20090430

Vándalos

Calexón entre Rodríguez Murias e Pasarón y Lastra: contedor queimado, máis ben estoupado segundo parecía esta mañá (mágoa de cámara!) na parte alta do calexón, á beira dun oco na parede de Kiddy's Class. A parede pode verse queimada aínda agora, xa ó mediodía. Poido arder dun xeito doado todo o edificio de entrar o lume na tenda, algo que estivo a piques de ocorrer a xulgar pola separación que tiña a tenda e a rúa esta mañá, pola que se albiscaba o interior.
Non é a primeira vez que os vándalos actúan, pero desta tomarase medidas pola gravidade que supuxo. A parte de que podan obterse máis datos dos causantes ó ser unha zona céntrica. Verase a efectividade das pesquisas que xa se teñen iniciado.
Unha compensación simbólica: Os mortos, a peli gravada en Rinlo, ten 15 nominacións para a gala do audiovisual galego que se celebra esta noite, os 'Mestre Mateo'

Nota de prensa sobre a liña de alta tensión

PROMESAS E REALIDADES No momento de escribir estas liñas xa pasaron once dias dende que rematou o prazo de presentacions de alegacions ao proxecto de subestación electrica. O proxecto da liña de alta tension segue sen sair a exposición publica, pero xa se coñece porque BEGASA mandou aos seus apoderados polas casas a negociar cos veciños, que, por certo, rexeitaron masivamente a negociacion. Agora gustariame poñer a moviola: O dia 31 de decembro de 2008, 163 veciños presentaron un escrito no concello solicitando información. Este escrito non prantexaba a mais minima critica da actuación municipal (entre outras cousas porque se descoñecia). O dia 5 de Xaneiro o Sr. Alcalde resposta aos veciños na paxina web do concello. Agora imos a prescindir da ultima frase de ese escrito onde fai referencia ao que “pretenda azuzar a rio revolto”. Imos lembrar somente as promesas : “… cumprir coa normativa de distancias dos núcleos de poboacion…se fixera a maxima separacion posible…” “…agardamos recibir nos vindeiros dias… se podera avaliar …” “e se tera que informar por si algunhas cousas que non se axusten a esa normativa” e mais adiante: “… polo tanto o noso criterio e defender aos veciños sempre…”. Como vemos, suprimindo esa frase insultante, temos un alcalde que se preocupa dos veciños, que agarda avaliar o proxecto, cando o teña (xa o tiña dende un ano antes pero non o sabiamos), que o seu criterio e defender aos veciños sempre etc. O proxecto de subestación estivo a exposición publica dende o 19 de Marzo ata o 21 de Abril (anque en realidade no concello de Ribadeo faltaba gran parte da documentación). Agora podemos preguntarnos: ¿Qué fixo o Sr. Alcalde nestes tres meses para defender os intereses dos veciños, como se comprometeu por escrito o dia cinco de Xaneiro? E ¿Qué fixo no periodo de exposición publica? ¿Leu o expediente? ¿Fixose esa avaliacion prometida? ¿Cumprese a normativa cas distancias no caso da subestación?¿Presentou algunha alegación? ¿Tomou conta da enorme preocupacion social pola alta tension?. ¿Esta dacordo co proxecto de subestación? ¿Parecelle correcto que saia a exposición publica unha subestación sen lineas de entrada nen de saida? ¿Pensa que esta documentada a utilidade publica do proxecto e a ocupación do monte comunal? ¿Pensa que se poderia discutir e avaliar o posible soterramento?. Agora rematou o prazo de alegacions e pasou o tempo das promesas e das palabras. Si o Sr. Alcalde, como prometeu, pensaba defender os intereses dos veciños tera estudado estas preguntas e as suas respostas e moitas mais cousas que nos non sabemos, porque para eso esta liberado e conta con moitisimos mais medios que o movemento veciñal. Tera presentado algunha alegación, porque todo proxecto e mellorable. Pero as declaracions dos responsabeis municipais, como se pode apreciar a diarionon van por ese camiño desgraciadamente. Hoxe, once dias despois de rematalo periodo de exposición publica da subestación non se cumpliu unha sola das promesas escritas do polo Sr. Alcalde o dia cinco de Xaneiro. A realidade e que a estas alturas da xogada os abogados de BEGASA xa teñen copia das nosas alegacions, que estudian punto por punto para rebatilas. Porque unha cousa son as promesas e outra as realidades. Evaristo Lombardero Rico

Baixa o río revolto






Chove en Ribadeo. E baixa o río revolto. Por unha beira o trazado da liña de alta tensión xa ten levado a acusacións de diverso tipo, e segue, aumentando e apostando por forzar variacións sen ter conta o goberno municipal. Por outra, a avaría da patrullera de Ribadeo, que segue fastidiada despois do intento de saída de hai case un mes, será motivo dunha interpelación ... no Senado, a cargo do PP; sorprende un pouco que sexa unha serie de preguntas das que máis ou menos xa se coñecen as respostas, e non en todo caso outro tipo de intervención.
Menos mal que na fin de semana, despois da exhibición de onte no Hernán Naval co motivo do día Internacional da Danza, e hoxe as 24 no Pub Colón a actuación de Zora Gabbara, temos as Quendas en Mondoñedo; os diversos actos arredor de Calvo Sotelo; pensando na semana de traballo, o concello convoca un posto de axudante de oficinista ('administrativo de apoio') e outros cinco na área de labores de medio ambiente, aínda que todos sexan por uns meses; o domingo, de novo teatro coa obra Extraradios; por suposto a feira do parque, coa maior carpa que se lembra alí (ver as fotos da carpa que eleva xa de novo a máis de 1 cada 4 días de ocupación do parque por carpas); a posibilidade dun paseo pola montaña veigueña ... como para preguntar se alguén da máis.
En canto ás fotos, comezan coa nostalxia do desguace dos escaparates da Innovación, que tivo lugar onte, para continuar cun cartel no cine teatro que supoño que será debido a algunha subvención, pero que non sei en concreto a que, e as fotos da carpa no parque, interrompendo por completo a circulación por el.

20090429

Vivir aquí e Google

Polo que parece, hoxe, 29 de abril, no programa vivir aquí, aparecerá o tema de 'ría de Ribambo' en Google. Ligazón á tv:
http://www.crtvg.es/reproductor/inicio.asp?canal=tele&hora=30/04/2009%2023:22:05&fecha=29/04/2009&arquivo=1&programa=VIVIR%20AQU%CD&id_programa=381

Invasión Calvo Sotelo

A moitos pareceralles unha herexía, pero coido que algo de invasión si que ten. A homenaxe a Calvo Sotelo está a tentar monopolizar a vida ribadense ata despois de celebrado. Chegáronme novas (que naturalmente non poderei confirmar ata a fin de semana) de que mesmo A Comarca vai ser un monográfico adicado ó persoeiro. Os diversos apartados da celebración da fin de semana saltan por riba do un de maio, a pesares da situación económica, e xa son nova os cargos políticos que asistirán, en consoancia cos folletíns políticos que se están a voltar cada vez máis frecuentes. A prensa segue a falar do altorelevo en Porcillán, pero ó tempo vin só unha vez plasmado en papel o importe que coido será maioritario (non sei canto vai valer en total), o institucional, en concreto o da Deputación, 15 000€. E descubro que haberá asemade un libro de homenaxe. Así, con estas verbas, súmome eu tamén ó case monopolio que cito...

... deixando un lugar para a iniciativa do CCA de adicarlle os carteis promocionais do día da nai a ilustres mulleres ribadenses, aínda que non lle teña sacada a foto ó cartel que xa está exposto dende comezos de semana.
Mirando un pouco máis aló de Ribadeo, os promotores inmobiliarios parece que teñen a idea de que as leis están basadas na economía, e 'Consideran que se lexislou pensando "só" en tempos de bonanza económica'. Coido que é un dos temas nos que o novo goberno dixo menos polo momento, como se estiveran esperando, a velas vir, sen unha idea clara. Como se a estrutura das cidades e vilas debera de cambiar, ou a natureza amoldarse en función dunha maior construcción aínda que non contemple as necesidades de vivenda. Parece que a conclusión é que cartos hai, pero ideas para gastalos, non, e que a concentración de cartos fai inviable outras saídas máis repartidoras ou democráticas.

Deixo dúas imaxes, ría enrexada e ponte resaltada, produto da visita do outro día a Mariñarte. Por certo, ampliables; algo que cito debido a que últimamente estou a rebaixar tamaños e calidades para non encher antes de tempo o repositorio de fotos do blog.

20090428

Sen acceso

Hai xa máis de dous meses que O Tesón dirixiuse ó concello e á opinión pública lembrando o feito de que non hai baixada dende a autovía, en sentido Asturias, en Vilaframil.
Hoxe aparece na prensa, e onte foi comunicado mediante nota de prensa do concello, que está previsto que a cousa siga así durante moito tempo. Cun pouco de ironía, que tal pedir un puco antes de chegar á única saída nese sentido cara a Ribadeo, figure unha aclaración de 'única saída'? Coido que algo así terá que suceder, despois da negativa no mandato de dous ministros diferentes, aínda que pola resposta e a súa orixe, a decisión non parece estar tomada en Madrid, senón en Galicia.
É algo no que coido que conicide todo o pobo: de estar feita a autovía, e funcionar as glorietas de Vilaselán, a saída a Ribadeo, en ambos sentidos, ten que ser por Vilaselán. A outra saída foi concebida para a circunvalación. A máis, de catro saídas posibles, o deixar só tres é algo que non se entende.
Polo demáis, Ribadeo séguese a mover, aínda que non sexa con novas realmente novas: a concesión da medalla a Calvo Sotelo onte en Pleno Extraordinario e a fixación da placa en Porcillán. O pleno tivo outros puntos por algo que é recurrente: periodicamente aparecen causas polas que non se sabe que terreos pertence ó concello e cales non. Soen ser pequenas cousas, pero coido que os rexistros de propiedades deberan facerse mediante unha base de datos normalizada; está visto que moitas cousas, tanto materiais como normativas se perden na maraña de papeis do concello ó pouco tempo de ser aquiridas ou acordadas, e que seguirá a ser así mentras non se faga dun xeito estandarizado o rexistro correspondente. É quivalente nunha casa, ó desorde simple e llano.
Outra nova é a da licitación para demoler o baixocuberta no edificio que alberga o Eroski, algo que xa leva moitos anos coleando e parece que vai chegar ó seu fin.

Aínda máis, de novo o paseo das Aceñas, lembrando o seu pronto comezo, e algunhas das súas características. Deste xeito, habería uns cantos quilómetros de posible camiñata entre Aceñas e Illa Pancha, salvando a zona do porto, que hai que esperar que alomenos contemple un paso de peóns para poder meterse na beirarúa recén feita para comunicarse coa zona dos bloques, e un final da beirarúa que permita acoller o paso (ver foto ampliada). Polo momento, o resto da costa ribadense ata Rinlo váise salvando das 'melloras' de costas.

20090427

Entre unha e outra semana


Comeza unha semana curta, o un de maio é festivo. Pero unha semana que presaxia diversos eventos. Dende a homenaxe a Calvo Sotelo os días 2 e 3 ata a feira do Queixo, Pan e Viño, dende o día 30 e para o que xa hai instalada no parque unha carpa (imos sumando días, dende o venres, sumados ás anteriores veces, xa pasa do mes). O díptico á beira pode ser ampliado premendo co rato sobre el, ata un tamaño lexible.
E, na fin de semana pasada, poidemos ver á xente de Adega pedindo sinaturas para a protección da costa. O resultado foi bo en porcentaxe de votos, pero escaso no seu número: só votou unha persoa en contra da proposta de conseervación da costa, pero en total fixéronno pouco máis de cen persoas. E é que a organización non estivo a altura das circunstancias: comezou moi tarde de xeito que cando se deu levantado o cartel con fotos que aparece na imaxe, xa era perto da unha do mediodía, cando estaba pensado para que ás doce a cousa estivera en marcha.

Esta fin de semana tamén foi a última desta edición de Mariñarte no forte de San Damián, e por problemas técnicos meus quedará sen referir aínda algún tempo máis. si que me permitín poñer un conxunto 'artístico' de fotos tomadas por min con ise motivo).
Foi asemade a fin de semana de presentación de Ghaita Depedra, grupo que, sen ser ribadense, participa un profesor da EMMeD, Luis Rodil.
E deu fin á semana na que apareceu RnB, Ribadeo na blogosfera, unha iniciativa que se irá completando con máis datos (cónstame que faltan aínda blogs por poñer) e que quere aglutinar os enderezos de blogs relacionados con Ribadeo.



20090426

Sobre o bo goberno

Coido que referente ó goberno de Ribadeo, na última semana se deron a coñecer dous artigos que, se esteña ou non de acordo, paga a pena coñecer nestes tempos que corren. Son istes: 1 e 2.

20090425

ADEGA LUGO CONVIDARÁ AOS CIDADÁNS DA MARIÑA A PARTICIPAR NUN REFERÉNDUM SIMBÓLICO SOBRE O LITORAL

Nota de prensa de Adega:
Lugo, 23 de abril de 2009.-
Adega Lugo e Adega A Mariña celebrarán este domingo, día 26 de abril, o Día da Terra reivindicando a defensa do litoral galego, en xeral, e do lugués, en particular, fronte a proxectos urbanísticos, infraestruturais ou enerxéticos que prexudiquen os valores ambientais, produtivos e económicos destas zonas. Con este acto, Adega pretende chamar a atención sobre as ameazas ás que segue sometida a costa lucense, como as macropiscifactorías, as megaurbanizacións, as construcións ilegais,...e tamén ás que xorden agora como os parques eólicos mariños, tras coñecer recentemente que o Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño vén de pertimir a colocación deste tipo de instalacións na franxa litoral entre Burela e Foz.
O acto terá lugar entre as 12 e 14 horas do domingo no parque municipal do Concello de Ribadeo. Alí os membros de Adega e os viandantes colocarán nun grande panel fotografías ou ilustracións de litoral “magoado” e destruído pola acción humana e, por outra banda, de costa sostíbel, protexida ou cumpridora coas esixencias das leis ambientais, urbanísticas ou patrimoniais. Ao mesmo tempo, Adega convidará aos viandantes a elexir unha destas dúas opcións para o futuro da costa galega, depositando nunha furna un “voto verde” (costa protexida) ou un “voto vermello” (costa urbanizada), no que ademais deben de expoñer o motivo da súa elección. A través deste mini-referéndum simbólico, búscase a participación e a expresión da vontade dos cidadáns da Mariña luguesa sobre o futuro do seu litoral
Nese mesmo lugar, haberá unha mesa onde Adega exporá o seu material didáctico e en relación á conservación e protección do medio ambiente. Tamén intentará conseguir apoios para o tren de proximidade entre Lugo e A Mariña a través da recollida de sinaturas.

Grândola

25 de abril. Portugal. Festa nacional. Teriamos algo parello á democracia se Portugal non tivera dado o paso?
Despois da iniciativa de El ángel de Olavide, cópiolle poñendo a canción a disposición:

Crónica de Atacama


Onte saín cansado físicamente dunha charla, a que Julio Antolín Rey deu sobre a súa participación en Atacama Crossing, unha das carreiras extremas do circuito mundial. As explicacións de Julio máis o vídeo da carreira presentaron a competición nos seus extremos, por moito que tanto un como o outro falaran e presentaran imaxes dun xeito pausado, natural.
O atleta nado en Villanueva de las Manzanas, a menos de 15km ó leste de León, e residente dende hai moito tempo en Ribadeo, explicou por partes diversas cousas sobre esta carreira en particular e sobre as carreiras extremas en xeral, sen meterse en reglas e demáis cuestións organizativas.
Atacama Crossing está plantexada sobre 250km nunha meseta deśertica que anda por alturas de 3200-3800 m. Atravesa un deserto de sal, un salar, aínda que nalgunhas das fotos se poda ver como hai que atravesar un pequeno rio, pero é que 7 días de carreira dan para moito.
Fixo que se me escaparon moitas das cousas que comentou, pero tentarei facer un pequeno resumo, procurando non meter erros.
Comezou por detallar o equipamento obrigatorio especificado pola organización, algo que ten que levar todo o mundo que participa. Entre outras cousas, alí estaban incluídas dende unha manta térmica (as temperaturas a isa altura nun deserto como o de Atacama oscilan entre os máis de corenta graos e por baixo dos cero graos na noite, con 9-10ºC ó solpor), pero máis que para a noite, para protexerse en caso de ter que esperar socorro no medio dunha etapa, unha válvula aspira venenos para prever picaduras e mordeduras de bechos diversos, un repelente de insectos (dos voadores tamén, pero tendo en conta que as llamas e guanacos, que algún había naquelas terras, non están exentos de garrapatas), e por suposto, a comida para todos os días. Coido que iso foi unha sorpresa que non esperaba ninguén que non tivera noticia de primeira man de Julio. As bolsas de comida liofilizada estaban pois á orde do día, uns 80g para a primeira comida do día e uns 140-150 para a última. E a do medio? Non existe como tal. Os corredores mascan barriñas enerxéticas ou outras cousas para ir mantendo as forzas durante o día. Julio apuntou que a súa técnica era mascar un pouco cada hora que pasara, e o seu descubrimento do xamón curado para esta carreira. Por suposto, a comida liofilizada non sabe como o prato dun gourmet, e menos se como pasa ás veces, non se pode tomar 'feita' con auga fervida.

Así pasou a detallar sobre a auga. Durante a carreira, nos postos de control, situados cada 8 ou 12 km, había auga para reencher as botellas dos participantes. Participantes que teñen que procurar rexer ben e calcular a cantidade de auga a levar entre un control e outro para evitar o peso de máis, que pode resultar moi molesto. Si, pero, e se te perdes e das unha volta de máis? Corres o perigo de deshidratación.
En canto a auga nos campamentos, soen ser 4L unha vez que chegas. Eses catro litros teñen que servir para a ducha, o baño, o lavado, a bebida, a preparación de comida, ... úsanse pastillas para quencela, pois en xeral o quencemento da auga corre a conta dos participantes, que ou ben teñen que procurarse combustible (algo difícil nun deserto) ou ben teñen que levalo en forma de pastillas, dunha duración duns dez minutos que escasamente dan para ferver auga para 'facer' a comida liofilizada (e iso contando que a auga ferve antes a máis altura). Non obstante, hai veces que a organización da auga fervida.
Outras cousas que amosou foron unha bolsa de froitos secos, unha para toda a semana, tendo en conta que a mochila debía levar non só comida, e que había que cargala dende o comezo. Especificou que o normal era levar a mochila traseira e unha bolsa máis pequena diante para levar as cousas máis necesarias para o día, e non ter que andar facendo e desfacendo a grande en plena etapa.
Pasou logo ás etapas, á 'vida diaria'. Unha etapa pode durar unhas sete horas, pero tamén abondo máis, segundo como resulte o día de cada un. Así, na segunda etapa, o grupo de cabeza perdeuse e fixo un extra de seis km ata decatarse, tendo que voltar despois atrás. O que supón iso é un desgaste físico suplementario, pero tamén un desgaste psicolóxico, tan importante ou máis que o físico, que, apuntou, fixo que os participantes afectados, a pesares de ir non seu momento en cabeza, xa non se recuperaran, e lles costara moito traballo (máis, nunha carreira extrema) o chegar ó final.
Ás sete, a xente xa está en fervenza no campamento. Unha hora típica de levantarse é as seis da mañá, e a partida, ás oito, significa que xa fixeches a primeira comida do día (o máis próximo á hora de saída para rexir ben as forzas), o coidado matutino (sempre hai feridas e demáis, os pés convén envolvelos nun esparadrapo especial, ...), levantaches as tenda, etc. A chegada, pola tarde, naturalmente é variable, dependendo de como lle fora a cada quen na etapa, pero tamén significa a preparación da cea, a cura, ... todo nun certo orde para aproveitar o tempo, pois séguese en carreira e hai que descansar e repoñerse. Así, especificou que o primeiro ó chegar era a inxestión dun sobre para repoñer sais e auga, para preparar o corpo para cear e descansar. Especificou que iso era antes de ducharse, co que significa unha ducha cando tes 4L de auga, para iso e moitas máis cousas. O lavado de roupa? Había xente que tiraba os calcetíns do día, pero iso implica levar a carga de tódolos calcetíns dende o comezo da carreira, polo que Julio optou pola 'lavadora' que significa o metelos nunha botella cun pouco de auga e axitalos un rato. A iso das 8-8:30 da tarde, todo o mundo na cama (no saco, na tenda) para descansar ó solpor. Antes, hai que aproveitar a luz do día para as curas, por exemplo. Botarse betadine nos pés pode ser unha operación delicada, que acompaña a outras como vendarse os dedos ou sacarse cunha xiringa o líquido das ampoulas formadas baixo as unllas.

Preguntou alguén: E non hai médicos para atendervos? Si, háinos. Pero o solicitar o seu concurso implica penalización para a carreira, e a xente deixa esa posibilidade para cando non queda máis remedio, a parte de que os médicos 'cortan polo sano' , e iso inclúe que unha ampoula pode ser tallada, e polo tanto máis dificultades e roces para o día seguinte. Costa pensar en que un tratamento dunha deshidratación implica unha penalización, pero hai que facelo se é grave (se non, trátase de pasar sen o concurso médico), aínda que hai cousas como as queimaduras na pel do lombo nas que non queda outro remedio, pois ó día seguinte hai que cargar todo o día coa mochila tamén ó lombo.
Unha curiosidade sobre o día a día. As noites implican descanso ... relativo, xa que o descender a temperatura tamén leva consigo que a xente comeza a moverse, a ter frío nas tendas, a mexar fóra delas (pero preto, que fai frío), ... co que as horas de descanso redúcense na prática ás primeiras, sendo as segundas dun relax tenso máis que de descanso propiamente dito.
O primeiro día psicolóxicamente pode ser o máis duro, pola aclimatación á carreira. Julio explicou que tivera esta vez un entrenamento en altura que lle facilituo a cousa. Recíbese un pequeno libriño onde se especifica as etapas e demáis, e como a organización ten como idioma o inglés, o libriño esta nesa lingua, co que quen non o controla ten que procurarse a vida para, por exemplo, prever as cantidades de auga necesarias en cada tramo.
Un comentario nesta parte: 'mudei de pel tres veces en sete días'.
En canto ás etapas, hai veces que se vai andando, como se podía ver nas diapositivas ou despois na película, pois o subir unha duna de area de 300m correndo nunha carreira de 250km non é algo factible. O mesmo pasa coas areas 'semimovedizas', por exemplo, aínda que nas zonas nas que se ve nas fotos o chan de sal manchada polo pó tamén se vía a xente correr. Con bastóns ou sen eles? había quen os levaba como axuda, había quen non: hai que ter en conta que cando non se usan, son un estorbo e unha carga.
E, se pasa algo entre os puntos de control? A evacuación debe facerse en xeral 'polos propios medios', e o acudir ós compañeiros para socorro, en situacións máis extremas, xa que eles tamén están a sufrir unha dura carreira, e ademáis, o ter que quedarse cabo doutro implica tempo perdido. Así, pode ocorrer, por exemplo, que se lle diga a un compañeiro que pasa que avise no seguinte control para que veña o médico... ten que chegar o compa e vir o médico, sen transporte rápido. Compréndese unha precuación como a manta térmica.
Nunha etapa, unha vez que chegan os primeiros, os tempos de diferencia comenzan a dilatarse, e poden chegar a moitas horas máis que aqueles. E, na etapa doble (o que significa unha etapa especial de máis de 70 km), as diferencias poden ser tales que cando chega un retrasado ó campamento, os demáis se levanten para arroupalo. Aínda que na doble, non todos chegan: no control intermedio, se se pasa con máis retraso do especificado, a organización obriga a quedarse a durmir.
Un día, unha etapa pode ser moi diferente, e o mesmo que noutros deportes se fala da 'páxara', neste, onde todos os días son extremos, háinos relativamente bós e moi malos, e non podes 'procurar un compañeiro de viaxe', porque non van coincidir os días bós de malos de ambos. Unha equivocación no camiño, ó estar tirada unha sinal, unha deshidratación, unha preparación mental que non contemplou un pequeno detalle, pode facer o desplome do corredor, aínda que especificou que este ano, cuns 100 correodres, a taxa de abandonos foi baixa, só dun 20%, ó haber unha especie de autoselección previa. 20%, a mesma proporción que a inicial de mulleres, que, especificou, non se diferenciaron grandemento no rendemento dos homes, chegando as primeiras con pouca diferencia á meta.
Non son probas competitivas, aclarou: lóitase contra un mesmo, contra o medio, máis que contra os demáis, o que permite un compañeirismo de supervivencia e é un motivo para correr neste tipo de probas. O último ten tanto valor como o primeiro, e non hai un premio diferenciado, e aínda que si hai unha clasificación, non está diferenciada por sexo ou idade. Todos teñen o mesmo premio por chegar.
O penúltimo día, ó chegar ó campamento, hai cea, cervexa, sábese que a última proba é a maís suave ...
Coido que hai que escoitar a Julio para facerse unha idea máis precisa do que supón unha carreira deste tipo. A charlaestivo acompañada por unha exposiciónde fotografías e unha presentación nas que se podía corroborar o que se escoitou, e que estaba adornada polo logotipo da carreira e o de -só- dous patrocinadores, a Deputación Provincial e Master Sánchez.

Piscifactorías

Estes días de cambio de goberno estáse a voltar a falar do tema das piscifactorías, en particular por concesións, desacatos e demáis. Deixo unha nova sobre o tema.

20090424

Licitación do paseo ás Aceñas

Está en Ribadeo historia. E foi complementado xa por unha nota de prensa do concello.

As Grobas cumpriu












O día de hoxe está cargado de novas, que quedarán para outra entrada, porque o pleno lévao unha: o soterramento onte a última hora dos restos do Castro das Grobas. O motivo é o medo á pillaxe. E está xustificado. 300 pezas, restos de cerámica, tiveron o seu achádego neste mes de catas no castro, en, lembremos, só un total de 125 m2, son unha mostra máis do que xa se dixo noutras ocasións no blog (ou aquí). Non é o único novo despois de pasar tres centros educativos (entre eles, o IES Illa de Sarón de Xove, aproveitando a viaxe para a Feira da Ciencia que remata hoxe, e o C.P. Gregorio Sanz de Ribadeo) que foron informados sobre os achádegos in situ e formados arredor época castrexa, pois o pavimento pola parte externa ós muros da vivenda descuberta, as pedras derrubadas doutro muro ou un promontorio achegado á cata do medio da lugar a pensar aomenos noutras construcións neste castro que se contempla como longamente habitado, a parte da potencia relativa do muro e foxo, como se pode observar nas fotos, coido que tomadas as últimas, xusto antes de ser enterradas as catas.
Comezando pola de arriba, as fotos detallan:
- Vista da groba interna coa escavación realizada cortándoa
- Parte superior desa escavación, podendo observar as capas de cobertura sobre o muro derrubado.
- Paredes do habitáculo atopado.
- Restos de muro de edificación (habería que continuar esta cata para descubrir se se conserva muro sen derruír)
- A cata grande, na groba, en perspectiva para observar o desnivel.
- O fondo do furado, recheo de pedra do muro, e observando os dous taludes.
- Un detalle onde se observa o fondo (chan) actual da groba, diferenciado do talude, por unha beira, e do fondo recheo coas pedras, pola outra.
- Dúas fotos dos muros do habitáculo, na última distinguindo o chan de pedra pola parte exterior.
- E dúas fotos da escavación principal, con detalle do talude e unha vista xeral dela.
ben, pois despois disto, queda a análise polo miúdo dos especialistas e o informe xeral, que será presentado á Xunta, ó Ministerio (quen paga) e a diversas administracións, estando previsto que entre elas se atope o concello.

Julio Antolín en Chile


Despois de deixar o aviso da charla de hoxe, unha foto que me chegou.

20090423

Ribadeo, pequenos actos


Luns hai pleno extraordinario para aprobar as concesións póstumas a calvo Sotelo. Pleno xa que logo, de trámite e con pouca chicha despois da aprobación de cartos da Deputación Provincial para a homenaxe.
Onte estivo en Ribadeo o Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez Abad. Acompañouno o todavía Delegado Provincial en funcións. O motivo, o Congreso estatal de inspectores de educación, que hoxe terá o alicerce da charla dunha das persoas punteiras no campo educativo a nivel nacional, Mariano Fernández Anguita. As declaracións, ata o momento, nada novo.
Mentras, o circuíto educativo de Ribadeo estes días, pasa pola Feira da Ciencia, e tamén polo Castro das Grobas, ambos lugares onde en principio non teñen previsto a súa presenza os inspectores.
Mentras, encarámonos cara ó fin de semana de San Marcos, cunha romería na mesma beira do concello (por fóra), e para ir preparando, a parte da charla do ultrafondista Julio Antolín, está previsto que Miriam Sisokko, de Vía Campesina, fale hoxe sobre o consumo responsable e o cambio climático na Casa das Letras.
Como un pequeno acto máis queda a foto da vella casa da rúa Viejo Pancho, pre-tirada polo concello dentro do plan de forzar algunhas actuacións sobre as edificacións, pero que non por eso dexa de parecer fantasmal á noite.

20090422

Julio Antolín en directo

Despois da longa carreira de Atacama, está previsto que Julio Antolín de unha charla o venres 24 ás 20:30 na Casa do Mar de Ribadeo. Será unha ocasión para aprticipar, aínda que sexa 'de segundas' nunha carreira extrema como as que fai Julio ó longo do mundo.

A nova liña eléctrica

Hoxe recibín dúas notas de prensa sobre o tema, de dous lugares diferentes. Unha delas está colgada nas páxinas do concello. A outra reprodúzoa en baixo. Lendo ambas dun xeito rápido hai cousas que non me concordan, pero terei que deixar o tema para días de máis calma. -- PRESENTACION DE ALEGACIONES El pasado lunes, 20 de Abril finalizaba el plazo para la presentacion de alegaciones a la Subestación electrica que BEGASA proyecta en el monte vecinal de Piñeira. La AAVV de Folgosa y las comunidades de montes de Obe y Pñeira lograron presentar una alegación, a pesar del cortisimo plazo – 20 dias habiles- , de la complejidad tecnica y de las zancadillas del alcalde – ocultacion sistematica de información y difusión de información falsa -. Ademas se presento otra alegación subscrita por la Plataforma pola Defensa da Ria de Ribadeo, que no presenta diferencias sustanciales con la anterior, pero puede aportar algunos matices interesantes. Entre las dos alegaciones suman 16 folios, de donde se desprende la imposibilidad material de reproducirlas aquí. Sin embargo resumiremos algunos puntos. Un dato muy interesante es que se somete a exposición publica un proyecto de subestación electrica sin lineas de entrada ni de salida. Se supone que en otro expediente se presentara el trazado de la linea mas adelante, pero en el momento actual solo se expone al publico el proyecto de subestación. La alegación incide en que se presenta un proyecto absurdo desde el punto de vista tecnico ya que deja en el aire la posibilidad de que se construya la subestación y no se llegue a construir la linea o esta pueda tener un trazado que finalice en otro sitio. El tema es tan subrealista que parece increíble, pero es asi. El planteamiento en este caso no es de BEGASA porque en enero de 2.008 presento un proyecto en el ayuntamiento que incluia linea y subestación para su inclusión en el PXOM, sin embargo esta propuesta no fue aceptada y en el PXOM solo aparecio la subestación, de modo que el 14 de Mayo de 2.008 BEGASA presento una alegación proponiendo la inclusión de la linea que habia sido suprimida. Esta información ha sido negada sistemáticamente por el alcalde con la disculpa tonta de que no era oficial, cuando en realidad esta toda ella en documentos oficiales y publicos pero ocultos. De esto se desprende que a BEGASA no le interesaba llevar por separado ambos expedientes y que ha sido una decisión del alcalde o de la Delegacion de Industria el presentarlos en dos tramites distintos, pero tampoco parece que en Industria de Lugo hubiese mucho interes en hacer esta separacion ni ocultación porque un vecino de Las Anzas que acudio alli el dia 20 de Marzo se vino con copias de la linea y de la subestación y yo que estuve en las mismas dependencias el dia 15 de Abril me encontre con las mismas facilidades. En resumen se expone al publico una subestación que, técnicamente hablando, no tiene lineas de entrada ni salida, igual que la presentada en el PXOM. Visto lo visto la unica explicación coherente es pensar que el alcalde queria evitar a toda costa las alegaciones y lo que ha logrado es una chapuza que le mete en un lio de difícil salida. La explicación es obvia, obsesionado con apuntarse el tanto, quiso atajar demasiado y se metio en una lameira donde veremos a ver si lo saca el PP, porque, como ya hemos señalado, ahora la pelota esta en el tejado del PP. Otros motivos de alegación son del mismo tenor: por ejemplo no esta acreditada la utilidad publica o la demanda de potencia electrica mas que con frases topicas, es decir sin ningun dato o estudio que sirva de base a la propuesta. En apenas dos o tres lineas el proyecto de BEGASA-EON despacha un asunto clave, como es la motivacion del mismo. El mismo trato reciben la cuestion de la ubicación y concretamente el asunto de ocupar y fraccionar un espacio de monte y particularmente de monte vecinal en mano comun, que esta sometido a una legislación especifica. Todas estas carencias pasan desapercibidas al alcalde y a la Conselleia de Industria, asi como una preceptiva consulta a Medio Rural, por motivos que ellos mismos sabran, pero en cualquier caso revelan una atención muy escasa a sus obligaciones y ponen en entredicho su capacidad para desempeñar los cargos publicos ocupados. Las alegaciones vienen a reclamar el cumplimiento de la normativa vigente en la tramitación de este tipo de proyectos y a hacer propuestas acordes a las tendencias mas avanzadas a nivel mundial. Como he dicho antes no me puedo extender mas de momento. Simplemente el expediente es muy flojo y las alegaciones tienen muchas posibilidades de prosperar, salvo que sean laminadas por intereses politicos, que esa es otra cuestion. Precisamente la cuestion del poligono industrial y toda la politiquería que le rodea. El alcalde y Jose Carlos Rodríguez Andina, concejal del PP, ex alcalde y ex vicepresidente de la Diputación a la sombra de Cacharro han emprendido una campaña de insultos y manipulaciones tratando de enfrentar a los vecinos alegantes con la opinión publica que demanda la ejecución de un poligono industrial en Ribadeo. Es la tipica tactica goebelsiana, echarle la culpa a los mas debiles y azuzar a los sectores sociales mas desinformados para provocar una reaccion politica y social que beneficie al manipulador. Realmente el problema lo tienen ellos y va a ser muy difícil que consigan desviar la atención de una parte significativa de la opinión publica. En primer lugar porque Jose Carlos Rodríguez Andina es responsable del retraso del poligono al menos en los ultimos doce años, al vincular la obtención de terrenos a la concentración parcelaria de Piñeira. Como consecuencia de esta brillante operación hubo que esperar a que se resolviese primero la concentración de Piñeira y después la expropiación forzosa de los propietarios que no accedieron voluntariamente a los manejos del ex alcalde. A continuación se prostenaron ante las exigencias de BEGASA, que pretendia una condiciones draconianas de financiacion, finalmente cedidas por la Conselleria de Industria, que a su vez boicoteo todas las iniciativas del alcalde anterior, Balbino Vacas. En total doce o trece años consumidos por manejos politicos e intereses economicos, mientras la sociedad espera el suelo industrial. Ahora el problema se presenta en dos planos. Primero el proyecto de subestación y la gestion del mismo por el alcalde y el equipo anterior de la conselleria de Industria es una calamidad y segundo el nuevo gobierno del PP se ve obligado a cargar con el mochuelo, resolver las alegaciones y gestionar la que le va a caer encima. En el medio del lodazal tenemos a estos dos personajes, que como dos peleles bailan al son que les toca BEGASA-EON y emulan al tristemente celebre legionario, gritando a los cuatro vientos: ¡abajo la inteligencia, abajo la funesta mania de pensar¡. Evaristo Lombardero Rico

Se a educación te parece cara, proba coa iñorancia

Collo como título unha cita atribuída a A. Einstein para deixar no blog unha pequena síntese de onte. Para min o que encheu o día foi a inauguración da XV Feira de ciencia de Ribadeo, polo que pouco máis podo dicir doutras novas. Aistitiu á inauguración o alcalde, a concelleira de cultura e o concelleiro de medio ambiente, a parte de a inspectora e directores dos centros de Ribadeo, profesores e familiares de alumnos, e, por suposto, a maioría dos propios alumnos. Reseñar que sae na prensa (por exemplo, aquí). A parte, xa está en marcha a inscrición para a realización este verán das actividades de pequenos en Ribadeo, mentras que a lancha de aduanas 'Alcaraván II' segue mal, despois de ser reparada tras levar 6 meses 'de baixa'. A reseñar que tamén o Castro das Grobas está nos seus últimos días ó descuberto, pois o venres será tapado despois de coincidir todo o mundo en que este castro de dilatada ocupaciòn temporal, incluíndo a época romana e anterior, será tapado de novo para evitar o seu expolio. De ilustración final a traseira dunha casa ribadense.

20090421

O Ribadeo que queremos








Hai tempo que fixen unha entrada co mesmo título, o Ribadeo que queremos, ó que seguiron varios máis co mesmo tema (por exemplo, este 'Ribadeo que queremos', ou este outro que tamén queremos de Ribadeo) e hoxe, a conta dos titulares da prensa e as notas do concello, lembro o pouco que se avanzou na proposta de discutir o futuro de Ribadeo. Non se fixo nin cando había unha certa obriga legal de facelo, na definición do PXOM (que por certo, está pouco a pouco sufrindo as revisións correspondentes ás mil alegacións, pero do que non sei de ningunha previsión para dar por rematado o tema), nin nas eleccións (cada quen propuxo unhas cantas cousas, pero sen unha guía, e menos conxunta), e maniféstase o contraste en moitos termos, como no caso do plan de vivenda, ou, estes días, na obra en Porcillán ou nos ataques e contraataques sobre a liña de alta tensión. Parecería que son dous temas tan alonxados que non teñen que ver o un e o outro. Pero a manifestación de ambos é froito da falta de diálogo público. Algo que non é exclusivo do actual goberno municipal, como xa teño dito moitas veces, pero no que este goberno non ten profundizado.
Unha nota: a pasarela non é execución directa do concello, pero coido que si que ten algo que dicir.
E outra: Parece que están traballando agora a marcha abondo rápida; achégase a homenaxe a Calvo Sotelo (lugar da foto primeira) e a obra incide xusto no lugar.
Haberá que voltar sobre o tema, hoxe non teño tempo máis que de resinar outras novas de prensa: a inauguración da Feira da Ciencia, o conflito cos ambulantes, que se xactan de non ter pagado o correspondente o que vai de ano e en ir contra do concello por vía xudicial, o novo día da polémica da liña eléctrica, e a elección de Fuente Parga como Presidente da Mancomunidade.
Nas fotos, a pasarela de madeira que 'ampliará' o porto, en construción. Excepto na primeira, que é o sitio onde será posta a placa homenaxe a Calvo Sotelo.

20090420

Aldara e fotos

Onte levei unha sorpresa no teatro. Coido que non vin nunca nunha sesión teatral o Hernán Naval tan cheo. A obra, unha primavera para Aldara, que viña precedida dunha boa crítica, non defraudou, e o televisivo plantel de actrices e actores acolleu espectadores de case tódalas idades, dende 13 anos en diante. O argumento, baseado nun amor entre mulleres, vai abondo máis aló, revisando e traendo a escea as relacións humanas de todo tipo en torno ós tipos de amor. Podería parecer unha obra transgresora, pero máis ben é unha obra enamorada do amor, que se usa como lume revolucionario tanto como gardián de dereitos, por exemplo. As fotos non veñen moito a conta de Aldara, pero como o público foi advertido de non tomar fotos e eu xa non levara cámara ... pois acompaño de outras fotos tomadas onte, non só por min. A primeira é unha foto da canle entre As Grobas e a Insua, onte baixando a marea, onde se ve abondo ben a cortada entre ambos lugares, de paredes abondo planas para o que é esta costa, co que un se pregunta se non serán tamén cavadas como as propias Grobas. A segunda foto é o cartel de obra das catas. Así, os números están claros: AXA Arqueoloxía recibiu 21 000 € por un mes de traballos, ata o 24 deste. Mes que rematará esta semana despois de deixar un bo sabor de boca, e que fai posible o pensar nunhas previsións de gastos de algunha magnitude maior que cinco cifras. As últimas dúas fotos están relacionadas coa auga. Unha, da nova fonte do parque xa sen funcionar despois de facelo uns poucos días. Sen funcionar e con pedras e area que esixirán unha limpeza antes da súa nova posta en marcha. Iso si, aínda que teña a Casa do Concello como bonito fondo, antes está a 'sala de máquinas' da fonte, esperando a que medre o matorral e a cubra. E, por iso da simetría e armonía, tamén o matorral da outra illeta do parque á dereita, fóra da foto. A última foto é da Seimeira en Santalla de Oscos, destino do primeiro 'domingo a pé' que levou a un grupo de mulleres a coñecela nun día agradable para case calquera cousa.

20090419

Posibilidades de evasión hoxe en Ribadeo



Esta entrada trata de alternativas para hoxe, en espera da recuperación da crise que din que está a piques de comezar noutros lugares. Non é para a crise en conxunto, senón moito máis modesta, para algunha persoa, para un día.

As festas de Vilaselán están en marcha, e vese rir nelas. Hoxe Segue Mariñarte, e comezan os 'domingos a pé', para escapar do día a día, mentras á tardiña represéntase 'Unha primavera para Aldara'.
Mentras, chega unha pizca de bó tempo para iluminar o domingo, e queda aí tenue o arco da vella sobre Ribadeo, saíndo da terra na pista de Ove, captado venres dende Santa Cruz.

Pesimismo

Recollo uns cantos datos xa vellos de acó e de acolá:
1.Entre marzo de 2008 e marzo de 2009 o paro pasou de 2,3M a 3,6M, mentras os beneficiarios de prestacións pasaron de 1,6M a 2,7M, agrandándose a brecha de xente sen cobertura dende 0,7M a máis de 1M. O paro ten unha determinada duración, e cada vez máis xente se quedará sen esta prestación nos próximos meses, agravando a crise particular das familias.
2.Entre marzo e marzo baixou máis de 1,3M o número de afiliados á Seguridade Social, base para o pago das prestacións correspondentes que mitigan, fan de colchón, na crise.
3.Galicia tivo un aumento do número de parados nun ano de 32%, abondo abaixo de case o 50% nacional en España, o que abona o feito xa sabido de que, ó ser unha zona periférica, a crise chega con retraso.
4.As dúas principais caixas de aforros galegas, Caixa Galicia e Caixa Nova teñen unha porcentaxe de morosidade de 3,4% e 3,3% respectivamente, na media do sector financieiro español, pero teñen unhas porcentaxes de capital en relación ó risco asumido de 5,7% e 5,2%, o que as sitúa dentro da clasificación española en lugares próximos a Caja Castilla la Mancha, CCM, intervida polo goberno. E hai que ter en conta que a crise en galicia 'leva retraso'
5.Mentras que se ten claro a nivel de teoría económica que fomentar os monopolios e o proteccionismo é o mellor xeito de perpetuar a crise, a nivel Galicia está a haber presións para que o novo goberno siga a potenciar a construcción, en particular na costa, e a nivel local, segue o proteccionismo no caso das infraccións por monocultivo alcohol/ruído.
6.De cara a un próximo futuro, o sector do leite está a perder cartos, este mes comezan as restriccións de emprego máis fortes en Citroën en Vigo, e o sector relacionado co aluminio non ten prevista unha mellora rápida, tendo noticias de que os fornos están funcionando en mínimos en Alcoa-S.Cibrao.
Todos os datos están obtidos a partir de gráficos e táboas de xornais de 31/3, 3/4 e 12/4. Non atopei na prensa destas datas ningún estudo único referido ó futuro da crise en Galicia que se apoiara en datos concretos.

20090418

comezada a publicación de 25 anos de entroido ribadense

Está posta na web 'Publicado en Ribadeo' o primeiro caderniño correspondente ó libro '25 anos de entroido ribadense'. Esperemos que pronto esteña todo na rede.

Oportunidades

Onte mesmo apuntáballe a un representante do concello da conveniencia, ó meu ver, da existencia de guías no concello que permitira dar un paseo guiado por Ribadeo (como se fai noutros cascos urbanos) e mesmo que permitiran achegarse a lugares fóra do casco, como a zona da Illa Pancha, o Cargadoiro, Santa Cruz ou as Catedrais. É algo que non é a primeira vez que o comento, pois coido que pode dar moito de si, e se o concello ten a iniciativa de levalo adiante, pronto se poderia sumar a iniciativa privada. Pois Mira ti por onde hoxe aparece na prensa que a Deputación formará a guías sobre Ribadeo. A nova en conxunto, véxoa un pouco confusa, pero a oportunidade está ahí e coido que debe aproveitarse; en todo caso, pode haber tempo de limar algunha aresta que poda ter o plan. Outra oportunidade que comeza hoxe está no ciclo de Historia de Galiza comezado por Mariña Patrimonio, que tratra do tema dos castros e que hoxe ten disposta unha visita a diversos castros de Ribadeo, todos eles citados no castro de José Mª Rodriguez, e entre eles, ó das Grobas, auténtica estrela emerxente no panorama castrexo galego. Será unha excursión máis, despois das de iniciación que ten realizado a avv. O Tesón, e preludio das moitas que son previsibles no futuro. No estado actual, o que se pode barallar é o tempo que levará facer o plan, procurar os cartos e poñerse mans á obra coas escavacións e posta en valor, non se se poñerá en valor ou non no futuro. E, nese sentido, ó estar concentrada a titularidade dos terreos en man pública facilitará enormemente as cousas. Mentras, segue a tele de visita a Ribadeo. Se antonte era a TVG quen viña a facer unha reportaxe sobre o desliz de Google con 'Ria de Ribambo', aínda sen corrixir a pesares da nota de O Tesón, (e sen emitir ata a próxima semana polo menos) onte vin varias veces equipos de televisión con diferentes motivos: a presentación da XV Feira da Ciencia de Ribadeo, a charla de José Ángel Docobo sobre Historia da Astronomía (por certo, que buscando biografías para ligalas aquí, non atopo ningunha, o que remediariei en breve para que este científico de primeira fila traballando na USC e no Observatoro Astronómico Ramón María Aller teña algo máis de relevancia que unha pila de artigos científicos citados na internet e unha única aparición como persoa, como Presidente do CB Obradoiro de Santiago), ou unha entrevista a opositores á liña de outa tensión para subministrar á que se pretende sexa a Subestación eléctrica de Folgosa. Nota final: xa está comezada a biografía de José Ángel Docobo Durántez.

20090417

Ribadeo onte

Deixo tres fotos xa de días pasados sobre tres aspectos dos que dous foron noticia esta mesma semana e o terceiro saíu no blog xa algunha vez.
A foto de máis arriba, da r/Alfredo Deaño, é dun amaño da beirarúa. Coido que non levou moito tempo (aínda que cando a estaba a facer alguén me dixo que xa estaba ben, que a ver se a 'denunciaba' porque levaba moito tempo) o facela, pero falando cos operarios, dixéronme que tiñan orde de amañala ata o muro que se ve na foto á esquerda, pero non máis aló do aparcamento que hai detrás. E iso si que non o comprendo moi ben, pois baldosas soltas hainas en toda a rúa.

A segunda foto corresponde ó muro derribado o pasado ano na r/San Miguel. Agora xa está reconstruído e pinta así dende o alto da costa, coas casa do fondo entre a r/ da Muralla e Antonio Otero.

A terceira foto corresponde á carpa que deu lugar á polémica (pequena, pois ó cabo hai intereses compartidos) entre o club náutico e os hostaleiros, debido a ser considerada como unha 'competencia desleal' polos hostaleiros ó ofertar polbo para comer. Foi instalada durante a semana Santa ó estar cerrado o bar do club por obras.

Comentario censurado en el País a conta dun artigo sobre descargas

... en realidade, o comentario, correspondente a iste artigo (do que se pode ver a tendencia xa no título, totalmente desenfocado da realidade), foi censurado por partida doble. Dicir que a parte comentada no artigo foi tratada nun dos puntos nun post do blog, mesmo cun comentario externo. Aquí deixo a segunda versión do comentario que deixei no El País: 

"Cuando iban 11 comentarios comencé un comentario propio que acabé a las 7:40. Veo que han publicado comentarios después del mío, pero no el mío. Será porque al final del comentario me he quejado de la imparcialidad del periódico poniendo como posible causa los intereses de PRISA? Vuelvo a repetir que soy lector del diario desde los primeros ochenta, y que la noticia es tendenciosa y que me preocupa el alineamiento del periódico en determinados casos. En esta noticia, por ejemplo, ponen como dos cosas separadas, relativas a leyes diferentes las dos votaciones francesas, sin conectar que el rechazo de la ley, única ley, no dos diferentes, implicó su rechazo total, mientras que la aprobación fue para el paso para la otra cámara, luego sólo provisional. Y se hace hincapié en que el rechazo lo fue en un cámara con pocos diputados, mientras se escamotea que la aprobación anterior lo fuera con un número de votantes aún menor. Y se pone a Sarkozy como un nuevo defensor de la ley, a posteriori, cuando fue él el que comenzó el camino administrativo para tratar la aprobación de la ley, por lo tanto, su defensor inicial. Y ya digo, comentarios semejantes se pueden hacer a otras afirmaciones de la noticia. Espero que esta vez salga publicado."

--

Notas posteriores (2021) :

- Cando engado isto, é o artigo máis visto do blog.

- A autora do artigo aludido é Gabriela Cañas.

- No artigo faise mención a David Bravo, Asociación de internautras (ambos con sitios recomendables), a lei Sinde ou o canon dixital.

- O artigo é de 2009.

No blog hai outros artigos referentes a política, sociedade, prensa ou medios.

Leite, Ribadeo, Madrid

Manifestación en Madrid polo tema do leite. As explotacións están a perder cartos e a iniciativa é protestar pola entrada de leite. Paréceme ben defender os intereses dos produtores. Fronte a eles, a industria importa leite a baixo prezo, que parece ser é de inferior calidade e ademáis benefíciase de 'dumping', é dicir, de subvencións que menoscaban a competencia que poda ter. Por outra banda, a pasada semana deixei unha relación da producción de leite autorizada en diversos países (na que se ve que a autorizada en España, per cápita, é varias veces inferior á autorizada en Francia ou nos Países Baixos), e outras entradas relacionadas discutían o efecto da sobre producción leiteira, ou o impacto dos prezos (cun comentario que aporta datos e razoamentos), co que se pode un formar unha idea de por onde van os tiros: a solución dun conflito por adaptación da legalidade ad-hoc. Ben a cousa sería chamativa se en xeral, no ámbito da economía, as leis non foran construídas en base a intereses económicos de xeito exclusivo cando os actores sociais non loitan a brazo partido para que non sexan só eses intereses pecuniarios de 'grandes actores económicos' (é dicir, de empresas poderosas ligadas a grandes capitales con intereses asemade noutros sectores económicos relacionados ou non) os que gobernen. Porque imos ver, pode Francia producir a prezos tan competitivos que saia máis barato traer o leite dende alí que producilo aquí? Renden máis os pastos e os animais, e os soldos son máis baratos alí?. Non obstante, non se verá en Madrid unha manifestación de importadores de leite, poñamos por caso: non lles fai falta e actúan doutro xeito. Mesmo ó final, poida que gasten en total menos cartos en promover iniciativas ó seu favor que os gandeiros na súa propia defensa...

20090416

A posta en valor do Castro das Grobas

Si, xa hai que ir pensando nela. As Grobas meréceno, parece ser. As fotos que adxunto, tomadas esta mesma mañá, só recollen unha parte (queda a cata principal sen cubrir neste post), pero dan pé abondo a dicir que temos un castro que paga a pena en Ribadeo. Comentado por Emilio Ramil, o director da escavación a pé de obra, onde puiden observar varias cousas. Por exemplo, o cú da vasixa que se aprecia co centro da foto sobre estas liñas e que se ve con máis detalle redondiño na foto seguinte, tamén no centro. Ou o muro dunha vivenda no que parece ser que se aprecia a época tardía, xa romanizado o castro. Muro asentado sobre a rocha que posiblemente serviu para protexelo da roturación da terra e polo gtanto, dun destrozo maior. Ou, pegadas ó muro, teselas dun chan. Ou unha perspectiva do corte do terreo que, en relación ó muro e ós pés da persoa á beira, da idea das capas que se poden observar no terreo. ... máis detalladas na foto a continuación E mesmo parte dun muro derribado que dá pé a pensar que un pouco máis á dereita, baixo o terreo sen escavar, se atopará unha base de muro doutra vivenda.