20090513

Marcando as horas, desbaraxustando a responsabilidade dos anos


O reloxio do cargadoiro marca as horas a pesares de estar mutilado. Hai xa tempo que primeiro,torcéronlle a punta máis fina, ó final da estrutura, e logo, quitáronlla. Hoxe o reloxio, pode que o máis grande da provincia, marca dun xeito mutilado a hora solar (é dicir, nesta época, dúas horas menos que a hora oficial). Na imaxe vése marcando as 11 e 9 minutos, unha e nove minutos hora oficial. É unha mágoa que por mor da súa mutilación non chegue a sombra máis adiante, o que implicaría máis precisión, aínda que iso non quita que a lectura sexa boa. Asemade, é unha mágoa que un sinxelo cartel sen resaltar á súa beira, indicando o seu funcionamento, non ilustre o que fai e que quede máis como un sitio curioso e incomprendido que como outra cousa.
Sobre incomprensión, un caso que estes días anda sendo notificado na prensa a nivel nacional: a venda libre da pilula do día despois. Chama a atención que, se os alumnos dun centro educativo queren ir, poñamos por caso, ó día da ciencia na rúa de A Coruña, se necesite unha autorización ben detallada e devolta asinada, mesmo para xente con 17 anos (coa correspondente responsabilidade do profesor acompañante e asignación de falta de responsabilidade ó alumno), retraendo as actividades educativas, e en troques unha rapaza de 14 poda ir pola píldora (considerando pois unha responsabilidade total neste caso). Digo eu que hai o que se podería calificar de desaxustes estruturais na sociedade, desaxustes que para min cada vez son máis patentes.

Ningún comentario: