20110131

Aproveita! Visita o porto (Novas vistas de Ribadeo)







Despois do aviso das fotos de antonte, un aviso diferente: estes días está accesible o espolón sur da actual rade de Porcillán, co que se pode ter unha visión de Ribadeo algo novedosa. As fotos, para dar unha idea.
As tres primeiras, de Mirasol: Unha, do Côte d'Or II, un trimarán que xa leva algún tempo no porto, na entradilla que fai o peirao cara á ría (ten grupo en facebook). Ó fondo, as Figueiras. -- Actualización en 20110210: o trimarán está precintado por problemas de cartos.
Outra, dende o comezo do que se podería chamar 'Avenida Mirasol', tomada dende o último recheo cara ó sur.
A terceira, dun lugar que sempre me chamou a atención, un paso entre dous almacéns que sempre asocio a un calexón entrañable en Santiago...
As outras, en Porcillán: unha vista do ascensor tomada a unha certa distancia, dende o espolón, con vist á Atalaia, Aduana vella, ...
Unha avenida que comeza polo mar e con tinúa en Terra, na costa de Porcillán.
E unha vista parcial dos amarres do porto e a baira, para ver o calado despois dos arranxos feitso para adecentar a saída do desaugüe que alí había.

20110130

Folletos na oficina de Turismo

Na oficina de turismo, para facilitar o coñecemento por partes dos turistas da historia e arte de Ribadeo, téñense preparado algúns folletos de xeito informal. Déixase algún deles en 'publicado en Ribadeo'.

Manirroto!

Non creas que non vai por ti: sei que só por unha das débedas que tes terás que pagar 2 000 €. E siso sen contar as demáis. Ademáis, és idiota: unha parte importante das débedas que tes controxécheas para ... subvencionar a quen máis ten e ó tempo a quen máis debes.
E non, non estou a equivocarme. A débeda de cada galega e galego supera os 2 000 € só por cousa das débedas da Xunta. Botamos unhas contas? A nivel Ribadeo, 10 000 persoas en números redondos, dan 20 000 000 €, ou sexa, o orzamento de 2,3 anos do concello (que tamén debe cartos...)
Fai falta que siga?

20110129

Fototeca(s) de Ribadeo

Anda estes días pola prensa a realizacón dunha fototeca en Ribadeo. Deuse o aviso dende o concello dun convenio polo que a Deputación cedía 5 000 € para a realización do proxecto, e logo tamén se avisou da posta en marcha, comezando a próxima semana a recibirse o material no telecentro, co compromiso de devolución e aínda entrega dunha copia dixital. A idea non está mal, aínda que entendo que debera vertebrarse mellor tanto con iniciativas públicas que xa hai como con outras privadas. Así, na mesma páxina do concello hai varios conxuntos de fotos, antigas e modernas, que coido deberan integrarse, como as galerías de fotos na páxina principal do concello ou o museo virtual de Ribadeo [ver comentarios], tamén accesible dende esa páxina e que pretende constituír un todo a partir de fotos antigas que nada por diversos lugares. Na beira privada, en flickr ofrécese unha morea de fotos de agora mesmo (tamén en Picasa, pero estas son menos útis a efects de Ribadeo-Ribadeo), a páxina de Ribadeo en facebook está a desenvoltar unha labor de dar a coñecer as imaxes do Ribadeo actual, con moitas fotos xa publicadas e con algún comentario, sen esquecer os libros de fotos que teño deixado eu en publicado en Ribadeo (Ribadeo falls, Ribadeo no tempo ou as dúas series de fotos antigas) ou aínda as fotos que teñen saído neste blog (ou sobre a ría) que entre exteriores e interiores soben do milleiro.
En fin, algo máis para conservar a memoria e así ter unha base de historia para poder encarar o futuro Ribadeo ... quizáis, porque non é só dispor de algo, e usalo para un fin. Como visión alternativa, algueń pode pensar: 'ou un gasto de 5 000 € para algo que xa se estaba a facer de calquera xeito...'. Máis visións alternativas? Pois por exemplo, unha fonte de ingresos complementaria para manter en funcionamento algo útil como o telecentro.
Mágoa de falta de tempo! Unha páxina medianamente ben feita onde se centralizaran as referencias ás fotos de Ribadeo que se van colgando na rede coido que sería moi ben acollida, mesmo daría oportunidades de negocio. Pero o dito: material hai en abundancia, tódolos días está a aumentar, e require moito tempo...

20110128

De obras en Ribadeo


Hai veces que nos atopamos cunha obra feita e case non nos decatamos de ónde saiu. Nestes momentos, en ribadeo hai varias obras que ocntribuirán a variar a paisaxe urbana, para ben ou para mal. deixo aquí dous pares de fotos, correspondentes a dúas obras, unha a piques de comezar e outra á que aínda lle falta pero xa se lle vai vendo o xeito.

A primeiras, corresponden á rotonda do xardín, que vai introducir un cambio na fisonomía da entrada en Ribadeo. As liñas xa están pintadas no chan (na foto primeira non se aprecian moi ben, na segunda está clara unha das raquetas de entrada) e está delimitado por onde 'hai que cortar' na parte de herba. Parece que, desgraciadamente, non lle vai toca á presunta fonte que se instalou como referente do 'parque de indianos'.

En canto ás outras dúas fotos, corresponden ás obras que se están a realizar nos terreos do IES Dionisio Gamallo para abranguer as instalacións do futuro IES de Ribadeo, ó xuntarse o Gamallo e o Porta da Auga. O edificio vai avanzando con abonda rapidez, o que non quita que se monte o tempo no comezo do próximo curso antes de que esteña acondicionado (o previsto era que estivera rematado para o comezo deste curso)
Unha ligazón: a galería de imaxes do IES Gamallo Fierros.

20110127

Un momento, reflexión, hoxe hai folga?

A crise necesita de reflexión para resolverse. A situación de perda de dereitos sociais, de algo máis: da defensa dos propios dereitos.
Ben, as dúas propostas anteriores son incompletas por estaren reducidas ó máximo: quedan fóra por exemplo factores como o meter en vereda ós causantes da crise, para o que non chega a reflexión, senón que hai que pasar á acción, e no segundo caso, a negociación, se se considera que hai que botar o ombro e ceder algún dereito na causa común..
Polo momento, e centrándome na segunda situación, a perda de dereitos sociais, aínda non hai resposta, senón sinxelos balbuceos e desunión dentro dun colectivo cun poder relativo escaso. En fases sucesivas vanse perdendo dereitos, aplicados a un ou outro conxunto ou á totalidade do que antes se chamaba 'clase traballadora' e agora non se sabe moi ben como se chama porque parece ter perdida a identidade, partida en diferentes anacos para diversos grupos. A resposta a esa perda tamén vai por barrios, e se a primeira 'medida de forza' foi retrasada ata o absurdo segundo a miña opinión, co resultado de todos coñecido, para hoxe está plantexada unha folga. Folga da que boa parte da poboación nin está enterada. Convocada por sindicatos minoritarios (CNT, CIG, CGT, ELA, LAB, STEE-EILAS, EHNE, Hiru, ESK, Solidaritat Obrera, e Coordinadora Sindical Obrera) con caracer de xeral en todo o estado, cando o acordo xa foi asinado polos maioritarios, cando foi tratada pola prensa, foino como folga 'no País Vasco e Navarra', obviando mesmo en situacións a proposta para Galicia. O resultado, a estas horas da mañá, antes de comezar a xornada laboral da inmensa maioría, é previsible. A efectividade, tamén.
Na procura de novas sobre folga nos medios, atopo que hoxe mesmo sae nun artigo de Xosé Manuel Pereiro no El País unha frase que se atribúe a Einstein: 'A vida é moi perigosa. Non polas persoas que fan o mal, senón polas que se sentan a ver que pasa'. Pois iso.

20110126

Desfacendo caixa

Dise 'facer caixa' cando se está a meter cartos na caixa e logo se contan, requisito previo para ganalos. Pero non vai a cousa nese sentido. En Galicia falouse a tempada pasada de facer unha caixa, que despois dunha longa xestión, trufada de política local, galega e española e combate entre poderes económicos, quedou tras o parto como algo que podía ser sólido no futuro e cun nome impresentable (ó meu xuízo), 'Caixa de Aforros de Galicia, Vigo, Ourense y Pontevedra', que fixo que tivera que adoitar unha marca comercial máis acorde: Nova Caixa Galicia. O nome, no que o común Galicia se dilúe entre todos, tomando despois máis parte a zona sur, da unha indicación das dificultades e camiño do proceso, incluídas cuestións políticas.
O caso é que hai cousa dun mes cerrouse o acordo, coa bendición das autridades centrais, despois de condicionalo previamente. Hai un plan a longo prazo, sancionado debidamente, para o saneamento, e parecía que Galicia, a pesar de todos os atrancos anteriores, ía a poder sacar adiante unha institución financieira pública que apoiara a economía galega. Xa sabemos que ós ollos dos cartos, as bandeiras deixan de ter cor, pero iso non significa que non teñan proximidade, e algo é algo.
Pero, despois de 'facer caixa', esta mesma semana viñeron as rebaixas, e no caso da caixa de nome impresentable, significa prácticamente que tampouco será presentable como tal caixa, pois moi previsiblemente non poderá cumprir as novas normas. E faráse banco, e será un tempo en parte do estado, e logo sinxelamente non será pública nin galega: será un banco con accionistas norteamericanos ou chineses... despois de aportar o estado máis cartos (a nome de todos, pero para o que se terá que endebedar máis) para vendelo barato, barato, que é o que pasa cando hai exceso de oferta (e neste caso presentarase unha boa parte do tecido financieiro español a subasta) despois de sanealo á forza en troques de deixar que se saneara só.
Resultado: adeus entidade financieira galega e pública, adeus cartos de saneamento, adeus soberanía económica, adeus para sempre, adeus ...
E unha nota máis, a lembranza do que significaron en principio as caixas, institucións de base social, nas que na actualidade, con todas as deficiencias que aí había, mal que ben, seguíase a facer algo de 'obra social', lembrando que os cartos teñen unha labor non só de funcionamento económico, senón de facilitación e vertebración da sociedade.
A perda de empregos na institución? Bah, un 'subproduto'.

20110125

O que deberan sar rarezas da sanidade

Á cola chéganlle os movementos máis fortes do animal. Os que desenvolven máis rapidez, de xeito máis imprevisto para quen os sofre. Algo así pasa coas institucións, por exemplo, coa sanidade pública. Nos diversos movementos ós que se está a enfrontar, a sanidade parece máis estable nas zonas máis centrais e máis poboadas e máis inestable nas zonas máis periféricas. Hai un par de semanas saía na prensa unha carta sobre o parir na estrada, algo que tivo certa tradición hai anos e que pode, está para, volver a repetirse. Dende aquela, chegaron ós xornais varias novas sobre o estado da sanidade en Galicia ou na Mariña. Por exemplo, unha titulada 'El hospital rebaja las esperas y atiende antes a más pacientes' (La Voz de Galicia, 21/1/2011, non atopei máis versión dixital máis que o resumo). Nela danse algúns datos que fan pensar. Por exemplo: entre finais de setembro e finais de decembro, o tempo de espera en consultas baixou de 106 a 67 días. Pode pensarse que é cousa da rebaixa do aumento veraniego, debido ó aumento de usuarios e rebaixa de tempo dos profesionais por vaciacións, pero iso é difícil de manteer ó ver que no verán (finais de xuño-finais de setembro) só aumentaron de 94 a 196 días. Por suposto, hai máis números que se poden sacar a relocer, e tamén é de congratularse pola diminución. A cousa é que, entón, por que non se fixo diminuír antes? E aínda así, se para consulta na actualidade a espera é superior a dous meses, e chega a tres para operación, sen contar con que unha operación o normal é que requira varias consultas, iso leva a que se retrase por riba dos 5 meses por termo medio... É dicir, ben pola mellora, pero nada de congratularse polas circunstancias, pois están moi lonxe de ser as adecuadas, aínda se adentrarnos no por que.
E, un pouquiño máis aló, hai cousas que comezan a invadir a sanidade e que non deberan: aí está a nova de que ó funcionar como unha empresa máis, a sanidade deixa de cinguirse ó servizo para cinguirse ó beneficio. Nada novo, pero algo que na nosa zona sobrepónse á variación da estrutura que tiña ate fai pouco a sanidade pública, do que xa se ten falado no blog.

20110124

Medidas preventidas

É o título dun libro de pequenas obras a modo de pezas teatrais. Quizáis pouco que citar del como libro. Pero si como revulsivo. Un par de mostras, unha dunha da propia obra e outra da introducción:
"T.-Aforre o da felicidade. A felicidade é sospeitosa."
"(...) Son medidas desenfocadas e dirixidas a cidadáns de a pé, presuntos culpables nos seus actos cotiáns. Medidas absurdas que vnden protección a cambio da submisión, e seguridade a cambio de medo. Medidas que instalan aos cidadáns nun consumo despreocupado a cambio da desconfianza social. (...)"
GUSTAVO PERNAS CORA. Medidas preventivas. ISBN 84-935062-0-6. Ed. Biblos

20110122

Preocúpanme esas calumnias que se transforman en verdades

"Preocúpanme esas calumnias que se transforman en verdades"... Isabel Coixet, en Público (na rede aparece unha versión diferente do artigo que en papel), en relación ás acusacións contra Garzón... ou, algunha das múltiples acusacións que se verquen en Ribadeo unha e outra vez, dende hai moito tempo, contra persoas que poden resultar incómodas, que son opoñentes ou sinxelamente que se quere perxudicar? Como efecto secundario, o enrarecemento da convivencia ou o desprestixio da información en xeral, pero como primario, en cada caso co seus matices, o crear unha desconfianza na xente á que se está a puntar co dedo. Si, a min tamén me preocupan as calumnias que se pretenden pasar por verdades.
A xente interesada, aconséllole a lectura dun par de obras: Dos rumores, Cass Sunstein, ISBN978-972-20-4030-3, en Publicações D. Quixote.
El arte de la mentira política. / Es conveniente engañar al pueblo?. Jonathan Swift / Nicolás de Condorcet.D.L:B-1708-2010, en Público.

PINTADAS E VIDRIEIRAS, artigo de Pancho Campos

(Publicado en La Comarca de 20110122)
PINTADAS E VIDRIEIRAS

En “A Mariña” de El Progreso, do pasado sábado (15-xaneiro-2011) aparecen, na páxina tres, dúas noticias sobre acontecementos que pasan no Concello de Ribadeo, sobre os que me gustaría suliñar varias cousas.
Primeira: “Las pintadas de la Casa de la Ría van a quedar impunes”... “lo escrito no se considera un delito, sino una mera falta”...”se trata de dos simples faltas, una de daños y otra de amenazas”.
As amenazantes pintadas son contra do edil do BNG do goberno local do Concello de Ribadeo, Horacio Cupeiro, nas que o tratan de “inutil”, “chupón” e piden a súa “dimisión – Ove non”.
As pintadas non terían maior trascendencia, si dixeran unha soa verdade, pois todo o mundo que manda, non cabe duda de que sempre terá detractores, por aquelo de que “cada maestriño o seu libriño” e nunca haberá forma de gobernar a gusto de todos.
Pero resúltame moi extrano, que sexa en contra de Horacio Cupeiro, pois coñezoo desde fai máis de corenta anos, somos colegas de profesión, pois é Xefe de Máquinas da Marina Mercante, e sei de certo que é unha das persoas máis traballadoras coas que un se poida atopar. Un home moi consciente do que ten entre mans e do que ten que facer, un home totalmente volcado na causa do cumplimento das súas obrigas, incluso por derriba do seu propio descanso persoal e familiar. Eso é o que lle dá carta de natureza a un traballador. A entrega a súa profesión ou a súa vocación.
Un señor, do que todos os que o coñecemos, nos sentimos moi orgullosos de que houbera aceptado que quixera traballar para a comunidade, para o pobo de Ribadeo, pois xente así entregada é a que nos fai falla, sexa o color que sexa a súa ideoloxía democrática.
Un amigo polo que poño, sin cortapisa alguha, a miña mao dereita no lume.
Pero gustaríame volver as pintadas, para sacar un algo en claro do que dicen do autor das mesmas, facendo un pequeno estudio básico de grafoloxía práctica.
Mirando a foto do artigo da Mariña, vese que están feitas en letra maiúscula (como casi todas as pintadas), donde hai un primeiro letreiro: Horacio “inutil” (unha sobre outra) que debía ser o que o autor quería decir en un principio, e salir escopetado para agocharse e que nono viran, pero, supoño, que o verse que seguía solo, continúa escribindo, non na mesma liña: “chupon”, é xa de forma máis zarapallada, “dimisión”, para rematar con letra mitade máis pequena “Ove non”.
Analizando as voces e a forma caligráfica, a pintada remata con “Ove non”, o que significa que o autor é galego (seguro que polas circunstancias, non do BNG).
As comillas que usa, non sabe rematalas, polo tanto, sabe que son un signo ortográfico que existe, pero co que o autor non está moi versado, así que os seus estudios non deben alcanzar nin o Graduado Escolar. Por outra banda, polo tamaño da letra vese, que o seu principal obxetivo e insultar a Horacio (en letra grande), e aínda que remata como para xustificar que a pintada foi feita para defender intereses da parroquia de Ove, vemos que a frase: “Ove non”, ten menos da mitade de altura de letra que o resto da pintada, o que significa que Ove lle importa un pimento o autor, e moi posiblemente, sí os seus propios intereses, que chirrían co cargo e desvelo de Horacio.
En conclusión e para non alargarnos, calquera autor medio analfabeto, pode cometer un acto vandálico emporcallando a fachada da Casa da Ría, o Gaiteiro, o Cargadeiro, calquera parte do patrimonio de todos, que vale moitos cartos facelo e mantelo, fachadas das casas dos veciños de Ribadeo (véxanse portales da calle dos Moreno Ulloa, salida de Restrepo as Catro Calles, Fonte Nova, etc.) e todo esto queda impune, sin nin siquiera ter a posibilidade de saber quen o quenes son os autores é ter o gusto de velos limpar con estropajo e sosa cáustica as guarradas que fan. ¡Manda truco!
Segunda noticia: “El jefe del Taller de Empleo aclara que no ordenó tirar las vidrieras del cementerio”.
¡Era o que nos faltaba, que o jefe da Escola Taller, mandara tirar as vidrieiras o contenedor do lixo!. Non, señor José Manuel Rodriguez, xa sabemos que vostede non mandou nada. E máis, incluso sabemos que non aparece nin polas obras, nas que están traballando os alumnos/as que están o seu cargo (eu fun varias veces polas do cementerio, e non había máis que alumnos traballando). Vostede non mandou nada, e moito menos “retirar las vidrieras de una capilla del cementerio para restaurarlas y si no se hacía, volver a colocarlas en lugar en que estaban”. Mentira. As vidreiras foron “mandadas tirar por que non valían para nada”, e por eso foron sacadas de mala maneira, e literalmente tiradas desde o pico do andamio en baixo. Pódese ver o destrozo das vidrierias polo que quedou da estructura e esqueletos de plomo, e polo o estado de casi tódolos cristales rotos (a excepción de unha vidriera). Eu mesmo, saquei alguns cachos das vidrieiras do contenedor de lixo, os que xa se lles había pegado fuego, para queimar os cachos de ataúdes e restos de coroas e frores secas dos difuntos, cos que estaban enramallados e alguns esqueletos de plomo xa estaban feitos bolas e totalmente destruídos. Calquera pode comprobar o seu estado na custodia do Concello, e eu teño fotos, para corroboralo.
Como dixen xa nun anterior artigo sobre as “Brutalidades Patrimoniales” que se fixeron e fan en Ribadeo, as vidrieiras foron sustituídas por cristales transparentes, montados sobre angulares de aluminio ¿foron esas as órdenes que vostede deu, ou é que nunca se enterou de nada....?
Por outra banda, decirlle, que non é nada raro que sacaran os fondos e subencións estatales a este tipo de colectivos, como é a Ponte dos Santos, pois aínda que daban traballo temporal a máis de 40 persoas, o que é moi de agradecer na nosa comunidade, tendo administrativos como alguns de vostedes ¿que é o extraño...?. O que é de extrañar, é ¿como puideron estar o frente de todo esto, nada menos que durante seis anos....? Si esto funcionara como aquel PPO da miña mocedade, con monitores competentes e profesionales, entregados a enseñanza teórica e práctica dos seus alumnos ¡seguro que non sacaban as subencións! pero hoxe en día...¡que pouquiño control houbo/hai do gasto dos fondos públicos...! pura desídia administrativa...! Esperemos que todo este control se fiscalice por parte da Comunidade Europea, dos Estados, das Autonomías ou da Xunta de forma tallante... e non se permitan chorradas, nin zarapalladas, nin despilfarros, nin tonterías diversas.... e non lle quepa duda de que seguiremos o tema das vidrieiras o dedillo, pois queremos que se esclareza e depuren responsabilidades alí donde se atopen...
Pancho Campos

20110121

Reordeación da oficina de turismo




Non sei de onde saiu a cousa, pero a Oficina de Turismo está reordeada. Máis vistosa, aínda que en canto ó aproveitamento práctico do espazo ...
A primeira imaxe, tomada do sigpac, a situación da oficina, co norte arriba, aparece ó norte o parque, ó leste o templete e a vella oficina de turismo, ó sur o convento e o auditorio, ambos cortados, e no centro, o edificio de turismo.
Na segunda imaxe, os cocos, dentro da oficina, na esquina segundo se entra, á dereita (é dicir, no punto máis ó norte), acompañados cos cabezudos (noutro lugar da oficina están as vellas cabezas de Coco e Coca)
A terceira imaxe presenta o fondo esquerda do interior do edificio (cara á esquina máis ó oeste na imaxe do sigpac), lugar a onde se trasladou o cadro do Viejo Pancho polo que preguntou hai tempo o Tesón. Na mesa, libros do bookcrossing que complementan o baúl ó seu pé, quizáis un pouco alonxados de quen os poida usar ó ter un espazo de mostrador entre o público e a mesa, que en cambio, favorece a visión do cadro. Tamén na mesa, unha curiosa e detallada reproducción da Torre dos Moreno, que debido á súa escala queda lixeiramente arrinconada polo resto da mostra.
As últimas catro, sobre o barco reproducido que leva xa tempo na oficina de Turismo despois de estar no piso superior da biblioteca, a fragata 'Santa Eulalia', como reza nun dos carteis en metacrilato das últimas fotos. Entendo que a fragata é a reproducción da que se pode ver no porto de Barcelona (aquí, en detalle lateral), se ben non din atopado datos abondo que o respaldaran.
Parece un contraste a foto do barco no centro da estancia en relación á toma rasante en cuberta, que da a idea dun auténtico baixel en posición de navegar. Os letreiros en metacrilato dan indicacións útis para comprender mellor o barco.
Así pois, quen entre na oficina de turismo ribadense, visitante do pobo, terá un pequeno museo e unha primeira impresión favorable. O seu uso como centro de exposicións, en cambio, coido que está dificultado.




20110120

ASUSTA PORQUE HAI HÁBITO. (artigo de Carlota Eiros)

    Deixo a continuación un artigo de Carlota Eiros que sairá próximamente noutros medios: 

ASUSTA PORQUE HAI HÁBITO.

    A estas alturas a maridaxe entre patrimonio e vandalismo non resulta estraña en Ribadeo. Por patrimonio referímonos ó legado valioso que representa a mentalidade e o saber dos que no pasado construíron e habitaron o lugar. Por vandalismo referímonos á hostilidade e destrución intencionada deste legado. O termo foi utilizado por primeira vez en 1794 polo bispo constitucional de Blois, Henri Grégoire, nun informe para describir e frear a destrución indiscriminada de monumentos polo exercito republicano francés, un comportamento que recordaba ó dos “vándalos” nos seus ataques contra o Imperio Romano.

Cal hordas bárbaras, sen o espírito revolucionario, o taller de emprego “Ría do Encontro”, entrou o pasado mes de outubro do 2010 no cemiterio municipal para destruír as vidreiras policromadas da capela, vestixio dun raro e escaso modernismo galego, do que Ribadeo é excepcionalmente ricaz. A capela era silencio, penumbra e color. Así se gravou na memoria dos que agora só podemos evocala. Unha actuación improcedente cambiou este lugar de oración para sempre. Para sempre, porque hai lugares e paisaxes, como tantas outras cousas, que só se cambian unha vez.

Non é esta a primeira ocasión en que o taller de emprego “Ría do Encontro” utiliza o patrimonio histórico como campo de batalla. Sen darnos tregua, proxectos que esquivan as canles de información pública, acaban coas últimas reliquias con olor a pasado. Hai dous anos, a intervención irreversible na Fonte de Xuncos en Rinlo, na que se substituíu o xenuíno morteiro de cal pigmentado por un novo enfoscado de cemento, destruíu tanto o valor documental como o valor de antigüidade da obra, perceptible só a través da pátina e o deterioro natural acumulado ó longo dos seus cen anos de historia. Púxose xa daquela de manifesto a falta de instrución e sensibilidade do taller para actuar sobre bens históricos con valores hoxe considerados patrimoniais.

A profanación da capela e irracional destrución das preciosistas vidreiras pon de novo en evidencia a instrumentalización do patrimonio local por parte das administracións para fins que nada teñen que ver coa tutela e conservación a que están obrigados. Os Concellos de Ribadeo e Castropol, a través da Asociación “Puente de los Santos”, seleccionan e contratan, entre os maiores de vinte e cinco anos en paro, o persoal dos diferentes módulos do Taller de Emprego, aprobados e financiados polo Ministerio de Traballo.

A educación altérnase coa práctica en actividades e obras de utilidade pública ou interese social en ámbolos dous Concellos. A escasa documentación sobre o contido e desenvolvemento destes talleres, practicamente inexistente máis ala da propaganda institucional, fai difícil o seguimento e avaliación dos resultados. A priori, a función social das escolas-taller non a poñemos en dúbida. Non cuestionamos as políticas de apoio á creación de emprego e reinserción laboral e social dos desempregados. O que non podemos entender por máis que o intentamos, é como fondos públicos destinados a promover o civismo, a mestría e a prosperidade local, se utilizan impunemente para embrutecer, desfigurar e destruír o patrimonio colectivo.

A destrución das vidreiras, e os anteriores expolios sobre elementos singulares, pon en evidencia por un lado, a incompetencia técnica da dirección do obradoiro, en concreto do módulo de albanelería, e por outro, a inopia institucional á hora de recoñecer e protexer o valor artístico, representativo, e educativo do patrimonio local. As preguntas obvias son: quen decide, planifica e define estas obras de “restauración” a realizar nos bens comúns de carácter histórico, artístico ou etnográfico? Como se aplica o protocolo de actuación recomendado polos organismos internacionais e os estados a través das Cartas e da Lexislación que regulan as actuacións neste patrimonio cultural?

A pregunta non é retórica. A capela e os seus tesouros vítreos non figuran no Catálogo Patrimonial Ribadense que a empresa Eptisa elaborou dentro do novo Plan Xeral. O esquecemento non nos sorprende. Proteccións legais sesgadas; desidia patrimonial de propietarios, promotores e autoridades están á orde do día. Aínda que a administración ten o deber legal de identificar, protexer e amparar o patrimonio local, na práctica esta tutela apenas existe. En teoría, o Catálogo municipal identifica e protexe os bens locais; bens que pasan directamente a formar parte do Inventario Xeral de Galicia e gozar de protección legal. Por algún motivo que descoñecemos, o criterio foi non incluír a capela, deixando as vidreiras sen protección legal.

Cuestionar hoxe o valor das vidreiras é un tema extemporáneo. A noción do que merece ser conservado variou e ampliouse constantemente ó longo da historia e sobre este aspecto non cabe a mínima dúbida de que as vidreiras, polo seu recoñecido valor propio, formaban hoxe parte do patrimonio cultural galego, como así o dita a Lei de Patrimonio Cultural de Galicia no seu artigo 1º. Como tamén establece a Lei que “son as corporacións locais as encargadas de protexer, defender, realzar e dar a coñecer o valor cultural dos bens integrantes deste patrimonio cultural de Galicia que radiquen no seu termo municipal”.

O “incidente” deixa ó descuberto a pobreza cultural e moral do país colonizado. A falta de identificación, valoración e protección do patrimonio histórico permite en Galicia levar adiante con moito éxito o programa neoliberal de explotación territorial. A destrución do patrimonio borra a memoria do pasado sumindo á sociedade na pobreza e no desarraigo. Para a sociedade civil a perda das referencias identitarias supón un trauma que a debilita. O primeiro efecto evidente é o medo e a submisión. O segundo, o pesimismo que introduce. Todo forma parte do programa de intimidación, confusión e transculturización necesario para o control corporativo. Os asasinos da memoria parecen ter claro que, como advirte George Orwell, “quen controla o pasado, controla as opcións futuras”.

Ante isto, é fundamental tomar conciencia e difundir en Galicia a idea “revolucionaria” de que o patrimonio cultural é un patrimonio colectivo, que nos instrúe e educa. O patrimonio individual é un concepto ben entendido e defendido en Galicia. Etimoloxicamente patrimonium, -i deriva de Pater, en referencia ós bens que proceden da familia e que son herdados. Como cidadáns, tamén herdamos un acervo común que nos pertence do mesmo xeito que nos pertencen os seres e as cousas que amamos sentíndonos responsables deles. Este patrimonio común, é fundamental para a nosa supervivencia e benestar espiritual xa que constitúe a espiña dorsal que ata cada membro individual á “comunidade imaxinada” de Benedict Anderson.

A conciencia do que e belo e do que é bo adquírese a través desta cultura e da “honestidade do corazón”. É significativo que a mirada estética e educada dunha persoa, que casualmente se atopaba no camposanto, puidese salvar unha das oito vidreiras despedazadas. Esta vidreira representa dende agora o refinamento local de hai un século e a barbarie de hoxe. Como aleccionaba hai douscentos anos o Abbé Grégoire (1750-1831) ós soldados republicanos franceses “(...) os bárbaros e escravos detestan o coñecemento e destrúen as obras de arte, os homes libres ámanas e consérvanas (...) a indiferenza ante a destrución será un crime, xa que vós sodes simplemente os gardiáns do patrimonio”.

O vandalismo e a destrución de monumentos históricos no pasado espertou, ironicamente, a conciencia colectiva cara á conservación e a tutela. É a nosa esperanza que a destrución destes documentos vítreos da historia artística e social de Ribadeo, coma a de tantos outros, non sexa en balde. Que como reacción esperte a capacidade crítica e de participación dos cidadáns. A construción do templo da Sagrada Familia nunca tivo apoio económico das institucións, vive dos donativos dos que a visitan, máis de 2 millóns o ano, máis de 25 millóns de euros. Estase levantando como unha catedral medieval. Alimentada pola fe e a determinación humana.

Vénseme á memoria, para concluír, a conversación que recollía o vendedor de biblias británico George Borrow a finais da década de 1830, cando un viaxeiro exclama pesaroso nunha fonda de Lugo: “¡Ay, Dios mío! A bonita tierra hemos venido a parar”. E Borrow responde: “No veo por qué les parece a ustedes tan malo un país que por su naturaleza es el más rico y abundante de toda España. Cierto que la generalidad de los habitantes está en la miseria; pero la culpa es suya, no de la tierra”.

Esta escena pode parecernos moi lonxana, pero a miúdo preguntámonos se realmente fomos capaces de erradicar os estigmas da miseria e da ignorancia. Algo debe quedar, daquel espírito submiso e resignado dos que entendían que eles nada tiñan que ver con quen os sometía e gobernaba. É hora de que isto cambie. E agora é un bo momento.

Carlota Eiros. 17/01/2011

20110118

20110117, o pleno do 'buen rollito'

A parte da aprobación da acta anterior, punto primeiro, e de rogos de preguntas, o último, foi tratada a dación de contas, a normativa da ORA e as taxas (en puntos 3 e 4), o regulamento de participación cidadá, o regulamento de réxime interno da escola de música, a retrocesión duns terreos a Ove, licenzas de primeira ocupación, dous convenios urbanísticos con Coniproma (pto. 9) e Coniproma e Julio e Anselmo (punto 10), e varias mocións de urxencia, algo que xa se está a converter en típico nos plenos ribadenses.
Os 14 asistentes no momento máis concurrido asistimos a un pleno que se moderou en duración respecto a outros, rematando pouco despois das dez e cuarto, e no que o alcalde esqueceu contestar as preguntas de O Tesón que xa estaban previstas para o pleno pasado. Cando cheguei dicirllo, xa os concelleiros estaban levantados...
Outra cousa que tampouco se tratou foi o apoio solicitado á corporación para o regreso do xulgado. Ó que parece, ningún grupo o botou en falta. Coido que Ribadeo si o botará en falta, despois dunha esperanzadora foto de conxunto arredor das sinaturas recollidas.
O do 'buen rollito' foi un chascarrillo que se acuñou pouco despois da metade do pleno, a raíz de que non houbo discusións relevantes, e que quedou repetido abondas veces para tentar remachar que cada quen estaba poñendo da súa parte a súa miga de distensión e colaboración, se ben a forma de uso e a reiteración levaban máis a cachondeo que a outra cousa.
Na dación de contas pasaron preguntas de moi diversos temas, entre os que están o baleirado da fosa séptica da praia das Catedrais (4 000 €), o plan de mobilidade urbana encargado a Novotec (22 244 €, e que se está pagado, é de supoñer que esteña rematado aínda que non se saiba moito del), e unha ristra de preguntas en conxunto sobre facturas de publicidade e propaganda, para facer fincapé na necesidade de reducción de gastos xerais.
En canto á ordenanza de réxime de aparcamento, discutiuse algo sobre o horario, tras a desestimación na comisión informativa da alegación da Atalaia, quedando o horario 9-14 (10-14 os sábados) e 16-20, exceptuando os domingos. A postura dos partidos non variou dende o pasado pleno, co PSOE a favor e PP e UPRi en contra, quedando aprobada a regulación e as taxas.
En canto ó regulamento orgánico de participación cidadá, foi aprobado por unanimidade, case sen discusión. Como comentarios ó tema, foi presentado á aprobación un documento no que aínda aparecía a palabra 'Santiago' nalgures en troques de 'Ribadeo', o que indica que non é o documento presentado pola mesa de asociacións: aprobouse a proposta da mesa a reforma do artigo 11, pero non as demáis propostas. Espero que polo menos se corrixira a diferencia de formato entre diversos anacos do documento. Na escasa discusión que houbo, Ramón López, despois de dicir que había máis asociacións, rematou dicindo unha frase en relación a por que non se presenta O Tesón ás eleccións. Dada a imposibilidade de contestar ós señores conselleiros nun pleno, contesto particularmente dende aquí:
a) O Tesón, como organizador da xuntanza da Mesa de Asociacións, chamou a tódalas asociacións de veciños do concello, acudindo quenes quixeron. Tanto á xuntanza anterior á entrega da proposta por parte do alcalde como á posterior, de tipo xeral, e na que se quedou aínda para outra máis, monotemática sobre o regulamento. Se algún grupo non quixo acudir e quixo segregarse ou non colaborar, ou sinxelamente non estivo na xuntanza por desidia, certamente non foi considerado. E certamente, si houbo asociacións que non participaron, como se pode comprobar cunha lista.
b) Ó que parece, e dadas as correccións que sufriu o documento, a análise foi máis profunda na Mesa de asociacións que a nivel de cada un dos partidos.
c) Despois de ver a querencia dunha asociación nas eleccións, é máis doado comprender a confusión que existe nalgúns políticos entre o privado e o público, ou entre a organización interna dun partido e a organización social: unha asociación de veciños ten outros cometidos que un partido, sinxelamente, é outra cousa. E aínda que non fun preguntando pola querencia política dos socios de O Tesón, é doado coñecer casos de tendencias políticas contrapostas no interior da asociación.
d) Despois de dous artigos anteriores (1 e 2), queda pouco por explicar do proceso que levou á aprobación inicial de onte dende a parte visible fóra do pleno. É de supoñer, despois da unanimidade (aínda que pode ocorrer que haxa inconcebibles cambios de voto como ten pasado outras veces), que a versión se manifeste como definitiva próximamente, aínda que haxa alegacións. E pouco por explicar, pois a letra aprobada non implica que se teña en consideración despois, como xa ten ocorrido tantas veces, pretendendo deixar cousas aprobadas en letra morta. Aprobar é doado, e máis se hai un consenso de atribución de nula importancia; coa falta de comprensión e procura gratuíta de enfrontamento coas asociacións que poden resultar críticas, a atribución por parte do representante do PSOE está clara. Falta por saber a ciencia certa a idea do resto dos representantes no pleno.
En canto ó RRI da escola de música e danza, houbo unanimidade despois dun pequeno intercambio, no que quedou claro que o despido do anterior director está pechado xudicialmente.
A regresión dos terreos do vertedoiro selado á Asociación de montes de A Capela de Ove tampouco tivo problema, se ben se quixo deixar claro no pleno que hai un mantemento que non se pode eludir.
Igualmente por unanimidade se votaron as licenzas de primeira ocupación e os dous convenios urbanísticos, referidos á rúa de Pintor Fierros e á esquina de Avda. de Galicia e Paco Lanza.
Foron presentadas despois a consideración varias mocións de urxencia, sendo aprobada en tódolos casos a urxencia e refundidos textos por solapamento, quedando reducidas a dúas, que foron aprobadas: unha, en relación ó traslado do servizo veterinario á Pedro Murias, e outra, en relación ó alza de custe da electricidade.
No primeiro caso, houbo un debate sobre a conveniencia, xa que quen fai as xestións en materia veterinaria non soe residir no pobo moitas veces, coa contestación de que tamén os hostaleiros fan xestións que requiren o servizo veterinario, e que as taxas correspondentes para calquera xestión téñense que pagar nas oficinas bancarias do centro urbán. Ó final, foi aprobado o documento por unanimidade, tras a refundición.
No caso da suba da luz, houbo tamén unha refundición ó ser incorporado o gas ó escrito, e foi aprobado cos votos en contra do PSOE.
En canto a Rogos e preguntas, que durou máis de media hora, os bacheados das rúas levaron a palma de intervencións. Só destaco que requeriuse unha atención ós letreiros das rúas, en abondo mal estado xeral. E outra atribución curiosa que se fixo no pleno: nun momento, o alcalde viuse sorprendido ó ser tildado de ter bo 'feeling co bispado'.
-- Actualización a 20110217: Xa está a acta na web do concello.

Homenaxe do pobo de El Padul ó pintor D. Benito Prieto Coussent

    Por aquí, polo que parece, non se lle leva feito ningunha homenaxe. Por iso deixo en castelán a convocatoria que me pasaron, en homenaxe a Padul
    "HOMENAJE DEL PUEBLO DE PADUL AL PINTOR D. BENITO PRIETO COUSSENT 
    El día 3 de Febrero de 2011 se cumple el décimo aniversario de la muerte del pintor Benito Prieto Coussent. Atendiendo al deseo de diferentes colectivos de Padul, entidades relacionadas con la cultura, profesores de la Universidad de Granada; el equipo de gobierno y los grupos políticos del Ayuntamiento de Padul, en representación de los vecinos/as de este municipio, rinden un merecido homenaje a este insigne pintor pues “aquí pasó sus mejores días y realizó sus mejores obras”. 
    Nacido en un pueblo de Lugo, Ribadeo, la vinculación con Padul se produce a raíz de su matrimonio con la entrañable paduleña Antonia Rejón Delgado en 1940, instalando aquí su residencia y estudio de pintura desde esa fecha. Benito Prieto, el “pintor de la soledad reflexiva” es un artista universalmente conocido por sus dramáticas versiones del tema del Cristo Crucificado. 
     Por su estudio de Padul desfilaron muchas personalidades, periodistas, medios de comunicación. Se puede concluir que Benito Prieto ha difundido internacionalmente el nombre de la villa de Padul pues en múltiples publicaciones se nos cita como parte fundamental de su biografía y trayectoria artística. 
    Con este homenaje se pretende trasladar a su familia, admiradores y discípulos del artista el afecto y reconocimiento sincero de cuantas personas, amigos y entidades ciudadanas paduleñas deseen adherirse a este homenaje nacido del pueblo y que sus representantes soberanos acuerdan realizar. 
    Para ello se organizará el siguiente 
    PROGRAMA DE ACTIVIDADES. 
    31 ENERO.-Patio del Ayuntamiento de Padul. 
18 h. - Exposición de noveles pintores del Taller de pintura de Padul. 
    1 FEBRERO.- Sala de exposiciones del Ayuntamiento de Padul. 
19 horas. - Inauguración de la Exposición de pintura de Benito Prieto de cuadros realizados en su etapa de Padul. 
    2 FEBRERO.- Sala de exposiciones del Ayuntamiento. 
11 horas. - Concurso de pintura entre los escolares de Padul sobre temática de la exposición del pintor. 
    3 FEBRERO.- Patio del Ayuntamiento de Padul.
19 horas. Acto Central del homenaje a Don Benito Prieto Coussent: 
- Semblanza de la obra del pintor durante su residencia en su casa de Padul. 
- Mesa Redonda de personas de su entorno sobre la influencia de Padul en la trayectoria artística de Prieto Coussent. 
- Lectura del acuerdo plenario del nombramiento de HIJO ADOPTIVO de Padul a Don Benito Prieto Coussent. 
- Descubrimiento de placa conmemorativa en reconocimiento del pueblo de Padul a los meritos y trayectoria artística en el día del décimo aniversario de su muerte. 
    4 FEBRERO.- I.E.S. La Laguna 
- Seminario-Taller de moldeado y fundición en bronce sobre el tema del Cristo de Benito Prieto dirigido a los estudiantes del I.E.S a cargo de Antonio Sorroche, profesor titular de Escultura de la Universidad de Granada."

20110117

As vidrieiras da capela do cemiterio, v.1.0

A raíz da cesión de fotos das vidrieiras colocadas por parte dos familiares actuais dos irmáns Moreno, xunto coas fotos do destrozo de Pancho Campos e algún complemento realizado por mín, e como un xeito de difusión, lembranza e (de xeito complementario) contra o esquecemento, remato de colgar unha primeira versión dunha publicación, As vidrieiras da capela do cemiterio, que polo momento é só iso: unha recollida de fotos con algún pequeno comentario. Algo que espero ampliar e mellorar en calidade con calma, pouco a pouco, por exemplo, sumándolle o publicado nos xornais, as notas de prensa, etc.
Anexo: na prensa, Voz, con 3 fotos.

Pleno hoxe?

Hoxe parece que hai pleno ordinario. Digo parece porque a) os segundos luns de cada mes impar está establecido que o haxa, pero cando hai festas, ou por outras moitas razóns, retrásase unha e ata dúas semananas, e este mes aínda non houbo pleno. b) chegoume unha pregunta, da que din conta en parte o sábado, que indicaba que o pleno incluía o tratamento da aprobación primeira do regulamento orgánico de participación cidadá (que debeu ser tratado en comisión xoves).
Con ambas cousas, pero sen ter visto unha nota de prensa do concello coa orde do día, por exemplo, ou unha nova nos xornais dicindo claramento que 'luns hai pleno', ou a web do concello cunha notiña, ... con ambas cousas entendo que si, que hoxe hai pleno.
Non sei se de novo se alongará ata as tantas de xeito totalmente innecesario, como nos teñen afeitos, pero vereino: aínda están sen contestar as preguntas realizadas a convocatoria ordinaria pasada, en novembro. E polo que parece, incumben a dúas asociacións: O Tesón e a AVV de Vilaosende.
Voltando ó tema da participación cidadá: teño curiosidade de saber cánta xente asistirá a un peno onde se vai votar un certo regulamento que atinxe precisamente á participación. 'Un certo', porque nin idea de cal vai ser o texto que finalmente se presenta, o que me fai lembrar unha frase con máis de douscentos anos de antigüidade, aquelo de 'todo para o pobo pero sen o pobo'. Por certo que se lle quixo explicar ó alcalde en primeiro lugar as propostas do regulamento revisado, e non se deron explicado porque non foron convocados os artífices das mesmas, a pesares da petición feita, co que é probable que non se incluíran... chi lo sa? [é dicir, quen sabe?, pero sen coñecer nin a lingua na que se expresa a dúbida]
Así, se é a aprobación, para ser un regulamento de participación, comeza cunha participación ben limitada. Se é a non aprobación, simplesmente continúa coa 'tradición'.
Por certo, que apoios lograría a proposta na comisión?

20110115

O vindeiro luns 17 vaise abordar a aprobación inicial do regulamento orgánico de participación cidadá do Concello

... algo do que levo comentado abondo no blog. Non sei o texto que se presentará a aprobación. Xa supoño que o que presentou a Mesa de asociacións hai anos non será, pero intrígame se será o presentado para a discusión das asociacións no comezo de 2010, o devolto pola mesa en setembro ou outra versión modificada. En calquera caso, é de esperar que represente unha mellora sobre a situación actual, na que a posibilidade de intervención limítase á posibilidade de deixar documentos no concello ou preguntar para que sexan contestadas as preguntas despois do pleno, con fortes limitacións e discreccionalidade.
Ligazóns relacionadas:
Nota de presa da mesa de asociacións en Ribadeando - 2010
Petición da Mesa de asociacións da inclusión do regulamento nos programas electorais
Resposta á pregunta sobre a intención de levar a diante o regulamento neste mandato
Alegato a favor de dar un paso adiante coa normativa e historia do proceso
Resposta a unha pregunta de O Tesón no pleno de marzo de 2009
A primeira proposta ó concello
Nota sobre a Mesa de Asociacións de xaneiro de 2010
Contestación da Mesa de Asociacións á proposta presentada pola alcaldía (setembro 2010)

20110114

Vai de rifirafes

Cara a unhas eleccións, non só conta o presumir do que se fixo ben e tentar escapar do que se fixo mal ou non se fixo, senón outras cousas, como tentar que se vexa o que se fixo mal como ben feito, que a xente asuma as posturas que se defenden, e, deporte nacional, atacar ó contrario ou mellor, as súas obras, atraendo ó tempo os titulares, a atención, para ter público para o que se queira.
Destas cousas estánse a ver mostras continuamente na prensa, e aí está de novo o alcalde de Castropol deixando caer algunha flor cara a Ribadeo para crear sentemento de unión entorno á súa figura no seu concello. Que outra razón pode haber senón poara os contínuos ataques?
A prensa de hoxe tamén se fai eco da polémica do PSOE ribadense, cunhas acusacións que coido graves pero que no clima xeral actual, posiblemente quedarán en palabras gordas e algo de peor imaxe. Con iso, quedan outras polémicas interpartidos sen espazo hoxe na prensa, cambiando algo o mapa de novas do día...

20110113

Falsedades sobre as pensións

Coido que é de interese xeral o artigo de V. Navarro en 'Público'. Cando menos, ilustrativo. De aí, a recomendación da súa lectura e paso por algún dos comentarios.

20110112

Programando Ribadeo: xa non é o que era

A última medida rápida tomada polo concello é o apuntalamento da Torre dos Moreno. Despois de diversos avisos, aínda que rápida, era esperada unha medida semellante. Ademáis do apuntalamento, que se une á rede posta con anterioridade para evitar a caída de cascotes á rúa, implicará o peche da rúa Villandrando ó tráfico rodado e dunha parte do Cantón para o paso de peóns. Anos dicindo que se cae, parece que tentando o mercar máis parte do edificio, e chegamos a isto.
Hai algúns anos, O Tesón sacou á rúa o libro 'Ribadeo no tempo. Outro Ribadeo foi posible', e un par de anos antes, eu deixei colgada na rede 'Ribadeo falls. Presentación sobre as casas caíntes'. A denuncia correspondente ó estado dalgúns lugares leva tempo feita.
Pola parte da representación política, declaracións de intencións varias, incluídas en programas electorais moitas veces... Non se pode dicir que nunca se fixera nada: agora mesmo están a concederse axudas para casas no casco vello, e o certo é que o aspecto da zona leva variado abondo en poucos anos. Pero polo que se ve pola Torre, non abondo e non abondo rápido.
Ben, no 2007 tivemos unha nova Corporación Municipal. E antes, programas electorais de tódolos partidos. A catro meses das eleccións municipais 2011, e ante a inminente finalización e saída á rúa das novas propostas partidarias, coido que pagaría a pena facer revisión do escrito antes das eleccións e ver o desenvolvemento posterior dos feitos. Dende O tesón, a metade de mandato pasado (2003/2007) fíxose unha cualificación do axuste entre as promesas e os cumprimentos que se enviou ós partidos, sen facer público. Neste mandato (2007/2009) non se chegou a facer, pero todo o mundo pode comprobar os folletos que os partidos en liza presentaron e ter unha referencia para ver se, dentro das posibilidades de cada un, despois seguiu a liña marcada ou non. Pode ser un exercicio interesante (a parte de excelente para o desenvolvemento da propia cidadanía), que leva o seu tempo e polo tanto, de ter intención, non se pode deixar 'para outro momento', senón que agora é o momento de realizar a comparación. Os datos, sucintos, están na rede, nas ligazóns anteriores, e entendo que é mellor unha mirada propia que a espera das comparativas dos partidos para autopromocionarse.
De aquí a maio, continuará.

actualización da nota de prensa sobre a celebración dos 10 anos da Wikipedia


Celebración dos 10 anos da existencia da Wikipedia
A wikipedia é unha enciclopedia, un conxunto de enciclopedias, diccionarios e outros repositorios de coñecemento basados na tecnoloxía wiki, e de creación comunal. O próximo 15 de xaneiro cumprirá 10 anos este proxecto distribuído de coñecemento libre.
O Tesón, en contacto con outros grupos ó longo de Galicia, do estado e a traverso da fundación wikimedia, de todo o mundo, colaborará na celebración deste cabodano cunha charla presentación de introducción á wikipedia, na que se tomará como referencia a versión galega - Galipedia-, (prevista para as 12 da mañá na Casa das Letras ribadense) e a iniciación á edición de artigos e uso da Galipedia, que terá lugar a continuación no telecentro da Casa da Xuventude, cedido polo concello..
Destácase que en España está previsto a celebración deste evento en catro localidades, Madrid, Barcelona, A Coruña (Culleredo) e Ribadeo. A celebración na nosa vila corresponde con ser Ribadeo un dos primeiros e máis extensos artigos redactados na Galipedia (http://gl.wikipedia.org), que nada o ano 2003, conseguiu unha extensión de máis de 66 000 artigos para consulta na actualidade.
En canto ó conxunto da Wikipedia, destacar que na actualidade segue a medrar todo o proxecto, participando unha morea de xente, por non falar da versión inglesa, que é con diferencia a enciclopedia máis grande do mundo, ou da ramificación en diversas wikis temáticas, dende novas a repositorios de materiais documentais diversos.
En canto á celebración da conmemoración, arredor do mundo haberá actos diversos, que se poden consultar en
http://ten.wikipedia.org/w/index.php?title=Main_Page/gl&uselang=gl.
A fundación wikimedia ten enviado algún pequeno agasallo para as persoas que asistan.
Adxúntase o cartel realizado para Ribadeo, confeccionado a partir doutro realizado por Elisardojm para a celebración en Culleredo, o outro lugar de Galicia no que se realizarán diversos actos de celebración.

20110111

Especialistas ad-hoc


Na fin de semana chamoume a atención unha nova lonxana: as covas de Altamira están á espera dun novo estudo para permitir a súa reapertura.
Se ben se mira, Altamira, a tres horas de coche, non está tan lonxe. E a postura, tampouco é tan lonxana: trátase de facer cadrar os resultados ata que se adecúen ó que quere quen manda. Os motivos poden ser considerados laudables ou vergoñentos, pero a cousa é que, xa que os estudos escargados sobre as máis diversas cuestións sempre teñen algún marxe de erro e algún sesgo de presentación, se se forzan ambos, pode chegarse a un resultado que permita unha interpretación (esta xa, fóra do estudo) favorable a quen o pide.

Pode facerse mellor se se dispón de cartos abondo (pode escollerse de primeiras o perfil de especialista que se considere oportuno), ou se os cartos dos que se dispón non son propios, senón de todos e só se administran: en ambos casos, 'non pasa nada' por pedir un novo estudo se o resultado non é do agrado.
En Ribadeo, coa ría e outros espazos naturais sometidos a presión dende hai anos, e intereses polo medio, ós que se suma a crise que pretende facer tragar todo ó común da sociedade, coido que debemos ter conta de situacións semellantes cara ó futuro.
As dúas fotos amosan lugares do concello: na ría, unha, e no mar, outra. Esta segunda está clara que é unha paisaxe gustosa. Na outra, poderiamos titulala 'a ría e obras ou escombreira'. Ambas poden (e quizáis deban) ser ampliadas premendo co rato sobre elas.

20110110

Din que a covardía é un vicio

Así o atopo na wikipedia, aínda que non apareza na definición da Real Academia. De resultas, a persoa covarde sería asemade viciosa... Esperemos que un vicio máis non se extenda por Ribadeo.
Despois de 'escondendo a man', pasei pola casa da ría, e fixen fotos todo o contorno, coa intención de publicalas e comentar algunhas cousas concretas das pintadas. Variei de idea: sería dar propaganda á pretendida acusación e nón ó feito.
Estáselle a dar importancia a que vai ser difícil deixar a parede limpa. Coido que será máis difícil lavar a cara de quen o fixo: antes dubidei á hora de poñer 'acusación'; en realidade, alí non se acusa de nada, senón que sinxelamente, se insulta.
Claro que antes hai que descubrir quen o fixo, dirá alguén. En boa lei, non fai falta: unha máscara pode ocultar unha cara cocha, pero a cara segue porca, e quen a teña, sábeo.
Por certo, tiven que corrixir a entrada anterior porque entendía que tamén se insultaba ó alcade. Non, faise ó BNG de Ribadeo en conxunto.

20110109

Trasliterando algo coñecido.


Recollo o coñecido texto de Martin Niemöller:
“Primeiro viñeron polos comunistas e non dixen nada porque eu non era comunista.
Logo viñeron polos xudeus e non dixen nada porque eu non era xudeu.
Logo viñeron polos sindicalistas e non dixen nada porque eu non era sindicalista.
Logo viñeron polos católicos e non dixen nada porque eu era protestante.
Logo viñeron por min, pero para entón xa non quedaba ninguén que dixera ren.”
Non é a primeira trasliteración que vexo, e saíume de xeito natural esta outra:
“Primeiro viñeron polos gregos e non dixen nada porque eu non era grego.
Logo viñeron polos irlandeses e non dixen nada porque eu non era irlandés.
Logo viñeron polos portugueses e non dixen nada porque eu non era portugués.
Logo viñeron polos españois e non dixen nada porque eu non era español.
Logo viñeron por min, pero para entón xa non quedaba ninguén que dixera ren.”
Entendan ou non, controlen ou non, teñan a sartén polo mango ou non, que pensan Francia ou Alemaña, que van quedar libres cando todos ó seu arredor van caendo?

20110108

Escondendo a man

Maledicencias, mentiras interesadas, actos para danar ... cousas inconcebibles pero que en moitas partes, en todo o mundo, están á orde do día. En Ribadeo, tamén: mesmo eu, hai non tanto tempo escribín sobre métodos mafiosos a conta doutro tema no blog e na prensa. Neste caso, o concelleiro de Medio Ambiente é o implicado, e a imaxe da mafia tamén sae no comunicado. As pintadas quedarán polo momento, segundo di o alcalde, igual que aínda están visibles os carteis que acusan ó alcalde e a 'un veciño' de acoso a un pub, que os mantivo mesmo o primeiro de ano, estando aberto ata mediodía.

20110107

En lembranza do Nadal 2010/2011

O Nadal xa pasou.
A adaptación para o post-Nadal este ano irá máis lenta, pois a fin de semana así o permete ó ser Reis un xoves. As imaxes a continuación, hoxe, día sete de xaneiro, xa son máis que pasado, lembranza doutro tempo, e como colofón ás entradas del as deixo:





20110106

Sobre Hernán

Para adxuntar á entrada anterior sobre o comezo do 'ano Hernán Naval':
Un artigo de Xavier Campos.Abril no Pastor Díaz

Os 10 anos da wikipedia e O Tesón

O próximo 15 de xaneiro a Wikipedia, proxecto distribuído de coñecemento libre, que se plasma nun conxunto de enciclopedias en internet, cumprirá 10 anos. Entre as enciclopedias ás que deu lugar está a Galipedia, (http://gl.wikipedia.org), consituída xa en referente para asuntos galegos, con máis de 66 000 artigos para consulta e medrando coa colaboración dunha morea de xente, por non falar da versión inglesa, que é con diferencia a enciclopedia máis grande do mundo.
Como celebración do cabodano, arredor do mundo haberá unha morea de actos, que se poden consultar en http://ten.wikipedia.org/w/index.php?title=Main_Page/gl&uselang=gl. No momento no que estou a escribir, en España hai actos previstos en catro localidades: Madrid, Barcelona, A Coruña e Ribadeo. En Ribadeo, dende a AVV O Tesón, programamos unha sinxela actividade en dous tempos para o sábado 15. No primeiro tempo, que será ás 12 da mañá na Casa das Letras, terá lugar unha pequena presentación de introducción á wikipedia, na que se tomará como referencia a versión galega, Galipedia, e máis tarde, haberá unha sesión de edición para poder intreoducir á xente que o desexe ó uso da enciclopedia tanto en consulta como para colaborar. Esta segunda parte desenvolverase de diferente xeito segundo os asistentes ó acto. Asemade, conseguíronse da fundación wikimedia algúns agasallos para as persoas que asistan.
Relacionado: artgo da Voz

20110105

E esta noite os reis traerán ...

Que che fai falla? Unha residencia da terceira idade?
Un pxom?
A resolución do caso das vidrieiras?
... ti, que pediches? (xa sabes que hai que pedilo con ganas e facer as cousas adecuadas para conseguilo...)
Eu só podo deixar un adianto, a modo dos caramelos que se botan nas cabalgatas, en forma de ligazón á documentación do PXOM, que nestes momentos aínda está en internet para quen a queira consultar. O de conseguir as cousas pasa polo camiño que puxen antes: ver a necesidade como introducción, pedilas por escrito como expresión e facer convencemento activo como modo. E, aínda que o 'momento máxico' poda ser unha noite, lévase preparando moito tempo ...

20110104

Un avance artístico

Hai xa tempo que O Tesón preguntou en pleno polo listado de cadros do concello, a raíz de que hai unha norma que implica que o uso das salas públicas de exposicións é a cambio dunha obra do autor que expón, e con diferencia son pintores os que solicitan e obteñen tempo para as súas exposicións. Naturalmente, debe habe cadros anteriores a esta norma, pois antes de ter Ribadeo salas de exposicións, xa había cadros no salón de plenos.
Onte puiden pasar botarlle unha primeira ollada (cando se dixo no pleno que estaba dispoñible ainda non estaba rematado) ós listados dos cadros do concello. Ós listados, porque en realidade non é un, senón varios, por dependencias. E os listados, porque se partiu dun coñecido como do ano 2003, aínda que nas fichas correspondentes aparece a data 01/01/2002, en todas. Aínda que foi algo curto, unha cousa introdutoira, coido que pagou a pena preguntar e comezar a mirar
Se non sumei mal, Eran 165 cadros atribuídos ó 'listado de 2003', e 38 posteriores a aquela data, incluídos 6 no ano 2010, o actual. A dicir que hai obras cedidas a asociacións veciñais das parroquias, por exemplo (cada unha co seu escrito de cesión/aceptación), e dado que non é un listado único, e houbo movemento de cadros, pode haber algún que esteña repe.
En principio, cada cadro ten unha ficha na que por defecto aparece un mesmo valor para todos -180€-, e que aínda que ten data para ano de adquisición/cesión, non aparece en ningún caso (excepto nos listados como cedidos no 2010), o que fai verdadeiramente difícil facer un seguemento. Fóise agregando ó listado, a parte da ficha, unha foto, aínda que por ser algo novo non todos a teñen operativa (é dicir, que se distinga ben que cadro é). Asemade, un par de cadros do listado anterior non aparecen localizados neste (aínda que si contabilizados, como non podería ser doutro xeito)
A verdade, paréceme pouca cantidade seis cadros (é dicir, seis exposicións en salas públicas de Ribadeo) no 2010, pero non me puxen (aínda) a contar as exposicións realizadas por pintores solicitando as salas do concello este ano. Aínda me parece menos a media de 4,5 exposicións/ano dende o 2003 (8 anos, incluídos 2003 e 2010) que corresponden ós 38 cadros 'novos'.
A dicir verdade, no Tesón manexábamos unha media de 1 exposición cada 15 días, o que daría, só dende o 91, uns 500 cadros, ós que habería que sumarlle os que xa tiña o concello. Visto desde agora, parece evidente que nos equivocamos, que non pode ser. Pero de aí á media de 4,5 exposicións en cada un dos oito anos dende o 2003, hai moito treito.

Sobre a San Silvestre 2010



Tiña unha pequena dé beda coa San Silvestre. De correr e aproveitar a participación, devolver algo. Iso trato con esta entrada, devolver algo máis información, presentando o perfil das dúas carreiras, a pequena, a 'milla', e a destinadas ós maiores, os '5 000'.
A carreira tivo este ano preto de 300 participantes, a máis alta participación rexistrada na súa historia, contando as dúas probas diferenciadas.
O recorrido, para os pequenos, foi dende o paso do centro do parque, saíndo pola estrada central cara a Dionisio Gamallo, Cantón, Amando Pérez e saída do parque por Villafranca, continuando por Rodríguez Murias, Ramón González, Dr. Moreda, Reinante, volta a Villafranca, Amando Pérez e ata a meta situada na confluencia de Ibáñez con Pza, de España, na esquina do concello.

Para a proba de 5 km, a saída tivo lugar na esquina do concello con Ibáñez, o mesmo que a chegada (no plano aparece a saída na esquina do parque, pero non foi así). Saiuse cara a Amando Pérez, por onde se subiu atravesando despois o parque por a estrada central, e saíndo por Clemente Martínez Pasarón ata a fonte do Parador, Avda. de Asturias, José Vicente Pérez Martínez, Avda. de Galicia, Xardín, San Roque, Avda. rosalía de Castro, antigo acceso á Ponte dos Santos, cruce por baixo da autostrada, camiño de Vilaselán, desviación cara a estrada do faro e volta a desviación para chegar a esta polo forte de San Damián, Cargadoiro, paso por baixo da autovía, Capela de San Miguel, Calvo Sotelo enteira, Rodriguez Murias (só diante do cine teatro), Ramón González, Dr. Moreda, Reinante, volta a Villafranca, Amando Pérez e Meta.
Clasificacións (segundo a Voz de martes e domingo)
Categoría absoluta:
1º Juan Pena (Lugo) 2º Erea Rodríguez Puente (A Pontenova) 3º José Manuel González (Ribadeo) 4º Hassan Oukni (Ribadeo)
Absoluta femenina:
1ª Marta Santamarina 2ª Rosa María García
Prebenjamín femenino: 1.Carla Iglesias; 2.Laura Fernández; 3.Marta Fernández. Prebenjamín masculino: 1.Lucas Zarauza; 2.Hugo Villalba; 3.Álex Seco. Benjamín femenino: Claudia Graña; 2.Xiana Suárez; 3.Blanca Moreno. Benjamín masculino: 1.Iago Fernández; 2.Jaime Cerezo; 3.Adriano Hortal. Alevín femenino: 1.Paula Calvín; 2.María Redondo; 3.Carmen López. Alevín masculino: 1.Adrián Rodríguez; 2.Elías Zarauza; 3.Pablo Alonso. Cadete masculino: 1.José Hermida; 2.Miguel Quintela; 3.Andrés Díaz. Júnior femenino: 1.Celia García López. Júnior masculino: 1.Catalin Dragomir; 2.Pablo Trabadelo; 3.Pillado Powel. Veteranas A: 1.Ana María Ferradás. Veteranos A: 1.Javier Santos; 2.Antonio José Fernández; 3.Jesús Arca. Veteranos B: 1.Daniel Barata; 2.Manuel Valcárcel Lastra; 3.Santiago Fernández.
Sobre a San Silvestre 2009
Sobre a San Silvestre 2008

20110103

Música de Hernán Naval

Este ano cúmprense 10 do pasamento de Hernán Naval. Estánse a perfilar diversos actos para conmemoralo. A modo de preludio vaian varias ligazóns de youtube.
Lonxe do Mar, BMR 2008:

Lonxe do mar, BMR 1995 (VI Festival de Bandas Amadoras, Pavilhão Paz e Amizade / Loures / Portugal):

Lonxe do Mar, no día internacional da Danza 2010 (Coreografía: María Justo):

Lonxe de Mar, dirixindo Hernán, en Loures (grazas, Fer!):

Filosofía (política) para o novo ano

Estamos a comezo dun novo ano. Posiblemente, recén formulados os desexos aprticulares a cumprir (moitas veces, incumprir) durante eses 'novos' 365 días. Que hai dos intereses colectivos a cumprir?
Tomo dun libro que rematei de ler case co ano (Algo va mal, aínda que a edición que lin non sexa a referida) unha cita correspondente a dous parágrafos:
"Deberiamos ter comprendido que canto máis perfecta é a resposta, máis espantosas son as súas consecuencias.
O mellor ó que podemos aspirar é a corrixir gradualmente unhas circunstancias insatisfactorias, e probablemente non deberiamos aspirar a máis"
A resposta que se pretende é fronte a un problema público, xeral, é dicir, no campo da política. E é que a perfección é demasiado para unha sociedade imperfecta de xente coma nós, imperfecta, polo uqe tratar de impoñela pode xerar maiores males que os que trata de corrixir. O ir aproximándose a unha solución, o tentar unhamellora paulatina, si que está aí, ó noso alcance.
Agora que veñen as eleccións municipais, quizías deberan lembralo as persoas que están a facer os programas dos partidos: deixarse de imposibles e perfectas propostas e achegarse a propostas que podan mellorar algo a situación, e de paso, a credibilidade dos propoñentes. Non é doado, o querer e deixar de dourar a pilula mentras os opoñentes seguramente o esteñan a facer (ver algo sobre o "dilema do prisioneiro"), pero sería o que necesitamos: sinxelamente, mellorar.

20110102

Entregáronse as sinaturas para que o Xulgado de Primeira Instancia retorne a Ribadeo

... de onde nunca se debeu deixar marchar...






















A nota de prensa de O Tesón:

AVV O Tesón
Nota de prensa
20110101

Onte, 31 de decembro, ás 12 da mañá, tivo lugar a sinatura conxunta por parte de representantes de tódolos grupos políticos representados no Concello de Ribadeo do escrito de acompañamenteo ás 1376 sinaturas recollidas para axilizar a volta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción a Ribadeo. A sinatura foi levada a cabo por Pancho Campos, Presidente de O Tesón, e polos concelleiros electos Fernando Suárez, Begoña Sanjurjo, Balbino Pérez e Paco Rivas, simbolizando así o apoio de tódolos partidos.
A Asociación de veciños O Tesón, como promotora da iniciativa, a máis de asinar o mesmo escrito e presentar as sinaturas para o seu envío a Francisco Caamaño, Ministro de Xustiza, presentou diante de tódolos presentes no rexistro do concello unha petición para tratar en pleno o tema, en dúas formas diferentes: A renovación da petición do Xulgado e o apoio e recoñecemento ás sinaturas recollidas.

Así pois, comeza o 2011 cun novo pulo a favor da recuperación de cousas perdidas por Ribadeo, sabendo que non é doado, pero entre todos o podemos conseguir. A unión á que se pode chegar, representada nas fotos arredor das sinaturas conseguidas, da unha esperanza neste comezo de ano de que se poda conseguir un futuro mellor para Ribadeo e os ribadenses.

Documentos adxuntos:
Carta enviada ó Ministro de Xustiza, Francisco Caamaño
Escrito ó pleno para renovar a petición de xulgado e apoio ás sinaturas
Portada libro de sinaturas
3 fotos de xente presente no acto: políticos de tódolos partidos e 3 representantes da AVV O Tesón (do centro á beira da foto, Arturo Linares, Pancho Campos e Antonio Gregorio)

Escrito a Francisco Caamaño:
Quienes abajo firman, representantes de los partidos políticos presentes en la corporación municipal de Ribadeo y de la AVV O Tesón, promotora de la iniciativa y con dirección postal Aptdo. 92, 27780 Ribadeo,
Presentan ante vd. las firmas recogidas por la asociación vecinal con el propósito de agilizar la petición correspondiente para que Ribadeo recupere el juzgado de 1ª Instancia e Instrucción (en nº de ).
En todas y cada una de las páginas de firmas se puede leer:
“Non dispoñendo Ribadeo de Xulgado de 1ª Instancia e Instrución dende 1965, e téndose incrementado relativa e absolutamente a importancia da vila ribadense neste período, estimando ademais que concorren as circunstancias características que se avalían para atribuír un xulgado deste tipo, e mesmo en mellor posición que outros xulgados concedidos recentemente, as persoas abaixo asinantes esixen a apertura da tramitación correspondente para que se recobre en Ribadeo o Xulgado de 1ª Instancia e Instrución.”
[“No disponiendo Ribadeo de Juzgado de 1ª Instancia e Instrucción desde 1965, y teniéndose incrementado relativa y absolutamente la importancia de la villa ribadense en este período, estimando además que concurren las circunstancias características que se evalúan para atribuír un juzgado de este tipo, y mismo en mejor posición que otros juzgados concedidos recientemente, las personas abajo firmantes exigen la apertura de la tramitación correspondiente para que se recobre en Ribadeo el Juzgado de 1ª Instancia e Instrucción”]
Documentación que presentamos ante vd. con el fin propuesto.
En Ribadeo, a 31 de diciembre de 2010