20090825

Sobre o gas e Ribadeo, estes días

Recibín o aviso de que está actuando na zona (tanto no pobo como nas aldeas) algún suposto inspector de gas, mesmo con algunha credencial e traxeado como tal, que non o é. E que nalgún caso ten actuado cobrando por servizos de revisión/inspección que non pode ofrecer, mesmo dando facturas (coido que me dixeron como se fora unha empresa de Vigo) e noutros parece actuar só coa intención de entrar nas casas, pode que para otear, aproveitar descuidos, etc. Polo tanto, alomenos esta tempada, un pouco de ollo, comprobar se está avisada a súa visita, se corresponde polo tempo que se leva sen inspección, etc.

Ningún comentario: