20090106

Post festas e agasallos de Reis do blog








O acto do desfile de Reis marca o final das festas públicas; queda o día de Reis para as privadas, e logo, a rutina diaria.
... no blog, os Reis trouxeron algunhas fotos recollidas esta mesma semana, máis unha nova e unha referencia:
* o Telecentro, Rúa Antonio Otero,15, Ribadeo 27700, Teléfono: 982 120 732, debera dispor de DVD co novo sistema linux 'Galinux'. Aínda non o comprobei (por iso o de 'debera'), pero pronto o farei.
* Levo un tempo observando baixando baixadas bruscas de velocidade de internet a 0 que me impiden concectar (gostariame saber se a vós tamén vos ocorre) mentras que ó instante seguinte observo ratios altas (como na captura de pantalla do final da entrada). Para ir medindo, un enderezo da Asociación de Internautas co medidor de velocidade de internet.
en canto ás fotos, por orde:
Caramelos da cabalgata (colección pouco numerosa).
Fogos de artificio despois do discurso real (... quizais porque a choiva respectou abondo).
Os bancos que ó final se repuxeron no eucaliptal á beira do Forte de San Damián.
Escombros en pleno casco vello (nas terras que se queren poñer como solo residencial polo plan da Xunta).
Unha imaxe de fondo de ría dende o camiño do cemiterio.
E o reloxio do cargadoiro coa punta marcadora rota.
... Como se colaron a foto última e antepenúltima? Pois como os carbóns no medio dos agasallos de Reis...

3 comentarios:

Anónimo dixo...

La vuelta a la rutina después del día de reyes: Yo ya trabajé ayer (día 5), el 30, 31, el 22, 23. Asi que supongo que no dejé de lado la rutina en ningún momento. Y si tuviera que ir trabajar hoy, iva, porque estoy encantando con el trabajo.

----
Referencia a la noticia de La Voz de Galicia sobre el puerto de Ribadeo (Noticia sensacionalista).

""Ribadeo presenta varias ventajas frente a El Musel. Torviso apunta algunas: costes más económicos y ser un puerto limpio, algo fundamental dadas las características de la pasta de papel que produce Ence-Navia.""

¿Quién se cree eso? ¿Costes más económicos? Es muchisimo más barato el transporte por ferrocarril desde El Musel hasta Navia, que el transporte por camión desde Ribadeo hasta Navia.

""El caso es que en breve la papelera naviega va a comenzar a producir más, mientras el ramal ferroviario está en fase de estudio y se calcula que no estará concluido hasta dentro de dos años..""

Lo dicho, el puerto de Ribadeo tiene la vida contada.

agremon dixo...

Ola de novo, Luisito. Con volta á rutina referiame a 3 días festivos en tres semanas consecutivas. aínda que non se esteña de vacacións, rompen o ritmo.
En canto á nova que aputnas, nestes momentos estón facendo algo sobre o tema. grazas polos apuntes que fas.

agremon dixo...

Complemento. Para os que aínda non usen Linux senón windows, cdlibre (http://www.cdlibre.org/) pon a disposición todo un catálogo de programas libres (http://www.cdlibre.org/consultar/catalogo/index.html), é dicir, con licenza libre (que permite usar, modificar, reusar, compartir, ...). ver nova orixinal en http://softlibre.barrapunto.com/article.pl?sid=09/01/06/010228