20110526

15M, IGaPE, o Deportivo, a mina, a ría ...

Xoves. As eleccións comezan a ser xa tema desfasado, e comezan a relocer as curiosidades, como que en Aduna o voto en branco fixo posible que non houbera alcalde. Ou que un movemento de cidadáns en branco sitúase como forza política a un certo nivel. Ou localidades nas que un partido copou a alcaldía. As dúas primeiras situacións lembran o 'Ensaio sobre a lucidez' de Saramago.
Mentras, o descenso do depor aínda non está desfasado: vinte anos en primeira, unha copa e perda de categoría no último partido... o día antes das eleccións. Cántos votos indecisos decidiría ese partido na Coruña? Posiblemente non moitos, pero si algún. O caso é que cunha débeda cuantiosa, o descenso implica un futuro peor para o equipo por abondos anos, salvo 'sorpresas sorprendentes'.
A mesma noite do partido, os acampados coruñeses do 15 M, os 'indignados', movemento que deu moito que falar (e aínda pode dar) non eran máis dun puñado, e nos momentos álxidos de discusión (coa participación directa ou curiosa dalgunha persoa de Ribadeo) na tarde, uns 300.  Polo momento, e co movemento en retroceso despois dunha eleccións nas que tivo influenza reducida, goleada do fútbol fronte á crise. Pero ... a indignación non deixa de medrar: aí está o caso do IGAPE, destapado por certo despois das eleccións, que se presenta como unha máquina de traspaso de cartos públicos a bolsillos particulares, ó tempo que nos lugares con máis masa crítica os indignados procuran novas formas, diversificando os lugares de protesta.
Onte apareceron por Ribadeo, buzoneados, uns 'boletíns informativos' Asturgold informa. Polo que pon, van polo nº 3, de onde se deduce que a empresa pro mina de Salave decidiu ampliar o ámbito de distribución de folletos en relación a veces anteriores, pois dos dous primeiros non teño constancia que foran distribuídos por aquí. O caso  que, segundo xa se escoitara falar, a mina de Salave está a recibir un novo impulso despois das mobilizacións do pasado. Prometen máis traballo que antes -500 postos- e explican que serán máis respetuosos co medio, ó tempo que lembran en lugar apropiado que o paro aumentou en Asturias o ano pasado, empregando o gancho típico nestas situacións.
E, mesmo enfrontado a Ribadeo, a constrcción dun novo peirao nas Figeiras xa puxo ates das eleccións á xente en pé de guerra, máis que polo propio feito de facelo, por o como.
Falaremos.

Ningún comentario: