20101004

Esperanza?

O "normal" é que internamente a unha asociación se impoña o que dice o 'xefe' (teña o título que teña dentro dela) da mesma. En certo xeito, por iso é o xefe. Por iso, o que pasou onte en Madrid, o ganar o membro opositor dentro do PSOE madrileño Tomás Gómez á postulada polos mandamáis do partido, Trinidad Jiménez, parece botar unha bocanada de posible renovación dentro da estrutura dese partido. Por unha vez, ganarían os de abaixo. E pode que sexa así, pero o certo é que con esta pugna entre os dous candidatos á Presidencia da Comunidade de Madrid o PSOE conseguiu facer máis visible públicamente, e mesmo máis desexable por todos, a Tomás Gómez, antes un descoñecido para a cidadanía. É dicir, conseguiu propaganda positiva gratis de paso que lograba desviar algo a atención doutros problemas. Se foi prantexado así ou non, non creo que o cheguemos a saber, e xa queda para a historia. Agora queda (para o PSOE, pero tamén para todos) o aproveitar os beneficios que poda traer.
Mentras, cabe lembrar que aquí, en Ribadeo, a elección de candidatos dos diversos partidos non sucedeu exactamente como primarias abertas cun proceso transparente. Ou si?

2 comentarios:

Jose Angel Bolaño dixo...

Por fín; xa tiña a sensación de que era o único que era capaz de ver a outra posibilidade: que desta forma o candidato menos coñecido había conseguido acaparar portadas nos medios máis importantes e lograr unha notoriedade da que antes carecería.

Xa pensaba que estaba un pouco perdido, pero vexo que alguén mais pensa coma mín.

Unha aperta.

agremon dixo...

Coido que noutra entrada anterior xa tiña falado da propaganda, pero moi de pasada...