20090106

Datos


A oferta de datos sobre a xestión que sufrimos ou desfrutamos non é moi abondante. Máis ben é rácana cando non decididamente negada. Hoxe martes saen na prensa varias novas asimilables ó tema. Dende unha na que o alcalde afirma non coñecer o futuro trazado da liña de alta tensión pola que asinaron 168 viciños, pero que se oporá se incumpre a lei (que faga falta dicir o anterior xa é un síntoma das necesidades da democracia actual), ata os datos de uso do porto do ano pasado. Os outros temas, para outro momento.
Respecto ó da liña, non se opoñía o BNG nas municipais á liña Boimente-Pesoz? e non pideu o BNG en Madrid que se retirara o proxecto? Son cousas que me dixeron no seu momento que que coido que veñen a colación, de non mediar un estudo e unha difusión das circunsaticas maior da que está a haber. Por certo ademáis, non ten que ter nun prazo curto o alcalde a información que di que non ten sobre a liña? coido que ise prazo xa pasou. E de novo, a falta de información pública, ós que non só somos administrados, senón a base do poder que se delega nos políticos, embarulla un proceso que debera ser limpo.
Respecto ó peirao, unha síntese para o 2008:
Menos barcos que o ano anterior, 76 navíos relacionados coa celulosa, 58 relacionados con outras mercadorías (pino -madereira-, cebada, millo -Os Irmandiños- area de mina, magnesita, carozo de pino e sal.
A tonelaxe media, entre 4 000 e 4 500 tm (superior ó ano anterior)
O peirao de Ribadeo está infrautilizado boa parte do ano (mentras se trata de potenciar os pesqueiros da provincia para o seu uso como de mercadorías)
O mal tempo fixo que en decembro só se fixeran labores de dragado 9 días.
A parte, coido que non está de máis ver os comentarios deixados en http://ribadeando.blogspot.com/2009/01/post-festas-e-agasallos-de-reis-do-blog.html, de paso que nos preguntamos cousas como se está infrautilizado, para que unha ampliación, por exemplo.
Unha relación cos anos anteriores ou previsión estudada de futuro e posibilidades de desenvolvemento comercial, polo momento está ausente. Nin que dicir dun estudo conxunto de desenvolvemento da zona. O que si está presente é que este ano o porto será máis rendible...
A foto, da draga, raiña da entrada ó porto.

2 comentarios:

Luisito dixo...

¿Este año 2009 el puerto será mas rentable? ¿Que ocurrirá en 2010, 2011?

¿Cual es el futuro de Os Irmandiños? Gracias a nuestros políticos (antes el PP, y ahora con el BNG+PSOE, de los cuales se esperaba más, por estar en la conselleria de medio rural, gente que estuvo en el SLG y que ahora les dan la espalda a los ganderos), en unos 7,8 años no quedará ni una vaca de leche en la comarca, lo que supondrá el cierre de Os Irmandiños (sino tiempo al tiemp). Así lo quisieron los políticos y la gente de "corbata y traje"). Piensos Xa le espera el mismo futuro que a Os Irmandiños. Menos tráfico para el puerto de Ribadeo.

¿Pesqueros? ¿Cuántos quedan? Cada día menos, es un sector que el igual que los ganaderos va a menos gracias a nuestros políticos que no supieron mantenerno ni hacerlo crecer cuando tuvieron la oportunidad.

Entonces yo me pregunto: ¿Si no potenciamos el comercio, la industria que nos rodea, quién va usar el puerto de Ribadeo? ¿La lancha de Pedro y Antonio que salen todas las noches (cuando el tiempo es bueno) a coger calamares en Castropol y en las costas de Tapia?

----
Por cierto: Se publica en La Voz de Galicia que Ence-Navia va duplicar la producción. Pero no dice nada, acerca de que ha parado de comprar madera. Los Costiñas (de A Mariña) dejaron hace unas semanas de comprar madera para Ence-Navia. Ence-Navia dice que va tirar por el suelo el precio de la madera por los stocks que tienen. ¿Entonces doblamos la producción --> Aumenta la demanda de materia prima --> Tiramos por el suelo el precio de la materia prima? No me cuadran las leyes de la demanda y oferta o quizás no me cuadren las ideas o propósitos de Ence-Navia.

Herba d´eiquí e d´acolá dixo...

Dacordo con isto, e puntúo, que o recheo do porto comercial é máis que innecesario, xa que non ten outro uso agás o de servir de aparcadoiro de dúas grúas e catro botes, que poderían estar noutro lado.Dá vergoña.
Por outra banda, falando do clube náutico, de corte xa case semimafiosa: estanse a construír novos pantaláns, supoño que non haberá máis, pois tampouco hai onde poñelos (prefiro nin pensar que se lles ocorrerá para ter onde os pór). O máis chamativo é que hai 2 pantaláns baleiros, que só se enchen no verán,en 2 semanas. De feito a maioría dos barcos case non se usan ó longo do ano, e están a ocupar plazas e espazo do que era un fermoso porto.