20090810

10 de agosto con Sol

    Hoxe vai bo tempo polo momento. O Sol vai permitir que o curso de construcción de reloxios de Sol se leve a cabo como estaba previsto, e eu vou aproveitar para deixar nova de varias cousas que non saíron aínda.
    A primeira, o resultado dun decaído Emma Cuervo, 2-1 a favor do Ferrol en contra do Lugo, cun campo que distaba da ocupación dos seus mellores tempos, con equipos de primeira división.
    A segunda, a victoria de Ginzo na carreira popular de Burela, ó tempo que os destrozos do temporal da outra semana obrigaba a suspender onte a carreira do Monte Pousadoiro en Castropol.
    Mentras, as embarcacións da Transgascogne están xa a máis de medio camiño, facendo 18 nudos de media na súa viaxe a Port Bourgenai en Talmont Saint Hilaire. A dicir que estaban apuntados 47 barcos pero só chegaron a Ribadeo 40 por diversas cousas que afectan a unha proba que serve de filtro para competicións maiores, como a travesía do Atlántico. O seu impacto en Ribadeo, a comezos de agosto e petado de xente, foi limitado. Pero os 17 membros da delegación institucional e os do comité organizador, xunto con club náutico e alcaldía, xa teñen previsto facer voltar a carreira en dous anos, así como o tentar darlle unha proxección cultural e de intercambio que nesta edición non se lle foi capaz de dar. Intercambio que sería unha especie de sucedáneo de irmanamento, e proxección na que se contaría con exposicións e / ou charlas que deran a coñecer en Talmont e Ribadeo a outra poboación participante, poboacións que teñen, xunto con diferencias patentes, tamén unha serie de semellanzas a destacar.
A miña aportación en avance, traducción adaptada da wikipedia francesa (de onde foi collido tamén o mapa, excepto o puntiño):

Talmont-Saint-Hilaire é un concello francés sobre a Costa da Luz, situado no Departamento de Vendée (Rexión País do Loira).
O castelo de Talmont, sé do Principado de Talmont, situábase no extremo occidental da antiga rexión do Baixo Poitou. Construído sobre un montículo, o seu carácter defensivo víase reforzado porque o Océano Atlántico bañaba os seus foxos dúas veces ó día.


En canto a Historia, a terra de Talmont foi dada no S.XI por Guillelme o Grande a Guillelme o Calvo, quen mandou construír un torreón. Con posterioridade, Ricardo Corazón de León fixo construír alí unha forteza.
O señorío de Talmont pertenceu máis tarde ós Mauléons, os Thouars e á familia de Amboise, ata que no S.XV, Luis XI fixo doación do mesmo ó seu historiógrafo Philippe de Commynes.
O castelo foi asediado por Enrique de Navarra no S.XVI, e o seu torreón foi mandado desmontar no S.XVII polo Cardeal Richelieu.
O último señor de Talmont, Antonio-Philippe el Trémoïlle, morreu no 1794.
Na actualidade, e ata 2014, o alcalde é Pierre Berthomé.
No 1963, D. Gilbert Bessonnat, descubriu rastros de dinosaurios efectuando una estudo xeolóxico del acantilado. Foi o primeiro en definilos como tais, sendo estudados con posterioridade por outros investigadores. Tras o descubrimento, viu a pillaxe, e na actualidade, protéxese, estando permitidas só observación e fotografía. A protección é maís efectiva xa que ó ser un xacemento costeiro, queda cuberto periódicamente de area, sendo en xeral só visible no inverno, cando as correntes mariñas e o temporal limpan de area e algas o sitio.

O paleoestuario do Veillon é coñecido hoxe sobre todo polos rastros tridáctilos de dinosaurios bípedos que oculta. As impresións, por milleiros, sucédense sobre tres capas xeolóxicas cuxo grosor total apenas supera unha decea de metros.
A capa base, a primeira capa presenta con indicios de chans de depósitos aluviais tropicais. O segundo nivel da proba dun medio ambiente de tipo lagoa suxeito á influenza do río. A terceira capa está constituída por unha caliza dolomítica arxilosa amarela, do tipo “caliza Nanking”, onde se asentan os rastros de dinosaurios, inscriptos sobre unha gama de fondo de bahía moi aberta sobre o océano.
Hai 204 millóns de anos, ó final do triásico e comezo do período seguinte, a flora estaba constituída particularmente por unha vexetación de coníferas, revelando unha determinada aridez do medio, seguramente vinculada á salinidade.
O estudo dos rastros de animais permete distinguir distintos dinosaurios bípedos, incluídos: Eubrontes veillonensis, Grallators olonensis e Talmontopus Tersi. O meirande, Eubrontes veillonensis, acadaba arredor de 3 metros de altura e tiña un paso de preto de 1,20 metros.
Demografía:
1 901 1 906 1 911 1 921 1 926 1 931 1 936 1 946 1 954
1 209 1 333 1 233 1 116 1 166 1 107 1 101 1 014 1 014
1 962 1 968 1 975 1 982 1 990 1 999 2 006
1 046 1 110 3 347 3 865 4 409 5 363 6 533
Departamento: Vendée
Comarca: Sables-d'Olonne
Canton: Talmont-Saint-Hilaire
Código postal 85440
Alcalde: Pierre Berthomé
(2008-2014)
Coordenadas xeográficas: 46° 28′ 05″ N, 1° 37′ 01″ O
Altura media : 25 m
mínima : 0 m
máxima : 57 m
Superficie 89,53 km² (8 953 ha)
Poboación: 6 533 hab. (2006)
Densidade: 73 hab./km²

Ningún comentario: