20110308

Rematou o antroido. Ou debera ter rematado: Manifesto para o 15 de maio

'Manifesto para o 15 de maio', collido do blog 'tercera ola' e traducido ó galego. É un alegato para manifestarse antes das eleccións municipais. Pode parecer mesmo algo máis dunha charanga. Pero non o é.

"
Somos persoas normais e correntes. Somos coma ti: xente que se levanta polas mañás para estudar, para traballar ou para buscar traballo, xente que ten familia e amigos. Xente que traballa duro todos os días para vivir e dar un futuro mellor aos que nos rodean.
Uns considerámonos máis progresistas, outros máis conservadores. Uns crentes, outro non. Uns temos ideoloxías ben definidas, outros nos consideramos apolíticos… Pero todos estamos preocupados e indignados polo panorama político, económico e social que vemos ao noso ao redor. Pola corrupción dos políticos, empresarios, banqueiros… Pola indefensión do cidadán do montón.
Esta situación fainos dano a todos diariamente. Pero se todos unímonos, podemos cambiala. É hora de porse en movemento, hora de construír entre todos unha sociedade mellor. Por iso sostemos firmemente o seguinte:
- As prioridades de toda sociedade avanzada han de ser a igualdade, o progreso, a solidariedade, o libre acceso á cultura, a sustentabilidade ecolóxica e o desenvolvemento, o benestar e a felicidade das persoas.
- Existen uns dereitos básicos que deberían estar cubertos nestas sociedades: dereito á vivenda, ao traballo, á cultura, á saúde, á educación, á participación política, ao libre desenvolvemento persoal, e dereito ao consumo dos bens necesarios para unha vida sa e feliz.
- O actual funcionamento do noso sistema económico e gobernamental non atende a estas prioridades e é un obstáculo para o progreso da humanidade.
- A democracia parte do pobo (demos=poboo; cracia=goberno) así que o goberno debe ser do pobo. Con todo, neste país a maior parte da clase política nin sequera non escoita. As súas funcións deberían ser a de levar a nosa voz ás institucións, facilitando a participación política cidadá mediante canles directas e procurando o maior beneficio para o groso da sociedade, non a de enriquecerse e medrar á nosa costa, atendendo tan só aos ditados dos grandes poderes económicos e aferrándose ao poder a través dunha ditadura partitocrática encabezada polas inamovibles siglas do PPSOE.
- A ansia e acumulación de poder nuns poucos xera desigualdade, crispación e inxustiza, o cal conduce á violencia, que rexeitamos. O obsoleto e antinatural modelo económico vixente bloquea a maquinaria social nunha espiral que se consome a si mesma enriquecendo a uns poucos e sumindo na pobreza e a escaseza ao resto. Até o colapso.
- A vontade e fin do sistema é a acumulación de diñeiro, primándoa por encima da eficacia e o benestar da sociedade. Malgastando recursos, destruíndo o planeta, xerando desemprego e consumidores infelices.
- Os cidadáns formamos parte da engrenaxe dunha máquina destinada a enriquecer a unha minoría que non sabe nin das nosas necesidades. Somos anónimos, pero sen nós nada disto existiría, pois nós movemos o mundo.
- Se como sociedade aprendemos a non fiar o noso futuro a unha abstracta rendibilidade económica que nunca redunda en beneficio da maioría, poderemos eliminar os abusos e carencias que todos sufrimos.
- É necesaria unha Revolución Ética. Puxemos o diñeiro por encima do Ser Humano e temos que polo ao noso servizo. Somos persoas, non produtos do mercado. Non son só o que compro, por que o compro e a quen llo compro.
Por todo o anterior, estou indignado.
Creo que podo cambialo.
Creo que podo axudar.
Sei que unidos podemos.
Sal connosco. É o teu dereito."

3 comentarios:

Ángel de Olavide dixo...

Me parece que los movimientos en el Norte de Africa están transtornando a algunos. Un manifiesto naif y que contiene un alegato profundamente antipolítico con contenidos mezcla de lugares comunues anarcoides y fascistas a partes iguales. Anarcoides con esa cantinela del acceso libre a la cultura y la multiplicación subliminal de fotos de la ministra Sinde, verdadera bestia negra de algunos sectores empeñados en cargarse el sistema de protección de los derechos de autor como leitmotiv principal de su activar. Fascistas en la recuperación de los lemas contra la política y la banca dignos de las pancartas nazis de los años 20. No quisiera extremar mi crítica contra el posible origen "ingenuo" de todo esto pero a mis años no creo en la sinceridad de estas campañas. Algo inquietante se está armando delante de nuestros ojos y yo desde luego no voy a acptarlo benevolentemente como si fuesen deslices de unos jovencitos algo torpes pero bienintencionados. Todo esto que no te quepa duda solo pretende un objetivo: disuadir a la gente de izquierdas para que vaya votar el dia 22. Saben que esta creado el caldo de cultivo adecuado, se aprovechan de acontecimientos externos, abusan de lugares comunes emocionales pero se les ve el plumero desde lejos. Yo el dia 22 no iré a votar pero desde luego no será por la existencia de estas campañas.

agremon dixo...

O malo non é a inexistencia de protestas, que as hai. Nin a inexistencia de propostas, que son poucas, pero que as hai tamén. Mesmo tampouco a desunión e descoordinación entre a xente protestaria, que é evidente. O malo é a infiltración de intereses diversos que están guiando xa a política actual e a teñn levado a unha serie de enganos, mentiras, desatención á xente, enrarecemento de relacións, difuminación de institucións, ...

Fer Trombón dixo...

Pareceme un análisis moi acertado o de El Angel de Olavide; pero tamén, visto o visto na sociedade que nos rodea, existe a posibilidade de que algúns dos que suscriben ese manifesto xamáis oiran falar desas ideoloxías. Semella tamén un manifesto destes que pretenden unha neutralidade aparente e que non fondo teñen unha fonda carga política..
Agremon, un saúdo chamamonos esta semana