20090630

Sobre a opción nuclear...

De acordo? En liñas xerais, como cousa provisional, si. Pero moito me temo que a segunda parte da carta non engloba algo fundamental: a reducción de consumo enerxético...

"Madrid, 26 de junio de 2009
Sr. D. José Luis Rodríguez Zapatero
Presidente del Gobierno
Palacio de la Moncloa
28071 MADRID
Sr. Presidente:
Ante el debate que se está produciendo en España sobre la continuidad o cierre
de la Central Nuclear de Santa María de Garoña, la Real Sociedad Española de Física
desea comunicar la siguiente
DECLARACIÓN:
1. Es cierto que la decisión final corresponde al Gobierno de la Nación. No
obstante debe subrayarse que los únicos datos objetivos y basados en
argumentos científicos-técnicos conocidos por la opinión pública son los
presentados en el informe del Consejo de Seguridad Nuclear. Este informe
propone la extensión de la vida de la central, durante diez años, bajo un
criterio exclusivo de seguridad y condicionada a actualizaciones y mejoras de
la instalación.
2. Es necesario y urgente diseñar un plan energético a medio y largo plazo que
combine adecuadamente todas las fuentes de energía disponibles y que pueda
recibir el mayor de los consensos. De ello depende el futuro de nuestros hijos
y nietos. Para redactarlo deben considerarse todos los aspectos científicostecnológicos,
económicos, ambientales, etc. dando protagonismo a los
profesionales más cualificados de las distintas especialidades implicadas y
cuyas conclusiones razonadas se expresen en un lenguaje asequible. Dichas
conclusiones deben servir de base no sólo para que la población pueda
formarse opiniones individuales o colectivas bien fundadas, sino también para
definir una política energética estable a largo plazo como una Cuestión de
Estado no partidista.
Agradeciéndole su amable atención, le saluda atentamente,
Antonio Fernández-Rañada
Presidente RSEF"

20090629

Non se trata de facer de cada pobre un rico, senón de facer forte unha comunidade

Corresponde a unha frase de 'El legado de una revolución', e non trata de Ribadeo, senón da India, da obra de Vicente Ferrer. É curioso que me chame a atención, relacionado con algo de Ribadeo? Non o creo. Coido que a difusión dos feitos que deron lugar ó estado actual da obra de Vicente Ferrer (comezando pola súa loita anarquista) pode dar moitas leccións, e non só para quitarlle a fame a pobos con moitas carencias, senón tamén a xente que 'vive ben'. E é que máis aló da liña aquela de 'se lle das un peixe a unha persoa, aliméntalo un día; se lle ensinas a pescar, comerá toda a vida', Vicente colleu con antelación unha idea posterior do Nobel de Economía Amartya Sen, o desenvolvemento socio-comunitario como base non só para o desenvolvemento humano-persoal, senón tamén económico. É dicir, a pobreza/riqueza como algo relativo, que pode moi ben vir dado polo desenvolvemento comunitario como unha cousa máis do que se soe chamar non 'nivel de vida', senón 'calidade de vida'. É dicir, a riqueza 'medida en cartos' é algo moi relativo, por moito que sexa o sistema tradicional de medida. A participación comunitaria é tamén riqueza, e máis sustentable e duradeira, máis básica.

20090628

Outra ocultación?

Coido que esta vez non será, pero o caso é que os retrasos de información ós administrados rematan facendo a mentalidade de ocultación premeditada. Hoxe a Voz de Galicia trae unha información adiantando o informe sobre as Grobas. Queda a memoria definitiva por presentar.

20090627

Incorporación

Despois de usar xa varios anos o sistema de preguntas ó pleno (en realidade, a 'despois do pleno', pois non entran en acta) que a AVV O Tesón logrou a comezos do anterior mandato no concello, agora por fin parece que outra asociación, a Atalaia, decidiu usar o sistema. Ata o momento só unha vez outra asociación (coido que o Cantal, pero non estou fixo) usara do sistema nunha ocasión. Coido que, a pesares das evidentes deficiencias do sistema (como lembranza, un exemplo: non sería a primeira vez que sinxelamente, non se contestan as preguntas), débese aproveitar mentras non haxa outra mellor. Así, pois, hai que recibir á nova asociación que se incorpora ó sistema cunha mensaxe de ánimo.

Asamblea da Asoc. Puente de los Santos

Un desafortunado cambio de lugar de última hora fixo posible que non chegara a tempo á xuntanza, polo que a entrada será recortada.
O auditorio estaba ocupado polas actuacións de fin de curso da EMMD que referín xoves. A primeira convocatoria da asamblea estaba prevista para as 20:30, e a segundada para as 21:00, en pleno medio das actuacións. Ó final, a xuntanza celebrouse no salón de plenos do concello, asistindo trece persoas dos (cálculo persoal) máis de 50 representantes convocados.
A xuntanza transcorreu, polo que me contaron, normalmente, con aprobación de acta, actividades e contas, a excepción dun pequeno altercado sobre un punto non recollido na acta anterior sobre o tema do leite.
O punto forte era a continuidade da asociación, que se estima asegurada en base á petición de novas diversas subvencións e proxectos. Así, está pedido un novo taller 'ria do encontro', o 4º, cun orzamento de 1 600 000 €, está redactándose un proxecto piloto, etc.
Capítulo aparte, chámame a atención e da idea dos cartos manexados no proxecto, en relación cun dos proxectos presentados, que foi encargado aunha empresa, dynamica, que puxo como condición no anteproxecto, un pago de 4 600€ + 0,6% da cantidade concedida en caso de resolución favorable. IVA aparte. Ou o 20% que supuxeron os gastos de funcionamento sobre o total (gastos de funcionamento incluídos) de manexo de cartos por certificacións (é dicir, o total de gastos)

Un paseo



Pasáronme un listado de nomes de escritores con rúas en Ribadeo, que serve de guía para un paseo a fin de curso dalgúns alumnos do IES Gamallo Fierros. Póñoo con algunha indicación da situación de rúas á beira, abondo borrosa para non axudar moito, por se alguén quere facer a ruta.
Notas:
- o listado ten desordeados os atributos dos escritores...
- pode empregarse o mapa de Google ou mellor o buscador/rueiro de Ribadeo.com ...

20090626

Ribadeo, en Google...


... pode 'agarrarse' e moverse...
... buscar o rio de Ribambo ...
... e ter coidado: 'Ronda de la cárcel' tampouco é onde a poñen ...

Diversificación de fonte

Hai cousa de doce anos comentaba nunha xuntanza onde había xente duns cantos países que a prensa en España mantíñase a un nivel informativo que coidaba abondo mellor que, naquel entón, por exemplo, Inglaterra, pero que había síntomas de que a cousa ía ir a peor. Coido que non errei. Aquí a prensa é máis 'democrática': non hai a prensa amarela-panfletaria que campou hai tempo en Inglaterra, pero coido que nos quedamos sen prensa independente, o que fai necesario diversificar as fontes. Non me estou a referir ó nivel local, onde a falta de medios (máis ben de persoal) para atender o sistema, xunto coa falta de novas de xeito continuado e a dirección das novas que se trata de exercer por quenes teñen máis capacidade de xeración de novas e maior poder, vese alomenos en parte compensado coa proximidade entre a propia nova e o público que a consumirá e a falta de intermediarios que a podan manipular.
De calquera xeito, o ampliar un pouco a visión e consultar varias fontes para ver diferentes perspectivas, se no pasado foi convinte agora é necesario, so pena de ter postas unhas orelleiras invisibles para quen as leva e polo tanto máis perniciosas, xa que non permeten nin ver máis que nunha dirección nin decatarse que isa dirección non é a única, senón tan só unha parte da realidade, que por elo pasa a verse, cando mínimo, deformada.
En Ribadeo, a nivel local, temos alomenos catro fontes diarias, dúas radios, Onda Cero (102,3 MHz) e a COPE (93,6 MHz), e dous xornais con separatas sobre A Mariña: La Voz de Galicia e El Progreso, xunto con un semanal, La Comarca del Eo, e outra prensa menor, como o mensual Cosco Express (alomenos, porque teñen pululado varias outras 'cabeceiras' que non vexo últimamente). Ós anteriores podemos incrementarlles na rede a Vieiros, xunto con algunha publicación máis, menos regulares. A nivel Galicia, ós comerciais citados hai que engadrilles O Correo Galego, Galicia Hoxe, O Faro de Vigo, A Nosa Terra, ... e gratuitos, como Delunsavenres, En Movemento, ... e por suposto, diversos blog tanto a nivel local (ver o lateral) como galego.
Poderiamos seguir a nivel nacional, con Público, El País, Vanguardia, ABC, El Mundo, ... todos con edicións dixitais (por certo, moi bo o 'kiosko dixital', con prensa dende nivel local a internacional).
Dentro da oferta, vése unha falta grande de paralelismo, tanto en modelo de negocio como en noticias ofertadas, orientación ou no seu tratamento. Por exemplo, os gratuítos (esta mesma semana anunciouse a retirada dun en A Coruña) son tratados moitas veces pola prensa 'de pago' como 'vendidos á publicidade', e polo tanto, faltos de obxectividade. Pero se vemos, por exemplo, o xa non renovado 'La Coz de Galicia', veremos que a extensión que se fai desa característica é en xeral a toda a prensa galega...
Vamos, que se de cando en vez non se mira o mundo a traverso doutras miradas diferentes ás habituais, o que veremos non será o mundo, senón unha especie de reflexo do propio embigo.

Nota de prensa: Informe da Dir. Xeral de Patrimonio sobre o PXOM

INFORME DA DIRECCION XERAL DE PATRIMONIO SOBRE O PXOM
O día 28 de Agosto de 2.008 entrou no rexistro do concello o Informe da Dirección Xeral de Patrimonio, da Consellería de Cultura sobre o PXOM de Ribadeo.
O devandito informe foi secuestrado ate hai poucas semanas. A primeiros de Xuño foi remitido aos concellais da oposición e nestes ultimos días saiu publicado nos medios de comunicación.
O tema, dende o meu modesto punto de vista, ten unha gravedade extraordinaria. Representa a ocultación, durante nove meses dun documento de enorme trascendencia actual e futura sobre moitas actividades e proxectos do concello de Ribadeo, por un alcalde que teoricamente foi elexido para defender os intereses dos veciños.
O informe ten 31 páxinas con propostas alternativas vinculantes para o PXOM que afectan a múltiples aspectos do casco vello, casco novo, elementos arqueolóxicos, nucleos rurais, Camiño de Santiago, etc. e está asinado polo Director Xeral de Patrimonio Cultural, Felipe Arias Vilas, con data 28,8,08.
En xeral o documento mantén un tono crítico co PXOM, o que se resume no penúltimo párrafo do texto final que di así : “ En consecuencia ... a D.X. de Patrimonio Cultural ... informa desfavorablemente o PXOM de Ribadeo, polo que, unha vez incorporadas as correccions que se derivan do presente informe, deberá remitirse novamente o documento...”.
Os primeiros comentarios que se nos ocurren son os seguintes:
a) O secuestro do documento ten unha serie de impactos sobre distintos proxectos (PXOM, Polígono Industrial, Tendido de Alta tensión, etc) provocando retrasos en cadea que o Sr. Alcalde coñece perfectamente.
b) A ocultación deste informe debe perseguir algún fin político ou cecais económico que ate agora non foi explicado polo responsable desta decisión, de onde pode supoñerse que ten algo de inconfesable.
c) O Sr. Alcalde ten declarado que está moi molesto porque este documento, de caracter confidencial, saise aos medios de comunicación. Debe entenderse que o seu desexo sería que os veciños de Ribadeo seguisen sen coñecelo ata que se aprobase o PXOM.
Nas vindeiras semanas seguirei tratando algúns aspectos concretos deste asunto, que repito, paréceme dunha gravedade extraordinaria. En primeiro lugar porque afecta a unha cuestión básica de calquer sistema democrático, como é o manexo da información, tema no que polo demais, chove sobre mollado. Cada vez é mais evidente que este alcalde considera que a información que manexa, polo seu cargo, é propiedade privada, eis o caso do tendido de alta tensión e a subestación de BEGASA, o caso das macrourbanizacions que intentou plantar no medio do casco vello e agora este informe que compromete e retrasa moitos proxectos de Ribadeo. En segundo lugar porque o documento que comentamos afecta a moitos aspectos do patrimonio cultural ribadense e a sua ocultación está na linea de destruir aqueles elementos que puidesen ser molestos para obras e proxectos particulares.
Evaristo Lombardero Rico

20090625

Inicio de desbloqueo? Ribadeo pode e debe ter outra entrada dende a autovía

Iso parece: A comisión de Fomento do Congreso dos Deputados insta ó Goberno a poñerse en contacto co Concello de Ribadeo para falar sobre as características que debe ter unha nova ligazón coa autovía, ó tempo que a sacar o cartel de 'Ribadeo sur' que aparece en Dompiñor e que tanto engana ó automobilistas, pois parece que tería que haber outro para 'Ribadeo centro' ou 'Ribadeo norte'. O tempo que levará? Sen dúbida, moito aínda...
Por outra banda, falando de obras, hai outras que poderían ir máis rápido. É unha anécdota, pero non deixa de ser sintomático: excusar a asistencia a unha xuntanza das que se veñen mantendo sobre o PXOM pódese entender, pero facelo para ver un partido de fútbol, mesmo da selección española, parece non cadra moito, mesmo co cansancio que deben ter os concelleiros na revisión das 1 150 alegacións que se presentaron. E non é tanto por intereses puntuais que se manifestan, senón porque se pode imaxinar que se cousas persoais dese calibre excusan asistencias, outras que se poidan interpretar como algo maiores terán asemade efectos algo maiores. En canto a que sexa un ou outro quen o fai, non está de máis ter unha idea para xulgar, pero o perxuízo é para todo o concello e os que participan nel.
Perxuízos son tamén os financieiros que representan para tódolos cidadáns a débeda do concello, que segundo nota de prensa, anda axustándose pero está aínda preto dos 5M€, o que representa, se non fago mal as contas, e respecto ó orzamento que se tentará aprobar, algo así como o 55%, e xera unhas cargas por intereses de non menos dunha decea de millóns das antigas pesetas (voltando a traducir, non menos de 500€/dia, ou 5c por ribadense afincado e dia). A dicir que o concelleiro admite un pequeno aumento no 2009 (0,1M€), pero representando na realidade unha mellora debido a que non se contabilizaran aínda entradas da recadación por conta da Deputación.
E, para ter máis seguridade, Rochas Brancas disporá dunha fermosa valla metálica. O de fermosa, naturalmente, púxenllo eu. De novo unha 'protección' para que ninguén saia perxudicado por un desprendemento debido a unha imprudencia. Agora está valada de xeito provisional.
Onte, mercado. O de pagar as débedas non o teño claro que xa sucedera, pero si parece haber máis orde na disposición de postos despois da polémica de meses pasados.
E en espera da concentración motera desta fin de semana, despois do concerto de fin de curso da EMMD o venres, e Fred Morrison á gaita o domingo ás nove no Hernán Naval, en dez días, A burla do galo será estreada polo grupo municipal de teatro.
Outra nova particular é que están comezando a poñerse en marcha os paseos guiados por Ribadeo, 'Coñece o teu concello', polo momento só en prácticas con outro grupo de fóra. Espero publicar pronto texto e fotos de Pancho Campos sobre o tema.

20090624

San Xoán

Felicidades a tódolos Xoán/Xoana. É un día do que todo o mundo sabe o patronímico correspondente, e non é a causa do el-Rei, aínda que neste caso, na actualidade, a cousa coincida. De calquera xeito, e no sentido real, o día descendeu de categoría, pois houbo un tempo no que lembro que foi festivo. O que non baixou de categoría foi onte o día, brumoso, acompañando o lume das fogueiras sen chegar a perderse a silueta do horizonte máis próximo nesta noite na que o lume tenta axudar ó Sol para que a noite non vaia medrando e a obscuridade non inunde unha parte cada vez maior da existencia.
Hoxe coincide mércores, mercado. E penso que hoxe si haberá mercado como leva tendo lugar xa varios meses, sen incidencias. E pregúntome, estará normalizado o pago da ocupacion do mercado plos mercaderes? É un tema do que non se voltou falar, e a verdade é que cando se deixa de falar dun tema de pronto, soen quedar moitos flecos esquecido. Neste caso, cun goberno municipal con pouco saldo en caixa, sería cousa de que dixera que os pagos xa están ó día. En caso contrario, enténdese que non o están, xa que á volta dos mercaderes ó mercado (coa mellora do tempo e o previsible aumento de vendas) os pagos non estaban ó día.
Trascendeu á prensa que o orzamento deste ano no concello vai ver minguada a súa monta cousa dun 5% respecto ó do ano anterior, non chegando ben ós 9M€. Naturalmente, ó pasar polo pleno pode ser modificado, pero o cinturón xa está apretado para tentar de reducir a brecha entre gasto e ingreso en tempos de recesión. é de supoñer que por algún sitio se ha notar un menor gasto, pero xa se verá por onde.
Para compensar o anterior, está a mellora de comunicacións. Por unha beira, o congreso recibe en comisión a proposición do BNG para facer o acceso central dende a autovía, por Vilaselán, algo que coido que viría ben a Ribadeo. Por outro, máis adiantado, xa está aquí (nos concellos correspondentes) a exposición do estudo informativo da autovía dende Barreiros a San Cibrao, a xunguir coa vía de alta capacidade Celeiro-San Cibrao e completar así o corredor da costa na zona.


Deixo dúas fotos da auga en Figueirúa. Da auga cristalina de fai un decenio pasou a ser auga cocha na actualidade que reflexan as fotos tomadas a semana pasada. Coido que as fotos amósano abondo ben, a pesares da dificultade dos reflexos.
E, ó procurar as fotos de Figueirúa, atópome coa da rúa Calvo Sotelo, aínda sen entregar, aínda sen rematar, pero usada a pesares do que se dixo no último pleno, e lembro unha invitación que me fixo chegar un amigo blogueiro (grazas, Ángel) e que reflexa algunha das andanzas do alcalde actual pola villa e corte, o próximo luns:
" O Presidente da Xunta de Galicia
e no seu nome
o Director da Casa de Galicia en Madrid
Comprácese en invitalo á presentación do libro, editado polo Concello de Ribadeo
«CON LEOPOLDO CALVO-SOTELO, EN RIBADEO»
No acto intervirán D. Manuel Fraga Iribarne, senador e ex presidente da Xunta de Galicia; D. Fernando Suárez Barcia, alcalde de Ribadeo; D. Leopoldo Calvo-Sotelo Ibáñez-Martín, letrado maior do Consello de Estado; D. Bieito Rubido, xornalista; e D. José Ramón Ónega López, director da Casa de Galicia en Madrid; todos eles colaboradores do libro.
29 de xuño de 2009, luns, ás 20:00 horas"
Naturalmente, antes ven a versión en castelán, e despois o lugar da casa de Galicia, C/ Casado del Alisal, 8.
E unha pregunta: venderase o libro en Madrid?

20090623

San Xoán, festa. Patroa, festa?

Comezan/seguen as festas coa de San Xoán e as fogueiras, para as que se sacaron numerosos permisos. Mentras, en Foz prepáranse para as festas veraniegas incrementando (iso din) a vixiancia de peche de locais a partires desta fin de semana. E en Ribadeo, por iso de que 'Ribadeo is different', a preparación das festas parece que non remata de arrincar: a comisión de festas de Ribadeo xa minguou por discrepancias. Vánse Luis Fernández, Juan Edrosa, Roberto Rivas e Manuel Pérez. Mágoa que dure tan pouco. Os motivos? Na ligazón á Voz dase a versión dos discrepantes, pero non a do resto. Falan de que non hai cambio de localización (para o aparcamento, que sigo sen saber con certeza a cal se referían, se ó asfaltado ou o que está á beira de Rosalía de Castro) e de mellorar as festas. Respecto a isto último, dubido que os que se quedan digan outra cousa diferente de que eles o que queren son as mellores festas posibles para Ribadeo.
Sobre festas,lembrei que aínda non puxera as fotos das alfombras do Corpus de Castropol deste ano. Quedan abaixo.







20090622

É posible

Rematan de amosalo en A Coruña: é posible pechar un pub. Mesmo sen orde xudicial. Quizáis alí armen máis jaleo que aquí (refírome á xente na rúa) ou teñan a música máis alta e con menos illamento (xa o dubido máis), ou mesmo o horario sexa máis tardío (case seguro polas declaracións), pero polo que trae a prensa, a concentración de días de oubeo era semellante, e o tempo que levaba sucedendo, abondo menos que os case dezaseis anos que leva en Ribadeo. E pecharon dous locais. 'Medidas provisionais', ó que parece. Claro que alí a cantidade de xente afectada, nunha cidade, e pensando en facer patrulla nouturna, é maior, o que implica tamén que os viciños teñan menos medo e reclaman con máis forza os seus dereitos. Algo diso sabe o actual alcalde ribadense cando non cambia de lugar as festas patronais este ano, alegando que no novo lugar proposto vése afectada maior cantidade de xente. Parecía que non se cambiaban porque a xente ven máis ó parque, ou porque na zona do parque poden producirse máis réditos económicos para o mantemento dos festexos (locais fixos, aínda que se vexa máis difícil en canto a tenderetes, polo número que se pode dispor).
Agora que ven o verán, e xa se notou un repunte do ruído nouturno (coido que máis debido a que os locais non se ven apremiados e voltan a ter as portas abertas, por exemplo, que a un grande aumento da cantidade de xente), verase se aquí o concello é quen de facer algo. Mellor dito, se se pon a facelo.

20090621

Ribadeo Okupa


Día a día vai aumentando: comezou e deuse o aviso polo Tesón, primeiro das terrazas invasivas e logo dos invasivos ocupantes das catro calles. O segundo fenómeno, despois da resposta de pasaxe no pleno do concello onde foi prantexada, continúa a aumentar, de xeito que o cuberto lateral da igrexa de san Francisco está ocupada de xeito continuado como casa despois do traballo en lugar máis céntrico, pero tamén moitas veces o parque ou as galerías son lugar para botar un sono por parte dos peticionarios das catro calles. E volve o verán, e polo tanto, xunto cos participantes no tren 'Porta Norte' (esta semana, 80, polo que di a prensa), ou os mteros (o martes próximo, 500 segundo al corte), invaden Ribadeo de novo as terrazas, outro tema polo que tamén preguntó O Tesón no seu momento. No mercado, pódese ver algunha que non é só que as mesas ocupen a beirarúa, senón que se puxeron protectores para 'delimitar o territorio' ó tempo que se minimizan as molestias do vento. Cítoa a ela porque é unha novidade máis neste aumento continuado de ocupación do territorio urbán.
Tamén outras cousas ocupan a rúa ribadense. Obras, pre obras, restos de obra, públicas ou privadas, e demáis restos pódense ver últimamente por Ribadeo adiante nunha marea crecente. Ou o que traen as obras... coido que disto trata tamén o último post de O Cargadoiro.

O que tamén ocupa son os ocos. Nos ocos dos baches reparados como os que sinalaba a cruz (cruce centro-esquerda...) da imaxe aérea do Sigpac, senón das prantas roubadas nun novo episodio anti natureza na zona do parque de San Francisco.
Lembrando algunha foto recente con cousas útis, fixémonos tamén no arco da vella do outro día en Ribadeo, non tanto polo ouro que di a lenda enterrado no seu extremo como para poñer algo bonito e natural, algo que visita e váise despois de deixar beleza en troques de restar ocupando espazo.

20090619

Pequenas grandes novidades


1.A comisión de festas: Susana Lombardero, Celia Lombardero, José Manuel Rodríguez, Luis Fernández, Juan Antonio Edrosa Loureiro, Manuel Pérez, Roberto Rivas, Manuel López, Asunción Díaz, Nieves Freije, Ramón Sangrador, Juan José García, Víctor Cao, Rita Barrera e Alberto Moledo. Resulta que forman parte dela os sete integrantes da pasada, que en principio resignaran a súa participación segundo as novas de prensa. A cousa é que a primeira proposta é a de cambiar o lugar do recinto feiral para o aparcamento. Entendo que é o 'estable', non o de terra da Avda. Rosalía, onde houbo protestas pola celebración dun chamada 'festival'. Pero non estou fixo.
2.Preprárase a construcción dun parque eólico entre Remourelle e Barreiros. Aínda está a comezar, e dará polo tanto moito moito que falar no futuro, pero lembroume unhas postais de hai anos nas que se superpoñían os aeroxeradores á praia das catedrais...
3.Das novas de prensa dedúcese que, aínda en boas condicións de desenvolvemento, despois dun ano, aínda se tardará en ter un novo PXOM...
A vista, das Figueiras dende detrás do Edificio Praza de España.

20090617

Varia



Unha cousa rápida, a salto de mata, en espera de que no fin de semana poda regularizar algo isto... (ó mellor aínda hai algo antes desa data):
Do Boletín do Concello:"O venres 19 podedes escoller entre dous relatorios:
A Asociación Mariña Patrimonio dentro do seu ciclo sobre o patrimonio inmaterial organiza unha conferencia de Xosé Miranda (o autor do Dicionario dos seres míticos galegos) que ten como título Guía da narrativa oral.
Será ás 20.00 horas no segundo andar da libraría Casa das Letras.
E o Observatorio da Mariña pola Igualdade convidou a economista e profesora da USC M. Carme García Negro e a socióloga Ana Touriño a falar sobre a repercusión da crise económica sobre as mulleres.
Ás 20.30 horas na Lira.
Ademais, a EMMeD, organiza para os escolares un concerto didáctico en dúas sesións, ás 10.00 horas e ás 12.00 horas."... e cabería engadir, Amadores da Música un novo campamento musical de verán (imaxes ampliables)
A referencia do paseo para chamar a atención sobre o estado do casco vello de Ribadeo.
Unha folga con corte na Ponte dos Santos, despois da tractorada para denunciar o prezo pagado ós gandeiros polo leite.
A normativa para as fogueiras de San Xoán...
Claro que hai máis novas de Ribadeo...

20090616

Apuntes sobre Ribadeo

Remato de colgar en Publicado en Ribadeo a segunda parte de Apuntes sobre Ribadeo, de Méndez Sanjulián, escaneado que abrangue entre 1603 e 1691.

As barbas do veciño

Fíxome hoxe nun aviso que me chega de segundas, pola prensa, dun paseo polo casco vello de Ribadeo organizado por varias asociacións para criticar os puntos deteriorados. Comezará ás cinco da tarde na Solana e aínda que non poderei estar, que crititcar a secas paréceme negativo e coido que co que sae no blog xa hai abondo para comezar, gustaríame por varias razóns, principalmente o intercambio de visións con outra xente diferente da que trato normalmente, xente de O Tesón incluída: do negativo ó positivo, algo que a pesar do título da prensa, espero que ocorra de calquera xeito.
E paso tamén a urbanismo, a Foz, lugar parece que máis activo en asociacións do que hoxe por hoxe Ribadeo. Pois ben, os focenses plantan cara ó PXOM e din algo así como 'basta! non queremos sermóns de xente que nos veña a contar do pxom o que non nos interesa, queremos participación'. Non sei a organización que teñen, que soe ser o tendón de Aquiles do tema para chegar a unha operatividade e non a unha cacofonía, non sei se o conseguirán ou non, pero o paso está dado.

As fotos, do Ribadeo de hoxe, enmarcan a obra abandoada de Ramón González, despois de que a súa viciña pola traseira, a da casa derrubada en Rodriguez Murias, fronte a Calvo Sotelo, collera xa marcha e esteña en plena construcción. A valla de protección, de seguir a obra así, terá que cambiarse e poñerse dun xeito 'decente'.
A segunda, o mercado semanal do pasado domingo, que certamente non sei como se puido desenvoltar co aparcamento alí, con dous toldos en total, como uníndose en forma á procesión da tarde, deslavazados, ... non me esperaba atopar tal, nin esperarei atoparmo no futuro.

A terceira, e unha cousa á que non se lle deu, que eu saiba, ningunha propaganda polo momento, e que coido a merece. Un aparcamento de bicicletas na obra de Calvo Sotelo, pegado ó Cine-Teatro. De calquera xeito, para potenciar o ciclismo urbano como medio de transporte (e lembro que o alcalde é afeizoado ó tema, aínda que non por Ribadeo, pode que pola perigosidade actual mais que por non asociar cargo e andar en bici) un tratamento de choque debera incluír varios aparcamentos de vez, pero un paso é un paso. Usarase así, 'en seco', sen unha promoción organizada do transporte en bici? Coido que algunha persoa si o usará, pero que os comezos serán lentos. Ogallá me equivoque e sexa rápidamente moi usado.

20090615

De novo, Corpus Christi en domingo

... para o que serve... Isa sería a conclusión, despois de ver a asistencia á procesión onte en Ribadeo. Por razón da tradición de alfombras florais, non establecerei comparación aquí entre a celebración en Castropol (da que darei conta noutro momento con fotos) e Ribadeo. Pero, despois de seguir un ano máis sen explicarme o por que a igrexa cambiou de día unha das festas principais da Igrexa, deixo unha notas sobre a que para min foi triste procesión de onte. A misa foi longa, moi longa, cantada pola Coral Polifónica, mentras que a procesión foi tamén longa, pero sen ser acompañada pola banda. A razón non foi, parece ser, ideolóxica como podería pensarse en tempos de Hernán (ver dous escritos, un texto de protesta e a contestación de Hernán: 1 e 2), senón que a esgrimida foi que faltaban moitos músicos, polo que o silencio só foi roto polo golpear dos soportes do palio contra o chan. Cabería dicir que por ista vez os acompañantes foron calados? Non, o que cabe dicir é que non houbo acompañantes máis aló dalgunha nai da vintena de cativiños de primeira comunión que desfilaron (os pais estaban ocupados coas fotos). Bo, e a m iguada representación das autoridades.
Houbo unha alfombra floral na rua San Francisco, con debuxos con café, sal coloreada e casca de cereal segundo parece provinte dos irmandiños. Como ía todo o adorno direitamente sobre o chan, sen papel interposto, aínda coa carroza transporte do Corpus diante da igrexa e a porta aberta, comezou xa a limpeza floral, co 'gato' a limpar primeiro e os empregados de limpeza despois. A xente que estaba fóra, aínda non abandoada a visión da procesión, debeu facerse a unha beira.
Resultoume curioso ver como a Custodia se trasladaba dende a estrutura de transporte ata as mans cubertas do sacerdote simplemente colléndoa un cura diante de tódolos curiosos (noutro sentido, e eu incluído) sen cubrir as mans: de parafernalia a parafernalia con prosismo...

20090614

Algo pendente

A piques de finalizar a fin de semana, non puiden escribir a entrada sobre o tema do galego e a enquisa da Xunta. Deixo dúas referencias:
Una viñeta en 'Público'
Unha columna de Víctor F. Freixanes
...Como se soe advertir, 'non reflexan a miña idea', pero achéganse.

20090613

Sobre a Atalaia, hoxe





Despois de falar varias voltas a poucos no blog sobre o tema, aproveitando parte dunhas fotos que tomei xa hai case o mes, inserto hoxe dous artigos, un xa publicado na comarca, de José Emilo Amor, e outro a medio publicar, de Pancho Campos. A dicir que o primeiro (o da imaxe final, que lembro de novo que se pode ampliar e convertir en lexible) trata o tema como único, mentras que o segundo (aquí abaixo) céntrase nel tras un recorrido.


CURSIÑO PARA INFORMADORES
Entre os dias 1 e 4 de Xuño ambos inclusive, algúns ribadenses e foráneos de Ribadeo estivemos a facer o cursiño “Coñece o teu Concello. Coñece a túa provincia” impartido pola profesora Sra. Elena da Diputación de Lugo./ Turismo / Vicepresidencia Terceira.
A intención é ir preparando cada vez mellores informadores da nosa historia local, das rutas turísticas polas nosas ruas e polo noso entorno, paseos polas ruas das zonas do pequeno comercio e das grandes superficies, dos espectáculos que se atopan: obras de teatro e concertos programados, cines, zonas de marcha e de divertimento diverso.
Así, un informador ten que prepararse a conciencia para ter unha comunicación eficaz, entre él, emisor, e o grupo de receptores que o están a escoitar, pero que tamén nalgún momento lle preguntarán por algún asunto, para o cual ten que mostrar seguridade no que está a decir, e os contidos da súa resposta deben de ser correctos, en datas, nomes de personaxes históricos ou de puntos xeográficos. Por outro lado a explicación debe de estar ben estruturada, e a linguaxe será clara e sinxela de entender, evitando tecnicismos que so unhos poucos entenderían.
Logo, depois de facer na aula da Casa da Cultura este cursiño sobre técnicas da información oral, que teño que decir que o meu entender foi excelente, fomos percorrer Ribadeo, por unha ruta previamente establecida na aula, para o que cada alumno tuvo que preparar algo concreto sobre a historia de cada casa, camiño ou monumento que íamos a atoparnos no percorrido a seguir.
Comenzamos na Plaza de España, desde donde se accede a edificios tan emblemáticos de Ribadeo como é o palacio de 1915 dos irmáns Pedro e Juan Moreno Ulloa, conocido como Torre dos Moreno, donde a fachada e de estilo modernista e por detrás de estilo neoclásico, conformando un edificio de estilo chamado ecléctico pola mistura. Nosoutros todos sabemos o precioso que é, pero ó ter que enseñalo a xente de fora, atopamos que o estado de conservación pola parte lateral e de atrás é lamentable. A selva no xardín do seu patio traseiro é excelente para recreo de coscos, limacos e sapagueiras; a ferraxe das portas e balconadas, son dignas de fondear nun acantilado profundo para a cria de corais, cangrexos e matahomes, cual de chatarra de desguace se tratara.
Pola outra banda do parque está a igrexa parroquial de Santa Maria do Campo, antigo convento de San Francisco, de portadas góticas e altar maior de estilo barroco. Digno templo de proporcións comedidas dentro das que o visitante se sinte cómodo, dá gusto ensiñalo polo ben conservado e limpo que está; admiramos as pilas da auga bendita feitas de toclovos xigantes que viñeron das Indias, as magníficas tallas das imaxes dos Pasos da Semana Santa e explicamos que o templo era antigo patrocinio da Casa de Navia-Osorio, Marquesado de Santa Cruz, e estendemonos na súa historia, relatando os escudos de armas das capelas, na da Virxen das Dores: escudo da Casa Villar, con armas de Villar, Castrillón e Pasarón. Na capela da Virxen do Rosario, co escudo da Casa de Miranda, coas armas de Ribadeneira, Villaamil, Castrillón e as doncelas de Miranda. Na capela das Ánimas e do Rosario atópase o escudo de Pedro Miranda e da sua muller Catalina Osorio, con armas de Olla, Miranda, Osorio e Castrillón. Na capela da Virxen de Lourdes, escudo da Casa Presno, con armas de Presno, Acebedo, Baamonde e Pardo. Na capela de San Antonio e San José, o escudo coas armas de Busto, Trelo, Lombán e Luaces.
Seguimos o paseo pola Plaza de España e atopamos o Convento de Santa Clara. Relatamos algo da súa historia que comenza no siglo XI como beaterio e retiro de damas devotas, transformado en convento no siglo XV, con gran claustro rectangular do siglo XVIII. Leemos a inscripción que Santa Clara mandou poñer no dintel da porta principal dos seus conventos “Haec est domus paupertatis” (esta é a casa da pobreza). Falamos algo do seu obradoiro de pasteles, tartas, empanadas e demáis “delicatesen” do convento, que se nos fixo a boca auga, é continuamos.
Pasamos por diante do galpón-casa de Información e Turismo, e baixamos por Buenos Aires, antiguo barrio de Figueirúa, por cuxa marxe dereita discurría un trozo da antiga muralla de Ribadeo, onde nós xugabamos de pícaros, hoxe desaparecida totalmente despois de facer as casas no solar da horta e da tamén desaparecida casa de Leopoldo Boado, ¡que sería daquelas estalactitas da cornisa que tanto nos chamaban a atención sendo nenos! ¡da magnífica balconada de vidrieras! ¡en fin...!
Seguimos baixando cara o porto de Mirasol, e contemplamos á dereita o escaso edificio do Auditorio para a poboación de Ribadeo e un pouco máis abaixo xa podemos ver o Parador. Edificio moderno de privilixiado enclavamento para poder contemplar a Ría de Ribadeo e o séu entorno.
Deixamos sin dicir nada da fealdade dos tinglados do porto de Mirasol, e seguimos polo paseo marítimo, que estando marea baixa, contemplamos a desfeita que se está a facer na Ría coa acumulación de area nos tesós, recheos sin ton ni son que non foron nin son xustificables baixo ningun concepto. Contemplamos en primeira fila as mentiras burocráticas das escolleras, que ían a ser lugar de atraque dos barcos de pesca, e fixéronas sin un metro de muelle de atraque e sin haber barcos de pesca, etc. etc.
Subimos a Cabanela, e volvemos rápidamente a baixar, despois de ver con impotencia infinita o que alí se está a facer. Unha igrexa do século XII, escavada e hormigonada polos cimentos e arredores, pero ¿quén é o encargado do noso patrimonio? ¿cómo se pode permitir tamaña barbaridade patrimonial? ¿sabe algún destos señores, que dende o século XII Dª Urraca concedeu a Ribadeo o privilexo de Vila Real, cartas de Fuero e privilexio de Carga/Descarga e que dependía solo e exclusivamente do rey e non de un señor feudal de turno, e que gracias a aqueles fueros, debaixo das árbores da Atalaia se celebraba o Consello do Pobo para facer ou desfacer o que conviñan as 21 parroquias que en 1128 xa tiña Ribadeo, con un espíritu político democrático que para hoxe quixéramos? ¿saben estes señores que desde 1183 con Fernando II, Ribadeo ten a Carta Puebla que lle confire xa o privilexo de celebrar Mercado un pouco máis arriba de Cabanela? ¿saben estes señores do gran desenrolo da pesca da sardiña, da merluza o do peixe salgado no século XIII, e que no século XIV Ribadeo exportaba viño para Francia, cando esta padecía a peste e demandaba viño galego por centos de litros? ¿saben estes señores que debaixo da terra de Cabanela están todos estes vestixios, e que os estan reducindo a escombro e cenizas? ¡Esto é unha vergonza! ¡chegará o día en que a lexislación de Educación obrigará a facer os alumnos que acaben a carreira, un exámen psicotécnico antes de concederlles un título universitario! ¡non se poden dar títulos así como así, a quen adquiere autoridade para facer coa sua desidia demolicións no arte, na historia, na integridade física das persoas... etc.!
Seguimos por Porcillán, vemos a obra da pasarela de madeira sobre do paramento do muelle, e a mín gustoume e os que viñan connosco tamén. É unha obra que parece sólida e en caso de ter que sacala e sinxela a laboura de desfacela. ¿Por qué non se haberán feito con bloque as escolleras e non con pedras de derrubio, para poder desfacelas fácilmente tamén?
Contemplamos as lanchas, botes e os catro iates atracados no Club Náutico é... subimos pola escaleira que da acceso a capela de San Miguel. Alí contemplamos a serea beleza do atardecer sobre unha Ría de Ribadeo en calma. É tempo de descanso e reflexión. Miramos con nostalxia hacia Cabanela e vemos o mamotreto de obra que se esta tamén a facer para “un ascensor” e empezamos a enumerar unha por unha as pautas que poden seguir os de patrimonio, os de medio ambiente, os dos gobernos municipales. Chegamos a conclusión que non teñen ningunha pauta, solo interesa darlle avante a presupuestos multimillonarios que orixinen gasto e boas comisións, e ¡claro, así esta todo o pais encanallado pola política de lucro! e como se decía antiguamente ¡y lo que te rondaré, morena!
Seguimos andando ata O Cargadoiro, e na misma punta explicamos como se cargaban os barcos co mineral de ferro fosforoso das minas de Vilaodriz e os puntos de amarre.
Voltamos atrás polo paseo do Cargadoiro cara as Casas de San Miguel. Subimos por Rosalía de Castro, e chegamos ó Teatro xa moi tarde para explicar os aconteceres da Casa Fábrica, da Sociedade Filantrópica, almacenes de víveres de Casa Gayol, do Ferrocarrilana, das casas de indianos de San Roque...
Como conclusión, dicir que temos un pobo moi bonito e con tanta riqueza ou máis para o turismo, que calquera vila do Norte de España, e se incluímos os castros, é sin duda, o concello máis rico en restos arqueolóxicos da Galaecia antigua ou do mundo celta. Pero teño que dicir, por devoción e obligación a Ribadeo, meu pobo, que fomos os de “O Tesón” de visita o castro de Viladonga, e cal non sería a nosa sorpresa, que nin Ribadeo, nin a Ría de Ribadeo, nin o rio Eo nin ninguún dos nosos castros nin asentamentos prehistóricos do Concello de Ribadeo, aparecen no mapa da Cultura Castrexa confeccionado polos “historiadores” do museu ou de Patrimonio, dame igual quen o fixera. O ninguneo ó que está sometido o Concello de Ribadeo, é, por non decilo de outra maneira, intolerable. E como estamos a ver nas obras que se están a facer con consentimento dos nosos gobernos municipales, moita da culpa é nosa, por non ter ningunha vixilancia dos nosos valores. A patronimia cambiada da Ría de Ribadeo ou da Diadema de Ribadeo é de un paletismo intelectual tan grande que ... ¡clama al cielo! Pero non vamos a desistir, xeralmente o que está podre, tírase...
Pancho Campos

Dúas novas publicacións colgadas en Publicado en Ribadeo

En 'Publicado en Ribadeo' están a disposición dous vellos cadernos da serie de tres 'Coñecer Ribadeo': 'A Vila' e 'O Concello'.
Nota posterior: Por necesidade, estase a cambiar o lugar de 'publicado en Ribadeo'. Irase poñendo nota do material e o novo lugar de publicación en http://ribadeando.blogspot.com.es/search/label/publicado%20en%20Ribadeo

20090612

Nota de prensa sobre a alta tensión (recibida 20090612)

MONTE VECIÑAL VS ALTA TENSION
O monte veciñal en man común é unha forma de posesión e uso do monte típica de Galicia e Asturias. Tamén existe en outras zonas pero con menos peso económico, social e histórico.
A primeira lei de protección do monte veciñal xurde en pleno franquismo anque o regulamento que a desenvolve e fai aplicable aparece vinte anos mais tarde. Anteriormente o monte veciñal non tiña unha figura xurídica e as normas eran os costumes e o respecto dos veciños. Nos primeiros anos, despois da guerra, moitos concellos trataron de apoderarse dos montes veciñais, ao abeiro da falla dunha lexislación efectiva.
Como consecuencia destes antecedentes atopamos actitudes e vivencias contrarias respecto dos montes veciñais. Hai quen pensa que non sirven para nada e que mellor estaban vendidos a particulares e cubertos de liñas de alta tensión e hai quen pensa que son un ben das parroquias ou lugares e deben ser conservados para as xeracións futuras na mellor forma posible. Ou sexa hai quen respecta as tradicions e quer ser conservacionista dos nosos valores históricos, culturais e sociais e hai quen non ve mais que a especulación inmediata a corto plazo.
Dende o meu punto de vista o monte veciñal representa unha forma de utilización do territorio que está na cerna do orixe histórico, social e cultural de propia existencia do noso pais. Sería comprensible que un asíatico, ou un africano que pasase por aquí non entendese o que significa en Galicia o monte veciñal, pero só un apátrida desleigado, polo demais tan abundante no noso pais, pode poñer as costas á realidade viva do monte veciñal en man común.
En primeiro lugar o monte veciñal é unha fonte de recursos para a comunidade de propietarios, da cal se benefician tamén o resto dos veciños da parroquia e do concello, dado que unha gran parte dos beneficios económicos repercuten en servicios e melloras para o conxunto da sociedade. Obviamente se pasasen a mans privadas os beneficios só serían para o propietario particular. Asi de sinxelo. Naturalmente se se perden once hectáreas de monte, como no caso de Obe, da sua explotación forestal, son tantos beneficios sociais que se perden para sempre.
En segundo lugar o monte veciñal representa un elemento de aglutinación e supervivencia das comunidades rurais e un factor que ten o seu peso á hora de fixar poboación. Degradar o monte veciñal e como empuxar a xente a que abandone o campo, que é un paso mais para o esvaemento definitivo do noso pais.
En terceiro lugar as posibilidades futuras do monte veciñal, partindo da fórmula tradicional de posesión e uso están sen investigar. Agora que estamos en plena crisis e que se fala tanto de reformar o modelo económico, debéramos aproveitar os inmensos recursos do monte veciñal para avanzar en propostas cun futuro asegurado e sostenible.
Pero aquí temos todo o contrario, unha gran empresa alemana e un alcalde que queren someter os montes veciñais de As Anzas, Obe e Piñeira a un proceso de contaminación, degradación e devaluación irreparable e irreversible. Pero agora estamos a tempo de para ese proceso exixindo que o tendido de alta tensión de BEGASA non pase polo monte veciñal en man común.
Evaristo Lombardero Rico

Ribadeo desaparecido na néboa


Non chega con 'Río de Ribambo'. Agora Ribadeo desaparece na néboa. Calquera que mire a actualización de google maps no referente a Ribadeo verá que a composición fotográfica fai desaparecer a Ribadeo baixo a néboa, non véndose as instalacións portuarias ou a Torre dos Moreno. Mentras, o Río de Ribambo é o título que segue a relocer no medio da Ría de Ribadeo, un pouco máis abaixo do que se ve na imaxe. O concello, fixo algo? Rematan de conceder unha enseña de calidade á praia das Catedrais: non é que non apareza o nome no mapa, é que na foto tampouco se pode ver que exista...

No fondo, os cartos

Un concello á beira da bancarrota? Non é novidade. Ou si? Pois o mellor si ó ser usada como arma. O anuncio de que o de Barreiros podería estar á beira dela debido ós cincoenta pleitos da Xunta sobre o tema da construcción debera ser un aviso de que as cousas tiñan que ser feitas doutro xeito, pero máis ben parece un chamamento a un apoio da Xunta 'amiga' para que amañe as cousas en aras a que non crebe o concello, e borrón e, iso si, conta nova. É dicir, unha arma arroxadiza en troques dunha reflexión previa. Que o anuncio o faga algueń do PSOE e non do PP no goberno pouco fai variar a cousa, máis ben en troques de suavizala sexa unha manifestación de que vai nunha dirección peor ...
En Ribadeo a xente do ensino medio prepárase para exercitarse no debate; o tema, sobre a desigualdade da muller, en certa forma é o de menos: sempre é necesario estar preparado para debater en troques de combater ou enganar coa palabra. Así hoxe sae na prensa que, despois das ameazas á presidenta de Galicia Bilingüe o outro día, a Xunta está tentando de desmontar ('insta a prohibir actos') a oposición á consulta sobre o galego, demagóxica en varios sentidos. Asemade, o Seminario Galego de Educación para a Paz solidarízase non só con Gloria Lago, senón tamén con Torres Queiruga, que parece estar a punto de recibir un 'bofetón' vía un decreto condenatorio da actual inquisición. ah, sobre o 'demagóxico' que citei antes, espero esta fin de semana falar algo, aínda que xa teño algún post sobre o tema da controversia sobre o galego.

20090611

Curso e concurso

Teño recibido a convocatoria de varias actividades. Deixo aquí os datos correspondentes a dúas delas, interesantes para diferentes segmentos de público.
O primeiro, un certame considerando a emigración como materia a visualizar:

O segundo, un curso da universidade de verán da USC, Espazos naturais protexidos nun mundo en cambio:


Nota de prensa sobre o Galego

Adxunto unha nota de prensa da Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia:
O GALEGO E O ENSINO DA CIENCIA
A Xunta Directiva da Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA), que está presente no eido da educación secundaria dende hai máis de vinte anos e que conta con case un milleiro de profesores e profesoras no ámbito da Física, Química, Bioloxía, Xeoloxía, Matemáticas e Tecnoloxía, dende o coñecemento e a experiencia de tan prolongada presenza, pon de manifesto:
- Que os profesores e profesoras que participan nas actividades de ENCIGA desenvolven as súas actividades docentes en centros escolares situados en cidades, vilas grandes e pequenas e con moi variadas situacións sociolingüísticas.
- Que, polas súas actividades e antigüidade, é a asociación de profesores de ciencias máis importante no ámbito da secundaria das que hai no territorio español.
- Que esta asociación ten publicado ata hoxe 67 números da súa revista –Boletín das Ciencias– en galego, o que supón preto de mil cincocentos artigos dedicados ao ensino das ciencias na secundaria.
- Que leva celebrados 21 congresos anuais, nos que se teñen presentado unhas 800 comunicacións, cuxa inmensa maioría se expuxeron en galego.
- Que profesores e profesoras que colaboran ou colaboraron nas actividades de ENCIGA se contan entre os mellores profesionais no seu ámbito, como queda demostrado por teren recibido o recoñecemento de institucións e organismos de todo tipo, tanto de Galicia como de fóra dela.
- Que nunca nas súas actividades, asembleas, comunicacións, artigos, etc., se ten producido ningunha intervención no sentido de manifestar que o uso do galego poida producir ningún tipo de atranco na aprendizaxe dos contidos científicos, ou
en calquera outra acción que sexa propia do ensino na secundaria.
Por todo isto, MANIFESTAMOS que:
Calquera intención de situar o galego como un problema no ensino, en calquera etapa educativa, non se corresponde coa realidade e non se sustenta en ningunha razón didáctica ou pedagóxica.

Ligados a Ribadeo

Vía un blog diverso, remato de lembrar un sitio que xa atopara e outro novo: o primeiro, sobre a rede galega de espazos protexidos, incluíndo o LIC das Catedrais ou a chamada alí 'Ría do Eo' (si, en Galicia, referíndose á Ría de Ribadeo), e o segundo, unha táboa de mareas de Lugo, con diversos aditamentos, como a saída e posta do Sol en Ribadeo, en horario legal, non UT.
As novas de hoxe inclúen a entrega onte, anunciada con cartelería, dos premios de Ribadeo de tapeo, coa edición do libro ('que estará a venda nas librarías de Ribadeo ao prezo de 3,60 euros e ademáis quixemos no prólogo facer unha mención especial a unha persoa moi querida en Ribadeo, recentemente falecida, que é Víctor Novo Mourelle que rexentaba O Alén. Desde o Concello, desde a organización quixemos lembrar a súa memoria e adicarlle este libro recopilatorio', segundo a nota do concello), e a recepción da Q de calidade turística para dúas praias ribadenses, Catedrais e Castros/Illas, dun total de sete en Galicia, o que non está nada mal.
Parece que vai incrementándose a participación para a comisión de festas. Onte, unha participante comentábame de pasada que van polas quince persoas. Certamente, sería unha comisión numerosa.
Tamén trae a prensa a nova dunha ausencia hoxe: a da draga do porto, despois de sacar 124 000 m3 de area, e 'botala fronte a Burela', nunha operación que, botando contas (case 500m de longo e 100 de ancho) implica darlle unha profundidade aparente de dous metros e medio (aperente, porque a area cae no dragado dende o tesón, retirándose o tesón pero sendo incluída nas contas de multiplicar como profundidade).
E xa está inaugurado o gran galpón verde en Castropol (xusto no límite coa Veiga) que se ve dende a estrada a Lugo e que ten algunha entrada adicada no blog (por exemplo, ou mellor, iste).

Internet, de novo libre (polo momento) en Francia

Coido que a 'fulminación' da lei Hadopi (que permitía cortar internet ós franceses que usaran as redes p2p) é unha boa nova apra as redes. Aquí, a nova e unha relación de ligazóns.

20090610

Un aviso recibido dunha reivindicación



De dous a doce


A semana pasada, dous cidadáns. Ista, doce. E mañá, nova xuntanza.
Pouco a pouco vai tomando xeito unha nova comisión de festas, sen débedas previas, pero con moitas dúbidas cara ó futuro e a comparación desfavorable co produto-festas que teñen outras vilas próximas.
A foto, unha festa doutro tipo, a que representan os grafiteiros á beira do vello pavillón de deportes e máis a U dos monopatíns, incluída por dentro e por fóra na decoración 'espontánea'.

Un novo libro de Eva Moreda


O sábado tivo lugar a presentación do último libro de Eva Moreda, "O país das bestas", libro consecuencia dunha idea que foi finalista no premio Biblos-Pazos de Galicia no 2005, pero que tardou en ser rematado, por mor dos compromisos da autora.
Foi acompañada na Casa das Letras ribadense polo editor de Biblos, quen fixo unha ampla introdución.
Segundo Eva, a data de inicio do seu interese pola rapa das bestas, substrato narrativo da novela, sitúase no verán de 2004, a raíz da súa colaboración nun traballo periodístico. O libro naceu a partires dese substrato coa intención de sobrepasar a visión folclorista co detalle de amor á natureza dos besteiros. Ó fin, explicou, non é ata os 60 do pasado século cando se pasa a facer/"potenciar" a festa/romaría que agora caracteriza as rapas.
A cuestión é que é unha obra que abre campo, pois non parece haber novelas anteriores sobre o tema, que neste caso ven resolto por unha protagonista urbana que lembra o traballo que a propia autora realizou sobre a rapa.
A autora rematou a súa intervención lendo o último parágrafo: "Sofía contivo a respiración e acelerou sen volver a vista". Fin. A frase parece non só dar punto final a unha presentación, senón tamén a algo que se oferta pola mesma autora: xa está dito.

No principio, a novela desenvolve unha paisaxe do ano 36, pero non é o tema, senón só unha contribución temática.
A foto segunda corresponde á ilustración do cartel de anuncio da presentación, cedida por Eva. A primeira, movida, a un momento da presentación.
En canto ó libro... mellor leelo que atender a un pequeno resumo.

Máis sobre o blog

Pouco a pouco un vai collendo máis control sobre o que vai manexando. Iste é o caso tamén do blog e o seu tamaño de letra... Teiña sospeitas pero hoxe confirmeino, que os cambios no tamaño de letra que houbo últimamente eran debidos ás táboas. E, si, sóno... pero agora hai que voltar a artellar de novo ata lograr un tamaño adecuado. E por iso reduxen temporalmente o número de artigos en portada: quen queira ver as táboas das eleccións terá que ir ós arquivos almacenados. Pouco a pouco.

20090609

Os muiños de vento en Ribadeo

Remato de deixar en 'publicado en Ribadeo' a derradira publicación polo momento en Ribadeo, 'Os muiños de vento en Ribadeo'.

Curioso ou algo máis?

Unha entrada titulada 'canto gañan os partidos políticos co teu voto', algo que sae á palestra cada certo tempo, pero cada vez menos. E que é cada vez máis interesante. Ribadeo, como punto no mapa, non se pode desgaxar aquí do resto... contribúe co seu gran de area e punto.

Sobre telefonía móbil e Ribadeo

Hai varios días, nun post, comentaba a sentenza dada a coñecer polo concello a traverso dunha nota de prensa, sobre o pago das compañías ó concello por antenas de telefonía móbil. Onte atopeime outra sentenza algo contraditoria coa anterior, e que previsiblemente enturbiará o futuro recurso que presenten as compañías.

Visita ó Castro de Viladonga

O sábado tivo lugar a comida social da AVV O Tesón. Este ano, á xuntanza social uniuse a visita organizada ó Castro de Viladonga, realizada pola mañá. Coido que é interesante para poder establecer unha relación co que se avance no castro das Grobas. A dicir como introdución que que a escavación en Viladonga comezou no 1971, logo o que se pode observar hoxe é froito de preto de corenta anos de actuacións, e hai que miralo en tal perspectiva se nos queremos facer unha idea do que pode ser o futuro nas Grobas.
A visita comezou coa visualización dun vídeo introdutorio, despois do que se pasou á visita ó castro propiamente dito, aproveitando un momento sen choiva, e logo rematou voltando ó museo e rematando alí a mañá.
Coido que se podería dicir moito sobre as dúas horas que o grupo pasou alí, polo que supuxo de descubrimento e aprendizaxe sobre a temática castrexa e Viladonga en particular, pero tamén opino que é cousa de fixarse en detalles relevantes e non en facer unha descrición completa da mesma.
En canto a detalles, refiro só dous, ben diversos, relacionados con Ribadeo e a actualidade:
- En Viladonga están expostos os restos dun xeito organizado. Despois de ver o tempo que leva sendo escavado, non se pode pretender ter xa algo semellante aquí, pero pódese apuntar que sería desexable que os máis de 300 restos atopados deran lugar a unha pequena exposición en Ribadeo a finais do presente ano ou comezos do próximo. Por varias razóns, entre as que cabe nomear que non caia en esquecemento o froito obtido nas Grobas ou o evitar que as pezas sexan adxudicadas a algún lugar, museo ou entidade allea a Ribadeo, podendo mesmo, no futuro, pretender que pouca relación teñen con Ribadeo (como pasa con outros achádegos ribadenses, como a diadema ou restos atopados na ría)
- Aparece nunha das vitrinas o feito de que o vidro atopado correspondente á derradeira época do castro fora de peor calidade que o correspondente á anterior época. Nun momento en que se pensa que a historia só pode ir 'cara adiante' (aínda que se estea pasando por unha crise económica e social), é ilustrativo e correspondente con produtos de peor calidade ou consideracións sociais descendentes.
En fin, trátase dunha reseña, non dun resume, polo que remato lembrando algo que xa apuntei varias veces: Por que non facer unha mínima sinalización da posición do castro e editar unha pequena guía? Coido que mesmo serviría, a parte de para a promoción turística, para contribuír á protección do castro en espera dunha auténtica escavación e posta en valor.

20090608

RER: Resultados europeas Ribadeo




RER, non ERE: os resultados das eleccións.
Deixo tres gráficos a nivel estatal: participación, votos e resultados, collidos da páxina oficial das eleccións, http://www.elections2009-results.eu/es/spain_es.html#ancre1, podendo ver no de abaixo un pequeno detalle de que non é o mesmo a colaigación en España que o grupo Europeo no que se integran os electos, algo que non deixa de resultar curioso.
de calquera xeito, a estas alturas, xa se sabe e comenta e perfila que o PP gañou as eleccións cunha porcentaxe clara, pero non arrolladora, o que manterá previsiblemente na cresta a Rajoy pero non rematará de desbancar a Zapatero... opcións de tero o poder.
Un pouco máis abaixo deixo as comparativas a nivel local, provincial e galego, ata os votos últimos, podendo comparar así as porcentaxes obtidos por cada formación en cada nivel co resultado estatal... e discurrir os máis e menos dos diversos partidos en Ribadeo. Sobre iso, destacaría que o PP foi o único dos tres grandes en Ribadeo que non baixou de votos respecto ó 2004, mentras o PSOE sufriu unha caída importante de votos. Subiu Esquerda Unida e UPyD segue como testimonial. Para comparar coas galegas deste ano, estatais do pasado (e aquí), ou municipais de hai dous (e aquí), visitar as ligazóns a outras entradas do blog.
Resultados Ribadeo:
2009 2004
Partidos Votos Porcentaxe Votos Porcentaxe
PP 2056 49,42% 2048 47,54%
PSOE 1325 31,85% 1523 35,35%
BNG 522 12,55% 599 13,90%
UPyD 66 1,59% - -
EU-IU 59 1,42% 51 1,18%
II 13 0,31% - -
LV-GVE 9 0,22%
0,00%
IZAN-RG 6 0,14% - -
LIBERTAS 6 0,14% - -
PACMA 6 0,14% - -
POSI 5 0,12% 0 0,00%
PUM+J 5 0,12% 0 0,00%
FE de las JONS 4 0,10% 0 0,00%
PCPE 3 0,07% - -
iF 3 0,07% - -
CEU 2 0,05%
0,00%
FN 1 0,02% - -
MSR 1 0,02% - -
UNA 1 0,02% - -
AA 1 0,02% - -
CDS 1 0,02% 2 0,05%
PH 1 0,02% 0 0,00%
PSA 1 0,02% - -
CDL 1 0,02% - -
PFyV 1 0,02% 15 0,35%
FA 1 0,02% 0 0,00%
UCL 0 0,00% 1 0,02%
SAIn 0 0,00% - -
UCE 0 0,00% - -
DN 0 0,00% 1 0,02%
EXTREMADURA UNIDA 0 0,00% - -
AES 0 0,00% - -
UV 0 0,00% - -
RC 0 0,00% - -
PREPAL 0 0,00% 0 0,00%
Total votos Participación Abstención Votos blancos Votos nulos
2009 4177
50,01% 4175 49,99% 60 1,44% 17 0,41%
2004 4327
54,36% 3633 45,64% 28 0,65% 19 0,44%
Lugo
2009 2004

Partidos Votos Porcentaje Votos Porcentaje
PP 81583 53,76% 83663 50,63%
PSOE 50323 33,16% 59735 36,15%
BNG 12917 8,51% 17080 10,34%
EU-IU 1351 0,89% 1527 0,92%
UPyD 1315 0,87% - -
LV-GVE 431 0,28%
0,00%
IZAN-RG 325 0,21% - -
II 275 0,18% - -
PACMA 243 0,16% - -
POSI 216 0,14% 131 0,08%
PUM+J 159 0,10% 109 0,07%
PCPE 75 0,05% - -
PH 74 0,05% 57 0,03%
CDS 70 0,05% 81 0,05%
LIBERTAS 64 0,04% - -
iF 64 0,04% - -
FE de las JONS 62 0,04% 34 0,02%
FA 39 0,03% 22 0,01%
CEU 37 0,02%
0,00%
PFyV 34 0,02% 64 0,04%
SAIn 33 0,02% - -
DN 28 0,02% 59 0,04%
AES 27 0,02% - -
PSA 27 0,02% - -
CDL 23 0,02% - -
MSR 21 0,01% - -
FN 20 0,01% - -
UCE 17 0,01% - -
RC 16 0,01% - -
UNA 14 0,01% - -
AA 14 0,01% - -
UV 13 0,01% - -
UCL 13 0,01% 10 0,01%
PREPAL 12 0,01% 24 0,01%
EXTREMADURA UNIDA 8 0,01% - -
Totales elecciones europeas Total votos Participación Abstención Votos blancos Votos nulos
2009 152906
50,54% 149623 49,46% 1800 1,19% 1163 0,76%
2004 156642
50,46% 181382 52,23% 980 0,59% 660 0,40%
Galicia
2009 2004

Partidos Votos Porcentaje Votos Porcentaje
PP 551688 50,67% 549073 47,72%
PSOE 372866 34,25% 416573 36,20%
BNG 102326 9,40% 141756 12,32%
EU-IU 14700 1,35% 17626 1,53%
UPyD 14019 1,29% - -
LV-GVE 4400 0,40%
0,00%
II 3373 0,31% - -
PACMA 1824 0,17% - -
IZAN-RG 1491 0,14% - -
PUM+J 1342 0,12% 713 0,06%
LIBERTAS 843 0,08% - -
POSI 812 0,07% 823 0,07%
MSR 655 0,06% - -
PCPE 553 0,05% - -
FE de las JONS 532 0,05% 281 0,02%
PH 518 0,05% 414 0,04%
CDS 468 0,04% 1099 0,10%
iF 415 0,04% - -
DN 321 0,03% 358 0,03%
SAIn 319 0,03% - -
PFyV 302 0,03% 364 0,03%
AES 288 0,03% - -
FN 275 0,03% - -
PSA 254 0,02% - -
CEU 239 0,02%
0,00%
FA 225 0,02% 123 0,01%
UCE 205 0,02% - -
CDL 192 0,02% - -
PREPAL 134 0,01% 165 0,01%
RC 122 0,01% - -
UNA 115 0,01% - -
UCL 110 0,01% 118 0,01%
AA 107 0,01% - -
EXTREMADURA UNIDA 100 0,01% - -
UV 86 0,01% - -
Totales elecciones europeas Total votos Participación Abstención Votos blancos Votos nulos
2009 1096044
47,28% 1222082 52,72% 12462 1,14% 7363 0,67%
2004 1089291
47,12% 1452198 55,70% 7674 0,67% 4517 0,39%