20090107

De algo que non foi e poido ser

Unha entrevista onte a David Antonio López Álvarez lembroume a súa historia. Recolector de cunchas (unhas 1 500 nestes momentos) primeiro, e logo de insectos e fósiles, con 38 anos ten unha colección envidiable. E museable. Xa dende hai tempo, fixera unha oferta para manter un espazo de exposición permanente en Ribadeo. Ata agora non o ten. Si mantén, por exemplo estes días en S. Cibrao, exposicións en itinerancia por Asturias e Galicia. Algunha vez teño falado con el para facer algunha exposición no IES, e se ten feito. Fai xa anos levantara a expectación na Feira da Ciencia na que se espuxo. Coido que foi a última vez que se viu a colección en Ribadeo.
Tampouco esta mañá parece que poidera ser a xunta de voceiros feita para falar do Plan de Solo da Xunta. PSOE e UPRI expresaron a súa disconformidade por ser debatido antes do pleno, e marcharon.
A resposta do voceiro do BNG di que acusan de falta de información cando se lles pretendía dar información. Ó mellor, é que xa é algo tarde para facer as cousas dese xeito, sen comezar o proceso a partires de cero ou cunha información moito máis ampla de comezo para todo o mundo.

1 comentario:

Lady Caverna dixo...

Teño entendido que unha exposición permanente, segundo o ICOM, ten carácter de museo. Sería un verdadeiro luxo poder gozar desa magnifica colección de cunchas pero estaría moito mellor que se contara tamén con salas para exposicions temporais, asi garantiriase que artistas locais tiveran un lugar donde dar os seus primeiros pasos.