20110331

1984? Completamente superado.

1984 foi un icono literario emblemático dun futuro a evitar. Agora que a técnica avanza que é unha barbaridade, non só foi superado xa ese ano como tempo, senón que tecnolóxicamnete se pode facer un 'gran irmán' moito mellor doque permitían a vella técnica da novela. E, se alguén non o cree, unha ligazón ó rastro durante seis meses dun diputado verde alemán que decidiu recoller os anacos da súa vida qe quedaron desperdigados por aí: http://www.zeit.de/datenschutz/malte-spitz-data-retention. Non é necesario saber inglés, senón ó ver o que pasa cando se lle da ó 'play', e fixarse na relación minuto a minuto de chamadas, posicións, entradas de twitter, ...

Demografía




A conto dunha nova sentenza sobre a construcción en Ribadeo, despois do post recente sobre o tema, lembreime dalgunha gráfica que fixen hai algún tempo a partir de datos do INE, a contrastar tamén co censo electoral recente. Ó fin, demografía e construcciónde vivendas deberan estar ligadas...
Con datos qu enon aparecen nas series que presento aquí, vése que a úntima década marcou un fito na poboación ribadense, ó chegar perto dos 10 000 habitanates, así como tamén marcou un fito polo incremento poboacional, abondo máis forte que as series representadas (incluíndo a xeral, a máis baixa, que necesita premer sobre ela co rato para poder ser vista de xeito adecuado)

20110330

3 000 entradas ...

... o dato apareceu ó facer unha comprobación nunha edición dun artigo: 3 000 entradas na actualidade, sen contar ista, que é a 3 001. Dende o 11 de agosto de 2005, é dicir, en 2057 días ata hoxe, 30 de marzo de 2011, e polo tanto cunha publicación de case 1,5 artigos/día.
A lembrar que naceu como continuación dun blog anterior sen posibilidade de cargar fotos, etiquetar, etc, de duración activa moito menor (dende febreiro e 2004 ata o comezo deste blog)

Psicoloxía política

En Ribadeo xa non se pode inaugurar máis. A normativa electoral é así. Iso dificulta o facer outro tipo de anuncios semellantes. Logo ... logo hai que procurar outro xeito de anuncio. Por exemplo, a presentación das candidaturas. O tema arrancou xa hai tempo, coa designación de candidatos, que se foi espallando no tempo pero que finalizou xa hai. Agora chegou a segunda fase. O BNG xa presentou a súa candidatura para as municipais este fin de semana, cunha marcada alternancia de sexo impar-par. Hoxe mesmo trae a prensa o nome do segundo de a bordo do PP, e coido que onte á noite debeu de ser refrendada a candidatura o PSOE, da que estaba cantado hai xa algún tempo outro dos postos de saída (e de UPRI onte mesmo atopei a unha integrante da candidatura repartindo propaganda). A bon seguro cada un dos partidos tenta sacar ventaxa no xeito de facer as presentacións, aínda que ás veces as cousas non marchen como estaban previstas (ver por exemplo as dificultades do PP a conta da elección do candidato a alcalde, ó longo do pasado ano -ligazón a unha entrada do comezo e outra cara ó final do tema). En fin, cada quen tenta xogar o mellor posible as súas cartas cunha psicoloxía política propia, dirixida ó electorado que pretende. Por suposto, sempre se poden cometer fallos, pero, digo eu, e se empregaran a mesma organización e ímpeto despois para traballar polo ben común?
A única lista que saiu enteira polo momento:
BNG - LISTA ELECTORAL DO BNG DE RIBADEO PARA AS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DO 22 DE MAIO DE 2011

1. Fernando Suárez Barcia
2. Mari Luz Alvarez Lastra
3. Vicente Castro Reigosa
4. Ana María Martínez Fernández
5. Horacio Cupeiro Rodríguez
6. María Teresa González Piñeiroa
7. Xavier Campos López
8. María Paz Ramil Maseda
9. Xóan Antón Monasterio López
10. Vanesa Yanes Rivas
11. Mario Pérez Teijo
12. María Ramona Trabada Fernández
13. Jorge Juan Fernández Ramos
Suplente 1º María Dolores García Docovo
Suplente 2º Xosé Luis Valea Fernández
Suplente 3º Rocio Díaz Mesa
Suplente 4º Antonio Vicente Vieites Rodríguez
Suplente 5º Paz Hermida Iglesias
Suplente 6º José Antonio Ramil Acebo

20110329

Deconstruíndo a construción en Barreiros

    O Sábado 26 tivo lugar unha mesa redonda de 'Máis talento, menos cemento' no centro sociocultural de San Cosme. A afluencia non foi ampla: unhas sesenta persoas nun salón no que estaban dispostas case o dobre de cadeiras. Novidades tampouco houbo moitas. Pero coido que pagou a pena estar as dúas horas de conversa, tanto polos detalles que moitas veces non se coñecen ou se esquecen como polo talante xeral da mesa. Diante, a parte da moderadora, Fernando de Abel Vilela, profesor da universidade, xurista; Carlota Eiros, arquitecta e promovedora de diversas iniciativas, e Gervasio Cao Expósito, empresario promotor, coa ausencia do alcalde, Alfonso Fuente Parga.

    Algún detalle? A orde de actuación primeira foi a citada, e tras a intervención de Fernando de Abel, o aspecto de valoración paisaxística, dotacións e demáis quedou case arrumbado, sendo máis un conxunto de réplicas e contrarépicas entre xurista e construtor que unha charla a tres. Puntos que considerei exenciais son a primeira intervención de Abel, que xa digo marcou a liña de desenvolvemento e a última pregunta formulada polo público, de José Ángel Salvatierra. Da primeira, o concepto de que mentras que o ordeamento xurídico permite ás persoas todo o que non prohíbe, ás administracións só lles permite o que lles manda, moitas veces esquecido. Da segunda, unha destilación dos anos do problema en Barreiros. En conxunto, pode dicirse que saíu en primeiro lugar a acusación á administración e en segundo, o consentemento aproveitado da promoción. En terceiro lugar, a clarificación dun tema nebuloso sobre os pagos a realizar para enderezar un pouco a cousa, pagos que claramente saen do público e benefician ó privado a traverso de dous mecanismos que se estiman impugnables, un convenio para legalizar (algo que contradí a primeira observación xurídica feita) e o establecemento dun marco supramunicipal para posibilitar un 'rescate económico', cando afecta (a pesares dos 14 M€ previstos) a catro parroquias de Barreiros. A maior polémica na mesa xurdiu precisamente a raíz destes pagos, ó afirmar Cao que os pagos dos construtores xa estaban feitos, pero non podendo dicir onde se metera nin o 10% de espazo que marca a lei como cesión para a comunidade nin os pagos de desenvolvemento de servizos. Unha idea máis, a de Cao dunha 'cidade linear' en toda a Mariña, xa exposta hai anos como exponente dunha idea de desenvolvemento que moveu o fenómeno da construcción en Barreiros.

    En fin, houbo mesmo algunha saída de todo nas preguntas/indicacións dun construtor que había no público, e saídas moi políticas pero unha e outra vez desenfocadas de Cao. Claro que é a miña visión. Por iso deixo abaixo en fragmentos ordeados case toda a charla (a excepción das palabras inicias da presentadora e as respostas ás preguntas finais e algún nexo pequeno), aínda que a calidade de son non sexa boa, para que se poda xulgar se se teñen preto de dúas horas. -Espero en breve ter colgado en 'publicado en Ribadeo' o libriño de intervencións na primeira xuntanza-roteiro de 'Máis talento, menos cemento'.

 

20110328

Novo goberno

Xa non fan falta sondeos. Está cantado. Tampouco fan falta eleccións. Xa temos o novo goberno para o futuro, salvo unha revolución. Trátase do goberno dos 42. Xa non chegan as empresas do IBEX, e xa temos as fotos de familia. Mesmo xa hai presidente, se ben, claro está, non é electo, senón autodeclarado.
Emilio Botín foi o primeiro en falar na xuntanza da semana pasada na Moncloa, e díxo a Zapatero: continúa. E Zapatero continuará sen desvelar o futuro, limitándose a recibir ordes, que para iso os reuniu. Senón, non os molestaría, que para algo xa ten directrices. Como formalmente non se espera que por agora o novo goberno cambie o sistema, de calquera xeito, seguirá a haber eleccións, aínda que est previsto que quen gane será irrelevante. Pode que mesmo coa sintonía actual cos poderes fácticos, gane de novo PSOE por goleada. E senón, o PP. Fará algunha política novedosa nese caso? Non parece telo previsto. O que si está é máis do mesmo.
Parece que a nivel estatal, nin consello económico social como se pretende para Ribadeo no regulamento de participación cidadá, senón participación directa de quen conta, que quen non conta, non conta ná.
As revolucións? Que as fagan os árabes. Diremos aquelo de a democracia morreu, viva a democracia? Coido que o sentido da frase, empregada para os reis é que unha vez morto o rei vello, se lle da o viva ó novo rei; coa democracia, hai nova democracia unha vez morta a vella? Ou é sinxelamente que a democracia caeu en desuso e non paga a pena darlle vivas?
...
Teño un pouco moito de xaleo, aínda que vexo que estamos mellor que noutros lugares grazas ós esforzos de tempos pasados. Esforzos que estamos a ningunear co noso comportamento, deixando que nos levante os nosos dereitos.

20110326

Inaugurando a EDAR de Ribadeo: algunhas cousas





Onte inaugurouse a EDAR de Ribadeo. Coido que unha entrada anterior xa expuxen algo sobre o tema, pero poderían dicirse moitas cousas máis. Por exemplo, deixo abaixo as intervencións do alcalde e do Presidente da Xunta (precedidas pola intervención dun técnico da empresa e o conselleiro), lembrando que son ditas pouco antes das eleccións municipais, e que en principio, deberan estar relacionadas. Tamén dicir que as verbas do político anterior (non recollidas) poderían ser definidas como unha loa á lei de augas que remata de sacar hai pouco a Xunta.
Ou dicir que levou máis tempo o discurso que a visita ás instalacións, e que os que quixemos algunha explicación tivemos que pedila ós coñecidos que sabiamos da empresa de augas (dunha, que polo momento quen leve a depuradora non vai a ser quen leva o abastecemento). Ou que se manexou o valor de 18,5 M€ para as instalacións, tendo en conta, iso si, o custe de mantemento dos 20-25 anos de funcionamento (as cifras variaron), o que fai que a inversión realizada na realidade, incluída a rede, sexa abondo menor, cousa dunha cuarta parte. Ou que se diga (Feijoo) que a próxima semana entrará en funcionamento, despois de dicir esta mesma semana o alcalde que tardará varios meses, e de que 'daquela maneira' me entere que o emisario está aínda por facer. Ou que se manexen cifras dun servizo para 30 000 habitantes e que se diga que o plan vai incluír 22 depuradoras ... o que unhas máis, outras menos, indicarían que como moito estaría cuberta a cuarta parte da poboación galega (sacado o feito que indica que na realidade esta planta non pode acoller actualmente máis aló de 7 ou 8 000 habitantes polas conexións que ten, o que reduciría o total anterior á cuarta parte), ou ... o feito xa citado de que dure mía o apartado de discursos na carpa 'de alto standing' montada ó efecto que a visita que observei incompleta das autoridades ás instalacións.
Xa no apartado 'político' dos discursos, as peticións do Alcalde (que non incluíron a residencia de persoas maiores, por non falar do tema do xulgado, que queda fóra da xurisdición xunteira) poden contrastarse co pase das mesmas por parte do Presidente. En fin, para xulgar por quen queira están as verbas recollidas a continuación:
Verbas de Fernando Suárez, alcalde de Ribadeo

Verbas de Alberto Núñez Feijoo, Presidente da Xunta de Galicia

20110324

Colaboración

Onte aparecía na prensa a colaboración futura entre Salvamento marítimo e a vixiancia antidroga. Igualmente daba a nova de que a xente a AEAT poñerá recursos para colaborar contra a contaminación.
Está claro que unhas axencias ou dependencias públicas teñen máis recursos que outras, e aínda que así non fora, tamén estaría ben mellorar a eficiencia compartindo recursos. A colaboración hai moito tempo que se ten estudiado na conduta humana a diferentes niveis, dende o individual ó de grandes sociedades, con resultados positivos. Logo, benvida sexa a colaboración. Aporta, se se fai ben, uns mellores resultados con menores recursos ... que é unha función do espazo público (a maioría das veces non publicitada así por intereses particulares), e unha necesidade de eficiencia.
Hoxe inaugúrase a nova depuradora de Vilaselán. En poucos días, o pacto antiinauguracións previas ás eleccións non o faría posible. Pero esta mesma semana nunha visita ás obras o alcalde manifestaba que estaría lista nun par de meses. Relatividade do tempo, dirán algúns; propaganda electotal, os outros. Algún máis buscaremos saber se comezará a funcionar tamén hoxe, lembrando queínda hai non moito foi inaugurado despois de anos de trifulcas o parque de bombeiros comarcal, que non comezará a funcionar ata ... E é que as inauguracións, o mesmo que os protocolos de colaboración, poden ser un paso adiante ou un fiasco.

A ver se o entendo

Aparece na prensa que 'Hernández afirma que los desmanes del urbanismo en Barreiros "no son únicos"', é dicir, que o Conselleiro Agustín Hernández, a punto de argallar (que non amañar) a legalización puntual dos 'desmanes' urbanísticosen Barreiros, en dicindo isto, deixa outros semellantes (iso si, que necesitan menos cartos para ser amañados) na cuneta. Salto de lei selectivo.
Afondando na nova, resulta que parece que non foi o mesmo conselleiro quen o dixo, pero si quen o avalou. A nova desgrana a diferenza de cartos a poñer en infrastruturas no concello, máis de 14 M€, a maioría postos polo propio concello e algo pola Xunta. Pero a parte dos cartos necesarios (ó fin, postos polo sector 'público' tan denostado, é dicir, por todos nós) e mesmo das diferenzas entre concellos ('amigos' de corda vs 'contricantes' na pugna/loita política, ó fin, a discriminación por cuestións ideolóxicas prohibida constitucional e éticamente) coido que é necesario citar a base da lei, o acordo de convivencia que lle da vida, para dicir que unha argallada como a que se pretende en Barreiros ou noutro lugar non é máis que machacar a base da lei, o acordo de convivencia, cunhas miras económicas non só particularizables en contra do común, senón totalmente desfasadas na súa concepción e argumentación.
Sempre é posible ter entendido mal. Ogallá fora así para min neste caso.
Agunha entrada anterior relacionada (1, 2, 3 ...)

20110323

Acumúlanse os traballos

Esperei unha tempada para poñer esta curta nota. Hai xa tempo que se mandou taxativamente tirar altura dun edificio construído por G. Cao na r/Recarei. De feito, segundo os medios, o alcalde debera ter pagado xa case un ano de multa mensual por non telo feito. Non debe ser así porque se deu algún paso. pero polo momento, anos despois da sentenza, a cousa segue igual.
Agora hai xa máis dun mes que saíu outra sentenza que obriga a restituir altura neste caso nun edificio construído por Coto. Variou algo dende aquela? Polo que parece, que saiu impreso nos medios que tiña que baixar altura.
Algunha ligazón relacionada:
Gervasio Cao di que non é unha excepción
Rolda de prensa de Cao
Algo nun pleno

20110322

E onte, pleno

Con pouca asistencia, e menos despois do ecuador, tivo lugar onte un pleno longo en puntos, de duración 2h e media ó que faltou Horacio Cupeiro, contando pois o BNG con só tres edís no mesmo. O pleno non foi polémico, senón máis ben de acordos xerais e outros de xeometría variada respecto a anteriores ocasións, e nel tampouco se presentou unha moción conxunta sobre a petión de retorno do xulgado a Ribadeo.
A relación de asuntos foi:
1.Aprobación da acta anterior
2.Decretos da alcaldía
3.Cambio de representante do PP nunha comisión
4.Representantes na mesa local de comercio
5.Adhesión ó convenio Xunta-Fegamp sobre administración electrónica
6.Aprobación inicial da ordenanza de administración electrónica.
7.Modificación da taxa de servizo do mercado
8.Cambio de nome da concesionaria do matadoiro municipal
9.Convenio con Coniproma
10.Convenio con Coniproma e Anselmo
11.Aprobación inicial de convenio con Isabel Arias
12.Escrito de recoñecemento de dominio na parte posterior do colexio Sagrado Corazón
13.Aprobación de novo trazado de camiño en Arante
14.Moción do BNG polo plan de emprego feminino e apoio das mulleres
15.Proposta da alcaldía da representación do concello na xestora mixta Concello-CCA
16.Moción de UPRi para facilitar a instalación de empresas no polígono
17.Rogos e preguntas
Asemade, ó final, deuse contestaciónás tres últimas preguntas de O Tesón, esquecendo as anteriores, de hai xa catro meses, que esperemos sexan contestadas no seguinte ordinario...
En canto ás preguntas contestadas neste, fórono ausentándose primeiro Balbino Pérez e logo outra representante do PSOE:
Do xulgado e as sinaturas presentadas, non se sabe nin se fixo nada, nin se recibiu acuse de recibo. Tampouco sobre o actual edificio adicado ó xulgado, e non se espera facer nada pois quedan dous meses para as eleccións e poderíase comprometer un futuro equipo de goberno.
No relativo ó mercado, o alcalde entende que a pregunta é referente a manteiros actuando nel, e di que a policía Local e o encargado do cobro teñen orde de levantar inmediatamente os postos que non paguen.
En canto ás dúas comisións, aclara que non é responsable o que digan os representantes, pero que lle consta que a nova comisión está ben constituída, aínda que non ten todos os detalles. A subvención de 2010 serálle pagada á anterior comisión, e aclara asemade que non quere entrar en polémica sobre o tema.
O desenvolvemento dos puntos, despois de aprobada a acta, pasou polo detalle de varios decretos da alcaldía preguntados polos diversos grupos, quedándome con dúas facturas por un total de 1 400 € para o mantemento do ascensor da Atalaia (que sairía despois tamén a conto de cartos), 6 000 € para o aluguer da carpa (só) para o mercado do Nadal, 6 189 € para a Mancomunidade de concellos da Mariña, da que se preguntou se seguía a funcionar e se era a cantidade correspondente a un pago ou a varios (resultou ser de varios anos, pero sen especificar), os 10 000 € de custe do novo vestiario (completo, incluíndo por exemplo, botas) da Policía Local e a devolución de varias cantidades, a maior, de 500 € a varios mercaderes dos mércores a raíz da sentenza do contencioso administrativo que lle deu a razón ó concello sobre o sistema de cobro pero axustou que algún cálculo estaba mal feito.
O cambio de representante do PP nunha comisión non tivo discusión.
Os representantes na mesa local de comercio son necesarios para a constitución da mesma. Son 'representantes natos' na mesa o alcalde e o secretario, e está estipulado que haxa un representante da Unión de Consumidores de Ribadeo e outro de ACISA, así como 1 representante da administración autonómica e dous do concello. Foi proposto polo alcalde que foran representantes dos dous grupos maioritarios, e por UPRi que foran un do goberno e outro da oposición, retirándose da votación para este segundo o propio goberno. Comentario de Andina a conto de repetidas acusacións de pacto PP-BNG: 'entendo que tenten aunar esforzos, ainda que non teñen pacto'. O PSOE tenta meter a proposta de que cada grupo presente o seu candidatos, pero non é aceptado por secretaría ó contravir a normativa de funcionamento a presentación no momento. é aprada a proposta da alcaldía por 7 (BNG-PP) contra 5 (PSOE-UPRi), o mesmo resultado que na elección de candidatos: Vicente Castro e Jesús López. Unha nota: neste punto e noutro posterior non pode deixarse pasar a súa relación co regulamento de participación cidadá, pois trátase de comisións participativas, pero a nivel de participación empresarial
A adhesión ó convenio Xunta-Fegamp sobre administración electrónica e a aprobación inicial da ordenanza de administración electrónica foron por unanimidade.
A modificación da taxa de servizo do mercado foi aprobada cos votos en contra de UPRi, quedando o pago mensual os primeiros mércores e non establecendo pago para os domingos. Houbo algunha discusión por discrepancias, aportando UPRi, por exemplo, que así non se pagaría tódolos meses igual.
O cambio de nome da concesionaria do matadoiro municipal deu lugar a algunha intervención para aclarar que houbera unha compra societaria.
Os convenios foron aprobados sen discusión, o que deu lugar a unha felicitación do alcalde ós grupos por conseguir obxectivos dun xeito común.
O escrito de recoñecemento de dominio na parte posterior do colexio Sagrado Corazón solicitado por Mª Dolores Quelle Rivas a conta de Ramón Bustelo desestimouse por ver que en todo caso, correspondía o recoñecemento ó xulgado.
A aprobación de novo trazado de camiño en Arante non tivo dificultades. Unha observación: a obra será realizada polos veciños.
A moción do BNG polo plan de emprego feminino e apoio das mulleres (e contra o anteproxecto de lei da familia, considerado regresivo polo BNG) recibiu o apoio de tódolos grupos a excepción do PP, dando lugar a unha longa discusión J.Carlos-M. Luz. Recollo dúas citas: J.C. Andina: 'Este país ten un parlamento e nese parlamento fánse as leis' (en relación ó Parlamento galego). F. Suárez: 'O noso fracaso tal vez sexa o despertar de moita xente' (en relación ó fracaso do bipartito, que Andina puxera como proba de que a xente non quería a liña proposta pola moción do BNG). Foi aprobada por 8 (BNG, PSOE, UPRi) a 4 (PP)
A proposta da alcaldía da representación do concello na xestora mixta Concello-CCA, sendo proposta Begoña Sanjurjo a parte da correspondente ó grupo de goberno, por 7 (BNG-PP) a 5 (PSOE-UPRi)
A moción de UPRi para facilitar a instalación de empresas no polígono, incluíndo unha rebaixa do prezo das parcelas e o 50% de bonificación nas licenzas de obra foi rexeitada na súa urxencia polo resto dos grupos, alegando que para comezar necesita de informes técnicos e xurídicos, podendo ser nula de pleno dereito en caso contrario. Foi acusado tamén UPRi de ter sacado antes a proposta nos medios que dilixenciado a tempo no concello para que non fora por vía de urxencia, podendo seguir unha vía normal, respondendo Rivas que mañá (por hoxe) a presentarían para o próximo pleno, e a ver que facían entón.
En rogos e preguntas, menos extenso que outras veces, diversas cousas sobre farolas, espellos en puntos sen visibilidade, conservación de rúas e semellantes, incluída tamén unha pregunta sobre as visitas do ascensor da Atalaia, á vista de que de luz e teléfono foron 2 300€ en decembro e xaneiro, e tamén a formulación como pregunta por parte de Balbino da proposta de Eduardo Gutiérrez sobre a retirada dos 60 €, citando mesmo o refrán usado anteriormente por E.Gutiérrez: 'Morto o can, acabouse a rabia', o que foi contestado polo alcalde no sentido de que estaba en consultas, pero que a sentencia non dicía o que pretendía Balbino.
Nogtas de prensa do concello sobre temas do pleno:
Mercado
Administración electrónica

20110321

Presentación do libro de homenaxe a Daniel Cortezón

O acto do sábado 20110319 para a presentación do libro homenaxe a Daniel Cortezón fixo que o salón de plenos do concello estivera cheo a rebosar: 150 persoas que mantiveron a espectativa ó longo do máis dunha hora que durou, despois dun retraso de inicio pola espera do Subdirector Xeral de Bibliotecas e director da biblioteca de Galicia, José Daniel Buján Núñez. Na mesa, a máis del, estiveron o alcalde de Ribadeo, que oficiou de mestre de cerimonia, Antón Veiga Outeiro, Delegado de Cultura da Deputación, Manuel A. Valín Valdés, que coordinou a edición, Antonio Deaño Gamallo, profesor de literatura no IES Gamallo Fierros, e Matilde González, viúva de Daniel Cortezón e co-coordinadora.
Todos eles falaron, se ben cabe facer distincións entre os primeiros, que o fixeron de xeito máis institucional, e o resto do grupo: Valín, que o fixo como coordinador e amigo (as súas verbas, en transcrición aproximada, están a continuación), Antonio Deaño, que glosou nunha longa intervención a relación e devoción mutua entre Gamallo e Cortezón, e Mati, que embargada pola emoción tivo que suspender temporalmente a súa intervención, basada na lectura dun texto do mesmo Daniel. Texto iste sobre a importancia da biblioteca ribadense para a súa formación, o que explica a súa devoción polas bibliotecas públicas e a dozaón da biblioteca particular, (na actualidade en fase de clasificación, o mesmo que a de Gamallo, no edificio da casa do Viejo Pancho, restaurada recentemente).
A intervención de Valín, despois do saúdo e agradecementos, foi de recoñecemento a Manuel López, de Gráficas Lar, pola impresión e soporte en xeral, a Beatriz Mohedano, a filla de Daniel e Mati, polo coidado esmerado da edición (que se pode comprobar no pdf, aínda que sexa de baixa definición), e á propia Matilde, que aparece no libro como coordinadora ao seu carón, pasando logo a un curto discurso que tento transcribir dun xeito aproximado e ó tempo sucinto, a continuación:
"Eu tiven a sorte de poder disfrutar da amizade, nos derradeiros anos da súa vida, de dous ilustres ribadenses: Dionisio Gamallo e Daniel Cortezón; sen dúbida que coñecer de cerca a estas dúas persoas, xunto con John Rutherford, foron das mellores cousas que me sucederon na miña etapa como concelleiro de cultura.
Ademáis do seu cariño cara a miña persoa, formaron unha especie de equipo asesor. Detrás de proxectos que foron vendo a luz na historia recente de Ribadeo, como o Centenario de Dámaso Alonso, Congreso sobre El Viejo Pancho, Premio de Investigación filolóxica, Centro de estudios Iberoamericanos, melloras na Biblioteca Pública, ... estaban sempre as figuras de Dionisio e Daniel, co que como poderedes comprender, todo esra moito máis doado.
Os ribadenses temos a boa costume, polo menos nos últimos tempos, de recoñeoer a Iaboura desenvolvida polos nosos vecinos que destacaron en diferentes eidos da vida e que foron contríbuindo a engrandecer o nome de Ribadeo.
Así, Daniel puido disfrutar en vida de varios actos que se organizaron para recoñecer a súa calidade humana e literaria, como a adicación da Rúa Daniel Cortezón, o Certame de Teatro Afeizoado que leva o seu nome, o ser Socio de Honra da Coral Pol¡fónica, ...
Este libro, como os que no seu momento se fixeron na honra de Gamallo, Suso Peña, Calvo Sotelo, ... intenta axudar a perpetuar no tempo ó amigo, ó autor literario, en definitiva, ó bo ribadense que foi Daniel Cortezón.
A traverso de máis de 70 colaboracións entre textos, poemas, debuxos, fotografías, cadros, ... o lector pode achegarse á figura de Daniel e facer un percorrido pola súa dimensión humana e intelectual ó tempo que constatar o cariño que lle teñen as xentes que estiveron ó seu carón ó longo da súa vida.
O libro inclúe tamén unha sección cronolóxica, preparada por Mati, que permite de forma esquemática facerlle un seguemento ós acontecementos máis slientables dos 82 anos que viviu Daniel.
Non quixera rematar as miñas verbase sen antes poñer en común unha idea. Sabido é que ten que pasar un tempo, creo que dez anos, para que a un autor se lle dedique o día das Letras Galegas. Non sei onde estarei naquel momento, pero non esquecerei a Daniel para propoñelo cando chegue o tempo.
Reiterando os agradecementos, moitísimas gracias a todos."

Hoxe hai pleno

Si, pero estará enterado dos puntos da orde do día quen sexa...

O día da muller, en diferido

Xa deixei no seu momento unha pequena reflexión sobre o cambio de datas dalgunhas celebracións debido ós cambios no calendario doutras. Onte por fin celebrouse o día da muller en Ribadeo coa actuación de varios grupos no concerto unindo voces pola igualdade: Alesancia, Maktubikan, Habelas hainas e A lei de Hooke. A entrada, case cheo.
Os dous grupos centrais son foráneos e xa consolidados, Maktubikan, en plan étnico, dúas mulleres, e Habelas hainas, catro, cunha renovación da música de gaita.
O primeiro e o último, locais e noviños do paquete. O primeiro, Alesancia, formado nas Anzas como o seu nome indica, por dez mulleres pandereteiras que se fixeron complementar para esta actuación por un pequeno grupo masculino e que interpretaron cinco obras. O segundo, a lei de Hooke (a verdade, non lembro nestes momentos se o nome está en galego ou castelán e non están o cartel do programa por sumrse a última hora) está constituído por catro mulleres novas, na ESO no Colexio Sagrado Corazón.
Abaixo deixo tres interpretacións, dúas de Alesancia e unha das dúas de A lei de Hooke. (deixo tamén a ligazón direita por problemas de embebido)

(Alesancia, 1ª obra)

(Alesancia, 2ª obra)

(A lei de Hooke, 1ª obra)

20110319

Preguntas ó pleno de 20110321

A AVV O Tesón ten pasado unha nota de prensa ós medios indicando que presenta para este luns as seguintes preguntas no pleno (a máis das dúas que aínda ten sen contestar dende hai catro meses):
1.Tendo sido enviadas unha morea de sinaturas a Madrid en petición do retorno do xulgado a Ribadeo, acto para o que se chamou a representantes dos partidos políticos e no que se falou do apoio do concello, solicitamos coñecer se se fixo algo por parte do pleno ou do concello en xeral para apoiar dita petición, así como o coñecemento de calquera nova sobre o tema e, se hai previsto un amaño do edificio que presta acubillo ás oficinas xudiciais actuais.
2.Tendo recibido queixas de que mentras se ten normalizado o pago de cotas no mercado á xente que se sitúa tradicionalmente nel, hai novos colectivos que non aboan cota e instalan pequenos tenderetes, solicitamos coñecer se se teñen tomado medidas para evitar dita discriminación.
3.Tendo xurdido nos medios a nova da existencia dunha nova comisión de festas ó tempo que algún representante da anterior comunica que segue a existir e que está legalizada, en contra do que ocorre coa nova, solicitamos coñecer a situación dende o concello.

San Xosé

Hoxe é San Xosé, celebrado como día do pai. Alguén terá a ocurrencia de relacionar a necesidade dun mellor coidado do dos pais e nais cando xa van maiores, hoxe na prensa? Ó fío da constitución da plataforma pro residencia de maiores en Ribadeo, por exemplo...

20110318

Hai xa días,un comentario

Entre os ficheiros gardados para comentar que pouco a pouco van quedando vellos, algún sae a tempo do pó informático de cando en vez. Como unha nova de hai case dez días que consistía nunha entrevista ó alcalde de Barreiros. A entrevista era o de menos, pero chamoume a atención unha frase, en véspera eleitoral: "Cando faltan recursos hai que agudizar o inxenio e hai que traballar arreo"
O caso é que é un uso común, pero coido que é un sistema para o fracaso: os medios hai que poñelos antes, para que non falten os recursos, tanto como despois, para aproveitar o que haxa. O contrario é algo así como vivir de pelotazo en pelotazo.

20110317

A crise chega a porto

Unha nova de hoxe da Voz indica que 24 usuarios de Porcillán e Mirasol deben a Portos máis de 7 000 €, máis do 60% das débedas que quere cobrar o organismo público na provincia. A crise chega a porto mentras (por exemplo e por entrar só nun sector concreto) se nos di de xeito tranquilizador que o recibo da luz non subirá en abril tras deixar unha suba a comezos de ano que aínda está coleando, ou do desastre de armonización de recibo mensual que tamén está a colear dun ano antes, ou aínda máis, mentras as eléctricas ganan abondo (ó mellor hai quen non considera abondo 8 000 M€) e parece que hai un 'déficit de tarifas' permanente. Na realidade, quen ten un déficit inducido na súa propia balanza financiera somos nós.

20110316

Unha curiosidade


Un niño de anduriñas e unha protección (unha bandexa vella de forno ou semellante, algo que non destaca sobre o fondo tamén branco) para que as súas cagadas non vaian nin ó resalte de adorno nin á beirarúa.

Dous anos de diferencia, dúas veces o mesmo anuncio

Hai dous anos o tema do hospital da costa estaba abondo máis movido. Dous anos serven tamén para temperar. E para ver o grao de cumprimento. Hai dous anos, no 2009 (se ben máis avanzado que o que vai deste 2011, na festa da faba de Lourenzá), o Presidente Feijóo dixo: «Hai o compromiso de incrementar os servizos do hospital de Burela, un dos que temos que reforzar». Agora volve repetilo, sen telo feito antes nin ter indicios de que se comece polo momento: «tamén está na axenda do Goberno a reforma e renovación do Complexo Hospitalario de Ourense, do Hospital da Costa e do Hospital do Salnés».
Hai diferenzas? Si, máis dunha: agora xa non é a primeira vez que o afirma (que indicaría que máis probabilidades de que se cumprira a afirmación ...), vai pasado medio mandato (co que certamente lle queda menos tempo e é menos crible), está senón desactivada a plataforma, si ao menos con menor creto, participación e visibilidade, e agora a afirmación vai diluída entre outros traballos, en troques da afirmación en destaque de hai dous anos. Melloramos? Coido que non.
E, polo demáis, está mellor o hospital que daquela? Coma sempre, hai contradiccións, pero máis ben arredor de se empeoraron as cousas ou non...
Sobre o tema, entre outros:
Un artigo sobre sanidade
Para dicir non ó ambulatorio de Burela
O prometido é débeda
Xuntanzas sobre a área sanitaria da Mariña
Nota de prensa da plataforma sanitaria
De enfermidade
Por vía dos feitos, hospital desfeito
Nota de prensa de O Tesón
Primeiro o alonxamento, despois o retraso (cando o problema era quedarse sen representación no hospital en favor de Lugo en troques de directamente sen hospital)

O 2% da poboación, á manifestación

20110315

A voltas cos Terremotos

A conta do terremoto no Xapón (9 na Escala Ritcher), déuselle importancia un pequeno terremoto en Santigo (3,2 na mesma escala).
Sendo a escala usada logarítmica, iso significa que o terremoto xaponés liberou preto duns 1000 millóns de veces máis enerxía que o de Santiago.
Aínda así, do desastre que aló hai, o terremoto só ten culpa directa dunha parte pequena. A producción dun maremoto a conta de que o epicentro estaba no mar foi a causa da grande maioría de desperfectos. E de mortes.

O número de terremotos que se producen é maior canto menor é a intensidade. Collo datos do IGN (Instituto Xeográfico Nacional) para amosar os terremotos maiores de 1,5 na escala Ritcher nos últimos 10 días na zona da península e Canarias. Da a casualidade de que en Canarias só se produxo un, e pequena magnitude, pero máis recente, polo que aparece pulsante e na imaxe parece como se fora de máis magnitude. Observando os do mapa da península, vese que son dunha enerxía liberada abondo menor que os que ocorreron nese tempo no Atlántico ou en Arxelia. O listado dos terremotos nese día abonda nuns cantos en toda a península.
Voltando ó de Santiago, o número de evento que lle asigna o IGN, 1 050187, da unha idea do número de terremotos producido. A profundidade, 6 km, É unha referencia de que a pesares da pouca potencia relativa, calquera terremoto libera unha enerxía considerable.
De calquera xeito, agora no Xapón, despois da destrucción do tsunami, o que se teme é o perigo nuclear. E se o terremoto e o maremoto non poden evitarse, aínda que poden variarse as súas consecuencias cunha preparación adecuada (abonda comparar os danos por terremoto no Xapón e en Haití o pasado ano, cun terremoto abondo máis débil), no terreo nuclear a cousa xa é máis humana. A enerxía nulcear vese na controversia dende os seus inicios e o emprego como bomba en troques de como fonte enerxética. O certo é que as centrais nucleares xaponesas están moi preparadas para eventos límites (coido que en xeral máis que as españolas, aínda que non se digapor parte dos expertos), pero, naturalmente, non para calquera evento, e os efectos neste caso foron graves. Aínda está pro solucionar o tema, e polo tanto nn se sabe se a gravidade pode aumentar, aínda que deberái tender a solucionarse en non demasiado tempo. As fugas foron relativamente pequenas, pero non por iso pouco menos preocupantes: a mostra está na poboación desprazada. Sobre o nuclear voltaremos falar. Máis que un anuncio para o blog, un lema ou ou pronóstico que deixa patente a necesidade de diálogo, prevención e supervisión arredor dunha enerxía que polo momento se nos prantexa como necesaria de non diminuír abondo o consumo - o que vai contra 'o mercado'.
Entradas relacionadas:
Terremoto en China
Terremoto en Triacastela
Terremoto en Haití
Terremoto en Ribadeo

20110314

Máis pregóns da xira en publicado en Ribadeo

Días pasados rematei de cargas os pregóns da xira en 'publicado en Ribadeo', procurados por Daniel Rodríguez Saavedra . Asemade, últimamente carguei tamén o anaco de pleno no que se da o nome do auditorio a Hernán Naval (2006).
Nota posterior: Por necesidade, estase a cambiar o lugar de 'publicado en Ribadeo'. Irase poñendo nota do material e o novo lugar de publicación en http://ribadeando.blogspot.com.es/search/label/publicado%20en%20Ribadeo

Un libro sobre Daniel Cortezón

    Comeza a semana. Ó final dela, o 19 ás 19, terá lugar a presentación dun libro homenaxe a Daniel Cortezón. O lugar, o Salón de Plenos da Casa do Concello, como corresponde a un ribadense con ficha na BVG e na AELG, a parte de levar o seu nome a mostra anual de teatro afeizoado que ten lugar en Ribadeo. Na obra participaron 65 amigos e estudosos da obra de Daniel. Xente de Ribadeo como Luz Pozo, Carlos Alvarez Lebredo ou Santiago Sanjurjo. Tamén de amigos de Madrid (Jerónimo López Mozo, Julio Diamante, Delfin Mariño, ...) e de Vigo (Xose Luis Franco Grande, Manuel F. Vietes, Fernando Barros...), así como xente do teatro galego (Gustavo Pernas Cora, Xulio Lago, Roberto Casteleiro, ...), e colaboracións varias máis difíciles de encasillar nos grupos anteriores como Gonzalo Moure ou Francisco Mariño. Por suposto, tamén ten colaboración gráfica, de fotografos como Fernando Represa, Jaime F. Pola ou Fernando F. Paez, de debuxantes como Eduardo Baamonde, ou Juan López Rico, e mesmo un retrato feito por Mª Pilar Alonso Martínez-Crespo (Paly).     Inclúese tamén a participación de amigos desaparecidos: Dionisio Gamallo Fierros e Cándido Sanjurjo teñen artigos na obra, e Suso Peña colabora coas súas fotos. Da maquetación e o deseño do libro, que ve a luz a iniciativa de Manolo F. López, de Gráficas Lar de Viveiro, e Manuel Valín, encargouse Beatriz Mohedano, quen usou para portada unha fotografía de Diego Casado. A obra do amplo abano de colaboradores será presentado por xente das institucións e da cultura de Ribadeo nun acto ó que se prevé numerosa asistencia.

20110313

Un novo paseo


As da beira son algunhas fotos das que remato de cargar en Flickr sobre o Paseo das Aceas que se está a facer dende os bloques (poden verse a partir de aquí).
Comeza nos bloques, onde se están a facer varias reformas: novos edificios en troques dos vellos, saneamento da antiga rraseira de edificios, eliminación da rampla con escaleiras e adecuación da vella para coches, recheo da zona comida polo mar, remodelación do paseo, retoque da escolleira, ... Segue logo pola beira da Vila Vella, onde de carreiro pasa a paseo.

Na propia zona de asteleiro da Vila Vella fíxose paseo e adecouse, pasando as naves do asteleiro a ser eliminadas e dispoñendo unha nova construcción. De alí á fábrica de alxinatos, paseo. A fábrica está a sofrer unha remodelación completa, dende o edificio principal ó que foi durante moito tempo cobertizos, ou patio, ou depósitos. De aló o paseo cruza o rego e ascende á beira da estrada, deixando á beira ó camiño de baixada á punta do Costal, que segue a ter polo momento diversos tipos lixo, comezando por un pecio en dúas partes.
Esta é a zona que vai máis retrasada, non tendo feito aínda o camiño en varios lugares, antes e despois da baixada á ría na punta do Costal. Seguindo atópase de novo o camiño xa feito (nalgures aínda sen rematar) e baixa a mediltura para seguir entre eucaliptus e agún resto de flota autóctna ata a entrada da Enseada das Aceas, onde est unha das partes principais da obra, a barra e os muíños, a conducción de auga do rego e os pasos de auga mareal.

Tiña idea de que ían deixar un muíño acristalado para ver o interior, pero parece que non vai a ser así, como se pode ver nas fotos.
O paseo presta. A composición a partir das imaxes do Sigpac que deixo ó comezo da unha idea do camiño (os Bloques, na parte superior da imaxe, as Aceas, na inferior) ó longo dos aproximadamente dous km de percorrido (algo máis se se colle como tal a barra das Aceas)

20110312

Pois queimouse

Un vídeo dunha parte dos fogos...

Queima do antroido pasada por auga


Minutos antes do que tería que ser a quema do antroido, deixa de chover. O antroido está empapado. En lembranza, unha foto desta mañá, co boneco máis ou menos seco no campo á beira da estación de autobuses.
Queimarase hoxe?

20110311

Nota de prensa

Esta mañá enviei a seguinte nota de prensa a conto da aseveración do candidato socialista á alcaldía, de diversas cuestións que non son verdadeiras como base para dúas propostas, a retirada do pago mensual que o concello me aboa por sentenza xudicial e a imposición dunha taxa por medicións sonométricas en caso de que o resultado sexa 'negativo':
"Unha resposta sen ruído
En relación á nota de prensa e declaracións do candidato á alcaldía de Ribadeo polo PSOE polo tema do ruído, son un veciño estrañado de que un candidato use datos falsos en troques dun programa. Mais, non é raro que ocorra deste xeito ó afrontar un problema que se xestou durante o seu mandato e que non soubo afrontar no seu momento.
En canto á proposta dunha taxa de medición de ruído co sonómetro, a pesar das apariencias segue a lóxica de encarecer e entorpecer o acceso á xustiza para evitar casos, o que non parece moi xusto e equitativo. Se ben teño que dicir que a min non me afecta porque sempre as medicións sobrepasaron longamente os niveis permitidos, aínda que non servira para solucionar o problema. De calquera xeito, moito máis urxente sería unha taxa que os políticos tiveran que aboar se non demostran os feitos que aseguran, o que evitaría declaracións como as realizadas (salvo disposición abondante de cartos).
Quedo a disposición do candidato para as aclaracións que necesite.
"
É moi posible que o asunto traia cola. En tal caso, un comentario máis amplo e as aclaracións pertinentes virán despois.
De calquera xeito e para comparación, deixo a ligazón á nota de prensa do PSOE na COPE e a ligazón no mesmo medio á nova sobre a nota de prensa que expoño máis arriba, (sen ligar coas declaracións orais do alcaldable no mesmo medio, que tamén as houbo, incidindo no tema de datos que apunto)

A xenia do fútbol e a arte de Fabio

Onte, a entrega dos premios ós audiovisuais feitos nos colexios, 'cine nas aulas', para promoción da igualdade deu unha agradable sorpresa cunha curta de calidade. 'A xenia do fútbol e a arte de Fabio' presenta unha historia elaborada a partires dun guión sinxelo pero novidoso. Coido que contar máis sería estragar parte do encanto dunha obra curta na que afeccionados, moitos noveles, fan unha agradable interpretación da realidade.
É previsible, que, a parte de posibles proxeccións, a obra esteña máis ben pronto que tarde a disposición para a súa visualización en internet

20110310

Participando (e IV)

'Todas as enfermidades da democracia poden curarse con máis democracia' (Alfred E. Smith, foi Gobernador de Nova York)
Despois dunha introducción 'histórica' e unha pequena análise ó Regulamento Orgánico de Participación Cidadá de Ribadeo aprobado no pleno de xaneiro de xeito inicial, queda o remate da serie: as disposicións ó final do texto e un comentario.
En canto ás disposicións finais, a que leva o nome de disposición adicional reflexa a subordinación do regulamento a diversas leis (se ben dun xeito sui generis: supón que só no non previsto, e non como subordinación total que é a realidade). Por orde de datas de promulgación, estas leis serían:
Lei 92/1960, do 22 de decembro, reguladora do dereito de petición
Lei 2/1980, do 18 de xaneiro, reguladora das distintas modalidades de referendo
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local
Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, do 28 de novembro de 1986
Lei 30/1992, de 26 de novembro do réximen xuridico das administracións públicas e procedemento administrativo común
Lei 5/1997, de 22 de xullo, de administración local de Galicia. Estas dúas derradeiras serían as que farían desfasada a versión anterior do regulamento aprobada de xeito inicial con anterioridade a elas, e nunca aplicada.
A disposición transitoria xa foi comentada con anterioridade. Textualmente di: ”No referente ao procedemento para a designación dos representantes veciñais, previsto no art. 20, estarase ó que, previa consulta coas entidades representativas do movemento veciñal e a xunta de voceiros, se dispoña por resolución da Alcaldía.” Queda con elo un dos puntos claves da representación, a propia elección de representantes, sen resolver.
Co anterior, e visto en conxunto, o regulamento parece fortemente escorado cara a unha representatividade mediada, en particular, por entidades relacionadas coas empresas, en detrimento da representación das persoas, e controlada dende unha posición dominante, polos partidos. Copio o artigo 23.1 da Constitución Española (que se pode consultar por exemplo en http://www.congreso.es/constitucion/ficheros/c78/cons_gall.pdf): “Artigo 23
.1. Os cidadáns teñen dereito a participar nos asuntos públicos, directamente ou por medio de representantes, libremente elixidos en
eleccións periódicas por sufraxio universal.
” É dicir, a participación pode facerse por medio directo se así se desexa, ou pode delegarse. A delegación é o xeito usado, pero a participación directa está sendo menoscabada.
Fronte á proposta deste regulamento, no seu momento presentouse por parte da Mesa de Asociacións unha variación do mesmo, coa pretensión de botar a andar na participación en Ribadeo cun un mínimo que fixera que o déficit de democracia non fora alarmante. Estimouse que non era ideal, senón unha situación de compromiso tentando acadar uns mínimos. Mesmo se comentou que a proposta (que se pode consultar en http://publicadoenribadeo.wikispaces.com/Accións+diversas) non era moito menos farragosa que a aprobada inicialmente. Non obstante, e por propia consistencia, foi presentada de novo como alegación pola AVV O Tesón, a modo de enmenda á totalidade e tentando non apartarse do 'menos malo'.
Chegados a este punto, enfrontámonos a varias posibilidades. Está a 'solución dos 90', pola que quedaría sen entrar en vigor e relegada a participación cidadá a unha solución 'sine die', por non ser votadas as alegacións. Estaría outra posibilidade, de aprobar o regulamento de xaneiro de 2011 aceptando algunha alegación, que sería máis ou menos boa ou mala segundo as reformas aprobadas. E por último, a que estimo ideal en forma, pero con diferenza a máis alonxada en probabilidades: a de recomezar a bo paso para construír un regulamento de participación aplicando xa un embrión desa participación. Algo que por certo, e como queda dito nunha entrega anterior, parecía que ía ser a opción elixida esta vez.

20110308

Rematou o antroido. Ou debera ter rematado: Manifesto para o 15 de maio

'Manifesto para o 15 de maio', collido do blog 'tercera ola' e traducido ó galego. É un alegato para manifestarse antes das eleccións municipais. Pode parecer mesmo algo máis dunha charanga. Pero non o é.

"
Somos persoas normais e correntes. Somos coma ti: xente que se levanta polas mañás para estudar, para traballar ou para buscar traballo, xente que ten familia e amigos. Xente que traballa duro todos os días para vivir e dar un futuro mellor aos que nos rodean.
Uns considerámonos máis progresistas, outros máis conservadores. Uns crentes, outro non. Uns temos ideoloxías ben definidas, outros nos consideramos apolíticos… Pero todos estamos preocupados e indignados polo panorama político, económico e social que vemos ao noso ao redor. Pola corrupción dos políticos, empresarios, banqueiros… Pola indefensión do cidadán do montón.
Esta situación fainos dano a todos diariamente. Pero se todos unímonos, podemos cambiala. É hora de porse en movemento, hora de construír entre todos unha sociedade mellor. Por iso sostemos firmemente o seguinte:
- As prioridades de toda sociedade avanzada han de ser a igualdade, o progreso, a solidariedade, o libre acceso á cultura, a sustentabilidade ecolóxica e o desenvolvemento, o benestar e a felicidade das persoas.
- Existen uns dereitos básicos que deberían estar cubertos nestas sociedades: dereito á vivenda, ao traballo, á cultura, á saúde, á educación, á participación política, ao libre desenvolvemento persoal, e dereito ao consumo dos bens necesarios para unha vida sa e feliz.
- O actual funcionamento do noso sistema económico e gobernamental non atende a estas prioridades e é un obstáculo para o progreso da humanidade.
- A democracia parte do pobo (demos=poboo; cracia=goberno) así que o goberno debe ser do pobo. Con todo, neste país a maior parte da clase política nin sequera non escoita. As súas funcións deberían ser a de levar a nosa voz ás institucións, facilitando a participación política cidadá mediante canles directas e procurando o maior beneficio para o groso da sociedade, non a de enriquecerse e medrar á nosa costa, atendendo tan só aos ditados dos grandes poderes económicos e aferrándose ao poder a través dunha ditadura partitocrática encabezada polas inamovibles siglas do PPSOE.
- A ansia e acumulación de poder nuns poucos xera desigualdade, crispación e inxustiza, o cal conduce á violencia, que rexeitamos. O obsoleto e antinatural modelo económico vixente bloquea a maquinaria social nunha espiral que se consome a si mesma enriquecendo a uns poucos e sumindo na pobreza e a escaseza ao resto. Até o colapso.
- A vontade e fin do sistema é a acumulación de diñeiro, primándoa por encima da eficacia e o benestar da sociedade. Malgastando recursos, destruíndo o planeta, xerando desemprego e consumidores infelices.
- Os cidadáns formamos parte da engrenaxe dunha máquina destinada a enriquecer a unha minoría que non sabe nin das nosas necesidades. Somos anónimos, pero sen nós nada disto existiría, pois nós movemos o mundo.
- Se como sociedade aprendemos a non fiar o noso futuro a unha abstracta rendibilidade económica que nunca redunda en beneficio da maioría, poderemos eliminar os abusos e carencias que todos sufrimos.
- É necesaria unha Revolución Ética. Puxemos o diñeiro por encima do Ser Humano e temos que polo ao noso servizo. Somos persoas, non produtos do mercado. Non son só o que compro, por que o compro e a quen llo compro.
Por todo o anterior, estou indignado.
Creo que podo cambialo.
Creo que podo axudar.
Sei que unidos podemos.
Sal connosco. É o teu dereito."

O disfraz da torre dos moreno

... este ano decidiu disfrazarse ...

8 de marzo

    Tradicionalmente dende hai tempo o día de hoxe está dicado á muller. Segundo a fonte consultada, a denominación do día inclúe o termo 'traballadora' e/ou 'internacional'.
    Por cousas do calendario de celebracións relixiosas, no día de hoxe tamén coincide este ano o martes de antroido.
    O anterior non implica nada en boa parte do mundo. Pero si por estes lares. Hai xa cousa dun par de semanas que polas rías baixas houbo un rifirrafe a conta de ser incluído como de antroido un acto do día da muller. E é que más dun /unha pretenderá tomar a coincidencia de data ó pé da letra e tomar a antroidada o apoio á muller. En Ribadeo, un acto de entrega que estaba previsto para hoxe foi cambiado para xoves (ver e ampliar imaxe tomada dunha lista de distribución)
    Podería discutirse sobre o traslado, ou sobre a preeminencia dunha festa a mercede do calendario, pero de raigame secuar, sobre unha celebración a día fixo pero que aínda non calou como para conseguir uns obxectivos, entre outras cousas.     O caso é que a muller quedou desprazada polo antroido. Estamos no antroido, e ... non no día da muller?

20110307

Sobre o apuntalamento do Torre dos Moreno

Últimamente sucédense as novas sobre a Torre. En particular, en relación ós cambios de man da propiedade, da que se espera que en breve quede en só dúas mans, Paisajes de Asturias e o Concello de Ribadeo, e o apuntalamento. Coido que ir ó anuncio oficial do apuntalamento pode deparar algunha sorpresa. Quedan colgadas en Publicado en Ribadeo as páxinas correspondentes do BOP de 23 de febreiro nas que se da conta de dúas cousas no mesmo boletín: o anuncio da resolución de execución e o anuncio de adxudicación, con orzamentos ben diferentes.
Algunhas das últimas novas no blog sobre a Torre:
Máis do apuntalamento
Apuntalamento
Venda dun 10 %
Venda do 50 %
Anuncio do apuntalamento
Algún dato

20110306

En prol dunha residencia de maiores


Comezou en Rinlo a plataforma pro residencia de maiores en Ribadeo a súa camiñata para explicar os comezos do proxecto polas aldeas. Explicouse a xénese e as pretensións, e comezouse a asinar en apoio, segundo a folla de sinaturas que se pode descargar en publicado en Ribadeo, e entregar despois a alguén da comisión, ou asinar en calquera dos locais que se poñerá a disposición (polo momento, e xa nestes días próximos, as farmacias.) O resto da lista (segundo nota de prensa, e exceptuado Ribadeo) será:
7 de marzo, luns, 20:00, escola de Vilaselán
9, mércores, 19:30, escola de Vilaframil
13, domingo, 13:00, Círculo Habanero de A Devesa
20, domingo, 11:00, escola de Remourella
- 12:30, escola de Arante.
23, mércores, 21:00, teleclub de Couxela
25, venres, 21:30, teleclub de Vilaosende
27, domingo, 11:00, escola de As Anzas
- 12:00, escola de Cubelas
29, martes, 20:30, escola de Vilela
- 21:30, escola de Cedofeita
- 22:15,Teleclub de Piñeiro
3 de abril, domingo, 12:oo horas, escola de Ove.
Fáigome eco asemade da nota de prensa emitida polo portavoz da comisión en días pasados e debida á suxerencia dun político local de que a plataforma se presentara ás eleccións:
NOTA DE PRENSA I
Ante las lamentables manifestaciones del portavoz del PP, Sr. Rodríguez Andina, hechas ayer en una emisora local y recogidas hoy, día 4 de marzo, en la prensa, sobre la sugerencia hecha a la Plataforma pro Residencia de Mayores de que se presenten a las elecciones como único medio posible para expresar su representatividad popular, en mi nombre propio y como portavoz de la mencionada Plataforma, debo hacer las siguientes matizaciones al mencionado portavoz del PP:
1º) Manifestar mi total disconformidad con sus declaraciones por cuanto pretenden ignorar y aun negar el derecho constitucional que tenemos los ciudadanos de poder asociarnos y presentar iniciativas populares, como es el caso presente.
2º) El respaldo popular que tenga la aspiración propuesta por la mencionada Plataforma tiene otros cauces distintos de expresarse, aparte de la propuesta hecha por el Sr. Rodríguez Andina.
3º) La representatividad política obtenida en las urnas por los partidos políticos no es garantía, como defiende el portavoz del PP, de eficacia en la solución de los problemas sociales de Ribadeo. Esa representatividad, de que gozó el Sr. Rodríguez Andina en todos sus años de gestor de los destinos del concejo y aun de los que estuvo en la oposición, aun reconociendo esta necesidad social, no sirvió en absoluto para hacer una sola propuesta para resolver el problema de la necesidad de una nueva Residencia para Mayores en Ribadeo.
4ª) La mencionada Plataforma ya tiene manifestado que, ni pretende entrar en el juego político y apoyar pretensiones políticas concretas. Únicamente intentar la unanimidad entre todos los partidos para que, junto con el pueblo y gozando de su apoyo, se tomen como una prioridad inexcusable la construcción urgente de una nueva Residencia de Mayores, a fin de evitar la constante emigración de nuestros vecinos para pasar sus últimos días alejados de su tierra, de sus vecinos y de sus seres queridos.

Presentación de 'La Colegiata de Ribadeo' (II)


Como estaba anunciado, venres tivo lugar a presentación do libro 'La colegiata de Ribadeo'. D. Jacinto fixo un comentario do libro parte a parte, e o autor, un repaso en particular da parte dorrespondente á historia máis antiga, resaltando que se o libro ten posibilidades de novelado, non é unha novela, senón un libro que tenta achegar a historia.
Estando na mesa, non puiden tomar moita nota de todo o que alí sedixo. Deixo a continuación só a miña intervención:
La colegiata de Ribadeo
José Mª Rodríguez Díaz
D.L.S-51-2011
Comecei a ler o libro que nos ocupa dun xeito moi diferente de como o rematei. Comecei a ler o libro dun amigo e rematei cunha novela na imaxinación e as ganas de saber máis.
Noutras presentacións, sendo a persoa que menos sabía do tema, limitábame a facer unha semblanza do autor e relacionalo co seu escrito. Neste caso, podo asegurar que cumpro coa condición do parágrafo anterior: confundía tranquilamente colexiata e convento de S. Francisco. Mais, co permiso das dúas persoas que me acompañan e que coido que todo o mundo coñece, unha presentación sería redundante. Permítanme facer das miñas palabras algo informal, que non inexacto, confiando en que eles suplan coa súa intervención a miña informalidade.
A obra foi referida polo autor como un opúsculo. Ten o seu nacemento nun artigo que da a coñecer os resultados de longas indagacións, e si, é pequeño, pero coido que é un libro, non un artigo, estudo nin un opúsculo. En todo caso, e como teño falado con el algunha vez do tema, deixaríao nun xenérico 'obra'. E pénsoo coa mesma idea de fondo que me fai dicirlle ó autor que hai cousas que fixo mal: sen contar documentos nin fotos son cincoenta páxinas, pero diría que unha lectura detida do escrito da para extenderse en explicacións e consecuencias varias veces máis do que ocupan as súas páxinas, que coido contan no seu interior con información para ser explicada de xeito divulgativo en máis de cincocentas. Foi ise pensamento, e tamén sentemento, o que me fixo saltarme o protocolo inicial para tentar dar algunha pincelada que me doe que poidera quedar entre as moitas que non se darán aquí por falta de tempo.
Foi tamén o que me fixo recorrer a José Mª para que me explicara algún detalle que non chegaba a acadar, porque non tiña a bagaxe abonda como para interpretalo correctamente, ou ir á procura do diccionario en internet para, recorrendo a unha páxina sudamericana, atopar a verba 'recle', que me dificultaba o entendemento dunha pasaxe. É pois difícil de ler? Non, senón só unha sinal de que pode ser lido con diferentes profundidades sen problema.
Pois, que tipo de libro creen que é este? De historia, acaso? Sobre Ribadeo? Relacionado cun edificio? Por suposto, a resposta a todo o anterior é si. Pero imbrícase na xente e na sociedade que presenta de xeito que tamén parece tratar de temas recentes ou de actualidade, mesmo de futuro, con casos de corrupción ou intereses económicos, con connivencias entre igrexa e poderes públicos, mesmo ás veces cunha narrativa que leva cara á novela. Deixando, en calquera caso, a cabeza amoblada para poder desenvoltar unha historia novelada o mesmo lector ou a mesma lectora.
Coñecer o pasado para construír o futuro impulsa a recuperación da memoria. Algo que parece que se enfronta co 'carpe diem', pero que na realidade compleméntao. Así se complementa o libro de José Mª coas nosas necesidades. Exemplos? Recollo xa na páxina sete unha frase, 'titánico esfuerzo de un pueblo que, consciente de sus derechos (…)'. Está claro xa que o libro non fala só de historia, senón das leccións da historia, incluídos o pulo popular, os fraudes, a economía municipal... E isto, vese que xa se pode observar no prólogo.
Ó ler, pódese ver o conxunto ou detalle a detalle. Aquí, pódese elixir, sen que suceda o descrito pola metáfora que indica a posibilidade de que as árbores non deixen ver o bosque. Por poñer un par de exemplos, pódese elixir un destaque da cita das obscenidades no lavadoiro ou o máis xeral regulamento, por mandato do bispo, da regulación da vida no cabildo eclesiástico e civil, ou optar por quedarnos un so dos apartados do binomio vida espiritual floreciente e dexeneración, que de ambas cousas houbo.
Amosa o libro, dentro das inxerencias igrexa-poderes civís, diferentes posibilidades e mesmo tratos nos que gostaría estar presente para ver o seu desenvolvemento, como se chegou a eles; tratos que en calquera caso déixase traslocer que tiveron o pobo detrás, apoiando a solución.
A colexiata tampouco se pode tomar como algo illado. Abonda con dicir que estivo relacionada co porto polo dereito de anclaxe de que disfrutaba para obter fondos. Ou, retomando a economía noutro sentido, pódese facer a traverso dos datos do libro, unha idea do valor relativo das cousas materiais e espirituais nalgunha época. Afondando na economía, cando se tratou de refacer a colegiata, mesmo podemos atopar unha certa relación co actual Gaiás, coa obra pasando en pouco tempo dunha valoración de 230 000 reais a 750 000 reais...
Saen nas páxinas que se comentan tamén persoeiros de sona en Ribadeo: Antonio Raimundo Ibáñez aparece facendo xestións primeiro dun xeito totalmente desprendido, sen compensación, aínda que logo, á vista dalgúns acontecementos no tempo intermedio, volve á capital do reino a facer outra tanda de xestións, pero xa con dietas que triplicaban as dun arquitecto traído para inspeccionar a nova obra. Que foi o que ocorreu no medio? A que parece unha novela?
A colexiata foi cerrada por ruína vai camiño de 250 anos, no 1777. Coa idea de facer unha nova. Con perda de datos históricos na demolición. Sen chegarse a ver unha nova construcción despois... Completouse un ciclo histórico. Quizáis tamén no pulo dos ribadenses, certificado polo feito de que deixaron suprimir a colexiata no 1851, sen rechistar abondo, aínda que se continuara falando do tema por longo tempo. Quizáis xa estaban afeitos a falar pero non actuar.

20110305

Un apunte sobre o censo (electoral) de Ribadeo


O documento aínda estaba exposto onte no taboeiro de anuncios do concello. Unha pequena curiosidade, a evolución do censo o pasado ano. Ou a observación, comparado co censo xeral, da procentaxe de menores de idade ...
Para ampliar, premer sobre a imaxe.

20110304

Comunicando a Mariña con...

Xúntanse entre onte e hoxe varias novas sobre a comunicación na Mariña (na Voz). De oeste a leste, a primeira corresponde a Viveiro. resulta que a conta de obras que se van facer para a ampliación da ponte do ferrocarril, fixéronse medidas de tráfico e o resultado parece ser que nas tres saídas principias da vila, a que corresponde ó oeste, pola costa, soporta diariamente algo máis de 5 000 vehículos. Ó leste, tamén pola costa, máis de 6 000. E ó sur, cara ó interior, máis de 3 000. Coido que se poden sacar conclusións sobre cal é o eixo dominante das comunicacións en Viveiro. E, se o fixéramos noutra das vilas da costa, o resultado sóame que sería parello.
a segunda nova é unha viaxe a Cuba. O concello de vilanova de Lourenzá organiza unha viaxe a Cuba. Non é a primeira, senón que a cousa xa se ten repetido varias veces. Quizáis o que aporta esta vez é que parece ser máis democrático no sentido de que o que prima son os propios veciños, sen necesidade de familia aló, e sen ter unha pompa institucional aparente. De calquera xeito, hai un custe, 1 300 €. E, ó ser organizado polo concello, tamén haberá actos ociciais ós que os viaxeiros poderán asistir. O que esta claro é que a viaxe, en avión, non sairá de instalacións mariñanas.

O terceiro caso é o de Ribadeo, pois xunto con 3 M€ para o porto de Xove, tamén chegan cartos de Portos de Galicia, de novo, para o peirao de Mirasol, 2 218 000 euros adjudicados a unha UTE entre Aldesa Construcciones e Construcciones San Martín para o ensanchamento e o dragado da canle de navegación. A obra ten un prazo de doce meses, en canto se asine o contrato, que aínda no vin no DOG adxudicado. Di o xornal que a obra está financiada nun 65% con fondos Feder e forma parte do acordo con Ence-Navia para que siga operando en Mirasol. Entendo que o que se vai facer é o que deixo indicado na imaxe, básicamente a ampliación do espolón, e que levará a varias cousas nun próximo futuro, entre o que se atopa unha maior dificultade de acceso a lámina de auga norte de Mirasol e un menor aproveitamento da mesma, unha maior acumulación de area e un próximo ensanchamento de alomenos a escolleira da parte sur do recheo dos noventa.
E, de leste a oeste, para toda a Mariña, noutro xornal, o el Progreso, dase outra nova: Fibra óptica na Mariña? non polo momento.

20110303

Presentación de 'La colegiata de Ribadeo'


Terá lugar hoxe, xoves, ás 20:30 na casa das letras a presentación do libro, escrito por José Mª Rodríguez Díaz. Na mesa, o autor, o cura-párroco actual, D. Jacinto Edrosa e máis eu.

Unha entrada de La Voz de Galicia: 'coacción cobarde'

Coacción cobarde
Trátase dunha cousiña pequena, que pode pasar desapercibida. Sinxelamente, non debera. Que ten cousas que son discutibles? Quizáis: en poucas palabras di moito estando dirixido a un subtema concreto dentro dos aspectos que parece quere denotar en conxunto. Asemade, coido que o último parágrafo é moi matizable.
"Agazapados tras seudónimos, pero con inconfundibles estilos que los delatan, aspirantes a figurantes se prodigan pontificando y propagando infundios en internet. Lacayos y mensajeros de quienes les cobijan mientras les resultan útiles, emplean el único recurso al que pueden aferrarse quienes carecen de argumentos. Abonados al difama que algo queda, sus soflamas les dejan tanto en evidencia que acaban volviéndose en su contra, y en la de quienes les protegen. Yerran quienes confían a coacciones tan cobardes éxitos o fracasos."

20110302

O cobre está caro


'Intento de roubo'. Así titulaba o concello a nota de prensa que deu sobre a tentativa de mangar a conducción eléctrica que ilumina o paseo cara ó faro.
O cobre é un dos metais máis usados do mundo, da construcción á fabricación de mquinaria, electricidade, fabricación de moedas, etc. é doado procurar na rede o prezo do metal e facer unha gráfica. A que poño á beira foi realizada así, a partires dos datos dunha web (sobre o prezo de 'futuros' subministros), e só dende hai ano e medio. É dicir, en plena crise mundial. E as previsións da maioría dos mantedores de opinión (xente que debera saber algo do tema) é que seguirá a subir a curto e medio prazo. Na gráfica vese claro: o prezo segue a subir, de xeito que agora anda entre 4 e 5 € o kg. Resultado: os ladróns teñen máis alicerces.
Ata aquí, unha explicaciónsobre o cobre. A explicación sobre a tentativa de roubo neste caso particular é máis difícil. Na prensa hai tempo que saen roubos de rollos de cobre, ou mesmo de cobre instalado en tendidos aéreos ou ó menos, sobre terra, que parece moito máis doado de manexar. Neste caso, está metido por dentro de obra, os cables conectados ás lámpadas, hai que abrir as arquetas, é unha zona relativamente transitada durante o día, co que o tempo de actuación queda reduciro á noite, está próxima a un pobo, ... parece como se os ladróns pensaran que aquí é doado roubar. Despois da vaga de roubos en casas, que non deu lugar a detencións pero que parece que parou, hoxe sae nos xornais o intento de roubo de coches na piscina... debemos alarmarnos? Despois de ver como se usan as alarmas 'protectivas', coido que debemos esperar para decretar unha alarma. Pero iso non quita que non se poñan medidas para que as cousas funcionen.
Complemento:
Fixen algunha averiguación de cánto poderían sacar uns ladróns do tema. Coas lóxicas imprecisións que comezan por non saber canto mide en total a liña (que tomo por 1 km), serían uns 250-300 kg de cobre, unha vez pelado, o que daría arredor duns 1 500 €.