20080731

Máis sobre a nave no porto



A conta dalgunha petición que recibín e xa que hoxe ven por Ribadeo o Presidente de Portos de Galicia, aquí queda algunha precisión, tendo como base o que xa escribira en maio sobre a visita pasada:

Características da nave que se pretende construír en Mirasol.

(Enténdese que os datos postos a continuación son variables no proxecto final)

A nave prevista en principio ten unha liña de 90 m sobre os 22 pilares (11 dobres) na auga. En Terra ten dous corpos de dimensións diferentes. O máis grande continúa a liña de auga.
Sobre auga está prevista unha cubrición de 2207m2, meténdose na auga uns 24,5m, e en terra, de 3775m2, o que fai un total de 5982m2.
Ten un total de 5 portas usables por transporte en terra, e unha división no medio para separar zona de carga de zona de almacenamento (un pouco menor, ver plano aproximado realizado por min, así como o alzado). O seu lugar, exactamente onde prevera aquí, e aquí, ocupando tamén cousa dun 30% do último recheo, como dixo mesmo o Presidente de Portos ó tempo que viña a dicir que a palabra dada polo anterior presidente de non facer construccións aí duraba o que durara a súa estancia no posto (en relación ó pasado recheo, que agora serviría en parte para a nave e que se lle lembrou ó actual Presidente, o anterior Presidente de Portos dixo que non tería edificacións, coa contestación de que por moito que se quixera, a palabra dada por unha persoa duraba como moito o que o seu mandato se non había papeis polo medio). Cousa curiosa: nos planos amosados no seu día non aparecen por ningún sitio as alturas, necesarias para facer o deseño da grúa-ponte que alimentaría as naves. as postas nos planos feitos por min son as baralladas a partir de que se teñen que meter os barcos dentro, e da existencia dunha grúa ponte no interior.



Ten como precedentes unha nave en Marín, aínda que físicamente non poden ser iguais (algo xa dito na xuntanza mantida con anterioridade), tendo aquí restriccións que alí non hai (tamaño da ría, tamaño do porto, diferencias entre unha zona industrial e outra residencial, etc)

O deseño, aínda que coido que dificultaría o uso do resto do porto, non ten inconvenientes de paso para Portos polo motivo de que o seu dominio marítimo abrangue aínda uns 80m máis lonxe da nave, e sería cousa de dragar a canle un pouco máis aló. Eso facilitaría o poder seguir usando o porto mentras se constrúe a nave, non enturbiando prácticamente o movemento portuario pola obra. Non embargantes, teño entendido que por ocupar o dominio marítimo, si necesitaría autorización de medio ambiente ó estar a ría de Ribadeo incluída como Zona de Especial protección de Aves e ser Reserva da Biosfera

Por certo, chamoume a atención que o plano de situación presentado no seu momento (data de sinatura, 11/4/2008), incluíndo boa parte do núcleo urbano ribadense, esteña mellor trazado que o do PXOM (polo menos, así o estimo eu)

Alternativas

Ten habido algunha proposta para meter a nave na zona sur de Mirasol, co que cadraría sobre os bloques. Deixo algunha foto complementaria de como estaba a marea hai un cacho para permitir facer unha estimación a quen non teña na memoria como está a zona dos bloques neste momento. A parte, estimo que eso implicaría o meterse máis aínda en zona delicada medioambientalmente, sen diminuír grandemente o impacto estético. Ó anterior habería que sumarlle a manobra necesaria para que os navíos poideran facer 90º para meterse e un dragado contínuo antieconómico, por suposto invadindo zona que non é xa de Portos.

No seu momento, plantexei a idea do porto exterior (idea que non é miña e ven xa de lonxe), tendo en conta o custe que iso supoñería, pero tamén que o porto ribadense seguirase a colmatar de area. Xa deixei claro noutro post que entre grupos ecoloxistas había diferencias con esta idea.

Outra idea é a do porto seco, na zona da estación de ferrocarril, cun ramal ó porto, aproveitando a mellora que tería a comunicación por tren entre a estación e o porto. Non cumpre exactamente as mesmas funcións, pero coido que é moi interesante.

Estimo ademáis que noutra zona do porto, o facer algo como o que se pretende (é dicir, cambiar a ubicación prevista) sería inviable por estrangulamento do resto de actividades do porto.

E, sobre todo, a falta de necesidade de presentación de alternativas no momento actual. Pretender alternativas económicas sen mirar nin de aproveitar todas as posibilidades actuais nin o ter conta do medio ambiente significa poñerse exactamente no punto do que non se desmonta Portos para apoiar a súa postura.

Comentarios varios sobre puntos concretos da visita do Presidente de Portos en maio.

Cando viu en maio o Presidente de Portos, chamáronme a atanción diversas palabras/jerga empregada, como que a nave é 'unha aposta empresarial privada'. Si, pero Portos de Galicia é una entidade autónoma dependente dun ente público.

As argucias dialécticas tamén teñen o seu aquél nesta historia: O presidente de Portos, ó vir en maio, tentou tranquilizar sobre a posibilidade dun novo recheo na zona do actual porto pesqueiro, valorando positivamente a existencia dunha lámina de auga abrigada, fronte a un recheo que di, minusvalora a zona. Hai que contrapoñer iso ó xa dito máis arriba sobre as promesas do presidente anterior.

O Presidente de Portos estima (en maio) que algunhas das cousas que máis valoran os seus clientes son a rapidez e a seguridade xurídica. E os seus clientes son os consignatarios, empresas, non persoas, e o interese das empresas, gañar cartos, algo que coido debe ser diferente como interese primario nas persoas.

Referiuse de pasada á Reserva da Biosfera como título honorífico. Teño entendido que o título deixou de ser xa honorífico ó pasar a ter un novo estatuto as Reservas das Biosfera, e a pesares de a lentitude e primeiros pasos da posta en funcionamento da que nos atinxe.

Sobre os motivos da ampliación, deu como único o aumento da producción de ENCE-Navia, xunto coa mellora nos prazos de carga (que dixo pasarían de 3 días a un-8 horas- de estiba, podendo descargar un camión dunha soa collida da grúa), a posibilidade de máis fluidez de saída ó ter espazo de almacenamento e o paso de 60/70 barcos ó ano a 120. É dicir, máis movemento no porto. Coido que calquera que esteña ó tanto das entradas e saídas do porto sabe que é maior a porcentaxe de tempo que non hai barco cargueiro no porto que a que hai dous. Penso que chega como aclaración, pero, por se acaso, hoxe un camión con trailer tarde en desprenderse da súa carga de papel menos de 5 minutos, como pode verse na carga de calquera barco.

Tamén saiu a relocer que o dragado; na actualidade e en Asturias, esixen que se deposite a area a 4millas mar adentro, mentras que en Galicia esíxense 22 millas. Algo a mirar cando se faga a manobra correspondente por parte da draga (por exemplo estes días, comprobando que a distancia á que se alonxa non é nin con moito as 4 millas correspondentes), e incomprensible se se mira ben, sendo de supoñer que no sentido do dragado, a ría 'pase a ser asturiana' na súa totalidade.

Prazos

En maio quedou establecida unha certa cronoloxía mínima: xuño-xullo 2007, primeira nova de Portos. Setembro, primeiro contacto co concello sobre o tema. Febreiro 2008, análise sobre a súa posibilidade ou descartabilidade. 5/3/2008, solicitude formal de Ceferino Nogueira, co apoio de Ence. 29/4, trámite de competencia (DOG), que ven a ser algo así como un anuncio por se alguén quere reservar espazo non ver que xa está reservado.

Non houbo competencia, logo está a presentación da documentación para adxudicación (un primeiro proxecto), realización de estudo de impacto ambiental (estimado en termos de tempo nuns 3 meses), conseguir o placet de Cultura/Patrimonio por estar na zona do casco vello (forma, volume, ...), do concello (licenza que se dixo que non se ía dar), ... co que a próxima 'manifestación pública de documentos' sería como cedo a finais do mes de setembro, tendo xa que facerse exposición pública para conseguir a solicitude de concesión administrativa.

Nota/comentario final.

Queda por recibir algunha documentación do concello sobre a súa postura, algo que onte mesmo o alcalde me manifestou que me enviaría.

E para cando quedaría un estudo de dinámica litoral? Tal como se ve nas fotos, o arrastre de area na actualidade é unha dificultade a considerar para calquera cousa que se quera facer no porto.

Deixo a continuación algunhas ligazóns das moitas que xa se poden atopar en internet sobre o tema para ambientar este post.
Una manifestación en agosto y en Ribadeo
http://www.lavozdegalicia.es/amarina/2008/05/15/0003_6818649.htm
http://ribadeando.blogspot.com/2008/05/unha-continuacin.html
http://elprogreso.galiciae.com/pdf_files/14052008am_2.pdf
http://ribadeando.blogspot.com/2008/05/un-pleno-diferenciado.html
http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2003/12/30/2289968.shtml

Remedando a entrada anterior

Remedando un pouco a entrada anterior, dicir que segundo parece o concello xa levantou acta de ocupación das instalacións o antigo lugar de alginatos para a construcción dunha senda ambiental que ten probabilidades de ser contestada.
E, procurando cousas en relación co tema, atópome no BOP 1/9/2005 un anuncio de trámite para retirar a Alginatos y Coloides, S.A. (onde iría xa a empesa!) representada por Eugenio Pardo o uso privativo das augas do rego da Vilavella por un caudal de 1,4 (sen unidades, posiblemente L/s), con resolución do ... 16/4/1964 pola comunidade de augas.
Despois de remirar en internet, coido que a arqueoloxía industrial ribadense, sexa Alginatos, Os astaleiros da vila vella (a única referencia 'válidad' en internet atopeina aquí, referida a hai moito tempo e non ós modernos astaleiros) ou ReNoSA (hai non tanto que souben que era 'Resinas del Noroeste, S.A., pero no a mexicana que se atopa por internet funcionando agora mesmo, senón a que aparece no BOP en abril do 2007), sexa cal sexa, merece un pouco de estudo. Tentarei que alguén se meta a iso ... :-)

Entre as curtas on/off e a visita do Presidente de Portos de Galicia



Onte comezou a proxección de curtas on/off 2008 en varios lugares de Ribadeo. Deixo o programa escaneado á beira. Por certo, ó cine concerto experimentei onte que lle falta afinación técnica de son para poder competir co concerto de cine da banda, a pesares de que a película non estaba mal: o retumbe no cantón fixo fuxir a xente de preto dos soportais, por exemplo. O certo é que Ribadeo énchese de realizadores estes días, e a xente vai sabendo que é iso. Tamén resulta raro ver a casa da xuventude, cuartel xeral de Mr Misto estes días, con tanta actividade. Eso si, a pesares de sere cedida por exemplo para xuntanzas veciñais (entre elas, O Tesón e a Atalaia), coido que o título de 'de xuventude' cáelle a desmán, despois de coñecer outros centros / casas da xuventude, como por exemplo, o de Vilalba, auténtico local social para nenos e mozos dende hai tempo, algo que o de Ribadeo suple únicamente con pór a disposición os ordenadores do primeiro piso (para a xente en xeral, non só para cativos), ordenadores que si se usan.
Onte tamén chegou ós medios de comunicación a nota de prensa onde dicía que hoxe o presidente de Portos faría unha visita a Ribadeo. Non a vexo hoxe nos medios consultables cando comezo a escribir isto (a excepción de aquí), pode que porque alomenos en Ribadeo será de baixo perfil, tentando de evitar outra cacerolada. De calquera xeito, parece ser que ven por cuestión de convenios laborais e non vai pasar polo concello. Mellor deixo claro este punto e paso a outro tema.
Porque si, certamente hai máis temas: ás 11 da mañá comeza dende Ribadeo a 10ª volta náutica a Galicia, que finalizará o día 10 na outra punta da comunidade.
Con agosto arrinca de novo a semana náutica. Casualidade, de novo temos unha actividade adicada este ano a Calvo Sotelo. Ise é o motivo declarado na prensa para dicir que a de iste ano non será unha semana náutica habitual. Era aficionado (eu, non Calvo Sotelo) ó cruce da ría a nado. Daquela organizábao a Paco Lanza. Despois, para fortificar a semana náutica, pasou a ser organizado polo Club Náutico, e en pouco tempo quedou reucido a un largo entre Bloques e club Náutico. Agora xa quedou máis reducido: desaparecido o último ano, pois hai moitos botes como para que o club náutico preste atención ós nadadores.
As novas de Ribadeo nonestán só en Ribadeo: onte na Deputación rexeitouse unha moción pedindo entre outras cousas un xulgado para Ribadeo. Como todos sabemos como é a política, necesitariamos alomenos unha nota de prensa das do concello para clarificar o tema, pois quen votou en contra foi PSOE e BNG,e a favor PP. Despois de que aquí non sexa a primeira vez que se vota por unanimidade unha petición de xulgado, a) vése necesaria unha aclaración e b) reitérase unha volta máis a necesidade de estar vixiantes ante as manobras dos políticos, que, sendo optimistas, habería que dicir como mínimo que ás veces non hai quen os entenda (cousa que estou convencido que, tamén ás veces, é a súa finalidade máis inmediata)
Onte tamén pasei por Santa Cruz. Sen cámara, mágoa! O acotamento de sitio fíxome sorrir e ó tempo víno como unha antesá de desmáns particulares en terreo público. Había mesas precintadas para que a xente (mércores, isto é, con 5 días de antelación) non se poidera sentar nelas, e xente subindo a vixiar que non foran desprecintadas. Menos mal que aínda quedaban abondas para sentarse, en xeral porque o 'precinto' estaba acotando o sitio entre as árbores, e non direitamente nas mesas. O sábado, ás 20:30, pistoletazo de saída co pregón de Eduardo Gutiérrez.
Hoxe a Banda Municipal de Ribadeo actuará, pero faráo en Matamá, Vigo. Quedaranse de novo sen desfrutar do sitio onde tocan: volta para casiña xa comezada a noite para chegar ás tantas. Non é sorpresa cando o teñen feito a pesares de ter o aloxamento pagado e ter que voltar ó día seguinte cedo (como paso coa gravación, este mesmo verán, de música para 'os mortos van ás présas', realizada na Coruña). Un xeito de actuar que non ten moi contenta a algunha xente.
O certo é que a acumulación de actividades e propaganda das mesmas vai dificultar a propaganda da manifestación do día 10 contra a nave no porto, se non é por medios coma iste. Mentras, Ence (non Navia, senón en xeral) aumenta ingresos a conta da ... venda de electricidade.

20080730

Unha ligazón moi interesante

É un post sobre a nave en Mirasol. Coido que non ten desperdicio para quen quera meterse algo en profundiade no tema. Aconsello encarecidamente a súa lectura.

Máis notas

Despois da nota de prensa sobre a manifestación do día 10, remato de poñer dúas notas de prensa do concello no blog correspondente, unha sobre o aparcadoiro de Augas Santas (que xa comentei someiramente) e outra un agradecemento na restauración dos cocos (máis ben, segundo teño entendido, en facerlle novos traxes ós cocos).

Unha nota de prensa sobre a manifestación para impedir a nave


Coido que ten relevancia abondo como para publicala por separado. Acompaño unha foto do recheo de comezos dos 90: é aparcamento un pista de derrapes? A resposta: as dúas cousas.

Nota de prensa AVV O Tesón + Plataforma Pola Defensa da Ría
Ribadeo, 29/07/2008

O próximo 10 de agosto de 2008, ás 12:00, con saída dende a pza. San Roque (Ribadeo), terá lugar unha manifestación a favor da ría co lema 'Ria si, nave non', convocada pola AVV O Tesón e a Plataforma pola Defensa da Ría.
A orixe da manifestación está na pretensión de Portos de Galicia de facilitar a construcción dunha nave de grandes dimensións no porto de Ribadeo, con preto de 6000m2 de superficie, más de 2000m2 sobre a auga, unha ringleira doble de pilastras apoiadas na ría, uns 30m de altura, etc. Dita nave cremos que perxudica gravemente non só a estética da ría, senón tamén o medio acuático, as correntes, etc, impactando moi negativamente nas figuras de protección ambiental recoñecidas na ría de Ribadeo. Por contra, non ven a aportar características positivas de impacto económico para o porto de Ribadeo e a súa comunidade, perxudicando en troques outros aspectos turísticos e económicos.
Antes da manifestación continuaranse a recoller sinaturas en contra do proxecto da nave.
As asociacións convocantes invitan a participar a toda a cidadanía e asociacións da zona.
Con posterioridade sairá máis información sobre o tema.

20080729

Día luminoso



Día luminoso o que está a comezar. Onte escoitei dicir a alguén con acento andaluz, falando por teléfono, que facía un tempo marabilloso. Pois hoxe continuará (parece) esa marabilla.
Deixei dúas notas de prensa do concello, unha relativa á visita dun programa de RNE a Augas Santas (na nota segue a chamalas as Catedrais) e sobre a criación de aparcadoiros en puntos turísticos. En concreto en Augas Santas coido que é un erro grande facer máis aparcadoiros apra coches pegados ó acceso. E non é só polo maltrato ambiental que sofren. Mesmo polo rendemento pecuniario: un pequeno tren turístico que aprtira dende unha pequena oficina turística nun aparcamento máis axeitado xunto á estrada principal podía manter varias persoas, cuidar máis o ambiente, evitar os atascos e a dirección contínua de tráfico que está a haber, e facer que os turistas levaran mellor impresión e máis información. E pola inversión inicial non creo que quedara.
Deixo a anuncio dunha exposición que suporá o próximo día 2 a estrea oficiosa dun sitio preparado hai xa longo tempo e polo momento cun uso nimio: a Casa do Viejo Pancho. Podo dar fé que xa hai un ano estaba disposta (tal vez mellor que agora) para recibir contido. O por que non se dotou del cando o hai, non sei cal é.
Por certo, contido en, e demasiado ó que parece, o albergue do peregrino. Agora xa se cobra (ou debera) unha cota de 3€/persoa e noite, pero foi necesario habilitar os novos departamentos do vello pavillón polideportivo polo aumento de xente. Por certo que coido que non sería tan difícil montar un servizo para que ese caudal de xente tan variada e variopinta, unha auténtica riqueza cultural, fora aproveitada polos ribadenses de paso que os camiñantes se enriquecen tamén coas nosas cousas. Abondaría, pode, con anunciar actos na mesma campa do albergue e ter dispostos os carteis nos albergues asturianos próximos. Dende ensaios de grupos musicais a maiores con moitas cousas que contar, ou facilitar unhas mesas onde pdoer tomar café con cores diferenciados para permitir sempre un oco para visitantes e autóctonos arredor delas. Unha utopía? Non o creo.

20080728

Un novo panfleto turístico



Presento hoxe as dúas portadas do novo panfleto turístico. Ten unha presentación clásica pero gustosa. Con información e en base a debuxos, non fotos. Esta volta hai diferencia co folleto recén retirado sobre Rinlo, ou o correspondente ás Cruces (do mesmo xeito, e en espera de escanear)

Castelos na area







... aquí están os resultados do concurso de castelos na area na praia de Arealonga (San Miguel, Barreiros) onte domingo.
Ben, son os 'meus' resultados, que non sei se saíron premiados (supoño que si, había abondos máis premios que figuras) pero coido que serían os máis meritorios. Iso si, non están por orden de apreciación.
Un en particular? Os danzantes galegos. A dicir que a participación pareceume menor que outros anos, e que cando poño isto, de seguro que as figuras xa non están pola marea...
A destacar a abundancia de alusións futboleras, cando a min me parecería que xa pasou a euforia e que estamos pegándonos contra o muro da crise.

20080727

Do festival de bandas de Ribadeo



Onte houbo outro concerto, pero como non vou ir, pois... Despois do anuncio, o díptico e algunha ligazón.
A dicir que primeiro actuou Sober, que engadiu dúas pezas máis.
Como Soutullo leva morto máis de 70 anos (i.e., a súa obra pasou ó dominio público), poñerei a actuación da BMMR, a nosa banda de Ribadeo, con 'Ponteareas', cando vaia a rede.

20080726

Quen se vai perder hoxe o festival de bandas?


O Paseíllo (=desfile), antes, sobre as 20; o festival, ás 20:30 na Praza da Música. Está previsto que a Banda Municipal de Ribadeo toque, por esta orde:
- Sangre de artista
- Invicta
- Festa paesana
- Medley boleros
- Ponteareas

20080725

Castelos na area




Esperaba ter novas do concurso de castelos de area que organiza o Concello de Barreiros en Arealonga. A construcción de figuras, estruturas e demáis gusta vela e tamén facela. Pero iste ano no que a construcción non tira, e que en Barreiros está sitiada a base de Xunta, xustiza e axuste de presupostos, tivo que ser tamén atrasado o concurso de construcción de castelos na area. Pospúxose para mañá, domingo en espera de mellor tempo e sabendo que o atraso implica unha competición máis modesta. Vamos, como a construcción de urbanizacións.
Por certo, que a última proposta en Barreiros sobre o tema para potenciar a construcción é a cesión de toda a estrada nacional ó concello para facela travesía urbana e así poder construír partindo de chan urbán en toda a súa beira. Como idea non está nada mal cando se ten o piñón fixo en conseguir máis construcción. Non embargantes, os tempos están cambiando pouco a pouco, e esperaría que tal pretensión (a da construcción á beira, non a de cesión da estrada) non chegara a bo fin. Coido que podería facerse o razonamento máis longo e explicativo, pero é abondo para facerse a idea do que pasa nun concello que se habituou ós cartos da construcción e que agora non sabe como substituílos.
E como hoxe a cousa vai de construcción, as tres fotostamén van do mesmo tema. A primeira, que a paso lento, pero parece que voltan mans á obra para facer a rúa esxterior ó porto. Do outro lado da estrada, é o novo almacén o que vai vento en popa e parece mentira a rapidez coa que o están a facer. A terceira, camiño do cemiterio (como referencia, entre a arboreda vése o hotel 'O cabazo'), unha beirarúa en marcha. Deixando fóra as árbores, sen protección, parecería indicar que a arboreda tenos días contados, aínda que poda aguantar un certo tempo.

Santiago

Deixei no blog correspondente a nota de prensa do concello onte sobre o roubo na escola. Os roubos pequenos non parecen preocupantes por iso, por seren pequenos. Manteño o contrario: sóno porque son o exponente dun comezo que, de non parar por algún motivo (hai que procurarllo), irán a máis, sen saber onde poden chegar.

20080724

A actualidade


Onte comecei o novo blog sobre notas de prensa do concello de Ribadeo, para distinguir entre opinión, documentación, e información de única fonte. Hoxe vexo como trata a prensa a mesma nova e coido que non é mala idea separar as cousas como xa está feito, aínda que cada unha teña menos tráfico.
Ribadeo parece todo o contrario do que é en canto a cartos: polas cifras que se barallan como reclamacións estes días, parecería un concello folgado de orzamento, en troques de estar rascando o peto. Seguen os comentarios sobre os 15M€ de Mahía ou os 12k€ de Balbino, ambos asociados no seu momento. Se se le a nova respecto a Mahía, está claro que o que pretende a empresa é desfacerse duns terreos de baixo valor para salvarse podendo ter opción a construír noutros lugares. A cousa complícase parece ser por uns terreos xa cedidos por parte de Mahía, pero... na franxa litoral, que serían expropiados inmediatamente para facer a construcción do paseo ás Aceas de telos hoxe.
Sobre a reclamación de Balbino, mellor non comentar.
O que non vexo é referencia á charla de onte de Elisa Pérez Váquez nas Xornadas de Historia Local sobre o Marqués de Sargadelos, que correspondentemente con que me gustou (despois de levar xa unhas cantas escoitadas sobre o tema), tentarei de deixar plasmada en parte a traverso da entrada correspondente na Galipedia (por certo, chamoume a atención que non tivera aínda entrada na wikipedia castelá, cousa que nun prazo prudencial haberá que solventar).

Deixo o cartel do festival de bandas (xa vai polo XIV; pódese ver as cento e pico primeiras actuacións da banda, nas que está incluído o primeiro festival, se mal non recordo, estando eu como presi de Amadores) que se celebrará pasado mañá, sábado, coa participación da banda de Mieres e da de Sober.
A foto que acompaña é unha curiosidade: o aparcamento de carriños da guardería infantil onte. Non é moi artística, pero chocoume a cousa ó pasar por diante.
Queda por último o cartel da festa organizada pola Solidaridade Mariñeira, para deixar testemuña dos actos de mañá, e o anuncio de diversos actos na vila estes días,pasado polo Boletín de Cultura do Concello: o venres 25, na Avda. de Luarca (diante do Porta da Auga), Beoga (Irlanda) e Cadaba (Asturias), folk ás 22:30. O sábado, ás 19.00 horas, na praza da Música, XIV FESTIVAL DE BANDAS. Ás 24.00 horas no pub Colón, os grupos ribadenses que ensaian no local das Anzas SYNESTHESIA e ESCALA DRINKER.

Novo blog para notas de prensa do concello de Ribadeo

Como adiantei o outro día, remato de crear un novo blog para as notas de prensa do concello. Irá facéndose mellor, tendo en conta que terá data de finiquito, pois espero que pronto o concello teña un blog propio para iso das notas de prensa, nun novo portal do concello, con máis servizos, etc...

20080723

Actividade en Ribadeo de xullo a setembro

Vai un segundo post coas actividades culturais e infantoxuvenís previstas para a época estival. Vai con retraso, pero estas cousas xa nos teñen afeitos a ser así.

Contrastes de cidade e campo



As fotos amosan dúas paisaxes que comezan no campo. Unha, da zona dos Galos, no final da zona urbana contínua de Ribadeo. a outra, un dos núcleos de piñeira. Un pequeno contraste á espera do PXOM.
Despois do contraste, o esperpento. Haberá quen diga aquelo de 'teatro, puro teatro' ó referirse á reclaqmación de 12.000 € por parte de Balbino en concepto de lucro cesante durante o tempo que lle retiraron o soldo como alcalde (2 meses escasos). E sí, para min é teatro, pero tamén algo máis. De esperpento non baixa, á beira doutra nova de hoxe, xente que aínda quedou desta de cobrar as expropiacións da autovía.
Voltando ó tema da reclamación: foi un trásfuga do seu propio partido quen facilitou a retirada de emolumentos (a el e ó actual Alcalde, daquela 1º Teniente de Alcalde, que non reclama e en cambio tería que ordenar o pago), e parece que engorda ademáis algo o que no seu caso tería que recibir. Uns 6000 € mensuais son moitos para o concello de Ribadeo (o certo é que si hai quen cobra esa cantidade no concello), claro que para quen ten repetido nos plenos ese dito de 'será por dinero?' e deixado ó concello nunha situación financieira da que tardará en saír (que llo digan á xente que ten que aboar este ano abondo máis pola escola de música que o pasado, e a tocateja a principio de curso, con diminución de descontos para a xente da banda, etc), pois 12k€ de nada son eso, 12k€ de nada. Naturalmente, hai máis 'flecos' no tema. A min, chégame cos detalles aportados. Claro que hai casos peores: en Italia rematan de darlle a inmunidade a Berlusconi (xa non é a primeira volta que lla dan, pero hai que cubrir novos aspectos...)
Achégase o 25, Santiago, e o verán entra no seu punto álxido de festexos, mentras se van rematando algunhas cousas da primeira parte. Hoxe rematan as xornadas de historia local, cunha charla sobre o Marqués de Sargadelos (onte a primeira charla foi 'A guerra do francés'), xa teñen rematado campus de baloncesto e mañá remata o cursiño de cociña para nenos (e xente nova, pois había uns cantos preuniversitarios). E, ó tempo que o BNG anima a participar o 25 en Santiago, xurde unha nova iniciativa para o mesmo 25, a cargo de 'herederos del Mar' para unha festa benéfica a favor dos mariñeiros en Ribadeo.

20080722

Tres millóns





Cifra redonda cobrada onte en total por diversos veciños que esperaban dende hai tempo a que lles fixeran efectivo o importe pola ocupación das súas terras pola Autovía do Cantábrico. Nada novo, algo que chega con retraso.
Si son novas as medusas que cada vez conmáis frecuencia chegan ás praias. Onte voltou tocar unha chegada masiva á zona. Benignas, din (case todas, pero non todas), pero o seu contacto viscoso non é agradable. Ou si? Cambio climático, e, despois de destrozada a Terra, ameaza de non haber combustibles fósiles abondo para seguila destrozando. O que me lembra que xa está confirmado: o 10 de agosto, manifestación: Ría si, nave non. Irán saíndo máis informacións.
Mentras, é o primeiro ano que a coincidencia 'de sempre' entre o día dos castelos na area de Barreiros co 25 de xullo me parece algo chamativo, alegórico. Despois de tantos anos (será a 18 edición), e mesmo participando, non se me pasara pola cabeza. Claro que antes non estaba a mesma xente no poder en Galicia. Haberá que vixiar o subconsciente.
As fotos, resultado dun paseo pola zona de Piñeira: exemplares de raza rubia galega (en fronte tiñan outros de raza suíza), construccións sui géneris e ponte artesanal. Todo nun centenar de metros, máis ou menos.

20080721

A praza de abaixo, hoxe




A conto dun comentario que me deixaron o outro día, poño hoxe un conxunto que fai de vista xeral da 'parte de abaixo' (zona leste) da Praza de Abaixo, co cine Colón aínda sen rematar de remozar no seu exterior. A praza de abaixo xuntaba varias diapositivas da presentación 'Ribadeo Falls', que deste xeito se van ver lixeiramente minoradas. Esperaba hai tempo que comezaran a obra da outra esquina da praza, pero non foi así, e segue derruída.











A lembrar que as fotos se poden ampliar...
Como comentario de principio de semana, resulta que unha nova que pasou desapercibida estes días pasados foi a negativa do goberno estatal de retrasar unha hora a oficial de Galicia. Facendo un pouco de historia, foi unha proposta nacionalista (BNG) para aproveitarse mellor do comercio con Portugal e con Asturias. Certamente, hoxe por hoxe, ía resultar curioso por esta zona ter unha hora diferente que a de Asturias, pero non estaba tan mal pensado: o horario actual depende de Greenwich, aliñado abondo con Barcelona, no outro extremo peninsular. Claro que o retraso de horario dos comercios coido que é algo que se pode facer con máis facilidade que un cambio de hora total, e un cambio que está á altura das posibililidades do goberno autonómico. Ou acaso non o está mesmo ó alcance dos gobernos locais a organización de actividades cada vez máis tarde? (Unha mostra, onte á noite cun espectáculo de rúa que por aquí pasou sobre as 11 e media e coido que a quen máis divertía era ós pícaros pequenos, aínda que non só). Pois iso, a hora oficial non se pode cambiar polo momento, pero supoño que non habería problema en facelo co horario de comercio, se se vira abondo convinte. Éo? Non sei se estará abondo estudado.

20080720

Nota de prensa do concello sobre Mahía


Que conste que hai tempo que digo da responsabilidade patrimonial dos alcaldes: se o anterior tivera esa responsabilidade patrimonial, seguramente non estariamos vivindo estas ameazas por parte de Mahía. Lembro a solidariedade de O Tesón coa actual visión do concello sobre o tema, xa manifestada no blog.
Cun pouco máis de alegría, a foto de como se recuperou o derrumbe no paseo ó faro.

A EMPRESA MAHÍA RECLÁMALLE AO CONCELLO EN CONCEPTO DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL MÁIS DE 15 MILLÓNS DE EUROS. O ALCALDE ANUNCIA QUE PRESENTARÁ TODOS OS RECURSOS XURÍDICOS E LEGAIS QUE SEXA POSIBLE PARA QUE ESTO NON VAIA PARA ADIANTE.
Ribadeo, 18 de xullo de 2008. A empresa Mahía ven de presentar no rexistro do Concello unha reclamación en concepto de responsabilidade patrimonial por importe de 15.700.000 euros, segundo acaba de anunciar o alcalde, Fernando Suárez. O rexedor asegura que "esto ven dado cando aló polo mandato anterior o alcalde e o seu grupo (o PSOE) aprobaron de xeito inicial cos seus votos, e cos votos en contra do BNG e a abstención do PP varios convenios urbanísticos que no seu momento xa se apuntara que suponían un crecemento absolutamente desproporcionado para Ribadeo e que a Xunta nunca ía autorizar". Suárez Barcia engade que "despois daqueles cinco convenios viñeron outros dezasete, pero posteriormente a Dirección Xeral de Urbanismo dixo que este tipo de crecementos eran inadmisibles".
O alcalde recoñece "unha certa preocupación por esta reclamación de responsabilidade patrimonial. Teño eu e o resto da Corporación temos que defender os intereses do Concello e imos procurar todos os recursos xurídicos e legais que estean ao noso alcance para impedir que esto poida chegar a ter unha repercusión económica negativa para o Concello de Ribadeo. É importante que a xente saque conclusións de algo que foi moi polémico no seu día e eu creo que ven moi ben aquel de dito de aquellos polvos estos lodos". Fernando Suárez lembra que "os convenios se aprobaron inicialmente, non definitivamente e que non se chegaron a incorporar ao planeamento aprobado inicialmente hai uns meses e consensuado por todos. Foi un acerto porque xa Urbanismo dixo que eso de convertir eucaliptales en urbanizacións de 300 ou 400 chalés é unha brutalidade inadmisible".
Anécdota de mal gusto
O rexedor cre que "desde logo este tipo de previsións no seu momento de utilizar as institucións para defender intereses privados está pasado nesta Galiza que non é a mesma de hai 3 ou 4 anos, pero creo que nos teremos que armar xurídicamente para que esto non saia para adiante. Pero ademáis hai un argumento que lles pode afectar a todos os veciños de Ribadeo…. a edificabilidade que pretendía a empresa Mahía é algo que podería hipotecar gravemente os intereses do Concello, non só desde a perspectiva da ordenación do territorio e do modelo de vila e de Concello que queremos e que dista radilcamente deste tipo de crecemento un tanto de pelotazo pero ademáis tamén este tipo de crecemento deixaría nunha sola empresa máis de 80.000 metros cadrados de edificabilidade que se lles quitaría aos veciños de Ribadeo e esto sí que afecta ao conxunto dos veciños e propietarios".
Fernando Suárez agarda que todo esto "quede nunha anécdota de mal gusto que se iniciou no mandato anterior e que colea outra vez".

20080719

Procesión do Carme



Calquera que se achegue pola praza de abaixo poderá ver a fachada do Cine Colón xa remozada. Facíalle falta. Non sei como andará polo interior, se o van tocar ou non, pero polo exterior xa pinda doutro xeito, aínda que non lle chegue a como era antes. Pronto, foto.
Hoxe é a procesión do Carme, que non vou poder fotografar. Deixo a ligazón ó video da procesión do pasado ano como recordatorio.
Onte, un acto promovido polo BNG polo do día da Patria Galega, 25 de xullo, que xa queda próximo e que supoño que celebrarán en santiago como tódolos anos.
E dúas imaxes curiosas que se poderán atopar máis ou menos os da procesión do Carme desta tarde: a primeira, a bandeira galega ondeando en Castropol, e a segunda, unha vista das Figueiras mediatizada por draga e area, algo que oculta a beleza do pobo e que pode ser premonitorio do que pode pasar en pouco tempo noutros puntos da ría.

20080718

Final das xornadas de medio ambiente


Visto que o máis importante que ocorreu onte en Ribadeo parece ser que 'encallou' o camión que traía carpa para a reunión do PP con Feijóo, non fago máis comentario que o remate das xornadas de Medio Ambiente, coa segunda parte da charla sobre urbanismo que comecei onte.
Para retomar a charla de urbanismo collo dúas citas:
- "Non podiamos actuar no dominio portuario ", referíndose a cando o charlador levaba o PXOM de Vigo. E entronco isto coa nave no peirao de Ribadeo. É evidente que non é o mesmo caso, pero reforza a miña pregunta de ata que punto o alcalde pode parar o da nave.
- "Se non deixas a dinámica de traballo normal, quédaste sen a area". Referida ás praias en xeral, lembra que non só te podes quedar sen area, senón que tamén podes ver a area convertida en fango, e así, mirar para a 'praia' dos Bloques da unha idea de que a construcción do espigón, como xa sabía Isidoro Asensio Amor, despois do peirao, non ía resultar moi aló. Por certo, que digo que xa o sabía porque na biblioteca municipal Viejo Pancho de Ribadeo existen separatas de artigos seus que así o testemuñan.

Seguindo coa charla, había unhas cantas ideas clave para levar adiante o PXOM de Vigo (e calquera outro); entre outras:
*estratexias ben definidas, a idea de unidade do territorio, é dicir, non considerando zonas cunha relación moi débil
*conferir á cidade a condición de grande espazo público (en troques de considerar a privatización do espazo, ver foto á beira)
*focalizado na calidade de vida de toda a cidadanía (xa comentei onte, as plusvalías, no mundo en que vivimos, son aceptadas e mesmo convintes, pero de aí a ser o único a considerar...)
*xestionable: Un plan que non se pda xestioar de xeito adecuado é letra morta e dos peores que se poda poñer en marcha
*con contas craras: debe de ir acompañado dun estudo que permita saber de onde se vai sacar os cartos para as actuacións, de xeito que a mesma aplicación do plan poda xerar os ingresos para automantelo. é dicir, sabendo quen vai pagar
*en equilibrio harmónico entre a preservación do medio ambiente e do medio urbano
... e cumprindo a diretiva 42/2001 da UE, contando dun estudio de manteilidade ambiental.
Cabería preguntarse cantos destes puntos cumpre o PXOM en trámite en Ribadeo, tendo en conta que son indicativos ideais.
Pasando a outras charlas, Carlos Gil, de Costas, fixo un panexírico da actuación da súa instituiń que non daba lugar a máis comentarios, despois do tema da pavimentación costeira en Lugo, e de anunciar actuacións en ribadeo: Ruta das cetáreas en Rinlo, ascensor da Atalaia (no que por certo quedoume claro que o mirador da atalaia vai quedar gravemente tocado nese ese uso), rehabilitación dos astaleiros, Alginatos e os muiños (de marea, río e vento) co paseo costeiro, e a prospección de 80m2 no castro das Grobas.
No resumo final das xornadas, quizais reseñar a necesitade de transparecia e participación de cidadáns nas actuacións da administración.
Para rematar o tema das xornadas, dicir que onte pola mañá foi o paseo en barca pola ría. Irán saíndo moitas fotos no blog sobre ese paseo. Unha mostra, a foto inicial do artigo, onde se ve o cargadoiro e unha casa ó final que pode facer pensar sobre a aplicación continuada da prohibición de construcción nos 500m de beira litoral.

Notas de prensa do concello 20080718

O 9 DE AGOSTO CELEBRARÁSE EN RINLO A QUINTA EDICIÓN DA FESTA DO PERCEBE.
Ribadeo, 17 de xullo de 2008. O 9 de agosto celebraráse en Rinlo a quinta edición da festa do percebe, que organiza a Agrupación de Percebeiras de Ribadeo, coa colaboración do Concello, a Delegación Provincial de Pesca e a Dirección Xeral de Turismo. Na presentación que tivo lugar esta mañá en Rinlo o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, asegurou que "esta festa creada hai cinco anos ven reflexar o traballo e o sacrificio de todas estas persoas, a maioría mulleres, que arriscan as súas vidas para sacar este producto do mar. Ademáis serve para poñer en valor unha das parroquias máis fermosas que pode haber no país como é a prroquia urbana de Rinlo".
O rexedor engadía que "esta festa é a actividade festeira que máis xente pode atraer a Ribadeo no verán, porque o ano pasado achegáronse milleiros de persoas que en poucas horas remataron cos 1.000 kilos de percebe que se puxeron á venda para a súa degustación. Unha cita que lle da unha proxección internacional a este evento gastronómico, etnográfico e cultural".
Fernando Suárez convidou aos veciños da Mariña de Lugo e do Occidentes astur ademáis de aos turistas que nos visiten "a achegarse a Rinlo o vindeiro 9 de agosto a participar desta quinta festa do percebe. Que se acheguen mellor pola mañá porque igual pola tarde xa se esgotou o producto".
--
O CONCELLO ORGANIZA TRES NOVOS PROGRAMAS DE PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS.
Ribadeo, 17 de xullo de 2008. O Concello de Ribadeo organiza tres novos programas de prevención de drogodependencias. O primeiro denominado Cambio de sentido desenvolveráse na Autoescola Fama desde mañá venres, e segundo explica Mónica Fernández Lamparte, responsable do programa de drogodependencias e incorporación social do Concello de Ribadeo, "ten coma obxectivo mellorar a seguridade vial entre os mozos de 16 a 25 anos que se atopan sacando o permiso de conducir. Durante unha sesión que dura entre unha e dúas horas, os rapaces visionan un video sobre alcohol e conducción e reciben información sobre as drogas, a conducción, as leis, as taxas de alcoholemia……Queremos así promover actitudes e conductas máis seguras e responsables entre os xóvenes er incrementar a percepción do risco asociado á conducción baixo os efectos do alcohol e outras drogas".
O segundo programa consiste no reparto entre pais e nais de mozos de entre 10 e 18 anos da guía Cousas que che interesan como pai/nai: guía sobre drogodependencias. "Trátase dunha publicación de 20 páxinas dirixida a pais e que pretende ser unha pequena guía para aclarar as dúbidas máis comúns e orientar respecto dun tema tan complexo como é o das drogodependencias", segue a contar Fernández Lamparte.
E por último no Concello presentóuse a campaña institucional E se che toda a ti?, que leva adiante a Subdirección Xeral de Saúde Mental e Drogodepencias que comenza estes días a ser emitida en spots de radio e tv e que consta ademáis duns dados antiestrés, carteis e desplegables que se repartirán polo Concello entre os mozos de máis de 14 anos. Esta campaña fai tamén especial fincapé no alcohol, a cocaína e o cannabis.

20080717

http://ribadeo-historia.blogspot.com/2008/07/ficha-da-reserva-da-biosfera-do-ro-eo.html


(obtido de http://www.mma.es/portal/secciones/el_ministerio/organismos/oapn/pdf/ListRB_Rio_Eo.pdf)

Do pasado ó futuro, pasando polo presente


Coido que as novas do concello-concello, unha volta postas no blog as últimas notas de prensa, non as vou tratar hoxe. Si dicir retazos pequenos de novas: que xa foi o cambio de quenda para o campus de baloncesto, a nova negativa de pacto segredo entre BNG e PP (supónse que ante a nova acusación de PSOE-UPRi), que aínda non vai desta a disposición de cartos para o remozamento do IES Dionisio Gamallo para convertelo no novo IES unificado de Ribadeo (ó xuntalo co IES Porta da Auga), e sobre todo, o anuncio das xornadas de Historia Local da A.C. Paco Lanza, que serán os días 22 e 23 deste mes e terán como figura a destacar a Antonio Raimundo Ibáñez Llano y Marqués, Marqués de Sargadelos.
Onte Daniel Pino Vicente, Director xeral do Instituto galego de Vivenda e Solo, ofreceu unha charla sobre os PXOM como instrumento de urbanismo as xornadas de medio ambiente. O certo é que me gustou, a pesar de ser apoiada nun idealizado plan da cidade de Vigo que se manifestaba, a pouco que se rascara na superficie como eso, idealizado. De calquera xeito, algunhas ideas: O PXOM como instrumento, non como finalidade. Como instrumento de análise, protección e xestión medioambiental, de participación social, de política social, de incidencia cultural, ... destacou que debera ser un documento de consenso (polo momento, o previsto para Ribadeo, éo). Pero eu entendin que esa 'participación social' non era só para construír o plan, senón que debía ser tamén como consecuencia do mesmo. Off the record, fóra, pregunteillo, e sinxelamente non me entendeu (ou non me quixo entender), co que ante a présa que tiña, pleguei.
Ben, quedou claro que se non hai participación na súa construcción, o plan é malo, e tamén que o plan debería integrar o tema do negocio que vai a poder dar lugar, das plusvalías. Dividirei o comentario da charla en dous, pero nesta primeira parte, quero deixar claro que me quedou a idea de que un PXOM é algo así como unha ponte que liga o pasado dunha comunidade, dunha sociedade, as circunstancias que son herdadas, co futuro, do que pon as bases. E iso só se pode facer mediante a consideración dos poderes, leis e posibilidades do presente. Tentar pasar por riba de parte desas circunstancias previas, das posibilidades actuais, das consideracións que deben primar que que conduza a algún sitio no futuro, é unha idiotez que redunda en perxuízo de todos, dende os que tentan de ter unha mellor calidade de vida (os máis perxudicados) ata aínda ós que tentan obter unha plusvalía (perxudicados en media, none casos aprticulares). Non o dixo así, pero así foi como me quedou a min.

20080716

Sobre as notas de prensa do concello


Hoxe comecei a poñer no blog notas de prensa do concello, que me comezaron a pasar de xeito direto. Isto ten as súas ventaxas e inconvintes, que quero compartir de xeito rápido cos que pasades por aquí. Ventaxas por estar ó tanto de todo o do concello. Inconvintes porque as notas non poden ser asépticas, e iso pode significar, se se poñen tal cual, propaganda dun determinado signo, o que non quixera facer. Por outra banda, podo pasar a poñer só aquelas que eu crea convintes ou usalas só para extraer información direta dalgunha nova. coido que esta última opción pode ser a mellor, pero vos diredes: Deixarei uns días poñendo as novas tal cual (envían tamen mp3, pero non sei onde podo cargalos para logo ligalos) e logo farei unha votación como a que está posta un pouco máis abaixo, pero referida a este tema. A parte, claro, sempre podedes facer os comentarios nesta entrada ou na que poña a votación (lembro, para quen non esteña familiarizado coas entradas, que se pode facer un comentario premendo co rato na parte do post que se indica na imaxe, ó final do mesmo; se hai algún problema, pode facerse premendo co botón dereito e abrindo noutra fiestra)

Notas de prensa do concello 20080716

O CONCELLO DE RIBADEO EDITA 15.000 EXEMPLARES DUN NOVO FOLLETO TURÍSTICO QUE XA ESTÁ A REPARTIR POLOS ESTABLECEMENTOS HOSTALEIROS DA ZONA.
Ribadeo, 16 de xullo de 2008. O Concello de Ribadeo ven de editar 15.000 exemplares dun novo folleto turístico que xa está a repartir polos establecementos hostaleiros da zona. O alcalde, Fernando Suárez, destaca "a boa acollida que está a ter o folleto que presentamos hoxe. No anverso ten o casco vello de Ribadeo e os detalles históricos e patrimoniais máis destacados e no reservo ten o que é o Concello tamén coas diferentes parroquias e os detalles máis singulares de todas elas". O rexedor considera que "este folleto era necesario, porque a pesares de ser Ribadeo un municipio turístico, a pesares de recibir cada ano a máis xente e a pesares de que tivo un plan de dinamización estes anos, non tiñamos un mapa bonito e plegable para entregar aos turistas que chegan cada vez en maior número".
Suárez Barcia engade que "se trata dun mapa que recolle íntegramente os recursos turísticos de Ribadeo desde o punto de vista histórico e poñendo en valor a nosa historia e o noso patrimonio. É moi atractivo e bonito e foi debuxado por Chencho Pardo". O alcalde asegura que estes días estánse a enviar exemplares sen dobrar deste novo folleto turístico de Ribadeo "a cada hostaleiro por si os queren enmarcar ou expoñer ao público para que o poidan ver in situ e así tamén facilitarán a visita e o disfrute de Ribadeo aos turistas xa que lles axudará e entender mellor o noso Concello".
O alcalde agradécelle a aportación económica de casi a totalidade do custe do folleto que se situou en 18.000 euros á Dirección Xeral de Turismo da Xunta e tamén á Area de Turismo da Deputación Provincial de Lugo.
Rinlo e Arante
O Concello de Ribadeo tamén fixo folletos específicos de Rinlo "dado que é unha parroquia urbana de Ribadeo e un dos atractivos turísticos máis importantes que temos", explica Fernando Suárez, "e tamén fixemos folletos singulares para a Ponte de Arante, pola súa capela e por eses frescos do século XVI que teñen un interés turístico relevante. Ademáis a Ponte foi escenario dunha batalla contra un destacamento francés no ano 1809 que gañaron veciños das parroquias de Ribadeo e de Trabada. Eso é parte da nosa historia que queremos compartir cos visitantes que veñen a esta zona este verán".
--
AS XORNADAS AMBIENTAIS DE RIBADEO SON RECOÑECIDAS AOS PARTICIPANTES CUN CRÉDITO DE LIBRE CONFIGURACIÓN, SEGUNDO REITERA O EDIL, HORACIO CUPEIRO.
Ribadeo, 16 de xullo de 2008. O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, desminte as acusacións realizadas na xornada de onte pola UPRI, nas que aseguraba que as XII Xornadas Ambientais non contan cun crédito de libre configuración. Cupeiro asegura que "como responsable desas xornadas teño que desmentir esas afirmacións xa que o poido demostrar co documento asinado polo Vicerreitor de Relacións Institucionais, Lourenzo Fernández Prieto, o 27 de xuño de 2008 despois de ser aprobado pola COAPA, a Comisión de Ordenación Académica e Profesorado".
O edil nacionalista engade que "o primeiro que lle digo ao Sr. Rivas é que ten que informarse, pero parece que calquera cousa lle vale con tal de saír nos medios de comunicación contando mentiras ou levantando calumnias. Xa o fixo noutras ocasións, e nunha que ten que ver conmigo, cando presentou unha enmenda sobre o punto limpo, o contenedor amarelo e o vertedoiro de entullos para intentar enganar á Corporación e que se votara en contra dos informes técnicos e él votou a favor da empresa que tiña menos puntos". Horacio Cupeiro pregúntase "¿por qué tanto interés en todo este tipo de marrullerías que non sei a que conducen? Eu agardo que o pobo saiba cales son os seus comportamentos e en algún momento igual podemos demostrar algunhas cousas".
--

Notas de prensa do concello

Como non costa moito cargalas, e por fin mas envían, aí van varias notas de prensa do concello:
HOXE COMENZAN OS TRABALLOS DE PINTADO DOS PASOS DE PEÓNS EN RIBADEO.
Ribadeo, 14 de xullo de 2008. Hoxe comenzan os traballos de pintado dos pasos de peóns en Ribadeo, segundo ven de anunciar o alcalde, Fernando Suárez. O rexedor considera que "hai meses que dan síntomas de que precisaban dunha man de pintura e agora se retrasaron un pouco eses traballos por cuestións metereolóxicas". Suárez Barcia explica que "este ano non se ordenou como noutras ocasións pintar con pistola a modo de darlle só unha capa finiña de poucas micras que logo o que ocorre co tránsito de coches de un ou de dous meses é que se acaba levantando esta partícula tan finiña. Este ano optamos por levar adiante unha solución técnica máis ambiciosa e máis cara que é pintando mediante paleta é dicir extendendo a pintura cunha paleta o que permite que a capa sexa máis grosa e dure máis tempo. En definitiva o que é máis caro ao principio á larda resulta máis barato e máis seguro para que non acabe despintando co paso do tempo".
Os traballos de pintado dos pasos de peóns realízanse en coordinación coa policía local.
Zona azul gratuita
O mércores cando remate o mercado semanal "actuaremos en Doutor Moreda para proceder ao pintado da zona azul gratuita que implantaremos en breve. Un sistema que aprobamos en pleno hai pouco e que xa estivo a exposición pública sen que finalmente se presentaran alegacións, polo que xa está vixente. Só falla pintar a sinalización horizontal e colocar as sinais verticais. Esta ORA será un bó acicate para o dinamismo desta ampla zona comercial de Ribadeo que forman a rúa Doutor Moreda e as inmediacións da Praza de Abastos. Así se poderá dinamizar o aparcamento de coches e as 70 prazas existentes darán máis xogo despois de estaren rotando cada fracción de tempo", explica o alcalde.
Fernando Suárez cre que "en poucos días Ribadeo estará formalmente pintado nas zonas estratéxicas e máis importantes da vila".
--
O CONCELLO ESTABLECE ALGUNHAS NORMAS PARA O DISFRUTE DO PARQUE DE SAN FRANCISCO.
Ribadeo, 14 de xullo de 2008. O Concello de Ribadeo ven de colocar carteis no parque de San Francisco con varias advertencias. Na parte máis próxima ao Concello está prohibido xogar á pelota e circular en bicicleta ou patinete porque se trata dunha zona pensada para o descanso e o lecer dos maiores de Ribadeo.
E na parte do parque que está preto da Igrexa prohíbese a entrada de cans, pídese respeto para o medio ambiente e que se empreguen as papeleiras para despositar o lixo que xeneran os nenos e os pais que os acompañan a disfrutar desa zona de xogos infantís. Ahí sí están permitidos bicicletas, patinetes, balóns…….
--
O PLENO DO CONCELLO APROBOU A PETICIÓN DE ZONA ARI PARA RINLO E A ADHESIÓN AO PROXECTO DUN NÚCLEO DE SOSTIBILIDADE EN RIBADEO.
Ribadeo, 15 de xullo de 2008. O pleno que onte celebrou a Corporación Municipal de Ribadeo aprobou o expedente de petición de área de rehabilitación integral para Rinlo. O alcalde, Fernando Suárez, di que "agora iniciamos un proceso que agardamos que a Xunta dentro de pouco tempo declare formalmente a Rinlo coma zona ARI e que poida ter acceso a axudas importantes por parte do Ministerio e da Consellería de Vivenda".
Na sesión plenaria analizóuse o convenio asinado entre o Ministerio de Fomento e o Concello para a financiación do proxecto de obras de mellora dos tramos urbanos da rede de estradas do estado no termo municipal de Ribadeo e a transferencia de titularidade dos mesmos. Conta Fernando Suárez que "a Demarcación de Estradas de Galicia lle cede ao Concello eses tramos e unha partida de máis dun millón de euros que teremos que investir entre os anos 2009 e 2010".
A Corporación aprobou por unanimidade a adhesión ao proxecto de implantación dun núcleo de sostibilidade en Ribadeo "que era o que requería a orde. Agora instamos á Xunta, á Consellería de Medio Ambiente, para que nos otorgue estas axudas de municipio sostible para o cal se fixo un proxecto bastante ambicioso que plantexa a colocación de paneis solares na piscina municipal de Ribadeo, así coma outras actividades de educación ambiental sobre todo para os máis pequenos. Agardamos que Ribadeo poida ser un dos cinco concellos que aspiran a ser núcleo de sostibilidade", explica o rexedor ribadense.
--
FERNANDO SUÁREZ TILDA DE POLÉMICA E INOPORTUNA POR OPORTUNISTA A PREGUNTA QUE ONTE LLE PLANTEXOU NO PLENO A UPRI SOBRE AS POLÉMICAS CUMBREIRAS DE RIBADEO.
Ribadeo, 15 de xullo de 2008. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, tilda de polémica e "inoportuna por oportunista a pregunta que me plantexou o voceiro da UPRI o Sr.Rivas sobre cando se ían dar as licencias de primeira ocupación a eses edificios que teñen as cubertas mal feitas". O rexedor lembra que "todos os grupos, a través dunha folla de ruta que plantexamos de xeito unánime, quedamos en que unha vez que se peche o período voluntario de pago de todos eses expedientes procederáse a dar licencia de primeira ocupación. E poñíase no seu momento coma referencia mediados do mes pasado pero sempre, e así consta na acta realizada polo secretario, despois de pechado o período voluntario de pago".
Fernando Suárez asegura que se produciu un desencontro co voceiro da UPRI no pleno de onte "porque e dígoo ben alto e ben claro e sen ningún de rubor parece que está máis defendendo os intereses dalgúns promotores que os intereses dos veciños de Ribadeo ou sobre todo os asuntos de interés xeral. Nós como grupo de goberno non nos imos aparcar do consenso que entre todos buscamos e agora ben o que non aceptamos son oportunistas nin defensores de intereses oscuros como é o que está a facer o voceiro da UPRI en casi todas as súas actuacións. Só se preocupa de intentar resolver ou sacar das castañas do lume a aqueles promotores que teñen cuestións pendentes co Concello, e non o digo eu senón que o dicen os técnicos municipais, dino os informes técnicos do arquitecto, os informes técnicos do secretario, os informes técnicos dos instructores destes expedientes...".
O rexedor engade que "eu creo que as cousas se poden facer ben e con consenso e que se cheguen a rematar nun prazo razoable que é o que pretende este goberno e o resto dos grupos da Corporación tamén perseguen o mesmo. Por nós non imos faltar a esa palabra, pero agora xa estamos un pouco fartos de oportunistas que se adican a defender intereses oscuros e espúreos, pero él saberá e deberá darlle contas á cidada"
--
O ALCALDE ORDEA CORTAR UN CAMIÑO DE TITULARIDADE MUNICIPAL QUE ESTABA A SER EMPREGADO POLOS CAMIÓNS QUE TRABALLAN NAS OBRAS DA AUTOVÍA A-8.
Ribadeo, 15 de xullo de 2008. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, ordeou nas últimas horas cortar un camiño de titularidade municipal próximo á cooperativa dos Irmandiños que estaba a ser empregado por camións de grande tonelaxe que traballan nas obras da Autovía do Cantábrico, no treito entre Reinante e Ribadeo. O rexedor asegura que a Policía Local advertíulle desta posibilidade á empresa OHC e aos camioneiros que transitaban pola zona "dixémoslles que cortaríamos o camiño ata que depositasen a fianza correspondente que establecerá o arquitecto municipal. Unha medida que non ten un afán recadatorio. O único que queremos é que se respeten as vías públicas porque despois todo son boas palabras e un día marchan e os que quedan co paquete das estradas en mal estado somos os veciños e o alcalde". Fernando Suárez engade que "diante do incumprimento desa indicación verbal din a orde de cortar ese camiño prohibindo o acceso a eses camións baixo a miña responsabilidade e si queren levarnos ao xulgado poden facelo. Por parte do Concello non se autorizará o paso de camións de grande tonelaxe nin desta obra nin doutras que poida haber ,que nos estropean os camiños municipais, sin que teñan depositada unha fianza que poida responder dos danos que poidan ocasionar neses viais públicos. Que non hai desperfectos a fianza devólvese e aquí paz e despois gloria, pero entretanto esto non é nin Mozambique nin Tanzania nin un país tercermundista. Esto é Ribadeo e aquí as cousas están regladas".
O alcalde de Ribadeo lembra que o vial en cuestión "xa foi fonte de polémica hai uns meses por parte da empresa FCC que fixo o tramo de autovía en Ribadeo e que estropeou ese camiño e outros moitos que logo deixou a medio reparar, algo que a día de hoxe temos prácticamente impugnado. Houbo un acordo entre os diferentes grupos para pedirlle á Demarcación de Estradas que se faga cargo desta reparación ou que lle ordee a FCC a que a realice. E agora con todo esto coleando e sen resolver voltamos a sofrir unha situación similar".
--

Feísmo?





Quen dí feísmo? se nos habituamos a ver de contínuo cousas feas, seremos inmunes, sería como se pouo a pouco esas cousas pasaran a ser normales, non feas. Aínda nalgús casos, guapas, belas. Algo deso está xa a pasar na actualidade en zonas de Galicia, e veremos o que se fala esta tarde nas xornadas de medio ambiente sobre 'o feísmo' . En realidade, o título da mesa redonda é algo así como 'actuacións ambientais sustentables na costa de Lugo'. A cousa é, hai diferencia? Deber, debera, e moita. Actuacións non son edificacións nin construccións de paseos marítimos a 'tuttiplén', o ambiente non é o cemento e a sustentabilidade é algo que se persegue, pero que polo momento anda moi, moi escasa, sendo adulterada tanto en concepto como en palabra.
Pode que polo tema da enfermidade do feísmo (é dicir, non só, pero tamén) sexa bo pasarse por algunha das exposicións que hai estes días en Ribadeo. Onte pasei pola da Casa das Letras a ver a exposición de Luisa López Santos-Santiago e coido que me gustan os seus extremos. Tanto o movemento da oleaxe como a abstracción da quietude nas liñas dos edificios estilizados. E non sigo: coido que as exposicións son para ver ou para contar en profundidade, e agora mesmo non vou facer ningunha das dúas cousas.
Remato de novo co pleno. Houbo unha cousa que parece que se me escapou entre o mal que se escoita e o pouco esforzo por que se escoite que di José Mª: a multa imposta por 9015€ a mármoles Eo por incumprimento da normativa acústica. Sácoo da prensa de hoxe, despois de saber dende hai hai tempo que a licencia fora anulada de xeito xudicial (está recorrida). En fin, parece que o concello se move: calquera día destes ata lle pon unha multa a algún pub que non teña licencia de pub e que ademáis aínda así incumprira a normativa de ruídos e de horario.
Do pleno quedaba tamén a resposta ás preguntas de O Tesón:
"1.En relación ó horario de funcionamento da Biblioteca Pública Municipal Viejo Pancho, tema que xa foi preguntado hai meses, e visto que non hai variación de horario respecto a outros anos, continuando a ter un tempo de uso abondo reducido para os escolares e para o público en xeral, solicitamos coñecer se se realizou algún estudo de necesidades de ampliación de horario, e as disposicións do mesmo cara ó futuro."
A resposta foi a cargo de concelleira de cultura, indicando que este ano se contrata unha persoa para cubrir vacacións e para aumentar o horario en agosto.
"2.Ante a resposta pública dada hai poucos días polo sr. Alcalde sobre o funcionamento futuro do ascensor da Atalaia, incluíndo que non está previsto ascensorista, e para un coñecemento máis detallado do tema, solicitamos coñecer se existe algún tipo de estudo ou informe sobre a viabilidade económica de dito proxecto, ou algún coñecemento fundado do concello dos gastos que vai representar o seu funcionamento para as arcas municipais e as vantaxes para o desenvolvemento da vila nun momento no que se tende a pechar o porto, con carteis diverso prohibindo o paso. É dicir, ten coñecemento fundamentado de que a execución do ascensor é asumible e convinte?"
O ascensor non ten un estudo de viabilidade, pero tampouco se vai pechar o paseo marítimo Alfonso Rodríguez castelao, xa que é de Costas e non de Portos. Cree o alcalde que non debe haber ascensorista, e di que o concello asumirá os gastos de mantemento mediante a típica cuota trimestral por contrato cunha empresa, como se fai en calquera outro ascensor. Especulou sobre unha posible concesión na oficina de turismo dos baixos da estrutura para que poda ter venda dalgúns produtos (refrescos, recordos, ...) e ó tempo ter algo de man o ascensor. Non embargantes, engadiu, a axuda para obra non se limita ó ascensor, senón que abrangue o remozado das rúas adxacentes, rematando 'quero entender que os beneficios van ser superiores'.
Polo medio, indicou que este ano non concederan a subvención para o ascensor no concello, que quedará de pronto sen el.
A fotos, tres de 'xardíns colgantes de ribadeo', e a outra, dunha das moitas cousas do pobo que se me escapan e que se lle escapan tamén á prensa en xeral. Neste caso, o aviso da restauración do órgano da igrexa a conta de Caixa Galicia.
Outra cousa que tampouco vin moi anunciada nos xornais é que hoxe é o pregón do Carme, ás 20:30, do que me enterei porque a xente da banda que vai gravar á Coruña a banda sonora para 'Os mortos van ás présas' debera estar aquí para unha actuación co gallo desa presentación.