20100228

Un día raro

20091027, sábado. Foi temido. Longamente avisado e despois do paso do 'Klaus' o pasado ano, a xente estabamos espectantes polo que podía pasar.
Pola mañá era o tema de conversa principal. Ó mediodía comezábase xa a ver a xente algo nerviosa, comentando se se adiantaba ou atrasaba. A medida que foi pasando o tempo as novas eran tranquilizadoras, e se alguén conectaba con amigos ou familiares noutras zonas máis ó oeste, había clarificacións como “chove, pero o vento é só forte, sen máis”. Aínda así, a primeira parte da tarde a rúa estaba baleira. O tempo calmo, a xente pouco a pouco foi animándose a saír. O faro, nunha tarde espléndida, co mar calmo, foi a atracción de moitos paseantes a pé ou motorizados. Antes de irse a luz a falta de xente e a persistencia da alerta vermella animou a algúns comercios a cerrar. A luz? Si, a do sol, pois as liñas eléctricas en Ribadeo só fixeron titilar dúas ou tres veces a luz artificial. Ó final, un pouco de vento con rachas fortes que de xeito moi illado fixeron chegar o marcador do anemómetro da Pedro Murias ata arredor dos 100 km/h e que provocaron algún desprendemento de lousa. En Ribadeo, nada máis.
En Galicia, unha morte por caída dun muro sobre unha persoa.

20100226

Xuntanza internacional

Onte comezou no Hotel O Cabazo unha xuntanza internacional (Rumanía, Grecia, Italia, España) sobre o tema do teletraballo e a formación a distancia no marco dun proxecto europeo no que participa o CIFP Porta da Auga. A entidade coordinadora é a Universidade Politécnica de Bucarest, por medio dun departamento dirixido por Tom Savu. Onte os participantes foron recibidos polo alcalde no salón de plenos do concello despois do remate das súas sesións internas.
A xuntanza extenderase ata sábado e hoxe, ás 12 do mediodía, terá unha sesión aberta, á que se poderá achegar canta xente queira. Iso si, English polo medio e tema cerrado, o teletraballo e a formación a distancia conducente ó seu desempeño.
Este proxecto europeo representa a continuación de outros anteriores desenvoltos polo centro de formación ribadense (antes ou despois da súa división administrativa en dous), mantidos sobre o teletraballo e a formación a distancia ó longo da pasada década, con participantes dos países que integran este conxunto máis Irlanda, Chipre e Suíza.

É o tempo

Un maratón de fútbol sala que estaba previsto para este fin de semana foi suspendido, ó igual que todas as actividades a celebrar nos pavillóns municipais por mor do tempo previsto. Se ben o lateral de blog da para mañá sábado e pasado domingo unha velocidade do vento de 18 km/h, a aexencia española de meteoroloxía elévao ata 47 o domingo, e meteogalicia da refachos moi fortes para o sábado a tarde, e vento forte todo o día para o domingo. O caso é que foi decretada en Galicia alerta vermella para sábado, e así estamos.

20100225

Mobilidade

Estase comezando co plan de mobilidade. Unha persoa está entrevistando durante tres días a diversas entidades e colectivos ribadenses para pulsar a súa opinión sobre o tema e outros accesorios ó mesmo.
Consultado O Tesón, presentou tres liñas básicas de actuación, as referentes a transporte colectivo, alternativo (tanto bicicletas como mobilidade para discapacitados), e peonil (incluíndo a ordeación de tráfico para facelo posible). distingueuse a zona rural, cos transportes en autobús actuais (que os hai) e posibles variacións a estudar (como un posible autobús circular para as parroquias ou cara á zona turística de as Catedrais) ou estado dos accesos, e a zona urbana. Unha zona esta relativamente máis complicada, co abano que se abre dende a zona do IES Dionisio Gamallo (Avda. de Galicia, Xardín e a nova r/ transversal) e o cerre do perímetro urbano pola zona da avda. de Castelao e o porto, incluíndo o acceso ó centro vello de xeito radial dende o perímetro, cos aportes como posibilidades de carril bici ou circular, tanto na zona mencionada como no acceso á zona escolar pola estrada de Covelas, e a desconxestión do tráfico urbano co aproveitamento de aparcamento e facilidade para acceso ó centro, así como a conexión co litoral e a xestión que se pode facer do mesmo en plan turístico.
Preguntou ademáis outros detalles, por exemplo sobre o ruído ou a iluminación, e aportouselle asemade outros puntos en relación á accesibilidade de edificios, se ben temos claro que tras falar con COGAMI, as notas que poidera tomar na xuntanza sobre este punto concreto quedarían moi curtas respecto ás que lle poden aportar dende a coordinadora galega de minusválidos.
É unha primeira recollida de datos que é de esperar que se complete posteriormente, pois se se quere facer un plan, as vinte ou trinta consultas que pode facer estes tres días e que ten programadas é desexable que se vexan ampliadas cun traballo de campo consecuente para manexar os datos aportados con soltura (algo que en comentarios posteriores se lle suxeriu e implícitamente entendimos que así estaba programado), pois comentando os temas saiu a relocer por exemplo o pouco dominio sobre os lugares precisos sobre os que se estaba a falar ou a nula visión xeral sen un debuxo sobre un papel dun esbozo do plano urbano ou do concello, o que dificulta a comprensión do que se está a falar. Ou a ignorancia de detalles aproveitables (ou ó revés, que impiden unha solución determinada) que poden non saír aínda que se fale moito de mobilidade.
A empresa que leva a cabo o proxecto, Novotec, é xa vella coñecida en Ribadeo, pois ten tido contactos co concello sobre diversas cuestións.
Na foto, un dos detalles de mobilidade a ponderar (con implicacións noutros campos)
--
Versión recollida noutras publicacións:

Nestes tempos estase a falar de consultar ó pobo. De xeito indirecto, sexa a traverso de consultorías diversas ou de institucións, ou mesmo de partidos (a campaña xa comezou, e isto serve para as municipais ou as xerais). Non obstante, as consultas directas parece que aínda non están dispoñibles, que terán que esperar, e mentras a vontade do pobo chegará ós centros de decisión filtrada, tamizada, matizada por institucións como os partidos políticos.
Un exemplo no que non se trata de partidos políticos directamente e que polo momento coio que técnicamente vai polo manual: estase a comezar co plan de mobilidade en Ribadeo. Unha persoa estivo entrevistando durante tres días a diversas entidades e colectivos ribadenses para pulsar a súa opinión sobre o tema e outros accesorios ó mesmo.
Consultado O Tesón, presentou tres liñas básicas de actuación. Liñas referentes a transporte colectivo, alternativo (tanto bicicletas como mobilidade para discapacitados), e peonil (incluíndo a ordeación de tráfico para facelo posible). Distingueuse a zona rural, cos transportes en autobús actuais (que os hai) e posibles variacións a estudar (como un posible autobús circular para as parroquias ou cara á zona turística de as Catedrais) ou estado dos accesos, e a zona urbana. Unha zona esta, a urbana, relativamente máis complicada, co abano que se abre dende a parte do IES Dionisio Gamallo (Avda. de Galicia, Xardín e a nova r/ transversal) e o cerre do perímetro do centro urbano pola zona da avda. de Castelao e o porto, incluíndo o acceso ó casco vello de xeito radial dende as vías perimetrais, coa posibilidade de carril bici, que podería ser de tipo circular, ou abrindo vía tanto na zona mencionada como no acceso á zona escolar pola estrada de Covelas. Tamén falamos da desconxestión do tráfico urbano co aproveitamento de aparcamento e facilidade para acceso ó centro, así como a conexión co litoral e a xestión que se pode facer do mesmo en plan turístico.
O técnico preguntou ademáis outros detalles, por exemplo sobre o ruído ou a iluminación, e aportáronselle asemade outros puntos en relación á accesibilidade de edificios, se ben temos claro que tras falar con COGAMI, tamén consultada, as notas que poidera tomar na xuntanza mantida con nós sobre este punto concreto quedarían moi curtas respecto ás que lle poden aportar dende a coordinadora galega de minusválidos.
É unha primeira recollida de datos que hai que esperar que se complete posteriormente, pois se se quere facer un plan, é desexable que ver ampliadas as vinte ou trinta consultas que tivo programadas para facer nos tres días de andar por Ribadeo, cun traballo de campo consecuente para manexar os datos aportados con soltura. Algo que en comentarios posteriores se lle suxeriu e implícitamente entendimos que así estaba programado. Necesario, pois comentando os temas saiu a relocer por exemplo o pouco dominio sobre o campo ou a nula visión xeral sen un esbozo do plano urbano ou do concello, o que dificulta a comprensión das características e necesidades do que se está a falar, ou a ignorancia de detalles aproveitables (ou ó revés, que impiden unha solución determinada) que poden non saír aínda que se fale moito de mobilidade.
A empresa que leva a cabo o proxecto, Novotec, é xa vella coñecida en Ribadeo, pois ten tido contactos co concello sobre diversas cuestións. En cambio a persoa, aínda que demostrou estar facendo os deberes, non era coñecedora de Ribadeo.
E voltamos ó comezo: unha consulta, ou unha serie de consultas, sobre un tema determinado poden dar unha idea ou moitas ideas sobre o sentir da poboación ou aspectos a desenrolar, pero cun contacto máis directo, políticos, xestores ou decisores poderían sinxelamente sentir como o pobo, estar integrados nel, e non só procurar impresións e ideas para aproveitalas como instrumentos.

20100224

Sobre o castro das Grobas, de novo

Hai tempo que o pulo de José Mª Rodríguez impulsou á AVV O Tesón e contribuiu a que o castro das Grobas se limpase e posteriormente se fixeran catas nel. Traballos que remataron a comezos da primavera pasada, e a dicir da xente que alí estivo traballando, e mesmo o que no seu momento puido observar nas escavacións calquera visitante, con resultados positivos. Achádegos nos que se inclúen máis de trescentas pezas extraídas das tres catas (dúas de 5x5m2 e outra de 15x5m2) realizadas, e dos que aínda se pode observar o muro de edificacións. Houbo pouco despois, a comezos do verán, unha nova na prensa que reafirmaba que a prospección fora fructífera, e anunciaba para finais do verán ou comezos do outono pasado a entrega da memoria definitiva no Ministerio en Madrid.
Memoria que a día de hoxe non se coñece, nin sei que se presentara, polo que parece que o castro está polo momento desasistido dunha proxección psoterior. A día de hoxe, a pesar das boas palabras sobre o seu futuro, os seus fondos, a súa posta en valor, etc, non se sabe máis do tema, mentras pouco a pouco a maleza vai retomando espazo, e aínda que os escolares do C.P. Gregorio Sanz, acompañados polos seus profesores e guiados por José Mª, fagan excursións para ver o lugar que habitaron un día os antigos moradores.
Queda, iso si, outro tipo de restos, como os artigos publicados sobre o Castro, un deles no libro 'Sobre os Castros de Ribadeo', editado o pasado ano por O Tesón, ou os paseos organizados para a súa visita, as xornadas organizadas pola asociación sobre os castros, a visita ó castro de Viladonga para poder ter unha referencia de recuperación, ou o rastro en internet de diversos datos, entre os que se atopa como dirixirse alí dende Ribadeo.
Queda, pero polo momento parece que só quedará esto, pois pediuse por exemplo unha sinalización para poder chegar alí dende o casco urbano, e ata agora non hai tal. Ou un díptico sobre o mesmo, e como non se imprima de internet o que hai, non se logrará impreso doutro xeito. Ou... o oco das escavacións, que interpretei no seu momento que se ía tapar para evitar o seu expolio, pero debín de interpretalo mal.
Así pois, está xa en marcha de novo o exercicio de mover ás autoridades para que, á súa vez se poñan en marcha para recuperar e por en valor o castro. Algo que sabemos que quererían facer, pero que preferimos alentar antes de esperar a que se eternice a decisión para recuperación dun lugar que non só é de todos, senón que a todos pode facer ben unha vez que se comece a poñer en valor.
Máis sobre as Grobas, para comezar: aquí ou aquí, ou aquí, ...

Embrollos

Collo a prensa de hoxe:
Mentras se comenta que o urbanismo en Barreiros podería comezar a solucionarse cunha aportación de 12 000 000 € (varios anos de orzamento do concello para solucionar un problema que creou a comandita a propia corporación municipal e alcaldes cos construtores), Ribadeo vóltasde un pouco máis subrealista.
Por unha parte, o concello vai camiño de voltarse construtor a tempo parcial, ó ter que repoñer e non só quitar a cobertura do edificio da r/Irmáns Moreno Ulloa. Coberta que está chegando ó tempo límite marcado polo xulgado para o seu derribo. Edificio que ten unha comunidade que decidiu denunciar a outras construccións irregulares, co que é de esperar que a cousa se repita nalgún dos casos.
Por outra banda, o PSOE está en pleno ataque, quizáis seguindo a liña de 'a mellor defensa é un bo ataque', e tras ser a comidilla do pobo o millón de pesetas por mes que lle deu o xuíz ó anterior alcalde polo tema da suspensión do soldo, e ter en marcha un xuízo por prevaricación (feitos demostrados, falta asignar culpabilidade), un día tras outro é titular por ataques ó concello. Mesmo cando os feitos se teñan producido en parte no anterior mandato. Agora tocoulle o turno á rúa da Muralla, en moi mal estado e que conserva as marcas do paso do anterior alcalde, e á petición de responsabilidades políticas pola escola de música. Non entendo moi ben o de responsabilidades 'políticas', en troques de 'responsabilidades' a secas, pero si que entendo que é un anuncio de algo que se fará en caso de que os resultados do expediente e xuízo en marcha sigan unha determinada liña. Parece evidente que se se determina que o culpable é o alcalde que se tomen medidas, pero polo momento tal parece un querer saír na prensa. A esto último súmase a CGT, cun razoamento no que se citan cousas do expediente ó tempo que se di expresamente que non tivo acceso ó mesmo.
Por outra banda, onte Ence asinou o convenio que lle permitirá enviar mercancía por tren ata o Musel. Poñendo 2M€. O que estimo que ven a confirmar que o da nave de Mirasol foi unha maniobra para ter maior capacidade de negociación na prosecución duns intereses que pouco teñen que ver con Mirasol, sendo secundada por Portos de Galicia dun xeito automático ata que viu o tejemaneje.
En fin.

20100223

Tres fotos


O aparcamento no recheo dos 90 non creo que estivera previsto nin ó comezo como tal aparcamento nin despois como aparcamento de caravanas, pero cunha foto de tres das sete caravanas que había o outro día no porto pode terse unha idea de como se vende e como resultan moitas das obras que se fan, sexan de portos ou doutras entidades diferentes.
Unha árbore é unha árbore. Polo que parece, na subida a San Miguel as árbores xa subriron arboricidio e agora temos unha especie de segunda parte do mesmo, na que se pode observar na base dos troncos os cortes que teñen algunhas delas, pero non todas (casualmente, as que teñen corte están seguidas, unha detrás da outra). Debera haber árbores aí? Sería mellor un seto baixo (xa se ten falado del) que non quitara vista nin para os transeúntes (viciños ou turistas) nin para as casas de detrás (sobre todo, pois os transeúntes xa ven a paisaxe exceptuando o ancho dos troncos)? Coido que o debate (neste momento) non debera ser ese, senón que pasa coas árbores.
O antroido xa finalizou, pero non diexara ningunha foto del ata o momento. Comprimín nunha seis fotos dos fogos de artificio cos que finalizou a queima do antroido o sábado, e aquí están. Algunha delas está movida, pero coido que non inflúe moito na espectacularidade.
Serve a última foto para ocultar o sentido das outras? Coido que non, que son cousas diferentes e como tales deben ser tratadas. Mágoa que nas novas que se producen sobre Ribadeo, os axentes que as producen moitas veces as confundan, creando un poupourri no que as fotos correspondentes están misturadas.

20100222

Novos tempos, vellos temas

Hai xa cousa de tres anos que o combate contra a mina de ouro nos lagos de Salave, en Tapia, tivo o seu clímax. Daquela, tras o rexeitamento da mina, mesmo parecía que estaba xa todo resolto. Pois non, estas cousas voltan e voltan ata que se aseguran ben, por eso os veciños piden unha protección como é debido sobre os lagos.
Non é coincidencia que na ría de Ribadeo se pida asemade un plan de protección integral: sábese que mentras non haxa dito plan, periódicamente viviranse intentos de ataque dun ou outro xeito á ría. Así que, para cándo un plan para a ría?

20100221

Concurso musical


Unha nova edición (a IV) do concurso de relatos hipercurtos

"O concurso consiste na presentación de relatos, de textos de 20 palabras exactamente (nin unha máis, nin unha menos) adecuándose ás normas lingüísticas aceptadas en calquera das linguas das Comunidades de Galiza e Asturias: galego, galego eo-naviego , castelán e asturiano. No caso de haber dúbidas será o xurado quen resolva.
Os relatos hipercurtos poderán ser presentados por calquera persoa ou colectivo cultural. Os menores de idade precisarán iren acompañados dos seus pais ou titores tanto para a entrega do relato como para a participación na festa de entrega de premios. O estilo dos textos será libre aceptándose tanto poesía como prosa, etc. e non hai límite de traballos por autor ou autora. Só se require a utilización de un dos tres métodos preparados ao efecto:
O primeiro, e principal pola tradición do concurso, é o uso das papeletas cun único texto ou traballo de 20 palabras en cada unha e un teléfono de contacto preferibelmente móbil para localizar os premiados e invitar por SMS os participantes á cerimonia de entrega. Estas papeletas estarán a disposición dos concursantes no pub EL CORTELLO, rúa San Roque, 13 RIBADEO (Lugo) onde tamén estará a urna para depositar as obras a concurso.
Outra das opcións é envialas por correo, postal ou e-mail aos enderezos: EL CORTELLO, rúa San Roque 13 RIBADEO 27700 ou hipercortoselcortello@gmail.com intentando non incluír datos persoais que poidan influír no xurado, así como protexer datos persoais sensíbeis como prevé a lei.
A terceira opción é a través de SMS (mensaxe curta) a un móbil que estará dispoñíbel na publicidade do concurso (600265207).
A presentación do concurso e a apertura do prazo de entrega de traballos será o venres 5 de febrero ás 20.00 h nunha cerimonia de presentación de bases, papeletas e urna.
O prazo de recepción de traballos finalizará o venres 9 de abril ás 24 h. Neste momento retirarase a urna do local e cerrarase virtualmente a recepción de relatos polos outros métodos. Esta data está prevista inicialmente para permitir un mínimo de 2 meses para a entrega de relatos hipercurtos.
A resolución do xurado darase a coñecer o día 23 de abril de 2010 ás 21h nunha cerimonia que incluirá a lectura dos textos ganadores polos seus propios autores ou autoras, cuxa presenza no acto é indispensábel para recibir o premio ou os premios.
Estas datas poderán variar segundo a disponibilidade do xurado e de EL CORTELLO
Todos os cambios de datas definitivas serán anunciados con antelación na prensa, radio e no propio local.
Os primeiros premios establecidos son tres:
Para o primeiro clasificado, 200 € e un trofeo, obra dun prestixioso artista-ceramista da zona. Este trofeo será igual para todos a non ser pola indicación do posto obtido no concurso.
Un segundo premio, dotado igual de trofeo e una suscrición a unha revista literaria.
O terceiro recibirá igualmente o trofeo e a suscrición .
Para os finalistas haberá agasallos de intención literaria coma outros anos. A organización resérvase o posíbel cambio do valor ou os artigos dos premios.
O xurado estará integrado por profesionais da literatura ou a educación, un membro da organización do concurso e de El CORTELLO, e un representante da área de Cultura do Concello de Ribadeo.
A súa resolución será inapelábel e o xurado poderá declarar deserto algún dos premios, conceder accésit ou premios ex­-aequo ou incluír algún premio máis en razón da calidade dos textos presentados.
Por suposto, os datos achegados polos concursantes non serán utilizados comercialmente nin formarán parte de ningún ficheiro para usos non previstos pola lei de datos.
A participación no concurso supón a aceptación destas bases.
A organización e as persoas colaboradoras."

A neutralidade da rede

Un concepto que me algo preocupado pola súa supervivencia, e sen o que a rede perdería grande parte do seu valor, mesmo económico, e posiblemente toda potencia social. E algo doado de explicar, como ocorre neste vídeo, recollido dunha entrada en Microsiervos.
Unha ligazón que pode resultar útil como introducción á neutralidade na rede.

O cruce de libros ... para saír publicado ...

Non é doado atopar libros en calquera sitio. Pero cada vez se atopan máis. O cruce de libros, o bookcrossing, que o pasado outono chegaba a Ribadeo e paraba na Oficina de Turismo cunha presentación na que participou a AVV O Tesón, o cruce de libros a traverso do mundo enteiro, está facilitando as cousas para que os libros sexan algo máis libres, algo máis de todos.
Libros deixados en calquera sitio, dun xeito moitas veces desorganizado pero tamén moitas outras, a maioría, de forma organizada, liberados para que calquera outra persoa os atope e os use, os lea, e despois os volte liberar para que sexan usados por outras persoas, nunha cadea que se sabe en cada caso onde comeza, pero non onde finaliza. E que pode ter unha parada nun banco do parque, ou nunha cafeteía, ou nunha gasolinera, ... ou na oficina de turismo de Ribadeo, por poñer tamén un exemplo dos numerosos lugares que son zonas 'oficiais', rexistrados e visibles en internet, de intercambio de libros. Por non falar doutros que, da man de calquera, viaxan dentro do país ou cara ó extranxeiro, cunha parada moi lonxana a onde tiveron a súa orixe. Un movemento que vai cumprir os dez anos medrando cada vez máis apresa, de xeito que se o outono pasado andaba polos cinco millóns de libros liberados, en febreiro de 2010 sobrepasa os seis millóns.
A idea do cruce de libros ten dúas bases: os libros poden ser usados gratis e o pracer da letura non debe ter barreiras. Dous puntais que serven de acicate para unha especie de revolución silenciosa a nivel mundial, tendo como protagonistas ós libros viaxeiros, de man en man, de lugar en lugar, mesmo de país en país: “Ola, son un libro BookCrossing, non estou perdido, pertenzo a un clube de letores global” é unha frase característica (ahi outras moitas posibles, e en moitas linguas diferentes) que pode verse nos exemplares liberados, acompañados por un código, o BCID ou identidade do cruce de libros que facilita o seu seguemento. Volumes que non camiñan sós: pode atoparse en xeral información diversa de cada un deles, dende comentarios xerais a críticas, de impresións particulares a guías de letura, dende Ribadeo a Australia, ...
As dúas bases citadas dan lugar ó chamado R3 (en galego, RLR): Read (Ler), é dicir, desfrutar do libro, o apartado fundamental de todo o proceso. Register (Rexistrar) na web o libro que se via a liberar, para comezar o seu seguemento e a facilidade de uso ó resto dos potenciais letores, o que significa algo así como darlle un valor engadido. Release (Liberar) para que esteña a disposición de quen o queira ler e desfrutar. RLR que non sempre se segue ó pé da letra polas persoas que voluntariamente colaboran, pero que facilita un mellor funcionamento.
Así, o cruce de libros é unha iniciativa cultural sen ánimo de lucro, financiada polas doazóns voluntarias dos membros e a organización dun pequeno mercado relacionado a traverso de internet. Internet... unha tecnoloxía que permite unha organización distribuída do bookcrossing, unha inscrición de libros deixados, á maneira de unha biblioteca universal, un seguemento do material ó longo do mundo, unha referencia das leturas que ti fixeches e os libros que estás pensando en ler, mesmo facerlle un seguemento ós libros que desexes por medio do correo electrónico ... todo, dun xeito voluntario que permite ó tempo, manter lagoas de información e acumular unha grande cantidade da mesma.
Enderezos: http://www.bookcrossing-spain.org
http://www.bookcrossing.com/hunt/29
http://www.libro-libre.org/

20100220

Segue o entroido

Si, en contra do que dicía o titular dunha entrada antonte, "Rematou o entroido", e como apostillaba por contra un comentario, parece que na realidade aínda non rematou o entroido. E non o digo polo enterro da sardiña, senón polo que está a suceder en Ribadeo. Pode que unha boa introducción ó "entroido non interruptus" (perdón pola adaptación ós que sabedes latín) sexa o último artigo de José María no seu blog, que se ve refrendado hoxe na prensa coas novas, nas que, por exemplo, se cuestiona por un edil exalcalde a subvención do entroido, mentras que os ataques do mesmo onte sobre o secado de árbores son contestados hoxe en base ó vandalismo, de xeito semellante ó que xa sucedera cando era alcalde.
Por certo que tiven que corrixir a miña idea de canto tempo estiveran sen cobrar alcalde e tenente de alcalde no 2007. Buceando no blog atopei que a retirada de soldo fíxose o 20070423, mentras que a nova corporación creouse no 20070627, é dicir, pasaron 65 días co soldo retirado, algo máis de dous meses e non dun, como deixei dito nalgún comentario que pasarei a corrixir. A cousa non varía moito, segue a ser un soldo mensual de 1 000 000 das antigas pesetas en números redondos. Pero iso xa se esqueceu, excepto na Comarca, na que polo seu carácter semanal chegan as novas con desfase.

Asamblea de O Tesón

Está convocada para hoxe sábado 20 de febreiro, cunha convocatoria que di:
"
Pola presente comunicación, convócaselle á Asamblea Xeral Ordinaria da Asociación de Veciños 'O Tesón', que terá lugar no salón de actos da Casa do Mar de Ribadeo o día 20 de febreiro de 2010, sábado, ás 12 horas na 1ª convocatoria ou ás 12:30 na segunda, coa seguinte orde do día:
1.Lectura, e aprobación se procede, da acta anterior.
2.Memoria de actividades ano 2009
3.Memoria económica ano 2009
4.Programación ano 2010
5.Orzamento ano 2010
6.Rogos e preguntas
"

20100219

Queima do antroido

Da lista de cultura do concello:
Lembrade que como último día do Entroido, este sábado vai ter lugar a queima no prado do Raxao, arredor das nove e media da noite.
Os viúvos, viúvas e acompañantes inician o percorrido unha hora antes diante da casa do concello.

Plans

Da web do concello pode obterse hoxe información sobre dous temas puntuais. Un, xa anunciado a bombo e platillo, o custe de instalación no polígono. O outro, o plan de mobilidade que aínda está por redactar e que, segundo a información, reclamará a participación cidadá.
Así, o primeiro implica o financiamento e o segundo a mellora da calidade de vida. En ambos queda moito por recorrer: no polígono dixéronse os prezos, pero queda por saber do subministro eléctrico, que se prevé estea en marcha aínda para comezos do 2012, e fíxose unha exhortación á venda de parcelas, mentres que na nota do concello non di nada sobre o número de asistentes ó acto de presentación da pre-venda (encheron o salón de plenos).
No caso da mobilidade, hai 30 000 € para realizar o plan no 2010, algo que se encargará a Novotec, vella coñecida no concello, pero polo momento non hai máis que intencións de mellora nos desprazamentos non motorizados e no transporte urbano. É de supoñer que se de para adiante ós carrís de bicicleta no casco urbano, algo que leva sendo pedido dende hai tempo, e quizais fora tamén conveniente unha especie de bus circular que fora pola costa ata as catedrais e volvera polo interior e/ou viceversa, ou un que fixera un recorrido pola costa ata as catedrais, para o que habería que avaliar o número de posibles viaxeiros entre outras cousas.
Polo momento, todo futuro por facer.

20100218

Una anuncio: concerto benéfico


Recibido vía a lista de correo do Concello.

Rematou o entroido

Estamos xa en coresma, aínda que non o pareza. Pensar máis, dicir menos, falar mellor, poderían ser directrices despois duns días nos que o desfogue do corpo está á orde do día, sen pensar moito ou facéndoo cuns patróns diferentes, falando en consecuencia ou sen consecuencia, sen importar a cantidade ou a cualidade... Impónse unha reflexión antes dunha antroidada a destempo, xa sexa sobre os xulgados e os seus resultados, ou o futuro de Ribadeo, económico, político ou social.
Pode que o blog non sexa o sitio máis adecuado, e tamén q1ue sobre o chamamento á vida pensada, pois é algo que se pode producir tódolos anos, pero despois de observar a prensa e ver que os temas serios foron tratados no entroido como en calquera outro momento, misturados entre os propios do tempo, e sen que se notara a diferencia, coido que é lóxico pensar en que un chamamento así é necesario; máxime cando xa o era antes do entroido.
Estes días as novas do xulgado a nivel nacional e local (aínda que sexan tildadas de "moral e politicamente impresentables», como un titular da prensa de hoxe) non rematan de dar paso por exemplo ás económicas, nas que, a nivel local destaca a difusión de especificacións para acceder a espazo no polígono industrial que se espera esteña rematado antes de fin de ano, despois de estar esperando por el corenta anos.
E non é o único tema, nin no plan económico nin noutros moitos, como por exemplo no relacionado co parque de bombeiros que segue sen funcionar unha década despois, aínda construído, e que foi lembrado hai pouco mesmo a conta dunha morte por incendio en Ribadeo.

20100215

Entroido xudicial

¿? ... pois con mirar un pouco a prensa destes días volverase a saber que a falanxe non é só un óso da man, senón tamén unha formación política, por exemplo.

20100213

Balbino Pérez Vacas gana un pleito ó concello

Coido que mellor que expoñer todo aquí é ir á ligazón da COPE onde polo momento se pode ver a nova.
Máis de 1 000 000 de pts por mes, o que cobrará de atrasos o antigo alcalde.
Na Voz.

Na escola de música

Onte celebráronse dúas xuntanzas, cos músicos da banda e pais, e coa xente da escola de música, para expoñer algo moi concreto: como pasou xa tempo dende o cese preventivo de Lourenço Cruz nas súas funcións como director da Escola Municipal de Música (que por convenio leva asociado a dirección da banda municipal), e ese cese non pode extenderse máis aló de seis meses, e por outra banda o expediente iniciado polo concello non foi rematado aínda polo instrutor (segundo se dixo pode estar rematado a comezos do próximo mes), entón non queda outra que que volte ó seu posto de traballo, coa situación cando menos delicada que iso crea. Manifestáronse alí diversas posturas e ideas, pero a cousa, polo momento, está así: despois do entroido, Lourenço Cruz voltará ás súas funcións, non se sabe ben exactamente por canto tempo antes de que o expediente sexa rematado.
Asemade, deixouse claro que a intención do concello era facer unha marcación moi estreita das súas actividades.

Unha lembranza do programa do entroido 2010

(xa foi publicado aquí)
... a lembrar que hoxe é o pregón.

20100212

Comunicación

Non é a primeira vez que falo da comunicación de Ribadeo. Xa van varias que cito o atraso na introducción da rede para internet, e non son o único, pois mesmo se ten constituído un grupo en facebook para presionar e conseguir o adsl nas parroquias, sen ter que depender do satélite. Non obstante, nos últimos tempos tamén se ve un retraso nas vías de comunicación na zona. Ó regate de FEVE do mes pasado sobre o futuro do tren na zona, que deixounos sen saber máis, senón máis ben empantanados no despiste de non coñecer o futuro da liña Ferrol-Xixón, e moito menos doutras posibilidades que periódicamente se tentan barallar para abrir unha liña cara ó interior, ténse unido hai moito a comunicación por estrada.
En canto ás estradas, a autovía continúa acumulando retraso, a estrada cara a Lugo pola Pontenova segue destrozada (por certo, asinaches xa a carta que hai en varios lugares de Ribadeo?), e o corredor cara a Ferrol o que está en cuestión.
Por iso, non é de estranar a convocatoria dunha 'asamblea aberta' co fin de dar un impulso a execución e remate do corredor Barreiros-Ferrol, que será mañá, 13 de febreiro de 2010 na Sala de plenos do Concello de Viveiro ás 12:30.

20100211

Educando

Non se está a dar difusión en Ribadeo dun acto que terá lugar na Veiga mañá venres 12 de febreiro, e que é unha oportunidade para a comarca. Coido que estará cheo, pois o xuíz Emilio Calatayud non soe deixar indiferente a ninguén nas súas charlas, e a súa fama como xuíz de menores exténdese cada vez máis. É na Casa da Cultura da Veiga ás 20:00. Como introducción pode verse algún vídeo das súas charlas en youtube, pero quizáis sexa máis rápido dicir sinxelamente que foi o xuíz que introduxo en España a aposta polas penas de formación, é dicir, os castigos de adolescentes incluíndo como parte principal a propia formación para o seu desenvolvemento como persoas.

20100210

Posibilidade de alegacións ó Regulamento do asilo

Unha nova importante que se me traspapelara: dende o día 3 de febreiro está aberto o prazo de 30 días hábiles para alegar á modificación do regulamento do asilo, segundo o tratado no último pleno. Coido que afecta a todo o mundo, polo que sería desexable que a xente se enterara de que vai o tema, e, en caso de pensar que se pode mellorar, alegara.
Unha nota. Poño con toda intención o de pensar que se poda mellorar, e non se perxudica ou non a un...
Ligazóns:
nota de prensa de 20081216 de O Tesón
nota de prensa da Mesa de Asociacións, 20081205
RRI do hospital asilo

Sobre o Gaiás


Quen vaia a Bucarest ten unha visita case obrigada: ó pazo do megalomaníaco ditador Ceaucescu, que mentras mantiña ó pobo ó pobo na pobreza construiu para o seu uso e desfrute un dos maiores edificios do mundo. a xustificación, como noutros moitos casos, era a de ser un 'pazo para o pobo', pero por ser moita cantidade o pobo, resulta que o desfrutaba el.
En Galicia xa pasa da década que o Gaiás comezou a camiñar, primeiro cunha convocatoria de proxectos, e logo coa realización dun espazo que, aínda sen rematar, pois queda moito, asusta polo tamaño. Nestes momentos, os poucos funcionarios que ocupan o único edificio en funcionamento nadan en medio dun espazo tanto ó ancho como ó alto, desaproveitado se se seguen as ideas dun cidadano corrente. algo que pode resultar bonito, pero sobre todo, impoñéndose ó resto de consideracións, caro, moi caro, do orden de 300 € por cada galego que vivira na pasada década, incluíndo anciáns e nenos, e mesmo inmigrantes. Ou sexa, uns 30 €/ano para unhas instalacións que aínda van comer máis no futuro a pesares de que dous dos oito edificios foron concelados e a súa execución desaparecida. Vidros únicos, por exemplo, que farán que se un se rompe haxa que facelo á medida, e se se rompen dous, cada un deles teña unha feitura diferente, polo que non se poden aplicar os custes de escala. E iso para edificios de tamaño de 200 m de longo con ocos nos que nalgún caso (o espazo para os decorados e demáis da ópera) cabe a torre de Hércules enteira dentro tal cual. Ou cunha rúa subterránea para acceso de mercadorías con 10 m de ancho e 6 de alto, por cooñer dous exemplos.
En Ribadeo non chegamos a tanto. As diferenzas co ascensor da Atalaia son evidentes: os 300 € por galego convírtense nunha cantidade semellante, pero só por cada ribadense, e ademáis, euros que parecen non saír de ningunha parte porque 'veñen de fóra' e por eso parece como se non costara nada. Tamén é certo que o Gaiás pode dicirse que naceu sen función, e os seus edificios levan pasado xa por varias en xeral, mentras que o ascensor sempre foi iso, un ascensor, aínda que non quede claro neste caso a función de ascenso ou descenso. Tamén cabe dicir que o Gaiás fastidiou un monte enteiro para reconstruílo, mentres que o ascensor só fastidiou un mirador, que queda con difícil reconstrucción. Ou que o Gaiás está fóra da cidade, mentras que a Atalaia non, ou que a representación do Gaiás é a da cidade de Santiago no casco histórico, e a súa forma de cuncha de vieira (eu non son capaz de ver ben ningunha das dúas cousas no plano e maquetas que coñezo, pero eso din) son máis artísticos que a columna semifurada que é o ascensor, ... pero si, coido que cando José María falou do noso Gaiás, acertou: mesmo o mantemento do Gaiás vai supor un custe anual que se incrementará ós euros antes citados, e o do ascensor, gardando as proporcións, algo semellante.
Sería moi ilustrativo facer unha excursión de ribadenses ó Gaiás...

20100209

N 640


Hai poucos días despisteime: en troques de coller para Lugo pola autovía , o Val de Lourenzá e Bretoña, collín pola Pontenova, camiño tradicional. Arrepentínme. A estrada segue a estar en malas condicións, e a recollida de sinaturas que se realiza na Pontenova debera de estar apoiada dende Ribadeo. Se isto non se normaliza pronto, estarao, a bo seguro.
Na foto, cunha semana de retraso sobre a súa toma, a remoción de terra nun dos ocos para árbores da rúa peonil, para facilitar a nova plantación e evitar que a gomose siga nas raíces das árbores plantados con anterioridade e poda facer enfermar os seguintes (aínda que é de prever que sexan máis resistentes que os retirados).

A revista 'Ribadeo'

No ano 83 fíxose no C.P. que agora leva o nome de D. Gregorio Sanz unha revista monográfica sobre Ribadeo. Coido que no momento foi a obra que describía mellor o que Ribadeo era. Agora está colgada en 'publicado en Ribadeo'.

20100208

Administración electrónica reducida

Nun momento en que o adcceso a moitos temas de administración por vía electrónica aínda está lonxe, o sigpag, a versión estatal dos mapas xeográficos visible en internet, deixa de ser de acceso libre. Pódese ver sen pagar, pero só se tes instalado un programa de orixe non libre. Por iso se abriu unha campaña de protesta, no enderezo http://www.mapa.es/es/ministerio/pags/correo/correo.asp, onde se pode poñer algo así como "Hai pouco descubrín que o sistema SIGPAC pasou a funcionar coa tecnoloxía no estándar de Microsoft, Silverlight.
Por iso, esixo que se de marcha atrás e se manteña a versión antiga á vez que se inicie un proxecto para a súa migración a estándares abertos, cumprindo así co Esquema Nacional de Interoperabilidade, que xunto coa Lei 11/2007, xa obrigan dende o 1 de Xaneiro de 2010 a que o material Documental que as AAPP poñan a disposición da cidadanía debe estar nun Estándar Aberto." (sacado dunha lista de correo, deixo tamén a versión orixinal en castelán:
"Recientemente he descubierto que el sistema SIGPAC ha pasado a funcionar con la tecnología no estándar de Microsoft, Silverlight.
Por ello, exijo que se de marcha atrás y se mantenga la versión antigüa a la vez que se inicie un proyecto para su migración a estándares abiertos. Cumpliendo así con el Esquema Nacional de Interoperabilidad, que junto con la Ley 11/2007, ya obligan desde el 1 de Enero de 2010 a que el material Documental que las AAPP pongan a disposición de la ciudadanía debe estar en un Estándar Abierto.")
Máis información en http://www.korama.es/blog/?p=185 , ou en menéame.

20100206

Onte


Dentro das actividades programadas para onte, asistín á presentación do libro 55 mentiras sobre a lingua galega, na Casa das Letras, ás 20:30, como estaba anunciado. O salón quedou cheo e a charla prolongouse nunha longa rolda de preguntas ata pasadas as dez da noite.
Novidades? Poucas, quizáis a máis importante é o remarcar algo xa coñecido, que as argumentacións sobre lingua non sirven (aí está o libro para negar as 55 mentiras), sendo a lingua no fondo unha cuestión de sentemento, de elección máis que de argumentación. O que non quere dicir, nin moito menos, que non teña importancia a argumentación. De feito, coido que en todo momento a discusión deu voltas ante un feito, que en xeral o galego é unha opción elixida de xeito consciente, mentras que se non se plantexa tal escolla voluntaria, o que se fala é o castelán.
En fin, o longo debate foi debido ós participantes, que encheron ó local, e que en xeral se vían implicados como usuarios da lingua. E os comentarios anteriores, non collidos só coa cabeza, senón entrelazados coa percepción de sentementos, son unha visión persoal dun dos participantes.
... por eso, toman máis importancia as referencias externas, como esta sobre o libro presentado, no El País.
... ou esta outra, sobre a morte dunha lingua, onte mesmo.

Novo xiro no tema do expediente ó director da dirección da banda e da escola

O concello liberou unha nota de prensa sobre o tema:
"
A CONCELLEIRA DE CULTURA ACUDIU COMO TESTEMUÑA
Declaración nos xulgados
05/02/2010
Mariluz Álvarez Lastra prestou declaración en calidade de testemuña nos xulgados de Mondoñedo na xornada de onte.
A concelleira de Cultura e primeira tenente de alcalde en Ribadeo, Mariluz Álvarez Lastra, acudiu onte aos xulgados de Mondoñedo en calidade de testemuña en relación cunha peza separada do expedente disciplinario aberto ao director da Banda e da Escola de Música. Dita peza podería ter implicacións que tivesen que dilucidarse diante da xurisdición ordinaria, proceso diferente ao expedente administrativo que segue o seu curso no Concello de Ribadeo.
"
Na realidade, non é un novo xiro: con esta nova sae á luz algo que xa era comentado dende hai tempo na rúa: son dous expedientes diferentes os que xa se están a tratar en relación co que se pode chamar aínda director da escola, un interno no concello e outro nos xulgados. O segundo probablemente dure máis tempo, pero o levado a cabo de xeito interno polo concello leva en marcha máis tempo do esperado.
Unha nota anterior sobre o caso do director da escola.

20100205

Nota de prensa da plataforma sanitaria

A EXECUTIVA DA PLATAFORMA EN DEFENSA DA ÁREA NORTE E DA SANIDADE PUBLICA, tivo onte día 4 de febreiro as 17,30h unha reunión con membros da Consellería de Sanidade.
Asistentes:
Pola Plataforma: Pilar Méndez, Ramón Vázquez Andrade, Rosa López, Fátima Rodríguez Moreda.
Pola Consellería: Ángel Facio Villanueva (Subdirector Xeral de Planificación e Ordenación Asistencial), Mercedes Carrera Viñas (Subdirectora Xeral de Desenvolvemento e Seguridade Asistencial), Luis Verdes (Xerente da Área Sanitaria de Ferrol). Ás 18h30 incorporouse a Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas Abadía.
Inicio da reunión: exposición dunha serie de cuestións por parte dos representantes da Plataforma a fin que os representantes da Consellería deran as oportunas respostas.
1. En relación ó ORGANIGRAMA da área sanitaria norte, iniciase cunha exposición da actual situación do mapa sanitario, tanto a nivel de asistencia primaria (toda a provincia de Lugo) como a nivel de asistencia especializada (A Mariña).
- as áreas sanitarias non van variar. O que varía é o modelo de organización, pero non se modificarán demasiadas cousas.
- a proposta do modelo organizativo de coordinación sanitaria notificarase ós interesados e colgarase na web do SERGAS para que se fagan as oportunas alegacións. Aínda se está traballando neste tema.
- insistencia no marco normativo que hai que respectar (Lei 8/2008 de Saúde de Galicia).
- aínda que se estableza un sistema de xestión integrada, haberá dous niveis orzamentarios: un para atención primaria e outro para atención especializada.
Neste momento incorpórase á reunión a Conselleira de Sanidade quen, na súa exposición e a preguntas da Plataforma, afirma o seguinte:
- co novo modelo de ordenación búscase a promoción e mellora do Hospital da Costa
- preténdese que sexa o profesional do centro “grande” (Lugo) o que se mova ó “pequeno” (Burela).
- a carteira de servizos non solo se manterá, se non que se ampliará
- a Área Norte terá xerencia propia, será unha xerencia integrada polo que se xestionará a asistencia primaria e a asistencia especializada polo mesmo xerente de área.
- a xerencia de Burela terá un presuposto propio independente de Lugo
- da “superxerencia” de Santiago dependerán as xerencias das áreas sanitarias, haberá unha xerencia única/integrada en cada área dependente de Santiago.
A XERENCIA INTEGRADA DE ÁREA NORTE TERÁ PLENA AUTONOMIA NA XESTIÓN DE RECURSOS MATERIAIS E HUMANOS: O CENTRO DE GASTO ESTARÁ EN BURELA.
Esta plataforma estará vixiante para que estas declaracións da Sra. Conselleira se cumpran tal e como ela as manifesta.
Burela, 5 de febreiro de 2010
* Algunhas referencias anteriores no blog: 1, 2, 3, 4 ...

Móvese

Na liña que xa teño editado moitos artigos no blog (ver senón a serie 'ria si, nave non') aparece hoxe a nova de que o PP (referido á Xunta, polo momento) pode tomar de novo nas mans de Portos unha proposta sobre a nave que se prevía en Mirasol.
Haberá que esperar a ver se verdadeiramente hai algo do tema, e, se o hai, como é. Pero o resume que aparece en internet na páxina da Voz é abondo clarificador.
Mentras, chama a atención que precisamente onte saltara á prensa a nova das toneladas de sal no recheo, que se din para botar nas estradas da provincia pero levan sendo acumuladas na zona portuaria ribadense de xeito ininterrompido máis dun ano, preguntándonos se para iso se fixo o novo recheo, para ter mercadoría acumulada nel ata que sexa usada ou enviada (aínda que agora esteña no recheo dos 90)

Entre hoxe e mañá

A parte das actividades xa expostas con anterioridade no blog (aquí ou aquí), este fin de semana hai previsto en Ribadeo un par de cousas máis.
Unha, no Parque de san Francisco, a Festa do Freixó, mañá, 6 de febreiro de 2010 a partires das 16:00 h e pasado, 7 de febreiro de 2010 a partires das 18:00 h, a modo non só de desfrute senón tamén de anuncio do Entroido. (esto xa estaba anunciado no blog, pero hai ampliación de datos)
Hoxe venres 5, ás 20:30, na Casa das letras, presentación do libro "55 mentiras sobre a lingua galega", a conta de Xavier Campos e Rocío Dourado

20100204

Nota de prensa sobre o concerto solidadio pro Haití

O concerto solidario celebrado en Ribadeo o pasado 22 de xaneiro consigue recadar 2000 euros para axudar ás vítimas do terremoto en Haití

Ribadeo, 3 de febreiro de 2010. A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo, a Asociación Amadores da Música, a Asociación Cultural Musiqueando e máis a Delegación de Cultura do Excmo. Concello de Ribadeo, entidades organizadoras do concerto solidario que se celebrou en Ribadeo co fin de recadar fondos para axudar ás vítimas do terremoto de Haití, entregaron onte mércores os 2000 euros (dous mil euros) que conseguiron tanto coa venda de entradas como coa Fila 0 que estivo aberta no Banco Pastor. Os cartos conseguidos ingresáronse na conta da Cruz Vermella en Lugo, que mostrou dende o primeiro momento o seu apoio a esta actividade, para que sexan destinados ás tarefas de reconstrución do país latinoamericano
As entidades organizadoras queren facer público o seu agradecemento a todas aquelas persoas ou entidades que fixeron posíbel o desenvolvemento dun concerto que contou co apoio e o traballo desinteresado do persoal do Auditorio Municipal Hernán Naval, de Gráficas Ribadeo e máis do claustro de profesoras e profesores da EMMeD de Ribadeo. Así mesmo destacan a boa predisposición mostrada en todo momento polas alumnas e alumnos da Escola Municipal de Música e Danza á hora de planificar ensaios co fin de preparar o concerto. Pero, sen dúbida, o maior agradecemento queren transmitilo ás persoas que se achegaron ao Auditorio Municipal Hernán Naval para presenciar o concerto e a todas e todos aqueles que depositaron os seus donativos na Fila Cero ao longo destes quince días.

A voltas con problemas

Non deixa de ser curioso como os problemas que non se tenta solucionar ben por tódalas partes, por exemplo porque priman interses nalgunha delas sobre a solución en ben xeral, voltan e volta a ser nova, a enquistarse e demáis.
Hoxe a prensa ten novas relacionadas con Ribadeo que manifestan alomenos tres situacións semellantes.
A primeira, nunha pugna co concello de Castropol, que despois das declaracións sobre o polígono ribadense, ou sobre o nome da ría de Ribadeo (nome o ficial recoñecido, lembrémolo), ou sobre o feito de crear un mercado o mesmo día que o mercado ribadense, ou a diferencia entre as críticas á nave en Mirasol e á grúa das Figueiras, ou, ... agora tamén hai declaracións de oposición a que a reserva da biosfera que tamén abrangue á ría e a Ribadeo teña unha sede secundaria no noso pobo. Certamente, as declaracións e feitos do alcalde de Castropol son polémicos, e dende Ribadeo non se lles pon coto ... aínda que ó mellor o que se pretende dende Castropol é incrementar a polémica, pois en política, xa se sabe...
Outra, sobre o hospital da costa. Unha institución que día tras día sae á polémica, e que hoxe non é menos. Por certo que esta tarde membros da plataforma para a súa defensa reuniranse en Santiago coa Conselleira, despois dun mes e medio de espera e sendo notificados onte da reunión de hoxe (quizáis por eso non sae a reunión na prensa). A xuntanza, hoxe ás 17 h.
Unha máis, sobre o tema das cumbreiras. Despois da asamblea de propietarios de antonte, decidiron sumarse á denuncia a outros dous edificios que son cualificado como ilegales e que xa se atopan na actualidade en contenciosos co concello.
Témome que os tres casos continuarán. É dicir, a entrada pódese rematar dun 'continuará ...'

Outra visión da xuntanza da Mesa de Asociacións co alcalde

Relacionado co artigo "Nova xuntanza da Mesa de Asociacións de Ribadeo", deixo un artigo de Evaristo Lombardero Rico na Comarca desta semana pasada:
"O pasado 15 de xaneira celebrouse unha xuntanza da Mesa de Asociacións Veciñais co sr. alcalde e mais o concellal d. Horacio Cupeiro. La Comarca del Eo xa deu conta deste o pasado sábado. Quen esto asina tamén partícipou na xuntanza e vou dar a miña versión dalgún dos temas alí tratados.
En prímeiro lugar, compre suliñar que durou unhas tres horas e o sr. al­calde utilizou o seu dereito á palabra durante dúas horas e 15 minutos, máis 15 minutos de Horacio Cupeiro, o que fai un total do 83% do tempo para dúas persoas. As vinte persoas restantes tivemos que repartirnos 30 minutos, ou sexa, 1,5 minutos por cabeza. Un exemplo de equidade e un modelo de participación cidadá. Polo demais, nas intervencións dos membros da corporación mesmo semellaba que estaban nun mitin electoral que nunha xuntanza para comentar problemas concretos con persoas afectadas.
No punto da Reserva da Biosfera preguntei por un cartel que hai no recheo da escollera, perto da Confraría, onde se anuncia o río Eo. Comentei que o río Eo desemboca e en Porto, a cinco millas marinas da escolleira, que a Comisión Espe­cializada en Nomes Xeográficos do Consello Superior Xeográfico acordou o día 12.3.08 que o único nome oficial da ría é Ría de Ribadeo, que os seus acordos son de obrigado cumprimento para toda a Administración e que o gobernó do sr. Areces está empeñado en suprimir do nomenclátor a denominación oficial.
Resposa do sr. alcalde (rnoi resu­mida): "Eu non podo intervir no que faga o Concello de Castropol". Con­clusión: ese cartel púxoo o Concello de Castropol. Aínda máis, o sr. al­calde insistu en que el non pensaba facer nada por este asunto.
Tendido de Alta Tensión e Subestación Eléctrica: O Sr. alcalde botou unha parrafada sobre os trámites deste proxecto que non nos explicou porque non se publica o tendido da línea de alta tensión e como se vai resolver o problema do seu soterramento, que non se pode ver desde ningún punto do Camiño, (sic).
Centro de Alzhéimer: O día 19 de novembro presentei un escrito no Concello pedindo información sobre este asunto. Era unha nota moi breve preguntando se no Concello había un documento ou un anteproxecto sobre este tema e se me podían facilitar unha copia do convenio co Obispado de Mondoñedo.
Resposta (moi resumida): "A Aso­ciación que vostede representa non figura no rexistro de asociacións deste Concello". A Plataforma pola Defensa da Ría está legalizada desde 1994 e así consta nos orga­nismos competentes. Sacar este asunto no medio dun debate é como negar ou recortar o noso dereito de expresión. Pero dase a casualidade de que a Mesa de Asociacións non está legalizada en ningures, e o sr. alcalde negociou esta xuntanza cun representante da mesa de asocia­cións que tampouco figura en nin­gún rexistro do mundo mundial. Polo demais, o Concello non ten ningún documento ou anteproxecto do cen­tro de Alzhéimer, dos seus obxectivos, do tipo de doenzas que poden ser atendidas, do grade de depen­dencia... Tampouco se explicou como se vai coordinar e os servicios sociais existentes. Parece ser que existe unha carpeta que podería ser algo así como un proxecto técnico, pero eu non a vin, preguntei se era un documento público e o alcalde dixo que non o sabía.
Respecto do convenio co Obispa­do de Mondñedo, o sr. alcalde respostou que no Concello non o tiñan porque foi un documento asinado pola antiga Vicepresidencia do Go­bernó da Xunta. Sin comentarios.
Respecto do Xuzgado, o sr. alcal­de declarou que estaba farto oeste tema e que non pensaba facer nada máis por este obxectivo, e si querían as asociacións podían convocar unha manifestación.
Como dixen, a xuntanza foi moi longa e rnoi difícil de resumir. Este escrito só pretende informar dalgúns puntos que non apareceron ñas re­ferencias que saíron nos medios es­tes días. O próximo día comentarei máis polo míúdo o asunto do nome da ría."
O artigo ía acompañado dunha foto do cartel citado, na escollera dos 90.

20100203

Axenda de actividades culturais do trimestre


Remátame de chegar...

Diferencias

As diferentes administracións crean normas diferentes, que polo tanto contrapóñense. É clara a contraposición en moitos temas humanos, onde o carácter das persoas pode variar dun lugar a outro, e aínda que as diferencias legais non son doadas de explicar, poden concebirse explicacións debido a esas variacións.
A postura legal en canto a outras cousas ten a mesma base diferenciadora, pero é máis difícil aplicala. Así, hoxe a prensa trae que se están a talar nos concellos asturianos viciños un tipo de árbore, o eucaliptus nitens, que aquí están permitidos. Os afectados terán ademáis que pagar a tala e unha multa.
Non sei da maldade dese tipo de eucaliptus (é 'tradición' que os eucaliptus sexan mal considerados, para canto máis algún tipo en particular), pero a cousa lémbrame o que se dixo na Mesa de Asociacións sobre o talado de árbores e o depósito que tiñan que deixar os taladores para poder acceder a eles e ser usados en caso de que destrozartan os camiños.

Avisos diversos recibidos e recollidos

Cortes na rúa Deputación por obras.
* Á beira, a invitación ó comezo do ciclo 'facendo viva a voz das mulleres'
* O SÁBADO COMEZAN AS COUSAS, SABOROSAS, DO ENTROIDO 2010.
A partir das catro da tarde podedes dar unha voltiña polo parque San Francisco e probar os freixóns na antiga sala de turismo.O DOMINGO a degustación será a partir das 11.00 h
* CARLOS BLANCO chega

(ó auditorio)
“Un Camiño nunca visto.
O camiño de Santiago percorrido por un de Santiago: un absurdo?
Algo así.
A nova aventura de Carlos Blanco ten bastón, mochila e até coche de apoio.
Que cada quen fai o Camiño como pode.
Todo iso é Só. A nova aventura humorística de Carlos Blanco.
Un novo camiño para o humor galego.
Un paseo a bo ritmo polo interior.
Un desafío á intelixencia.
Unha delicatessen low cost.”
Domingo 7 de febreiro
20.30 horas
Entradas a 4 e 2 €.
* Cómics na biblioteca de Ribadeo:
1.Alice Escuela de Magia (1-14)
2.Aprende a dibujar cómic(1-4)
3.Astroboy(1-21)
4.Amaniaco(1-10)
5.Baron Gong Battle(1-9)
6.Battle Royale(1-14)
7.Black Jack(1-14)
8.Bleach(1-28)
9.Bone(1-8)
10.Bokko
11.Cañari(1-2)
12.Chobits(1-8)
13.Cielo XX(1-4)
14.Criying Freeman(1-5)
15.Death Note(1-12)
16.El Capitán Trueno
17.El Escorpion(1-7)
18.El Gato del Rabino(1-4)
19.El Misterio de Loki(1-7)
20.Elya(1-3)
21.Favole(1-3)
22.Fruits Basket(1-23)
23.Fullmetal Alchemist(1-19)
24.Ganz(1-25)
25.Get Fuzzy(1-4)
26.Giss(1-4)
27.Hellsing(1-7)
28.Heresiarcas(1-2)
29.Inu-yasha(1-51)
30.Isaac el Pirata(1-5)
31.Jerónimo Puchero(1-4)
32.Kenshin(1-5)
33.Keroro(1-14)
34.Las Bromas de Totó(1-3)
35.La Espada del Inmortal(1-22)
36.La Mazmorra…. (1-21)
37.Las Nuevas Aventuras de Esther(1-2)
38.Locas(1-3)
39.Los Fabulosos Freak Brothers(1-8)
40.Naruto(1-39)
41.Neogenesis Evangelion(1-8)
42.NYX(1-3)
43.Okko(1-4)
44.Rapaces(1-4)
45.Rave(1-29)
46.Saga Cain(1-12)
47.Shaman King(1-32)
48.Shaolin
49.Tarot Café(1-6)
50.The Authority(1-10)
51.Trigun Maximun(1-13)
52.Tsubasa Reservoir Chronicle(1-22)
53.Vagabond(1-29)
54.XXXHolic(1-12)
55.Yotsuba(1-7)
56.Zatch Bell(1-28)
57.Zits(1-10)
Outros sen colección como Mortadelo, Mafalda, El Gavilan ,El hobbit… e máis coleccións que chegarán dentro de pouco.
Podes vir a visitarnos e comprobalo por ti mesmo ou mirar na paxina web

20100202

A loita contra a corrupción

Copio sobre a corrupción: "Non só afecta á clase política, tamén ós funcionarios e ós grupos de presión. En España temos moitos exemplos. Hai presión por parte do sistema económico que procura obter beneficios, e eso pon en perigo o sistema democrático. Ó final non goberna o pobo, senon que quen está a liderar o país é o que ten o capital." (Público, 31/1/2010, p.29, asociado a esta nova)
Mentras, tres afectados pola demolición a levar a cabo en Ribadeo estiveron onte en Onda Cero en tertulia. Coido que é ilustrativo o que recolle José Alonso Quelle, e axuntar que agora mesmo parece como se quen tivera a culpa foran os denunciantes: "¡Non serán culpables os que denuncian!"; o construtor tamén é tertuliano (non participante onte) e ó xuíz non se lle menciona, pero está presente a raíz de varias afirmacións, mentras o que se toma por posible solución é facer táboa rasa: se eu son 'represaliado', aquí sae represaliado todo o mundo.

20100201

Vicente Ferrer e o Nobel

Vicente Ferrer foi (pois xa morreu) un home de ben que comezou a súa vida na India como misioneiro, e rematouna alí deixando a outros a misión. A súa vida sufriu diversos cambios, dende o anarquismo á relixión e logo á doazón de si mesmo, ata desenvoltar unha rede de axuda e desenvolvemento nunha das rexións máis pobres do mundo. Agora a fundación que leva o seu nome está impulsando a súa candidatura para o Nobel da Paz, que será presentada hoxe en Oslo. A semana pasada saltou ós medios a noticia da candidatura, e dende aquela foise espallando a nova.
O caso é que onte aparecía unha viñeta no 'Público' abondo ilustrativa sobre o tema: a comparación nunha manifestación entre a actividade de Vicente Ferrer para aspirar ó Nobel e a posible negatividade da mesma debido ó criterio usado para a concesión do último Nobel da Paz, Barack Obama.
O certo é que, aparte de estar morto e seren concedidos os Nobel a xente aínda viva, Vivente Ferrer non se axusta moi ben ó perfil, non só en comparación con Obama senón con outros moitos persoeiros, en particular políticos, que apsaron por ali.
Máis ben a campaña parece unha propaganda da fundación para seguir dispoñendo dun mínimo de efectivo co que facer fronte á súa labor.
"Cando a miña voz cale coa morte, o meu corazón seguirate a falar", cita de Rabindranath Tagore usada para abrir un artigo sobre Vicente Ferrer, é abondo ilustrativa do que se pretende: seguir co legado do morto nun mundo no que se pretende acalar moitas ideas.