proxectan un novo asteleiro para embarcacions deportivas, no porto de A Veiga, cunha nave de grandes dimensions e un impacto considerable no medio ambiente. Suliñamos que este proxecto podería instalarse no Polígono Industrial de Barres sen maiores dificultades. Cabe dicir que non é o único proxecto que nestes momentos está a penalizar a nosa ría.


5º Insistimos, máis unha vez, que a ría está condenada ao deterioro progresivo, mentras non se aprobe un Plan de Ordenación dos Recursos Naturais, como esixe a lei 4/89 do Estado Español de “Protección de los Espacios Naturales y de la Fauna y Flora Silvestre”. Dacordo con esta lei, que logo cumprirá 20 anos sen ser aplicada, este plan de ordenación debe regular os aspectos medioambientais, culturais e paisaxísticos a protexer e as normas de obligado cumplimento para todo tipo de proxectos, ademais de integrar actividades económicas, extractivas, de lecer, etc. A Xunta de Galicia, o Principado de Asturias, a Dirección Xeral para a Biodiversidade (antigo ICONA), así como os concellos colindantes, son organismos que poden iniciar os trámites para a redacción deste plan de protección. Polo tanto son os responsables, cada un na sua medida, de que levemos cáseque vinte anos de retraso sen nengunha norma de protección do espacio natural da Ría de Ribadeo. Por iso, reclamamos a posta en marcha sin dilación do Plan de Ordenación de Recursos Naturais da Ría"


E é que parece que hai moita xente que se pensa que está ganado o que non se constrúa a nave de Mirasol. Pero non é certo. Polo momento, os trámites seguen como se nada tivera ocorrido. Así que, na nova estación, seguirá a ser noticia. Máis ben, a oposición a ela, que xa se ve os de Portos de Galicia cando atopan oposición non se prodigan en novas ata que xa están as cousas feitas.
Todo o contrario, o de ser noticia, do que ocorrirá aparentemente co paro da flota, pois os asturianos xa voltaron a faenar. E tamén, do aparcamento subterráneo (despois do tratado no pleno de xaneiro). Trae hoxe a prensa que patrimonio lle deu para atrás. E que polo tanto, é de esperar que esteñamos sen subterráneo abondos anos, se algunha vez se chega a facer.
Hai outra nova estes días que, a verdade, non creo que de moito que falar este verán, aínda que en parte se produce para eso, para propaganda: a existencia dunha Oficina do Deputado creada polo PP.
Máis cousas? Por suposto. Pero fronte á conservación da ría, xa se ve que ata as outras que se poden salientar son pequenas.

20080616

Entre o Santo Antonio e o San Xoán

Despois de deixar un novo documento en Ribadeo historia, a Declaración de impacto ambiental do polígono industrial de Ribadeo (xerada en tan lonxana data como 2005), fíxome en que xa pasou o San Antonio, cos avisadores foguetes de Vilaselán, e que está a chegar o san Xoán, coas fogueiras. No medio, hoxe, día 16, hai un ano que entrou en funcións a actual corporación municipal, equipo de goberno, alcalde... co que se levan ido a cuarta parte dos días do seu mandato e é un momento para facer a revisión do ordeado dende entón. Unha revisión que se escapa dunha entrada diaria no blog coma ista, polo que mellor deixala para cada un. Iso si, lembrala, para que cada quen a faiga e vaia sumando ou restando, comparando con épocas anteriores e proxectando sobre un futuro con posibilidades (mellor que sobre as posibilidades de futuro). Gustaríame, iso si, deixar algunha orientación para a reflexión encargada.
A primeira ven de Europa.
O tratado da Unión, de novo rexeitado e do que xa se fala voltar a impoñelo por outra vía: o manexo do poder permite moitas veces, se non hai control abondo, situacións como isa, de repetición do mesmo contra o que quere o pobo, dunha e outra volta ata que se impón (ou segundo as versións, se 'mete dobrada') o que sexa a gusto dese poder. Da tamén o voto irlandés (ou antes o francés ou holandés, que non o español) a idea da forza que pode ter o asociacionismo en contra da estrutura da maioría dos partidos: en Irlanda só un partido do arco parlamentario apostou polo non. E tamén, de que en política con moi alta frecuencia as cousas non son como parecen: un non ó tratado non é un non a Europa, senón ó sometemento dos europeos a unha perda de poder direto e de dereitos diretos e indiretos. Estéñase ou non a favor do tratado, son 'vectores de pensamento' aplicables á política a tódolos niveis, incluído municipal, e incluída a súa aplicación en sistemas nos que aínda, despois de anos, non se está afeito a que o cidadán teña uns dereitos (acompañados dos correspondentes deberes) que se non se exercitan, esmorecen e rematan por perderse.
A segunda é unha idea hoxe sen foto (haberáas, pero dentro duns días) para centrar o pensamento en Ribadeo. Pode darse a reseña como título dunha nova entrada: "As beirarúas de Ribadeo: peonalización ou mesificación?". Coido que non é o problema máis importante que ten Ribadeo, senón un sinxelo aspecto menor do goberno, sobre o amaño das beirarúas para que queden peonís e logo que sexan ocupadas en boa parte por mesas dos locais de hostalería. Haberá quen esteña de acordo, haberá quen non o esteña, pero o alcalde xa falou en contestación á pregutna correspondente de O Tesón: a policía local informará. O seguemento do tema está en época: no verán é cando máis locen ou deslocen as terrazas sinxelamente porque é cando se poñen.
Teñamos un feliz cabodano.

20080615

Por fin!

Por fin a prensa se decata da existencia da 'lágoa Cascos' (tamén aquí, ou aquí, por exemplo) ou 'lágoa Acuinor' (ou aquí), o mesmo baixo o nome de piscina (ou aquí) en Meirengos, preto de Rinlo, e o destroce de vai tres anos na estrada correspondente. O malo é que se conecta o estado da lágoa e do vial coa inacción do concello, o mesmo que noutros casos, e non se conecta cunha serie de fitos que levaron á empresa a crerse dona do futuro e dos terreos comunais que lle foron case agasallados. Os xestores deses 'fitos' aínda están sen dar explicacións, despois de intoxicar á opinión pública con diversos temas sobre os que prefiro pasar páxina.
Mentras, a sorpresa dáa o Toxo, avión que pretendía ser orgullo de Ribadeo e quedou empantanado na súa producción industrial en Aragón. Grandes perspectiva que lamentablemente quedaron nunha volta a comezar da que podería beneficiarse Ribadeo. Se o fará ou non, eso diráo o tempo. polo momento, queda o voltar.

20080614

Documentos de impacto ambiental do entorno ribadense

Remato de publicar diversos documentos relacionados co impacto ambiental de obras no entorno ribadense. Están sen comentar, como corresponde a Ribadeo historia:
Aprobación expediente / trazado da autovía A-8 en Galicia
Declaración impacto ambiental ronda oeste de Ribadeo (circunvalación)
Estudo impacto ambiental autovía en Galicia (Ribadeo-A6)
Nota de prensa da posta en funcionamento da autovía (Ribadeo-Reinante, 15/05/2007)
Declaración impacto ambiental autovía A-8 (tramo que inclúe a Ponte dos Santos). O tema referido a que non se podía tocar a base das pilastras, denunciado polo seu incumprimento, está na páx.32773 do BOE (3ª das imaxes), especificando: "1.22 La ampliación del actual puente de los Santos sobre la ría del Eo se realizará sin que, en ningún caso, ello suponga la disposición de nuevas pilas o la realización de cimentaciones u otro tipo de actuación en el interior de la ría; los trabajos requeridos para la modificación de esta estructura se llevarán a cabo desde el puente actual y se tomarán las medidas necesarias para asegurar que ni directa ni indirectamente se afecte al cauce de la ría ni a su entorno. La anchura de la mediana en el puente modificado será de un metro, mínima absoluta prevista en la citada Instrucción de Carreteras.". A notar ademáis, o nome da ría de Ribadeo usado por Fomento, nome que se repite unha e outra vez nos documentos sen que ó parecer ningunha entidade se emitira ó Ministerio para a adecuación da errónea denominación.

20080613

Resposta municipal nun mundo en cambio

Parece que ó alcalde cóstalle variar a liña de acción municipal: hoxe aparece na prensa que dos ultimatum que lanzou hai tempo ás casas en mal estado no casco vello (ver contestacións ó final dun dos post adicado ó pleno último), aínda se segue esperando, e que 'a próxima semana' vai ordear as actuacións subsidiarias. E iso, nos casos nos que está a actuar, como este das casas vellas que está a resultar emblemático para 'tomarlle a medida' ó alcalde. A lembrar que quedan dous días para que pasara un ano dende que foi o pleno de investidura á alcaldía, que pue polo tanto, debera ser o alcalde quen tivera xa tomada a medida ó cargo.
Claro que o mundo está en cambio: En Europa voltan permitirse xornadas de 65 horas, nun claro atraso contra os dereitos da maioría, a xente asalariada. Atraso que se completa cun retroceso de ganancias como se pode ver a traverso do aumento grande dos impagos non só polas empresas, senón por familias afectadas pola crise a traverso do aumento dos intereses.
E, se iste último ocorre no económico, no social, temos polo momento un freo á ratificación do Tratado Europeo, debido ó non de Irlanda. Cousa curiosa ista do Tratado. Quixérono aprobar por refrendo e non saíu; descafeinárono para que na maioría dos sitios fóra a traverso do parlamento, e tampouco. O caso é que á vez, é necesario variar as relacións entre países en Europa para que sexa unha entidade que se poda mover dun xeito dirixido. Pero, ó tempo, calquera das dúas versións do tratado (ó que pretenden chamar constitución sen un auténtico refrendo constitucional) deixa esa dirección non no pobo soberano, senón en delegados de delegados, con máis veciñanza de compromiso con otras entidades que co pobo. Non significa o rexeitamento ó tratado un non a Europa, senón un non ó rapto de Europa. É curioso que na mitoloxía, Europa sexa representada por unha muller á que un poderoso quixo raptar/violar.
Este mundo en cambio ten tamén outras facetas. Así, por primeira vez en pleno inverno austral vése como se desprende unha inmensa capa de xeo da banquisa que acompaña ó continente antártico. É dicir, de novo o quencemento global en acción, e iso que o Sol está pasando por unha tempada de pouca actividade, que correspondería a unha época fría. Tampouco esta faceta é demasiado boa.

A Ponte dos Santos



Hoxe, entrada curta e retrasada no tempo. Onte, asemblea da Asoc. Ponte dos Santos, curta e á que asisitiron prácticamente só a diretiva (e non toda). Pouco que dicir dela: o 30 de setembro quedará, se antes non se atopa subvención adeucada, o xerente e un administrativo para liquidar o tema. É dicir, mentras se está a duplicar o número de carrís na ponte sobre a ría de Ribadeo, esta outra ponte polo momento parece que encamíñase á súa desaparición (todo o contrario da do día anterior, tamén no auditorio Hernán Naval, dos Irmandiños, que pensan en expandir negocio e que foi 'vixiada' por dous axentes de seguridade).
Sobre a ponte da ría, onte tiven unha doble confirmación de que o paso de peóns vai ser a nivel, doble (acceso dende as dúas beiras en cada comunidade) e de 1,5m de anchura. O plano, espero podelo ver algunha vez.
Mentras, confórmome con ir tirando de internet algún que outro documento que cargarei esta fin de semana, como algúns sobre declaracións de impacto ambiental (ponte dos Santos, ampliación de peirao nas Figueiras, nova nave no porto da Veiga...) e algunha outra cousa como a nota de prensa adxunta sobre a boa marcha do ascensor (fixarse na parte que fala de recompoñer a muralla sen facer notar que é a antiga de Ribadeo) e a petición de documentación para poder alegar no caso do porto da Veiga, despois de non ser subministradas como é debido (xa teño falado outras veces da reserva de información fundamental no caso de Ribadeo).

20080612

Documentos para xulgar

Mentras comeza a sentirse o efecto da folga de transporte (aínda despois de chegar a un acordo con partes implicadas que non tiñan convocada folga), hai cousas que hoxe en día son moito máis doadas de transportar/acceder e que rematan tendo tanto efecto como estas outras máis visibles. Son 'os papeis'. Papeis como os que voltan a estar na palestra no tema do PXOM (estaba dispoñible toda a documentación cando foi aprobada?) que leva camiño de converterse en nada despois de prometer ser un esperpéntico sainete (ou despois de selo). E como outros que son máis dificultosos de decatarse deles ou máis doados de esquecer, e polo tanto, en ambos casos, máis convintes de ter a man. Teño deixado en Ribadeo historia xa uns cantos. Agora lembro por exemplo as anotacións da Xunta á versión pasada do Plan Xeral de Ordenación Municipal (aproveitando que as declaracións de F. Rivas son unha oportunidade para fixarse en, e ter en conta a diferencia entre interese xeral e interese particular neste tema) e tamén, onte, a Declaración de impacto ambiental sobre a amplicación das instalacións de Gondán que puxen no blog onte (por todo iste tema, grazas a Jesús Estébanez)
Chámame a atención que nesa declaración de impacto ambiental se recolla (1ª páx.) unha lista cons institucións ás que lle pediu informe e os das ecoloxistas brillen pola súa ausencia. Por certo, que polo ámbito de actuación (supoño que será esa a causa) non aparece Adega, a organización ecoloxista de referencia no noso territerio. Pódese observar que sinxela é unha declaración de impacto ambiental como ista. E, no plano da páx. 4, ver que se vai meter sobre a praia adxacente ó asteleiro.

20080611

Como un anexo


Pois iso, como se fora un anexo á entrada anterior: xa comezaron as obras na Veiga, permitidas polo concello de Castropol. Sen estudo de impacto ambiental.

Novas de xente amiga

Mentras que a folga de transporte arrecia, seguen a chegar novas diversas. Dende que unha cisterna pasou escoltada para un subministro mínimo ás gasolineiras de mariñás ata un preacordo para a construcción da subestación eléctrica para o polígono (e para Ribadeo) ou ata o recoñcemento do mal estado da Casa da Ría de Ribadeo. Dende o apoio dos concellos de Castropol e A Veiga á nave / asteleiro no peirao da Veiga, á finalización o día 30 do prazo para alegacións ó PXOM como única nova relativa ó mesmo. Dende a xustificación do organizador sobre a viaxe ó Uruguai ata...
Deixo unha montaxe que fixen xa hai un mes e me esquecín de poñer antes para ilustrar a nave para carga cuberta en Mirasol (co recheo último cortado pola metade e non real), lembrando de novo que é ampliable premendo co rato. Non se ven moi ben tampouco as naves que xa hai... E lembro en relación con ela un correo de Ángel Alda de onte sobre as intencións para construír a nave. Non me meto pola idea miúda do que contaba, pero si destaco dúas cousas que poideran parecer accesorias: non só nos estamos preocupando dela aquí no entorno da ría, senón tamén en Madrid e noutros lugares. E a complicación que pode envolver o que hai detrás dunha nave deste tipo parece implicar direitamente intereses persoais, a parte dos empresariais, e estar mesmo relacionada coa viaxe á Uriguai (algo que en certo xeito confirma hoxe a prensa)
Tamén recibín onte información de Jesús Estébanez sobre a ampliación da liña de peirao en Gondán. Aínda non está claro como pode deseñarse, pero o caso é que se na parte asturiana 'levan retraso' nas aldraxes á ría, están a amosar que se poden poñer ó día de xeito rápido. O 'eu coma ti, senón máis' entre administracións pode levar tamén a que se unha fai unha atrocidade, outra a faiga maior, do mesmo xeito que a xente que causa destrozos para batir marcas mutuas (os sábados pola noite, por exemplo) ou como cativiños que queren ser máis que o veciño en calquera cousa; literalmente, en calquera.
E Mariano Grueiro envíame un par de novas non sei se curiosas ou futuristas (máis ben, imaxino non querer sabelo) ou as dúas cousas ó tempo. Unha, o reúso das mulas na agricultura estadounidense (evidentemente, dun xeito moi reducido) e outra, o roubo do aciete de cociña usado, ambas sobre o que xa se está a comezar a chamar a fin da era do petróleo (aínda que o modelo actual vai para rato, con ser a trancas e barrancas)

20080610

Dúas fotos de Ribadeo e algunha noticia



Hai dous días que dixen de pasada sobre praza de indanos que parece que están a facer nalgunha parte no Xardín de Sela. Coido que a foto da testemuña dela na división central do mesmo. Houbera xa un comentario alomenos nun pleno sobre que non ía ser un parque de indianos. Coido que agora os merecerá de outro tipo.
A outra foto é dun desbroce en pleno pobo, á beira do pavillón de depoertes novo, onde se erguía unha maleza maleante. Pois xa non, como se ve na foto. Parece unha tontería un sinxelo desbroce... pero non a é.
Como novas, rexistrar en primeiro lugar que na prensa desapareceu o PXOM, e na rúa parece que tamén. É algo abraiante que hai cousa dun mes que non haxa unha soa nova (bo, hóuboa cando UPRi de novo puxo en coñecemento as irregularidades das que xa falara, pero é máis do mesmo e non conta).
Si que segue a ser nova a nave do porto. Dista é ADEGA a que falou sobre a ría a partir das dúas naves, a da Veiga e a de Ribadeo. Botábase en falta que o fixera, e tamén xa resultaba estrano. Máis vale tarde que nunca. Parece unha certa contradicción que un dos lugares afectados, o Parador de Ribadeo, fora o lugar de acollida dos representantes da 'España Verde' esta mesma fin de semana. En liña con que o persoal do Parador esteña participando activamente na protesta pola nave no porto de Mirasol e en cambio non se saiba nada da postura de Paradores como institución.
E, hai falla de combustible pola folga do transporte, pero non llo debeu de parecer a quen onte se levou por diante catro fitos na zona dos institutos, zona de exhibición de proezas aceleratorias, derrapatorias e demáis con certa frecuencia. A fin de curso o tema increméntase. Algo curioso: en xeral, a xente traballa máis cara a fin de curso, tentando mellorar a nota. Pero a quen non lle interesa en absoluto, síntese máis 'liberado' e incrementa os desmanes (está máis hastiado e ó tempo ve como se lle fai menos caso coas mesmas trapalladas de sempre). É unha actitude natural humana, que se pode ver reflectida en moitas outras situacións, mesmo políticas.
Segue habendo máis novas... seguramente máis adiante podemos falar da defensa da viaxe ó Uruguai.

20080609

De 'Non á ponte, xa o hai na Veiga' a catro carrís








Un paso cara ó faro permitiume tomar algunha foto, e lembrei unha antiga pintada de 'Non á ponte, xa o hai na Veiga', hoxe xa repintada con varias veces doutros temas estranos (pero da que se ve aínda algunha letra). Tamén queda patente nas fotos o estado das obras de ampliación, onde se ve a estrutura metálica que completa a ponte por baixo. E tamén se aprecia como, en marea baixa, se ve a ampliación do basamento das columnas, obra que segundo o estudo de impacto ambiental non estaría permitida, pero que parece que xa é imposible de parar (quen se vai a meter agora a pleitear co Estado, coa obra xa feita?)

20080608

O ruído pode ser cómico...

... cando se usa para unha viñeta e se mira descansado. Ista, exacta, que da no cravo no tema do ruído, non é a primeira viñeta que vexo do estilo feita por Forges; á de hoxe engádolle a de 12 de maio, doutro carácter e explicación moi diferente, ambas do 'El País'. Se alguén quere unha explicación dalgún dos dous, estou disposto a darlla, mesmo en clave ribadense.

A ría de Ribadeo, na Comarca


Escaneo hoxe un artigo de Pancho Campos, o Presidente da AVV O Tesón, que sae este fin de semana na Comarca (premer co rato para ver ampliado). O certo é que a ría, a raíz da nave de Mirasol, ocupa boa parte do espazo de que dispón o semanario.
Hai un artigo de Farruco Graña, 'Son coma nenos', no que se prevé contra os enfrontamentos políticos a conta da ría. Espoldrexos, de Pancho, 'O negro futuro da ría de Ribadeo', de Miguel Gutiérrez, da Plataforma pola Defensa da Ría de Ribadeo, e dous doutro cariz ben diferente. Un, 'alto a agresión: !Basta xa!', referido non á nosa ría, senón á ría do Ferrol, de rafael pillado, Vicepresidente da Asociación Cultural Fuco Buján e membro do comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol. O outro, a nova de portada, re-dicindo que o práctico do porto apoia a nave (xa está referido no blog), e tomando de novo datos errados dos xornais e atoridades asturianas: se antes tiñan empeño en dicir cousas como 'a nave flotante', agora din que se mete 36,5m na ría. Botando contas, 90m de longo, serían 3400m2 de ocupación de ría, cando é un tercio menos desa cifra, do orden de 'só' 2200.
Mentras, ó fondo da ría, na veiga, ontes xuntábanse os representantes dos 14 concellos da Rserva da Biosfera da zona (por Ribadeo, Horacio Cupeiro ó estar ó alcalde en o Uruguai, ver o artigo de J.M. Rodríguez). Curioso: houbo unha declaración final, na que se inclúe "Requerimos a las administraciones autonómicas asturiana y gallega y a los poderes del Estado competentes para ello a fin de que agilicen la tramitación y puesta en marcha efectiva de los instrumentos y organismos necesarios para que la Reserva Mundial de la Biosfera Río Eo, Oscos y Terras de Burón sea una realidad que permita alcanzar los objetivos de desarrollo del territorio", ó tempo que se aclara, a petición dalgún concello, "la declaración no implica, necesariamente, la inclusión de esta comarca dentro de un parque natural". Xa se ve a querencia dalgúns pola natureza; en particular, polas limitacións que lle hai que poñer.
Limitacións que tamén se lle están a poñer ó 'Parque de Indianos', que nalgunha zona parece máis ben praza cementada (non incluída tampouco no PXOM). Prometo fotos.

20080607

De rías e xentes



Pódese comparar a ría de Bilbao coa ría de Ribadeo? Quita de aí!.
Por desgraza e ata o presente, unha semellanza comparativa se podería dar tamén coas xentes que poboamos a ría de Ribadeo e algúns outros conxuntos poboacionais. Sen querer dicir por eso que sexamos peores (ou mellores), pois todos somos primeiramente persoas, e na multiplicide de aspectos nos que se poden comparar as persoas, nuns sairemos ganando, pero noutros, perdendo. O caso é que as xentes da ría sempre tiveron rivalidade. Non só entre beiras, senón mesmo dentro dunha beira entre poboacións. Lémbrome con certa frecuencia de aquelo de 'Castropol, corral de vacas, As Figueiras, de Cabritos, A Veiga, de lacazáns, e Ribadeo, de señoritos'. Supoño que nos outros pobos terán ditos parellos a o mentado de Ribadeo (que por certo, non deixa ben parados a ningń dos pobos, nin a Ribadeo, se comparamos polo miúdo o que é un lacazán e o que é un señorito). Por suposto non deixo de lembrarme da polémica sobre o nome da ría de Ribadeo, enxendrada polo Eo o mesmo que lle pasa ó extremo sur, onde leva o nome de ría de Abres, homónimo daquela poboación. Esas controversias e rivalidades van seguir existindo (a última fase ata o momento pode verse hoxe mesmo no blog Vida político-social de Ribadeo). Por sorte, parece que se ven cada vez máis compensadas por colaboracións e sinerxias. Así sucede co caso da nave no peirao de Mirasol, onde pode que a postura máis efectiva non sexan as declaracións do concello de Ribadeo, nin a cacerolada ou a forte oposición dos veciños, senón a clara oposición do goberno asturiano (aínda que esteña trufada de entendementos coa Xunta e tintes políticos diversos).
Así, na última xuntanza mantida para tentar que a xente non se desmobilice crendo que xa está resolto que a nave non se vai construír (cando na realidade o que está claro é que non se avanzou na resolución do tema polo momento, á espera de prazos administrativos), apareceu un tema tamén relacionado co medio ambiente, pero esta volta na parte asturiana. Menos impactante, pero tema ó fin que xa deixei dito que podería servir ata de moeda de cambio entre os gobernos autonómicos. Respecto a isto, o primeiro é aclarar algo do que puxen nas entradas que remato de ligar: trátase dunha nave no porto da Veiga. Porto que está encadrado dentro dos límites territoriais do concello de Castropol, que chega ata pola parte sur da vía do ferrocarril ó atravesar a ría. Por iso as cartas están dirixidas ó Concello de Castropol e non ó da Veiga.
Tampouco se aclara moi ben a súa posición. Coido que a imaxe, capturada dende o Sigpac, é abondo ilustrativa do tema. Aparece a súa posición de xeito aproximado, e tamén a súa extensión, redondeando, uns 2000m2. Cunha altura duns 10-12m, que a fan equiparable a unha nave algo maior que a maior das actuais no porto de Ribadeo (ver a outra captura, onde se ve que a superficie da maior nave do porto ribadense é algo menor en extensión. Por certo, a falta de actualización do Sigpac permete o ver o porto como hai uns anos, sen o último recheo ata a actualidade). Todo o que se ve na imaxe, á parte dereita da ría, é concello de Castropol, aínda que case quede na núcleo urbán da Veiga. Na toma tamén se pode observar a filigrana que forma a outra beira da ría, xa en Galicia, e que foi tentada fixar con empalizadas hai xa moito tempo. O caso é que agora a protección medioambiental abrangue da estrada á auga, e o porto estaría dentro desa zona de protección. Ata que punto por ser porto? Non mete piares na auga, pero o certo é que esa zona na actualidade de industrial ten pouco, e menos de zona de vivendas. Engádase ó anterior que se lle atribúe o alcalde castropolense 'se hai que dragar, drágase' (o que si entraría en zona protexida, e que sería normal, dado que se pretende a construcción de barcos de ata 35m de eslora), e xa temos o problema que están a combatir Adega e Jesús Estébanez: ó fin, para iso están a facer unha draga para a ría en Navia (igual que por aquí xa houbo unha 'Nalona', chamaranlle a ista nova 'Ribadense' ou 'Eoña'?). Vexo un problema engadido: a defensa de Adega pode ser usada políticamente no principado como unha inxerencia galega/dos poderes galegos (lémbrome como, na manifestación dontra a mina de ouro en serantes, o alcalde de Tapia, referíndose a min dixo algo así como 'non fai falla que nos veñan salvar os galegos')
O caso é que uns e outros estamos a facer unha enchente da ría. Nas novas, si, pero por desgraza sobre todo no seu volume físico. Aínda que de diferente tamaño, dous galpóns, peiraos, embarcadoiros, recheos (só para lembranza, o último recheo de Ribadeo foron 8000m2, e o anterior, 20000m2 sobre unha extensión total da ría de Ribadeo duns 8,5km2, ou sexa, 8500000m2), ... cando dende hai anos está en programas políticos o de 'nin unha pedra máis na ría'.
Que podemos engadir? Que se fala asemade ('corren rumores') de que Castropol-concello-alcalde vería ben un fondeadeiro na enseada de Vilavedelle (Seares)?. Coido que é preferible insistir en que na actualidade a sensibilización social sobre as agresións á ría é moi forte (algo que se nota cando te preguntan pola rúa sobre o tema), e que iso é un factor de unión, por exemplo, para pedir xa un Plan de Ordenación de Recursos Naturais para a ría. Hoxe hai xuntanza de alcaldes da Reserva da Biosfera con motivo da Silvallana, na Veiga. Ocorreráselle a algún deles o poñer en marcha a burocracia para levar adiante o plan?

20080606

HAINA, here always there is alternative, tamén en Ribadeo

Despois de escribir hai moito tempo xa un artigo titulado "Tina ataca de novo" (tamén aquí, o primeiro en dixital do artigo), sobre o que queren que pensemos e o que podemos pensar, mira por onde as novas lémbranme de outra vez o mesmo tema.
Por unha beira, o mesmo día que se inicia a folga de transporte por carretera, unha alternativa: 200 persoas chegan mañá a Ribadeo na primeira remesa do turístico 'Transcantábrico'. Non importa que se prevea que os comercios de alimentación van ver as súas estanteráis vacías: resulta que hai alternativa.
En plena visita ó Uruguai dunha 'delegación' mariñá, cos empresarios segundo din tentando rendabilizala, a alternativa é China, máis próxima pois váise a celebrar un par de seminarios na provincia sobre ese país grande en tamaño e inmenso en número de persoas. Eso si, a viaxe, despois da preparación. Para o Uruguai, todos sabemos que non se necesita preparación.
Outra alternativa, desta volta á nave no porto de Ribadeo, preséntana unha decea de alcaldes asturianos (entre eles, Tapia, Taramundi e Castropol) para axudar a que Ence utilice o tren para enviar o seu produto vía Avilés. Non importa que resulte evidente máis dun punto negro no razoamento, como tratamos no blog con anterioridade, pois si hai alternativa.
Tamén hai alternativa para o Conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, con titular que o dí ás claras: "Si las normas del hábitat afectan al empleo, se revisarán". está claro que hai alternativas á conservación do medio ambiente. A máis obvia, a súa destrucción.
Un delfín vara en Barreiros... e hai alternativa, mesmo con rescate internacional e multilingüe.
Non hai que esquecer, nesto das alternativas, que mentras unha nación conquistaba case toda América para facerse con riquezas, eran outras as beneficiarias desas riquezas en base ó seu traballo, coñecementos e comercio.
Está visto que si hai alternativas. Viña esto a conto da ría, a súa conservación e as dúas naves, entre outras cousas, que se queren facer no seu entorno. E continuará, que a crónica de onte ten máis que dicir.

20080605

Documentos sobre o asteleiro na Veiga




Despois da entrada anterior, os tres documentos que me enviaron sobre a construcción dunha nave para un asteleiro na Veiga. A destacar que hoxe é o día Mundial do Medio ambiente. (lémbrase que clicando sobre as imaxes poden verse ampliadas)

Competencia inter beiras na ría de Ribadeo




Na ría de Ribadeo sempre houbo unha certa competencia entre os ribeireños e entre as entidades de poboación da ribeira, como sucede en xeral entre veciños. Ás veces, esa competencia é boa, pero ás veces, non. E desto segundo se trata. Enviáronme documentación sobre un caso que ven a enturbiar máis o tema da nave do porto, porque se podería entrar no toma e daca político entre as ribeiras e os correspondentes gobernos autonómicos. Non se trata da ampliación do peirao en Castropol ou nas Figueiras, senón dunha nave para a construcción de barcos pequenos no porto de Castropol. Poño aquí unha primeira parte (deixo o que son alegacións e contestación para a tarde), consistente a noticia de La Nueva España, unha foto 'ecolóxica' dunha árbore en Castropol e unha toma Google da zona do antigo porto da Veiga. O desencadenante actual é a licenza de obra para a nave.
O certo é que remato de ver a documentación e aínda non tiven tempo de asimilala; o non facelo dame tempo para dúas pequenas novas:
A Innovación fogar da comezo ó peche dos tres comercios que a Innovación mantén en Ribadeo. Este primeiro é o de Villafranca del Bierzo, e onte xa estaban operarias de La Moda (ó parecer, empresa compradora) ó mando para desfacerse a prezos de saldo dos restos. Con esto comeza a desaparición duns almacéns de referencia en Ribadeo.
O outro ten unha importancia máis anecdótica: levo dito moitas veces que o concello incumpre a ordenanza de ruído por unha morea de artigos diferentes. Por exemplo, por contratar altofalantes para anunciar actos diversos. E por permitilos. Pois onte coido que se batiu un récord particular ó ter visto tres coches diferentes, un correspondente a Donapubli (quen fai normalmente os anuncios con altofalante para o concello, pero tamén para establecementos privados), outro ó Rosa Lar e outro a un establecemento de Tapia (TapiOK). Todo, con poucos minutos de diferencia na mesma mañá e sen ter ningún carácter de urxencia ou excepcional interese (caso no que a ordenanza permite o uso de altofalantes).
Un pouco máis aló está a nova da suxerencia do alcalde de Viveiro de darlle o nome de Hernán Naval ó Conservatorio. Lémbrase que estivo (e segue) proposto o nome para a Escola Municipal de Música de Ribadeo, e tamén que o modelo de conservatorio víao como unha competencia moitas veces non desexable para a correspondente escola municipal.