20110528

6 euriños, por favor... son para salvar a Telefónica ....

Dádeme 6 euriños cada un para salvar a Telefónica ... necesita un ERE urxente para sobrevivir ... tede piedade dunha sociedade que o ano pasado só gañou 220 € por cada un de nós ... apiadádevos, 6 euriños máis ...
Que és emigrante? apiádate igual, Telefónica é internacional.
Que és menor de idade? Telefónica pode comunicarte cando sexas maior.
Non é para viño, os cartos son para un ERE e para pagar a directivos ...
Piedade!

- Nota: segundo as informacións de diversos xornais, Telefónica tivo un beneficio de máis de 10 000 M€  pasado ano, máis de 220 por cada persoa de calquera idade, sexo ou condición contabilizada en España. O ERE que pretende para desfacerse de 8 000 empregados pasa por unha 'axuda' que corresponde a uns 6 € por persoa. Os pluses dos directivos son unha cifra superior. -

6 comentarios:

marinho68 dixo...

Moi bo, si senhor.
Os pluses dos directivos, Stock Options, prezos pactados entre as empresas, e as prácticas abusivas son cousa aparte.
Na peli The Company Men explica todo isto, de como unha empresa salva o seu cú despedindo a miles de trabalhadores, cando en realidade estas andan a xogar mercando e arriscando capital que deberían de utilizar para consolidarse (?). Andan a xogar ao Monopoly, eles non perden, perden os trabalhadores.

"e se sangra, torniquete" (Malandrómeda)

Anónimo dixo...

Felicitote pola información transmida no artigo. Unha actuación que sería moi propia das dereitas, pro acontece que son as esquerdas socialistas as que as permiten. Non o esquezamos para cando diga ZP que non acurtou as condicións sociais do pobo. Gracias ZP

Santi dixo...

Prós que teñades móbil:

http://eskup.elpais.com/1306582683-e9d23d89e20ca589c9deb2a306f06de3

Anónimo dixo...

que unha persoa mantivera informada a cidadanía, ja,ja....¿serías tí?.
Ideas, nada máis,...

JOSE ANGEL BOLAÑO dixo...

Como ti dis o ser unha empresa internacional e ter diferentes divisións e empresas polo mundo o consello de administración decidiu recortar custos alí onde non consigue obter beneficios, e por desgracia, é no noso país. O obxetivo de calquera empresa é lograr maximizar os beneficios en base a unha estratexia previamente formalizada, sin mais. O problema é que cando a estratexia non resulta adecuada os que pagan son os de sempre, os traballadores. Pero esto forma parte da ideoloxía empresarial que impera por certos lares, non por todos. Outras filosofías empresariais teñen os traballadores, clientes, provedores, ... como centro das suas decisións para lograr a maior satisfación na comunidade. Non é o caso.

Por certo, para "anónimo", confundimos o toucín coa velocidade. Unha das bases da democracia é a propiedade privada e a non intervención pública nesta.

Agremon dixo...

Coido que un comentario anterior se refire a outra entrada, a de hoxe, co comunicado de O Tesón de onte. E non lle vexo moito sentido en relación co que se di na entrada...