20090331

Unha estrada de Ribadeo











    
Hoxe por hoxe, a estrada máis ribadense é pouco usada polos viciños de Ribadeo: trátase da circunvalación, estrada que ten ano e medio dende a súa inauguración e foi fieta, suponse, ad-hoc para Ribadeo.
Antes de ser creada, José Ángel Salvatierra e máis eu escribimos un pequeno artigo para a comarca e o seu envío ás autoridades. A penúltima versión (non din atopado a versión final) estaba redactada nos termos seguintes:
--
Sobre a estrada de circunvalación
É de esperar que non tarde en ser posta en uso a estrada de circunvalación a Ribadeo. Non embargantes, a pouco que se teña feito un paseo por ela, atópanse pequenas e non tan pequenas cousas que poderían ser amañadas de xeito rápido antes de poñela a funcionar e que despois serán máis difíciles de amañar.
Entre elas, podemos citar unhas cantas. Comezando na zona da Vila Vella, atopámonos que os derradeiros metros da canalización do rego que baixa de Ove ten sen rexuntar a pedra. Non é difícil chegar á conclusión de que así pouco van durar en bó estado. Os últimos metros do leito sen facer son outro exemplo de que un pouco máis de traballo pode evitar que en pouco tempo haxa que amañar cun custe abondo superior. É semellante ó que pasa coa beira cascada da cuneta de formigón que vai da ponte en dirección a Ribadeo, fronte á antiga fábrica de alxinatos.
O recheo dos taludes que xa sufriron derrumbes fíxose con pedra pero está sen rematar. A súa zona superior pode dar problemas en pouco tempo se non se remata como é debido.
As pontes están feitas con tubos de formigón, pero as cabezas dos mesmos quedaron mal encofradas, véndose furados e irregularidades que para ben ser, deberan ser corrixidas, non desprezando tampouco algún tubo que está roto na
cabeza e co ferro á vista, punta de lanza para a corrosión que pode levar a estalar o tubo ó aumentar de volume o ferro oxidado.
Caso aparte merece o camiño que vai a Ove, mal acondicionado na rampa de saída a parte da súa estreitez.
Por outra banda, a ponte sobre a via do tren da estrada a Santa Cruz ten unha zona de aglomerado afundida, cunha profundidade de ata uns 15cm nalgún punto do trazado, variando o ancho afectado dun punto a outro.
Cavilamos que agora é o momento de poñer a solución a estes pequenos problemas e outros ós que non chegamos ou non se nos fixeron patentes, tanto porque é de supoñer que a solución a todos eles esteñan previstos no orzamento (fronte a novos orzamentos necesarios para o seu arranxo máis adiante) como pola súa facilidade ó facelo agora, cando se ven como máis pequenos e doados de solventar que se se deixa pasar o tempo.
Coidamos que son razóns abondas para animar ás autoridades e ó director de obra a poñerse mans á masa, facer unha revisión e darlles solución, algo que ademáis lles corresponde como traballo.
José Angel Salvatierra e Antonio Gregorio
--
Onte, por iniciativa de Salvatierra, tiven unha pequena xuntanza coa persoa encargada do mantemento das estradas de Fomento ó norte da A6. Hai cousas do escrito que máis ou menos se amañaron, outras que non. e haberá que seguir, pois aou cousas que se amañarán xa, outras que non. Está por exemplo a foto da rotonda de alxinatos, cun mantemento de corte de herba que non deixa ver a outra beira. Posiblemente se corte hoxe. Mesmo a zona ó pé da antiga factoría, que non correspondería a Fomento (está en proceso de expropiación, coido). O desprendemento que se ve na outra foto corresponde a un tramos de estrada xa cedido ó concello, e tradará un pouco máis en sacarse de aí, tamén por Fomento, que tentará (prometido...) de canalizar as augas pola parte alta do talud para que non ocorra... sempre e cando os terreos sobre o talud tiveran sido expropiados no seu momento, que aínda teñen que estudar. E outras cousas, pois a conclusión foi que, se ben se vixía o que está mal, fáise dun xeito descoordinado entre quen ten que recibir a obra e quen ten que encargarse co mantemento, escapánmdose as empresas que a realizaron sen pedirlles moito a reparación do que se deixou mal mesmo no momento de facelo, e remédiase con lentitude, en boa parte a medida do orzamento dispoñible. Veriase mellor se a beira da estrada fora un paseo. Mesmo na parte xa cedida ó concello. Un pequeno crebacabezas que se debera solucionar polo ben de todos (aínda que neste caso non sexa a cousa grave e en boa aprte esteña en vías de solución)

Melgaço

Hoxe comeza a viaxe, e mañá terminarao, un grupo de alumnos e alumnas do IES Porta da auga a Melgaço. Está inscrito dentro dun programa da Xunta de Galicia, e non o poñería no blog de non ser porque hoxe a prensa trae unha nova semellante respecto dos escolares do IES Marqués de Sargadelos de Cervo. Só unhas poucas verbas sobre o tema: as actividades fóra da clase reúnense en dous grandes grupos, as complementarias e as extraescolares. As complementarias son as que reforzan ou amplían direitamente os coñecementos recollidos na aula respecta dalgún feito ou materia. Nas extraescolares, esta ampliación é indireta, de xeito que se procuraría a formación xeral do alumno, sen buscar unha relación direita con puntos tratados nas aulas. As complementarias serían obrigadas mentras que a extraescolares serían optativas. En tempos, cada centro víase obrigado a procurar as súas actividades e elas remarcaban as diferencias no ensino. Hoxe, os concellos e outras institucións, como Xunta ou Universidades ofrecen un programa plano, indifirenciado, ó cal os centros acóllense en procura de oportunidades, subvencións, simplificación e mesmo aproveitamento para establecemento de relacións que poderiamos chamar políticas. Ás veces, resulta moi proveitoso. Outras, sinxelamente non tanto. O certo é que seguramente me gustara ir a Melgaço e durmir alí unha noite, aínda que poidera aproveitar algo semellante abondo máis preto da casa...

20090330

A noticia do domingo


A intervención onte da Caixa de Castilla-La Mancha polo goberno indica que España entra nunha nova fase de crise económica. Ribadeo non ten sucursal, pero sufrirá o efecto. A intervención fíxose de xeito ó tempo suave -garantindo depósitos cun aval- e o que se ven considerando de xeito internacional con poucas garantías para os cartos públicos -cun aval, en certo xeito, un agasallo, non con toma de participacións-. O consello director foi destituído no mesmo decreto, pero iso non abonda para considerar que o camiño non é ise: os miles de millóns do contribuínte -noso- empregados non deben ser usados como agasallo para unha entidade financieira, nin sendo do tipo das entidades financieiras baixo direto control político, sistema que representan as caixas e no que os partidos están a facer a miúdo a representación dun combate para a toma de poder, mesmo interno ó propio partido (caso de CajaMadrid).
... Unha volta que se sabe de xeito público como é unha trampa calqueira, a xente volta a ela sempre e hai que tomar medidas para que non se desmadre a cousa: de aí o medo ó contaxio. Pasa o mesmo no mundo da natureza, e así vemos na foto as 'flores invasivas' queimadas ó longo de toda a costa, florecendo na curva da Vilavella a semana pasada.

20090329

Máis publicacións: A Nosa Señora das Virtudes da Ponte e un novo número de 'Miradas'

Remato de colgar en 'Publicado en Ribadeo', despois do correspondente permiso, a publicación "A Nosa Señora das Virtudes da Ponte", e despois de ter feito o mesmo antonte co libro da Semana Santa 2009. O certo é que ningún deles, o ter as páxinas satinadas, quedou demasiado ben escaneado, co que non descarto voltar a escanealos e publicalos. Polo momento, quedan así. Asemade, tamén colguei o segundo número de 'Miradas desde la Atalaya'

Ocupando o parque ribadense


En marzo baixou o nivel de ocupación do parque por carpas. Mais debeu ser episódico, pois os murais sobre o Camiño de Santiago estiveron abondo máis tempo que o previsto, e aínda hoxe quedan as banderolas anunciativas, a modo de decoración, como pode verse na imaxe. Sería máis bonito o parque se en troques de flores se prantaran banderolas? Coido que non (aínda que podería ser motivo dunha atractiva 'performance' durante un tempo), pero tampouco é necesario chegar a ise extremo.

Programa da Semana Santa 2009 en Ribadeo



Aínda que pode verse descargando o libro da Semana Santa, quedan aquí as dúas banderolas colgadas da Igrexa de Santa María do Campo, que se poden ampliar para consultalas premendo sobre a imaxe correspondente.

Unha circunstancia ribadense

Hoxe, coincidindo co reparto de libros sobre os castros ós asociados de O Tesón, pódese ver na Voz de Galicia unha entrevista a Gonzalo Meijide (completada aquí, aquí e aquí) redactor do plan que se está a aplicar nas catas do Castro das Grobas. É unha circunstancia que ven determinada polo interese amosado pola asociación. Pero non me refería a iso.
No mesmo xornal aparece que "As 400 granxas de A Mariña viven nunha situación de asfixia económica". Resulta que o pasado fin de semana aparecía noutro medio un artigo con datos sobre a crise leiteira. Na web non aparecen a táboa e gráfico sobre explotacións leiteiras a nº de gandeiros, pero vale cuns poucos datos:
Nº de gandeiros en España: 1994 - 139 000; 2009 - 24 000
Cuotas lácteas en toneladas (e poboación, obtidas por outros medios):
España: 6 239 289,000 - 46 000 000
Francia: 25 091 321,700 - 64 000 000
Holanda: 11 465 630,280 - 17 000 000
Vense as desproporcións: España pode producir un millón de toneladas por cada 7 000 000 habitantes. Francia, por cada 2 500 000, e os Países Baixos, por cada 1 500 000. É certo que boa parte de España partiu na adhesión de non ten apenas producción leiteira, pero sobre todo, é certo a falta de competitividade industrial relativa, sen consideracións de calidade, que abocou ós nosos gandeiros ó peche. Non é tanto o reparto de cotas como o sistema propio de comercialización... pero causa a causa, os efectos están aquí, como pode verse nos artigos citados.

20090328

Semana Santa 2009

Á espera de cargar o programa (hoxe ou mañá), está colgado xa o libro correspondente á Semana Santa 2009, que pode consultarse a traverso de 'Publicado en Ribadeo' ou de xeito direto en formato .pdf.

Reproducción dunha entrada no blog de O Tesón: Ría de Ribadeo, non Río de Ribambo


Coido que é convinte repetir aquí unha entrada de O Tesón, correspondente con algo que teño posto hai tempo neste blog (por certo, a entrada a Ribadeo si que foi corrixida):
Coidamos que paga a pena tentar cambiar un mapa que se ve moito por internet:
..."Que dende hai xa anos o principal sitio de mapas na internet, Google maps, apunta a ría de Ribadeo como 'río de Ribambo' (ver ilustración, obtida en http://maps.google.es )
Que hai outros lugares da xeografía Ribadense, ós que se lle asigna nomes incorrectos, como Ove, designado como 'Obeso' (ver asemade ilustración)
Que hai xa tempo que a asociación, por medio dalgún dos seus socios, se puxo en contacto coa entidade que xestiona os mapas para tentar enmendalos, sen resultado polo momento
Que dito sitio en internet ten moitos máis accesos que poda ter calquera outro sitio de Ribadeo, tendo a capacidade de aportar abonda máis información e dar unha visión de Ribadeo non acorde coa realidade nin cos intereses do pobo, o que consideramos grave,
Polo que
Solicita se fagan os trámites correspondentes para que o nomenclátor de dito sitio internet corresponda coa realidade."

20090327

Unha foto da illa Pancha


A lista de Cultura do Concello distribuíuna hoxe e vai tal cual, co que se pode ver ampliada con resolución abondo. O fotógrafo, Mariano Pérez, procurou non tomar na vista os graffittis do banco. Aprećiase asemade o estado da madeira, sen pintar hai abondo tempo, e a vista recolle unha paisaxe bonita, obviando o uso do encuadre, a estrutura de madeira á que non é doado adiviñarlle o seu obxectivo.

As Grobas comeza a reexistir








Coas catas comezadas luns e que se extenterán ata o 23 de abril, espérase ter unha idea da importancia dos restos do xacemento. Non no sentido de que haxa ou non restos, senón da súa conservación e posibilidades de recuperación de material a parte do propiamente estrutural das vivendas, o que posibilitaría a datación do xacemento. Son tres desmontes, dous máis pequenos de 5x5 m2 na zona da croa, a que se espera teña sido habitada, e outro maior de 15x5 m2 nunha zona defensiva, o parapeto máis interno. O proxecto foi deseñado por Gonzalo Meijide, arqueólogo da Delegación Provincial de Cultura que foi o que fichou o Castro a finais do século pasado, e está sendo levado a cabo por AXA Arqueología, empresa ferrolá dirixida por Emilio Ramil González que está usando como man de obra a univeristarios a partires dos 21 000 € de orzamento de que dispón.
A importacia posible do xacemento, derivada da súa extensión e a aparente conservación das súas defensas, fan del unha esperanza para o turismo en Ribadeo. A el teñen xa acudido de visita escolares varias veces, guiados por José Mª Rodríguez, e posiblemente o concello oferte a visita ás catas que se están a facer para os centros escolares da vila, que terán así unha ocasión única para observar sobre o terreo os traballos que se están a desenvolver, típicos da fase inicial de exploración dun xacemento.
Nas fotos obsérvase respectivamente:
- O equipo traballando e os periodistas tomando declaracións
- A conservación actual dos parapetos na zona mediana, onde se aprecia o efecto de que esteñan rozados (punto clave, básico para poder comezar as prospeccións)
- O equipo de traballo na cata maior, a realizada no parapeto
- Un detalle desa mesma cata,, na zona máis interna
- Apreciación dun dos montóns extraídos
- As dúas catas da croa, de planta cadrada
E unha foto na que se observa o derrumbe do mes pasado do talud en Rocas Brancas.
Para complementar, algunhas ligazóns a artigos anteriores relacionados coas Grobas:
0, 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, ... ( a ter en conta que están desordenado, sen considerar a súa importancia relativa, e que hai abondos máis)
Asemade, no Blog 'Vida político-social':
1, 2, 3, 4, 5, 6, ...

Unha entrada pequena para unha carreira grande

Só unhas letras para deixar constancia. Leo onte que Julio Antolín parte para participar nunha das carreiras máis extremas do mundo, a que atravesa o deserto de Atacama. É un deporte de esforzo e mesmo de risco polo que require de acción corporal continuada.

20090326

Nota de prensa: SUBESTACION ELECTRICA E LIÑA DE OUTA TENSION

A continuación á nota de prensa. Coido que hai puntos a destacar, como o do parágrafo 7º polo que implica, ou o do parágrafo 2º, no que resulta que os planos non están en exposición, pero despois de comezar as protestas si que a empresa comeza a moverse para teren conta alomenos políticamente ós viciños: aquí sería o contrario do típico dito, pois máis ben 'quen non se mova non sae na foto'.
--
Dende a última nota que demos aos medios producironse algunhas novedades certamente rechamantes que trataremos de resumir:
1.- Delegados ou apoderados de BEGASA-EON visitan aos veciños e aos representantes das comunidades de montes veciñais presentando un proxecto concreto de trazado da liña de outa tensión e un punto concreto de ubicación da Subestación Eléctrica no monte comunal de Piñeira a 300 metros de Reverte e a mais de un km de Folgosa.
Este documento non é oficial, non está aprobado e publicado no DOGA. E o que manexan en privado os apoderados de BEGASA. Este documento coincide exactamente cas fotocopias que lle deron a un veciño na Delegación de Industria.
Estes representantes ou apoderados de BEGASA están ofrecendo 3,60 euros metro cadrado aos propietarios, polos montes afectados que veñen sendo 25 metros a cada lado da liña de outa tensión e 3.500 m2 na subestación.
2.- O luns, 23 de Marzo, celebrouse unha xuntanza en Santa Cruz con asistencia das Xuntas Rectoras das comunidades de montes de Obe, As Anzas e Piñeira, ademais de asociacións de veciños, particulares, etc.
Dende o meu punto de vista particular, o mais significativo desta xuntanza, ademais da asistencia de mais de 40 persoas foi o ambiente de colaboura, de debate aberto, de concordia e de búsqueda de solucions e alternativas conxuntas ao proxecto de BEGASA. Comentaronse diversos temas, con participación moi activa dos asistentes e prantexaronse ideas moi interesantes como a proposta de levar o tendido polos cortalumes, a de soterrar as liñas nalgúns tramos e particularmente nas saídas da subestación (suponse que haberá varias saídas), a necesidade de alonxar a subestación do lugar de Reverte, a idea de negociar todos unidos e facer forza para conseguir o mellor precio para todos…
Outra cousa evidente, con botarlle unha ollada ao trazado da liña é que fai unha quebrada que se alonxa dunha casa particular, perxudicando ao colectivo dos veciños das Anzas e demostrándose que aquí houbo información reservada para algúns mentras se negaba información aos colectivos veciñais.
En resumen unha xuntanza moi constructiva, dialogante e con moito futuro se sabemos aproveitar a forza da unidade e do consenso dos veciños.
Sin embargo, dado que o proxecto ainda non é oficial, as comunidades de montes e as asociacions de veciños terán que reunirse de novo para tomar acordos definitivos.
3.- O Sr. Alcalde sigue na sua teima, non sabe, non contesta. Pero sigue facendo declaracions confusas e contradictorias. Un día declara que a subestación está a exposición pública no concello. En realidade non leu a resolución da delegación de Industria de Lugo ou se a leu non a entendeu e non se enterou de que a subestación non aparece localizada exactamete senón que da como referencia unha parcela do monte veciñal de Piñeira de 27 hectáreas, dos que so vai ocupar 3.500 metros. Ao día seguinte arremete contra o delegado de Industria de Lugo, por non informarlo correctamente. Hoxe, 25 de marzo, recoñece que coñecía o proxecto pero que non o deu aos interesados porque non era oficial. Ou sexa tiña información reservada como vimos afirmando dende hai dous meses e medio, pero sólo para os amigos como se demostra na quebrada que fai a liña cando chega a As Anzas.
4.- Antes de unha semana estará constituido o novo goberno galego do Partido Popular. Convén situarse neste escenario porque esa será o mundo real á volta de poucos días. Todalas decisións definitivas sobre as alegacións corresponden ao novo goberno da Xunta de Galicia e o alcalde de Ribadeo non pinta nada neste contexto, anque podería facer moito a favor dos veciños se quixese. Agora o Partido Popular de Ribadeo ten un papel decisivo, se quer comprometerse, para poñerse ao día das protestas dos veciños e prantexar en Santiago a grave problemática do tendido de outa tensión e subestación eléctrica de Ribadeo. Xa veremos decía un cego.
Evaristo Lombardero Rico

1 - 0

Coido que o tanteo, hoxe, é maís elevado. Non se trata do fútbol, senón de política. En canto ós 'equipos', coido que podería dárselles nome diferente segundo visións aprticulares. Hai quen dirá que un equipo é o alcalde, o equipo de goberno, por exemplo, mentras hai quen dirá que é o pobo. O mesmo na outra parte do campo. Hai quen dirá que os mercaderes ambulantes, pero tamén pode haber quen lle asigne outro nome. O caso é que houbo desenlace, 1-0 a favor dos primeiros. E non houbo xaleos visibles, nin tampouco pleno total, pero si maior despexe que habitualmente e un bullicio que se non era o normal aínda, manifestaba a posta en marcha dunha nova fase do mercado. Pode que aparentemente non o diga, pero é o que representa, unha nova fase. Máis adiante, xa se verá se se mantén a estrutura de ocupación que resultou da aplicación da normativa ou non o fai e remata dexenerando de novo, pero polo momento, así é, unha estrutura máis ordeada que se viña facendo (aínda que a esa orde contribuiu que non se montaran tódolos postos).
... Pero, non se van presentar recursos individuais, e mesmo se estuda o contratar a unha avogada? Parece que si, pero o partido xa ten veredicto.
Agora pediráselle ó concello que a rixidez amosada neste caso sexa aplicada tamén a outros. Xusto o contrario do que houbera pasado se o resultado fora 0-1. Iremos vendo, porque peticións temos todos; ó fin, o concello é a casa de todos.
Noutro conflito, eu diría que tamén houbo un resultado semellante, pero moito máis borroso. Resulta que xa están expostos no concello os planos da subestación, e poden ser consultados mediante petición escrita os planos da liña que a alimentará, pero neste caso avisando que aínda se lle están a pedir informes ó concello. É dicir, a liña AT non está nin en período de alegacións nin en versión definitiva, en contra do que sucede coa subestación transformadora. A cousa ven dos días pasados, nos que os planos da liña poideron ser consultados en Ove, xerando unha tensión que se resolve en parte así. En parte? Si, pois voltando ó tema de que a información é poder, se os planos provisionais están asinados en outubro, xa vai quedando abondo anticuado (usando unha verba suave) que non esteñan a disposición dos viciños ata marzo e de casualidade. E resulta difícil que unha administración próxima ó cidadán, aínda sen poderes sobre o tema, se poda escudar de xeito eficaz noutra máis alonxada do cidadán pero con poderes. A administración, sexa do tipo que sexa, actúa así, pero xa non pode facelo sen fortes protestas. Os tempos están a cambiar. Aínda lentamente, pero os poderes públicos teñen que procurar outro xeito de facer as cousas, outro xeito, ó fin, de gobernar. Agora mesmo, poderíase dicir que o proceso de planificación non pode ser aberto, que se non estariamos no caso do construtor da barca que fixo caso de todo o mundo que por alí pasou mentras a estaba facendo, co resultado de que rematou no fonto da auga, e despois, facendo outra versión, a quen lle viña dar consellos, dicíalle: 'ista é a miña barca, a dos demáis está no fondo'. Pero a cousa pública é a barca de todos, e entre todos temos que coidar de non afundila, pero tamén de deseñala e levala adiante. E así, por exemplo, pódese dicir que segue a ser raro que non esteña a documentación en internet: daŕia menos traballo a todo o mundo, e documentacións máis amplas, como o PXOM, xa estiveron colgadas na rede. A administración terá que ir aprendendo, igual que os viciños teremso que aprender a enfrontar as cousa doutro xeito, pasando diso, de viciños, a cidadáns participativos. Se está mal que uns afundan a barca do outro, está moito peor que a barca de todos poida ser afundida por 'un', sexa Delegado, Conselleiro ou partido político.

20090325

Mercado a 65

A semana pasada dixérono os vendedores, houbo nota de prensa do alcalde e onte voltouse a repetir noutra nota de prensa: hoxe haberá mercado, pero non todos están ó día no pago, e só montará quen non sexa montaraz: os 65 (dun total de máis de 80) que pagaron todo o 2008. O que levamos de 2009 dispón dun colchón suplementario de (agora) mes e medio para ser pago polos mercaderes ambulantes. Pregúntome se non haberá xaleo; cando a manifestación, estaba avisada a Guardia Civil, pero a nota non pon nada de que esteña avisada para hoxe. Non obstante, se volta a haber mercado, parece raro que non tenten voltar a práctica totalidade de ambulantes, o que chocaría coas ordes do alcalde. De pronto, onte ó anoitecer estaba acintada a praza para gardar sitio, despois dalgunha contradicción sobre o aparcamento as semanas pasadas (que si, poñede multas os coches aparcados, bo, agora xa non porque non hai mercado, ...) Unha última nota sobre o tema: os vendedores que abonen hoxe o cota, segundo di a prensa, non poderán instalarse ata a próxima semana.
E máis novas, que os mércores agrúpanse despois da resaca de varios días de asueto e despois, fútbol.
Así, unha vez máis, é nova o polígono industrial. A nota de prensa di que comezan as obras. Iso, no título. Máis abaixo o que di é que xa están maís próximas a comezar, pois comezan a contar os once meses que está previsto que leven. Hai que ser optimistas, pero despois non de once meses, senón de trinta anos (ano arriba, ano abaixo) hai que ver todos os prazos con prevención ata que non esteñan rematados. E, ó que se ve, non é o comezo senón do prazo. Outra cousa é que pinte mellor que veces pasadas, e que se faga con ilusión, pero sempre sen esquecer que a ilusión é de ilusos. Os papeis están. As obras, chegarán.
Obras ... obras sen facer (as do polígono por agora), feitas sen funcionar (as do parque de bombeiros da 'nosa' Mariña), en comparación con outras ben diferentes, que, unha vez aminorado o furor construtor/constrictor da costa, van véndose con ollos tamén diferentes. Un informe a partires de datos de satélite sinala (El País do luns) que Lugo, no ano 2005, tiña urbanizadas 1072 Ha (= 10,72 km2) dentro dos dous primeiros km de costa cara ó interior, cun aumento do 10,7% respecto ó 2000, o que representaba daquela só o 6% disa franxa e a convertía na provincia española con menor cantidade de solo urbanizado en relación ó total deses 2 km. Observando o mapa na edición papel, vése que a provincia con porcentaxe máis próximo é Sta. Cruz de Tenerife, co 8% (con datos do 2000). Facendo contas, e xa que por exemplo Foz e Barreiros batiron record de licenzas no 2006 e 2007, permitindo o primieiro, se non lembro mal, a construcción de tanta vivenda como xa tiña o municipio, agora pode ter dado un bó tirón respecto a ise ano. E digo eu, se os datos son de fotos de satélite do 2005, e as fotos estánse xerando a diario, por que non foron publicados no 2006 e non agora? Chámame máis a atención isto que a 'mediterranización do Cantábrico' do que fala o artigo, aludindo ó aumento de construcción na zona. Por outra banda, botando contas, sae que a costa lucense ten uns 90 km de lonxitude (x 2 = 180 km2, do que resultaría o 6% dito). Mido no Sigpac e non chega; a cifra dada sería máis ben do 7% ... no 2005, claro.

20090324

Autobombo

http://www.santiagosiete.es/articulo/2008/43/blogs-galipedia-y-chuza-nuevos-poderes-comunicacion-en-galicia ... envioumo un amigo que merecería ser citado máis que eu.

Eu confundo, ti confundes, ... conxugación da liña eléctrica a Folgfosa


Parece que, nun novo caso de obscurantismo administrativo estilo nave no porto, a Consellería de Innovación e Industria anda xogando ó rato e o gato. aquí quedan os planos presentados onte en Santa Cruz sobre a liña de alta tensión, primieros vistos na zona e datados en outubro do ano pasado (mentras que se leva moito tempo dicindo que non hai ningún plano). Por outra banda, tamén queda o fax enviado ó Concello por Industria dicindo que non valen aínda, que o que está en exposición pública é a subestación, que tampouco vai exactamente onde se dicía, e aí está a nota de prensa do concello dicindo que o alcalde non ten culpa, e presentando como documentación o fax enviado dende Lugo (á beira), datado o 23 de marzo, onte.



Non saiu moi ben a foto do fax, pero o resume pódese ver na páxina do concello na nota de prensa cunha transcrición.
O segundo documento que poño si que se pode ampliar e ler máis tranquilamente.
É a resolución para a información pública correspondente á subestación (da que non había onte planos en Santa Cruz), datada o 13 de marzo.
As outras fotos corresponden a unha composición feita polos viciños para ver o trazado da liña, dende o entronque ata a subestación. Os planos están ordeados nas imaxes, tendo en conta que o entronque da liña está ó sur (primeiro plano que aparece) e o fin da mesma, ó norte, no extremo de Folgosa, aínda que dependerá da configuración do navegador para que aparezan ben en orde.
De calquera xeito, parece que os planos da subestación están na Delegación Provincial en Lugo, si, pero non en Ribadeo (a lembrar que as obrar correspondentes ó porto de Ribadeo tampouco o estaban en Ribadeo, senón en Celeiro), a pesares de que é ben doado hoxe en día colgar os planos en internet, por exemplo, evitándose mesmo traballo na Delegación.
Voltando ós planos, a liña atravesa a estrada do monte no río de Ramos (case exactamente onde na actualidades está posto un cartel de 'Casa Panta'), e Santa Cruz cortando o camiño a Acevedo. Máis ó sur, deixa ás Anzas a unha beira, facendo unha volta.
Onte estábanse a artellar algunhas alegacións, falándose de que a baixada de Santa cruz a Folgosa podía facerse polo cortalumes, entrando nel pola cabeceira de fincas en troques de cortalas; iso esixiría unha pequena desviación do trazado, abondo máis pequena das xa existentes.
Outra queixa era a situación da subestación, que podía colocarse un pouco mías no monte con abondo menos perxuízo. Asdemade, tamén se falaba de pedir o soterramento das liñas derivadas da estación, de media tensión.
Por certo, a liña é de 132kV, o que non é moco de pavo para algunha zona poboada.
E unha reflexión repetida:por que lles custará tanto dar información? Pode que polo que se di que información é poder e hai quen pretende telo todo para si?






























20090323

Débese axudar ós bancos?

Si, xa sei: hai bancos e bancos, e a nova que vou ligar a continuación non se refire a un banco español, pero é para meditar http://feedproxy.google.com/~r/ElBlogDeEnriqueDans/~3/nNzy5fTDLvU/el-barclays-y-el-efecto-streisand.html

En galego, en castelán, ... en escrito e para todos

Vía J. Mª Rodríguez chegoume este correo que poño a continuación, correo que anda circulando pola nosa xeografía. Xa teño falado algunha vez no blog sobre o tema, e despois das preguntas de O tesón do pasado pleno, coido que debo poñelo para darlle máis difusión
--
*Asunto: Escrito de José Luis Sampedro para circular
Se pretende obligar a las bibliotecas públicas a pagar 20 céntimos por cada libro prestado en concepto de canon para 'resarcir' a los autores. Mientras la gente de a pie apenas llega a fin de mes, los ya millonarios se forran a cuenta nuestra. No consientas tamaño atentado contra la cultura y pasa este mensaje a todos tus amigos..

POR EL PLACER DE LA LECTURA:
La SGAE (Sociedad General de Autores) ataca de nuevo.
Escrito y firmado por José Luis Sampedro, escritor..

POR LA LECTURA
Cuando yo era un muchacho, en la España de 1931, vivía en Aranjuez un Maestro Nacional llamado D. Justo G. Escudero Lezamit. A punto de jubilarse, acudía a la escuela incluso los sábados por la mañana aunque no tenía clases porque allí, en un despachito que le habían cedido, atendía su biblioteca circulante.. Era suya porque la había creado él solo, con libros donados por amigos, instituciones y padres de alumnos. Sus 'clientes' éramos jóvenes y adultos, hombres y mujeres. Allí descubrí a Dickens y a Baroja, leí a Salgari y a Karl May.

Muchos años después hice una visita a un bibliotequita de un pueblo madrileño. No parecía haber sido muy frecuentada, pero se había hecho cargo recientemente una joven titulada quien había ideado crear un rincón exclusivo para los niños con un trozo de moqueta para sentarlos. Al principio las madres acogieron la idea con simpatía porque les servía de guardería. Tras recoger a sus hijos en el colegio los dejaban allí un rato mientras terminaban de hacer sus compras, pero cuando regresaban a por ellos, no era raro que los niños, intrigados por el final, pidieran quedarse un ratito más hasta terminar el cuento que estaban leyendo.. Durante la espera, las madres curioseaban, cogían algún libro, lo hojeaban y a veces también ellas quedaban prendadas. Tiempo después me enteré de que la experiencia había dado sus frutos: algunas lectoras eran mujeres que nunca habían leído antes de que una simple moqueta en manos de una joven bibliotecaria les descubriera otros mundos. Y aún más años después descubrí otro prodigio en un gran hospital de Valencia. La biblioteca de atención al paciente, con la que mitigan las largas esperas y angustias tanto de familiares como de los propios enfermos, fue creada por iniciativa y voluntarismo de una empleada. Con un carrito del supermercado cargado de libros donados, paseándose por las distintas plantas, con largas peregrinaciones y luchas con la administración intentando convencer a burócratas y médicos no siempre abiertos a otras consideraciones, de que el conocimiento y el placer que proporciona la lectura puede contribuir a la curación, al cabo de los años ha logrado dotar al hospital y sus usuarios de una biblioteca con un servicio de préstamos y unas actividades que le han valido, además del prestigio y admiración de cuantos hemos pasado por ahí, un premio del gremio de libreros en reconocimiento a su labor en favor del libro.

Evoco ahora estos tres de entre los muchos ejemplos de tesón bibliotecario, al enterarme de que resurge la amenaza del préstamo de pago. Se pretende obligar a las bibliotecas a pagar 20 céntimos por cada libro prestado en concepto de canon para resarcir -eso dicen- a los autores del desgaste del préstamo..

Me quedo confuso y no entiendo nada. En la vida corriente el que paga una suma es porque:

a) obtiene algo a cambio.
b) es objeto de una sanción.

Y yo me pregunto: ¿qué obtiene una biblioteca pública, una vez pagada la adquisición del libro para prestarlo? ¿O es que debe ser multada por cumplir con su misión, que es precisamente ésa, la de prestar libros y fomentar la lectura?

Por otro lado, ¿qué se les desgasta a los autores en la operación?.¿Acaso dejaron de cobrar por el libro?. ¿Se les leerá menos por ser lecturas prestadas?.¿Venderán menos o les servirá de publicidad el préstamo como cuando una fábrica regala muestras de sus productos? Pero, sobre todo: ¿Se quiere fomentar la lectura? ¿Europa prefiere autores más ricos pero menos leídos? No entiendo a esa Europa mercantil. Personalmente prefiero que me lean y soy yo quien se siente deudor con la labor bibliotecaria en la difusión de mi obra.

Sépanlo quienes, sin preguntarme, pretenden defender mis intereses de autor cargándose a las bibliotecas. He firmado en contra de esa medida en diferentes ocasiones y me uno nuevamente a la campaña.

¡NO AL PRÉSTAMO DE PAGO EN BIBLIOTECAS!

José Luis Sampedro

Si estas de acuerdo, pásalo. Por el placer de la lectura.

Máis para o porto: nova grúa de Galigrain


Bonita, verdade? Máis polo que representa: unha nova empresa no porto (aínda que asociada segundo parece con outra xa existente), novo material, aposta polo futuro do porto ribadense de quen era a futura titular da nave que non chegou a ir para adiante. A semana pasada os diarios traían a nova de que Ence ía deixar Ribadeo. Nova que despois se desmentiu. E non parece estrano que se desmentira nun momento que un concesionario anterior remata de facer unha nova nave (Pertejo), o recheo último está acupado por montóns de material (como se pode ver na foto; sal alomenos un deles), Gondán, que retirou os seus traballos para as Figueiras, volta a ter unha nave no porto porque non da feito aló, aparece unha nova empresa (Galigrain) actuando no porto, con novo material como se pode ver na foto...

O declive educativo


"O relativo declive da educación ... non se pode manter para nosa economía, inadmisible para nosa democracia e inaceptable para os nosos nenos. Non podemos deixar que siga como está. O que está en xogo é o soño ...". Natural, a educación vai cada vez peor; un chiste de onte mesmo no 'El Mundo' deixábao claro: dous estudantes representaban unha viñeta na que un dicía ó outro, 'fíxate se seremos pesimistas que cremos que e educación pode ir aínda peor'... Certo, a educación está relacionada coa economía, da que é un piar básico. Está relacionada co exercicio da democracia, pois quen ten os ollo abertos pode desfrutar dela, e quen non, maltratala (en ambos casos, en termos de probabilidade, que a natureza humana e outras cousas tamén contan). E, como dereito, o non ter unha boa educación conculca os dereitos dos nenos. A cita está sacada de un 'El País' deste mes. E Obama, quen fala, refírese ós EEUU, faltando nos puntos suspensivos as verbas 'estadounidense' e 'americano', respectivamente. Mágoa que zapatero non se dirixira do mesmo xeito ante a Cámara de Comercio americana en España, espello do lugar onde se expresou obama nos EEUU.



Mentras, en Ribadeo estamos esperando a ver que pasa coa unificación de centros (para a que terían que ter comezado hai cousa dun ano obras que aínda non comezaron), obras paradas (que teñen empantanada a vida diaria doutro centro), ...E a ver que pasa porque un vaivén político pode dar ó traste cos planes que había e debuxar o mapa educativo de Ribadeo, en teoría en pleno tránsito, doutro xeito completamente diferente. E as consecuencias vénse: Barreiros, zona educativa de Ribadeo, ó fin e ó cabo, non garante a auga para o parque de bombeiros no verán, ... se o parque se chega a poñer en marcha. Por se hai algún dewspiste, isto ten que ver coa construcción anárquica desta última tempada. Quizáis cunha mellor educación as esperanzas de progreso se puxeran noutros lugares en troques de nos cartos doados vía ladrillo incontrolado, e en troques de inútis discusións políticas partidarias tiveramos parque de bombeiros hai anos a traverso de transparentes e calmadas xuntanzas de representantes elixidos. Porque, con todo, o parque de bombeiros tivo que ser remozado xa e aínda non entrou en funcionamento, co que ó mellor no verán non hai ise problema anunciado...

As fotos, de Ribadeo,tres casos de construcción nada graves: o primeiro, a torre do antigo cuartel, na rúa San Miguel, máis derruída que cando foi manifestado o seu mal estado en 'Ribadeo Falls', agora xa coa barandilla caída. Unha porta antiga tapiada, nunha foto tomada a pocos metros da anterior. A dicir que neste caso, xa non lembro porta aí, e deixaron o dintel como decoración, quedando abondo aparente. A terceira, para comentar un detalle desta casa recén remozada (pódense ver aínda as pegatinas nas ventás). Resulta que, se nos fixamos nos cables da parte superior, dunha beira e doutra, observamos que baixaban; non se aprecia que o tellado xeral estaba mesmo por baixo do dintel actual das fiestras de agora, verdade?
... estánseme acumulando fotos sen comentar.
Nota posterior: Entérome de que a última foto pertence a unha casa de José Carlos Rodríguez Andina a conto de que me chamou a atención por publicala, pretendendo que a retirara.

20090322

Unha entrada curta: unha cita, unha ligazón.

... non é novo, senón moi vello. Escoiteino moitas veces, pero non o vira escrito. Entérome agora que é de Platón. Por suposto, a aplicación a Ribadeo está servida a pouco que se pense.

Guirilandia


Ribadeo está cambiando, como calquera ser vivo. Está recibindo novos aportes e facendo contribucións.

A foto amosa un novo grupo (xa non tan novo, ten un par de anos) de vivendas ocupadas en xeral polo que se chamou cando a manifestación para a defensa da ría e contra a nave de Galigrain 'residentes temporais' (noutro momento, algo de Galigrain). A verba 'guirilandia' sería en principio aplicable ó lugar ou lugares de onde proveñen os guiris, pero por derivación da mesma, coido que tamén é aplicable ós asentamentos de guiris, como o que se amosa na fotografía. E, por extensión, polos comportamentos mimetizados dalgúns lugareños, coido que tamén se podería aplicar a todo Ribadeo: hai momentos que algún ribadense parece máis guiri que os mesmos guiris, e algún 'residente temporal' máis integrado que algún autóctono. Asemade, mesmo as infrastruturas das que se está a dotar Ribadeo parece moitas veces que non corresponden a Ribadeo, senón a algo alleo. O ascensor da Atalaia segue aí, cara adiante, a pesares da oposición, sen saber canto vai costar o seu mantemento, sen un mínimo de previsión orzamentaria, sen pés nin cabeza, pero arrastrándose cara adiante. Un domingo con vento pero con Sol, final de ponte para algúns, da pé a afondar no anterior a pouco que se pasee por Ribadeo...

20090321

EXPOSICION PUBLICA DA SUBESTACION ELECTRICA E DA LIÑA DE OUTA TENSION

(recollida con retraso)
EXPOSICION PUBLICA DA SUBESTACION ELECTRICA E DA LIÑA DE OUTA TENSION
Dende o mércores, 18 de marzo, está exposto ao público, na delegación de Industria de Lugo, o proxecto de Subestación Eléctrica e o tendido da liña de outa tensión que vimos comentando nas últimas semanas.
Hoxe sábado, ás 8,30 do serán haberá unha presentación e exposición pública do proxecto nos locais da Comunidade de Montes, en Santa Cruz. Poderanse ver todalas casas, camiños, fincas, montes, etc .afectados e a exposición estará aberta ao público gratuitamente. Calquera que esteña interesado, pode acudir sen ningún compromiso nen obligación, de maneira que non é preciso ser socio nen afectado para acudir.
As primeiras impresións do proxecto podense resumir nos puntos seguintes:
1.- Hai unha clarísima manipulación das liñas para beneficiar a unha persona determinada, alonxando o tendido da sua casa a arrimando a outras, ao mesmo tempo que se fai un gran ángulo que afecta especialmente a algunhas propiedades.
2.- A subestación fica a uns 300 metros de Reverte e ocupa 3500 m2 do monte comunal de Piñeira. Non se entende porque non se desplazou outros 300 ou 400 metros hacia o interior do monte, onde non perjudicaría a ninguén.
Ainda mais, a liña que chega á subestación obligará a expropiar cinco hectáreas de monte comunal (25 metros a cada lado, ao longo de un km). Resulta obvio que canto mais arriba se puxese menor sería o terreo expropiado.
Débese suliñar que no concello non está exposto o plano do proxecto, como deu a entender o alcalde nuhas declaracións, senón a notificación onde se informa de que o plano está exposto en Lugo. Como vemos o Sr. Alcalde segue confundindo aos veciños para darlle todo tipo de facilidades a BEGASA e non cumple a sua promesa de que o proxecto ia exposto no concello de Ribadeo.
Evaristo Lombardero Rico

20090320

Desgranando as eleccións (+1)

Collo os datos, definitivos ó que parece, dos resultados eleitorais no conxunto de Galicia (por certo, nesta ligazón, http://resultadoseleccions.xunta.es/11AU/galiciamesas2009def.zip pódese descargar unha aplicación chusqueira para windows, que non para linux ou mac):
Candidaturas Votos Deputados
P.P. 789427 46,68% 38
PSdeG-PSOE 524488 31,02% 25
B.N.G. 270712 16,01% 12
UPyD 23796 1,41%
TEGA 18726 1,11%
EU-IU 16441 0,97%
OV 5911 0,35%
PUM+J 3507 0,21%
F.P.G. 2903 0,17%
NÓS-UP 1510 0,09%
PH 1227 0,07%
D.O. 1066 0,06%
+ G 923 0,05%
FE de las JONS 675 0,04%
SAIn 420 0,02%
GU 369 0,02%
UCL 311 0,02%
SDD 262 0,02%
AVE 230 0,01%
E fago algunha conta:
Os votos que lles costou ós partidos cada escano foron:
PP,20774,39
PSOE,20979,52
BNG,22559,33
... e para os outros non conta, que se contara, o resultado sería ... infintos :-)
Os resultados para Lugo:
Cunhas poucas contas pódese ver, por exemplo, que o PP non sacou máis votos que PSOE+BNG, pero non por moito: 1,63% dos votos, 1,09% dos votantes. Cada deputado PP ten detrás o apoio de 13696 votantes, e cada BNG, 16707.

20090319

Novas do concello

... Despois de días de seca, a web do concello móvese, e con novas xugosas: a volta do mercado, por exemplo. e ven acompañado na prensa de, por exemplo o pago do concello á SGAE (unha pregunta de O Tesón no último pleno)

Novas do concello

... Despois de días de seca, a web do concello móvese, e con novas xugosas: a volta do mercado, por exemplo. e ven acompañado na prensa de, por exemplo o pago do concello á SGAE (unha pregunta de O Tesón no último pleno)

Nota de prensa sobre a subestación eléctrica nova de Ribadeo

NOVAS DE ULTIMA HORA SOBRE A SUBESTACION ELECTRICA
O pasado día 13 de Marzo, o Delegado Provincial de Lugo da Consellería de Innovación e Industria asinaba a orde de someter a información pública a “solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica Subestación de Ribadeo”.
No mesmo texto anúnciase que o expediente atópase a disposición do público na devandita delegación de Lugo, perante un plazo de 20 días hábiles. A comunicación, que non o expediente, esta pendurada no taboleiro de anuncios do concello de Ribadeo, dende hoxe, 18 de Marzo.
Nesta comunicación anunciase a ubicación da subestación na parcela do catastro nº 297 (Polígono 26).
Pola nosa banda so podemos engadir o seguinte:
a) Descoñecemos se esta resolución está publicada no DOGA e cando empeza exactamente a data de exposición pública.
b) A parcela nº 297 corresponde a un anaco do monte veciñal en man común de Piñeira. Esta parcela ten 27 hectáreas e chega dende Reverte ata Os Cahos e As Fontes do Lobo. Dun extremo ao outro ten 1.200 metros.
c) O Sr. Alcalde non notificou nada a ningún veciño, polo menos ata onde chega a miña información. Se o notificou privadamente a alguén é cousa que non sabemos.
d) O expediente non está exposto no concello de Ribadeo, como promoteu o alcalde, pero pode estar nos próximos días.
e) Non é certo que a subestación esteña en Folgosa ou perto de Folgosa, como declarou o Sr. Alcalde por escrito recentemente.
Evaristo Lombardero Rico

20090318

De novo, o ruído é nova, aínda que non sexa en Ribadeo

Un amigo envioume hai un par de días ista nova, que xa vin replicada en varios sitios. Chegou a min onte, e onte resultou ser S. Patricio, Patrono de Irlanda, co que o mesón próximo, que ten certo gusto polo Irlandés, organizou unha festa, e que festa hai sen música?
En fin, en Ribadeo non hai policías locais máis aló das 10 da noite durante a semana, e a Guardia Civil non ten sonómetro, e... e como soe dicirse, a carabina de Ambrosio.
Chama a atención a nova de que a condena recibida segundo a nova ligada é a primeira que recoñece lesións producidas polo ruído. Non é coña. É difícil probar a relación entre efectos sanitarios e ruído; non porque non exista, senón porque non ten efectos facilmente diferenciables se non se fai un seguemento minuto a minuto da vida da persoa, dos efectos que podan ser derivados doutras fontes, mesmo de irregularidades ou tendencias na propia persoa, e a quen non sofre o ruído parécelle de coña que poda ser tan perxudicial.
Seguindo o comentario da nova, di que era un bar que instalou equipo de música. En Ribadeo, a algún bar con equipo de música e un carrado de denuncias encima lle deron a comezos de século a licenza de pub (Jose Carlos Rodriguez Andina mediante), o que xerou que as denuncias pasaran a procedimiento xudicial, etc (incluído no et caetera ameazas e insultos de diversos tipos e por diversas persoas). Pero o bar segue sendo pub e segue sen o illamento debido e funcionando, iso si, con doble porta despois de pasado uns cantos anos e de ser pedido o seu peche varias veces e por unhas cantas sinaturas.
"Soportaban emisións de ruído de máis de 43 dB". En Ribadeo, crise mediante, a cousa está máis calmada que en tempos, e mira ti que os 43 dB é unha medida típica (máis ben un pouco baixa) na miña casa os sábados, pero non xa ata as 3, como di a nova do bar de Barcelona, senón ata as 5 ou máis aló. Iso si, aquí a música molesta soe ser só polas noites (non sempre), aínda que que o horario de peche non só é sobrepasado de xeito común senón que permíteselles ampliación legal en diversos periodos.
Mentras, o regulamento de ruídos segue sendo un regulamento tipo, estatus ó que o rebaixou o pleno por unanimidade en tempos do anterior alcalde, Balbino Pérez Vacas, despois de incumprir dende o mandato anterior o regulamento que xa había e que especificaba que non se daría pé á concentración de locais nouturnos separándoos unha certa distancia. Por certo, tamén foi el quen deixou a un novo establecemento (asimilado a licenza de bar) abrir e poñer música, xa retirada por orde xudicial. E mentras, o actual alcalde, equipo de Goberno e pleno, retrasaron a tramitación no pleno dun novo regulamento sobre contaminación acústica porque o anterior, aprobado de xeito inicial hai xa uns cantos anos e pasado longamente o periodo de recepción de alegacións, non deu tempo a estudalo para o pleno de xaneiro. O caso é que tampouco debeu dar tempo a estudalo para marzo, pois non se presentou. E o PXOM non recolle as zonas acústicamente contaminadas (ou non recollía cando se fixo público)
Coido que se pode entender ben por que sigo en xuízo polo tema do ruído e ademáis, de seguro ampliarei próximamente o número de litixios.
Como despedida, un saúdo e grazas pola paciencia sobre un tema que se me fixou fai tempo.

20090317

Unha nota de prensa sobre o ARI de Rinlo

Xa que hai días nos que a web do concello non se actualiza coas novas propias do concello (como sinalei por exemplo, no comentario ó post anterior), deixo unha nova nota para darlle difusión; non sei como a tomarán algúns colectivos, como 'Rinlo bai'.
VIVENDA APROBOU DEFINITIVAMENTE A DECLARACIÓN DA ÁREA DE REHABILITACIÓN INTEGRAL PARA O NÚCLEO URBANO DE RINLO. FERNANDO SUÁREZ DI QUE É UNHA BOA NOTICIA E QUE SE DA CUMPRIMENTO A UN COMPROMISO DA CONSELLERÍA CON RIBADEO.
Ribadeo, 17 de marzo de 2009. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, tilda de “boa noticia para o núcleo urbano de Rinlo que por parte da Consellería de Vivenda e Solo, por parte da conselleira en funcións, Teresa Tábosa, se nos comunicou por escrito que foi aprobada definitivamente a declaración da Área de Rehabilitación Integral para Rinlo”. O rexedor lembra que “esta ARI se aprobou inicialmente aquí no Concello e despois por parte de Vivenda se nos requeriu para fósemos quizáis máis ambiciosos non só en pedir axudas para a rehabilitación privada senón tamén para espazos públicos, xa desde o primeiro momento”.
Suárez Barcia sinala que “agora declara esta ARI para Rinlo e indica que cabe suscribir o correspondente convenio na comisión bilateral de seguimento na que vai a participar o Concello e na que tamén están a Xunta e o goberno central a través do Ministerio de Vivenda”. O alcalde de Ribadeo engade que “esto xa é un papel que queda destinado para que o novo goberno autonómico da Xunta teña que asinar o primeiro convenio da comisión bilateral cando se produza, creo que na época estival”.
Fernando Suárez suliña que “o que era o compromiso desta Consellería de Vivenda e Solo cumpríuse e eu lle agradezo a Teresa Táboas, a conselleira en funcións, que se acordara de pechar este expediente para que o novo goberno que entre xa o poida xestionar con toda garantía”.

Pleno de 16 de marzo de 2009 (e II)

Despois do reseñado en "Pleno de 16 de marzo de 2009" pasouse a Rogos e preguntas, que non vou a desgranar unha a unha proque foron moitas. Pero si algunhas que considerei máis importantes ou curiosas:
Reiterou F. Rivas unha pregunta de hai 3 plenos sobre o número de turistas provintes do Uruguai. A pregunta, clara e cristalina, en relación coa viaxe a quel país efectuado por representantes municipais da zona (incluída Ribadeo) ó Uruguai o pasado ano.
Pediuse a retirada de carteis eleitorais: no que eu lembro, váise convertendo en tradición o incumprir o tempo de poñelos e de quitalos. A conta diso, o alcalde lembrou a extralimitación da propaganda acústica da UPRi nas leccións locais (algo sobre o que segue sen actuarse, esto da contaminación acústica...)
Dende hai tempo hai os venres, á entrada do Pazo do concello, un atado con unha tira de exemplares de 'La Voz de Galicia'. Parece ser que non se pagan (alomenos, polo concello)
... pedindo atallar as cagadas de cans. Como desculpa, o alcalde relatou un caso dun can que cagou no parque ... á beira do amo e diante do propio alcalde. Pero quedeime sorprendido de que o alcalde non dixera que fixo a continuación (e quedei sen sabelo, claro)
A reparación da estrada da piscifactoría (ver por exemplo un post coa lagoa Cascos en foto) deu lugar a unha explicación de futuras próximas reparacións a conta de entidades diferentes do concello, para aforrar cartos.
Lembro que a petición final de José Carlos Rodríguez (ver post anterior en Ribadeando) foi para establecer o uso dunha normativa e acortar os plenos, algo que non estaría de máis, aínda que entendo que tería como contrapartida o que foran menos amenos e menos intelixibles. Os actuais, máis calmados (a Deus grazas) do que foron en tempos non moi lonxanos, non deixan de ser didácticos e listrativos en moitos sentidos, o que pode que inflúa no aumento relativo de xente asistente.
Quedaron para despois do pleno, coma sempre, as preguntas das asociacións, que, coma sempre, foron só de O Tesón.
A primeira (ver a ligazón) sobre o regulamento de participación cidadá, deu lugar a unha resposta ambigua, no sentido en que se consultará se está vixente o regulamento do 90 ou non, e que non houbo tempo para dar pulo a un novo regulamento (a lembrar que foi presentado xa polo Tesón no concello e na Mesa de asociacións, a parte de enviado a tódolos partidos).
A resposta á segunda, sobre vagabundos e mendigos, comezou co recoñecemento de que algunha medida está tomándose (non dixo cales), pero con resultado débil, por ser un tema complicado: a P.L. non ten dereito a botar a xente da rúa, e non e cousa de poñerse como en Marbella, en plan nazi (o alacalde non empregou esta verba). Coido que hai cauces entre o 'laissez faire' e o nazismo, respetando ás persoas. Pero, igual que noutros campos, hai moito que camiñar para facer as cousas medianamente ben.
Sobre as obras de compensación de exposicións, aclarouse que o depósito está na Casa do concello, e que está previsto que a concellería de cultura distribúa obra cedida para que sexa realmente usada, pero está pendente de regulamento. En troques, o tema da lista de obras e o cotexo entre as obras e as exposicións, para ver que a norma se aplica por igual a todo o mundo, quedou sen resposta algunha, polo que o tema voltará a saír.
Respecto ó pago á SGAE, quedou claro que este ano non rematou para saber canto se lle dará, quedou clara a existencia dun convenio marco coa SGAE e o rexeitamento do alcalde de que haxa que pagar por cousas como a actuación da banda de música, incluíndo temas xa de dominio público (algo que lle parece 'indigno'). Deixou claro que daban ganas de voltarse insubmiso, pero non son cartos del, senón dos viciños (a entender que debe xestionar para evitar represalias ós viciños, non que os cartos están sendo xestionados dun xeito menos estrito que se foran propios)
En canto á pregunta, quedou en cursar a correspondente petición a Fomento, comentando que incidía nunha das preguntas feitas no mesmo pleno por un dos grupos (Ramón, PSOE)
Poderían facerse máis comentarios, pero coido que por esta, queda mellor así, deixando claros os comentarios e circunscribíndoos a temas e repostas puntuais.

Pleno de 16 de marzo de 2009

Relatar un pleno non soe resultar curto, nin doado polas fintas, pequenos xaleos e demáis que se fan ó longo del. Neste caso, o pleno ordinario de marzo, non foi diferente, rematando preto das 11 da noite dende as oito da tarde ás que comezou. De calquera xeito, se tivera que resumir o pleno en poucas palabras, faría fincapé en que o balance de forzas externo, debido ás eleccións galegas, fixo mella na liña habitual de cada un dos grupos, sutilmente, de xeito que no futuro é posible que nos esperen plenos diferentes en canto a correlación de forzas e alianzas no salón, que non lóxicamente no número de concelleiros ata as próximas eleccións.
Comezou aprobándose as dúas actas anteriores. O punto número 2 foi unha dación de contas do grupo de goberno, preguntando a oposición por diversas facturas das tratadas. Entre outras moitas, saíron a relocier a primeira limpeza de mantemento do depósito de combustible que manteń o concello entre o Pazo de Ibáñez e a Aduana, a petición do número de exemplares de 'Ribadeo de Tapeo' (3 000 €), 2030 € en concepto de páxina web, obras por 20 000 e 40 000€ no centro de día, subvencionadas pola Deputación Provincial, un informe de intervención sobre o exceso de gastos (un máis e non o peor, onde se corrixiron xa algúns vicios anteriores, segundo o equipo de goberno), etc. Como curiosidade, Balbino Pérez pediu a presentación de tódolos informes anteriores, despois da súa propa petición de saber se o alcalde fora partícipe do equipo de goberno que el presidía; 'para rematar coas culpas sobre as débedas e excesos de gastos' (máis ou menos foi o motivo que aduxo).
A adhesión á 'Asociación Turística Interrexional' en torno á Reserva da Biosfera deu lugar a un debate que non esperaba. Postulouse o alcalde como representante e foron votados tamén os estatutos. Votou PP contra o resto dos grupos, pero o interesante estivo en que en contra do normal, que o suplente do representante en asociación diversas fora ampliamente discutido segundo ven sendo tradicional, neste caso, insistiu UPRi en saber quen era o proposto, pero nada máis. E iso porque se usou unha fórmula normal de substitución, sen ser nomeada en principio: o substituto do alcalde é a Tenente de Alcalde 1ª. O PP cualificou de ilegais os estatutos, e a asociación de chiringuito do PSOE, fixo saír a relocer que está sen asignación de cotas por aprte dos concellos participantes, destacou que a sé estaría na Veiga e non en Ribadeo, que a diretiva estaba constituída de 3+3 (Asturias/Galicia) representantes de concellos, co que espantábase a outros posibles socios e contribuíntes, como as Deputacións, etc. Foi contestado polo alcalde entre outras cousas que non se prevé aportación económica ou que o BNG que representa o alcalde está abondo menos representado que os outros partidos (en relación ó de 'chiringuito')
O nome das rúas xa esta acordado: quedan Amadora Suárez Couto e Ernestina Mansilla asignados, na procura de sitio para seren aplicados Saudade e 8 de marzo e o resto, adiados, pedíndose asemade un establecemento de criterios para asignación de nomes no futuro.
Foi a partir deste pundo cando a audiencia, que chegou a ser de 22 persoas nalgún momento, comezou a desfilar segundo intereses persoais, quedando ó final unha decea de persoas.
O punto seguinte, sobre o Regulamento da Agrupación Municipal de Voluntarios de Protección Civil, foi votado a favor de xeito unánime, con escarceos sobre que os voluntarios non foron consultados ou si o foron, a baralla sobre o número de membros (máis de 100) e a súa pertenza real operativa, o control democrático e a constatación de que é infinitamente mellor do que había.
Pasouse a licenzas de ocupación comúns, xa tratadas e consensuadas con anterioridade, o regulamento de actividades deportivas municipais, sobre o que tamén había consenso, e logo, a unha moción do PP sobre a modificación da lei eleitoral (en relación co voto exterior), moción que segundo parece se presentou en outubro. A votación deixou a abstención do PSOE fronte ós outros grupos municipais, despois de remarcar diversos aspectos uns grupos sobre as posturas dos outros ou o feito de que un recén trasladado a Cataluña non poda votar nas galegas e si o poda facer un neto de emigrantes que non pisou nunca a terra.
O apartado de Rogos e Preguntas, como soe suceder, foi longo, encabezado pola UPRi, o que deu lugar á petición final do PP de que se alternaran en contravolta os grupos de comezo para que non lles pisaran as súas propostas e quedaran máis visibles, o que José carlos Rodríguez propuxo a carón de que asemade se usaran as normas correspondentes para que as dacións de contas non se eternizaran a raíz das preguntas dalgún grupo (UPRi)
Este punto final deu lugar a auténticas curiosidades. Noutro post sairán algunhas.

20090316

Un artigo de Suso Fernández Acevedo na Comarca última: Dándolle á lingua

Coido que no debate sobor da lingua hai aínda abondas cousas que dicir, pero sobre todo, de aclarar. Este artigo vai nese sentido.

Dun lugar e doutro


Chegou a primavera, como o manifestan os xardíns ribadenses, como este beireando Santa Clara. Esta fin de semana tamén o manifestou a chegada de máis visitantes que moitos dos domingos pasados. A estación non entra oficialmente ata a próxima fin de semana, pero meteorolóxicamente xa está aquí. E con ela, por ista vez, un pleno.
Ó regreso á semana dende un unha fin de semana sempre deixa novas ideas e escasez de noticias. Por iso, hoxe voltarei a xerar alomenos outro post, pero con outro tempo diferente.
"O que contamina, paga e ademáis, restaura" é o titulo que levou o suplemento da Voz do mércores 18 de febreiro sobre a lei de residuos sólidos. O título paréceme adecuado polo seu significado, e ademáis, ben relacionado coa lei. Pero ante as leis, neste país, comecei a ser escéptico hai tempo, e será cando vexa se se cumpre apra todos cando deixarei de selo. Aí , se se cumpre, poderanse ver as consecuencias dunha lei así, que estimo moi positivas. Se non se cumpre, só será un papel mollado na maraña administrativa da que a xente normal non nos podemos substraer en xeral, pero á que outra xente que lle pode adicar cartos ou influencias traerá ó pairo. Por certo, que se a lei se cumpre e se extende á contaminación acústica, van telo difícil para restaurar unha vida variada pola contaminación.
"Corrupción. (...) Unha clave para frenar a súa expansión é mellorar a transparencia da xestión pública e privada", título aparecido no 'El País' do domingo 8 de marzo, incide nun aspecto ampliamente comentado no blog, moitas veces, e pedido por moita xente: a transparencia da xestión implica abrir a administración, máis aló dunha manobra política, como unha das ideas de fondo que debe impregnar a actuación política. Mentras se faga doutro xeito, será máis de boquilla que real, máis teatro que fonte de verdade para o pobo. Gustaríame dicir que se avanza neste sentido, pero se os hai, os avances son tan tímidos que se ven minados polos retrocesos típicos de toda maquinaria que se desgasta (tamén a 'maquinaria administrativa' necesita un mantemento, revisións, renovacións, ... que non se están a facer a moitos niveis)
"Se imos gastar miles de millóns (...) do contribuínte, non pode ser só en banqueiros que decoran despachos, especuladores de vivendas excesivamente endebedados e executivos automobilísticos que ano tras ano gastan máis enerxía resistíndose ós cambios e presionando (...) que liderando o cambio para vencer (...)". O parágrafo, en castelán, apareceu onte no El País, e unha vez retiradas algunhas poucas verbas concretas, podemos aplicalo a calquera país, o noso incluído, aínda que autor se refira ós EEUU. Non se trata de non subvencionar nada, senón de elixirnon caer nas redes de subvencións a empresas que non o merecen (que por outra parte, son as máis visibles á hora de conseguir subvencións)

20090315

Falando de políticas




Se non boto mal as contas, hoxe fai dúas semanas xustas das eleccións do 1M. Esta mesma semana pasada, a mediados de semana, deuse a nova de que despois do reconto dos votos dos emigrantes (e familia foránea), Ourense balanceaba un dos seus representantes do PP ao PSOE, quedando 38 - 25, momento no que me dixen que esta fin de semana era o apropiado para revolver un pouco máis nos números das eleccións e sacar a relocer curiosidades. Pois ben, aínda hoxe mesmo entro na web das eleccións e non atopo datos de más acó que o 3 de marzo e máis información dos dous 'primeiros calsificados', ninguneando ó resto. É dicir, por exemplo, aínda aparece o PP con 39 (ver por exemplo, aquí), co que calquera análise que poda facer sobre datos oficiais será na realidade sobre datos atrasados e parciais. A información pública volta a relocer por non ser nin información nin pública. Non é casualidade que onte publicara RPC: non República Popular China, senón Regulamento de Participación Cidadá; hoxe mesmo a prensa trae unha información que non aparece na web do concello nin chegou en forma de nota de prensa. É dicir, unha información currada polo periodista a traverso dos seus contactos e que non debera selo. Por que? Porque é o resumo da orde do día do pleno do concello de mañá, pleno ó que, como a calquera outro, debera ir de xeito masivo a cidadanía para ver que se decide das nosas vidas. A experiencia me da que non será tan masiva a asistencia, se ben de media, asiste agora máis xente que hai anos.
A cuestión, a diferentes niveis, vemos que é a mesma: os cidadáns vemos o noso dereito á información ninguneado unha e outra vez, poñendo moitas veces notas parciais ou tendenciosas en troques de información, ou empregando unha información para tentar tapar outra ou sinxelamente non tendo a disposición información algunha. É dicir, non é información o que recibimos polo noso dereito. E é asimétrica: non todos podemos dispor dun acceso á información semellante (e non me estou a referir a persoas que polo seu cargo podan ter acceso a cousas que poden estar ben sendo segredas, senón a adláteres ou persoas con contactos en relación ó 'público en xeral'), polo que non é pública tampouco.
Quedan como testemuñas eleitorais as fotos de tres actas (correspondentes respectivamente a Turismo vella 1, Turismo vella 2 e Cine Teatro 1) que se poden ampliar e nas que se pode ver os datos completos correspondentes de primeira man (na última aparecen borrosos por ter que sacar a foto a traverso da valla). Por certo, esta volta de xeito circunstancial, de novo volta a aparecer a política cerca dos pub, pois os carteis máis próximos, dos que se ve algún retazo, son anuncios da movida ribadense.

20090314

RPC: non República Popular China, senón Regulamento de Participación Cidadá

Pois iso, chamoume a atención en Lugo o folleto que adxunto, editado polo Concello, animando á participación cidadá para definir o propio regulamento de participación no concello. Algo que en Ribadeo lévase pedindo xa varios anos, despois de que o vello regulamento non chegara a aplicarse antes de quedar fóra da normativa actual. Aínda o Tesón ten suxerido non hai moito un documento para recomezar, (está na rede) documento que xa foi criticado por outras asociacións pero que parece que ós políticos non lles serviu nin para poñerse a pensar sobre o tema.


Dúas festas por unha


Só unha curiosidade: a conta das eleccións, o PP xa leva dúas ceas (a da final de campaña e a de celebración). O cartel pertence ó anuncio da segunda. E despois da cea, jarana (demostrado).

20090313

Os mortos xa chegaron



Hoxe é a estrea da película 'Os mortos van á présa', logo os desprazados polo mundo adiante (polo de pronto, o resto de Galicia e de España), teñen a oportunidade de vela en sala de cine.
O luns 16 hai pleno. Nel está previsto que se poñerá o nome de Ernestina Mansilla ó tramo entre Buenos Aires e Amador Fernández, e Amadora Suárez Couto ó tramo entre Daniel Cortezón e o aparcamento municipal (ambas fotos do Sigpac á beira e ordeadas, centradas nas rúas e sinaladas). Ambos viales terán nomes propostos por diversas asociacións nunha xuntanza do Consello Sectorial da Muller. Quedan outros viales pendentes de nomear, polo que é de supoñer que pronto haberá máis incorporacións ó nomenclátor local. Queda tamén unha referencia a Ernestina Mansilla que resulta quizáis negativa: "Había además en Ribadeo una Funda­ción Clemente Martínez, escuela graduada, con su capilla aneja, en cuyo frontis y grabadas en már­mol están las palabras evangélicas: «Lo que hicis­teis con uno de estos pequeñuelos, conmigo lo ha­béis hecho». Pero la fundación fue suprimida pa­ra estos efectos por los herederos de doña Ernestina Mansilla, y desde entonces la enseñanza pública queda servida de precario. Ribadeo tiene instituto, tiene franciscanos; pero sólo hay dos escuelas de niños y una de niñas. La Junta de Enseñanza Mu­nicipal pide un grupo escolar.", referencia publicada o 25 de decembro de 1929 en "El Sol" de Madrid e logo en forma de Libro, titulado "Viaje por las escuelas de España". Por certo, algo ben diferente do que ocorre hoxe, con gastos por cada adolescente ribadense da orde de 8 000 €/ano para a súa formación.
Mentras, está selándose xa a última zapata da Ponte dos Santos, nunha actuación que entendo estaría prohibida por Medio Ambiente, igual que outras semellantes efectuadas na Ponte. Pero 'estaría' non é efectivo.
Un apunte sobre o tema dos nomes: enviarei un escrito ó concello polo tema do nome da ría en Google maps. Gor particular, hai tempo que enviei debidamente a referencia para que fora corrixida, pero nin caso. E hai tempo que falei delo tamén a responsables do concello, e tamén nin caso. (ver os dous mapas de Google de abaixo na opción ampliada)

Visualizar o mapa ampliado

Visualizar o mapa ampliado