20090130

Os 170 da fama

Anuncian que aínda seguen 170 familias sen luz. E vai para unha semana. No mesmo xornal, Begasa anuncia roubo de gasoil dos xeradores. Mentras unha nova fala de resistencia á vella usanza e ineficiencia nas empresas, a outra inclúe a picaresca de sempre, mentras avisan de novos ventos. Anuncio que en Ribadeo non se ve acompañado da predicción meteorolóxica para estes días, o que fai preguntarse de novo por como se toman as decisións, lembrando o que pasou cos escolares o vennres pasado.
Mentras, comeza a festa en Madrid, con Fitur, onde onte algúns hostaleiros viveirenses déronse conta de que isto das tres mariñas é un reino de Taifas, alomenos para algunhas cousas (aí está apra lembralo ese monumento do xa vello edificio do parque de bombeiros comarcal): Viveiro non pertence á delegación mariñán e non poideron deixar os seus folletos cos dos hostaleiros de Foz ou Ribadeo, mentras as novas apuntan a que o turismo na zona seguirá tendo tirón (aínda que ben seguro non tanto como o pintan desde Madrid co motivo da Feira). E é que é doado ver as cousas ben dadas cando se dan determinadas circunstancias, como por exemplo, se é político a están achegándose unhas eleccións nas que intervir.
No comentario anterior podería inscribirse a nova de que o próximo ano, a comezos, espérese inaugurar o parque industrial de Ribadeo. Hai todo un ano e xa está adxudicado, polo que sae xa a nova na prensa. De calquera xeito, a precaución fai que polo medio do titular, quede un 'podería', e non é estrano se se ten que construír unha subestación eléctrica aínda para alimentar as 18 Ha e aínda non se ten nova nin de por ónde se pretende pasar a liña eléctrica por onde se lle quere facer chegar a corrente. Todo pode ser, pero evidentemente, hai cousas difíciles, e que o polígono esté coa liña de saída para o funcionamento de empresas dentro dun ano é unha delas. Que se inaugure, isa é outra cousa diferente. Por certo, que chama a atención que na adxudicación se aforraran 1,7 M€, quedando ó final en 4,2 M€, un aforro de case o 30% sobre o prezo de saída en plena crise da construcción. Non ter por que ser unha má nova, nin moito menos, pero pásaseme pola cabeza o edificio parado no CIFP Porta da Auga dende hai xa máis dun ano pola quebra dunha das empresas da cadea da concesión, unha subcontrata.
E, mentras, Ribadeo segue anunciando inversións autonómicas. Para o Camiño norte, o albergue de peregrinos na r/ Trinidade, por exemplo, ou o remate das obras da r/ Deputación, aínda que iso ... cando algo tarda tanto, cando chega é normal ser incrédulo.
Máis lonxe, anuncian que en Galicia aínda quedan varios miles de familias sen luz (as 170 son na Mariña) e a nova curiosa do contrato de 33 porteiros para un edificio con dúas -2- portas. Moito máis lonxe, por primeira vez se ven máis novas do Foro Social Mundial na prensa que do Foro Económico Mundial de Davos, o que non deixa de sorprender depois de estar a economía omnipresente nas novas do ano pasado.

Ningún comentario: