20090416

¿TRIGO LIMPIO?

O pasado mercores, 15 de Abril, visitei a Delegacion de Industria de Lugo, xunto co tecnico ambiental, para estudar a fondo o expediente da Subestación xa que a linea ainda non esta en exposición publica, anque xa se coñece perfctamente o trazado proxectado por BEGASA. O tecnico desplazouse desde Oviedo e eu tiven que pedir un dia no meu traballo. Digo esto para suliñar as dificultades que supon para os particulares a presentacion de alegacions a un proxecto desta envergadura e a tomadura de pelo de dar 20 dias de exposición publica frente a unha empresa como BEGASA-EON que ten todolos medios e información que xa comentamos en escritos anteriores. Este e o concepto de igualdade que defende o Sr. Alcalde de Ribadeo, todo para BEGASA, nada para os veciños.
A revision do expediente levounos tres hora e media e o tecnico atopou unha serie de irregularidades que permiten formular alegacions de peso e con grandes posibilidades de prosperar, tanto no recurso diante da administracion como no contencioso administrativo se chegase o caso. No momento actual o tecnico ambiental e o letrado estan redactando as alegacions polo tanto non me vou referir a este tema mentras non o teñamos por escrito, que sera nos proximos dias.
Pero na revision do expediente atopamos un documento que pesie a confirmar o xa sabido ten un interes e uns matices particulares que non deixaran de sorprender a mais de un.
Vexamos: Con data 4 de Decembro de 2.008 entra no concello de Ribadeo “unha separata relativa ao proxecto de Subestación, promovida por Eon…” (esta separata non figura no expediente, o que figura e o rexistro de entrada e a resposta do Sr. Alcalde, que presentamos deseguido).
Con data de 29 de Decembro (saida 30 de decembro) o Sr. Alcalde asina un escrito de oito lineas que di exactamente o seguinte:
“Que examinado o proxecto se entende axeitado dende o punto de vista municipal, no seu conxunto, se ben se considera que debe minimizarse o aspecto estetico da subestación cun peche vexetal (tullas ou outro tipo de vexetacion perennne) e face-lo pintado do inmoble en tonos verdes ou ocres que mimeticen coa paisaxe de tal xeito que actuen como unha barreira arredor da instalacion…a cuberta deberia ser de lousa…”
Preguntas:
1.-¿Pode dar o Sr. Alcalde este informe cando o PXOM esta en periodo de alegacions e hai mais de 30 alegacions rexeitando a localizacion da subestación?.
2.- ¿Pode dar o Sr. Alcalde este informe sen darlle conta a corporación, nin a comision de goberno?.
3.- ¿Non declarou primeiro que non sabia nada e despois que non habia nengun documento oficial sobre a subestación e liña de alta tension?.
4.- ¿Hai algun informe ou asesoramento tecnico que avalie o escrito do Alcalde?
5.- Xa entrando en materia, non seria cousa de poñer unhas estatuas desas que se levan agora de Bambi, Caperucita Ruxa e os sete enanitos?.
Asi estan as cousas. Si sigue habendo alguen que pense que aquí xogamos con trigo limpio e que anda un pouco despistado.
Evaristo Lombardero Rico

Ningún comentario: