20100331

31 de marzo, data límite

Hai uns meses saltou á vida unha nova: ou o alcalde repoñía a legalidade da altura dun edificio na r/ Irmáns Ulloa antes de finais de marzo ou pasaba a aboar 1 300 €/mes. Dende aquela houbo un axuste na sentencia, a pregunta do propio alcalde: non se trata só de tirar a altura, pois quedaría o edificio sen teito, senón de repoñela. Iso implica un proxecto non só de tirado, senón de reposición, que aumenta 79 000 € ao proxecto incial, o que leva a cousa ata os 160 000 €. Queda unha dúbida (alomenos a min), se co novo axuste na sentenza variou asemade o prazo de xecución. Se non é así, entendo que mañá comezará a contar o prazo para o primeiro mes de pago, despois de ter pasado a cousa por mans de varios alcaldes. E é só o primeiro dos edificios, pois xa se falou da sentenza doutro, e non serán os únicos.

20100330

Hoxe, a competencia

Estamos en Semana Santa. Despois do Domingo de Ramos, onte foi o Viarucis, a conmemoración de Jesús camiño do Calvario. Con vento frío e unha lua case chea visible despois de varios anos sen deixala ver as nubes, desenrolouse polas rúas céntricas de Ribadeo, con 10 cruces. O viacrucis ten 14 estacións, simbolizadas por 14 cruces, pero cando preguntei por que ían só 10 dixéronme que xa nunca saían as 14 (algo que non lembro de ningún ano). Na procesión, a groso modo, unhas 100 persoas, o 1% da poboación do concello, tendo en conta que era a única procesión deste tipo en Ribadeo. Bastante probable que a asistencia ós bares do recorrido fora maior, nun día de semana entre 22 e 23:30.
Por outra banda, iste é o primeiro ano que vexo anunciada unha celebración, relacionada co tempo de Semana Santa, da agrupación dos Testigos de Xehová, ás 20:30 no cine teatro. É de supoñer que se deixan o seu 'Salón do Reino' para ir ó cine é que esperan que se lles quede pequeno.
Tempo de meditación, iste de Semana Santa.

20100329

Derrumbe

Os derrumbes estánse afacendo a Ribadeo. Onte o mesmo alcalde presenciou un no que se espera futuro albergue de peregrinos. Eiquí a nota de prensa da alcaldía.

Ranón

Hai un par de días na Voz facían unha nova de que o aeroporto asturiano fora o aeroporto da Mariña. para Ribadeo, salvo cousa de dispoñibilidade de vós, hai tempo que o é (aínda cando non había ningún tramo de autovía para acó de Avilés, era menor e máis curto o desprazamento), e polo momento, a diferencia tende a aumentar, ó seren rematados os tramos de autovía en Asturias antes que os de Galicia: a teoría do sal no zapato que teño enunciado xa alguna vez no blog (ou aquí).
Así as cousas, e vendo a tendencia á dependencia de Asturias, lembrar que o equilibrio económico, político ou en xeral de poder é algo cambiante non parece unha perogrullada. Por exemplo, despois de ver o que está sucedendo políticamente coa carga de papel.

Manifestándose

A entrada tiña outro nome, pero un fallo retrasou a súa publicación ata agora e o texto perdeuse; o de agora será diferente. O caso é que quería poñer de manifesto o éxito dunha manifestación en Vigo contra a proposta de privatización da xestión do novo hospital. O caso garda certas semellanzas con outros lugares de Galicia e por suposto ten relación co que pasa no servizo ofertado no hospital da Costa, tendo en conta que hai diferencias. De calquera xeito, salvo particularidades, tampouco sería quen de facer unha análise profunda do tema (no Tesón, a persoa encargada é Pancho Campos), co que deixo sinxelamente as preguntas prantexadas segundo o correo que recibín:
"
Asunto: EXITO DA MANIFESTACION
Cumprimos os nosos obxectivos!
Se pretendíamos que quedara patente o rexeitamento á proposta de xestión privada do novo hospital, o conseguimos!
A pesar da escasa repercusión mediática, os que estábamos alí sabemos que a resposta foi contudente.
Podemos dicir coa boca grande que eramos miles e miles de persoas.
O que non podemos é esperar que os medios expliquen a proposta do goberno, nin que analicen as alternativas, nin que se debata,...
Outras manifestacións son comentadas un mes antes e un mes despois,... esta non.
Non podemos esperar que o goberno se esforce en facer públicos e coñecidos por todos, os datos do proxecto:
- Que a inversión prevista pasou de 350 millóns (publico) a máis de 1.000 millóns (Privada: 50 mill/ano durante 20 anos). Por qué??
- Qué pasou co centro de investigación sobre o cancro proxectado inicialmente?
- Por qué non se centralizaron as urxencias que seguirán compartidas con POVISA supoñendo un sobrecuste para o presuposto do SERGAS.
- Por qué se van a perder camas?
- Qué vai pasar co Xeral?
O que nos queda é seguir informándonos e organizándonos, porque ese proxecto NON PODE SAIR ADIANTE!, NON ASÍ!!
NON IMOS RENUNCIAR A UNHA SANIDADE PÚBLICA E DE CALIDADE.
"
Quédome coa última frase: non podemos renunciar a unha sanidade pública de calidade, sen esquecer o baile de millóns ou a repercusión mediática das accións, que inflúennoutras cousas.

20100328

Mariñarte


Onte non puiden asistir á inauguración de Mariñarte. Houbo difusión a prensa e na circular de Cultura, por onde tamén chegaron as convocatorias apra diversas actividades para esta semana Santa, que complementa a oferta dos actos propiamente eclesiásticos. Deixo a continuación a exhoratación da concelleira de cultura que viña coa invitación:
"MARIÑARTE chega este ano á súa cuarta edición.
Podemos dicir que fai pé, que se chanta neste recanto de Galiza que é Ribadeo e conecta co resto do país amosando linguaxes plásticas que van cos tempos. Abrimos as portas do forte San Damián e dos escaparates da vila para que mozos e mozas da Mariña ou vinculados a ela amosen o que bule na súa cabeza, nas súas mans, no seu corazón.
Proveñen moitos deles do bacharelato de Artes de Burela e están agora moitos deles estudando en Pontevedra. Fan un camiño de ida e volta á súa casa para amosarnos o que están a descubrir, o camiño que están a andar. Esta Concellaría de Cultura séntese orgullosa. É un pracer acollelos na nosa casa.
Hannos visitar tamén moitos pícaros e pícaras, rapaces e rapazas, cos seus ollos a esculcalo todo. Patricia Gómez vainos guiar a través de zapatos con céspede, cadeiras con pinchos, pinturas de mozos con cans, imaxes de nus, fotos de xeometrías, de luces que semellan lámpadas, pinturas extrañas unhas veces, doces e tenras outras. Desexamos que o pasen ben mentres percorren as nosas rúas ollando as vitrinas da man dos seus mestres e mestras. Ha ser unha saída diferente.
E desde aquí queremos dar as grazas aos centros de ensino, ao CCA de Ribadeo , á fundación La Caixa e á Área de Cultura da Deputación de Lugo, sen cuxa colaboración esta idea non estaría completa. Os nosos parabéns por esa actitude aberta e xenerosa que amosaron desde o principio.
Mariñarte sae do forte e chega á vila. Unha primavera máis desexamos que a arte vos toque.
Ribadeo, marzo-abril de 2010"

20100327

10 días de marzo

Segundo me enterei, son 10 días o tempo que leva o Director da Escola Municipal de Música de baixa. Xusto dende o día despois de que no pleno se preguntara polo tema da querencia de Amadores doutro director para a banda. Hoxe sábado, ensaio da banda co director en funcións dende mediados do pasado ano.
Despois de que un sindicato e partidos políticos se posicionaran en contra do goberno municipal e de Amadores da Música, a baixa pode da un respiro temporal ó tema, pero non o remata: está aberto o expediente e un caso xudicial.

20100326

Portos

A confrontación Ribadeo / Eo-Navia segue medrando. Onte daba conta do mercado dos mércores en Castropol. Hoxe na prensa volve a sair o enfrontamento polo embarque da pasta, no que unha vez máis nótase ás claras que quen leva a pauta son os políticos relacionados con Santiago ou Oviedo, contemporizando ou metendo cizaña, pero deixando os motivos económicos ou doutro tipo como un mero apoio para argumentos de político.

E tamén aparece na Voz que o festival de primavera que o pasado ano se celebrou en Ribadeo este ano trasládase a Navia, axustando que as empresas que o organizaron o pasado ano, Donapubli Eventos e Promociones Artísticas R.Pico, xa fixeron tamén un festival en Nadal na Veiga. O ano pasado houbera protestas por ser realizado no medio de Ribadeo, e aínda onte recibín unha protesta polo ruído na zona a raíz da movida, dunha persoa que non sabía que tivera problemas. A foto está centrada no solar onde se celebrou o pasado ano.

20100325

Leite 'galego' (II)

A comezos de mes introducía no blog unha entrada co mesmo título, "Leite 'galego' ". E onte atopaba na Voz un dato, a importación anual de leite en Galicia correspondente ó pasado ano: 145 000 toneladas, isto é, redondeando, 150 millóns de litros ou máis de 50 litros por cada galego e galega, adulto ou cativiño... nun lugar excedentario de leite ata agora.
Hai que ter en conta que tamén se exporta leite 'galego' ou produtos lácteos a partires das mesmas fábricas que o importan, co que habería que facer un balanzo total de chegadas e saídas para un cadro realista, pero non deixa de ser preocupante a cifra de 50 L anuais de leite importados por cada galego mentras caen os prezos, hai ameazas de parar a colleita (ou a entrega) e o sector non está precisamente nunha boa racha.
Ademáis, a foto que ilustra o artigo ligado enrriba amosa un camión dunha compañía 'galega 100%' nun almacenamento francés, como querendo indicar que non importa que o capital sexa ou non galego, senón que a actuación é semellante para todos os grupos, independentemente da matriz (e en contra do co que poñía ó final da entrada Leite 'galego'.

11 Mércores ás 11



Tiña ganas e coincidiu. Pouco antes das 11 da mañá, onte, pasei por Castropol e vin o mercado que alí teñen montado. Non estaba sinalado, pero case era dado de antemán onde se podía situar. Extendíase pola rúa do Campo e o Parque de Vicente Loriente. 11 postos en total e, alomenos no tempo que estiven, abonda menos xente mercando. Espazo sobraba, coa circulación cortada na r/ do Campo e unha distancia abonda entre postos, na rúa e no parque.
Sería cousa de ver naqueles mesmos momentos o mercado ribadense para comparar, pero naturalmente non foi posible, e a próxima semana non fai fé: mercado da Semana Santa. De calquera xeito, as apariencias parecen confirmar o que xa teño dito no blog algunha vez: unha vez chegada a primavera, o mercado castropoleño diverxerá do ribadense. Iso non quere dicir que non haxa que prestar atención ó 'noso' mercado.

Aproveitei para tomar algunha vista dos edificios que tapan a liña de visión entre o parque Loriente e Ribadeo/ría de Ribadeo. Vista que se pode completar dende Ribadeo.

20100324

A Galipedia en código cero


Para máis info: http://www.codigocero.com/spip.php?page=recherche&recherche=galipedia
A última nova en papel (pdf, p.16)

O ascensor da Atalaia, primeiro retrasado, logo tiroteado

Quizáis me saiu un título un pouco alarmista, pero é a realidade: a súa posta en funcionamiento está sendo retrasada, e agora ven o tema do disparo (1 só).
A estrutura do edificio non leva vidro, o vidro (de seguridade) é o do propio receptáculo do ascensor, e polo menos coa miña vista é necesario fixarse para ver o astelado do vidro de seguridade, e levar uns prismáticos para ver o impacto. Di o viciño que deu a nova ó encargado de obra que debeu ser o domingo, pero que non se enterou, e que di a Guardia Civil que o impacto é de bala por arma curta. Despois dun rato falando con el sobre o ascensor, os botellóns que se organizan na atalaia, a rotura de luces alí, etc, apunto eu se dirán que a arma usada é de canón curto porque con arma de canón longo o impacto sería máis forte, e que o disparo debeu de ser feito dende unha zona máis chá da nova baixada entre Atalaia e Cabanela, precisamente da que me estaba sinalando o impacto, por ser dende onde o vidro ofrece unha maior perpendicularidade á visión.
O comentario do concello, aquí.

20100323

Visto na rede: consecuencias

Nas próximas eleccións vota a algún partido que defenda os teus dereitos, non os privilexios dos lobbies.

De cunchas e insectos

David Antonio López Álvarez é ribadense. Descoñecido por moitos, non obstante é coñecido alén das fronteiras por especialistas e coleccionistas de cunchas e tamén de insectos. Xente que ten en consideración os moitos anos de traballo, recopilación, clasificación e estudo adicados ó tema por David.
En Ribadeo, ten presentado xa hai moitos anos (no século pasado) unha parte das súas coleccións na Feira da Ciencia, onde a xente puido admirar as formas das bolboretas, os matices das cunchas ou os escaravellos que ás veces parecen guerreiros armados feitos en metal. Antes e despois ten viaxado e exposto en diversos lugares da xeografía galega e asturiana (sempre con partes e non coa totalidade das coleccións, por ser demasiado grande o conxunto para unha exposición temporal ó uso).
Dende que coñezo a colección, está máis ou menos decididamente na procura dun lugar onde expoñer as pezas que ten. Estou a falar dun tempo que abrangue abondo máis de dez anos, e durante o que non se materializou aínda unha exposición permanente. As últimas noticias que teño del indican que está en contacto co concello e á espera de que sexa unha realidade a recuperación da fábrica de alginatos da Vilavella para o servizo público, para tentar el, á súa vez, facer realidade unha exposición permanente de pezas da súa colección. Á espera, pero tamén lembrando que no seu momento tivo esperanzas e conversas para que a exposición fora amosada na Casa da ría de Ribadeo en Santa Cruz, na actualidade notoriamente insuficiente para o espazo expositivo mínimo necesario.
Espazo mínimo que se comprende cando se sacan os números a relocer: estou a falar de varios miles de cunchas (unhas 5 000) e unha cantidade algo menor, pero tamén de varios miles, de insectos, así como números menores doutras pezas interesantes clasificadas noutros tipos de colección. Un conxunto que pode constituír por si só un museo moi ben equipado: as pezas non só están ordeadas, senón clasificadas e polo tanto etiquetadas e caracterizadas. E non só hai as pezas, senón un saber facer: o coleccionista mantén o conxunto en bo estado despois de ser case sempre el mesmo quen fai a preparación das pezas e a recollida de campo (para o caso de moitos insectos) ou os contactos correspondentes para conseguir novas pezas arredor do mundo, a traverso dunha rede ben tecida de correspondentes e outra xente que, sen ser afeizoada, consigue algunha peza que cree interesante e coñecéndoo, pónse en contacto con el pasando o exemplar a engrosar a colección.
Un conxunto listo para ser posto en valor, que na actualidade ocupa un apartado lugar en caixas, fóra da vista do público, exceptuando algunha que outra exposición parcial e temporal. Estuches preparados, que debido á súa forma e acondicionamento poden servir de vitrinas de exposición e viaxar como tales a diversos lugares para ser contempladas as pezas no seu interior, pero que non deixan de ser caixas de almacenamento.
E, mentras a colección segue a aumentar, Ribadeo segue sen aproveitar as posibilidades que lle ofrece a actividade dun particular que podería ser un atractivo de primeiro orde para a potenciación turística desestacionada. Algo que, xunto con outras posibilidades como o Castro das Grobas, podería ter unha incidencia considerable no futuro de Ribadeo.

20100322

Bos Aires

Agora que o galego está nun momento controverquido en Galicia, aparece esta nova sobre a recuperación da súa memoria en Bos Aires. (sobre Bos Aires)

Chegou a primavera. Vistas cara á beira da ría de Ribadeo.



Dende onte estamos oficialmente na primavera. E onte, a praia dos bloques ofrecía o aspecto da foto. Acompañada da imaxe dun Castropol que está a cambiar a súa fisiognomía coa construcción dun edificio que lle come os pés ó edificio da sociedade que está no parque.
Mentras, no noso porto, a vista tamén está a cambiar: unha nave cuberta polo lateral e o avance das obras de igualación do chan, en Mirasol, e no porto norte, no tramo Figueirúa-Porcillán, as obras avanzan e un tramo está como se pode ver na foto.



20100321

Os faros da entrada da ria de Ribadeo


Os tres faros, da Punta da cruz, en vermello, illa Pancha en amarelo, e Carrallas en verde, con tempo abondo para ver a súa secuencia.

20100320

20100315, pleno (e IV)

... a terceira parte e agora, a última.
Punto 4 da orde do día, Ordenanza Municipal de protección contra a contaminación acústica.
Interviu primeiramente UPRi, que reservou a decisión do seu voto para unha nova rolda. Lembrou Francisco Rivas a súa intervención no 2001 na ordenanza municipal que trataba entre outros o tema do ruido, cualificou a ordenanza que se presentaba como extemporánea e aludiu a que deberan existir zonas de especial sensibilidade acústica.
Despois falou Balbino Pérez polo PSOE, que anunciou o seu voto contrario, cualificou a ordenanza fóra de lugar, lembrou e xactouse de que existan dous implicados do seu grupo (el mesmo, un deles) nun auto xudicial relacionado co tema e que pode supoñer a inhabilitación para cargos públicos, e dixo que non houbera comunicación co sector afectado.
O PP dixo estar de acordo en que é necesaria unha OMPCA, pero que lle estrañaba a premura para a aprobación (a lembrar que a aprobación primeira foi anos atrás, coa votación favorable dos grupos) e que non entendía por que tiña que ser máis restritiva que a regulación autonómica. Cualificou asemade a orde de inaplicable, lanzando a proposta de que quedara sobre a mesa, unha análise da clasificación e unha nova letura para axustarse á normativa.
O BNG acusou ós outros grupos de xogo de cálculo electoral no momento por riba do interese xeral de Ribadeo (a sala estaba con moitos propietarios de locais), lembrando que ACISA non alegou, e que a ordenanza proposta ven sendo copia de outras, ademáis de non entender como quen a propuxo no seu momento e non introduxo ningunha proposta nas alegacións, votaba agora en contra.
Na segunda rolda, Francisco Rivas xuntouse á opinión de que tería moitos problemas para aplicarse, e comentou de pasada que tampouco pasaba nada por pagar unha indemnización mínima (60 €/mes, polo momento). Seguiu asemade unha pequena serie de intervencións sobre estratexia política e a non actividade durante un ano (dende a anterior tentativa de presentación no pleno)
Houbo un receso de 5 minutos despois do que o equipo de goberno decidiu por coherencia política non retirar a presentación da ordenanza, e na votación, o antedito resultado de 4 a favor e 9 en contra.

20100319

20100315, pleno (III)

Despois da segunda, a terceira parte.
dentro do conxunto das mocións, xunto cos intereses partidarios, fieronse notorios os intentos por desligar a política local da política que se pode dar a outros niveis, alegando dende o tema dos touros ós demáis, a 'localidade' ou 'falta de localidade', tanto na defensa de temas como no seu ataque, ou na defensa do carácter como formación política dalgún grupo como no seu ataque. E, polo amosado, é algo que voltará a producirse, despois de terse dado con anterioridade de xeito menos virulento.
Da primeira parte do pleno, os puntos 8º e 9º foron sobre licenzas de primeira ocupación, e os anteriores, a petición de 39 m2 do actual aparcadoiro do Parador para dársellos á mellora da r/Alza, a titularidade da fonte de Vilaosende (co que se rematará a restauración que comezou tempo hai), e a apertura dun camiño en Ove, todos aprobados por unanimidade.
a parte od tema da ordenanza municipal sobre o ruído, que irá aparte, só quedan por comentar as resolucións da alcaldía, tratadas no punto 3º, onde se puxeron de manifesto diversos gastos, sacando a relocer cifras sobre actividades para procurar detalles, a orixe de facturas, a aplicación a un ou outro apartado, ou criticar o gasto e a priorización que se está a facer no concello. así saíron o mercado do Nadal (8 924 €) ou os arredor de 12 000 € en parques infantís, o apartado do gabinete de comunicación, os radioanuncios de actividades ou un pago de procuradora, ademáis dos recoñecementos de crédito que se fixeron últimamente, e que significou unha ampliación de 240 000€ sobre o que había anteriormente.

20100318

20100315, pleno (2 ...)

Continuando co pleno en Rogos e Preguntas, entre outras, preguntouse polo coidado do parque dos indianos, a mellora de uso da web do concello, o número de empresas e autónomos que solicitan intereses de demora, a altura máxima das naves do polígono, un escrito de viciños das rúas Barcia Trelles e Rosalía de Castro sobre un conxunto de máquinas expendedoras, ou o convenio co bispado polo centro de Alzhéimer, e se ben o número de preguntas coido que foi algo inferior a outras veces, a relevancia das mesmas enviaríaas en xeral a outro lugar e non ó pleno.
Fóra de pleno, as dúas preguntas de O Tesón, sendo respondidas que estivera vendo o cadro de Suárez Couto a técnica do Museo Provincial (en outubro de 2009), estimando o seu estado favorable, pero non emitindo un informe en profundidade por ser necesario para eso un estudo asemade en profundidade. Para o cambio de lugar, non hai moitos sitios no concello que o podan acoller, pero a dificultade está no traslado, que requeriría o desmonte, polo que de pronto seguirá na biblioteca. É dicir, está mirado, pero faltan solucións.
En canto ó listado de obras cedidas ó concello, foi reclamado xa á persoa encargada e espérase dispoñer del con prontitude, momento no que será presentado.
Sobre os puntos 11 a 19, foron mocións diversas, como xa dixen noutra entrada, ás veces repetidas, con diferente sorte e axustadas cando era o caso ás directrices de partido a nivel estatal ou galego, como se pode comprobar, e con máis ou menos debate segundo o ánimo concreto do momento máis que segundo o contido da propia moción:
A primeira (punto 11), sobre a permanencia do ISM en Ribadeo, aprobada por 10 contra 3 (PSOE), e á que se incorporaron a oficina de Capitanía Marítima e o servizo veterinario. Como referencia para enterarse do tema, recomendo este artigo.
A moción sobre as corridas de touros contou o rexeitamento por 4 (BNG) a favor, 6 en contra e 3 abstencións (PSOE)
A defensa das Unidades de Xestión Forestal, UXFOR, foi aprobada por 9 a favor contra 4 (PP).
Os puntos 14 e 15 presentaban mocións xemelgas de UUAA (Unións agrarias) e o SLG (Sindicato labrego galego) en relación coa defensa das explotacións e as axudas para as mesmas. A indicar aquí que explotacións semellantes, con terras de montaña semellante en Ribadeo e na Fonsagrada, por exemplo, quedarán sen subvención e con subvención respectivamente segundo os criterios actuais. Foi aprobado por 8 votos (por ausencia momentánea dunha concelleira) contra 4 (PP), dando lugar a un dos exabruptos do pleno, coa indicación do portavoz do PP de que 'non teñen nin puñetera idea de que están a falar' (referido a concelleiros e concelleiras en defensa das mocións).
A moción sobre o retraso de cobro do IVA ós autónomos ata o cobro efectivo das facturas recibiu o apoio unánime.
As mocións de BNG e PP sobre a fusión das caixas (puntos 17 e 18) tiveron 8 votos a favor de ambos grupos e 5 abstencións.

20100317

Acusados

Interumpo o que tiña pensado facer hoxe no blog, seguir co comentario do pleno de antonte, para meter algo persoal.
Despois de saír do traballo onte, atópome alguén que me di que na COPE se me estivo acusando (a min e ó Tesón) de información privilexiada a partires dunha nota da AVV Atalaya. Como non é nin a primeira nin a segunda vez que dende o entorno de dita asociación cargan contra mi e o Tesón (polo que parece, algo así como o meu 'alter ego' no imaxinairo dalgunha xente), e ademáis algo como a información privilexiada implicaría unha correspondencia externa, tentei saber algo máis sobre o tema para responder. Esta mañá aínda non sei exactamente que dixeron na COPE, polo que sobre dito extremo, só podo dicir que non me parece ben aceptar e difundir acusacións que non están confrontadas; cousa de ética periodística. De calquera xeito, como repito que a pesares de saber que foi difundido o tema varias veces, non o escoitei direitamente, polo momento, paso.
Si hai unha nota en internet, entregada onte no concello (ten o cruño), onde aparece a cousa máis suave do que me dixeron da radio:
- dise que neste blog aparece información da comisión informativa do xoves con inclusión de votos. Ligazón á referencia deste blog.
- e logo se pregunta se as actas da comisións informativas son públicas, para pasar a preguntar se non hai reserva legal, e despois aínda, a pesar de estar preguntando nos parágrafos anteriores, dicir que a Atalaya quere que se lle de o mesmo trato de favor que goza O Tesón, xa que segundo parece conta con información privilexiada, "se é certo o que aparece no blog".
Pois si, é certo. Pero non é información privilexiada. Mágoa, na sinatura aparece un garabato como 'representante', sen nome, dni ou outra posibilidade de identificación, co que, se non aparecera no blog da Atalaya, cargado por a333 (que a parte de ter entrada á carga do blog xa ten descoberto a súa identidade no mesmo) sería posible atribuir a alguén externo o escrito, e polo tanto, cualificalo de falso. Pero non.
O da inclusión de votos, igual que outras informacións que deixo dito dia no blog (artigo que ligo antes), sae na prensa de sábado (dispoñible dende a madrugada, antes de que me levante a diario e por suposto un sábado). Por certo que comprobei si seguía en internet por se tiña habido algunha rectificación. E alí sigue e alí se pode ir a procurar.
O mal xa está feito: está difundido por unha emisora de radio con comentarios da faena inexistente. Parece que noutros medios non se deu difusión da 'novidade'. Todos sabemos que cando se da unha nova, o desmentido non acada igual difusión e impacto. Polo tanto, repito: o mal está feito, acusando a persoas e institucións ás que algo lles quedará desa 'fama'.
Nota final: nin se me ocorre polo momento facer unha ligazón direita do parágrafo implicado no escrito ó artigo xornalístico con esa información puntual citada, non vaia ser que alguén me cualifique dicindo que estou cambiando cousas no mesmo artigo. Así que, queda sen ligazón direita e haberá que procurar na rede...

20100316

20100315, pleno

Por imposibilidade de tratar a primeira hora da manñá todo un pleno que rematou ás 12 da noite dende as 8 da tarde, deixo aquí unhas pinceladas, á espera de máis desenvolvemento.
En primeiro lugar, a OMPCA, Ordenanza Municipal para prevención da contaminación acústica foi rexeitada por 9 votos contra 5. Resultado esperado e pouco novedoso, que desencadeou detrás del unha marcha de boa parte da xente que estaba no local ó comezo, tanto hosteleiros como da asociación Atalaya, desentendéndose ostentosamente do resto dos puntos da orde do día: o que importaba era o que lles podía afectar direitamente, e o resto ...
O pleno foi clausurado xusto ás 12 da noite, evitando unha parada técnica obrigada e o desembolso de novas dietas (800 € segundo dixo o alcalde poucos minutos antes).
Dentro dos rogos e preguntas, cando xa se levaba cousa dun par horas con sete persoas nos asientos do público despois de estar cheo ó comezo, destacarei só agora un par de puntos cos que comezaron os partidos da oposición, sobre o estado actual do caso de Lourenço Cruz, despois de que comezara, por resposta do goberno municipal, UPRi co listado de instrumentos da escola. Foi presentado o listado dende o ano 99, época do primeiro director, Hernán Naval, con asiganción de baixas, altas, etc, insistindo Francisco Rivas en se era 'libro' ou non, co correspondente enfado da concelleira delegada, que manifestou que todo estaba en orde e que, despois de que fora resolto o expediente sobre o director, presentaría as cousas ó público de xito máis extenso. O tema, ó ir pasando polos partidos, foi tomando unha deriva cara á prevención de que era grave que Amadores decidira prescindir do Director da Banda contratado co concello (a lembrar que Amadores consultou un avogado para ver se o podía facer ou non), no sentido de que non se lle podía permitir (o PP falou de 'Asamblea' para decidilo, cando non foi así), coa resposta, en particular a UPRi, de que se puxeran en contacto coa xente, foran pola escola non só a sacarse fotos, e logo falara, e en xeral, de que Amadores fixera diversas consultas antes da decisión. Tamén houbo que aclarar a pregunta do PSOE que se seguía un proceso xudicial aparte do proceso administrativo no concello, e que ambos eran independentes (algo que coido que calquera lector do blog sabe dende hai moitos meses)
Antes de parar por agora, dúas notas: o punto 19º foi retirado polo PP. Era unha moción para a defesa do porto de Ribadeo, que consideraron que xa estaba tratada por Portos de Galicia coa oferta realizada días atrás. e o punto primeiro foi a recepción de Ana Docobo Fernández como concelleira, despois de gardar un minuto de silencio todos os asistentes.

20100315

Carta al sr. Alcalde de Navia.

Sr. Alcalde:
Han pasado ya bastantes días desde que vd, en declaraciones a 'La Nueva España' apuntase textualmente que “En El Musel se puede trabajar con barcos de 50 000 toneladas y en Ribadeo no. En Ribadeo sólo pueden trabajar barcos de 3 000 toneladas. Y la empresa no creo que haga un porte de 3 000 toneladas cuando puede hacerlo de entre 50 000 y 100 000 desde El Musel” (20100211, “El alcalde de Navia advierte de que Ribadeo no puede competir con la capacidad de El Musel”).
Después de extrañarme de no ver en todo este tiempo una réplica a sus palabras, ni de empresas, ni de instituciones, ni de personas particulares más implicadas que yo en el tema, me decido a hacer algunos comentarios aclaratorios con la esperanza de que puedan contribuír a ver más claro que está pasando con el transporte de la producción y los insumos de ENCE.
Así, me llama la atención de que vd pare el tamaño de los buques en las 100 000 tm. Según sus comentarios, parece que a mayor tamaño, más conveniencia para el transporte. Por esa vía se puede interpretar que vd metería toda la producción anual da la factoría en un solo buque y se quedaría tan feliz. Pero es evidente que la inconveniencia de tal cargo está fuera de toda duda.
En primer lugar, con la capacidad de producción de la papelera naviega, 100 000 tm implica como poco la producción total de unos dos meses y medio. Y de ahí para arriba. No soy economista ni siquiera empresario, pero me parece que sumar a los pagos diferidos de las mercancías un plus de dos meses y medio de paro previa carga, con los costes de almacenamiento asociados, implica una carga financiera para cualquier empresa, algo de lo que se querría deshacer cuanto antes cualquier persona al frente de la misma.
Después, y aunque sea algo asociado con lo tratado en el primer punto, está la cuestión logística: el almacenamiento de esa cantidad de mercancía conlleva unos cuantos problemas, pues entre 50 000 y 100 000 m3 no se pueden meter en un bolsillo, viniendo a representar un bloque de unos 20 m de alto sobre el terreno de juego de un campo de futbol. Por supuesto, a parte de resguardarlos de fenómenos meteorológicos, o aún preservar su limpieza durante un tiempo. Es evidente que se puede hacer, pero que el hacerlo implica costes suplementarios.
Sume a lo anterior el ascenso irrefrenable del llamado 'just in time', esto es, la demanda por parte de las empresas a sus suministradores de que la mercancía les llegue justo a tiempo, sin necesidad de almacenamiento, con las maniobras y los gastos asociados, sin mantenimiento más que de un mínimo stock de seguridad. Es decir, siguiendo una idea económica semejante a la de reducción de costes para la salida de mercancía que le comentaba en párrafos anteriores. Los mecanismos económicos lo propician tanto para la oferta como para la demanda.
Para acabar con el comentario, decir que si, tiene vd razón al decir que en Ribadeo los buques que normalmente se atienden están entre unas 3 500 tm y 5 000 tm, para los que existen instalaciones, servicios y calado suficientes en la actualidad, a parte de los compromisos que se puedan adquirir de cara al futuro. Pero el caso es que estos tonelajes no son tanto una limitación de las instalaciones portuarias de Ribadeo, sino de las limitaciones de calado de puertos fluviales europeos, destino de la mercancía. Es decir, que no sólo por limitaciones económicas, financieras o de logística, la competencia de barcos grandes no viene mucho a cuento, sino que tampoco se comprende en le marco de las limitaciones físicas en el otro extremo de la línea de transporte.
Quedaría así en el aire la pregunta de si el comentario por vd vertido responde a outras razones o se trata de un error. Que hoy en día las relaciones política – economía son muchas es sabido, así como también se sabe que muchas veces se las confunde con las de Política – Economía, con mayúsculas y aceptando las definiciones comunes y nobles de ambas. Que hay o puede haber otras razones e influencias diferentes es también innegable (creo que la respuesta está en otro párrafo citado en el mismo artículo, “una solución asturiana a una empresa ubicada en Asturias”), desde los intereses de las familias de los transportistas que actualmente desplazan la carga hasta Ribadeo (a razón de un camión cada cinco minutos o menos, como se puede ver en un vídeo en internet colgado por mi mismo en youtube, http://www.youtube.com/watch?v=aTeMc_C31jI) a -por supuesto- el abono correspondiente al uso del puerto de Ribadeo o los beneficios del flujo de dinero para la zona. Por supuesto, se pueden también evaluar, y me extraña que no se haya sabido de sus cálculos en este sentido, pues creo que al menos en aspectos económicos y sociales los beneficios para Navia no son menores que los de llevar la pasta a Gijón.
Y ya digo, no se trata ahora de poner en la balanza la historia, el tráfico soportado en tiempos por Ribadeo y el soportar por parte de los transportistas una travesía urbana que entorpecía el servicio, o el logro de la reivindicación de la circunvalación ribadense principalmente para servir al puerto. No, pues aún teniendo toda la consideración posible hacia el pasado y la convivencia de años, precisamente cabe ajustar que sobre lo que vd se pronunció no es sobre el pasado, sino sobre el futuro.
Atte.

Unha corrección na prensa

Depois de afirmar que a normativa de protección acústica que irá hoxe a pleno en Ribadeo é a primeira na Mariña que implica un sonógrafo por pub, hoxe, desmentido pola vía de afirmar o contrario, axustando, eso si, que a norma non se aplica.
E é que, no tema do ruído, se se aplicaran as normas, non habería problema. Pero non se aplican.
... dende hai tempo (algún día destes terei que dixitalizar e colgar na rede un vello artigo, "Cando a lei non se cumpre", de novembro do 1996), razón polo que parece que son normativas novedosas e gravosas, cando os concellos (os representantes nos concellos) deberan ser sancionados pola dilación en desenvolvelas, ou non aplicar as que xa hai.
Por certo, despois de aprobar en maio do 2006 unha normativa tipo (sorprendentemente alomenos para min, non dixo nada o secretario de que polo menos, habería que poñer 'Ribadeo' nos puntos suspensivos, algo non se fixo ata agora dende o 2006), aprobar preliminarmente 7 a favor vs 6 abstencións a normativa que se vai votar agora en segundas, descartar a introducción de variacións, ser retirada dun pleno por non poder preparala (2009) e ser levada agora a pleno, na prensa saiu que 3 dos catro grupos municipais abstivéronse.

20100313

Pleno o luns 20100315, con tratamento da protección contra a contaminación acústica

A información de 'primeira man' que teño é a do propio concello na nota de prensa correspondente, acompañada por algunha cousa máis que saiu nos papeis, como que van ser vinte os puntos da orde do día, ou que os hostaleiros están mobilizados(e mobilizando) polo tema da aprobación da OMPCA (Ordenanza municipal de protección contra a contaminación acústica), que coido está tal cual como foi aprobada en pleno de 2006 e foi comentada no blog aquí. Por certo que a ordenanza mirouse xoves (20100311) en comisión informativa e contou co voto a favor do BNG e a abstención do resto.
Como é un tema que trato dende longo, de seguro que o voltarei a tratar, mesmo con lembranza de actuacións xa pasadas, pero polo momento deixo asemade os puntos básicos das miñas alegacións (que, segundo a prensa, foron rexeitadas xunto coas outras presentadas pola avv Tesón), e sorrío eu mesmo ó ver que non foron considerados os dous últimos puntos, que básicamente se refiren á responsabilidade das persoas que compoñen a estrutura visible do concello, ou que se seguen a manter as disposicións transitorias despois de non seren aplicadas normas xerais que datan de hai arredor de dez anos, algunhas das que estaban recollidas xa en documentos municipais anteriores.
"Unha vez visto o texto da proposta de ordenanza municipal de protección contra a contaminación acústica, aprobada previamente no pleno de 10 de xullo de 2006, presenta as seguintes alegacións:
O feito de que no articulado aparezan disposicións transitorias despois de anular o articulado do RAMINP que regulaba o ruído e posteriormente adoitar a normativa tipo que xa entrara en vigor total en Galicia, aínda máis de dous anos despois das correspondentes disposicións transitorias, constitúe unha grave violación dos dereitos dos cidadáns para favorecer actividades que non corresponden con normativas xa en vigor dende hai tempo en Galicia.
Considero que debe ser revisada a redacción do articulado referente á suma de efectos sonoros, por non adaptarse ó feito de que cada local, alomenos polo momento, leva asociada xente na rúa, que a cantidade de xente correspondente e polo tanto o ruído asociado, non corresponde proporcionalmente co número de locais, que sempre se produce unha acumulación cando hai locais próximos, ... cousas que se teñen esgrimido polo concello para calificar o ruído dentro da categoría de 'xente na rúa' e non de 'locais', e non se está tratando de atallar agora.
Non se contemplan nin as zonas acústicamente contaminadas pedidas polos veciños nin se fai relación máis que teórica das zonas previstas na normativa, sen criterios de aplicación suficientes. Tampouco se contempla a denegación automática de licencias a menos de 50 metros de locais xa funcionando. O anterior pode provocar, como xa se ten dado, que locais con licencia de bar/cafetería podan pechar ás 3:30 da madrugada e ter música e manter xente ata esa hora a poucos metros de outros con licencias de cierre posterior e que se 'animan' a horas máis tardías que eles. Dentro deste grupo de consideracións, tamén hai que encadrar que non se especifican criterios para a adaptación da normativa cando hai locais relativamente xuntos.
O articulado remite a un PXOM que polo momento non contemplou a normativa que se pretende nin a actualmente en vigor en Ribadeo e tamén en vigor en toda Galicia dende hai anos, co que debe redactarse de novo contemplando estes extremos para adaptarse á normativa tipo existente.
Non se pode permitir un sistema de 'autocontrol' como alternativo e non só complementario ás inspeccións do concello. Eso significaría un resignamento de funcións en favor de intereses privados.
Deben de tipificarse as terrazas e a normativa correspondente, xa que non están suficientemente especificadas, o que significa un vacío legal.
Hai algunha cuestión lingüística que hai que corrixir, como no artigo 14.2, despois de 'musicais', que considero necesaria unha coma, no 16.3, a corrección no tipo de dB nalgún lugar, a contemplación da reordenación feita pola Xunta dos tipos de licencias, ou o art. 37, no que se refire a un número de articulado que non corresponde.
""
Faltan por ser contempladas cousas que se veñen practicando na noite ribadense, como o tirar vidro ó contenedor (normalmente de lixo xeral, non de vidro) de madrugada ou os vasos rotos na rúa a calquera momento da noite, ou o consumo fóra dos locais, que está correlacionado fortemente coa producción de ruído se os locais están ben illados.
Entendo que debera de haber asemade unha especificación de responsabilidades de cumprimento dentro do concello, como garante da normativa. Esto evitaría deixar a apertura de expedientes a cargo dos veciños polo procedemento de denuncia particular, o que entre outras cousas, non favorece a convivencia veciñal que debe favorecer o concello.
Considero que hai máis variacións que facer, pero sobre todo, que a redacción debe refacerse despois de extremar o cumprimento da normativa actual para mirar tanto as alegacións presentadas neste documento como noutros que poda haber e facer unha redacción clara que poda ser asemade distribuída entre veciños e locais e mesmo poda ser consultada por internet."

Trece anos de contacto con Europa

Onte foi a presentación da nova tanda de proxectos europeos de mobilidade do CIFP Porta da Auga. corría o 1997 cando en Ribadeo se deu o primeiro paso en proxectos europeos da man do IES Porta da Auga (daquela aínda non estaba dividido o centro en dous como na actualidade), cunha visita previa para coñecer outros socios e comezar un proxecto que se mantería por tres anos no ámbito do programa Comenius da UE. A continuación comezaron as accións de mobilidade e logo, os proxectos Piloto. O CIFP continuou con estes dous últimos apartados, que facilitan a visita de profesores a empresas e centros educativos de diferentes lugares da UE ou prácticas de alumnos neses lugares, e a colaboración con entidades diversas (empresas, universidades, administracións, ...) para desenvoltar un produto novedoso capaz de ser comercializado e/ou difundido. E nesas están: este ano, en canto a mobilidade (un proxecto Piloto tivo unha xuntanza internacional hai pouco en Ribadeo), teñen previsto un proxecto de mobilidade de alumnos a Italia, e outro de profesores, algo que se verá ampliado para o próximo curso con tres proxectos de mobilidade, un de profesores a Polonia, outros dous de alumnos a Italia e a Alemaña, Polonia e Francia respectivamente.

20100312

Unha nova etapa para a banda

Noi sei moi ben se se pode cualificar así, pero en certo xeito, é o que significa. Despois de catro semanas sen ensaios (debido á incorporación de Lourenço Cruz ó seu posto o 18/2) nunha xuntanza mantida hoxe venres ás 9 da noite no salón de actos da casa do mar (atención, non asamblea de amadores nin de músicos, senón xuntanza informativa convocada só a istos efectos pola directiva, sen citación persoal ós socios), a directiva deu a nova de que David Ballester, o director en funcións durante os seis meses de inactividade de Lourenço, prestouse a seguir dirixindo a banda polo momento para evitar a paralización total da mesma.
Aínda así, o concerto de Semana Santa quedará suprimido por falta de ensaios abondo (non a procesión). O público presente, que case enchía o salón de actos, fixo preguntas e intervencións diversas, sempre calmadas, e apoiou á directiva na súa aposta cara ó futuro.
Así as cousas, mañá sábado, ás seis da tarde, terá lugar o primeiro ensaio da banda dende o 12 de febreiro, voltando a poñer en marcha ós músicos e ós socios nun proxecto ilusionador dende sempre.

Veto

Unha nova que se me escapou xa hai días pon na boca dun representante de Esquerda Unida na comunidade viciña a posibilidade de veto por parte do Principado ó dragado de Mirasol.
A parte de manifestar o carácter totalmente político, máis que de razóns económicas directas do asunto na actualidade e xa hai tempo, e nese sentido non aportar nada novo ó que levo dito no blog e se leva comentado en diversos sitios, recaigo na consideración do veto do dragado: argumenta dito representante no 'El progreso', que Portos de Galicia quere metela dobrada para unha ampliación subrepticia do porto, e que o Principado pode opoñerse, mesmo vetar o dragado.
Caigo na conta de que se pode opoñerse legalmente, eso indica que hai razóns legais que se están ignorando para o mantemento da ría, e se pode vetalo, ditas razóns son determinantes. Entón, ata agora, ambas administracións, Xunta e Principado, estarían infrinxindo a lei. En caso contrario, as verbas recollidas non deixarían de ser unha bravuconada máis dalgún político ou grupo que necesita visibilidade, desas que enchen a prensa día tras día tentando autoanunciarse ás persoas ou grupos nunmundo competitivo onde pouco importa 'o que non sae nos papeis'.

20100311

Actualidade

A xuntanza relacionada coa Sanidade Pública mantida antonte en Lugo xa parece arrumbada a día de hoxe en Ribadeo. Non porque pasaran os temas e xa parezan sen importancia, nin moito menos, senón porque onte mércores parece que estouparon un par de cuestións no noso pobo. Aí van, aínda que soio sexa a modo de enumeración:
Un novo clube en Ribadeo, escisión do Náutico, en particular, da súa sección de pesca. Aínda que na realidade, non é unha escisión, senón unha nova creación que se leva por diante boa parte dos membros da sección, pero non o patrimonio, que segue no club como mandan os estatutos.
Novo conflito no mercado, a conta do pasado. Parece que os cobros seguen sen axustarse ós metros que agora ocupan os mercaderes, e que só é un problema administrativo, pero despois de ver o encadeamento de situacións críticas dende hai ano e medio, queda por ver se a solución é rápida e indolora ou non. O se aumenta o mercado de Castropol.
Por outra parte, a suspensión de ensaios da banda de música, que esta semana fará o cuarto, fai que Amadores da Música convoque unha xuntanza de socios e músicos para tratar o tema, ante o alongamento do mesmo. A lembrar que se dixera antes do antroido que a comezos de marzo xa estaría o expediente resolto, e a día de hoxe, 11 de marzo, non o está, téndose cumprido xa tempo dende o retorno do director ó seu posto, despois da suspensión de seis meses mantida.

20100310

Leite 'galego'

... é un dicir: non só é que o 40% da leite que se produce en Galicia sexa xa procesado por industrias de fóra da península, senón que 'en mans galegas' só queda o tratamento do 20% do leite que se produce en Galicia. É dicir, pódese prever máis crise para o sector de producción leiteira, cando a industria e comercialización non están baseadas na nosa xeografía. Por exemplo, se a principal industria leiteira afincada en Galicia ten raíces francesas, e ademáis ese país é longamente excendentario en producción leiteira, sendo xa agora un lugar de orixe de leite que remata por esta zona, os gandeiros galegos cando menos competirán unha situación dificil cos franceses. E isto, a parte da crise, claro.

20100309

Toro fallecido

Boimorto... para os galegos.
Un pouco por vergoña allea, outro pouco por consideralo un episodio para esquecer, non me parara no blog a adicarlle un espazo a 'Desván de los Monjes', que o de Sobrado debe soar mal. Despois de recibir o tema por varios correos diferentes, varío de opinión.
Vaia cachondeo que se traen polo estado adiante co dito do sr. Roberto Varela, Conselleiro de Cultura, sobre os nomes galegos, perdón, 'gallegos', como se pode ver en moitos sitios, dende o Público (ou aquí)ó País (máis que en medios galegos de ampla difusión), incluíndo vídeo de demostración...
Din que aquelo de im-presionante dun torero non foi para tanto, que foi intencionado. De calquera xeito, un torero non é o conselleiro de Cultura de Galicia. E pensar que no seu momento saiu na prensa como unha mofa de primeira orde cando a unha ministra se lle ocorreu declarar que non coñecía a ningunha 'Sara Mago', con motivo da posible concesión no Nobel a José Saramago, residente en España dende uns cantos anos antes...

A princesa que quería ser muller


Onte, dentro dos actos relacionados coa muller en Ribadeo, celebrouse a entrega de premios das curtas realizadas por estudantes dos centros educativos de Ribadeo sobre o tema da violencia de xénero.
As autoras de cinco guións foron agasalladas (coido que todas eran rapazas) entre os 19 guións propostos, e foi amosado o vídeo gravado a partires do guión ganador. O seu título era o que encabeza a entrada, 'A princesa que quería ser muller'. En algo máis de 10 minutos desenvolve unha trama dunha pícara que celebra o seu cumpreanos infantil e se ve transportada a un mundo no que é xa moza e se relaciona sucesivamente e corta a relación, con dous mozos. queda a idea de que eses cortes a tempo lle dan a liberdade para por fin ser muller, adulta con tódalas consecuencias e sen ataduras.
Quedeime co título, nun sentido diferente do que é tratado no vídeo. Quizáis hoxe é necesario tratar ás pícaras e pícaros con algo menos de maxia e algo máis de realidade. Porque a vida non se desenvolve nun lugar máxico, senón precisamente na realidade. E o equilibro entre a maxia, necesaria para poder cambiar o que hai, e o sentido das limitacións propias non é doado, pero é necesario para desenvoltarse.
No caso da violencia de xénero coido que tamén é algo así: necesidade de un pouco de formación, outro pouco de previsión, outro pouco máis de concienciación, ... sabendo que a realidade está ahí, moitas veces tanto a familiar como a social, e distinguindo bien que a realidade é a que é e as necesidades poden formar outra nova realidade, pero que por eso mesmo, aínda non é.
Pouco a pouco, as cousas van cambiando, aínda que moitas veces sexa aproveitando outros cambios que se atopou polo camiño a idea orixinal. Por exemplo, neste caso, a incorporación da muller ó traballo e a súa independencia económica: ó ir variando a realidade, vai variando a oportunidade das 'novas' ideas de igualdade. Con conciencia de que só é unha oportunidade, pero tamén de que unha parte importante do cambio é debida a ese factor externo.
Deixo unha imaxe de Maria Skłodowska (imaxe da gl.wikipedia.org) como unha lembranza de que as mulleres ocupan pouco a pouco a metade do ceo que lles corresponde, con traballo, ás veces con colaboración e outras en solitario, pero case sempre, perdendo algo no camiño: por exemplo, a identidade de sometemento. No caso da imaxe, mesmo o nome.

20100308

Unha sociedade defínese non só polo que crea senón tamén polo que decide non destruír

Hai xa máis dun mes que sucedeu; procurei deixar un tempo para velo en perspectiva, pero coido que sigo a opinar o mesmo:
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/desmilagre/Adolfo/Dominguez/elpepuespgal/20100205elpgal_24/Tes
A ter en conta que Adolfo Dominguez ten recibido axudas públicas por abondos máis cartos que levo de salario na miña vida (só no para anterior par de anos, a bote pronto, máis de 10 vidas me farían falta...)

Sobor da sanidade pública


Aparece hoxe a nova de que a plataforma pola sanidade pública logrou un pleno de asistencia nun acto convocado en Ribados do Sil, ó sur da provincia. Mentras, en Ribadeo, tamén houbo cheo, pero non por xente do concello, senón por afiliadas ó Sindicato Labrego Galego, que celebraba este fin de semana no Voar unha concentración que incluía a presentación do tema da actualidade da sanidade pública por parte de xente da Plataforma de defensa da área de Burela.
Así está a cousa.

Das novas árbores en Rodriguez Murias

Despois do xaleo montado este ano a conta das árbores da rua peonil, a plantación de novo en toda a liña da rua a outra semana devólvelle á rúa un aspecto máis común, parello ó que tería coa vexetación anterior nestes meses.
Non sei se zanxará a polémica, que xa foi moito a menos, pero sei que o coidado e a reposición de árbores é algo que nos atinxe, e que polo tanto debemos estar ó tanto e coidar.
Por certo, a foto de abaixo amosa un oco vacío: non é só que houbera que sacar as raíces das árbores anteriores para deixar espazo, senón tamén renovar a terra para evitar contaminación da enfermidade.
Mentras, a foto de arriba lembra que en Ribadeo existe un cine-teatro que é decorativo, pero cun uso moi limitado, cando outros espazos públicos (o parque) están sobreexplotados e adicados a cousas que non están moi relacionadas co seu uso principal.

20100307

Unha invitación da concelleira de cultura: transmisión

Mariluz Álvarez Lastra

Concelleira de Cultura, Educación e Muller

Ten o pracer de convidar a vostede á entrega de premios aos guións finalistas e presentación da curta “ A princesa que quería ser muller“gañadora do concurso de guións cinematográficos, “ Cine nas aulas contra a violencia de xénero” que se realizará co motivo da conmemoración do dia Internacional das Mulleres.

Que terá lugar o luns 8 de marzo ás 20:00h no Auditorio Municipal Hernán Naval.

A liberdade de cada quen...

A liberdade de cada quen chega ata onde comeza a dos demáis. Pero para ser equitativos, as áreas de cada unha das liberdades deben ser semellantes. En cambio, a área de liberdade de cada un, que medra coa técnica, vese mermada polo poder dos demáis (ou acrecentada polo propio). E, se hai épocas nas que o medre é maior que a merma, na a actualidade parece ser ó revés.

De novo, impulso

Remato de ler dúas entradas seguidas no blog Im-pulso que recomendo a quen se pase por aquí. Son unha relacionada cos mangoneos sobre Garzón e outra sobre a intrusión na privacidade de sesgo de posibilidades dependendo das persoas e o seu poder.

20100306

Leido na rede

Corto e pego do blog VIDA SOCIO-POLÍTICA EN RIBADEO:
"No deja de extrañar, eso sí, el hecho de que el ente Portos de Galicia esté dispuesto a ofertar a ENCE una importante rebaja de las tasas por la utilización de sus instalaciones. La primera lectura que este hecho nos sugiere es que Portos de Galicia se estuvo forrando con las ganancias derivadas del uso del puerto, mientras que el pueblo de Ribadeo, que perdió el uso y disfrute de estos espacios, no percibe beneficio alguno de tales ganancias."
Derradeiro parágrafo dun artigo sobre o tema do futuro do porto.

Un conto de Primi Nécega

Primi Nécega
Era la Noche de Reyes, bella pero fría, llena de gentes por sus calles de alumbrados y estrellas, con grandes anuncios luminosos y villancicos entrañables. Un hombre de mediana edad camina con una bolsa de plástico en su mano, al mismo tiempo que mira con curiosidad escaparates y tiendas que esta noche son una verdadera tentación. Detiene sus pasos en la vidriera de un gran bazar, que llena de juguetes son el asombro de los viandantes.
Cansado quizás, se quedó quieto. Al dar un paso tropezó con un viandante que apurado pasaba y su bolsa de plástico cayó al suelo, rodando todo lo que en ella llevaba dentro. Eran artículos de comida, queso, azúcar, café, galletas y algo más.
-Vd. perdone, dijo con educación el caminante. A lo que nuestro hombre respondió
-Pero si he sido yo, que no miro por donde voy-
-Oiga, pero yo, ¿A usted le conozco?
-Pues no sé –respondió nuestro hombre, aturdido- Entretanto con apuro y rabia recogía las cosas que se habían esparcido de su bolsa.
-No eres Eliseo Perez…
-El mismo. ¿Pero Vd, quién es…?
-Ya veo que no me conoces. Soy Antonio Vallejo, estudiamos juntos, recuerdas…?
-Vallejo… Vallejo, bueno ahora que caigo, ya se quién eres, Antoñito, verdad?.
Fue toda una alegría para ambos después de tantos años sin verse, recordando su tiempo de estudiantes. Eliseo, emocionado, miraba aquel gran amigo suyo, tan ricamente vestido y perfumado, que en un fuerte abrazo le iba contando toda su vida a la vez que le preguntaba por la suya.
-Tu ibas para ingeniero. Que pasó? Cuando marché para la universidad me dijeron que te fueras con tus padres a la capital para terminar tus estudios y nunca mas supe de ti. Antoñito le miraba de arriba abajo esperando una respuesta de aquel amigo…tan amigo, que ahora lo encontraba tan triste y desmejorado.
-Ya ves, sí que hice mi carrera y trabaje en una gran empresa, donde me hicieron mucho daño,( pues tu sabes mi manera de pensar) Al principio todo iba bien, me casé y tuvimos un hijo, que por desgracia, se nos murió joven dejando una viuda y una hija. Por mis ideas o algo mas, mi mujer se marchó y nunca mas supe de ella. Ahora trabajo donde puedo, conservo mi casa para mi nietecita de ocho años, que vive conmigo y que lo es todo para mi. Precisamente iba a comprarle esa muñeca, pero me resulta algo cara…
Vallejo, en silencio no sabia que decir. Sin pensarlo mas dijo: Mira esta es mi tarjeta, quizás pueda ayudarte en el trabajo —si dejas las ideas en tu casa— Pero se me ocurre algo. Espérame aquí…
Eliseo, se quedó mirando como su amigo penetró en los almacenes, comprando algo grande que sujetaba bajo el brazo.
-Toma. Eli, la muñeca para tu nieta. Tienes que aceptarla por aquel favor que tu me hiciste, cuando yo me enamore de Isabel, que hoy es mi mujer y también tenemos nietos
-Como, tu te casaste con Isabel? Que pillín…
Y los dos se abrazaron en aquella noche mágica. Vallejo, ocultando sus lágrimas, decía: si me necesitas me llamas. Mira que lo hagas…
-Eliseo emocionado respondió: Eso haré, amigo mío, no lo dudes. Por mi nieta tengo que intentarlo todo.
Las luces y los villancicos hacían que las calles se convirtieran en algo bello y hermoso. Eli miró las estrellas y envuelto en sus recuerdos pensó: Es verdad que la Noche de Reyes existe y los Magos algunas veces dejan sus regalos.

Nota de prensa de O tesón

AVV O Tesón
Ribadeo
Nota de prensa

Mañá domingo, 7 de marzo de 2010, no Hotel Voar de Ribadeo, terá lugar unha mesa redonda sobre a Sanidade Pública na actualidade en Galicia.
Dito acto está convocado por diversas entidades, plataformas e sindicatos, entre as que se atopa O Tesón como participante na Plataforma en Defensa do Hospital da Costa de Burela.
A entrada é libre, podendo participar no debate que alí se xerará, na procura dun maior contraste de ideas sobre o mellor xeito de afrontar o servizo público sanitario, incluíndo a posibilidade de definición de áreas de saúde ou os sistemas de privatización sanitaria.

3 semanas

E contando onte van 3 semanas sen ensaio da banda en Ribadeo. A situación creada pola reincorporación do director de escola e banda e a negativa de amadores a que seguira ensaiando a banda da que é director titular por convenio co concello polo momento non se soluciona. Ata agora é algo así como unhas vacacións post-festas (a banda non toma propiamente vacacións de verán por ser a época de tirón máis forte de actuacións, senón despois das festas patronais de Ribadeo), pero xa está no límite. E a festa pode converterse en algo indesexable.

20100305

A EXPOSICIÓN DO FORTE DE SAN DAMIÁN

Primi Nécega
Presentase esta exposición. Cunha participación de artistas da mariña, e como ben dice nese librito, que nos dan, negro e verde con dibuxo dunha mazá -que case apetece comela- co seu título a carón : "Abrindo surcos no contemporáneo". Nunca mellor dito, por eso non quería pasar sen ir vela. Coido que foi unha cousa nova para min, e a sorpresa chegou cando entramos alí…! Xa sei que temos anos é que non pasan en balde! Pero a mín gustoume todo aquelo que vin, había para tódolos gustos e antoxos. Hai que pensar que non era unha exposición corrente de óleos, pintura e outras artes, pois xa nos percatamos, cando entramos, ó ver aquela árbore no Barreiro da portada, onde perendollaban unhas mazaíñas moi apetecibles, que daban ganas de comelas… E alguen dixo --¿E esto qué é, venden mazás…?
Todo un pretexto moi interesante abrindo o camiño para a sala da exposición. Malia que ó día seguente non quedou unha mazá na árbore, tan só os carozos colgaban en estética vista. Sempre ocorren estas cousas, os rapazes xa se sabe... ou quen sabe quen foi.
De xeito a exposición estaba moi ben titulada “Mariñarte 09“ Que está para regalo no sitio máis emblemático de Ribadeo, pegadiño á nosa fermosa ría, en vela perenne as súas torretas e almenas, onde os gardas doutros tempos coidaban daquel polovorín, que a fin de contas foi arrasado. Por eso é moi importante que as persoas que amen o arte se acheguen unha tardiña para ver as pinturas, as fotos é a cerámica, cos grandes segredos da ciencia “informática“ que aquí se presenta, imaxinando un pouco cuan osa a fantasía, que estamos nuha terceira dimensión ou nun mundo diferente.
Quizáis pola miña idade, quedei un pouco abraiada. Case cheguei a pensar… ¡Meu Deus, e non vou entender nada desto…! pero pouco a pouco a grandeza e a perspetiva duns novos valores, moitos deles para min descoñecidos, fixéronme reaxir de contado. E alí estaban falándome na súa linguaxe de algo novo por vir, dunha xeración que existe, e que nos apenas coñecemos.
Agás o cadro de “As portas da memoria“ diciame ese algo que chegaba moi adentro, coa súa brétema, e aquel anoitecido no tempo da doenza, do engano dunha amargura presente. Así como a imaxe da “nena dos rizos“ sobre os papeis da escola, todo tristura, engano no espello dun vivir cal vítima inocente. E moitos máis que me decían algo a traverso daquela tarde, como o do avó… co seu pensamento derradeiro de tanta soidade… deixando na porta da casa unha notiña dicindo “ non hai ninguén ...
Todos o fixestes moi ben. Compre agora felicitarvos por ese acontecemento para que sigades adiente. Pois xa sabedes todos que este mundo nada sería, senon fora ó arte, a xuventude esa posta en serio é a esperanza, e tamen todo amor que cada quen puxo no seu traballo.
Enhoraboa…

Ventás abertas


Comeza 'un amaño' da aduana vella. 'Un amaño', que só significará que non se vai vir todo abaixo, pero si que se poidera vir abaixo parte do interior, a pesares dos 200 000 € de orzamento destinados. O caso é que se comeza.
Onte mantivemos un primeiro contacto dende O Tesón coas Xuventudes do PP, con representación asemade do grupo no concello. En hora e media da abondo para tratar temas, pero quedaron alomenos outros tantos no tinteiro, e iso que foi unha xuntanza na que polo momento non se chegou á reciprocidade, no sentido de que básicamente falamos nós e polo tanto non nos enteramos dende O Tesón que se pensa dende XXPP. Sen día, pero voltará a haber máis contactos, que continúan o xa relacionado aquí co axente prospector para a elaboración do plan local de mobilidade. Ou sexa, abrindo fiestras co horizonte ó fondo, como na imaxe do faro d ailla Pancha dende o "templete" que se fixo alí.

20100304

Nin contigo nin contra ti

A conto dalgúns acontecementos en Ribadeo, a nivel político e veciñal, recollo a frase a modo de lembranza. Pode tomarse en positivo ou en negativo. En ambos casos implica un xeito de conduta mellorable. Por exemplo, en positivo: non fago cousas contigo, nin contra ti. En negativo: non protesto contigo, nin contra ti.
A que caso asignariamos a conduta dos políticos?
Está claro que toda xeralización deixa no tinteiro moitas cousas, por iso, nunha entrada curta coma ista, complemento cun sorriso de colofón.

20100303

Mércores, mercado

Hai cousa dun ano os mercaderes estaban a piques de voltar ó mercado despois da folga. Este ano a cousa é diferente: o mercado mantívose no inverno, ben que en horas baixas, que algo fai a crise e quen se foi a Castropol. Pero, despois das primeiras semanas, pola novidade da existencia dun mercado en Castropol, nada se voltou saber do mesmo. Alguén foi alí? Coido que queda a testemuña de que se intentou, pero nada máis. E ven a primavera, e con ela, de novo a revitalización do mercado en Ribadeo. Nun par de meses, por se non estaba esquecida a aventura mercantil na outra beira da ría, aínda o estará máis.

20100302

Rosa Díez

A conta do galeguismo pexorativo de Rosa Díez, estes días está a haber auténticas xoias na prensa, ó estilo da campaña de Gadis de 'sexamos galegos'. O malo é iso, que, centrándose nun dito lamentable, en boa parte o que pasa é que se fai unha campaña para dicir algo como 'eu son (alomenos) tan galego coma ti, dende as miñas posicións; mira como o amoso contra esta que nos quere amolar'.
O primeiro efecto que tivo é político, pois con esta campaña, por exemplo, se se pretendía que houbera unha candidatura de Rosa Díez (léase 'UPyD', segundo un chiste que vin na prensa que dicía algo así como que non é que Rosa Díez pertenza ó partido, senón que o partido pertence a Rosa) por exemplo en Ribadeo para as municipais, como se ten comentado algunha vez mesmo na prensa, vai a ter as cousas máis difíciles.
O segundo, centrar algo a discusión de temas dos políticos (non de temas políticos) achegándoa a Galicia.
Bo, entón, foi bo que a tal Rosa dixera iso? Para ela, non, pero serviu para desfogarse moita xente, e pode que como residuo remate aflorando algo mellor de Galicia. Polo menos, algo máis de unión.
... Como residuo.

20100301

Unha autoreferencia

Nun artigo publicado por 'El País', sobre o galego e a rede.

Paso do Xynthia

Coido que na web do IES Porta da Auga queda moi ben reflectido. A ter en conta que o vento ven dado en km/h.

Sobre as leis do mercado

Din que a principal lei do mercado no sistema capitalista é a da liberdade de balance entre a oferta e a demanda. Pero que, na realidade, está enturbiada por moitos factores, deixando dita liberdade anulada, por exemplo, en función da regulamentación legal ou da forza de intervención de intereses particulares.
Sábado presentous en Ribadeo a oferta para que ENCE siga a considerar Ribadeo como punto principal de embarque. E, ó ler na prensa as condicións, na cara debeuseme de manifestar o pouco que sei de economía. As condicións inclúen ampliar o atraque do porto de Mirasol, dragar o canal e unha rebaixa en taxas de máis do 50% a partires das 250.000 toneladas. A esixencia sería un contrato por 5 anos. E pónse tamén na balanza o impacto sobre o emprego no occidente astur.
É evidente que funcionou a oferta e a demanda, pero tamén ó tempo manifestouse a distorsión do mercado e o tempo de resposta de Portos de Galicia como institución. Unha semana despois da sinatura de ENCE con FEVE e o Principado coa aportación de 2M€ para o ramal de carga en Navia, parece que a cousa vai desfasada. O apelar o emprego asturiano no occidente, cousa que coido que non se produxo antes, parece que debera ser tido pulsada tempo hai polos concellos do occidente asturiano. O dragado do porto é algo que se fai e estaba previsto seguir facendo (outra cousa é a argumentación a favor ou en contra de seguir metendo cartos nun porto interior ou mellor noutro exterior sen problemas de dragado). A ampliación do atraque en Mirasol e outra proposta anacrónica no sentido de que a fronte portuaria de Mirasol está partida sen vir moito a conto, como obra inconclusa dende a penúltima ampliación que sufriu o peirao, e que a claras luces un día ou outro tería que rematarse (a saber por que non se fixo ata agora, desperdiciando por exemplo a oportunidade de agora mesmo en marcha, ó poñer a fronte de amarre nivelada). Pero a rebaixa de taxasé o que máis me chama a atención. Aí se manifesta o tema da oferta e demanda con máis brío, e resulta incomprensible que a oferta poda supor unha minusvaloración de máis do 50%. Nunha empresa normal iso supoñería dicir que as ganancias son/eran draconianas, pois cunha rebaixa do 50% e contando os gastos, ... Ou será todo cuestión de política, antes e agora? Unha vez máis, o mesmo que houbo que esperar a sábado para coñecer a proposta de Portos de Galicia, haberá que seguir esperando e quizáis dentro de anos se saiba de que ía a cousa...