20090309

Derrumbe da Atalaia

Hoxe luns, a mediodía, a obra do ascensor da Atalaia sufriu un derrumbe que por sorte non afectou ó persoal. Nas fotos vese a obra, o derrumbe separado da 'limpeza' feita do muro para a obra e a parte baixa coa terra afectando por exemplo a un contedor. Parece lóxico pensar que antes de facer obras, e despois da limpeza, habería que asegurar o talud, pero non se fixo así. O cacho afectado corresponde a un saínte da Atalaia que queda así perto do extraplano, con novo perigo de derrumbe da aprte afectada do mirador. Antes do derrumbe, alí era o sitio onde se observaba mellor a antiga muralla da vila.



Ningún comentario: