20091205

Por Porcillán, observando









Pode que a estas alturas xa sexa máis práctico, en troques de falar de Porcillán ou de Figueirúa, falar do porto deportivo. Sen confusión de étimos e variación de verbas ó longo do tempo. Sinxelamente, unha substitución.
Onte houbo unha asamblea do C.N. de Ribadeo, a sociedade que controla o porto deportivo. Polo momento non sei máis que a convocatoria e que foi numerosa, pero non o seu desenvolvemento. O que si, onte estiven pola zona e tomei algunha foto.
As primeiras que aparecen son da obra que se está a facer en toda a zona do porto deportivo, na que xa esta'arrincada a antiga superficie e cortado o tráfico. Por certo que se o outro día (xoves?) protestaban na radio que non se avisara para sacar os coches do interior de cultivos Mariños, onte non había ningún dentro, e non me pareceu difícil o sacalos pois non é grande o desnivel na saída.
A seguinte é de Mirasol, onde onte se apilaban pedras que segundo me responderon son de ambos portos, pois en ambos se está a remover o chan. Nun, para proporcionarlle unha horizontalidade ó peirao que mellora a funcionalidade do porto. Noutro, par substituír o chan, sen saber moi ben por que. As pedras considero que estaban ben, pero evidentemente hai quen non o pensa así, ou que pensa que a zona estaría mellor doutro xeito. Por certo, que preguntei asemade sobre óde ían ir a parar as pedras alí almacenadas, e dixéronme que se ían reutilizar. O que non me quedou claro é ónde, pois en Mirasol se se pretende alisar o chan, as pedras non sirven, e en Porcillán se xa estaban postas e as sacaron...
A foto seguinte é o que posiblemente será futuro bar / terraza do club náutico, despois de ser rexeitado hai pouco o seu proxecto de facelo sobre a beiramar. A terraza si parece un bo sitio para pasar o tempo, co único inconvinte de salvar un desnivel dende o peirao (eso si, menor que o que salva o ascensor da Atalaia...)
O basamento da farola aporta a foto do detalle de como estaba o chan na zona. Coido que se pode apreciar abondo ben, aínda que hai que precisar que non en tódolos sitios o basamento era o mesmo.
Outra foto é unha figueira fronte ás Figueiras. O que fai a natureza cando se lle deixa: despois de facer o paseo marítimo alfonso D. Rodríguez castelao, a súa fachada nesta zona quedou en pedra. pouco a pouco foise enchendo algún lugar con terra e materiais diversos, mesmo pequenos aportes doutras obras. O caso é que neste momento pódese ver unha árbore no mesmo sitio que ocupaba antes a rada portuaria.
De natureza tamén son as outras fotos, ceos sobre Ribadeo nunha foto onde non se aprecia o estado de ruína da vella aduana, pasando a ser un elemento decorativo máis, e a ponte e a entrada da ría dende a terraza do C.N.

Ningún comentario: